VAICHE SER DO NACIONALISMO!

Os colectivos que falan diferentes linguaxes, na práctica, viven diferentes mundos de realidade. Decíao Edward Sapir en Cultura, linguaxe e persoa, nun ensaio publicado en 1949. Non ía moi errado este lingüista estadounidense ó facer esa afirmación e estóume dando conta desta realidade agora que estou participando nunha serie de debates sobre retos actuais da política. O primeiro tema de debate foi a consulta desbaratada de Ibarretxe, e os referéndums en xeral, e o segundo a lexislación electoral e as modificacións que se prevén neste eido.
Sobre os referéndums chegóuse a conclusión de que no conxunto do Estado tíñase recurrido pouco a esta forma de participación do cidadán na política e que se debería facer máis a miudo, iso sí, limitando o seu uso a nivel estatal e local, evitando que as autonomías poidan recurrir a esta ferramenta. ¿Porqué? Polos perigos que entraña ó nacionalismo alén das rexións nacionais. Seica sómolo demo! No segundo debate, máis que tentar atópala fórmula para dispor dun sistema electoral máis xusto, puiden percibir como aquelas persoas que son de comunidades unilingües o que realmente buscaban era un sistema que deixase ós nacionalismos fora do arco parlamentario, propondo circunscripción única, mínimo porcentual do 5% estatal,…

Chegamos a discutir do significado do termo nación que, para min, co diccionario castelán na man non deixa lugar a dúbidas, somos unha nación. Constitucionalmente tamén, pois o que non pode discutirse e que o termo nacionalidade provén etimolóxicamente de nación… por agora, porque se seguides a ligazón veredes que ese artigo foi enmendando e a Real Academia Española pretende retirar do significado de nacionalidade toda referencia a nación. Vergoña lles debería dar!

Ata onde imos chegar? Algún día chegaremos o médico e queixarémonos:

– dóeme o lombo doutor…

– váiche ser do nacionalismo!

LEO, LEO,..

Últimamente cústame sinalar un só libro e rescatar del aquelas aportacións que me resultan máis interesantes. A razón é que estou lendo demasiados libros a vez. No apartado de economía comencei a ler a principios de agosto “Curso de Bolsa e mercados financieiros” de José Luis Sánchez Fernández de de Valderrama, ideal para coñecer as razóns deste mercado convulso; recentemente, o abeiro dos premios Novel, descubrín a faceta literaria de Paul Krugman, premio Novel de Economía 2008 -o cal coñecía únicamente polos seus artigos no diario El País-, así que me fixen coa súa derradeira obra: “Despois de Bush: a fin dos neocón e a hora dos demócratas“. Tampouco puiden evitar porme con el.
Entre a económía e a política -podería ser economía-política- está “Europa: O continente pensado” de Camilo Nogueira onde o autor debulla a construcción Europea e sinala os retos políticos que lle agardan. No apartado de política interésame especialmente a nova ola participatica que está a mudar a forma de facer política nos concellos. Trátase dun novo salto nas liberdades do cidadán, a última revolucuión política: os presupostos participativos. Para entender mellor o funcionamento deste fenómeno merquei o libro de Boaventura Sousa Santos, “Democracia e participación: o exemplo do presuposto participativo de Porto Alegre“, cidade na que comenzou a aplicarse este sistema polo Alcalde do Partido dos Traballadores, Tarzo Genro, aló polo ano 1989. Pendente de iniciar a súa lectura, e iso que é o que me corre máis presa, para poder presentar un ensaio crítico en decembro, é “Grandes imperios, pequenas nacións” de Josep M. Colomer. Terei que aparcalos todos para poder acabalo a tempo.

 

Otro libro que estou lendo, este relacionado coa psicoloxía, é “Intelixencia Emocional” de Daniel Goleman, un ensaio sobre como o coeficiente emocional influe no devir de cada individuo por encima do coeficiente intelectual. Recentemente, para un debate sobre psicoloxía social, tiven que ler varios ensaios, artigos e un relato. Ese relato é “Só viñen a chamar por teléfono“, de Gabriel García Márquez. Tratábase de dilucidar a fronterira entre o que a sociedade considera “normal” ou “fora do normal”. Por suposto, recomendo seguir a ligazón e ler o relato.

 

Crear unha barra de navegación en blogger

Despois de moito tempo decidinme a introducir novas modificacións no meu blog e como é costume, cada cambio que fago cóntovolo. Agora decidín colocar unha barra de navegación cun menú para que sirva de guia a os usuarios do blog ou para dirixilos ós sitios que o autor do blog, neste caso eu, máis lle interese.

