Estado social ou estado do benestar

estado social ou estado do benestar:

tipo de estado que aparece despois da II Gerra Mundial no cadrante Nordeste de Europa. Caracterizase por manter o cadro de dereitos e liberdades e a organización institucional do estado liberal democrático, á vez que incorpora dereitos de carácter económico e social (educación, seguridade social, eeconomía, vivenda,…) e comprométese a prestar bens e servizoz a tódolos cidadáns co obxectivo de crear unha sociedade máis xusta e cohesionada. Trátase pois, dun estado liberal democrático pero con rasgos tamén sociais.


a pesar desta distinción entre estado liberal democrático e estado do benestar, a miudo utilízanse indistintamente as dúas expresións, dado que os sistemas democráticos da actualidade combinan rasgos de ámbolos dous modelos.

mobbing

Mobbing é o acoso psicolóxico nun entorno laboral e ten o obxectivo de destruír a estabilidade psicolóxica dun ser humano, a través do descrédito e a faladuría1, por un ou varios membros do grupo e/ou coa complicidade e consentimento do mesmo. Trátase dunha situación que afecta a un elevado número de persoas no traballo (un 9% en Europa e un 5% en no estado español2) e a súa aparición oculta, cando quen o realiza é o empresario, un fraude relacionado coa intencionalidade da empresa de despedir ó traballador sen necesidade de aboar a indemnización correspondente. Neste suposto coñecese coa denominación Bossing 3

Cando non é así, o acoso psicolóxico resulta máis difícil de detectar para a empresa e terá repercusións tanto para a empresa -baixada de produtividade dos empregados, absentismo, indemnizacións,…- como para o que a sofre. O que a padece acaba sufrindo un grave deterioro da saúde mental -as máis comúns: estres, ansiedade e depresión- e/ou físicas -doenzas pola baixada das defensas-.

O mobbing é unha situación que se mantén no tempo de forma paulatina, na que o acusador, tras un ambiente de hostilidade e tensión previo, pasa a insultar, ameazar, humillar e maltratar psicoloxicamente á vítima. O acusador sole ser unha persoa agresiva, covarde, mentireira e imaxinativa; trátase, xeralmente, dun profesional mediocre con maior responsabilidade que a vítima, máis cualificada, na que ve una ameaza.

Si ben no estado español esta conduta específica non está tipificada como delito, si pode ser denunciada pola vía penal como un delito contra a integridade moral (artigos 173 a 177 do Código Penal). Si a persoa afectada por mobbing pretende interpor unha denuncia contra o seu agresor ou agresores é recomendable que acumule, previamente, tódolos medios de proba do acoso que está sufrindo, pois tratase dun delito que presenta moitas dificultades de proba (e-mail, informes médicos, testemuñas,…). Si é a empresa quen detecta o mobbing pode despedir a quen o exerce, pois recentemente a xurisprudencia está considerando esta situación como causa de despido xusta 4. Tamén se recomenda á empresa que reúna probas da acción para defenderse dunha posterior denuncia por despido improcedente.

Ler máis

Unha Universidade LIDER

Onte foi presentado o programa do PSOE para as eleccións autonómicas 2009 e, logo de botarlle unha ollada, rastrei a palabra “universidade” para ver cales son os seus proxectos ó respecto. Nel fálase dunha universidade que “será líder na Socidedade do Coñecemento e porá en valor a transferencia de tecnoloxía entre o Sistema Público de I+D e as empresas”. Como non me quedaba moi claro o que quería dicir -e aprobeitando que Touriño -el ou o asesor político que xestiona a súa face– estaba comentando cos seus “amigos” os diversos pareceres sobre o programa eu pregunteille:

Que quere dicir con “unha universidade líder na sociedade do coñecemento”. Teremos por fin unha Universidade Virtual Galega, como Catalunya e Madrid? Iso sería unha boa nova.

