#mOendo do Revés » actualidade

Outubro… longo outubro
E aínda non rematou. E xa agroman os toxos nos montes negros, verdes e tenros os toxos, cincentos os montes. Aínda non comezara este mes cando se puxo a andar a idea de constituír a Asociación de Vítimas do Caciquismo. Aos medios pareceu interesarlles a nova… máis ou menos. En setembro solicitouse o Salón de Actos da Deputación de Ourense e ante a negativa desta a cedérnolo decidín comunicarllo a un medio que non dubidaría en facer deste feito unha noticia de interese nacional: La Voz de Rogelio. Así lle chaman por estas terras á delegación do xornal coruñés en Ourense. Darían conta da nova simplemente para atacar por enésima vez ao baltarismo, coma sempre sen deixar tocado ao feijooismo. Este pensamento quedou corroborado cando poucos días máis tarde, logo dunha nova negativa a outra solicitude realizada en nome da AVC, desta vez do Salón de Actos de Caixa Ourense (paso de utilizar nomes de usar e tirar), tamén propiedade da cidadanía. É comprensible. As caixas gastan moitos cartos dos aforradores en publicidade neste (e outros) xornal e o dono deste xornal (el non protesta), en concreto, está endebedado ate as cellas co que quede das caixas galegas, agardando que entre tanto cambio de personalidade e nomes se perdan as anotacións das débedas. O caso foi que da negativa da Deputación de Ourense convertérona nunha nova de nivel nacional e a segunda negativa foi ocultada, cousa que non só non me sorprende, senón que agardaba. O que non agardaba, quizais, foi todo o rebumbio inicial ao que se prestaron tódolos medios de Santiago Rey para acosar -que acusar xa o facía eu- a Baltar: prensa, radio e televisión.

Outros medios como El País, a priori interesados neste movemento cívico, decidiron non dicir nada, en tanto que dende a AVC tamén se denuncian irregularidades noutras administracións gobernadas por partidos «amigos». Ou iso ou, simplemente, non encaixaba coa súa liña editorial. Tanto dá, agora trato de analizar canto deu de si a goma mediática. A medios como La Región nin me molestei en enviarlle nada.

Outros medios, galegos e en galego, tamén fixeron que a AVC fose noticia: Galicia Confidencial e Radiofusión, aos cales lle estou enormemente agradecido. En Galicia Confidencial tamén asinei algún artigo de opinión sobre o caciquismo. Aquí si houbo total liberdade de expresión, sen cortes, sen ocultar información,… do mesmo xeito que eu sempre fixen, facendo chegar novas a diferentes medios. Logo cada quen dálle a relevancia que lle parece, sempre, entendo, según os propios intereses. O exemplo máis claro sobre isto é o do Grupo Voz, ao observar como tratan a mesma noticia (negación dun salón de actos) cando os suxeitos son diferentes (nun caso a Deputación de Baltar, no outro a caixasenfondosnova). Dende o Grupo Voz non dan fe das cacicadas de Rogelio Martínez, argalladas na escuridade da trama mafiosa que pretende derrubar o baltarismo, que non é menos, para o cal decidiron combater coas mesmas armas: favor para uns, discriminación para outros. Afortunadamente sempre nos quedarán recunchos coma este nos que poder dicir o que nos pareza e chegar ate as persoas que non se conforman coa realidade que lle pintan os medios de comunicación.

Secuelas da desamortización de ZP
As superestruturas económicas internacionais (FMI, BM, BCE,…) fai décadas que viñan avisando: as caixas de aforros eran un encordio para a libre competencia amoucando os beneficios das grandes financeiras mundiais. Os directivos das caixas axiña captaron a mensaxe, cumpría que afundisen, cumpría quebralas ou, cando menos, que o parecese. Así poderían seren absorbidas polo gran capital financeiro, polas grandes fortunas de aquí e de acolá, os verdadeiros decisores do sistema oligárquico que nos goberna, os que mandan non soamente sobre o pequeno capital, senón tamén sobre as persoas, nós en quen seica reside a soberanía, e ao que eles chaman capital humano. No fondo todo e capital (económico e humano). E ao final, chegará o día, non da rebolta senón no que nos obrigarán a axeonllarnos ante eles por térennos salvado.

O capital que nos goberna atopou na crise financeira o escenario perfecto, unha cicloxénese económica explosiva onde cadran no mesmo tempo e lugar a ambición duns poucos co arrombamento doutros e a desesperación e angustia dos que máis, o escenario perfecto, dicía, para espoliarnos a todos: primeiro, aos estados solicitándolle axudas para sanear a súa ineptitude (como si iso tivese cura), axudas que, pola contra, xamais serían concedidas a un simple cidadán en circunstanciais iguais; e segundo, forzando unha desamortización do patrimonio do pobo, acadado a base de suor, sangue e lágrimas por cada recuncho do mundo. Falo do erario baldeiro que contiña os impostos que pagamos, endebedándonos a nós e ás xeracións vindeiras. Falo do patrimonio das nosas caixas, das nosas empresas, das nosas edificacións, do noso aforro persoal e colectivo. Grandes cousas se construíron coas remesas chegadas de onde for que estivesen nosos paisanos, acompañados sempre pola señardade dos emigrantes cara súa terra, unha terra que querían levantar financiando grandes e pequenos proxectos. Máis dos primeiros, pois o acceso ao financiamento daquela como agora tamén estaba restrinxido aos máis podentes. Ao usuario común dábaselle o necesario para poder investir no produto que puña no mercado o usuario excelente, financiándolle, polo xeral, a compra dunha vivenda baixo a usura duns intereses que superaban o quince por cento. Prestamos que servían tamén para calmar ao movemento obreiro, que ao estaren endebedados deixaron de ser feros a converterse na xente mansa que somos xaora. Cartos enviados por milleiros de emigrantes obrigados pola mesma presión caciquil que se fixo dona aquí do seu traballo no alén, usando eses cartos para soster e fornecer á organización criminal caciquil que agora segue a explotar aos seus propios paisanos, aos fillos daqueles pobres que fuxiran entón, obrigándonos a unha nova e irremediable escapada sen retorno… deixalos aí, que se coman entre eles, que se fodan os uns aos outros. Inconscientes de nós! que diría a raposa que nos garda.

Mirade si os tempos mudaron: agora mexan por nos e dicimos que e cocacola, tragamos ese líquido noxento e dourado e dicimos que é negro e sabe ben, tomamos outro trago e gabamos a textura esponxosa e burbullante que nos deixa no padal. Queima pero refresca. Apuramos o mexo pola gorxa abrindo a comisura dos beizos ate o seu límite para apouvigar a excitación do desacougo. E entón acougamos sentados na cadeira dalgunha terraza agardando quizais que nos cuspan na cara o fume tranquilizante que lle sobra a algún fumador. Si. Agora todo vai ben.

El chavalito que no pinta nada aquí
Chaval, la. (Del caló chavale, vocat. pl. de chavó, muchacho). 1. m. y f. coloq. Niño o joven. U. menos c. adj.

A palabriña atopeina no dicionario da RAE porque en galego non existe. Para que a utiliza logo o Concelleiro do BNG, Fernando Varela? Pois para insultar… nada mellor que a lingua común para facelo ben.

Vamos a poner a parir… Quen así fala a súa audiencia é Gonzalo Jácome El Chavalito do Concello de Ourense. Gusta el de poñer a parir a todo o mundo ao considerar que quen ocupa un cargo público se coloca na diana da crítica… do escarnio e do maldicir. Este persoeiro séntese agora menosprezado porque o Concelleiro do BNG, Fernando Varela, lle chamou chavalito. Nunca semellante ofensa se vira no mundo da política. Por que lle chamou chavalito, o peor insulto que se lle pode facer a unha persoa que acadou unha acta de concelleiro. Por que é concelleiro e iso exímeo de ser ofendido, pensa. Antes el (a agora) espraiábase agustito… escoiten e vexan este e outros vídeos: palabras como “ineptos”, “auténticos ineptos”, “o triste”, “censor”, “vago”, “inútiles”, “estúpidos”, “mosquita muerta”,… ou actidudes machista como referirse a unha moza preguntando “está buena? está buena?” son parte do seu repertorio. Noxento! Afortunadamente, os vídeos nos que el cuspe toda esa restra de insultos danos licenza a todos os cidadáns a dicirlle a el, cando menos, tanto como el lle dicía aos outros.

Barquero, o outro ofensor, díxolle «Ti aquí non pintas nada». Estamos no cumio da crispación política. Que pena me dá El Chavalito. Sinto verdadeira mágoa por este persoeiro friqui e por tódolos friquis que o votaron, que son moitos (ese día ben puideron quedar na casa). Tan grave é a ofensa que a considera un atentado a democracia.

A El Chavalito non se lle pode dicir chavalito pero El Chavalito si pode mexar por riba de tódolos seus compañeiros concelleiros –e de paso, por riba de tódolos seus votantes– pero non ao revés. El pode insultar afeito dende a friquiTv que rexenta con total impunidade e mesmo a condescendencia dos que agora son compañeiros. O máis triste de todo isto é ver como sae na súa defensa o Señor Rubín (Antón Feito), quen lle regalou no seu momento unha columna semanal, tódolos xoves, no seu diario (no de Santy) para insultar ao Goberno do Concello e a Baltar. Pois ben, parece que dende que foi elixido o friquiconcelleiro non se tivo noticia algunha da súa existencia -agás cando se apuntaran ao carro das adicacións exclusivas, pero diso en LaVoz non se falou- ate maiúsculo atentado contra a súa honorabilidade. Grazas por lembrarnos que están aí.

Esta fricada vitimista non deixa a marxe a actitude dos concelleiros do PSOE (Barquero) e BNG (Varela). Xente coma eles fan que a caste política sexa o único servizo público prescindible e non a educación, a sanidade ou o benestar persoal. Ben, isto último é demagoxia, pero eu podo facelo coma eles. Ou non?

Golpe de Estado dos mercados
Sen blindados na rúa, sen revolta social, sen covardes fuxindo do país, sen declaracións reais, sen condenas internacionais. O golpe de estado perfecto: o dos mercados.

O 2 de Setembro será unha data para lembrar, tanto que debería celebrarse nela o día da Nova Constitución. Entramos pois nunha nova ditadura: a dos mercados.

Os mercados son ese ente difuso ao que non se lle atopa flanco definido polo que atacar, están por todas partes, son todas partes. Son eles, somos nós. Como atacarnos a nós mesmos? Mellor deixalo estar. Os mercados non son de aquí ao tempo que si son de aquí e de alá. Como imos atacar aos de aquí? Mellor quedar quietos. É un bo invento iso dos mercados, agora o inimigo do que defendernos é o mesmo que nos dá de comer, o que nos emprega, o que inviste en nós, o que nos vende produtos, o que leva a plusvalía do noso esforzo, non para a metrópole (España, único inimigo aos ollos do nacionalismo pailán) senón para os seus países de orixe e paraísos fiscais, dende os cales non reinvestirán nada en servizos sociais nin en infraestruturas para o noso pobo colonizado.

Viva o Mercado! Viva España! Viva o Rei!

As Conchas, encoro
Artigo publicado en MundoGaliza, actualizado.

O verdor das montañas do Xurés reflicte sobre as transparentes augas do Río Limia, escintilando raiolas entre a follaxe, dende o ollar caladiño dun dos cristais lixeiros da habitación da casa vella. Ao abrir a ventá entra o arrecendo salvaxe e doce da drupa madura e escura do acereiro que cubre as sestas de verán e que cerca a horta e o xardín asolagado.

Esperto co asolagamento dun soño fuxidío cara o abismo dun pesadelo e vou axiña ate a ventá, agora da casa nova, abro os grosos cristais illantes e o cheiro xa non é o mesmo, agora podre fedor, mais esas raiolas de sol que se meten polas raias das contras parecen dicirme que o olfacto me engana, e alimentan no meu maxín un verdoso esperanzador. Empurro. Non vai. As lembranzas rexouban no pensamento. Empurro, agora vai. Pecho os ollos coa luminosidade do sol madrugador ergueito enfronte miña. Só podo respirar e fago con fondura, enchendo os folgos sen reparar ate que… Agora si, noto esa rareza no aire da materia descomposta rascando nos pulmóns coma si o demo mesmo remexera no meu interior cun toxo arnau en brasa. Trouso. Volvo a espertar. Un novo espertar. O espertar que nos leva do soño a realidade, a triste realidade dun encoro que cubre a casa vella e lava a pequena ventá de cristal e rega os acereiros sen flor, sen froito, onde xa non durme ninguén.

Verdes augas si,

mais verde veleno,

verde cheirento,

verde invasor,

verde mortal poderoso verde

dos poderosos homes,

case todos homes.

A morte chegou ao Encoro das Conchas como chega sempre a auga, baixando, e parou alí como para sempre, freado polas comportas do Encoro, máis desta chega espesa, desta chega contaminada, amoreando restos de aquí e acolá, río arriba ate a Limia Alta absorbendo as augas, veleno e xurro do ramal de canles que enxugan as húmidas areas da Lagoa de Antela, asolagada fai xa 50 anos. Nunca a vin; soamente a soñei como ma contaron meus avós e aí bule na memoria soportando a deformación dos recordos.

Deformes eran entón as cortiñas, nabais, lameiros e arameos, carballeiras e poulas convertidos agora en “panteón das preocupacións dos pobos que a habitaron” (Benito Bicetto, 1861), convertidos agora en cuadrículas uniformes onde medran a base de auga fósil patacas, trigo millo e polos. Tamén os polos. Os polos que cOren planta en ringleiras de a un arrombando a ZEPA aos veciños con maledicencia caciquil. Unha enchenta de rinquleiras de cemento pobre fitan a pedra alta, noutra era símbolo de prosperidade, mentres remelándoa verten a súa incontinencia feita xurro na branca e húmida area na que se asentan palafitos de polos que a tinguen da cor do noxo. Como está húmida, semella non notarse do xeito en que si o fai ese fedor invasor que chega co vento do Sur mesturado de xurro asado nunha incineradora revestida de entroideiro Centro Tecnolóxico Mediambiental que, dito así, dan ganas de comela a bicos coma un parruliño.

Así e todo, non nos queda outra que, ante a pasividade das contaminadas administracións, que sempre viron con bo ollo aos Franqueira, dende tempos do ditador Franco –que pouco cambiou o mundo nestas terras esquecidas que agora aínda lle fan homenaxes- , seguir respirando ese enxendro de ar velenoso cargado coa bacteria É.cOren e sulfatos que nos alimentan –o emprego sempre foi unha boa xustificación para matar o medioambiente, para matarnos a nos mesmos- cada día, cada día ate que non quede máis que unha terra esgotada, cheirenta e deshabitada. Cara alá imos, cara o día en que xa non quede auga, nin ar, nin terras.

A Constitución dos mortos que goberna aos vivos
6 de decembro de 1978. A un total de 26.632.180 españois dáselle a oportunidade de decidir, non soamente o seu presente e futuro, senón tamén o pasado, presente e futuro das 47.021.031 persoas censadas e con dereito a voto nas recentes eleccións municipais de 2011. Daqueles que tiveron semellante privilexio en 1978, e que agora se nos nega, votaron que SI a pregunta de “Aproba o proxecto de Constitución?” 17.873.271 persoas, o que representa o 67,11% do total, e que viría sendo o 38,01% da poboación actual si todos eles se atopasen aínda con vida, cousa que é pouco probable. Como creo na improbabilidade dese feito, considero que a maioría daquelas persoas que tiveran a oportunidade de votar entón, dando un SI maioritario ao proxecto do texto constitucional, xa non se atopan entre nós 33 anos despois -case un cristo-. Así, a porcentaxe de persoas sobreviventes que ratificaron en referendo aquelas leis, leis que gobernan aos vivos de agora, representa unha porcentaxe ridícula da poboación actual. O peor, ou o mellor, segundo se mire, é que esa porcentaxe se irá reducindo día a día. Lei de vida.

Aquela norma, a norma dos maiormente mortos, segue rexendo as vidas de millóns de persoas sen que tivésemos xamais a oportunidade de ratificalas na súa totalidade en momento algún. Sen embargo, aínda hai que manifesta que esa caduca Constitución é a de tódolos españois. Demagoxia aparte, esa Constitución non é a nosa; esa Constitución non é máis que un instrumento das actuais castes gobernantes: as persoas que dominan os mercados internacionais. Nin sequera aos políticos, disque nosos representantes, lles corresponde ese papel. Son os mercados quen lle sacan todo o xugoa Constitución para espremelos osos de cada cidadán, ate non deixar nada. Para entón recollerán tódolos trebellos –como xa fan agora moitas empresa- e a zugar a outra parte. Sempre haberá un sitio neste mundo global a quen escravizar, disposto tamén a deixarse escravizar sempre en nome do progreso, co valor engadido da democracia ou non.

