Funcionalismo

Funcionalismo:

na integración europea, o funcionalismo –e a súa versión máis avanzada neofuncionalista– constitúe un enfoque que explica o proceso non como o mero produto da vontade política dos estados –sexa esta federal ou simplemente intergubernamental– senón como o efecto de necesidades e problemas técnicos de alcance transnacional que os estados en solitario non poden resolver. O método funcionalista propugna cooperar primeiro nas cuestións técnicas ata que estas desborden cara a unión política.

Desregulación

Desregulación:

Eliminación de monopolios públicos -e, en xeral, redución do dirixismo do estado- na asignación de certos recursos que se acompaña da promoción de mecanismos propios do mercado. Dado que hai que deseñar unha complexa normativa para facer efectiva a competencia e garantir a provisión de servizos básicos , trátase máis ben dun proceso de re-regulación.

Comercio internacional

Comercio internacional:

Interconexión mundial dos mercados que vincula a oferentes e demandantes de bens e servizos de todo o globo. É un factor de primeira orde na transferencia de tecnoloxía, ademais de expor as economías nacionais á competencia global e influír na transformación económica e social dos estados.

Estado de benestar

estado de benestar:

Estrutura de políticas publicas nacionais, rexionais e/ou locais que ten por obxecto asegurar ós cidadáns dun estado o acceso a un conxunto determinado de bens e de servizos independentemente do seu nivel de renda.

teledemocracia

Teledemocracia:

posibilidade de que os cidadáns participen dende a súa casa ou dende o seu lugar de traballo e poidan formar parte dun proceso de decisión pública mediante a utilización de medios electrónicos, sen ter que desprazarse a outros lugares explicitamente habilitados polas institucións, como poden ser os colexios electorais.

Multicausalidade

Multicausalidade:

férmino que fai referencia ó feito de que calquera fenómeno, tamén os sociais, son froito da interrelación dunha gran cantidade de condicións ou causas. Cando damos unha explicación dun fenómeno xeralmente só facemos referencia a algunha destas causas, no mellor dos casos, as máis importantes.