Desesperante lista de espera

Hai unhas semanas fun pedir cita para facer unha analítica. Non houbo ningún problema para que ma desen para o día que eu lles indiquei. Sen embargo, ó pedir cita para o médico, para ver o resultado da mesma analítica, déronma para máis aló dun ano.

Xa sei que non é responsabilidade de ninguén. Non é culpa do actual goberno, que acaba de entrar, nin do bipartito, que xa herdara ese problema da “era Fraga”. A culpa témola nós por aguantar e calar… claro que, pouco máis podemos facer!

4 comentarios en “Desesperante lista de espera”

  1. o mellor que podes facer e ir o médico de cabeceira e que cho mire no ordenador, eles poden ver todos as analise quee fagas sexa para o especialista que sexa, e asi saes de dudas, iso ou prenderlle lume o sergas. Saúdos e apertas.

Os comentarios están pechados.