1.- Empezamos creando duas novas “variables” que utilizaremos máis adiante para dar cor ó texto dos menús e ó fondo, así dende a pestaña “Fontes e cores” poderemos modificar a súa cor. Colocanse debaixo das demáis “variables”:

<Variable name=”colormenu” description=”Menu Color”
type=”color” default=”#FFFFFF” value=”#ffffff”>
<Variable name=”colorbgmenu” description=”Menu bg Color”
type=”color” default=”#FFFFFF” value=”#B10245″>

2.- Diseñamos a barra adaptándoa á configuración do noso blog e ó lugar en que queremos situala (todo o ancho do blog (body) ou so na parte principal do blog (main); eu optarei por esta segunda opción). Estes parámetros podemos colocalos en calquera lugar do código HTLM entre <head> y < :/head>, así que eu poreino despois de “description”:

/*– (Menú) –*/

#nav {
clear:both;
margin:1px auto 1px auto;
width: 966px;
height:30px;
background: url(http://xosse.dorrio.googlepages.com/fnd_marc_prev2.GIF) repeat-x;
overflow:hidden;
}

#nav_l {
float:left;
width:966px;
margin:0px; padding:0px;
overflow:hidden;
height:30px;
}

.menu {
float:left;
margin:5px 1px;
padding:3px;
width: 400px;
}

.menu li {
display: inline;
list-style: none;
margin:0;
padding:0;
}

.menu ul, .menu ol {
display: inline;
list-style: none;
margin:0;
padding:0 10px 0 0;
}

.menu a, .menu a:visited {
color: $colormenu;
font-weight: bold;
margin:0;
padding: 3px 10px 3px 10px;
text-decoration: none;
}

.menu a:hover {
background: $colorbgmenu;
text-decoration: none;
font-weight: bold;
border:1px solid #fff;
}

#subscribe {
float: right;
width:192px;
height:32px;
margin:4px 4px 3px 4px;
}

.rss {
float:left;
margin:7px 5px 5px 0px;
width:500px;
}

.rss ul {
margin: 0; padding: 0 2px;
}

.rss li {
background: url(http://bp2.blogger.com/_Zuzii37VUO4/R2iVYyjZEeI/AAAAAAAACew/
TXSgAsWEBLA/s1600/rss.gif) no-repeat 0 3px;
margin: 0 2px 0 0;
padding: 3px 0 3px 20px;
list-style: none;
font-size: 12px;
color:$colormenu;
display: inline;
font-weight: bold;
}

.rss li a {
font-size: 12px;
color:~$colormenu;
}

En negrilla van algúns dos parámetros que podedes modificar o voso gusto (todos son modificables pero estes prsentan menos problemas)

3.- So nos queda introducir o seguinte código no blog e farémolo nalgún lugar entre <body> y </body>. Se queremos que ocupe todo o corpo poremolo ó inicio; para que ocupe so a parte principal farémolo en ‘main’. Como a miña barra irá debaixo do título, expando a “plantilla de artiluxios” e pego o código seguinte debaixo do widget ‘title’:

<!– menu –>
<div id=’nav’>
<div id=’nav_l’>
<div class=’menu’><ul>
<b><li class=’Inicio’><a alt=’Inicio‘ expr:href=’data:blog.homepageUrl’>Inicio</a></li>
<li class=’page_item page-item-2′><a href=‘dirección http://…‘ title=‘Nome da dirección‘>título da ligazón</a></li>
<li class=’page_item page-item-2′><a href=’dirección http://…‘ title=’título da dirección‘>Nome da ligazón</a></li>
<li class=’page_item page-item-2′><a href=’dirección http://…‘ title=’título da dirección‘>nome da ligazón</a></li></b>
</ul></div>
<!– menu –>

<div class=’rss’><ul>
<li><a expr:href=’data:blog.homepageUrl + “feeds/posts/default”‘>Post</a> (RSS)</li>
<li><a expr:href=’data:blog.homepageUrl + “feeds/comments/default”‘>Comentarios</a> (RSS)</li>
</ul>
</div>
</div><!– nav_l –>
</div>

Men in coats

Men in coats facendo unha perform dun dos videos máis vistos da historia en You Tube: evolution of dance. Son uns xenios. Uns xenios capaces de sacar a chisteira dun coello… será que moen do revés?