A purga. Ou a que dedica o seu tempo o novo Consello Reitor de Nosa Enerxía

A semana pasada recibín o seguinte prego de cargos dende Nosa Enerxía, enviado dende unha oficina de Correos por Ángel Montero, militante de equo, e asinado pola secretaria e instructora, María José Grobas Caraboa, tamén militante de equo. Medio Consello Reitor de Nosa Enerxía é de equo, pero troll favorito de moendo.net tivo o valor de acusar a outros de politizar a Cooperativa. E como non pode ser doutro xeito, nunha organización tan politizada, tan partidaria, malia que a parte esa é ben pequena, non poden faltar as purgas.  Outra cousa non fixeron dende que se constituirón como Consello Reitor: apenas hai novos socios, tampouco crecen os contratos, siguen ofertando un dos prezos máis altos do mercado, etc. etc. Debe ser que adicaron todo o seu tempo a esta purga… Iso si. MAlia ser competencia exclusiva do Consello Reitor deixarono todo en mans dalguén alleo ao mesmo. É o comezo da primeira purga en Nosa Enerxía.

As purgas ten como finalidade apartar dunha organización as voces discordantes. Eu son unha. Son quen considera que este Consello Reitor son un manda de ineptos incapaces de facela crecer. Así era antes de chegar un novo grupo de conselleiros en 2017 e así volve ser agora que nos fomos. Quedaron os ineptos.  Pero esta ineptitude non é inocente. É interesada moitas veces, cae continuamenta na ilegalidade e, en varias ocasión, na peor da ilegalidades: o ilícito penal.

Tomade o voso tempo se tendes algún interese en saber que ocorre nesta sociedade zombie. O prego de cargos é un documento vulgar cheo de falsidades, escrito dende a raiba de un supertacañon, pero que non merecería nin ter sido en consideración, aínda que ao fin, obtiveron a resposta que igual non agardaban.

Dáme a min que quedan aínda moitos capítulos por escribir desta historia: Grazas por darme a oporunidade de retomar o tema!

Velaquí o prego de cargos:

Esta mesma semana, no prazo que me indicaron respostei as súas acusacións e, mal que lles pese, serán públicas, para coñecemento dos socios e calquera outra persoa que teña interese en coñecer como funciona esta cooperativa.

Vai tixolo!

RECURSO CONTRA O PREGO DE CARGOS CON PROPOSTA DE SANCIÓN NÚMERO EXPEDIENTE 01/2018

MANIFESTO QUE o expediente que se sinala máis arriba debe ser cerrado e calquera tipo de sanción revogada polos seguintes motivos:

PRIMEIRO: O prego de cargos comeza así: “María José Grobas Garaboa, en Calidade de Secretario/a do Consello Reitor de Nosa Enerxía, Sociedade Cooperativa Galega. Os estatutos de Nosa Enerxía, artigo 31.3, din que “Os cargos do consello reitor serán elixidos pola asemblea xeral”. Nin a Asemblea na que se elixiu a esta persoa como membro do Consello Reitor, nin ningunha outra, a nomeou a ela como Secretaria da Cooperativa. O mesmo sucede co resto de cargos do Consello Reitor, que tampouco foron elixidos pola Asemblea Xeral, de modo que solicito a impugnación e anulación de tal nomeamento e canto fose actuado por esta persoa dende o momento en que se produciu.

Lembremos que a Lei de Cooperativas de Galicia e os Estatutos de Nosa Enerxía establecen quen é o órgano sancionador: o Consello Reitor. Lembremos que a Lei de Cooperativas de Galicia e os Estatutos de Nosa Enerxía establecen como deben ser elixidos os cargos do Consello Reitor. Lembremos que a Lei de Cooperativas de Galicia e os Estatutos de Nosa Enerxía establecen que todos os actos realizados en contra destas normas son nulos de pleno dereito (caso de contradicir a lei) e anulables (caso de contradicir os estatutos).

SEGUNDO: tódalas acusacións que se verten sobre min neste documento son falsas. Non existen vulneración de segredos (artigo 50 da lei de cooperativas) en tanto que este feito require o recoñecemento previo do “carácter confidencial” dun asunto. Ningunha acta recolle ese elemento sobre ningún asunto tratado en moendo.net; non existen insultos, existen cualificacións de conductas de socios e cargos, que é moi diferente, e só mediante a análise das acusacións que se verten se pode dilucidar, no caso de que fosen falsas, a existencia de insultos… e mesmo de delitos, de ser falso canto se di. Non se deduce en ningunha das acusacións que isto se fixera, en ningún caso se entra ao fondo do asunto, como veremos máis adiante punto por punto:

1.- No punto primeiro acúsaseme de facer públicos diversos documentos que non son de acceso publico, provocando, din, con esa publicación que se revelen secretos en prexuízo da Coop. Esta afirmación é falsa en calquera dos seus sub-apartados:

A) Tódalas sancións da CNMC son públicas. As axencias do Estado ten a obriga de informar ao público en xeral para, precisamente, advertir aos usuarios das malas practicas de mercado de calquera empresa. E iso non é unha cousa que difira moito do que se fai en moendo.net: advertir a socios e potenciais clientes do que sucede en Nosa Enerxía. O problema non é que se conte, o problema real son os feitos e os seus causantes (a multa que a CNMC puxo a Nosa Enerxía).

Artículo 37 Ley 3/2013, de 4 de junio, de creación de la Comisión Nacional de los Mercados y la Competencia. Publicidad de las actuaciones.
1. La Comisión Nacional de los Mercados y la Competencia hará públicas todas las disposiciones, resoluciones, acuerdos e informes que se dicten en aplicación de las leyes que las regulan, una vez notificados a los interesados, tras resolver en su caso sobre los aspectos confidenciales de su contenido y previa disociación de los datos de carácter personal a los que se refiere el artículo 3.a) de la Ley Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, salvo en lo que se refiere al nombre de los infractores. En particular, se difundirán:
j) Las resoluciones que pongan fin a los procedimientos.

B) A páxina web www.nosaenerxia.gal non é privada, como se afirma, senón que é pública e pode acceder a ela calquera persoa (clic aquí). En todo caso, o feito de que así sexa, pública, será responsabilidade única e exclusiva de quen a publicou nese enderezo. Tampouco se estableceu en ningún consello que esa información tivese carácter confidencial.

2.- Respecto ao punto segundo, é falso que se lle chame gánster ao presidente, dise que se comporta como un gánster (ver aquí). E aquí é onde se lle ve o plumeiro a este Consello Reitor, onde afloran esas ansias de vinganza cun proceso único na historia desta cooperativa e que, polo que se conta no meu blog, non debería selo, pois debería terse sancionado, fai moito tempo, a moita xente que nel se cita; estamos ante un Consello Reitor, dicía, no que non se investiga ao Presidente polas acusacións que verte durante un Consello Reitor no que ameaza con facer público un informe sobre a miña persoa (elaborado polo xerente de Espazo Coop) que contén un historial do meu paso por diferentes organizacións políticas. O máis grave é que fai uso deste argumento para xustificar a miña non contratación como xerente nunha cooperativa do Espazo Coop. Isto, literalmente é un delito contra os dereitos dos traballadores, ao existir unha descarada discriminación por razón de ideoloxía. Insisto. Estas ameazas gansterianas foron vertidas nun Consello Reitor no que estabamos varias persoas, creo recordar que os oito conselleiros. É dicir, que hai testemuñas daquel feito. Alguén se molestou en informarse e coñecer que pasou? Evidentemente non. A palabra “gánster” non é un insulto, é unha cualificación axeitada, mesmo diría que light, respecto ao que alí ocorreu e calquera persoa que vivise esa situación podería comprendela.

É amais, estamos falando dunha información respecto das formas dun presidente que debería ter todo socio e todo potencial socio de Nosa Enerxía e que, lamentablemente, aínda moitos descoñecen. Quen pode confiar nunha sociedade cun presidente así?

3.- No punto 3 reiterase o asunto da publicación da multa. Repetireino en cada punto: as multas da CNMC son públicas, e moitas veces son os propios medios de comunicación os que recollen este tipo de informacións nos seus xornais, como ocorreu xa no pasado con outras multas recibidas por Nosa Enerxía, entre outras compañías (ver exemplo). Calquera persoa pode amais solicitar a CNMC os expedientes de ditas sancións para coñecer a fondo o que sucedeu nunha compañía.

Por outra banda, é encomiable a labor de asociar e acumular causas dentro dunha mesma causa, para sumar, nada máis e nada menos, que 22 actos, dentro dun mesmo acto.

4.- Resulta curioso que esta Coop. vexa unha falta moi grave na publicación de certos proxectos, cando o seu presidente filtrou estes proxectos a La Voz de Galicia previamente a celebración da Asemblea Xeral, e antes de que esa información chegara a ningún socio.

Ninguén vai investigar iso? Non se vai abrir un expediente ao Presidente? Si o feito de publicar eu un documentos que non engaden nada novo respecto a esa filtración, non é máis grave ese feito? Unha vez máis a imparcialidade deste Consello Reitor raia a “manía persecutoria”. E porque afirmo con certeza que Pablo Álvarez filtrou esa información a La Voz de Galicia?

