Nun verán destes de sequía, de forte sequía, de cando as fontes deixaban de manar auga durante días ou semanas era tradición na vila de Allariz -coma en moitas vilas de Galiza- sacalo santo en procesión para que nas fontes voltase a brotala auga. Un deses anos cando ían tódolos veciños en procesión polas rúas da vila pasaron baixo o balcón dun dos veciños que decidiran quedarse na sua casa. Cando o santo co seu acompañamento se achegou por alí este berroulles a todos: cavade pozos! cavade pozos!…
Nestes derradeiros días ando un pouco pasmado -e axitado, dito sea de paso- porque dende o BNG me están pedindo que vaía rezar a un santo, perdón, quero dicir, falar con un político. Resulta que alguén posto a dedo polo BNG nun posto de relevancia metou a zoca ata o fondo, ata ben fondo, e eu que descubrín o fallo e llo fixen saber, e polo simple feito de facerllo saber, me convertín nun problema para el -palabras textuais-. Que Paradoxa! Descubro un problema e o final o problema son eu! E agora queren que vaía en procesión? Pois vai ser que non… eu cabo pozos!
Estou vendo que ó ritmo que van as cousas na política de hoxe en día non sería nada estrano acabar oíndo a Paco contar estoutra anécdota:
Nun verán destes de sequía, de forte sequía, de cando as fontes deixaban de manar auga durante días ou semanas era tradición na vila de Allariz -coma en moitas vilas de Galiza- porse a cavar pozos para sacar auga. Un deses anos cando tódolos veciños estaban xa fartos de cavar sin acadar gota algúnha de auga pasou o cura xunto deles, casa por casa, e berráballes: sacade o santo! Sacade o santo!…
A ensinanza que se pode sacar deste conto é que na Galiza actual -e na pasada… e posiblemente na futura- si non se lle lambe o cu ó político de turno non se vai a ningún lado. Pois que lle queredes… si non se pode ir a ningún lado quédase no medio. Así polo menos estórbase!













E que ben fas, grazas polos teus parabens
Saúdos e apertas meu
[...] Sacade o Santo!!! dixera daquela. Agora, a nova públcana en La Voz venme dar a razón doutra advertencia que xa fixera fai unhas semás, durante a elaboración das listas electorais, cando manifestei na Asemblea comarcal de Allariz que a política de emprego levada a cabo pola Consellería de Medio Rural, e de xeito especial por SEAGA, ía pasarlle factura ó cabeza de lista por Ourense, Alfredo Suárez Canal . É evidente que ninguén me fixo caso. Parecíame unha irresponsabilidade que este señor fose o cabeza de lista e resulta, tanto ou máis irresponsable mantelo, máxime despois do ocorrido no día de onte co cabeza de lista do PP por Ourense: unha decisión valente que, sen dúbida, non deixarei de aplaudir. [...]