Para cando nos decatemos esta praga de lagostas dirixentes xa non nos terán deixado máis que desertos, acuíferos secos, ríos contaminados e un ar irrespirable. Quizais entón decidamos que é o momento dunha nova Constitución. Quizais o decidan os que queden. Para entón xa nós, os vivos de agora ou mañá, os mortos do futuro, teremos decidido xa como non será o seu mundo. A súa liberdade para decidir verase constrinxida polos estragos causados polas nosas decisións ou non decisións (inacción e silencio), os homes e mulleres dagora, do pasado futuro, dos xa mortos para entón.

Eses textos constitucionais que agora son instrumentalizados polos mercados globais, pasando por riba do estado-nación, convertéronse en verdadeiras barreiras para as liberdades da cidadanía, sando ao cidadán cartóns vermellos cada vez que esixe un dereito. Curioso, restrínxense liberdades en nome dos nosos propios dereitos. Obríganos a calar en nome da liberdade da expresión. Exprópiannos en nome do dereito a propiedade privada e ao dereito a unha vivenda. Restrínxenos o dereito a decidir en baseándose nos que xa decidiron por nós. Ese é o poder das verbas consagradas nas constitucións. So verbas. Verbas deformadas e mil veces interpretadas no beneficio da oligarquía mercantilista que nos goberna. Xa agora, ninguén pode dicir que votou aquela Constitución de 1978, nin sequera os que puideran ter metido un SI na furna, pois os axustes feitos tanto polos sucesivos gobernos, como polo Tribunal Constitucional, como polos medios de comunicación, probablemente a peor intromisión de todas cara o espírito daquel texto, fan que o que queda, nada se lle pareza.

Plan Repulsa Ourense
A CEO percibe que Ourense «perde forza» en Galicia, di o titular da nova onde os empresarios de Ourense confirman a perda de competitividade desta provincia, que é a última de Galicia, e Galicia das últimas de España e España ocupa o posto 42 no mundo, logo de Tunisia. Imos ben! Ese é o resultado do Plan Repulsa Ourense que os empresarios desta provincia teñen activado dende tempos inmemoriais.

Repudiando o talento a favor da mediocridade queren que súas empresas sexan punteiras, competitivas e produtivas, con traballadores sen cualidades para o posto que ocupan, iso si, moi ben recomendadiños todos, que así funciona a captación e selección de persoal na empresa ourensá; certamente crer que ese é o camiño é de tolos e iso é o que temos.

Estou lendo a Jay Elliot, man dereita de Steve Jobs, e no capítulo 4 fala do aproveitamento do talento. Eles si o teñen claro: o talento chama ao talento. Non soamente concordo, senón que engadiría, a mediocridade chama a mediocridade. Soamente así se pode explicar a marcha da economía ourensá. Deste libro teño anotadas moitas citas sobre liderado e creación de equipos, sería difícil quedarme con unha, pero dado o contexto no que me atopo, un país de caciques, fago boa a seguinte: “unha das cousas de atopar xente boa é que se converten nos mellores recrutadores”. Esa xente boa debe atoparse, por suposto, dende o cumio da pirámide. Non é o caso das empresas desta provincia.

Outra actitude moi mal valorada, neste pais atrasado e retrasado, é a crítica, sen embargo, para os equipos de Apple son necesarias persoas “que pensen diferente”, estes, din,  son a chispa da empresa. Aquí o que prevalece é o mamoneo e os equipos de dirección das empresas desta provincia están compostos por verdadeiros mamóns, literalmente. Non hai máis que ler a nova que encabeza este artigo. Cal é a solución dos empresarios de aquí? Máis inversión das administracións públicas, máis estradas, máis vías,… para que? Para apañar máis fondos públicos para ás súas facendas particulares. O beneficio está na subvención, na axuda pública. Para que máis fondos, si non teñen a capacidade de sacar rendemento a nada do que se lles ofrece?

Xa falara doutra do negocio da Formación Ocupacional e Continua. Aí está a CEO tamén, formando traballadores empregados e desempregados con recursos públicos, traballadores que forma e logo nunca emprega en ningunha das súas empresas, sinxelamente porque para acceder a ese posto concreto o necesario non é a formación, senón unha boa recomendación. Actualmente estou realizando o curso de Técnico/a de Formación. Cando se lles pregunta a confederación cantas empresas están interesadas en contratar a un traballador destas características a resposta é: ningunha.

Suponse, iso di a teoría, que os cursos de Formación Ocupacional responden a unhas necesidades formativas previas por parte do mercado laboral. Mentira! Non existe tal estudo de necesidades formativas nin empresario que o avale. É todo un negocio que serve, unicamente, para afundir diñeiro público nun pequeno número de entidades, todas elas de carácter privado.Si ate ASPANAS que non ten unhas instalacións adecuadas para impartir cursos oferta cursos AFD, ou iso di a persoa responsable, Rosa Carrera Carballo, nun dos seus emails: “…en canto ao proxecto formativo non reunimos requisitos de aulas e medios para a homologación”. Agora si? Outro tanto sucede coa maioría dos centros que aparecen nesta lista… Todos se arranxa enchendo o cazo dalgún inspector. E a empresa, a gran perxudicada, nin chio, soamente laios. Así nos vai.

De patético peloteo pode describirse o artigo que hoxe asina a editorial de La Región, gabando as andanzas da CEO e do seu presidente e calificando de certeiro a análise da situación actual realizada pola entidade. Será sobre todo para que continúen inserindo anuncios neste xornal a conta de fondos públicos… todo ten o seu porqué.

A única análise certeira para acadar metas é a que fai Steve Jobs: «tes que ter moi boa xente. Tes que construir moi bos produtos. Necesitas crear un espiritu espontáneo e de celebración do éxito». Os editores de La Región o único que celebran neste bochornoso artigo é a análise do fracaso e o alento da mendicidade.

ASPANAS ou PPPSOEBNG
«… neste mundo hai cousas inaceptábeis, e para velas cómpre mirar e buscar. eu dígolles aos mozos: búscade un pouco que atoparedes. A peor actitude é a indiferenza, dicir ‘non podo facerlle nada, xa me irei apañando’. Ao comportarvos así, perdedes un dos elementos esenciais que conforman ao ser humano, un dos seus compoñentes indispensabeis: a capacidade de indinación e o compromiso que implica», Stéphane Hessel

Que difícil resulta poñerse a escribir logo de ter escrito “indignado” e ver que o artigosegue de actualidade. Xa non estou indignado eu (mira que cheguei a pensar que era rariño) agora vexo máis indignados aflorar por todo o mundo. Nas principais prazas de occidente pálpase a indignación de cada pobo ao ver como o están escravizando, convertendo o que antes eran seres humanos en máquinas de producir capital para uns cantos elixidos.

A explotación do ser humano pola súa propia especie sempre existiu ao largo da historia; apenas un espellismo nos fixo pensar por uns intres que eramos seres libres, que eramos nós, o pobo quen ordena. Non tal. Sempre foron os mesmos, escravizando a humanidade aca ou acolá. Durante os derradeiros anos non o víamos, ou mellor, non mirabamos o que ocorría nos países máis pobres do mundo, onde as grandes multinacionais succionaban tódolos seus recursos mentres os seus habitantes morrían de fame.

Tratamos de conter as migracións destes pobos cara o norte, a terra prometida, a base de paus e arames. E tamén algunha que outra cenoria pendurada dun pau. Non só os privamos da comida senón que llela mostrabamos. Non lle chegaba con morrer de fame senón que tiñamos que facelos rabiar facéndolle albiscar falsas esperanzas.

Neses países é difícil defender que exista infancia. Moitos falecen sen sequera ter consciencia de si mesmos, outros, os que conseguen acadala convértense en man de obra escrava. Digo escrava, porque o seu traballo apenas da para sobrevivir, por iso considero un erro chamarlle man de obra barata.

Parece que ese tipo de escravitude está lonxe, moi lonxe de nós. Eu penso que non. Ao meu arredor vexo como se escraviza cada día a persoas con discapacidade intelectual en nome da integración laboral. Para eles, a razón de ser destes proxectos asociativos, os peores e máis precarios empregos, para os outros, os espabiladiños de quenda, seres miserentos e sen escrúpulos o lucro do negocio que xeran as persoas con discapacidade.

O caso de ASPANAS é sangrante. Non só creou unha superestrutura para sacar proveito dos dereitos que atinxen as persoas con discapacidade intelectual, senón que se converteu nun chafariz de diferentes partidos políticos. Para conseguir semellante alcume tan só fixo falla colocar ao fronte dúas persoas que viñan de COGAMI para levar a cabo aquí o mesmo modelo, pero cunha asociación máis modesta: Juanjo Rodríguez e Rosa Carrera, coa complicidade da presidenta Maruxa Román.

Maruxa Román, esa traidora

É ASPANAS é un chafariz? Dende logo. Está deseñado para contentar aos diferentes partidos políticos, a todos os que teñan algunha cota de poder. Que en ASPANAS hai xente de tódalas ideoloxías –como afirma orgullosa Rosa Carrera- é un feito, lóxico, diferentes partidos teñen competencias en diferentes ámbitos competenciais. De aí que nesta asociación se de cabida a todas e todos os caciquiños e caciquiñas desta cidade.

Maruxa Román, polo seu cargo de Presidenta, é a verdadeira responsable de todo isto, xa que é ela quen ten ao fronte desta asociación ao máis cacique de tódolos caciques, e non me refiro a Baltar, senón ao Sr. Juanjo. Nin Baltar se atreveu a tanto. Rosa , unha persoa á que coñecín na miña segunda entrevista para entrar na UPD, logo de que Juanjo me descartase na primeira por carecer de experiencia, ocupa os cargos por sela muller de Juanjo (hai asuntos tan delicados que non se lle poden confiar a calquera persoa), non polos seus coñecementos, Licenciada en Historia. Porque? Para que? Moi sinxelo, non se necesita unha persoa formada e experta en políticas de emprego cando o que se persegue non é formar nin empregar, senón lucrarse a conta de quen precisa formarse e empregarse (as persoas con discapacidade intelectual). Si. Afirmo BERRANDO que estes señores e señoras se lucran a conta das persoas con discapacidade intelectual porque os fondos destinados a elas se perden no mantemento dunha estrutura inútil, pois moitos destes rapaces poderían estar empregados en Administracións públicas se dita asociación defendese ferventemente a reserva de prazas que a lexislación deixa para as persoas con discapacidade intelectual (un 2% do total da OPE). A nada que se molestasen, case tódolos socios de ASPANAS poderían estar nalgunha administración pública, cunha relación estable, duradeira e ben remunerada. Mais iso non acontece, por iso, como nai que é, acuso de TRAIDORA a Maruxa Román!

Non se pode contratar a persoas por recomendación, xa sexa política, sobre todo, por moito que sexan estes os que veñan coas axudas e subvencións debaixo do brazo, por afinidade familiar ou por amizade. Funcionar deste xeito, e así funciona esta asociación, e funcionar como un chafariz (un churinguito, vaia). Pois o obxectivo xa non é tanto ocupar a persoas con discapacidade intelectual, senón servir de entidade de colocación para achegados ao poder, amais de manter lonxe dos corredoiros das administracións polos que vagan os nosos representantes políticos ás persoas con discapacidade intelectual, porque unha cousa é acercarse un día a eles para obter unha foto e un bo titular e outra moi diferente ter que cruzarse con eles cada día e ver que traballan máis ca ti.

Utilizar os fondos destinados a eses fins (inserción e empregabilidade) para manter a persoas alleas a esta problemática é unha estafa e cumpre carecer da máis mínima entidade moral para realizar semellantes actuacións. Están malpagando a traballadores e explotándoos, entre eles a persoas con discapacidade intelectual, aos que só ben como brazos, e non como os seres humanos que son. As persoas con discapacidade intelectual son para esta xente uns ninguén. A Presidenta desta asociación non ten ningún respecto aos fins de dita asociación, porque si o tivese non permitiría que eses voitres se alimentasen destas persoas como si fosen verdadeira carraña. Como mai esta señora dáme moito NOXO. Xamais crería que alguén puidese caer tan baixo.

Eses directores e directoras, ben pagados todos eles, SI, eles si. E logo as persoas con discapacidade intelectual, malpagadas, malformadas, elaborando a entidade programas ao chou, segundo quen solte a pita sen ter un plan estratéxico formativo a longo prazo (menos para o ingreso destas persoas na administración), a base de ocorrencias. ASPANAS pon ao coidado dos seus fillos a persoas ineptas pero ben relacionadas (familia de Tareixa Paz en pleno e máis UPG), moitas veces, tamén malpadagas, sen sequera respectar os convenios de traballo. Só aqueles con enchufe “de primeiro grado” ten dereito a percibir prestacións íntegras.

Agora a crise aprema e manter esa superestutura é un problema. A algún ou algunha iluminada ocorréuselle crear a figura de socio protector ou colaborador a que se apuntaron, non moitos, uns cantos personaxes da cidade, para dar pulo a idea. O caso é que ao final a maioría destes novos socios son traballadores da entidade, que pagan o que eu denomino IMPOSTO REVOLUCIONARIO para manter os salarios de xerentes e directores. Que non chegabann os cartos… pois prescindan de directores.

Persoalmente, a situación desta entidade dáme moito NOXO, Maruxa Román dáme moito NOXO. Juanjo Rodríguez dáme moito NOXO. E Rosa Carrera dáme moito NOXO. Pero especialmente a presidenta da asociación que é quen permite que todo isto suceda. Contratacións fraudulentas, oscurantismo contable, explotación das PCDI,… Como unha mai pode permitir que un xerente prohiba aos traballadores desta entidade falar coas PCDI, ou darlle unha aperta, ou un bico,… Acaso non queremos que sexan tratadas como calquera outra persoa. E non facemos isto a cotío con calquera outra persoa? Señora Presidenta, vostede non quere que seu fillo ou filla sexa tratado/a como os demais? Só un ser noxento pode permitir que suceda algo semellante na entidade que dirixe. Non ten alma, nin conciencia, nin corazón. O meu máis sincero desprezo.

Agora, que alguén me diga que diferenza hai entre explotar a un neno na China cosendo balóns de marca e explotar en Ourense a unha persoa con discapacidade intelectual. Dígolles eu, porque a Presidenta e os seus socios e socias están tan cegos e cegas que non o ven: NINGUNHA! É a mesma cousa.

Imaxine que a nena chinesa de 5 anos lle explican que en realidade non a están explotando, que lle están ensinando a coser para que de maior poida ser autónoma. Todo cambia verdade, agora esta marca de balóns de fútbol xa non explotaría a ninguén, estaría realizando unha labor social. Iso é o que fan vostedes coas persoas con discapacidade intelectual coa premisa de formalos e integralos: EXPLOTALOS!

O peor de todo é que isto o fan os seus propios pais nun país que se cre civilizado. Claro, a moitas casas chegan uns recursos que doutro xeito non o faría. Iso é todo? Esa é a única xustificación? Seica si… os pais consisten iso polos ingresos que lle xeran seus fillos… e aquí todos contentes!

Indignado
Arroutada

Superado pola indignación, a furia e a nostalxia sae esta entrada. Si, indignado polo panfleto mercantilista de Stéphane Hessel, «indignádevos«, que moi indignado está o vello… pero non tanto como para ceder a chantaxe do mercado e adícarse  vender a súa indignación. Indignado si, pero se lle saca uns cartiños a súa indignación, tanto que ben, non?

Pululan nestes tempos de crise moitas iniciativas deste tipo… é doado sinalar ao inimigo, moito máis que por solucións por riba da mesa. É moi doado proferir verbas de indignación e revolta agora mesmo, moito máis que cando as vacas gordas. Incluso, co difícil que resulta poñernos a todos de acordo, resulta doado falar de utopías, por máis irrealizables que resulten. Leo Bassi dálle o nome de “Utopía” a súa derradeira obra, mais non se albisca nela utopía algunha, tan só unha crítica cómica -necesaria- a deriva social e económica que vivimos. É acaso a utopía xogar cos medos da xente? Aí veñen os neofascistas de novo a chucharnos o sangue! Que … van chuchar si xa no lo quitaron todo, digo eu.

Concordo coa crítica, dende logo, a actitude desta dereita mediocre a que llelo deixaron todo feito outras xeracións, aproveitándose da inercia dunha máquina -o capitalismo- que asoballa todo a seu paso, deixando unha paisaxe de terror, como a que deixaría unha praga de lagostas nun eido de millo, a lava dun volcán no pobo do outeiro e un tsunami na costa, todo a un tempo. Tal é a infamia que estamos a sufrir nestas datas…

Queixarse disto nestas terras de Ourense cos acontecementos que neste tempo se suceden ao largo e ancho do mundo: revolucións, desastres naturais, corrupcións e crise financeira, explotación dos países pobres coa conseguinte fame, epidemias liortas e migracións  que causan, falar da ineptitude dos axentes sociais -todos- que rexen as nosas vidas pode resultar algo heavy.

Si, son moi consciente.

Xurde esta entrada lendo a “Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia”, de Lois Pereiro, obrigándome a parar nada máis rematar o primeiro parágrafo, onde di: ¿De que parte que non sexa sempre a das novas vítimas, dos novos vencidos doutras guerras, podemos estar xa? Isto obrígame a debullar os miolos e escribir… indignado!