Só el dispuña desa información. A maioría de membros do grupo de produción e mobilidade descoñecían eses documentos e enteraronse pola prensa dos proxectos. Están elaborados por el (pódese ver nos metadatos do documento). Na nova non só se dá a información filtrada (foi o presidente quen falou na Asemblea Xeral dunha filtración), senón que, casualmente, se entrevista ao Presidente que andaba daquelas de viaxe por Alemaña. Amais faino a través dunha xornalista por el coñecida xa que no pasado publicara outras noticias a respecto de Nosa Enerxía, iso si, con el de protagonista. Nada é casualidade. Precisaba saír na prensa para pavonearse ante unha asemblea que se lle aveciñaba complicada. Pero estas cousas non merecen investigación algunha por este Consello Reitor viciado por catro membros que carrexan infinidade de irregularidades ao seu lombo.

5.– Esta obsesión enfermiza, que parece reproducirse en cada punto, non se oculta tampouco no número 5. As capturas as que se refire non revelan ningunha información secreta, simplemente revelan o que na web  e redes corporativas se conta, que os socios votamos unha cousa e agora estamos pagando outra (moito máis cara). Refírome, obviamente ao custo de manterse como socios de Espazo Coop (os mesmos autores, curioso, deste prego de acusacións infundadas, pois obviamente, non lle presumo a ningún dos membros do actual Consello Reitor capacidade para tamaño traballo; menos ao Presidente, que dificilmente pasaría unha proba de lingua de ESO1).

A descrición das organizacións de coops. non difire moito das propias descricións que cada organización fai nas súas webs (na maioría son copy-paste), prezos incluídos. Logo, que é o que se revela aquí? O que realmente se revela é como os socios fomos enganados e este CR no canto de buscar responsabilidades sobre quen produciu este engano, acusa a quen o denuncia. Amais, todo isto foi publicado na web de Nosa Enerxía, redes ou na web de Espazo Coop.

A responsabilidade do Consello Reitor é velar polo interese dos socios e este é un exemplo claro de como este interese pasa a un segundo plano, para defender as practicas ilegais e, nalgúns casos corruptas, dos administradores.

6.– Neste punto, unha vez máis, vólvese facer mención a multa da CNMC, que é pública, repito, por si algún aínda non se decatou a estas alturas do documento, como tódalas multas da CNMC, tratando este post (e o anterior, punto número 4) como si fose un acto illado máis dunha serie de publicacións que, como se pode observar, forman todas parte dun conxunto numerado para explicar o que ocorre en Nosa Enerxía, para explicar como uns dirixentes neglixentes pretenden ocultar, trasladando aos socios o custe dos seus actos (por iso seus socios e clientes pagan a enerxía máis cara que ninguén). Este procedemento non é máis que o resultado da non asunción da responsabilidade de ocultar a masa social a sanción. Pois ben! Todo isto non conseguirá máis que o efecto contrario: que se coñeza máis. Cousa que explico tamén máis abaixo.

7.– Esta parcialidade amósase descaradamente no punto 7, onde amais de volver a citar a multa da CNMC, se fala de revelación de secretos. Xa dixen, punto número 1, que segredo é aquilo que se declara segredo. Pero, que ten de segredo un fragmento dun contrato (ver aquí), depositado nas oficinas de emprego, no que só se pode ler a parte de inicio/duración, horario (incumprido sempre, ninguén vai investigar isto?), lugar de traballo (que coincide coa sede da Coop, que tamén é publica) ou, o caso da convocatoria, que amais de ser enviada a tódolos socios, foi feita pública na web da coop. Que é o que se revela exactamente? Cal é o segredo?

Os membros do Consello Reitor asinamos un documento onde nos obrigamos a non revelar datos confidenciais, persoais, aos que como conselleiros poidamos ter acceso, datos como nomes, enderezos, documentos de identidade, teléfonos, correos,… pero, unha data de inicio dun contrato? En serio? O horario de traballo? O lugar de traballo? En serio, é inadmisible!

Este Consello Reitor non vai investigar a contratación ilegal e fraudulenta de Ángel Montero? Este Consello Reitor non vai cesar ao conselleiro Ángel Montero? Este Consello Reitor vai obviar a obriga de cesalo recollida pola Lei de Cooperativas de Galicia e os propios Estatutos da Cooperativa e anular todos os actos derivados da súa actuación ilegal? É o comportamento do Consello Reitor de Nosa Enerxía o que agora mesmo se está avaliando. Os vosos actos, membros do CR, sitúanvos ao marxe da lei.

8.– A regra de mirar cara o dedo que apunta ao sol confírmase no punto número 8. O concepto “supertacañón” non é insulto algún (subpuntos a) e b)), por máis que lle doa ao redactor deste despropósito en forma de prego de cargos. É a tarefa que tiñan uns personaxes da tele, fai moitos anos, para interromper a alguén que estaba intervindo. Coa peculiaridade de que estes personaxes interrompían as persoas cando estas cometían un erro e aquí fíxose nunha Asemblea Xeral Extraordinaria, a mantenta, para que eu non exercera un dereito que me atinxe como socio, tanto por estatutos como pola lei de cooperativas de Galiza. Todo isto, que está debidamente explicado nestas publicacións, deberían motivar a este Consello Reitor para investigar o fondo do asunto: porque estes socios, Constantino Gago e Rosa Álvarez, xerente de Espazo Coop e Técnica de Formación, intervén para impidir a un socio exercer o dereito de “asunción de responsabilidades de membros do Consello Reitor? Non é isto o verdadeiramente grave? Imos ver canto é de grave:

Artigo 293 do Código Penal
Los administradores de hecho o de derecho de cualquier sociedad constituida o en formación, que sin causa legal negaren o impidieren a un socio el ejercicio de los derechos de información, participación en la gestión o control de la actividad social, o suscripción preferente de acciones reconocidos por las Leyes, serán castigados con la pena de multa de seis a doce meses.

Si é un delito o que sucedeu, como é posible que para esta Cooperativa non sexa un asunto que mereza ser investigado polo seu propio Consello Reitor? Trala intervención destes dous “elementos” o presidente retiroume a palabra e impediume presentar a acción. Cando unha acción vai dirixida contra a persoa que dirixe unha asemblea, esta debe retirarse e a asemblea debe nomear a outro socio para a condución da Asemblea. Non é quen o presidente para vetar nada que lle afecte a el… por iso tanto lei como estatutos llo prohiben.

O Presidente impediu tamén que se enviase información por correo a tódolos socios da multa recibida da CNMC, malia ser esixido ese envío por este Conselleiro; o Presidente impediu que se exercera unha acción de responsabilidade nunha Asemblea Xeral, el coa colaboración destes “supertacañóns”; impediu tamén que se achegase a tódolos socios as cartas de dimisión dos conselleiros dimisionarios, malia pedilo por escrito. Conculcáronse dereitos básicos non só dos Conselleiros a informar, senón dos socios a seren informados, chegando ao extremo de retirar da sala na que se celebrou a asemblea un proxector para que non se emitisen imaxes, das que logo se queixan por telas feito públicas. Até ese extremo. Pero para este Consello Reitor non pasa nada… indolente Consello Reitor.

Artigo 10.- Dereitos das persoas socias
1.- As persoas socias teñen dereito a:
c.- A recibir a información necesaria para o exercicio dos seus dereitos e o cumprimento das súas obrigas.
g.- Ao dereito de información nos termos establecidos no artigo 23 da lei de cooperativas de Galicia.
h.- A todos os demais dereitos que lles outorguen as normas legais e estatutarias ou os acordos validamente adoptados polos órganos sociais.
2. Os dereitos exerceranse de conformidade coas normas legais e estatutarias e os acordos validamente adoptados polos órganos sociais da cooperativa.

No subpunto c) dise que se chama “ignorantes” aos socios. Outra vez confúndese insultar con cualificar a situación de descoñecemento dos socios sobre o que ocorre en Nosa Enerxía e da que o Presidente, Pablo Álvarez, Vicepresidente, Ramón Conde,e os vogais Ángel Montero e Generosa Gey son os principais responsables, pois son quen tratan de ocultar, por diferentes medios, a tódolos socios información do seu interese, como a multa e as causas da mesma. Ignorar feitos converte a unha persoa en ignorante, moi a seu pesar, na maioría dos casos, noutros, cando se rexeita a información que se lle ofrece publicamente, non tanto.

Logo, cal é o problema do cualificativo? Que cualificativo se debería usar para referirse a unha situación na que persoas, que deberían acudir a unha Asemblea Xeral con toda a información dos asuntos que se van tratar, ignorana? Máxime cando unha asemblea é, basicamente para informar, e resulta que se desinforma e oculta información a mantenta. Pois, evidentemente, esa xente ignora o que sucede. E son o que son.

O “colmo”, en canto aos insultos, está en cualificar como tal o feito de chamar “autoritario” a alguén que, incumprindo reiteramente a lexislación vixente (Lei de Cooperativas Galegas e, como xa vimos, Código Penal) e os estatutos de Nosa Enerxía impide o uso dun dereito a un socio porque el o diga, cando el, como afectado nin sequera debería decidir nada, mentres un dos “supertacañons” o reforza nesa posición. Resulta curioso que o extracto de onde se saca isto, un extracto no que se fala de cousas moi graves respecto ao presidente, no sexa obxecto do mesmo interese investigador deste Consello Reitor. De verdade lle parece ben a este Consello Reitor a violación dos dereitos dos socios? Pois xa saben os socios e usuarios quen dirixe esta cooperativa.

