Que está ocorrendo en Nosa Enerxía Sociedade Cooperativa Galega? (III- o caos)
Cando decidín presentarme ao Consello Reitor tiña curiosidade por saber porque Nosa Enerxía non funcionaba como outras cooperativas coas que compartía proxecto, o mesmo proxecto: consumidores de enerxía que procuran a súa propia enerxía, renovábel, en forma de cooperativa. A escusa é sempre que Catalunya ou Euskadi son diferentes, que imos moi por detrás, etc.