Non sei si o autor desta modesta proposición estaría moi conforme cos 12 € que me … polo libro. Seguro que si algún esqueleto pasa pola súa tumba ou o del pola de outros e lle contasen, decatándose do que está ocorrendo co seu nome como escusa, cuspiría a súa indignación dende o máis fondo dos seus osos inxectados de veleno, mortos xa antes de morrer, cuspindo e berrando ate quedar sen folgos. Abofé! Porque si vivise Lois Pereiro nestes tempos seguramente colgase os seus textos nun blog, en scribd, no facebook, ou tweet a tweet… sen máis.

E este abuso sufrímolo cada día… empresas de contratación que publican ofertas inexistentes só para gañar visitas nas súas webs ou entidades aparentemente sen ánimo de lucro finxir unha labor social que lle permita financiar empregos amigos con cartos públicos, malgastar cartos en formación de traballadores desempregados para uns postos de emprego que non demanda o mercado -isto dimo a voz da experiencia-, cada día aparece nas librarías un novo libro que che explica paso a paso como facerte rico en tres meses e non esvaecerse no intento, documentais, películas, obras de teatro,… moita reivindicación, si, pero pasando por caixa. A indignación cotiza a alza. Ate a anunciada revolta se está mercantilizando. Non sei si me dá mais noxo que asco.

… non sei …

Ourense é o paradigma perfecto do triunfo da ineptitude. Os estudos económicos, rexistros estatísticos e enquisas avalan todo o que afirmo. Ah! E as novas que leo a  diario, deprimentes todas elas. Vivimos nun Ourense herdado por herdeiros tan torpes como truáns, que non lle chegan aos calcañares aos que llelo deixaron todo feito. Empresarios e políticos juniors toman agora o control das nosas vidas… aviados estamos!

Leo nun xornal local que a primaza do Presidente da Xunta di logo dunha manifestación da cidadanía desta cidade a favor do mantemento da sanidade pública que todo este movemento está politizado. A ver… Unha de dúas: ou o pailán son eu ou o é ela. Politizado está o seu cargo que o ocupa non polo poder do pobo nin por designio divino -moito menos por méritos-, senón porque un político -seu primo- a puxo aí onde está a dedo, sen mirar máis aló do seu parentesco co mandamais de Galicia.

Política é, por definición, o que lle afecta ao pobo e como a sanidade pública, ao igual que moitos outros asuntos -todos-, nos afecta é lóxico que estea politizada… cumpre ser moi lelo para afirmar nunha rolda de prensa que determinada manifestación do pobo con esa actitude crítica e altiva. Vivimos nunha democracia -máis que lles pese- e toda cuestión pública que nos afecta como pobo é POLÍTICA!

Leo no mesmo xornal que os comerciantes están que botan fume e que a crise é cada vez unha ameaza máis seria… prevendo o peche de centos de pequenos comercios. Habería que ver en que invisten estas organizacións (asociacións de comerciantes, confederacións de empresarios, cámaras de comercio, asociacións de autónomos,…) os cartos que o contribuínte , ou sexa, nós o pobo, lles dá para a contratación de técnicos que estuden novos eidos de negocio, formadores que formen aos traballadores para seren máis produtivos, etc. Onde están os resultados dese investimento público? Probablemente en contratar ao máis pailán do lugar, claro, recomendado por algún dos mesmos políticos aos que agora critican, e claro, agora botan as mans a cabeza.

Neste pobo esquecido coinciden conxunturalmente a mediocridade dos representantes políticos coa dos empresarios e claro… o resultado é ser o pechacancelas de tódolos indicadores macroeconómicos deste estado, que é tamén un dos máis atrasados a escala mundial en competitividade. Non entendo porque se estrañan tanto, o resultado das súas accións, o que está acontecendo, é o máis lóxico; sería para exclamar cun aturuxo imperecedoiro coa ledicia si o que sucedese fose o contrario.  Como senón se pode entender que a organización dos empresarios máis mediocres do estado (a CEO) tente dicirlle a este como debería actuar en cuestións que non son da súa competencia (caso AVE, que non sei para que … o queremos) e viceversa, administracións públicas anunciando a instalación de grandes empresas en polígonos inexistentes coa conseguinte creación de miles de postos de traballo (caso Xero) cada vez que se aveciña un periodo electoral.

Reflexión

Certamente… vivimos nun país insólito, case exótico, abocado ao fracaso onde triúnfa unha miscelánea elite e personaxes que cohabitan nun mundo fedorento, cerrado e intransixente con quen non vai da súa corda, alimentándose do suor dunha maioría silente e submisa, na que non se albiscan síntoma algún dunha viraxe.

O silencioso estrondo co que empresas, emprendedores, inversores, persoal cualificado,… abandona a provincia é tal que, tan só os que directamente a sofren se decatan. Os demais, esa elite inútil e paleta forxada no berce do caciquismo, seguirá tranquilamente a vivir e gozar da súa acomodada posición social… ignorantes eles, pobriños, que a fuxida á que antes me refería será o alicerce da súa propia morte.

Chegarán aves que non nos levan a ningures porque na plataforma das nosas estacións non haberá xa ninguén para ir outro lar. Verémolos voar polos nosos vales e penetrar as nosas as montañas sacras a alta velocidade sen parar nin respectar, iso si… presentindo o ruidoso horror de que, cicais unha vez máis, estea agardando alguén disposto a subirse a ese tren para nunca máis volver a soportar a crueldade desta sociedade tan atrofiada como retrasada, perdida na neboenta espesura do pensamento individual, fixado na teimosa supervivencia propia, xente cobizosa que ignora e nega calquera outra achega ao colectivo no que se asenta, nunha sociedade murcha xa da falla dos nutrientes mínimos para poder vivir.

O proído que esta xente provoca en min é tal que me obriga a rascar, a rebelarme indignado. Indignado ate contra os que cobran por esa chamada á indignación… A miña vai aí:

DE BALDE!

GRATIS!

FREE!

Sincronicidade
Hoxe descubrín o que é a sincronicidade, quero dicir, que o experimentei. Coñecía o concepto e maila definición grazas a Cid Cabido nesa obsesiva teima que ten “nunha historia que non vou contar” coas coincidencias significativas. Nin o mesmo Jung o crería si llo contase.

Cada mañá, antes de saír da casa collo un libro e a axenda para tomar nota. Hoxe fun coller un de Castelao que estaba aínda do trinque na miña librería, regalo dun xornal, pero xa se sabe o que din os ditos: “a libro regalado non lle mires o dente, leo”,  e iso fixen. Tomando café, na cafetería de sempre, non na cadeira de sempre, que estaba ocupada, comezo a ler “O ollo de vidro. Memorias dun esquelete”. Nunca me fartarei de lelo, coma calquera outra obra mestra. O caso é que lelo fíxome reparar no meu camiño nun feito insólito: Castelao e o vidro. Xuntos! Non podía ser certo o que vían os meus ollos, un contedor de vidro detrás da espelida figura en homenaxe a Castelao na Praza (ou Rúa) da Imprenta en Ourense. Iso é humor negro, chapeau! ao que se lle ocorreu, porque el, que gustaba deses retrincos, había de facerlle graza, claro que, visto dende un primeiro plano, non parece que estea moi entusiasmado con ese enxeño detrás súa.

Dicía el no seu relato “un esquelete ten que ser humorista e un esquelete galego moito máis aínda”. Ao ler isto vaise retorcer de risa, rirá a cachón na súa  cova ilustre… e os do lado nin che conto. Eu diríalles: «non vos riades que o conto vai en serio».

Agardando que me atendesen nunha consulta continúo lendo e lamentando telo aí esquecido entre outros libros. Se cadra, estaba reservado para este día, polo da sincronicidade, digo. Leo apurado e anoto para enredar a noite a palabra “apurar” no caderno. Tráeme recordos, claro. Dicíame miña avoa antes de chegar o Celestino co autobús dos Gavilanes para levarnos a escola:

- apura!

E eu respondía

- a Pura está no pobo do lado.

Chamábase Purificación pero para nós sempre foi a Sra. Pura. Vaia carantoñas que me puña por moquearme dela dese xeito. Ben merecía unhas labazadas que nunca me deu.

E claro ao virme todo isto a cachola non puiden evitar pensar que tiña pendente o resultado dunha proba na Deputación de Ourense. Para que logo digan que só se presentan os do PP. Non é certo, algúns atrevidos tamén o facemos pero nunca pasamos as probas. De feito, á volta parei no Pazo Provincial a mirar no taboleiro e xusto ese día colgaron os resultados, ao lado do meu nome vexo un “NON APTO”. Póñeno así en maiúsculas para que fira máis. Entro, peto na porta do responsable de persoal e pido revisalo exame -cousa que debería estar facendo agora e non escribindo isto-. O secretario do tribunal de avaliación dáme copia do meu exame e a valoración das respostas, nada máis. Ao fondo escoito a funcionarios de troula vendo vídeos en you tube. O clásico nestes lares.

Mentres agardaba polo secretario leo como acaba esta historia de Castelao, do que non me separo un intre: “Vampiros hainos; pois logo, polo si ou polo non, debían queimarse a tódolos caciques. Os caciques son capaces de facérense os mortos para seguir vivindo a conta dos malpocados”. Incrible! Estaba lendo isto sentado nunha cadeira dun corredoiro do Pazo Provincial! É ou non é sincronicizade? Ao ler o dos vampiros tamén me acordei do Zeca. Outro xenio, outra obra mestra.

Marcho de alí, sen sobresaltos, todo transcorreu tal como agardaba. Pero levaba un día raro, raro, pois todo ía transcorrendo tal e como o ía pensando. Só me faltaba cruzar cun gato negro ou algunha desas cousas sobrenaturais que pasan. Non, nada especial, nun mediodía morno a Sra. Obdulia saudando no medio dos croios e no Xardín do Posío o de sempre. Como levo a cámara comigo achégome ao lago a ver si saco unha boa foto ao fin e dou dun cisne negro e con el “Acrasina” ao meu pensamento.

Sigo camiñando cara a casa… e antes sentarme na miña bancada predilecta, unha banqueta que deixou o concello hai uns meses preto da casa, a que xa estaba afeito, e seguir coa miña lectura… e atópome con que non está xa, no seu lugar hai unha árbore que comeza a xermolar.

Estamos empánaos!
Érase unha vez… unha nena que levaba un pano na cabeza porque, dicía, formaba parte da súa identidade. Esta nena vivía nun pobo malvado e nun colexio integrado por seres xenófobos que a obrigaban a desfacerse da súa identidade, e dicir, sacar o pano, para poder seguir aprendendo xunto a súa mestra e seus compañeiros. E aquí remata o conto…

… comeza agora a triste realidade, porque o máis incrible desta historia é que a nena xamais se sentira tan agostiño en ningunha outra escola: era respectada polos seus compañeiros e pola súa mestra. Incluso esa diversidade cultural servía de exemplo para dar leccións de “educación para a cidadanía” (nótase que os que dirixen este colexio nunca deron esta materia).  A nena acudía a casa da súa mestra con normalidade, incluso un día lle apareceu na porta cun prato enorme de saboroso couscous (estudei francés e nótase… ou iso pretendo). Estaba delicioso porque o puiden probar. Si, estamos a falar da mesma nena.

Paréceme denigrante o que está sucedendo nese colexio. Eu tiven oportunidade de darlle unha charla dunha hora a esa clase e en ningún caso me resultou molesto que esa nena levase pano, como tampouco me resultaría si un neno acomplexado coas súas orellas (as nenas teno máis doado deixando o pelo largo) levase unha gorra,… xa non me quero poñer no caso do neno ou nena que por un tratamento contra o cancro se quede sen pelo. Tampouco lle deixarían tapala cabeza?

E digo eu, porque a moitos dos mestres dese centro, uns cantos aos que puiden ver in situ, se lles permite agochar a súa (temos que supoñerlla, non queda outra alternativa) fealdade detrás da barba do seu rostro? Non debería dicir o mesmo regulamento: Todos coa cara descuberta! Si todos, guapos e feos.

Pero non se trata dunha cuestión de estética, nin sequera de establecer un orde disciplinario para todos (non se lle requisan os crucifixos a quen o leva pendurado do pescozo) trátase de dicir quen manda acá: nós –digo por eles– os católicos! Aos responsables deste colexio habería que pedirlle contas pola ostentación que fan da súa cultura (catolicismo, consumismo, ideoloxía política,…), dende logo, moito máis flagrante que o simple feito de levar un pano. Si, poñamos fin ás vacacións de nadal, aos carnavais, a semana santa e tantas outros actos sacros, estes si, que resultan noxentamente molestos e  atentan contra o decoro e dignidade deste pobo; actos aos que os que quen dirixen esta sociedade, tamén ese centro, non faltan nunca.

Son moitas as rapazas musulmás que non utilizan o pano pero que, como leo hoxe nun xornal, estarían dispostas a polo só por amolar. Eu faríao tamén, encántame amolar a quen quere dirixir rexamente a vida dos demais, inmiscirse nas súas vidas, nas súas crenzas, no seu pensamento e ate, si os deixan, nas súas emocións.

A CEO censura a crítica e restrinxe a liberdade de expresión
Logo de criticar a CEO (Confederación de Empresarios de Ourense) por enésima vez polo uso continuado do castelán na súa páxina de Facebook e na súa conta de Twitter decidiron eliminar primeiro os meus comentarios, logo a conversa enteira, quizais avergonzados polo que eles mesmos afirmaban. Lamentablemente a conversa é imposible reproducila na secuencia en que se produciu.

Na súa páxina informaba da conferencia que hoxe ía dar @marcvidal na sede da CEO para falar de oportunidades de negocio nas redes sociais as sete da tarde. Como se pode apreciar, polas mensaxes recibidas no meu correo, ao mesmo tempo que esta persoa falaba de redes o “community manager” da CEO (xúrovos que escacho de risa) eliminaba unha conversa miña da páxina da CEO en Facebook, unha páxina que é publica e, polo tanto, as súas conversas públicas.

Dígolle que estaría moito mellor que editasen esta páxina en galego, pois reciben moitos cartos anualmente para normalizar a lingua galega na sociedade.

Resposta: “A Confederación non dispón de servizo de normalización lingüística e non é beneficiaria de ningún tipo de subvención da Xunta por ese concepto xa que as axudas para as actividades deses equipos remataron no ano 2009”.

Alucino! Minten! Vou a súa páxina web, a sección servizos, e alí hai un servizo que se chama “normalización lingüística” e afirman que ese servizo se presta grazas aos convenios asinados pola CEG coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. Amais, que non tivesen axudas este ano non significa que non teñan equipos de normalización lingüística, que os ten, outra cousa é que non realicen o seu traballo.

Ben, respóndolle que “… non mo creo” pois cónstame a existencia dese equipo, por unha conversa que tiven fai uns meses en facebook con un dos seus membros e que non reproduzo aquí por ser, esta si, unha conversa privada. A continuación copio e pego a ligazón na que está o servizo de “normalización lingüística”: http://www.ceo.es/pagina.aspx?p=2.9 e que agora desapareceu.

Aínda que eles borrasen de inmediato esa páxina da súa web o cache de google continúa gardándoa (ver) e para cando desapareza da memoria do buscador aquí queda gardada unha impresión de pantalla para a posterioridade.

Como poño unha ligazón da páxina da CEO, a miña fonte de información, que os deixa en evidencia o que fan é borrar ese comentario. Acto seguido, eliminan a información sobre ese servizo da súa web, e respóndenme: “Non é cuestión de crer ou non crer, basta con consultar as axudas convocadas pola Xunta ao longo do ano 2010 e poderá verificalo”.

Pero si acababa de verificalo na súa propia web e mandarlle o enderezo e ten a vergoña de pedirme que o verifique de novo!? E por riba censuran o comentario onde ligaba ese servizo! Indignado (o que sente violentada a súa dignidade, e dicir, que a ten) volvo a facer outro comentario: “Chegades a ser máis senvergoñas e non nacedes. Non so eliminades as ligazóns a vosa web: http://www.ceo.es/pagina.aspx?p=2.9 senón que agora eliminades o contido da web, onde se oferta os servizo de normalización lingüística e se especifica como se financia. Sodes uns FASCISTAS! E digo así, berrando, sabedor de que axiña o borraredes, que para iso tedes censores en nómina. Non sabedes encaixar que non tendes razón e queredes impola. Non poderedes facelo nin no meu perfil nin nas miñas páxinas e blogs. XA está ben de manter chiringuitos como a CEO a conta dos IMPOSTOS DE TODOS».