Vexamos outro exemplo de conducta “paranormal”: somos unha cooperativa de usuarios. Entre as obrigas dos socios cooperativistas está a de consumir a enerxía que comercializa a propia Coop.

Artigo 11.- Obrigas das persoas socias.
1. As persoas socias teñen a obriga de: 1. Asistir ás reunións da asemblea xeral e dos demais órganos para os que fosen convocadas.
2. Cumprir os deberes legais e estatutarios así como os acordos validamente adoptados polos órganos sociais da cooperativa.
3. Participar na actividade cooperativizada que desenvolve o obxecto social da cooperativa, salvo que o órgano de administración libere temporalmente de dita obriga á persoa socia que o solicite motivadamente, por causa xustificada: i. No caso de persoas socias usuarias viran obrigados a consumir ou usar na cooperativa a contía mínima obrigatoria de 1 euro anual de consumo ou uso de bens e servizos da cooperativa.

Segundo o último informe clientes que enviamos a CNMC (vedes, esa lista si que non a publico, porque nese caso, si incorrería en revelación de secretos amais de atentar contra a privacidade das persoas que forman parte desa lista) o Presidente Pablo Álvarez non está entre os usuarios. Que significa isto: 1.- que non pode ser considerado socio de pleno dereito, só socio colaborador (previa aportación de 100 euros máis) 2.- Que non pode ser presidente, pois tan só os socios usuarios poden selo, ao impedir a Lei de Cooperativas de Galiza que os socios colaboradores poidan acceder a Presidencia ou Vicepresidencia. Alguén se molestou en investigar isto? Existen procedementos abertos de expulsión, ou reconversión en socio colaborador, dos socios que non son usuarios? Ou simplemente tivestes un día a ocorrencia de “perseguirme a min”? É isto todo o que podedes aportar a Cooperativa? A vinganza é moi mala conselleira.

Resulta cómico (en relación co subpunto e), logo de ler este “prego de cargos”, moi cómico (por iso non teño dúbida sobre a autoría do mesmo: so pode ser o xerente de Espazo Coop.), que teñamos que comentar a comicidade destas dúas persoas que asistiron a última Asemblea Xeral Extraordinaria de Nosa Enerxía, cando a súa función nesa asemblea foi primeiro alentar a violación dun dereito dos socios (Constantino Gago)… para logo, na mesma asemblea, acabar recoñecendo que si, existe ese dereito (Rosa Álvarez)… iso si, non se permitiu exercelo. As parellas cómicas poden funcionar moi ben en programas de humor, pero non son as máis axeitadas para exercer asesoramento en materia económica ou legal. Pode levar a cometer erros moi graves. E nesas estamos, claro.

Resulta cómico tamén este Consello Reitor si ve, unha vez máis, a gravidade na utilización dese concepto, e non no fondo do asunto que se critica. Moi cómico. En serio, calquera socio que lea isto, o mellor que pode facer polo seu ben, pola súa inversión, polo seu servizo enerxético, é fuxir canto antes desta sociedade de usuarios, gobernada por uns socios que non son usuarios, e que, tanto empregado como Presidente, levan o temón da mesma, contra o establecido pola propia lexislación, que non só prohibe a un socio colaborador presidir, senón tamén a calquera conselleiro, contratarse a si mesmo sen autorización dunha Asemblea Xeral, como veremos máis adiante.

Dise que falto a verdade ao afirmar que Ángel Montero é coportavoz de équo. Esta é unha información publicada nas propias páxinas de equo. Dicir que falto a verdade (subpunto f) é un tanto esaxerado, salvo que falten a verdade esas webs.

En todo caso estamos, unha vez máis ante unha información irrelevante, porque o verdadeiramente grave non é iso, non é a súa orientación política, nin o cargo que poida ocupar ou non nunha estrutura política, o grave é que foi contratado sen a autorización da Asemblea Xeral, como esixen lei e estatutos; o grave é que foi contratado cunha valoración máis que dubidosa por unha comité de contratación composto por outros tres membros de equo: Néstor, Susana e Serafín; pero aquí decide expedientarse a quen si cumpre rigorosamente as normas, e se pasan por alto as continuas ilegalidades e irregularidades cometidas por estes membros do Consello Reitor. Sodes unha vergoña para esta Cooperativa. Terá que ver a entrada no Consello Reitor de dous novos militantes de equo, a propia Maria José Grobas Garaboa e Jesús Pérez Barilac?

Amais, repito, tal e como comentei na última asemblea, un membro do Consello Reitor foi contratado sen a autorización da Asemblea Xeral. Un feito grave. Lembrarán as persoas presentes naquel acto, todos os actuais membros do Consello Reitor estaban presentes, que o Presidente afirmou: “iso xa foi aprobado na Asemblea Xeral”. Sen embargo, non consta en actas nin en convocatoria algunha tal feito. Ese conselleiro debería cesar inmediatamente, non porque o diga eu. Dio textualmente a lei e os estatutos.

Dáse o mesmo caso cando se afirma que chamo “mentirao” ao presidente (subpunto g). Sería un insulto se el dixera a verdade. Na publicación onde se usa ese concepto explícase e xustificase (PROBASE!) debidamente as súas mentiras. Logo, ulo problema? O problema é usar esa palabra ou que o presidente mentise descaradamente, como fixo, a tódolos socios, non nunha ocasión, senón reiteradas veces? Estades falando en serio cando decidides tolerar a mentira dun Presidente? Si non vos preocupa o máis mínimo a veracidade ou falsidade das palabras que usa o Presidente, estades pondo nun serio perigo a toda a Cooperativa, pois, xa me diredes, que persoa pode confiar nunha sociedade, cando aos seus dirixentes se lles tolera o engano continuado cara os seus socios? Si o que queredes é liquidar este proxecto, ides na dirección correcta.

No apartado seguinte, precisamente (subpunto h), onde se me acusa de publicar recortes de pantallazos do Telegram (e máis que hai) para demostrar que este sr. minte (lembremos cando na Asemblea Ordinaria negou que eu lle dixera que a contabilidade estaba mal; lembrade cando negaba coa cabeza cando o xestor afirmaba que ninguén o informara de que tiñamos clientes non socios; lembrade cando dicía que a contración de Ángel Montero fora aprobada nunha Asemblea Xeral, etc. pois ben, os pantallazos din o contrario, están máis que xustificados para probar que este señor é un MENTIRAO con maiúsculas). En dereito son ELEMENTOS DE PROBA. Como persoa agraviada polas súas mentiras estou en todo o meu dereito a facer uso deses elementos para defender a miña honorabilidade. Amais, con esas capturas non revelo información algunha, con esas capturas probo a miña versión, que era certa, e desmonto a que el ofreceu nas Asembleas Xerais, ordinaria e extratorinaria, que era falsa. De verdade, pregunto unha vez máis, non é grave para este Consello Reitor que o Presidente Pablo Álvarez mentise aos socios na súa cara? De verdade, para este Consello Reitor, o realmente grave é que eu o demostre? Dende logo, repito, é miña obriga demostrar que minte, pois de non facelo, como o fixen, o mentirao sería eu. Sen selo, obvio.

Respecto ao Presidente dunha cooperativa de usuarios, da que nin sequera é usuario, como está mandado polos propios estatutos e Lei de Cooperativas de Galiza, que dicir? Non debería ser Presidente, primeiro, porque non o decidiu a Asemblea Xeral, como é obrigatorio; segundo, porque non pode selo, prohíbeo expresamente a lei. Pero sobre todo, non debería selo por vergoña, si a tivese.

En serio, é este Consello Reitor o que pensa sancionarme? Pois é cómico, moi cómico… É cómico porque, lémbrovos, nos meus artigos falo de accións moi graves, accións demostradas, como a usurpación de funcións do Consello Reitor.

Exemplos: ao decidir o Presidente, e non o CR, presentar candidatura ao Consello Reitor de Espazo Coop, ou ao decidir irse a probar coches a Alemaña, ou ao decidir asistir a un acto de ResCoop no estranxeiro, ou aprobar sen consultar ao Consello Reitor, os estatutos de Unión Renovables, ou aceptar (por escrito, témolo os catro conselleiros dimitidos) a dimisión de conselleiros ((artigo 32.2 dos Estatutos de Nosa Enerxía e 45.2 da Lei de Cooperativas de Galiza: A renuncia dos conselleiros ou conselleiras poderá ser aceptada polo consello reitor, así como pola asemblea xeral, aínda que o unto non conste na orde do día)), etc. etc. Cuestións, estas e outras, que tan só atinxen ao Consello Reitor, e non ao presidente. Pero o grave é que descoñecemos todas as actuacións que esta persoa realiza ao marxe do Consello Reitor e, polo tanto, descoñecemos ate onde usurpou, en realidade, as súas funcións. Esta aberto expediente a este señor?

Artigo 16.- Normas de disciplina social.
3. As faltas de carácter societario clasifícanse en moi graves, graves e leves.
a. Son faltas societarias moi graves:
iii. A non participación na actividade cooperativizada na contía mínima establecida nos presentes estatutos.
v. A usurpación de funcións dos órganos sociais, de calquera dos seus cargos, da dirección e de traballadores ou traballadoras.