Ó que Emilio Pérez Touriño respostou:

xOsse, cando digo unha “unha universidade líder na sociedade do coñecemento”, quero dicir precisamente iso. Que estea á cabeza das universidades do Estado, ao fronte, na vangarda, que sexa innovadora; o que non quuero precisamente é que teñamos que ir a remolque de ninguén, nin de Catalunya, nin de Madrid; e que sexan estas comunidades e outras as que nos imiten a nós

Ben, de momento nen sequera imos por detrás desas comunidades xa que, para facelo, é preciso competir directamente con elas nun campo, o virtual, no que nin sequera temos presenza. Si, finalmente, se pon en marcha ese proxecto quedará moito camiño por percorrer para acadar tal liderato. Supoño que esta semana iremos coñecendo os demáis programas… a ver que din.

Os 400 de Quintana

A algúns ainda nos zumban os oídos cos 400 euros de ZP e hoxe leo na prensa unha proposta do BNG na cal Quintana fala “dun complemento autonómico ao paro”. Pero hoxe non vou falar nin dos 400 de Zapatero nin dos 400 de “Espartaco” Quin senón da enquisa de La Voz de Galicia.

Efectivamente só é unha enquisa, non son os nosos votos, pero logo de comparala con outras como a do Xornal Galicia ou La Razón, parece claro que ninguén vai bater márcas históricas. Acadar rexistros históricos só está a altura dos craks e parece ser que desta volta, nas eleccións galegas, non se presenta ningún. Agora non é o momento de rebaixar obxectivos, nin de sinalar os interes que uns medios e outros teñen pra influir na opinión pública, é o momento de presentar propostas serías e concretas, que resulten creíbles a cidadanía, e non de lanzar fogos de artificio. Os tempos non están pra festas deste tipo.

A Política de Emprego (II)

A verdade é que este tema daría para falar toda a campaña pois, dende a Xunta de Galiza, véñense cometendo verdadeiras atrocidades dende tempos inmemoriais -refírome a miña memoria-. Sobre as políticas externalizadoras da Xunta de Galicia tamén falara neste blog con anterioridade e, si entón me preocupaba, porque non planarllo agora ós candidatos?

A pregunta de hoxe entronca coa de onte. Nos derradeiros anos -non só os catro últimos, senón moitos máis- a externalización dos servizos públicos é unha constante. Xustifícanna uns dicindo que a empresa privada xestiona moito mellor (isto, nos tempos que corren, pode catalogarse xa como un mito) e outros en aras de crear unha administración máis moderna. Non é así, no fondo o que procuran, uns e outros, e ceibarse dos réxeos controis que establece a lexislación para a provisión de emprego, tanto que algúns políticos non dubidan en manifestalo abertamente… “na Xunta os sindicatos tennos moi controlados”. E máis que deberían…

As consecuencias destas políticas acaban derivando sempre na perda de dereitos por parte dos traballadores, entre outras cousas pola falla de presión sindical, o tratarse xeralmente de empresas de nova creación, pequenas empresas, pola súa dispersión,… que impiden que os traballadores que realizan o mesmo servizo fagan causa común. Isto tradúcese finalmente en menores salarios, menor estabilidade laboral, mobbing, etc.; a calidade do servizo redúcese pola confusión ou superposición no seu desempeño; e, por suposto, sae moito máis caro para a administración, que ten que pagar as novas administracións das empresas e, cando se trata de empresas privadas, o beneficio. Así é, os beneficios das empresas privadas costéannos os administrados a base de máis impostos e/ou peor servizo.

Un caso real e actual é SEAGA, unha vez máis: os traballadores desta empresa gañan menos que os da Xunta que realizan a mesma labor, non adquiren dereitos para participar en procesos selectivos da Xunta, non crea emprego estable (tivo máis de 2.400 traballadores en 2008; só creou 6 prazas fixas en tres anos; e prevé crear 2 para 2009)… iso sí, permitelle a quen a dirixe colocar a quen lle pete, xa que nin hai comité de empresa, nin presión social, nin nada. Ademáis subcontrata traballos a empresas privadas “amigas” do rural, empresas que abusan moito máis da precariedade laboral (algún “premio AGADER” chegou a dar de baixa ós seus traballadores as fins de semana, non lles pagaba os días que pola choiva non podían facer a súa labor, e, moitas veces, nin os traballados).