Por suposto, agardaba que o borrasen, pero non sen antes responder: “O que on se pode facer é borrar os meus comentarios ao seu antollo e moito menos ligazóns nas que se verifica o que eu afirmo. Iso é FASCISMO, iso é TOTALITARISMO, que nesta organización SOBRA! Sodes unha rede de caciques mantidos con fondos públicos…. Sen sindicatos e sen patronais a este país iríalles moito mellor porque cuentistas coma vós estarían no PARO. Borrade, borrade, borrade todo! Censores do reino!”. Non era para menos a miña indignación, tanto que se me esqueceu engadir un montón de cualificativos. E borrárono, claro. E volven a responder: “Como comprenderá a Confederación non deixa de prestar un servizo por levarlle a contraria, pode resolver un erro de actualización da súa web sen ningún tipo de mala fe pero dende logo os seus calificativos están fora de lugar  e agradeceríalle que antes de seguir facendo este tipo de comentarios verificase as afirmacións que indica sobre as subvencións que recibimos para servizos de normalización”.

Cumpre ser cínicos! Falaban para o gran público claro, non para min, a min non me enganaban e xa llelo demostrara. Pouco máis se pode engadir… ou non.

Non contentes con eliminar os meus comentarios remataron por eliminar os seus propios, retirando  a cita sobre a conferencia de Marc Vidal. Logo puxen outro comentario noutra cita e borrárono outra vez e logo retíranme o permiso de publicar no seu blog. Comezo a mandar mensaxes ao seu Twitter,… e fan o mesmo.

Censuran e silencian a crítica. Restrinxen o uso da lingua galega e a liberdade de quen a defende. Esa é a caste de empresarios que ten este país atrasado? Acoden as redes sociais a que? Aínda non comprenderon que na sociedade das TIC todos temos oportunidade de falar, nuns ou noutros foros? Aínda non se decataron que xa non se pode amordazar a ninguén? Atrasados están… e con eles todos, que llelo permitimos.

Unha folga construtiva
Si algunha característica común teñen tódalas folgas é o seu carácter construtivo. Máis alá da defensa de dereitos, innegable, as folgas poñen o “turbo” a economía de calquera país ou empresa. Grazas as folgas créanse innumerables postos de traballo e dinamizase a economía. Fai brotar novas oportunidades de emprego, alenta a empresarios e emprendedores, engorda as arcas públicas.

A ninguén, no seu san xuízo, se lle ocorrería posicionarse en contra de tan exquisito maná para a economía -quen ousaría adoptar unha actitude tan destrutiva!-; moito menos cando esa folga afecta a servizos básicos dun concello, como sucede coa folga do lixo en Ourense, porque grazas a esta folga teremos unha cidade máis limpa, que é do que se trata, non? Porque grazas a esta folga os traballadores da empresa gozarán de máis dereitos, o cal redundará en beneficio de tódolos ourensáns, xa que iso faraos máis produtivos –tradúzase en máis limpeza- sen que nos custe un euro máis, non? Grazas a folga actual a empresa consolidará no seu posto a traballadores temporais e, probablemente, aínda cree novos postos de traballo, non? E o resultado natural de toda folga…

Existe unha trama para a contratación de persoal con fondos públicos?
Veño de presentar dúas denuncias por enchufismo, unha ante a Fiscalía de Ourense e outra ante a Delegación Territorial da Xunta de Galicia, entidades as que solicito. A primeira:

Que se acheguen os feitos presentados á denuncia presentada polo PSOE ante esta fiscalía por “enchufar” a máis de 200 persoas, segundo leo nunha noticia publicada en El País o 10/06/2010

Que se revisen os procedementos e procesos levados a cabo polo SGC, especialmente, os procesos de selección de traballadores vencellados a subvencións públicas (orientadores, axentes de emprego, psicólogos,…).

Que se investigue a falta de transparencia nas ofertas de emprego deste postos de traballo, suxeitos as axudas públicas, a maioría das cales, nunca son feitos públicos (en ningún medio, nin na páxina web do SGC, onde si se “colgan” outras ofertas), non permitindo subscribirse a elas e pasando desapercibidas para os buscadores de emprego.

Que se investigue si as valoracións feitas dos méritos curriculares dos candidatos, nos diferentes procesos de selección, son reais ou ben están adulteradas, xa que os candidatos, limitados pola lei de protección de datos, non podemos verificar a autenticidade dos méritos alegados.

A Delegación Territorial de Ourense solicítolle que:

Que se revisen todos os procesos de selección de persoal do Servizo Público de Emprego.

Que se revisen, especialmente, os procesos de selección de traballadores vencellados a subvencións públicas.

Que exista máis transparencia nas ofertas de emprego, a maioría das cales, sobre todo relacionadas cos empregos subvencionados con fondos públicos, nunca son publicadas (en ningún medio, nin na páxina web) e non permiten subscribirse a elas.

Que sexa obrigatorio para participar nestes procesos dar autorización de acceso ao CV persoal para que todos os candidatos poidan verificar a autenticidade dos méritos alegados.

Que se esixan responsabilidades aos responsables das áreas involucradas polo mal funcionamento destas: o Sr. Antonio González Amaro, Xefe de Servizo de Promoción e Emprego, e Sr. José Movilla Martínez, Director da Oficina Ourense Centro.

O escurantismo co que se realizan este tipo de procesos non só serve para levantar suspicacias, senón cando che toca preto, para confirmalas. Neste intres estanse realizando a selección de técnicos e axentes de emprego, entre outras categorías, polas entidades sen ánimo de lucro (ESAL). Calquera buscador de emprego preguntárase: e iso como se sabe? Só te decatarás si te chaman para algunha oferta porque estes postos son se fan públicos na páxina web do SGC. Porque? Para que non te decates, para que vai ser?

Poucos buscadores de emprego saberán da existencia destas prazas ate que saia publicada a resolución pola que se conceden, e para entón xa estarán todas adxudicadas. O último día para presentar a oferta de emprego no SGC polas  ESAL é este venres e para realizar a contratación o vindeiro día 5 de outubro. Logo informaranos aos comúns dos mortais vía DOG quen foron os afortunados.

Nese camiño daranse casos tan insólitos, algúns deles que me sucederon a min, nesta convocatoria e noutras.

A Fundación Laboral da Construcción de Galicia foille enviado o meu CV como resultado da sondaxe realizada polo sistema informático do SGC. Xamais se puxeron en contacto comigo pero informaron ao SGC que si o fixeran e que non se realizaran a contratación por “outros motivos”

Outro tanto sucedeu coa Cruz Vermella de Celanova, tamén por “outros motivos” sen sequera contactar comigo, rexeitou a miña candidatura.

Un caso surealista, este que nada ten que ver comigo. Emprende Ourense, un chiringuito ao estilo CIMO, pero patrocinado por xente do PP, solicita ao SGC un orientador laboral coa titulación de “Enxeñeiro Técnico Naval”. Para emprender que en Ourense? Para orientar a quen en Ourense? É evidente, non se trata de emprender ou orientar, soamente colocar a algún achegado de Baltar con dita carreira. Un escándalo!

(a falta de pan…) …circenses!
Ese é o papel que adoptan na cidade de Ourense os patronos da Fundación Pro Deporte Ourensano, recentemente calificada pola Xunta de Galiza de interese deportivo.

O padroado inicial da fundación está formado por Jorge Bermello Arce, Responsable das tendas Bermello, como presidente; Roberto Fernández Añel, Director de Financeiro da Construtora Marcelino Fernandez, como vicepresidente; Luis Gómez Muñiz (deste pouco sei, agás que anda deixando o seu teléfono pola rede, busca contactos, creo) como secretario; e Manuel de la Torre Pérez (non lle coñezo outra ocupación que a de secretario do COB), Santiago Rodríguez García, director de CIMO, Juan Manuel Jiménez Morán, Alcalde de Verín, José Domarco Piñeiro, responsable das instalacións do Pazo de Deportes Paco Paz (instalacións que o COB utiliza de xeito altruista mentres que os nenos que queren participar nas escolas deportivas que se organizan no mesmo recinto se ven na obriga de pagar), e José Luis Gavilanes Losada, Alcalde de Xunqueira de Ambía, como vogais, segundo o punto 4 da Orde do 4 de outubro. Circenses!

De Jorge Bermello e Santi Rodríguez pouco podo engadir do que xa dixera Gonzalo Jácome esta semana, só amosar que concordo totalmente con el. Precisamente veño de solicitar a miña baixa da base de datos de CIMO, ao meu parecer unha entidade que non aporta nada a esta cidade nin aos seus cidadáns (entendendo que o emprego precario que oferta non é unha aportación senón todo o contrario).

Sorpréndeme ver entre os patronos ao Alcalde de Xunqueira de Ambía. En máis de 30 anos xamais tivo unha iniciativa semellante pola vila que goberna, mentres esmorece  co importante patrimonio que alí hai por conservar, coa riqueza paisaxística, forestal, agraria e, sobre todo, termal, aínda sen explotar.

Interior do Balneario do Bañiño

Parece que os empresarios e responsables políticos da provincia de Ourense apostan polo circo e eluden as súas responsabilidades coa sociedade, creando novos chiringuitos -isto é o que as elites ourensás entenden por novos nichos de negocio- cos que afogar, aínda máis, as xa de por si maltreitas arcas públicas, que seguirán negando a súa colaboración a entidades sen ánimo de lucro de corte social, pero que si porán a disposición do circo este cantas infraestruturas públicas sexan precisas e cantos cartos lles sexan solicitados. É o que Arturo R Vispo chama “insolidaridade do mezquino” neste artigo referido as subvencións.

Dispendio institucional
Mentres moitas entidades funden os seus recursos -e os de todos- en publicidade, moitas outras pasan dificultades para poder manter servizos básicos. É o caso de AODEM (Asociación Ourensana de Esclerose Múltiple), a que pertenzo, que recentemente tivo que prescindir de dous profesionais (fisioterapia e terapia ocupacional) por falta de fondos.

Mentres esta e outras entidades se ven condenadas a deixar de ofertar servizos aos seus usuarios, eses servizos que forman parte do cuarto piar, o estado do benestar, ese piar construído con cartón pedra ao máis puro estilo hollywoodiense, as institucións públicas -e privadas con cartos públicos- seguen dilapidando cartos en publicidade. Exemplos? Isto é o que custa agora -coa «oferta Anticrisis«- publicar un anuncio na «folla parroquial de Ourense», como ben a denomina un amigo:

O Concello de Ourense publica día si, día tamén, unha publirreportaxe neste diario. Prezo: 1349,08 €.

Nas últimas semanas a Confederación de Empresarios de Ourense (CEO) publica un anuncio a toda páxina -e a toda cor (+30%)- sobre a maratón do Miño. Prezo: 1349,08 €.

O Clube Ourense e Baloncesto fai o propio cada día na súa campaña de captación de socios. Prezo: 1349,08 €.

CIMO (Centro de Iniciativas para a Mocidade de Ourense, sic) publica cada día unha páxina de ofertas de traballo, que os buscadores de emprego coñecemos e recitamos de memoria como si da aliñación dun equipo de fútbol se tratase, por cansinas, e repetitivas. Prezo: 1349,08 €.

Para que isto non pareza o anuncio de MásterCard non vou dicir aquilo de “crear emprego,… non ten prezo”, que podería. Pero si o ten. Eses recursos dilapidados por estas entidades poderían estar moito mellor investidos si se destinasen a servizos sociais (axudas a entidades sen ánimo de lucro que prestan eses servizos e que non presta quen deberían facelo: as administracións públicas), a unha formación de calidade, en definitiva, a crear emprego, e non a manter calada “a voz da opinión pública”.

Andan os ladróns detrás dos que rouban?
Lin esta mañá o diario El País e quedei asustado: “O PP retirará a querela ao BNG si este compensa á empresa implicada”. Primeiro, teño que por en cuarentena este titular, vindo de onde ven; segundo, dubido da súa veracidade porque o PP non é quen, senón a Fiscalía, se querelou contra os responsables do BNG e da empresa Afiador Producións -logo dunha denuncia do PP-; terceiro, porque tal afirmación sería constitutiva de delito, ao tratarse dunha acción semellante a recollida nos artigos 171.1 e 171.3 CP, onde se penalizan “as ameazas dun mal que … si estas consisten en … revelar ou denunciar a comisión dalgún delito”.

Efectivamente, poden afirmar que o delito xa estaba denunciado, pero pedir 30 millóns de euros a cambio de retirar unha denuncia que é?

Si non visen consistente a posible ameaza, lean o que di o artigo 243 CP sobre a extorsión: “O que, con ánimo de lucro, obrigase a outro, con violencia ou intimidación, a realizar ou omitir un acto ou negocio xurídico en prexuízo do seu patrimonio ou dun terceiro, será castigado coa pena de prisión de un a cinco anos,…”. E, segundo a mesma nova, o Alcalde de Ourense afirma que as persoas beneficiadas por esa cantidade de cartos son do mesmo partido.

Creo que urxe unha aclaración desta noticia por parte de todos os actores implicados: xornalista, responsables políticos (que palabras tan contraditorias) e o Secretario do Concello de Ourense nese Pleno.

Si o que manifesta o diario madrileño é certo, isto é, que o PP esta disposto a retirar unha denuncia a cambio de cartos, implica que agora o PP non ve delito onde antes vía un pelotazo? Só por razóns ecónomicas, non legais? Persoalmente, si a proposta do PP é certa si merece unha denuncia… pero non, estes non o farán,… non lles dá para tanto.

Foto roubada
Que triste!

Si. A foto que aparece no post anterior foi roubada. Ao parecer isto é o que máis lle preocupa aos responsables da CEO (Confederación de Empresarios de Ourense). En absoluto lles preocupa a acusación de non contar cos medios necesarios para a impartición deste curso -e outros-. Non lles debe preocupar porque ten as administracións de súa parte, todos forman parte do mesmo círculo caciquil o que lle garante que non haberá unha inspección seria, rigorosa e coa capacidade e independencia suficiente para imporlles unha sanción (devolver as axudas cobradas irregularmente por estes cursos) e retirarlle a autorización de centro homologado FPO.

Con retranca!

- «Estes deben olhar moitos programas do corazón , e por iso falan de  «roubado» . Si se lle avisara antes e colocaran os útiles que lle faltan  , aparecería tamén un Director Xeral na foto , e daquela sería un  «posado» , moito mais institucional !!!! onde vai parar». Un amigo en Facebook.

- Mea culpa!… por non avisar con tempo

Para esmendrellarse!

Outro amigo, hippie tamén, dime que está facendo un curso e que a el soamente lle deron unha carpeta e un lápiz. Creo ben. A maioría das entidades que se adican a formación ocupacional non che dan nin a benvida. Dime tamén que «non me queixe tanto, que a CEO é un paraiso». E engade:

O gran negocio da formación ocupacional e continua
Fai case dous meses pregúntabame que ocorría coa formación ocupacional. Porque detrás dun traballador que se forma non existe unha empresa realmente interesada en contratar a ese traballador, mellor preparado? Na utilidade destes cursos soamente cren seres inocentes coma ZP, quen chegou a afirmar que «os parados que existen a cursos de formación traballan para o país«. HA!

Vouvos presentar a aula na que realizo o curso de «Formador ocupacional«:

foto «roubada» da sede segreda da CEO

Contade ben: 10 ordenadores para 15 alumnos. Non é o título dunha película. Isto é a CEO (Confederación Empresarial de Ourense), unha entidade, en teoría, sen ánimo de lucro, unha das entidades que máis cursos de formación ofertan e de mellor calidade -como serán as outras …-. Sen embargo, dende o comezo deste curso -e cónstame que noutros- non dispomos do material esixido na convocatoria pública que di, respecto ao material e ás instalacións, que contará (ver páxina tres da ligazón do parágrafo anterior) co seguinte:

Equipo e material:

Equipo:

Retroproxector

Pantalla

Presentador gráfico

15 ordenadores e periféricos.

Proxector de diapositivas

Equipo de video (cámara, reproductor e monitor)

Simuladores

Teléfono

Fax

Máquinaria de tipo standard en función das necesidades do curso

Ferramentas e utillaxes

Pizarra

Pizarra electrónica

Rotafolios

Pantalla de cristal líquido

Paquetes didácticos

Software

Manuales de especificación según rama e sector

Revistas especializadas, informes, manuales, dossiers…

Material de consumo:

Material funxible:

Folios, transparencias, diapositivas, rotuladores, bolígrafos, lápices, gomas, grapas, clips, tiza, cinta mecanográfica, toner, cinta adhesiva, líquido corrector, cartulinas, carpetas, cinta de audio y video, disquettes, clasificadores, separadores, fichas, pegamento, papel continuo, canutillo de encuadernar, agenda calendario.

Material non funxible:

Grapadora, taladradora, borrador, tixeiras, cutter, regra, arquivadores, ficheiros.

Como se pode apreciar son poucas as cousas que faltan, pero relevantes. Os PC, que non chegan para o número de alumnos da acción formativa, noviños de paquete, veñen co posto de fábrica e os alumnos non poden instalar o software que precisan, porque para facelo se necesitan permisos de administrador, e a persoa encargada de instalarlle o software -privativo (seguramente pirateado)- debe levar dous meses de vacacións. E dicir, que non dispomos das ferramentas necesarias para o mellor aproveitamento do curso,… para traballar para o país. Pero isto non sucede só neste curso, senón tamén noutro da mesma acción formativa que comezara dúas semanas antes na mesma organización.