Como non é o mesmo dicir de alguén que é unha “hipócrita”(subpunto i), sen máis, que falar dun acto de hipocrisía concreto dunha persoa, debidamente relatado e xustificado, cando nun Consello Reitor mantiña que a única responsabilidade dunhas contas mal elaboradas era do xestor (solicitando o cambio de xestor), cando ese erro fora detectado tempo atrás e o presidente aseguraba telo comentado co xestor para solventalo, cousa que, polo visto, nunca fixo. A hipocrisía radica no feito de pedir o cese do xestor, que non tiña responsabilidade algunha no feito de ter presentado mal as contas, e non facer o propio respecto do presidente, que era o principal responsable de facilitar a información debida ao xestor. Outra falsa acusación deste Consello Reitor respecto a miña persoa. É obvio que varias persoas non poden dicir a verdade cando o que afirman son cousas contrarias (un que non sabía nada -o xestor-, outro que xa llelo advertira -o presidente- e outra persoa -eu mesmo- que é a que demostra ter avisado ao presidente desta irregularidade, aparece aquí como investigado). Non é só un acto hipócrita, é un acto covarde, de fuxida cara diante. Un perigo para tod@s.

9.– Por ultimo, para rematar, toda esta información foi publicada en espazos meus, con contidos meus, e respectando ao máximo a privacidade e confidencialidade, cando si se dá esa necesidade, dos temas a tratar. E xa advirto, así seguirá sendo. Este prego de acusacións non deixa de ser unha oportunidade máis para aclarar quen é quen. Insisto de novo, unha vez máis, que nada foi publicado que non estivese antes ao alcance de calquera persoa que se quixera molestar un pouco en saber (multas, convocatorias, consultas, contratación…). Moito menos foi publicada información confidencial de persoas ou asuntos declarados segredos polo Consello Reitor. Todo é accesible por uns ou outros medios, como o será no seu día, xa adianto, esta resposta que agora mesmo estou redactando, pois tódolos socios teñen dereito a saber o que estades facendo e as consecuencias fatais que se poden derivar de todo isto.

TERCEIRO: Tal e como establece a Lei de cooperativas de Galicia, artigo 25.3.c e os Estatutos de Nosa Enerxía, artigo 18:

“Nos supostos de sanción, e sen prexuízo do carácter executivo do acordo do órgano de administración, o socio poderá recorrer no prazo de trinta días desde a súa notificación ante o comité de recursos ou, no seu defecto, ante a asemblea xeral.

O recurso ante a asemblea xeral deberá incluírse como primeiro punto da orde do día da primeira que se realice, e resolverase mediante votación secreta, con audiencia previa do interesado, podendo formalizarse esta mediante as súas alegacións por escrito”.

Como é sabido, Nosa Enerxía non ten Comité de Recursos, de modo que será a Asemblea Xeral, a primeira que se celebre, a que deberá tratar este asunto, no seu primeiro punto, no caso de que este Consello Reitor decida sancionarme. Calquera sanción que decida imporme.

Artigo 18.- Órgano sancionador e procedemento.
1. A facultade sancionadora é competencia indelegable do órgano de administración, mediante expediente instruído ao efecto e audiencia do interesado ou interesada, que formalizará as súas alegacións por escrito.
2. Nos supostos de sanción por falta de carácter societario, e sen prexuízo do seu carácter executivo, a persoa socia poderá recorrer no prazo de 30 días dende a súa notificación, ante a asemblea xeral.
3. O recurso ante a asemblea xeral deberá incluírse como primeiro punto da orde do día da primeira que se realice, e resolverase mediante votación secreta con audiencia previa do interesado ou interesada, podendo formalizarse esta mediante as súas alegacións por escrito.
4. O acordo de sanción ou, no seu caso, a ratificación do mesmo, poderá ser impugnado no prazo de dous meses dende a súa notificación ante a xurisdición ordinaria pola vía procesual establecida no artigo 40 da Lei de cooperativas de Galicia.

E xa vou avisando de que así o farei, dada a parcialidade coa que se levou a cabo este proceso; dada a parcialidade coa que se decidiu obviar todos os feitos ilegais, fraudulentos, irregulares, corruptos e, nalgún caso, mafioso que foron publicados en moendo.net. Non pode ser que o único proceso de sanción aberto por esta cooperativa, deica agora, malia as graves accións cometidas polos dirixentes desta cooperativa e que, incluso, causaron graves danos económicos a tódolos socios, sexa contra a persoa que os denuncia.

Si o que se pretendeu dende un principio foi ocultar aos socios tódalas actuacións irregulares e ilegais do Consello Reitor, e fundamentalmente do seu presidente, obrigatoriamente deberá tratarse na seguinte Asemblea Xeral, na primeira na que se convoque ao socios e, por suposto, achegando toda a información necesaria, toda a información que deica agora, delibéramete, se tratou de ocultar.

Nosa Enerxía: de mal en peor

Logo do relato feito neste blog fai pouco pouco máis dunha semana, celebrouse a Asemblea Extraordinaria de Nosa Enerxía coa finalidade de substituír á metade do anterior Consello Reitor.

Tal como tiña previsto -e anunciado-, ao comezar propuxen emprender unha acción de responsabilidade contra os membros do Consello Reitor que non dimitiron e outros que formaban parte do anterior Consello Reitor pola responsabilidade destes en actos que prexudican seriamente a actividade da Coop. Cando me dispuña a explicar as razóns levantou a man un dos supertacañóns de Espazo Coop, Tino Gago, presentes por vez primeira nunha asemblea, para pedir ao Presidente, que nin presidente é, que seguise coa orde do día e este, así o fixo, seguindo coa orde do día e impedíndome exercer un dereito recoñecido por lei e estatutos a calquera socio dunha cooperativa.

Que alguén que é xerente de Espazo Coop, a Unión que máis cooperativas aglutina en Galiza, interveña para impedir a un socio que exerza os seus dereitos, pode explicar porque esta unión de cooperativas esmorece e son cada vez menos os que a conforman.

Pero hai máis, no Consello Reitor no que se preparou esta asemblea, pediuse por activa e por pasiva que houbese proxector na sala, pois algúns tiñamos preparadas presentacións que podían ser relevantes para que os socios presentes coñecesen como funciona a coop. coas persoas que permanecen nos seus cargos: incumprindo a lei e estatutos, mentindo aos socios, ocultando datos, etc. etc. Esta era a miña presentación para promover a acción de responsabilidade:

Notas Para Exercer a Acción de Responsabilidade by xose dorrio on Scribd

Celebrouse pois a elección de novos conselleiros sen que puidera antes presentarse a devandita acción, que podía provocar, de ser aprobada, incluso sen ser aprobada, o cese doutros dos membros do Consello Reitor non dimitidos.

Na miña presentación, como podedes ver, por extractos quitados da Lei de Cooperativas de Galiza e dos Estatutos de Nosa Enerxía, explicaba en que consistía a acción de responsabilidade, quen é competente, calquera socio; en que circunstancias pode facerse, a falta de dilixencia dos conselleiros; como pode facerse, sen necesidade de estar na orde do día; como debe facerse, mediante voto segredo;… amosaba as comunicacións da CNMC onde esta se deixa ben clariño a falta de dilixencia, o que foi a multa e o que puido ser, desde 600.000 a 6.000.000 de euros si non chega a recorrerse, entre outras cousas que veremos máis polo detalle máis adiante. Agora imos parar coa multa.

Cumpre subliñar que moi poucos dos socios dos presentes emitiu queixa algunha polo feito de non seren informados desta multa nin as circunstancias que nos levaron a ela… tampouco se criticou a falta de dilixencia do anterior Consello Reitor. Iso si, os mesmos que calan ante esta desinformación queixanse logo de que se teñan publicado neste blog… como si se tratase dun asunto confidencial. Ignorantes! As multas da CNMC son de dominio público.

Ángel, daquela secretario, pide a palabra e explica que ocorreu coa multa. Di que recibiron a comunicación da CNMC e decidiron asesorarse antes de facer nada (o que se lle pidía era que rexistraran a Coop. no REMIT, un ficheiro de operadores no mercado de enerxía), é dicir, que preguntaron a ENARA, anterior provedor de enerxía, e a GOIENER, o actual proveedor, logo do cal e segundo o consello destes, decidiron non rexistrar a Coop. Ninguén lle deu consello por escrito. Casualidade? Non. Por iso resulta pouco crible esta versión.

Si o que che pide a CNMC é que vaias a unha páxina web e insertes os datos da Coop. para que figure como un operador máis do mercado, isto é, a acción que che esixen consiste en meter uns datos nun ficheiro, sen custe algún para Coop., que sentido ten realizar dúas accións de asesoramento para determinar si se inscribe ou non a Coop. nese rexistro? O que non contan é que ao tempo tiñan o certificado dixital caducado. Outra falta de dilixencia… e van…

Podería entenderse esa solicitude de asesoramento si ese rexistro tivese un alto custe para a Coop. Xa digo, o custo era cero. Podería entenderse a procura de asesoramento si esa solicitude de rexistro viñese dun ente estraño. Xa digo, viña da CNMC. Sen dúbida, a versión máis crible, é que non fixeron nada cando recibiron esa comunicación. Nada. Absolutamente, nada.

