Xan 22 2010

Que se move nas caixas?

moido por xOsse dorrío ás 14:49 en actualidade, política nacional

A teima que ten o Sr. Feijóo e o PP coa fusión das caixas comeza a ser máis que sospeitosa. Din que queren para Galiza unha entidade forte, competitiva, co centro de decisión no país. Como resultado da fusión, esta nova caixa sería a quinta en tamaño, no conxunto do estado, a espera de que se confirmen outras fusións. E que?

Para que serve o tamaño? Pois, primeiro de todo, para deixar na rúa a milleiros de traballadores, os que conta a auditoría (máis de 1.200) e os que non conta (persoal de limpeza, persoal de seguridade,… máis os ingresos que deixarán de percibir os donos dos locais arrendados, preto de 300). Isto, na situación actual, non creo que serva para dinamizar a actividade económica de Galiza, ao revés.

En segundo lugar, non garantirá que a toma de decisións se realice en Galiza. Xa vimos recentemente quen decidiu que ocuparía a presidencia de Caja Madrid. O consello da caixa madrileña? Non. A Comunidade de Madrid? Non. Foi Génova. Foi a dirección do PP. Si Esperanza Aguirre non foi quen de impor o seu candidato, cando as competencias sobre as caixas recaen na comunidade, vai poder Feijóo impor os seus candidatos na caixa galega? Dubido moito que o intente. A caixa resultante da fusión non será máis que un cromo que intercambiar para acadar as súas ambicións persoais.

Que pinta o BNG en todo isto? O BNG, mellor dito, a UPG, o único que busca son postos no consello de administración da caixa resultante. As súas miras son incapaces de ir máis alá; non poden ver o que realmente se está movendo nas caixas…

Crear páxina de impresión Crear páxina de impresión

2 están de parola

2 están de parola en “Que se move nas caixas?”

  1. O Afiador da Galizael 24 Xan 2010 a las 22:28

    Quanta razom contida em tam poucas palavras. Umha aperta irmandinha

  2. xOsse dorríoel 25 Xan 2010 a las 9:42

    E que hai imaxes que valen máis que mil palabras.

Trackback URI | Comentarios RSS

Di o que teñas que dicir

Do NOT fill this !



Rolda de Rebeldía
Pechar
  • Webs Sociais
  • E-mail
E-mail It