Como sei isto, sen sequera coñecer a un dos alumnos dese curso? Porque Adelmo, o inspector da Consellería de Traballo, na última charla que nos veu a dar, na que non tomou nota algunha das queixas dos alumnos, nin preguntou, nin pasou enquisa algunha -seguramente as cubra logo el na oficina-; dicía que nos deu a charla porque veu a nosa aula a criticar aos compañeiros da outra que lle pediron os medios informáticos que recolle a orde. Algúns alucinávamos! Chegou a dicir que neste pais -dáme a risa só ao lembralo- se abusa das TIC e se prescinde de medios tradicionais -este home debe pensar que vive en Silicon Valley!-. Amais tivo a consideración de chamarnos hippies aos IPI, todo un detalle!. Pero destas queixas non hai quen tome nota… a formación ocupacional e continúa é un fraude consentido polas administracións, polas entidades que ofrecen formación e, moitas veces, polos traballadores desempregados que facilitan esa estafa. Que non permitirá o bo de Adelmo noutras entidades? Porque permite isto si a súa labor é precisamente denunciar as deficiencias? Onde están os 5 portátiles que faltan? Quen os ten?

Sobre as linguas, unha das primeiras cousas que che preguntan na CEO é si alguén precisa apuntes en castelán. A ninguén lle preguntan si quere manuais en galego, cando tódolos manuais que entregan son en castelán, pese a ducias de protestas. Por suposto, eses PC que non se poden aprobeitar, coma tódolos da CEO están configurados, por defecto, en castelán… para iso dispón a entidade dun equipo de normalización lingüistica,… será para redactar as tarxetas de protocolo para os actos políticos que se celebran na CEO, porque si algo se percibe suficientemente nesta organización é unha orientación elitista dos recursos públicos, en detrimento da maioría dos socios, dos usuarios e dos traballadores, actuais e potenciais.

Tanta inutilidade non pode ser amor
Titulo con esta frase de Rafael Martínez Castro ao que fai referencia Antón Baamonde no artigo que asina hoxe en El País respecto a «Crise no BNG«, unha crise que pode levar a esta organización a sufrir unha «escisión, unha explosión ou a desafección das bases». A desafección fai anos que a sufre -só hai que ollar os resultados dos diferentes comicios electorais-, escisións persoais e colectivas xa as houbo… soamente falta que salte todo polos aires.

Mentres a esperanza blanca -ese político con voz de pitufina- parece esvaecerse entre acusacións de traición!, ninguén acaba por dar un paso decisivo. Os dirixentes críticos co BNG sufren tal sobreprotección dentro da organización que ten medo a moverse fora da súa órbita. Quizais, para cando acorden, non lles quede nin sequera a confianza dos que hoxe aínda confiamos neles precisamente, pola cobardía e falla de confianza que transmiten nas súas posibilidades.

A que nos ven enriba
Comeza o novo curso político e, unha vez máis, vou xogar a ser profeta, cousa que, co panorama de crise económica actual resultará doado.Non resulta tan doado atopar a un responsable e, de facelo, que asuma dita responsabilidade.

Primeiro a culpa foi da economía neoliberal. Tódolos gobernos do mundo (entendendo por tódolos gobernos do mundo unicamente os que conforman o G20) decidiron que xa era hora de apretarlle a corda aos Señores dos Mercados e cinguilos a unha lexislación estricta. Pouco lle durou a ansia de gobernalos a todos.

Así, aínda sen saír da crise económica, os Señores dos Mercados, recuperaron o poder sobre os homes libres, nós, que somos os que posuímos a liberdade de escoller entre quen nos desgoberna ou entre quen nos malgoberna, máis non podemos decidir sobre as políticas que desgobernantes e malosgobernantes aproban. Ese eido está reservado aos Señores dos Mercados.

Aínda así,  a pesares da pouca capacidade que teñen para decidir, xa sexan desgobernates ou malosgobernantes, lonxe de unirse contra os Señores escuros, permiten que as sombras do mal se extendan sobre nós, enfrontándonos, explotándonos, recortándonos dereitos, etc. en beneficio propio, nunca no de todos. Esta loita que abrangue a toda a poboación, non só aos desgobernantes e malosgobernantes, senón tamén aos ingobernables en Galiza, agrava a situación do pobo. Agora que se achegan as eleccións locais as tres forzas, alleas á ameaza das sombras adentraránse nunha cruenta liorta para rabuñar cada apoio que poida permitirlles manterse no poder a uns, sacalos e ocupalos a outros. Da guerra, coma na política, e viceversa, non poden agardarse prácticas limpas, mais a inocente poboación sucumbe en masa. unha e outra vez, pola necesidade de acadar o poder para seu grupo de pertenza. Acadalo permitiralles ter máis posibilidades de sobrevivir neste sistema esgotado, accedendo así aos recursos que se lle negarán logo aos perdodores e tamén, como non, aos que permaneceron neutrais.

As diferentes forzas dende a súas posición acumulan efectivos para a gran batalla, acumulan víveres e auga, negándollos a poboación -axudas, subvencións, servizos, infraestructuras,..-. O obxectivo agora é crear máis necesidade, así logo as esmolas serán máis valoradas. Estas, as axudas cando comecen a chegar serán custosamente anunciadas -quizais o custo da información supere ao da execución- para que o pobo famento se dispute por elas, entre si -haberá postos de emprego, que non traballo, para miles e miles de parados, en administracións e chiringuitos amigos de uns, amigos de outros e amigos de todos-.

Logo deste «momento Tolkien», o certo é que pasada a batalla das municiapais todo quedará esgotado e todos, uns e outros, quedarán desamparados ante a crise que nos afecta,… ata as vindeiras eleccións, nas que, outra vez, nos tocará realizar a función de tontos útiles. Non están a salvo nin os que se consideran máis protexidos, pois aqueles traballadores laborais «fixos» poden ser os primeiros en perder o seu emprego coa simple perspectiva de perdas por parte da entidade a que pertence. Na maioría dos casos, as administracións públicas, todas en números vermellos, e co colapso destas caerán logo os seus chiringuitos (empresas públicas, entidades sen ánimo de lucro, fundacións, sindicatos,…) que grazas a «reforma laboral de ZP» poderán ser botados a rúa por un módico prezo de 20 días por ano traballado.

Só nos queda agardar que cando comece o adelgazamento forzado das administracións non queden ocupando os seus postos aquelas persoas máis ineptas e poñan na rúa aos máis traballadores. Si eses nunca entraran, probablemente, a situación actual sería ben diferente.

Señores e vasalos. A Galiza feudal. Aquí. Agora.
Veño de facer un repaso pola Idade Media para comprender un pouco mellor como funciona a Galiza Actual. Pouco cambiou o sistema dende entón. Os señores de agora, os da política, tamén prometen aos seus vasalos -os cidadáns libres, seica- protección económica a cambio da súa fidelidade (sic), dos seus impostos, da súa axuda cando fora precisa. O problema é que agora a cousa non da para todos, nin ningún “señor” ten a forza suficiente par sometelos a todos.

Divida como está a sociedade en seareiros -que non membros en igualdade de condicións- dos partidos políticos, aos únicos que se lles garante protección económica -traballo- e aos que pertencen ao mesmo grupo. Dos demais agárdase que renuncien a todo o que é seu e se vaian da súa terra para sempre. Limpeza étnica? Abofé. Cada vez que alguén se vai de aquí as posibilidades dos señores de perpetuarse no poder aumentan. Son as trampas da democracia: vanse, logo non votan.

Como se mantén a fidelidade dos vasalos: dándolle traballo. O traballo marca o status e, polo tanto, canto máis relevante é o posto de traballo maior será a súa influencia sobre aqueles outros cidadáns que non renden vasalaxe ao poderoso, ben por non someterse a ningunha outra tendencia, ben por facelo a forza perdedora, e obter aínda maior beneficio económico e social.

Un deses postos de traballo nos que se colocan a estes temorosos personaxes son os axentes e técnicos de emprego -e atreveríame a engadir tamén aos orientadores laborais, por tratarse tamén de figuras que, ao meu entender, deberían pertencer a administración pública e non a entidades privadas- aos que, ninguén aínda, responsabiliza das altas taxas de desemprego (con crise e sen ela); mentres tanto,  as empresas internacionais cústalles entrar neste territorio atrasado no tempo, precisamente polo dereito de pernada ao que tratan de sometelos os responsables políticos de quenda: colocar ao inútil do neto, sobriño, cuñado e demais familia, como rezaría unha necrolóxica, a da nosa tera. Si foran tan bos no seu, probablemente -que digo, seguramente-, non precisarían dos lazos políticos e familiares para atopar traballo. Pouco a pouco -pois ocúpanme outros quefaceres-, irei diseccionando a lista de “sucasas” e pescudar quen está detrás de cada e-mail e porqué, como e cando chegou ata aí. Ate agora sei como cheguei eu (pese ao intento do Concelleiro do PP en Castro Caldelas, Antonio González Amaro, Xefe do Servizo de Promoción e Emprego, e a súa administrativa, de colocar a María Jesús Feijóo Fernández quen, para ser unha candidata a postos de subalterno da Xunta de Galicia, acumulaba unha puntuación envexable na convocatoria, da cal, por suposto, desconfío que foi realizada de forma inxusta e a sabendas de que o era. Probablemente esta rapaza traballe hoxendía nalgún chitinguito da Xunta) e pouco máis.

Precisamente grazas á reportación que van facendo outros compañeiros vou coñecendo mellor quen é cada quen nesta profesión. Por suposto, non se pode meter a todos os AEDL no mesmo saco, pero si é certo que hai moito lixo, moito profesional inservible incapaz de rendibilizar nun ano un só día do seu salario.De todos depende facer unha boa limpeza.

Si no post anterior víamos a vergoñenta autocontratación do presidente dunha asociación, ou como se lles envía información a empresas privadas, hoxe voume referir a Ursula de la Barrera e a súa cuñada Sonia García Fiusa, ambas AEDL en FEDACEPE, a Federación Provincial de Asociaciones comarcales de Empresarias, profesionales y emprendedoras de A Coruña, presidida pola avoa da primeira, Angeles de la Iglesia Daviña, quen pese a estar xubilada e non contar con empresa algunha -que deixar a súa familia- preside esta organización empresarial. WTF…!

Noutra entidade ligada ao PP, FUNDEFO, traballa o fillo da Señora De la Iglesia, entidade que, xunto a outras relacionadas con Gerardo Crespo (Azetanet e Gecreri) ven de recibir máis de un millón de euros por parte da Consellaría que dirixe Ana Mato, segundo informa Xornal Galicia.

A lista de «sucasas»
Ando botándolle unha ollada a tódolos e-mail que forman parte da lista que a UPD Coordina Local II nos enviou a diferentes persoas, supostamente axentes e técnicos de emprego e ao ir repasando enderezos e cotexando cos datos que podo atopar na rede atópome con que:

Unha parte importante destes enderezos non corresponden a AEDL, senón que o enderezo pertence ao e-mail de contacto que se pode atopar habitualmente nas web corporativas de ESAL ou Concellos. Citar todas estas entidades, que superan o cento, enchería inutilmente este post. Os AEDL que gardastes ese e-mail podedes corroborala.

Nalgúns casos, como Alar Galicia, vemos que o enderezo da lista correspóndese co do Presidente da Asociación, Fernando González  Truque que, a súa vez é o Técnico de Emprego da mesma, seguro que lle supuxo tomar unha decisión difícil ter que realizar semellante contratación. Recomendo escoitar o audio desta última ligazón, onde o Pte./tco. fala de méritos para atopar traballo. Resulta moi triste ver que existen axentes que nin sequera dispón -ou non se lles permite usar- un enderezo de correo electrónico personalizado.

Outro caso épico é o do meu concello de nacemento, Xunqueira de Ambía, onde o receptor da información que envía a UPD Coordina Local II non é o AEDL do Concello, senón o propio Alcalde. Algo moi característico en concellos excesivamente autoritarios e onde non se delega nin a información. Noutros concellos, tampouco reciben a información directamente os AEDL senón os departamentos aos que pertencen, aínda que non sexan eles, senón un cargo político, quen estea ao fronte.

Non podían faltar os amiguños, como José María Fantova Rodríguez; quen é esta persoa? Non sei, pero ao introcudir o seu correo en Google o que sae é isto. Sei que non é un Concello nin unha asociación, nin fundación, nin sindicato, nin… é unha asesoría do Ferrol, terra de onde tamén é o Director da UPD Coordina Local II, Angel Sucasas peón. Pode unha empresa privada dispor dun AEDL? É posible que o dono desa empresa sexa tamén AEDL? Parece -ou iso me parce a min, haber si mo aclaran- que este señor está utilizando a UPD a favor das empresas privadas dos seus amiguiños. Que pouca vergoña!

O caso é ter unha lista grande, aínda que a información sexa mala escasa, e os destinatarios sexan persoas con obxectivos, capacitades e aptitudes diferentes as requiridas para o posto.

Máis datos sobre a «consulta» aos Axentes é Técnicos de Emprego de Galicia
A partir das 00.00 horas do vindeiro luns, 16 de agosto publicarei un post analizando máis a fondo o resultado desta «consulta«. O  post tratará de:

- O acollemento que isto tivo entre os axentes de emprego (aínda que tres persoas se ciscaron nos comentarios do artigo, en privado as críticas foron máis ben positivas).

- As intencións que se agochan detrás da resposta inquisidora da UPD Coordina Local II pedindo ignorar as críticas e censurar a información dos meus e-mails.

- A inexistencia dun colectivo forte entre técnicos e axentes de emprego, capaz de facer fronte aos bandazos políticos, que deixan espidos a moitos dos traballadores do sector (ao lograr o seu posto, precisamente por razóns políticas).

- A temporalidade, a precariedade, as diferencias salariais, o frraude de lei na contratación, a desviación de fondos públicos e moitas outras irregularidades as que se prestan institucións e persoal contratado.

Que ten que dicir a UPD Coordina Local a todo isto?
Logo do post de onte, onde a meirande parte dos Axentes e Técnicos de Emprego de Galiza non saen moi ben parados, a resposta da UPD  Cooordina Local II, e que lle está a remitir a tódolos Axentes e Técnicos de Emprego a modo de consigna, é a seguinte:

Bos días a tod@s,

Ante as consultas relacionadas co correo remitido por Xosé Antón Vázquez Dorrío, comentarvos que:

1. A UPD Coordina Local non ten nada que ver co envío do mail nin comparte o seu contido. Desde esta UPD, creada para a coordinación e apoio aos axentes de promoción económica espallados por Galicia, somos conscientes da importancia do papel destes axentes, que teñen máis que xustificada a súa existencia polos anos de experiencia e o desenvolvemento local das zonas nas que traballan, e que son, en palabras do propio Director Xeral de Promoción do Emprego, Andrés Hermida Trastoy, «A Rede de Técnicos de Emprego de Galicia: un dos principais instrumentos impulsados pola Xunta de Galicia para apoiar a constitución de empresas que contribúan á xeración de novos postos de traballo».

2. Desde a UPD recomendámosvos que non respondades ao correo de Xosé Antón Vázquez Dorrío para evitar darlle importancia a esta persoa que, estamos seguros, é o único que pretende.

3. Se non queredes recibir máis mensaxes desta persoa, podedes identificar a súa dirección como correo non desexado.

Recibide un cordial saúdo,

Equipo UPD Coordina Local II • BIC Galicia Edificio FEUGA Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n Campus Universitario Sur

15705 – Santiago de Compostela

Tfno. 981 52 30 54

Fax: 981 52 22 92

Fijate! Despois de máis de catro anos na rede, dende antes de que existise a UPD Coordina Local nas mentes bipartitas, para afundir a Rede de Técnicos de Galicia e crear este chiringito, e de ter presencia nas redes sociais máis inflintes, resulta que, segundo os responsables desta UPD, non son máis que alguén buscando protagonismo. Que repasen os post deste blog e xa verán…

Isto dinnos os responsables dunha UPD que leva meses funcionando, con presentacións espectaculares polo país, e ofertando uns servivios que non dan, por exemplo a páxina web da que falaron na súa presentación en Ourense (na CEO): www.coordinalocal.org, onde está? Clicade e sairávos a vella páxina). A súa aportación límita a mandar unhas cantas publicacións de boletíns e uns poucos eventos,… seguramente para encherlle o foro a algún responsable político. Triste aportación a economía deste país.

A que andan os Axentes e Técnicos de Emprego?
No día de onte xurdiu un debate no grupo sobre a eficacia dos traballadores, diferenciando entre o ámbito público e o privado. Claro, aquí sempre saen malparados os funcionarios, na sala non había ningún  . Logo pola tarde ocorreuse este experimento que lle explico, logo de realizalo, aos seus destinatarios nesta carta:

“Unha vez máis, grazas a Patane (Ugacota), Mabel (Cámara Vigo), Isabel (ACODE Silleda) AEDL Concello de Cambre (non asina con nome), AEDL Concello de Caldas de Reis e UPD Coordina Local e (tampouco asinan cun nome). Fostes 6 as persoas que responderon a miña mensaxe dunha lista de máis de 730 persoas ás que a UPD Coordina Local nos mandou un e-mail o 4 de xuño sobre BIOTRAINING. Parabéns por estar ao voso traballo!