Por iso é que a Asemblea debería, primeiro aceptar esta solicitude, e logo votar a favor de exercer a acción de responsabilidade dos conselleiros, pois o que fixeron foi cometer unha falta moi grave. E que o que estes fixeron foi unha falta moi grave, non o digo eu, que tamén, dio a propia multa. Debería terse votado, si, tal e como recoñeceu, máis tarde, na propia asemblea, a outra supertacañona de Espazo Coop, Rosa Álvarez, iso si, quedou sen votar e os dereitos deste socio, e de tódolos socios, foron botados ao lixo grazas a un presidente neglixente e ao consello interesado (eles defenden o seu cheque de 600 € anuais, para min un atraco a man armada) dos membros de Espazo Coop. En fin…

Outra das cousas que pretendía denunciar nesta acción é o mal funcionamento do Consello Reitor, que non funciona como tal e que, malia ser o único órgano de goberno dunha Cooperativa, enterevámonos de moitas cousas a través da prensa, como que o Presidente estaba probando un coche eléctrico en Alemaña. Pretenderá agora colarnos a tódolos socios os custes dunha viaxe na que non contou coa aprobación do Consello Reitor? Pois seguramente,… e non sería a primeira vez.

Pablo Álvarez é un presidente viaxeiro, tocaio daquel papa que percorría o mundo a conta do cepillo dos seus feligreses. Este faino a conta do recibo da luz dos clientes de Nosa Enerxía (entre os que el non se atopa, para máis colmo). Seguro que aquel papa tampouco botaba moedas no cepillo…

O que me demostrou neste tempo no que compartimos Consello Reitor é que se trata dunha persoa autoritaria que actúa ao marxe do órgano de administración, controla toda a información que entra a Cooperativa entre el e Ángel, administrando a dirección física da Coop., que é o seu propio domicilio, os enderezos de correo electrónico públicos e a liña de teléfono da propia Coop. O resto de membros do Consello Reitor só accedemos a información que a eles lle convén, ou cando lle convén, cando procuran axuda por unha metedura de zoca súa, claro. Así nos enteramos dalgunhas cousas que se publican aquí, senón, nin iso, seguiríamos ignorando tanta inutilidade…. como que Nosa Enerxía apoiou a reforma duns estatutos da Unión Renovables sen consultar nada cos seus socios e conselleiros, simplemente porque así o quixo Juan Pablo “O viaxeiro” ou que, sen consultar con ninguén, unha vez máis, Nosa Enerxía entra no Consello Reitor de Espazo Coop, porque a el lle ofreceron ese posto. A cambio, ocúltase aos socios que nos suben a cota anual de 96 € a 600 €. Normal que o dúo cómico desta Unión que acudiu a última asemblea extraordinaria estivese tan interesada en que esta acción, nin sequera fose presentada. Vaia elementos! Pero todo isto non é nada novo, esa actitude “presidencialista” de Pablo Álvarez non é nada nova, vén… de sempre, vaia, dende a primeira Asemblea de Nosa Enerxía:

 

 

Nesta última asemblea, presentáronse a formar parte do Consello Reitor, entre outr@s, dous socios cos que a Coop. ten obrigas, Brais de En Común, e Asier de Ítaca. Aproveitei para lembrarlle a estes dous socios, e o resto de soci@s presentes, que non se pode usar o Consello Reitor para defender intereses persoais, que calquera obrigación que nace entre a Cooperativa e calquera membro dun Consello Reitor debe ser aprobada pola asemblea (ver páxina 15 da presentación), non por eles mesmos. A verdade, non agardaba que se presentasen socios con intereses persoais na Coop., cando esta foi unha das fontes de conflito no Consello Reitor que viña de presentar a súa dimisión. Parece que non aprendemos nunca…

O anterior Consello Reitor decidiu contratar a Ángel Montero, membro do Consello Reitor, malia a prohibición da Lei de Cooperativas de Galicia. Así o lembrei nesta Asemblea Extraordinaria.

A miña capacidade de sorpresa non deixa de verse desbordada coa capacidade que ten para mentir o Presidente “que non é presidente” desta Coop. Teño que subliñalo… É impresionante a súa capacidade para o engano, a frialdade con que o fai, a tranquilidade coa que minte, sen desviar a mirada, sen expor ante o público xesto algún que poida por en dúbida a súa versión. Crédeme que incluso chegou a convencerme a min cando afirmou: “A contratación de Ángel foi aprobada pola asemblea do ano pasado”.

Como puido afirmar tal cousa cando nin na orde do día desa asemblea figuraba tal cousa nin, eu que estaba alí, vira que a persoa aludida en ningún momento se ausentara daquela asemblea, como é obriga cando se trata dun asunto que afecta a un dos seus membros? Como puido afirmar que na Asemblea que se celebrou o 24 de xuño de 2017 se votou a contratación deste membro do Consello Reitor, cando seu contrato di que foi asinado un mes antes, a finais de maio de 2017? Así trata aos socios este elemento, con desprezo… e os seus compañeiros de viaxe, José Ramón, Ángel e Geni, tamén, apoiandoo.

Cales son as consecuencias dun feito coma este? Para os que din que canto eu afirmo son opinións, recoméndolles que lean un chisco máis. Aos que son conselleiros, nin debería dicirllo, pero deberían saberse a lei e os estatutos de memoria, especialmente aos que xa levan anos nisto… pero nada. Eles ignórana, no mellor dos casos, sáltana noutros… e queren que @s soci@s de Nosa Enerxía non saiban nada. Non é unha opinión dicir que a Lei de Cooperativas de Galiza afirma que tódolos actos realizados nestas circunstancias “sen a mencionada autorización (da Asemblea) son nulos de pleno dereito”… “e darán lugar ó cesamento do Conselleiro”. Pois si amigos… na pasada asemblea tiñamos que elixir a un Conselleiro máis, polo menos, porque Ángel Montero debería ser cesado ipso facto! Grazas aos cómicos de Espazo Coop, isto non puido facerse, pois bloquearon a miña acción, que debía ser tratada previamente a renovación de cargos.

Pero se este feito, un feito, non unha opinión, é motivo do cese deste Conselleiro, tamén é motivo para esixir responsabilidade ao resto de membros do Consello Reitor, e polo tanto, o seu cese fulminante.

Non é doado sacar iniciativas así adiante cando a maioría das persoas que participan neste tipo de asembleas conforman un grupo de amigos e/ou forman parte da mesma organización política… Si, ás malas prácticas da política ás que algún membro tivo a pouca gallardía de aludir fai unhas semanas nas redes, pero que eles ben que practican. Lembremos pois, é preciso, que esta persoa contratada por Nosa Enerxía é coportavoz de Equo Galicia, que os membros do tribunal de selección para o devandito posto de traballo eran de Equo, e que el non era o único integrante do Consello Reitor membro desta organización política. Logo virá o Sr. Mandaio a falar de golpes de estado doutras organizacións políticas,… e digo eu, da súa propia, el confesoume que pertencía a esta, non ten nada que dicir?

Falaba máis arriba do Presidente que non é presidente. Non o dicía de broma (ver diapositiva 16 da presentación): “o Presidente e o Vicepresidente deben ser elixidos pola asemblea xeral, agás que os estatutos dispoñan expresamente que poderán selo polos membros do Consello Reitor”. E que din os Estatutos de Nosa Enerxía? Diapositiva seguinte (a 17): “Os cargos do Consello Reitor (todos) serán elixidos pola asemblea xeral”. E como foron elixidos todos os cargos? Pois ao xeito en que Nosa Enerxía fai as cousas: incumprindo a lei e os estatutos, isto é, foron elixidos polos membros do Consello Reitor.

Vale que a maioría de socios cheguen a unha asemblea descoñecendo estas normas. É pasable! O que non ten pase algún é que ningún membro do Consello Reitor collera a Lei e os Estatutos e fixera cumprilos… e si non se fixo foi porque os membros do Consello Reitor, membros que levaban anos nos seus cargos, descoñecían completamente as normas polas que se rexen.

Dicía tamén, neste mesmo post, que Pablo, o Presidente que non o é, é un mentirao de altura. Velaquí outra das razón polas que secuestraron o proxector na sala onde se celebrou a última asemblea, para que os socios non puideran ver o que pasou na Asemblea Xeral do 30 de xuño:

Brais, de En Común, presenta as contas. Ao finalizar hai unha rolda de preguntas, na que intervén varios socios. Tamén eu.
Pregunto: Porque non levamos unha contabilidade separada entre clientes que son socios e terceiros clientes (os que non son socios)?
Respóndeme: Que eu saiba non temos clientes non socios.
Retruco: si temos.
Respóndeme: Primeira noticia que teño.
Retruco: Non pode ser, comenteino varias veces no Consello Reitor e a Pablo, persoalmente, para que cho dixeran.
[Pablo, o presidente viaxeiro e mentirao nega visiblemente coa cabeza]

E ante isto só queda mostrar, en aras de esclarecer a realidade, os rastros que quedaron destas manifestacións nas nosas conversas (obviamente, das conversas telefónicas non quedan rastro, nin nas de skype, nin nas presenciais, nalgunha das cales tamén lle recordei todo isto)

A min que me mintan non me gusta nada… pero a algúns/has soci@s parece que lle agrada. A solución non creo que sexa botar ao xestor que fixo mal as contas, como dicía Geni nun alarde de hipocrisía no último Consello Reitor ao que asistín, a solución pasa por facer unha limpa xeral na Coop. que non deixe rastro algún de tantas irregularidades, ilegalidades, neglixencias, falta de dilixencia, nepotismo, mediocridade, etc. que, como xa dixen noutra ocasión, só poden conducir a que pagues a enerxía máis cara do mercado, cando a renovábel é a máis barata. Ou, que outra cousa se pode agardar dun grupo de xente así?