Díganme, cal vai ser a súa política o respcto para a vindeira lexislatura? Van seguila tendencia externalizadora?

É unha mágoa que dende os partidos se premien as persoas que fan tanto dano o colectivo de traballadores (e refírome dun xeito especial ós premios AGADER e os “premios SEAGA”), pois estas persoas deberían ser perseguidas e depuradas de toda formación política, indepenentemente da súa orientación política, pero de xeito especial nas formacións de esquerdas.

A Política de Emprego (I)

Os que queiran ser funcionarios que apuren para participar nas derradeiras convocatorias. Por que digo isto? Acabo de mirar o calendario electoral: ata o ano 2011 non hai máis eleccións, municipais e autonómicas, así que é de esperar que ata entón tampoco se farán máis convocatorias de emprego público, sempre ligadas ós intereses de quen goberna. Sobre este asunto ía a pregunta de hoxe:

Non existe nada máis doado que facer crer a unha persoa naquilo que desexa ferventemente: un posto de traballo; máis na etapa que estamos vivindo, onde as tasas de paro suben a velocidades arrepiantes.

Como xa ven sendo tradicional, agora co bipartito e antes co PP, non sexamos cínicos, en precampaña electoral ofértanse numerosas prazas de emprego público. É unha tracición, como comer turrón no nadal, que se pode comer todo o ano, si, pero só se fai nesas datas.

O que buscan os partidos con estas actuacións non é outra cousa que crear máis expectativas de emprego que postos de traballo reais. A ecuación é sinxela: a máis expectativas máis votos. Si estas convocatorias se fixesen seis meses antes e se resolvesen antes das eleccións a esperanza de moitos cidadáns -votantes- veríanse defradudadas e iso non favorece os partidos do goberno.

Vai facer un ano o responsable comarccal do BNG en Allariz – A Limia, en plena precampa electoral, xuntóunos a responsables locais e a concelleiros para falarnos da convocatoria de peóns que acababa de facer SEAGA, para que fósemos polos pobos e lles ofertaramos ós nosos veciños a posibilidade de traballar nesta empresa nunhas condicións de traballo que logo resultaron ser falasas. Mentímoslle ós nosos veciños, incoscientemente, ó decirlle que lles farían contratos de 7 meses máis vacacións, o primeiro ano, e 9 meses máis vacacións, o segundo; mentímoslles o decirlles que terían salarios superiores a 1000 € (condición que só se daba sumando extras e pluses);… mentímoslle, pero moitas desas persoas acabaron votando o BNG. Mentímoslle porque poucos traballadores dos que se apuntaron nas listas foron finalmente contratados, mentísmolle porque poucos estiveron máis de tres meses e, por último, mentímoslle porque os que foron contratados, no fondo, cobraban menos que un traballador da Xunta coa mesma categoría).

Estas preguntas fágollas ós tres, onde teñen vostedes o límite? Ata onde son capaces de chegar para acadar as súas ambicións persoais? Non lle parece que as súas ambicións, as súas ilusións, ó igual que a liberdade, rematan onde comezan as ilusións dos demáis, as necesedidades dos cidadáns?

Hai que recoñecer que fondo os verdadeiros responsables somos os cidadáns que axiña baixamos a garda ante a mínma esperanza de acadar aquilo que máis prezamos e, como somos humanos, topezamos unha e outra vez na mesma pedra.

Estado absoluto

estado absoluto:

tipo de estado que aparece nalgunhas rexións de Europa durante o século XVI, no marco da era moderna, a raiz da construcción dos primeiros “estados-nación”. Caracterízase pola acumulación e centralización do poder en mans dun monarca (ó cal se lle atribúe unha lexitimidade divina), e que se converte no único soberano e fonte do poder.