Certo que moitos de vos estaredes de vacacións (só 5 persoas deixaron o seu correo configurado para indicar esta situación nunha resposta automática), outros teriades o día libre, baixa por enfermidade, contrato rematado (foron varios os e-mails que viñeron de volta o cal indica que esa lista non está moi actualizada), outros, os que máis, realizando tarefas que nada teñen que ver coa finalidade para a que fostes contratados; máis, aínda así, a proporción entre “supostos” axentes aos que a UPD coordina Local se dirixe e os que finalmente responderon -só 6!- é preocupante, por usar un termo pouco ferinte. Son consciente que nesta lista non están tódolos axentes que son nin son (eu mesmo) todos os que están.

A pregunta era sinxela e ampla, para que dese posibilidade de moitas respostas, a interpelar ao demandante de información para que fose máis concreto, etc. Dicía:

Alguén coñece como afectarán os recortes anunciados polo goberno as políticas laborais, promoción do emprego, creación de empresas,…? Estanse atrasando a publicación de axudas dende a Consellería de Traballo e Benestar respecto a outros anos, ou segue o mesmo curso que os exercicios anteriores? Grazas!

A resposta era moi complexa, xa dixen; a que buscaba era a seguinte:

Orde do 10 de marzo de 2010 pola que se establecen as bases que regulan para o exercicio do ano 2010, as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro e se procede á convocatoria para o ano 2010.

Modificada por esta outra:

Orde do 4 de xuño de 2010 pola que se fai pública a minoración do importe existente para a concesión das axudas e subvencións para o fomento do emprego, convocadas pola Orde do 10 de marzo de 2010, pola que se establecen as bases que regulan, para o exercicio do ano 2010, as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.

Este mesmo día, dog 14 de xuño producíronse outras modificación, pero esta era una delas e afecta especialmente aos axentes de emprego, co cal esperaba que estivésedes máis atentos polas novas que afectan ao voso colectivo.

Non traballo dende o 23 de decembro de 2009 en que finalizou a UPD Integrou-ASPANAS, máis sego atento a actualidade, incluso a publico nun blog (http://upede.blogspot.com/) porque o considero básico para acceder a un emprego de técnico ou axente de emprego. Moitos de vos, aínda traballando estas cousas impórtanvos “0”. Non valorades ter un traballo nin vos preocupa que outros non o teñan. Iso, salvo excepcións quedoume probado. A Moitos de vós só vos preocupaba saber quen era “xosé antón vázquez dorrío” , “moendo”, “moendo.net”, “sempre moendo”, … e, para verificalo, recorrestes a google, que vos levou ate o meu blog. Non facía falla, estaba vencellado na imaxe (o nome) de máis abaixo. Cun só ‘clic’ era suficiente.

Todo isto non responde a un xogo de alguén que se aburre ao non ter traballo, senón que é un experimento para aportar ao  traballo final do Máster de Axente de Emprego que estou realizando, aquela na que falo da eficacia dos Axentes de Emprego para solventar as dúbidas e problemas que xurdan a empresas, emprendedores e traballadores empregados e desempregados.

Non me alongo máis, resultaría aburrido e moitos de vos nin sequera o leriades só con ver a extensión da mensaxe. Serei máis extenso no meu blog e, sobre todo, no meu traballo final.

Saúdos!»

Nesta lista, unha das entidades que conta con máis representantes é a CEO (Confederación empresarial de Ourense), con ate 11 persoas. Ningunha respondeu e sei que non están todas de vacación porque é nesta entidade onde estou realizando un curso. Estarán revisando Curriculums Vitae, tamén o meu, mais,… imaxino que ao estar en galego irá directamente ao lixo. Tamén lles presentara un proxecto de empresa fai un mes, tamén en galego, e tampouco teño resposta algunha. Sei que na CEO se discrimina ao galego, sei de traballadores -da propia entidade- aos que se lle esixiu un Curriculum en castelán. Logo, iso si, os empresarios socios da entidade presumen de galeguistas abrazados a Baltar.

Con exemplos coma este non será doado desprenderse da fama de “enchufados” e “persoal contratado a dedo” que teñen os axentes de emprego. Iso é unha realidade manifesta. A primeira vez que lle comentei a alguén que era Técnico de Emprego, preguntóume: quen te colocou? A min ninguén, querían colocar a outra persoas, iso si. Os datos deste experimento reflicten que a estes profesionais o seu traballo non lles importa o máis mínimo, nin, seguro, son as persoas máis adecuadas para realizalo. E claro, si no contexto de crise no que os atopamos, os axentes potenciadores da actividade económica andan a rañala, que nos queda aos demais?

Imponse a lei do silencio
Hoxe é un día triste para moitos galegos: cerra Vieiros, maña faino Chuza! (evito por ligazóns que en horas quedarían rotas), hai semanas forase GZNación. A prensa e redes sociais que publica íntegramente en galego está desaparecendo mentres as que o fan en castelán reciben axudas polo fomento do galego. Inexplicable.

É un problema de audiencias? Non existe demanda para estes medios? Dubido que ese sexa o problema, cando menos o único problema. Existe una presión enorme polas institucións públicas gobernadas polo PP para silenciar estes medios, os únicos que realmente aportan algo a normalización da nosa lingua. Ese é o verdadeiro problema. Existe una enorme presión por parte das institucións gobernadas polo PSOE e BNG –este especialmente- por influir na edición destes medios. Ese é o verdadeiro problema, a eterna politización dos medios de comunicación. Todos queren o seu para aportar axudas.

A vindeira semana seremos miles de galegos os que nos veremos silenciados ao non contar coas plataformas de difusión habituais para nos expresar. Imponse a lei do silencio. Imponse o ‘peche é voadura’ da libre expresión en galego.

E o Conselleiro de Cultura que ten que dicir? Sairán ao rescate dos medios que editan en Galego? Deixarannos desaprecer sen máis? Haberá dimisións? Reunirase hoxe o Consello da Xunta de Galicia de urxencia para analizar a situación? Ou, nin iso?

Temos un problema, por Roi Xordo en xGaliza

Cando a información é incompleta e tendenciosa, é falsa.
Hoxe o diario El País volve a referirse a unhas canteiras, desta vez no Concello de Toén. A noticia é que o Alcalde deste Concello legaliza as canteiras que dende fai 10 anos extraen pedra dos seus montes. A noticia debería terse producido moito antes, precisamente pola permisividade desa actividade sen licencias, sen permisos, sen estudios de impacto, polas protestas dos veciños, etc., pero non. É noticia agora que se legalizan, quizais para por fin a esa situación de ilicitude, pero é noticia sobre todo porque o máis beneficiado sexa outro Alcalde do PP, José Luis Gavilanes Losada, de Xunqueira de Ambía.

Que insinúa a xornalista? Que si non fose o dono do PP seguiría explotándose eses recursos naturais de xeito ilegal, sen pagar impostos como todo contribuínte, sen respectar ao medio ambiente ou os dereitos dos veciños? Quizais quere dicir que se lle permitiron todas esas prácticas ilícitas durante 10 anos por ser un Alcalde do mesmo partido? Porque durante 10 anos ninguén dixo nada  e si agora que se pretende porlle fin? Moitas interrogantes sen resolver. Quizais se respondan na seguinte entrega de Cristina Huete.

Non é a primeira vez que critico a xornalista de El País por unha conduta semellante. Hai máis de dous anos falaba de lastres, ataduras e hipotecas,…  onde a crítica viña porque se daba unha información bastante tendenciosa en referencia as canteiras ilegais de Xunqueira de Ambía, ocultando a responsabilidade que certas persoas do seu entorno político tiñan na trama.

Agora, neste artigo, Cristina Huete volve a referirse a querela que a fiscalía presentou contra os responsables das canteiras de Xunqueira de Ambía, aos que non nomea directamente, e si reitera a vinculación que o Alcalde do Concello ten coas as mesmas segundo un informe da Policía Xudicial. Non vou ser eu quen saía en defensa deste depredador mais, si tal informe demostrase tal vinculación o Alcalde estaría entre os querelados. É máis, si tal informe puidese probar o que Cristina Huete afirma a querela non estaría na actualidade en situación de sobresemento provisional –a instancia do propio Ministerio Fiscal!-, tal e como denunciei neste blog hai unhas semanas. Como se pode facer referencia a unha querela do ano 2007 sen sequera pasar polos xulgados a preguntar en que estado se atopa? Ou, si o sabe, o que quere a xornalista é agochalo? Máis dúbidas…

Que ocorre coa formación ocupacional e continua en Galiza?
Levo pouco máis de seis meses parados e acabo de comezar o terceiro curso de formación ocupacional (fixen “Introdución a Sistemas Operativos baseados en Software Libre, CNU/Linux”, “Introdución a Metodoloxía Didáctica” e agora o de “Formador Ocupacional”) compatibilizando con outros estudos. Elixín estes cursos porque me parecen especialmente útiles no desenvolvemento das nosas empresas, isto é, a implantación de software libre (que non gratis, que diría un amigo) nas empresas ao resultar máis económico e a capacitación dos traballadores, co gallo de que estes se adapten aos avances tecnolóxicos, adquiran novos hábitos, competencias,… coa consecuente mellora da produtividade, cuxos beneficiarios son tanto o empresario como o traballador.

Expliquei porque elixín eu estes cursos, agora porque o departamento de formación da Xunta decide que se impartan eses cursos? Suponse que é pola demanda de  profesionais coas cualificacións que se deben adquirir nestes cursos, sen embargo, trala súa finalización non hai tal demanda destes profesionais. Xamais coñecín un caso dunha empresa que se dirixise aos centros formadores na busca destes profesionais (seguramente eles vos dirán o contrario) e moito menos, na miña vida, a formación ocupacional ou continua foi un factor determinante na miña contratación. Esa formación, financiada por fondos europeos, coa que dende Europa agardan a nosa converxencia, parece máis ben estar destinada a manter unha ‘elite’ de formadores profesionais ou empresas privadas que reciben esta encomenda e se dedican en gran parte a estas tarefas. Estes son os beneficiarios indirectos.

Aos beneficiarios directos, as asociacións, especialmente de empresarios, academias, concellos,… e outros centros FPO, non se lles mide o éxito do curso pola ocupación final do traballador desempregado, que para iso se fan estas accións formativas, non para ir logo a darlle forma ao sofá, como debería ser, senón pola satisfacción do traballador polos coñecementos adquiridos. Iso está ben, pero de que vale un alumno satisfeito si ninguén demanda os seus servizos.

O terceiro responsable deste dilapidamento de fondos públicos é o sector empresarial. Pois estes cursos, destinados a formar cos impostos de todos a traballadores para o seu propio beneficio, para a mellora da competitividade e a produtividade das súas empresas, estes optan por contratar a outras persoas seguindo criterios moi diferentes aos de capacitación para o posto de traballo.

Hoxe puidemos ter un debate sobre este asunto que axudou a confirmar en parte as miñas sospeitas. A formación continua é un fraude. As empresas que organizan cursos a distancia para traballadores pouco máis fan que pasar a factura ao final. Non existe un proceso de ensinanza (a valoración da aprendizaxe basease no tempo conectado do alumno a web, aínda que mentres está conectado estea pasando o ferro) nin unha avaliación con garantías (test virtuais que se poden facer unha e outra vez ate acertar todas,… e iso cando dende o propio centro formador non che realizan a proba).

Quen gaña con este fraude? Un traballador mal formado non adquire novas competencias e polo tanto non vai aportar nada novo a súa empresa. Parece que ao traballador non lle importa, ao mellor cre que xa sabe suficiente, pero, e ao empresario? Non quere que súa empresa sexa máis competitiva? Non quere ter uns traballadores máis produtivos?

Cústame entender esta complicidade maliciosa entre empresarios e traballadores, un caso insólito no mundo empresarial, cuxo resultado podemos ver na economía galega: desaparición sos seus sectores produtivos tradicionais, deslocalización de empresas a países máis competitivos, falla de emprendemento, desenvolvemento e innovación das empresas galegas, … que aumentan de xeito exponencial os efectos da invasión de empresas foráneas, estas si con cadros de persoal máis cualificados, equilibrados e estruturados.

Tal e como funcionan as políticas de emprego en Galiza, incluída a formación dos profesionais, competir neste mundo global é imposible.

Iso, haberá quen nos siga véndeno a idea de que é posible ser compettiivos sen investir no desenvolvemento das persoas da empresa, respectando os dereitos dos traballadores, dos consumidores, de medio ambiente, etc. Farano dende as súas luxosas sedes, amplas, luminosas, con moito arborado,… mentred nun recuncho do mundo producen os seus produtos (China) e noutro levan todo o lixo que os seus produtos deixan (Ghana) unha vez esgotados, fabricados cada vez cun cliclo de utlización máis baixo.

Ghana, Vertedeiro Global

Concurso de verán 2010
presidente bombeiro

Lembran a imaxe da dereita. Que tempos aqueles … en que o Presidente da oposición, Alberte Núñez Feixóo arrimaba o seu ombreiro para arranxar os problemas que padecíamos tódolos galegos. Daquelas -verán do 2006- sufríamos unha vaga de lumes incontrolados e o Sr. Feixóo non dubidou, iso si, vestido para a ocasión (a gracia é de escolar, a foto tamén) en colaborar do mesmo xeito que o fixemos milleiros de galegos: cun sacho, cun pestoiro de xestas, co batelume, coa auga das nosas piscinas,… co que fora. Había que rematar con aquela longa noite de san xoan coa que xa se adiviñaba Galiza dende as estrelas. Por iso, dende  mOendo do Revés, que amais de revirado, tamén temos un punto  gracioso, quero propor un concurso para este verán, co ánimo de amosar a nosa clase política ate onde a xente de a pé estamos dispostos a deixalo todo para botarlle unha man a un veciño que o está pasando mal pola ameaza do lume.

Bases do concurso:

Para participar no concurso só teredes que enviar unha foto vosa apagando nun lume, iso si, preparados para ocasión. Por exemplo, que vas bailar a muiñeira na festa do teu pobo, pois nada, colle un batelume e a apagar co traxe tradicional galego; que vas de voda e, por riba es a noiva,… nin o penses, non terás mellor foto para o recordo que esa, ti e un mangado de xestas mallando no lume;… por suposto, obedecede sempre as consignas da persoa que estea ao mando. Si alguén as saltou, quedará descalificado.

As fotos deberedes mandalas á caixa de correo que se agocha detrás do sobre que aparece na cabeceira deste blog, identificando as persoas que aparecen nela, que non teñen porque ser os que envíen a foto. Imaxinade (cumpre ter moita imaxinación así que si non é o voso caso podedes saltarvos estas liñas) que vos atopades a Pachi Vázquez abrindo cortalumes cun buldocer prestado polo goberno central, esa foto vale -e moito, son escasos eses aparellos por aquí-; ou a Francisco Rodríguez prendendo lume a un monte de eucaliptos,… pois non, esta non valería (os contralumes só pode realizalos unha persoa especializada). Ten que ser fotos de xente colaborando na solución dun problema colectivo, non que ande a crealos.

As fotos irémolas publicando a medida que as vaiades achegando. O día límite para o envío será o 14 de setembro (festas en A Sainza). Podedes engadir os comentarios que vos pareza e, dende logo, os dereitos das mesmas pertencerán as persoas que as envíen (sendo responsabilidade súa a non autoría).

Premio:

O premio será para a persoa autora da foto que máis votos reciba nunha enquisa que se realizará entre o 15 de setembro e o 30 de setembro.  E cal é o premio? Esta estupenda mangueira de rego de goma de ate 50 metros de lonxitude!  Con esta si, poderás logo realizala foto da túa vida.

mangueira de rego

“Que un idioma grande se coma al pequeño puede ser bueno para la sociedad”
Quen podería dicir unha barbaridade semellante? Pensen. É «ourensán«, “empresario cultural”, dirixente dun “partido político”, “xornalista”, “columnista”, etc.

*fíxense que os adxectivos van entre comiñas.

Non hai moito a mesma persoa, noutra conversa dicíame «Es inevitable que el grande se imponga, es antinatural, no práctico y antieconómico intentar lo contrario». Fálame sempre en castelán porque iso ao parecer o fai máis “chic” (é o que se impón), máis natural, máis práctico e máis económico. Imaxino que o que economiza son neuronas que é o que máis se pode gastar adquirindo coñecementos. Nótaselle que ten aforrado moito e non só na aprendizaxe de linguas.