Que está ocorrendo en Nosa Enerxía Sociedade Cooperativa Galega? (e VI- o prezo da enerxía)

Dende o primeiro día que son consumidor de Nosa Enerxía, primeiro con GOIENER, logo coa propia Coop., o que notei era que pagaba máis de enerxía ca nunca. Un pode soportar uns prezos máis altos durante un período de tempo, procurando e agardando que o proxecto se afiance, pero sería imperdoable acostumarse a isto e pagar por vicio a enerxía máis cara do mercado a cambio de nada: os meus electrodomésticos non van render mellor, as lámpadas da casa non van ter un brillo superior, a comida non será máis saborosa, nin o calor do fogar vai ser máis envolvente por consumir a enerxía de NOSA ENERXÍA, verdade? Pois, considero que, dende mediados de novembro de 2014, aguantando este sobrecusto, chegou o momento de dicir basta!

Nosa Enerxía gusta de definirse como unha sociedade sen ánilmo de lucro, pero a realidade é que alguén se ten que estar lucrando si a enerxía é máis cara que noutros lados. Levo máis dun ano loitando para que todos os socios-consumidores paguemos o mesmo polo servicio que se nos presta dende a Coop., isto é, por facturarnos a luz cada mes, por resolver as incidencias que xurdan, etc. O prezo de mercado pono o mercado, que é onde competimos, e hai compañías que ofrecen a luz a prezo de custe máis 3 € polo servizo (ao que antes me refería). Incluso hai empresas que ofrecen o servizo máis barato… e son empresas con ánimo de lucro.

Pero, canto pagamos nós? Nas nosas facturas non aparece reflectido o custo do servizo, tan só o prezo da enerxía. Significa isto que non se nos cobra o servizo? Non, significa, simplemente, que non se nos di cal é o custo do servizo, pero cobrar si que se nos cobra, e, malia prestarnos a todos o mesmo servizo, exactamente o mesmo servizo, non se nos cobra a todos por igual. Porque? Porque ese custo é un sobreprezo (que pode ser dun 5/6% ou máis, depende ao final do que se achegue a estimación do prezo da enerxía ao prezo real) sobre o prezo da enerxía estimado para ese trimestre, de modo que unha persoa que consuma uns 50 € ao mes de enerxía poderá pagar de servizo entre 2,5 € ou 3 € ao mes polo servizo, si consume menos non paga os gastos de facturación, dende logo, pero os que consumimos máis, entre outras razóns, porque non consumimos enerxías fósiles que venden empresas da competencia (gas ou gasaoil), isto é, que todo nos nosos fogares é eléctrico, as nosas facturas poden chegar a superar os 400 € varios meses ao ano, de modo que os que somos mellores clientes, os que non consumimos combustibles fósiles nas nosas casa, ao final acabamos sendo penalizados pagando un servizo máis caro: entre 20 e 30 € por factura algúns meses. Isto é inadmisíbel!

Pero aí non queda todo… se aínda os prezos se axustasen ao que ofrecen outras comercializadoras de semellantes características, falo de cooperativas, por exemplo, ou empresas que comercialicen exclusivamente enerxía renovábel, podería ter un pase, pero non é así. Calquera pode facer a proba con un simple clic no comparador de prezos da enerxía da Comisión Nacional do Mercado da competencia (a CNMC, a mesma que nos multou).

A diferencia de prezos, asegúrovos, é moito máis grande do que pode resultar a primeira vista, onde se comparan tarifas estándar pero, en cooperativas como SOM ENERGIA, que ofrecen unha tarifa específica para os inversores de Generation Kw, as diferencias poden superar o 60% nalgúns tramos da factura. Ollade as diferencias nos contratos máis comúns, nos 2.0:

A situación da Coop. e os prezos da enerxía que cobra aos seus usuarios gardan unha relación semellante a que existe entre un ovo e unha galiña. A diferencia é que aquí, sabemos o que foi primeiro. Todo o relatado nos artigos anteriores levan a que a día de hoxe NOSA ENERXÍA sexa a comercializadora máis cara do mercado, con diferencia. Co consumo anual que se fai no meu fogar, e cunha tarifa estandar 2.0 DHA NOSA ENERXÍA sáeme 500€ máis cara ao ano… pero é que cunha tarifa para inversores, a Generation Kw, ese aforro podería chegar ate os 1500 € máis os descontos polas accións enerxéticas financiadas.

E preocupa o prezo da enerxía aos usuarios? E tanto! A intelixencia artificial, unha das patas da industria 4.0 que algún se afana en demostrar o seu descoñecemento, permítenos saber que é o que máis visitan os usuarios da nosa web, da vella, que a nova sigue aí, varada… As páxinas das tarifas aparecen entre o máis visitado da web, tamén como o sitio onde máis abandonos se producen. Non se aprecia, en ningún caso, no coportamento dos visitantes, unha liña que os leve dalgunha tarifa a “contratar enerxía”. Tremendo!

O prezo é un factor importante. Determinante. Como é posible que como usuarios que mercan a enerxía conxuntamente non sexamos capaces de mellorar os prezos do mercado? Para que serve logo unha cooperativa de usuarios? Que máis pode agardar alguén que é socio de NOSA ENERXÍA dende 2013, cliente dende o primeiro minuto, despois de todo o visto ao longo deste ano? Sinceramente, e logo de darlle moitas voltas nas últimas semanas, antes agardo outra multa que ver a coop. producindo enerxía, pois nin para ser produtores temos licenza; antes agardo liortas polos intereses persoais duns poucos no Consello Reitor que un Consello Reitor libre de todo interese persoal, pois vétanse os réximes estritos de incompatibilidades dos conselleiros;  antes agardo ver os meus interese como socio recoñecidos nun tribunal (o dereito a non cargar coa falla de dilixencia doutros) a que mo recoñeza un órgano de garantías propios; antes agardo o caos organizativo que unhas bases xurídicas sólidas e protocolos de actuación, pois non hai vontade algunha de facer reformas que permitan avanzar neste sentido. Nin vontade nin talento. Só mediocridade. Eis a diferencia: onde hai talento son 50.000 socios, onde non o hai 500. Non é cuestión de galegos vs. cataláns.

Que está ocorrendo en Nosa Enerxía Sociedade Cooperativa Galega? (V- o emprego)

Baixo a expresión “creación de emprego” parecen ocultarse tódolos males do capitalismo moderno. En Nosa Enerxía tamén usamos moitas veces esa máxica expresión para correr un tupido velo: creamos emprego directo e indirecto, contratamos persoal e contratamos con terceiros, contribuímos a afortalar o tecido social galego, etc. etc. Como o facemos… iso é outro cantar. Deica agora, Nosa Enerxía lanzou unha única oferta de emprego.

A contratación de persoal ou servizos debe obedecer a unha necesidade da Coop., unha necesidade que pode xurdir en calquera órgano ou grupo de traballo, que debe ser analizada, estudada e aprobada polos órganos de goberno da Coop., baixo un estrito protocolo de contratación. Protocolo co que tampouco contamos e sen o cal , calquera contratación pode quedar baixo sospeita. Neste ámbito tamén propuxen usar o protocolo de contratación de GOIENER, moi ben elaborado e, por suposto, xa testado na súa propia cooperativa. Tampouco quedou moi claro que se ansíe un documento deste tipo… así como contar un estudo detallado das competencias precisas para poder acceder a un posto de traballo en Nosa Enerxía, xenéricas e específicas, segundo as necesidades do momento, competencias relacionadas co universo “on line” no que se desenvolve boa parte da actividade da Coop. Iso si sería dar pases de xigante na Industria 4.0 e non soltar frases baleiras de  contido coas que acostumamos a agasallar moitas veces a quen nos entrevista.

Como dicía nun post anterior, somos usuarios, consumidores de enerxía, non emprendedores, máis isto non quita que, unha vez posto en marcha un proxecto empresarial, unha cooperativa é unha empresa, xurdan a necesidade de contratar profesionais que realicen esas tarefas. O que non poden confudirse xamais, son as lexítimas espectativas de emprego que poidan ter uns, coas espectativas que como consumidores temos todas, que son as que deben primar sempre, sen vicios e/ou intereses particulares en contra, sobre o resto. De feito, nos Estatutos da Coop. xa se fala da figura do socio traballador, por algo será… sen embargo, o traballador que figura en nómina non o é en condición de socio traballador, senón persoal contratado por conta allea. Algo fallou aquí, unha vez máis, pois non está desenvolvida regulamentariamente esta figura. Existe unha clara confusión entre ser socio da coop. como consumidor e ser socio como traballador, figuras que non son equiparables, e que responden a diferentes obrigas e dereitos (por exemplo, a aportación ao capital social dun socio traballador acostuma a ser maior noutras Coops., por exemplo, en SOM ENERGIA, a aportación é de 500€). Ocorre o mesmo co socio colaborador, que ocupa un lugar distinto respecto aos outros dous, pois, por exemplo, a Coop. non pode ser presidida ou vicepresidida por un/unha destes/as socios/as.

Cando se sinala a figura de “socio traballador” nos estatutos estásenos dicindo que o persoal que contrate a Coop. no futuro deberían ser “socios traballadores”, non socios da Coop., que son cousas distintas. Un socio traballador a proba, non pode, por exemplo, estar no Consello Reitor, porque así o prohibe a Lei de Cooperativas de Galicia… sen embargo, o actual traballador da Coop. puido acceder ao Consello Reitor estando a proba como traballador na Coop., non como socio traballador, claro, simplemente como traballador, cando non debería ser así. Que unha decisión así fose adoptada polo órgano de goberno da Coop, non a converte en máis ou menos válida. Os órganos de representación ou de goberno dunha sociedade poden impor, en base a “maiorías lícitas” acordos abusivos que logo poden ser recorridos por calquera socio na xurisdición mercantil ou penal. Lembremos que non temos Comité de Recursos.

Cando tocou abordar a renovación do administrativo advertín, tamén, que non me parecía apropiada a categoría: administrativo oficial de primeira con estudos universitarios. Efectivamente, si tivésemos un traballador desta categoría non precisaríamos subcontratar a contabilidade a un terceiro, pois supónselle a ese traballador suficientes competencias para facelo el mesmo. Sen embargo, non é así… porque a titulación universitaria do traballador non ten nada que ver coa rama administrativa a que está adscrito. Malia advertencia, no seu día, todo sigue igual… e isto tamén supón un custo extra para tódolos socios na Coop. e que contribúe a engordar, unha vez máis, a nosa factura da luz. Unha vez máis se configuraron unhas “maiorías lícitas” que, a meu entender, adoptan un acordo abusivo e lesivo para a Coop. Por non falar do rexeitamento ético que merece o feito de que un Conselleiro vote a favor dunha medida que o favorece directa e persoalmente. Imaxinan que isto ocorre no ámbito da política? Un comportamento así en calquera pleno dun concello sería motivo de ser calificado como prevaricación, delito que existe porque se dá un rexeitamento ético na sociedade a quen mira máis polo seu ben particular que polo xeral.

No Consello Reitor tamén nos encontramos con enormes cambadelas para fiscalizar o traballo deste empregado, que lembremos, é un posto que se desempeña a distancia. Malia pedir reiteradamente que se nos envíe un informe semanal sobre as tarefas realizas, poucas foron as veces que isto sucedeu. Esta información, non só podería resultar útil para a fiscalización, senón para a adopción de decisións relativas a futuras contratacións ou ampliación de horas… e deste xeito, todo, como case todo, se fai a cegas sen análises rigorosas.

Que está ocorrendo en Nosa Enerxía Sociedade Cooperativa Galega? (IV- os egos)

Nunha organización ampla, ou que pretenda selo, os relevos deben estar a orde do día. De feito así é nas cooperativas deste ámbito que mellor funcionan, onde os cargos non acostuman a durar máis de dúas lexislaturas consecutivas. Unha das miñas propostas de actualización dos estatutos de Nosa Enerxía ía por ese camiño: duración máxima nos cargos de dúas lexislaturas, de dous anos cada unha, renovación por metades dos cargos, para non dar lugar a cambios traumáticos dos órganos de goberno, e unha relación de incompatibilidades das persoas electas para estes cargos que garantan que as persoas que os ocupan só teñan un interese: a cooperativa e os seus socios usuarios. Somos unha cooperativa de usuarios e a defensa dos seus intereses non é só un obxectivo, é unha obriga.

Para a miña sorpresa, esta reforma de estatutos que limitan a permanencia nos órganos da Coop. só foi mal acollida por aqueles que máis tempo levan ocupando postos no CR, mentres que foi ben acollida polos que acababamos de chegar (e hoxe dimitidos). Para o meu asombro, ao falar sobre o fondo da cuestión deste asunto, algún dos que levan tempo no seu cargo chegou a dicir que a renovación dos cargos é necesaria, pero que noutras Coops. as persoas que pasaron por estes cargos acabaron contratados na súa cooperativa, é dicir, entenden que o cargo, voluntario, é un mérito, por si, para acabar sendo persoal laboral da Coop. Lamentable. Si ben, explica un pouco o que sucedeu coa primeira oferta de emprego de Nosa Enerxía, da que falarei no seguinte artigo.

Entendo que as persoas que no seu día formaron parte dos consellos reitores de GOIENER e SOM ENERGIA -sináloas porque eran as Coops. ás que se refería- están contratados hoxe en día nas súas organizacións polo bo traballo que fixeron, non polo feito de estar no seu CR. Repito, estas persoas foron contratadas polas súas organizacións polo bo traballo feito, non polo feito de estar nun cargo. Lembremos GOIENER ten arredor de 9000 socios, SOM ENERGIA 50.000. Algo farían ben eses conselleiros que non se fixo en Nosa Enerxía.

As cooperativas están gobernadas por un órgano colexiado, o Consello Reitor. Así o establece a Lei de Cooeprativas de Galicia. As funcións do presidente son escasas: presidir a Coop., presidir o Consello Reitor, representar a Coop., conducir a Asemblea Xeral, convocar ao Consello Reitor, que non decidir a orde do día, como chegou a suceder recentemente, negando a un conselleiro a introdución de puntos na orde do día… e pouco máis. Sen embargo, Nosa Enerxía é unha Coop. totalmente presidencialista: todo pasa lo presidente e practicamente todo o decide el.

Fai máis dun ano someteuse a consulta dos socios a que asociación de cooperativas queríamos sumarnos. Había tres opcións: ESPAZO COOP, REAS e RESCOOP. Gañou a primeira. Na información que se achegaba sobre cada unha das cooperativas dicíase cal era o custe de sumarse a unha ou outra: os socios elixiron a máis barata, si ben o precio definitivo no era o que se deu: informabase que o custo estimado sería de 72 €/ano, cando rematou a constitución definitiva de Espazo Coop, puxeron unha cota de 96 €… pero este ano acabamos pagando 600 €, iso si, sen sometelo a consulta dos socios nin do Consello Reitor.

Outro asunto que o presidente non someteu ao Consello Reitor nin aos socios é a pertenza, aprobación e/ou reforma de estatutos da Unión Renovables. Iso si, o seu custo, 900 € ao mes, pagámolo todos do noso peto. Dous chiringuitos máis que nos encarecen o recibo da luz, pero que nos aportan pouco como consumidores da nosa Coop.

Por certo, puiden estar presente na última reunión da Unión Renovables que se celebrou no Concello de Moaña e tódolos socios da Unión traían instruccións do que debían votar en cada punto da orde do día, dadas polos seus consellos reitores e/ou asembleas xerais. Soamente o representante de Nosa Enerxía chegou a esta reunión sen facer consulta algunha aos socios ou ao seu Consello Reitor. Inaudito! Aínda a día de hoxe non se nos achegou acta da reunión ou copia dos estatutos da Unión Renovables que, como socios, tamén nos obriga. Entre estas obrigas da Unión Renovables está a paridade dos seus representantes na mesma, é dicir, debe enviarse un representante de cada sexo as súas reunións. Isto obrigaríanos a facer modificacións estatutarias, obrigando a que presidente e vicepresidenta ou presidenta e vicepresidente, representen aos nosos socios na Unión… e non como consta agora mesmo, onde só a presidencia é a representante legal, ou a vicepresidencia na súa ausencia. É dicir, dun xeito totalmente personalista adóptanse decisións que afectan a toda a nosa estrutura como Coop. sen consulta previa algunha e logo restrínxese a posibilidade de presentar modificacións estatutarias, estas si, someténsoas ao parecer d@s soci@s.

Do mesmo xeito, dende o Consello Reitor non temos coñecemento algún de que asuntos se tratan no Consello Reitor da Unión Espazo Coop. nin cal é o sentido do voto do noso representante, descoñecemos pois como defende os intereses da nosa Coop. nestas organizacións, si é que os defende, ou está a outra cousa.

Que está ocorrendo en Nosa Enerxía Sociedade Cooperativa Galega? (III- o caos)

Cando decidín presentarme ao Consello Reitor tiña curiosidade por saber porque Nosa Enerxía non funcionaba como outras cooperativas coas que compartía proxecto, o mesmo proxecto: consumidores de enerxía que procuran a súa propia enerxía, renovábel, en forma de cooperativa. A escusa é sempre que Catalunya ou Euskadi son diferentes, que imos moi por detrás, etc. etc.

Como a min eses argumentos non me convencen acerqueime máis a coñecelas a volta de clic, por onde realmente se coñecen as organizacións, polos textos que os regulan. A diferencia é brutal! Goiener e SomEnergía dan moito máis poder de fiscalización ao socio: dispón de órganos de recursos e de intervención independentes do Consello Reitor, aos que calquera socio pode recorrer no caso de ter algún problema. En Nosa Enerxía só nos queda acudir ao xulgado si algún socio se sinte agraviado.

