Delegados ou representantes?

Recentemente o BNG celebrou unha Asamblea Nacional para elexilo candidato nacionalista a presidencia da Xunta de Galiza. Foi a primeira vez que non puideron acudir tódolos militantes do partido porque éstes así o decidiran por maioría na anterior Asamblea Nacional. A militancia tomou naquel intre a determinación, difícil -seguro-, de que as vindeiras Asamleas se celebrasen con delegados e… ¿Foi así? ¿Cumpríuse o mandato dos militantes?  

Con esta pregunta quero estrenar unha nova categoría neste blog que vai levar a etiqueta ‘diccionario político’, na que irei aclarando diferentes conceptos que os responsables políticos utilizan a miudo ignorando o seu verdadeiro significado (prefiro pensar que os ignoran a pensar que os utilzan neglixentemente). Agora imos ver como dende a Ciencia Política se definen os conceptos de representatividade e delegación .

Delegado, -a: político que exclusivamente transmite e agrega as vontades dos cidadáns para producir unha decisión colectiva sen alteralas, coma si se tratase dun avogado ou, dende unha postura máis extrema, como si fose un notario dos cidadáns. Oponse ó concepto de representante.

Representante: Político que non está sometido a un mandato imperativo e que, por tanto, elabora as políticas a partir da interpretación que fai das preferencias dos cidadáns e das súas propias conviccións. Oponse ó concepto de delegado.

Ben. Tendo en conta como transcurriu o proceso previo a elección de ‘delegados’ para a Asamblea Nacional e o sistema utlizado, listas cerradas -o mesmo que se utiliza para elexir os deputados ó Parlamento Galego, por por un exemplo. A ninguén, no seu sano xuizo, se lle ocorrería dicir que eses deputados son delegados dos cidadáns na cámara parlamentaria-, non se pode afirmar que cada un deses pseudodelegados sexan a voz daqueles que os elexiron. Para que iso sucedese tería que seguirse un proceso distinto, mediante un sistema aberto, onde calquer militante co aval -ou delegación- dun número mínimo de afiliados (5, 6,… 10) puidése acudir a Asamblea Nacional sen a necesidade de pasar pola criba das Asambleas Comarcais.

E ahí vai unha primicia: O día 5 de outubro de 2008 celebróuse en Santiago de Compostela a Primeiro Congreso Nacional de Representantes do BNG para elexir a Anxo Quintana como candidato a presidencia da Xunta… en contra dos estatutos do BNG que esixían que fosen os delegados.

7 comentarios en “Delegados ou representantes?”

  1. Tristemente concordo, foi unha asemblea de representantes.
    Terán agora menos que achegar os representados?
    Virá todo moído xa de arriba cara abaixo?
    Acho que así vai ser…

  2. Seguramente quen se siga sentindo representado acatará todo aquilo que lle veña imposto dende arriba. Outra cousa será o que fagan todos aqueles que non participaron no proceso, por consideralo contradictorio co espíritu asambleario do BNG, aqueles que si o fixeron para votar a outras listas non oficiais e, incluso, aqueles que votaron a lista oficial porque non tiñan outra alternativa. Esa xente pasará de todo… incluso de ir a votar.

    Trátase dun fenómeno que se chama desafección política derivado dunha falta de lexitimación no poder. De ámbolos dous conceptos falarei próximamente.

    En canto a iso de que todo ven moído dende arriba é algo que sucede dende hai algúns anos. Nas asambleas comarcais non se elaboran teses políticas froito da discusión da militancia; nas asambleas comarcais trasládase os afiliados a postura do Consello Nacional sobre asuntos de actualidade… ou, o que é o mesmo, deixaron de ser un foro de discusión para converterse nunha aula de adoutrinamento.

  3. Oficialismo opositor debe ser o teu. Yo no juego que no gané la votación. Máis respecto polas decisións que toman a maioría e menos largar no teu querido diario de Internet. Se che parece as decisións tómanse en foros de internet e non nas asembleas por parte dos militantes.

  4. As decisións deben tomarse respectando as regras marcadas por todos… e non foi así debido a unha deliberada confusión semántica.

  5. Canta razón tes, inda que veña un seguidista cantarche as corenta. Tamén cabería matizar o nome de asemblea para o que en realidade é un congreso, feito que tamén incumpliría o que dictan os estatutos para iste caso.

    Xa fai tempo que as asembleas comarcais, e os consellos comarcais témome, convertíronse en pouco máis que aulas de adoutrinamento. Semella que molesta toda disensión, coma se o proxecto estivera rematado.

Os comentarios están pechados.