Estas dúas frases poderían resumir toda a súa ideoloxía, mais, a máis clarificadora é o lema do seu partido “ni de derechas, ni de izquierdas, de Ourense”. Quere dar a entender que o que máis lle preocupa a esta formación é a súa cidade? e os seus cidadáns? Eses non tanto. Ourense é unha cidade do Sur de Galiza, galega por tanto, na que se fala galego aínda que a algún ignorante que na súa vida saíu do centro o ignore. Imaxino que é aí onde recolleita os votos a súa formación (Paseo e arredores).

Autoproclámase, sen que ninguén o designase para tal cousa, representante do pequeno comercio local, e fala por todos. Evidentemente non fala máis que por si mesmo, aínda que, ben visto, o que lle falla ao comercio local da nosa cidade sexa exactamente o que lle falta a el: identidade propia, sen a cal é imposible competir co comercio invasor (grandes superficies) e no comercio exterior (ao non ter nada novo que ofertar).

Matinacións
Ando eu dándolle voltas ao muíño, do revés, coma de costume, acerca de diferentes temas de actualidade nesta terra esquecida -para algúns, os de sempre-.

Catalunya é unha nación

… por que o di o pobo catalán, o único no que reside a soberanía popular. A algúns neodemócratas cumpre lembrarlles o significado da soberanía popular. Esta, a soberanía popular, non pode delimitarse espacialmente, circunscribíndoa a un espazo determinado a conveniencia dunha maioría (porqué debe decidir o Estado español sobre a soberanía doutro pobo, porque non tódolos cidadáns da UE ou do mundo? O dereito a determinar libremente o futuro correspóndelle individualmente a cada pobo), ou temporalmente, obrigando a que se cumpra unha constitución, só en parte, na parte que interesa a uns poucos (podería estenderme en dereitos  como o do traballo, vivenda digna, a cultura, e tantos outros que non se cumpren nin hai Tribunal Constitucional que os faga cumprir), que foi votada baixo a ameaza dunha ditadura, silenciando os seus crimes, por unha parte da poboación que hoxe en día xa non vive. A maioría dos que hoxe temos dereito a voto non eliximos ter esta constitución. Sobra facer números.

Galiza, nación de fábula

Di o PSOE que Galiza é “nazón de Breogán”. Logo da vitoria do combinado hispano, con maioría cuantitativa e cualitativa catalá, penso que os socialistas son excesivamente optimistas. O nacionalismo decimonónico que practica a UPG coa pel do BNG non fixo máis que impulsar o crecemento do sentimento nacionalista español en Galiza afastándose desa concepción de leira balada coa que Francisco Rodríguez imaxina a nosa terra. Nin balados nin leiras, estamos no século XXI, e as alternativas que temos son dúas:  globalización ou glocalización, isto é, actuar localmente sen deixar de pensar globalmente. O nacionalismo galego nin arre nin xo, a diferencia do catalán, que si soubo atopar un sitio no imperio europeo e o seu pobo, como demostrou o sábado pásado, ten conciencia de saber a parte que ocupa. A solución máis real para acadar novas cotas de soberanía pasa pola construción da Europa dos pobos e afondar na desaparición do Estado como instrumento de goberno, ao meu entender e seguindo a José M. Colomer (Grandes Imperios, Pequenas Nacións, 2006), un instrumento caduco. A diferenciación entre nacións con estado e nacións sen estado só desaparecerá cando sexa abolido o estado,  non pola adquisición da condición de estado. Pode e debe perseguirse o recoñecemento de Galiza como nación do imperio europeo. O futuro da nación galega pasa por acadar unha Unión Europea que pense menos na economía e máis nas persoas, nos seus dereitos, nas súas culturas, nas súas diferencias, e faga disto un valor.

Non comparto co nacionalismo galego que Europa sexa un problema. Vexo nela a solución. O que ocorre é que o nacionalismo galego quedou trabado séculos atrás. Mentres non se decaten, a rojigualda seguirá ondeando nas nosas prazas cos trunfos alleos. É a vitoria do nacionalismo popular sobre o nacionalismo cívico, como ben diferencia Xoan Hermida.  On non, que diría outro muiñeiro.

A maior causa do quecemento global é o comercio global, SATISH KUMAR

“Recompénsase aos culpables e faise sufrir aos inocentes”, SUSAN GEORGE
Fai máis de catro décadas que Susán George (Ohaio, 1934) avoga por outro mundo, tan globalizado como o actual, pero máis solidario é sostible. Fundadora é presidenta de honor da organización altermundista ATTAC, sostén que aínda non vimos o peor da crise. “A desfeita actual é a antesala dun fenómeno máis grave”, asegura George, extremadamente crítica coa xestión que levaron a cabo os gobernos e as organizacións internacionais. Instalada en Paris dende os anos sesenta, hoxe preside o Transnational Institute, con sede en Amsterdam. Georges é Licenciada en Ciencias Políticas e en Filosofía, e é doutora en Ciencias Políticas pola prestixiosa Ecole des Hauts Études en Sciencies Sociales (EHESS) de París. Algúns dos seus libros, como Informe Lugano (Icaria 2007) e Outro Mundo é posible si… (Icaria 2007) resultaron fundamentais para o movemento altermundista. Agora ultima un novo volume sobre a crise.

Cal é o seu diagnóstico a situación actual, máis dun ano e medio despois da quebra de Lehman Brothers?

Antes de nada, que abramos ben os ollos. Parece que soamente asistimos a unha crise financeira, porque é a única que ocupa as portadas dos xornais. En realidade, esta crise eclipsa outras igualmente graves. Por exemplo, unha crise social provocada polas crecentes desigualdades. E unha crise ecolóxica que habería que resolver con urxencia. Non nos deixemos enganar: que a bolsa se estabilice non significa que remataran tódolos problemas.

Como valora as medidas adoptadas polos gobernos de todo o mundo?

Os que nos gobernan non entenderon nada. As axudas gobernamentais favoreceron a unha ínfima minoría. O G20 tentou volver a situación anterior a crise o máis rapidamente posible. O máis escandaloso é o que os bancos recibiron centos de miles de millóns  de euros sen ningunha contrapartida, sen ningunha obriga a cambio.

Que se debería ter feito?

Hoxe estamos ante un sistema estruturado en catro círculos concéntricos. Por esta orde, as finanzas -que o engloba e determina todo-, seguidas da economía, a sociedade e o medio ambiente. Eu creo que habería que inverter esta xerarquía. O medio ambiente debe ocupar o primeiro lugar, porque é imposible loitar contra a natureza. A economía e as finanzas deben estar ao servizo da sociedade e non ao revés. Habería que empezar nacionalizando os bancos. Non se trata só de facer que o executivo que xestione, senón de obrigalos a conceder créditos, que deberían ser un ben público, en especial ás empresas ou aos particulares con proxectos ecolóxicos. Nos anos cincuenta, a metade do crédito ía destinado ás finanzas e outra metade á economía real. Hoxe a proporción é dun 80% para as finanzas e un 20% para a economía real. Como imos facer xirar o mundo con eses valores.

Diría que se produciu un retorno ao proteccionismo e a regulamentación despois de moitos anos de libre cambio sen freo?

En absoluto. Considero que o proteccionismo foi mínimo. Incluso o Director Xeral da OMC [Organización Mundial do Comercio], Pascal Lamy, recoñeceuno. As medidas que se adoptaron non tiveron ningunha influencia sobre o libre cambio a escala global. De acordo, o comercio reduciuse, pero so porque o consumo descendeu: a xente non ten cartos e, conseguintemente, tende a comprar menos. O estado adoptou iniciativas, pero isto non é sinónimo de proteccionismo. O que fixeron os estado foi atopar os cartos, pero endebedándonos a todos, especialmente aos máis mozos. A veces parece que esquecemos que os cartos non can do ceo…

Historicamente, os momentos de crise serviron para facer avances sociais. Esta crise tamén o permitirá?

Non me parece moi probable. Durante a gran Depresión dos anos tinta, si que ocorreu, pero só porque en Estados Unidos tiñan a unha persoa como F. D. Roosvelt de Presidente. Por desgracia, Obama non é un novo Roosvelt. Impresiónano os poderosos, mentres que Roosvelt non se deixaba intimidar, tal vez porque procedía da mesma clase social ca eles. Sabían que eran depredadores. Roosvelt pronunciou unha frase que me marcou: “Esta clase social gárdame xenreira. E eu estou orgulloso do súa xenreira”. Obama xamais podería dicir algo así. Non sabe imporse e limítase a facer discursos bonitos. A miña teoría é que non haberá ningún progreso social, que o paro seguirá aumentando e que os plans de estímulo non terán ningún impacto a largo prazo.

Obama brindou o seu apoio implícito ao “New Deal verde” que vostede propuxera en 2007.

Si, moita xente utilizou esta expresión ultimamente, entre eles Obama. Aínda así, por desgracia, ninguén se atreve a pasar a acción. Temos que intervir de forma masiva na economía verde, comezando pola industria do automóbil, o transporte público e o desenvolvemento de enerxías sostibles. Non so polo respecto ao medio ambiente, senón tamén porque sería unha fonte de ocupación non deslocalizable a Asia.

Este xiro verde será suficiente para frear a deriva do capitalismo financeiro?

Sería un primeiro paso importante, que debería ir acompañado da instauración da taxa sobre as transaccións financeiras -a chamada Taxa Tobin-, o aumento da presión fiscal sobre as multinacionais e a reforestación nos estados do sur, a cambio da anulación da débeda. E o máis importante: o cerre definitivo dos paraísos fiscais. No día de hoxe oito millóns de persoas posúen 37,8 billóns de dólares. O problema non é que haxa diñeiro no mundo, senón que está agochado.

Diría que a irrupción desta crise acelerou a tendencia cara a chamada desglobalización, por utilizar o termo do seu colega Walden Bello?

Ocorreron cousas que poden indicalo. En América Latina apareceron organizacións como a ASBA [Alianza Bolivariana para as Américas]. E os países asiáticos acercáronse uns aos outros e comezan a negociar a creación dunha moeda única para todo o continente. A crise fai avanzar a tendencia dos derradeiros anos a certa rexionalización, pero, en todo caso, paréceme moi pronto para falar de desglobalización. Cando a inversión volva aos niveis anteriores á crise, todo será exactamente igual que antes. Os países máis fiables seguirán gañando a partida.

No ano 2001, en pleno Foro Social de Porto Alegre, sostivo que non desexaba a chegada do chamado accidente global, utilizando a expresión do filósofo Paul Virilio, porque viría “acompañado dun enorme sufrimento humano”.

Paul Virilio cre que aínda non estamos nesa situación, que chegará outro episodio aínda máis grave. E eu estou bastante de acordo con el: aínda non vimos o peor. De tódolos xeitos, non estamos moi lonxe do que Hobbes chamaba “a guerra de todos contra todos”. A loita de clases segue sendo perfectamente vixente. Os ricos son cada vez máis ricos e os pobres, cada vez máis pobres. As diferencias volvéronse case obscenas, ate o punto que sería necesario por en marcha un debate sobre as diferencias de remuneración. Si o traballador do último chanzo da xerarquía recibe 1.000 euros mensuais, é xusto que un dirixente reciba 50.000? En Estados Unidos, un xefe de empresa gaña entre 400 e 500 veces máis que un obreiro de base. Os cidadáns están furiosos e indignados, e con razón. Para solucionar a crise, recompensouse aos culpables e fíxose sufrir aos inocentes.

Asistimos ao fracaso definitivo do estado do Benestar?

A miña xeración estaba convencida de que o Estado-Providencia era unha conquista dos países ricos que os países pobres irían copiando progresivamente. Que errados estábamos! Hoxe vivimos unha regresión cara o Capitalismo brutal do Século XIX e as clases dirixentes non fan nada para evitalo. Estamos gobernados por avestruces que meten a cabeza no buraco baixo terra.

Nos derradeiros anos acusouse o seu punto de vista de anacrónico. Que sentiu ao ver que o tempo lle deu a razón?

Non foi un momento de satisfacción intelectual, si é o que me pregunta. Fai máis de trinta ou corenta anos que estou convencida de ter razón. Non tiña ningunha dúbida ao respecto. As críticas non me afectan. Sempre pensei que cando a maioría está plenamente convencida de algo, é porque seguramente se trabuca.

Nicolas Sarkozy dixo que había que “moralizar o capitalismo”. É unha misión imposible?

É evidente que si. Sería como querer moralizar aos tigres. Os tigres ten unha natureza particular e non os podemos domesticar. A ninguén se lle pasa pola cabeza reprochar a un tigre que se coma aos nenos pequenos que se lle acercan. E co capital ocorre o mesmo. Para moralizar aos capitalistas habería que metelos en gaiolas. Sarkozy é un oportunista, pero ten unha gran capacidade para captar o clima político do momento. Por exemplo, viu que a ecoloxía xa non é unha cuestión banal para os cidadáns e tomou medidas que nin o Partido Socialista, que non entendeu nada sobre o tema, nin sequera se formula. Non sei si o PSOE é peor aínda que o socialismo francés, pero en todo caso a competencia é moi axustada. O que ocorre é que non podemos agardar máis: é necesario que alguén poña en marcha esta revolución verde. E si ten que ser a dereita, pois que o sexa. O partido que o entenda gañará as eleccións ate a eternidade.

Critica que se confunda antiglobalización e alterglobalización. Cal é o matiz?

Os “alterglobalización” somos profundamente internacionalistas, ou sexa que non temos nada que ver cos “anti”. O problema é que a globalización que vivimos é neoliberal por definición, ou sexa, se confunden os conceptos. A globalización pareceríame fantástica si estivese rexida por outras regras. De feito, eu sempre dixen que estou a favor do mercado. O que faría falla sería cambiar as normas que o regulan. O problema é que o capital teña todos os dereitos e os traballadores, que ten moi poucos, se resignen a converterse en simples consumidores.

Cal é o seu balance dos doce anos de existencia de ATTAC? Este tipo de Coalición cidadá segue sendo a única solución para cambiar o mundo?

ATTAC foi unha experiencia apaixonante, a pesar dos numerosos problemas internos que vivimos. Sempre hai unha pequena parte de decepción en tódolos proxectos que abordamos, pero conseguimos cousas moi importantes. Non nos inscribimos nunha dinámica utopista, como escoito a veces. Somos totalmente realistas e isto viuse co tempo. O principio da Taxa Tobin ten hoxe o apoio de personalidades como Angela Merkel ou Gordon Brown. N Francia conseguimos tombar o tratado constitucional europeo. Evidentemente a Unión Europea non o aceptou, porque en Europa non existe unha auténtica democracia.

Que consello daría aos estudantes que remataran a carreira durante os vindeiros anos?

A verdade é que o ten bastante negro. O último que quixera agora mesmo é volver a ser moza. Os mozos de agora existiredes a situacións bastante desagradables, pero podedes loitar para poder cambiar as cousas adheríndovos a un sindicato ou a unha organización. Sós non sairedes adiante. Tamén lles diría que estuden o que lles guste e non o que resulte máis convínte. Acostumamos a facer ben as cousas que nons apaixonan.

Porque segue loitando si todo nos empurra a ser pesimistas?

Porque eu non razoo en términos de optimismo e pesimismo. O que teño é esperanza. E digo dun xeito moi racional. Temos probas históricas que demostran que as cousas cambian. Nunca se sabe cal será o factor que derrubará un sistema, ou sexa, que haberá que seguir loitando ate que o descubramos.

De onde xorde o seu activismo? Procede dunha familia proletaria?

Ao contrario, procedo da alta sociedade norteamericana, ainda que crecín nunha cidade maioritariamente obreira de Ohaio. Cando era moza dinme conta de que a clase dirixente non tiña nin ideas, nin conversación, nin intereses. E entendín que non quería pasarme a vida asistindo a festas, cócteles e ceas de gala. Parecíame do máis aburrido. E eu non quería pasarme a vida aburríndome , senón facendo algo útil para a sociedade. E iso é o que agardo ter feito.

Entrevista realizada por Alex Vicente para WalKin

Non se albiscan alternativas ao capitalismo depredador
Comezou o “III Encontro Internacional de Emprendedores: Eduardo Barreiros” coa conferencia “Programas e liñas de axuda para emprendedores do MITYC” a cargo de Antonio Fernández Ecker, un tema que que ao empresariado, en palabras de Agustín Fernández, Concelleiro de Economía, Facenda e Promoción do Emprego, “chirría” un pouco.

Isto sucede porque son tantas as liñas de axuda, con presupostos cada vez máis limitados, para dar paso a outras novas, e son, cada vez máis, os organismos intermedios beneficiarios destas axudas. Cales son os organismos intermedios? Boa pregunta. Foi tema de debate. Son o que comunmente coñecemos como chiringuitos, isto é, poden ser unha asociación de ámbito social, empresarial, etc, unha fundación, unha cámara de comercio, un sindicato,… é dicir calquera entidade autónoma, pública ou privada, sen ánimo de lucro. Isto impide que organismos como os Concellos, Deputación, ou Xunta non podan ser beneficiarias directas destas axudas, e crear así postos de traballo de carácter público, e se vexan na obriga de fomentar eses detestables chiringuitos, verdadeiros gardiáns do emprego precario, temporal e moi dado ao enchufismo.