Mais, esa carencia de textos legais propios, máis aló de escaso desenvolvemento dos estatutos, afecta ao día a día da cooperativa. Non dispor dun Regulamento de Réxime Interno implica, por engadido, non dispor dun réxime de funcionamento do Consello Reitor e o resto de órganos, sequera previstos estutariamente, como son o Comité de recursos ou o Órgano de intervención, non dispor dun réxime de sancións, nin dun protocolo de contratación de persoal, nin dun regulamento de elección de cargos, etc. de modo que, cando toca realizar algunha desas accións todo queda sometido a improvisación. Este sábado toca elixir a membros para o Consello reitor, como se fará? Pois non sabemos, xa a asemblea decidirá.

O 30 de xuño celebrouse a última Asemblea Xeral Ordinaria. Dos tres puntos da orde do día que se levaban tan só puido debaterse e aprobarse o primeiro, as contas da Coop., aprobadas en precario pois, formalmente, non se poden presentar tal e como se presentaron, malia levar meses advertindo un problema de forma: as contabilidade dunha cooperativa de usuarios debe ser dobre, por un lado a facturación a socios, polo outro a facturación a persoas non socias. O asesor afirmou que descoñecía que se facturase a terceiros. Ninguén lle dixo nada? É responsabilidade do asesor ou da Coop. ter un lista de clientes socios e outra de clientes non socios? Existe esa lista? Dubido que a día de hoxe se corrixira este despropósito que só serve para que acabemos apandando con outra multa máis.

Pero, ao que ía, quen puido asistir a esta asemblea, e a anterior, e a anterior,… amais de comprobar a falta de participación dos socios, puido comprobar a escasa organización da mesma (deica agora, nin se acreditou que as persoas asistentes sexan socios), falta de temporización e de tempo para abordar os asuntos, o que obriga logo a deixalos de tratar porque, literalmente, nos botan do lugar,… xa non falamos de levar un regulamento de funcionamento da propia asemblea ou, como mínimo ter a man estatutos sociais e lei de cooperativas para resolver incidencias. Claro que chegar a unha asemblea require un traballo previo do Consello Reitor que, si nen sequera é que de reunirse, dificilmente pode facelo.

A sensación que me deixa Nosa Enerxía é a dunha comuna hippy mal organizada (porque as hai ben organizadas) e non a dun proxecto empresarial en forma de cooperativa para os seus socios e clientes.

E dentro dese desorde é onde quero colocar os proxectos que acompañaban ao plan de traballo de 2018 de Nosa Enerxía porque, si non se ten en conta o marco legal que ordena unha actividade, calquera proxecto relacionado coa mesma, nace no caos.

Isto é un proxecto de xeración de enerxía (PDF e web) e isto non pasa de ser un bosquexo do que algún día podería ser un proxecto de enerxía (PDF). A diferencia entre o que é un proxecto é o que non salta a vista; coa lectura dos índices abonda para ver as carencias de Nosa Enerxía en materia enerxética, económica, legal, social, estratéxica, etc. E outro tanto se podería dicir do que se deu en chamr “proxecto”, sen selo, “de mobiidade de Nosa Enerxía” (PDF). Ambos bosquexos esconden a clara intención de desviar cartos do sobrecusto do prezo da enerxía que pagan os socios -e non socios- para o beneficio duns poucos, pois… como se pode compartir, materialmente, un coche eléctrico, entre máis de 500 socios, moitos deles separados por centos de kilómetros? Esta e moitas outras preguntas fíxenllas ao relator dos bosquexos, o presidente Pablo Álvarez. A súa resposta foi: “está todo controlado”. Xa puidemos velo no artigo anterior.

Atención a isto:

Eu son unha das persoas que afirmou que estaría disposta a investir nun proxecto de xeración. Era a resposta a unha pregunta aberta, non sobre un proxecto concreto. Desas 140 persoas, moi poucas coñecían o proxecto que se lles ía presentar. Pero é que, responder a unha pregunta así, aínda coñecendo o proxecto, que non era o caso, é unha cousa e outra poñer os cartos. Volvamos ao principio…  a esas outras sociedades máis avanzadas, Catalunya: Som Energía con 50.000 socios, cun proxecto de xeración que xenera 10Gw de enerxía/ano, cantos inversores ten? Podedes velo aquí: Generation Kw. Non chegan a 3.500 persoas, é dicir, non chega o número de inversores nin ao 10% da súa masa social, eles, que son os que van por diante nisto todo. Con estas contas, cun proxecto serio, Nosa Enerxía podería ter uns 40 potenciais inversores… pero con este bosquexo, nin iso. Outra cousa é que se pretenda trasladar fondos do sobreprezo da comercialización de enerxía a proxectos de xeración. Pois xa veremos até onde a xente está disposta a pagar a enerxía máis cara do mercado.

I´M OKAY!

Que está ocorrendo en Nosa Enerxía Sociedade Cooperativa Galega? (II- a multa)

Unha das taras máis grandes de Nosa Enerxía Sociedade Cooperativa Galega é a participación. Na última Asemblea Xeral Ordinaria non chegabamos a 40 persoas presentes, que con votos delegados sumabamos un total de 69 socios. 69 de 550 socios non é moito para un acto, o de asistir, que é obrigatorio para todo socio polo mero feito de selo. Claro que as facilidades de participación son poucas (período estival, longos desprazamentos,…).

É por iso que a maioría dos socios descoñecen moitas das cousas que ocorren na súa Coop., porque se lle nega esta información malia que algún membro do Consello Reitor solicite o envío desta. É o caso da multa que comentaba no post anterior. A día de hoxe podemos dicir que a cantidade é irrisoria (1.800 €) pois a primeira comunicación estimaba unha multa entre 600.001 euros e 6.000.000 de euros. Finalmente a multa foi de 3.000 € e quedou reducida nun 40% por pronto pago. É evidente que non poderíamos facer fronte a multa mínima coa que nos ameazaban na primeira comunicación cos fondos da Coop. e que, de non ser polo recurso presentado, probablemente, a día de hoxe a Coop. tería que por fin a súa actividade.

Tanto na carta na que se nos comunica a incoación do procedemento (tamén na CNMC)como na carta na que se nos confirma a sanción da CNMC, queda de manifesto a falta de dilixencia dos responsables da Coop. e, nomeadamente, do seu presidente, en cuxo domicilio figura a sede da Coop. e onde é que esta recibe a correspondencia. Esta falta de dilixencia evidenciase no feito de que a carta na que se nos advirte a necesidade de inscribir a Coop. nos rexistros da OMIE xamais apareceu, por máis que se lle insistira ao presidente para poder preparar o recurso axeitadamente. Xamais!

Comunicación da incoación do procedemento sancionador pola CNMC

 

Comunicación da sanción a Nosa Enerxía por parte da CNMC

Esta non é a primeira multa que recibe a Coop. Descoñezo as circunstancias en que se produciron as outras multas anteriores, pois xamais aos socios se nos presentaron as devanditas resolucións, pero si sei por esta, cando menos por esta, a pouca dilixencia coa que actuaba o anterior Consello Reitor. O problema para Coop. non son agora mesmo eses 1800€ que tivemos que pagar os socios pola falla de dilixencia do Presidente, o problema é ter un presidente que pretende ocultarnos estes feitos, tanto a multa como as circunstancias nas que se produce: un descarada falta de dilixencia. O problema, insisto, é que esa forma de proceder se repita no futuro como xa se repitiu no pasado.

Outro caso que deixa de manifesto tanta indolencia é o feito de que, unha vez preparado o recurso e ante a obriga de presentalo na sede electrónica da CNMC, encontrámonos con que tiñamos o certificado dixital caducado. Tivemos que recorrer a un terceiro, a Coop. En Común, para que o presentase por nós.

Como comentaba máis arriba non é a contía dunha multa asumible pola Coop., senón as circunstancias nas que se producen e que, atendendo a feitos recentes, como a presentación de novos proxectos por parte da Coop., sen memoria económica, sen ter estudado o marco legal no que se van a desenvolver, custa crer que esteamos libres de novas multas no futuro. A modo de exemplo, preséntase un proxecto de produción de enerxía solar en Paradela, con data de inauguración e todo para este mesmo mes, cando nin sequera se iniciaron por parte da Coop os trámites burocráticos para ser produtores, trámites que requiren un longo período até sermos autorizados para producir enerxía. Unha autorización que é indispensábel! Autorización que tamén é necesaria para ser simplemente intermediarios… e nese proxecto tamén se fala de que seremos intermediarios. Todo un despropósito que obriga a por en dúbida a viabilidade de Nosa Enerxía, pois dubido que as autoridades reguladoras do mercado eléctrico non sempre van ser tan condescendentes connosco como o foron coa multa que aquí se relata.

A comunicación desta multa tiña que chegar a tódolos socios xunto coa convocatoria da asemblea extraordinaria, tal e como solicitei no derradeiro Consello Reitor, sen que ninguén se opuxese a isto, é máis, entendo que co apoio maioritario dos presentes, si ben é algo que non chegou a votarse. A miña sorpresa é que non aparece este documento nin na convocatoria nin na seguinte corrección de erros, onde se achegan documentos que non se van tratar nesta convocatoria.

O motivo da miña petición é o anuncio no derradeiro Consello Reitor da presentación dunha acción de responsabilidade (artigo 51 da Lei de Cooperativas de Galicia) contra o Presidente e o resto de membros do anterior Consello Reitor con motivo desta multa e para que todos os socios tivesen de antemán toda a información relativa ao asunto. Unha vez máis, a resposta do presidente é censura ao conselleiro discrepante e ocultación de información aos socios. Pero isto non é todo…