Hai boicot do BNG a Iniciativa Internacionalista?

Veño de votar e aínda non me pasou o espanto. Entrei a unha cabina do meu colexio electoral (Consellería de Sanidade, Avenida de Zamora, Ourense) e comecei a mirar papeletas. Sempre me asombra ver tantas candidaturas e tan variadas, de partidos dos que nunca oíra falar e sempre me paro a lelos todos, un a un. Seica había trinta e cinco, segúndo me dixeron logo. Destas candidaturas minoritarias buscaba unha que soou moito nas derradeiras semanas: Iniciativa Internacionalista. Cal foi a miña sorpresa cando non a atopei!

A miña mente retorcida empezou a maquinar do revés e enseguida vin un responsable do sucedido. Pregunteime: a quen prexudica que esa papeleta esté na cabina? Só hai unha resposta, verdade?

Dirixinme ó Presidente da mesa e díxenlle que non había papeletas deste partido. Quedou sorprendido pois confiara nos interventores dos distintos partidos esa tarefa. En segundos botouse enriba miña, como can de presa, Xosé Carballido, interventor do BNG. Dixo estar estrañado pola falta desas papeletas nas cabina, pois “el mesmo” se encargara de comprobar que estaban tódalas papeletas de tódolos partidos… Como diría Baltar “puxemos ó rato a coidar do queixo”. Finalmente, este Señor acabou pedíndome desculpas por unha situación que non era responsabilidade súa, senón do Presidente da mesa. Excusatio non petita, accusatio manifesta.

Non era a de Iniciativa Internacionalista a única que faltaba, tampouco estaba a de Esquerda Anticapitalista. E non podo dicir que faltasen máis porque eu non coñezo todos os partidos que concorren mais imaxino que non son os únicos. Esta é a problemática que atinxe ós partidos pequenos: a loita deshonesta que practican os partidos maioritarios.

12 comentarios en “Hai boicot do BNG a Iniciativa Internacionalista?”

  1. Deixoume perturbado tal falta de argumentación e obxectividade para formular unha acusación tan grave contra unha formación política e unha persoa con nomes e apelidos.

    A ver se nos aclaramos. As papeletas son distribuidas polos representantes da Xunta Electoral en cada concello, que á súa vez designan traballadores da entidade municipal para trasladalas e colocalas en cada colexio, asi como para facer as lecturas de participación nos tramos horarios estipulados.

    Un interventor non ten ningunha responsabilidade sobre que papeletas están presentes nas mesas, nin moito menos pode ser o encargado delas (por motivos obvios), nin ten por que saber que candidaturas concorren, nin tampouco ten acceso ás papeletas ata que están dispostas en cada mesa, e aínda nese caso a súa posibilidade legal de acción limítase como moito a esixir que os montes sexan iguais en número e tamaño, ou a suxerir -en consenso coa mesa e cos restantes interventores- posibilidades de colocación para que as papeletas dos partidos amplamente maioritarios poidan ser atopadas sen dificultade polas persoas que accedan ao colexio electoral sen a súa papeleta, sen que (p. ex.) problemas de estatura ou visión lles obriguen a collelas nos montes expostos nos corredores e sen ter que solicitar axuda ao Presidente da mesa para localizar o voto.

    No artigo explicitas que no colexio *non había papeletas* de Iniciativa Internacionalista, o que de acarrexar algunha responsabilidade sería sobre o representante da Xunta Electoral -por non fornecelas- ou en último caso sobre a persoa da administración pública designada para facelas chegar á mesa asignada. Aínda que algunha persoa pedira aos interventores axuda para distribuir os montes de papeletas, é ridículo insinuar ningunha influencia de estes sobre a ausencia de determinadas papeletas de votación.

    Outra cousa sería se detectase que algunhas papeletas de votación están ocultas ou inaccesíbeis (que pode ser polo simple descoido da mesa ou dalgún votante, e mesmo pola mala fe dalgún votante, o que xa me aconteceu algunhas veces con papeletas da miña formación e contra o que os interventores e apoderados estamos altamente advertidos), vería algún senso na “denuncia”, por outra tan fácil de resolver como reclamando a presencia do Presidente da mesa ou dos interventores, e de estes negarse a subsanar o erro mesmo reclamando a Garda Civil no lugar.

    En resumo, a “denuncia” non ten ningún fundamento, e insinuar ningunha acción censuradora por parte dun determinado interventor dunha determinada opción é irreal e só busca o titular sensacionalista de última hora.

  2. O grave sería non dar nome e apelidos, por canto podería apuntar a quen non ten responsabilidade algunha.

    Por outra parte, deberías reler o que escribo:

    a.- Non digo que non haxa papeletas no colexio electoral, senón nas cabinas.

    b.- En ningún intre me dirixo este señor do BNG, senón el a min. Porque? Iso habería que preguntarllo a el.

    c.- Por suposto as papeletas estaban no colexio electoral, agochadas nunha caixa de cartón, onde, casualmente, as atopou outro interventor do BNG.

  3. Umha vergonha que tapam com a sua desvergonha, os resultados do BNG som preocupantes, mui preocupantes, assi como os de II tampouco mui alá. Se o BNG segue polo caminho de nom retorno no que se enleou pode até cair em marges alarmantes. Nom somos poucos os que clamamos por umha outra frente e parece que já nom é possível fazê-lo desde o BNG. Umha aperta irmandinha

  4. Malos, moi malos os resultados do Bloque. Isto confirma que a miña baixa coma militante non era inxustificada e máis vendo as desculpas que se poñen nesta ocasión para perda de votos:
    Montserrat Prado, realizó un primer balance sobre los resultados de participación en las elecciones europeas de hoy y atribuyó la abstención a que los ciudadanos “no se ven representados en el modelo de Europa”.
    En contraposición, Prado reivindicó que el Bloque llevó a cabo una campaña “explicativa” para dar a conocer sus propuestas y el “papel que debe tener Galicia” en el marco de la Unión Europea.
    Finalmente, agradeció de antemano los votos de los “miles de gallegos” que espera hayan apoyado al BNG, y también dio las gracias a los “militantes por su esfuerzo de trasladar a los gallegos” el proyecto nacionalista y contribuir, así, a que “la abstención fuese menor”.
    Vamos a ver, se no Bloque non criamos en Europa e nesta valoración se di que os cidadáns tampouco se ven representados, a que ven dicir que o Bloque loitou para que a abstención non fose tan alta? Non se están contradicindo?
    Parabéns á páxina e por denunciar con nomes e apelidos as falcatruadas que se fan en nome do nacionalismo.
    Outro nacionalismo é posible, lamentablemente penso que o Bloque (máis ben debería dicilos que manexan os seus fíos) o vai ter moi complicado para remontalo voo.

  5. # Raíz Verde: Cando nós pomos no poder a un dos nosos non é para que se converta nun dos deles.

    # O Afiador de Galiza: Os resultados do BNG demostran que a ANE non resolveu ningún dos problemas do BNG. Máis ben ó contrario, agravounos, acelerando a perda de votos.

    Agora, eu non me fixaría tanto no resultado de II, senón de toda esa marea de votos que reúnen os pequenos partidos sen posibilidade algunha de obter representación, voto en branco e voto nulo. Todo xunto suma tanto como o BNG.

    # Ex militante: as desculpas son as de sempre,… agora que, eu non culpo só a dirección, pois logo dunha ANE na que esa dirección sae reforzada, algo terá que ver a militancia, polo menos esa parte da militancia cómplice.

  6. Ordiá!!! Pasados uns meses da cacicada que cometín, recibo esta noticia que descoñecía. Xosse Dorrío vai votar, non atopa a papeleta de Iniciativa Internacionalista, e por fin descubre a gran cacicada: O BNG boicotea a candidatura de Iniciativa Internacionalista e posiblemente tamén a de Esquerda Anticapitalista. O autor do pucheirazo, Xosé Carballido, interventor do BNG, que descoidando a súa obriga de vixiar que houbese en todo momento papeletas do BNG, agachou as papeletas de Iniciativa Internacionalista, o seu enemigo natural. Aínda non está claro por que non tapou as do PP nin as do PSOE. Él mesmo se descubríu cando se dirixíu ao votante (ao que non coñecía) dicindolle que ao inicio da votación estaban todas (como comprobaron os membros da mesa) e lle pedíu disculpas. Excusatio non petita, accusatio manifesta. Pillado in fraganti “el cacique enmascarado”. Está claro que os do Bloque tamén practican o caciqueo. Velaí a proba. Acojonante. Xosé Carballido.

Os comentarios están pechados.