Antonio Fernandez falou de iniciativas moi interesantes para o emprendedor como CEVIPYME, INNOEMPRESA, RSE PYME, ENISA, CERSA, Bussines Angels, Microcréditos a mulleres emprendedoras, Programa Tutela,…e moita outra información, moitas veces descoñecida que se pode atopar nas páxinas de web de IPYME e CIRCE. Con toda esta información fómonos ao descanso.

Pensei que o encontro ía estar máis aburrido, así que me levei a revista WALKIN, unha revista trilingue (catalán, castelán e inglés) que edita a UOC. Leo unha entrevista a Susan George, presidenta de ATTAC, ao final da cal di algo que me obriga a tomar nota: «sempre pensei que cando a maioría está plenamente convencida de algo é porque, seguramente, se trabuca». Ten que haber moita xente trabucada no mundo …

A volta da pausa a conferencia seguía a cargo de Ignacio Urdiales, Director Financeiro de Blu:sens, e Emilio Fernández Suárez, Profesor de Ecoloxía da Universidade de Vigo, un para falar de «Empresas TIC» e o outro sobre «Medio Ambiente e Enerxía» como «Oportunidades de actividade no marco da crise«. Anoto a cita que aparece na primeira páxina do Power Point: «se queres ir rápido, viaxa só. Se queres chegar lonxe, faino acompañado. Blu:sens Global Corporation».

Ignacio fai referencia ao perfil emprendendor dos fundadores de Blu:sens (José Ramón García e Miguel Silva): compromiso e determinación, paixón polo proxecto e visión estrátéxica. Pídeselle moito a un emprendedor… amais, que teña cartos, porque hoxe non lle fían a ninguén. O Director Financeiro de Blu:sens cita algúns dos piares do éxito da compañía: innovación constante, consistencia, rapidez e anticipación, boa relación calidade prezo, alta calidade, practicidade e flexibilidade. Amais disto, adicar un 7% dos orzamentos ao marketing e un 5% a I+D+I.

Emilio Fernández comezou a súa intervención sinalando a principal fonte de contaminación: o ser humano,  comparando o crecemento demográfico da especie humana co do xurdimento dunha praga. A verdade é que estes gráficos dan medo. Máis, a miña pregunta é: é compatible o crecemento económico co respecto ao medio ambiente e aos dereitos humanos?

O certo é que os dous contertulios non conseguiron dar unha resposta convincente, cando menos que me convencese a min. Falar de políticas de Responsabilidade Social Corporativa respecto ao grupo de traballadores (135) que conforman a compañía Blu:sens na súa sede de Santiago de Compostela é moi bonito, incluso dicir que diante da sede da empresa se prantaron unhas árbores como mostra de respecto ao medio ambiente, insistir en que se cumpre toda a normativa CE nos productos finalizados, pero, que sucede na orixe?

Ben a miña opinión é que por máis que se trate de trasladar unha imaxe de respecto ao entorno, neste entorno, no noso, onde se comercializa o produto, erradicando as agresións ao traballador e a natureza, a realidade é que eses problemas non desapareceron, soamente cambiaron de lugar, para un lugar onde as esixencias medioambientais e os dereitos laborais están menos regulados: China. Como o que alí contaminan non o respiramos nós a contaminación non existe… mentres tanto, seguiremos prantando árbores nos nósos parques tecnóloxicos e ningún panel solar.

A miña conclusión destas dúas intervencións e das respostas as miñas preguntas é que non é posible o exito empresarial si se respecta totalmente ao medio ambiente. Aínda así hai que seguir loitando porque, como di Susan Georges, «eu razono en términos de optimismo e pesimismo. O que teño é esperanza. E dígoo dunha maneira moi racional. Temos probas históricas que demostran que as cousas cambian«.

Pala tarde, nun novo panel, «Novos perfis, novas necesidades do emprendedor» contamos coa presenza de dous bloggers. Como blogger afeccionado debo recoñecer que agardaba moito máis deles mais, claro, son emprendedores, son innovadores, si dalgo van falarche non é das súas ideas de futuro, senón das pasadas; as futuras seguramente as acaben pondo eles en práctica, máxime cando nos referimos a un mundo tan cambiante como o das TIC.

Isto é ao que o comunity manager Marc Vidal, blogger e Director Xeral de Cink, chama «emprendeduría dínamica» e que esixe unha actitude de constante adaptación ao cambio que obriga a desbotar calquera plan de empresa tanto a curto, medio, como longo prazo. No sector das TIC os plans reinventanse cada día. Algunhas das claves do éxito, para Marc, están en saber cometer erros, ter a capacidade de transformalos en know how, e no traballo en rede: compartir, proxectar globalmente e aprobeitar o traballo colectivo e desinteresado que millóns de persoas aportan cada día a web. Ou, como el dixo, cumpre comportarse como secoias (o nome ao galego inventeimo, admítense correccións), a árbore viva máis grande do mundo, acadando os 125 metros de altura cunhas raices de pouco máis ou menos medio metro.

Iso si, a diferencia das secoias que se axudan unhas a outras para sobrevivir, o comportamento das empresas é ven diferente, é competitivo, e o que se busca sempre e superar, e si se pode eliminar, a competencia.

Jaime Estévez, periodista, blogger e Director da Axencia de noticias Agoranews, comezou a súa intervención facendo unha crítica ao sistema de subvencións. Efectivamente, si un emprendador quere realizar unha inversión no eido das TIC non pode estar agardando por unha axuda ou subvención da administración porque esta móvese con outros tempos. Probablemente para cando che concedan esas axudas a vida útil do proxecto xa rematou, no peor dos casos, ou se tivo que reformular, cando mellor. Insistiu, como Marc, na importancia que ten as redes sociais na creación de valor da empresa (iso que na vida real chamamos boca-orella e que aquí ben podíamos chamar man-ollo); tamén coinciden en que os «bussines plan non serven para nada» neste eido.

Menos interesantes resultaron as intervencións, con perdón, que se referiron ao «Cambio xeracional nas empresas familiares locais» e a «Actividade exportadora como oportunidade«, nuns casos, o dos nosos empresarios locais, por carecer de contidos innovadores (estratexias, tecnoloxía, RSE, visións,…); noutros, no caso da exportación, por referirse a un modelo de exportación propio do século pasado: pesado (por volumen), lento, pouco flexible e caro (impostos, aranceis, intereses e taxas por servizos bancarios), con nula referencia a comercilización virtual, pago electrónico,… moito máis áxil e accesible para un novo emprendedor.

A última xeira destas xornadas para emprendedores chamada «Emprendendo e entornos urbáns» tivemos a oportunidade de coñecer o desenvolvemento de tres localidades ben distintas: Ureña, da man do seu Alcalde, Manuel Pérez-Minayo Reguera, a Cidade Histórica Vitoria-Gasteiz, Gonzalo Arroita Berenguer, e de Barcelona, para falar do proxecto 22@barcelona, Jaume Amill Miralles, tres casos paradigmáticos de xeración de riqueza recuperando patrimonio en ruinas, esquecido ou inservible. Quizais polas súas similitudes con Ourense, o modelo máis aplicable aquí sexa o de Vitoria-Gasteiz, creando actividade comrcial no casco vello da cidade, en torno aos oficios, si, pero tamén ao arredor da súa historia. Para iso cumpre investigar moito sobre ela, para o cal se precisan axudas, e saber proxectala a través das redes sociais, como non, para que o turista perciba unha cidade distinta e máis atractiva.

O modelo de Ureña pódese aplicar en moitos núcleos poblacionais do rural, onde temos tanto patrimonio esquecido e aínda agochado (ducias de castros) e, cada vez máis, abandonado polo avellentamento e despoboamento dos pobos.

Mais difícil é atopar compromiso das administración e financiamento privado para por en marcha proxectos como 22@barcelona. Aos nosos políticos fáltalles visión e os nosos empresarios só perseguen a acumulación (aínda están nese proceso que sociedades máis avanzadas como a catalana fai séculos superaron, priorizando a construción de país sobre os intereses individuais duns poucos).

Submisas e submisos por fora, rabiando por dentro
Así se refire Eduardo Punset as mulleres que, fai apenas uns anos, “se entregaban vestidas de negro, submisas por fora e rabiando por dentro”, en contra das xentes de agora que “saen armadas contra a desesperanza” da vellez. Todas? Todos?

Non todas. Non todos. Vivimos nunha sociedade onde moitas persoas seguen gardando a súa rabia. Ao abeiro das organizacións empresariais e, sobre todo, políticas, cegadas polo “seu atractivo mental e individual”, o cal lles impide ver que “as barreiras de entrada son practicamente infranqueables e onde a competencia e, por tanto, a innovación non son posibles”, non son benvidas,… ao abeiro destas organizacións, dicía, amontoase gran cantidade de xente submisa. Creen os que controlan estas organizacións que ese sometemento será perpetuo? Como se xustifica o dominio dunhas elites políticas sobre a masa social?

A maioría dos partidos políticos que coñezo seguen a tendencia contraria das empresas con máis éxito: aquelas onde se aplican practicas de responsabilidade social e corporativa, aquelas onde se busca, retén e premia o talento (employer branding), aquelas que acadan os seus obxectivos grazas ao esforzo da totalidade do equipo, un equipo de primeiro nivel, un equipo de persoas que cren no que fan (compromiso) e ten a capacidade para facelo (talento). O éxito está na combinación de ambas; pero sobre todo, na existencia de equipo.

“O que conta é o conxunto e non as partes independentes. Si as partes dun sistema funcionan perfectamente, pero non o sistema xeral, temos un problema” [José Máría Gasalla (2000)]. Agora que, si as partes do sistema non funcionan, nuns casos por falta de talento, noutros de compromiso, o que temos son moitos problemas.

Sentido de urxencia
John P. Kotter, en «Liderando o Cambio«, establece como a primeira das regras para lograr unha transformación social saber comunicar o «sentido de urxencia«. Nesas andamos dende que a crise financeira truncou a xeira de crecemento económico.

O peche de empresas, grandes, pequenas e autónomos, foi continúa, os EREs acumulábanse enriba das mesas das administracións competentes, o parón da contratación de persoal impediu renovar a boa parte da poboación traballadora que estaba suxeita a este tipo de contratos, as inversións millonarias dos gobernos, nuns casos para salvar a empresas multinacionais da banca, da automoción ou da construción, noutros para completar a receita máxica (aquela dos 400 €)  de panem circensque, esgotaron os beneficios recollidos anos atrás e comprometeron os de anos vindeiros.

A situación económica actual é pésima, a situación de traballadores, empregados e desempregados, pesimista. O goberno está desgonzado logo de que cada unha das súas medidas non servisen máis que para agravar a situación económica, agás a uns poucos que si llela solventou. Estas urxencias son as que usa a CEOE para forzar un acordo no que os traballadores perdan, como si xa non perderan abondo con esta crise, parte dos seus dereitos.

E que gaña o empresariado creando estas urxencias? O primeiro que logrou, levando ao seu país as taxas de desemprego máis elevadas da OCDE, foi a perda de competitividade propia, xa que si tes empresas nun país onde tantos traballadores non traballan nin, polo tanto, consumen, a empresa faise máis pequena tanto no mercado interior como no exterior. Toda esa perda dificilmente será recuperada cun cambio na lexislación laboral, máxime si, como é mais que previsible se convoca unha folga xeral.

Si o plan era crear ese «sentido de urxencia» para forzar a perda de dereitos dos traballadores, probablemente para as novas contratacións (mediante insiders/outsiders), o resultado e que tanto unha parte coma a outra se atopan coas mesmas urxencias, claro que o empresario pode sobrevivir aínda que lle pechen tódalas súas empresas (como mostra, o Presidente da Patronal, Díaz Ferrán) pero o traballador desempregado sofre todo tipo de dificultades.

Este cambio que se vai producir agora polas bravas puido terse realizado antes sen chegar a unha situación tan dramática, claro que para iso cumpría que se desen outras circunstancias que, a vista dos resultados, non se deron, por parte de ningunha das partes implicadas: a necesidade dun liderado sólido. Hai demasiados xerentes e moi poucos líderes. Kotter afirma que os xerentes só perseguen «minimizar os riscos e manter operativo o sistema actual»; sen embargo, para introducir un cambio cumpre un líder xa que «require a creación dun novo sistema». Desafortunadamente vivimos nun país sen líderes.

Amais tiñan que darse outras condicións que tampouco se deron, como ter creado unha «coalición guía suficientemente poderosa», condición esta imposible xa que o goberno de Zapatero está totalmente só dende o día da súa investidura; ter unha visión clara e saber transmitila -sobre isto non fai falla que engada nada- dun xeito intenso é crible; eliminar os obstáculos que dificulten a visión, tarefa dificil cando o marco de actuación é un estado; e evitar declarar a victoria demasiado pronto -quen non se lembra dos brotes verdes?-.

Si finalmente se produce un cambio na lexislación laboral que perxudique ao traballador é evidente que estallará un conflicto social, aínda que os tempos non o permitan. Porqué? Porque coa urxencia como único elemento para levar a cabo un cambio social, non é posible acadalo.

Daniel Cohn-Bendit e Julio Anguita. As (ideas de) esquerda existen.
<object width="614" height="370"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/nqno8H-mjeY&color1=0xb1b1b1&color2=0xd0d0d0&hl=es_ES&feature=player_embedded&fs=1"></param><param name="allowFullScreen" value="true"></param><param name="allowScriptAccess" value="always"></param><embed src="http://www.youtube.com/v/nqno8H-mjeY&color1=0xb1b1b1&color2=0xd0d0d0&hl=es_ES&feature=player_embedded&fs=1" type="application/x-shockwave-flash" allowfullscreen="true" allowScriptAccess="always" width="614" height="370"></embed></object>

<object width="614" height="370"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/8dXRaQPsS70&hl=en_US&fs=1&"></param><param name="allowFullScreen" value="true"></param><param name="allowscriptaccess" value="always"></param><embed src="http://www.youtube.com/v/8dXRaQPsS70&hl=en_US&fs=1&" type="application/x-shockwave-flash" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" width="614" height="370"></embed></object>

Estes vídeos ten xa unhas semanas pero seguen estando de actualidade. É o que ten as ideas boas, nunca se pasan.

Os «non representantes» dos «non traballadores»
Si tivese que buscar unha definición axeitada para definir aos sindicatos sería esa: os «non representantes» dos «non traballadores».

Hoxe os sindicatos son un bulir constante, un fervedoiro, dende que o Sr. Zapatero tivo a súa derradeira ocorrencia: baixar o soldo dos funcionarios. Tivo moitas outras antes, cada cal peor que esta, pero ningunha organización sindical dixo nada ou, de onde crían que ían saír os cartos para pagar as axudas ao sector automobilístico (Plan2000E), financeiro (o FROB) ou construtor (PlanE)?. Grazas ao Plan2000E e aos impostos que todos aportaremos agora salváronse milleiros de postos de traballo, non só aquí, senón en todo o mundo, pois a maior parte dos coches financiados con eses cartos eran importados; co FROB pagaremos as débedas dos bancos e caixas que fiaron e investiron en produtos lixo enxeñados alén do mar; co PlanE as administración puideron manter nos seus postos aos traballadores de grandes construtoras, as que traballan normalmente coa administración, e financian de xeito habitual e ilegal aos partidos políticos. É importante ter contentes aos que realmente mandan.

Mentres todo isto sucedía o cerre de empresas, PEMES e autónomos era imparable. En tódolos sectores. Para estes non había axudas porque axudas non pode haber para todos. Cando uns levan as axudas outros ten que pagalas; é de sentido común. Millóns de persoas quedaron sen emprego.

Grazas a política de estrangulamento levada a cabo polo partido socialista, e consentida pola maioría dos sindicatos e de partidos políticos, é que agora as empresas ten máis opcións estratéxicas ao seu favor e poden exercer maior presión sobre os prezos do mercado laboral… é a lei da oferta e a demanda.

Os sindicatos defenderán os dereitos dos traballadores, pero non farán o mesmo cos non traballadores, asumirán e permitirán un novo recorte de dereitos. Chamaranlle flexibilización salarial. As empresas comprometeranse a realizar novos contratos sempre e cando os novos traballadores contratados reciban salarios menores que os xa contratados, teñan menos dereitos (menor custo do despedimento) e asuman máis riscos (aplicando cada vez máis o principio de incentivos).

O resultado será unha maior inestabilidade no emprego o que nos levará a unha menor cualificación no posto de traballo, a asumir máis riscos e sufrir máis accidentes, a aforrar máis e consumir menos,… e aí volve a roda a comezar: consumindo menos será máis difícil crear emprego. Entenderán algún día as empresas que sen traballador/consumidor non hai negocio?

O BNG anda a meter a man na caixa dos seus ex-militantes
Quedei abraiado! Si, abraiado cando me ensinaron un cargo con data do 03/05/10 de 32,68€ na conta de Caixanova dunha ex-militante do BNG. Tiña feita unha solicitude de baixa de domiciliación dende agosto de 2008. