Que e isto? Dende esta paxina podes Compartir e gardar Imponse a lei do silencio no teu Marcador Social Preferido, ou envialo por E-mail aos teus Contactos.

Social Web

E-mail

E-mail
Xullo 24, 2010

Imponse a lei do silencio

Posteado en: actualidade,política local

Hoxe é un día triste para moitos galegos: cerra Vieiros, maña faino Chuza! (evito por ligazóns que en horas quedarían rotas), hai semanas forase GZNación. A prensa e redes sociais que publica íntegramente en galego está desaparecendo mentres as que o fan en castelán reciben axudas polo fomento do galego. Inexplicable.

É un problema de audiencias? Non existe demanda para estes medios? Dubido que ese sexa o problema, cando menos o único problema. Existe una presión enorme polas institucións públicas gobernadas polo PP para silenciar estes medios, os únicos que realmente aportan algo a normalización da nosa lingua. Ese é o verdadeiro problema. Existe una enorme presión por parte das institucións gobernadas polo PSOE e BNG –este especialmente- por influir na edición destes medios. Ese é o verdadeiro problema, a eterna politización dos medios de comunicación. Todos queren o seu para aportar axudas.

A vindeira semana seremos miles de galegos os que nos veremos silenciados ao non contar coas plataformas de difusión habituais para nos expresar. Imponse a lei do silencio. Imponse o ‘peche é voadura’ da libre expresión en galego.

E o Conselleiro de Cultura que ten que dicir? Sairán ao rescate dos medios que editan en Galego? Deixarannos desaprecer sen máis? Haberá dimisións? Reunirase hoxe o Consello da Xunta de Galicia de urxencia para analizar a situación? Ou, nin iso?

Temos un problema, por Roi Xordo en xGaliza


Volver a: Imponse a lei do silencio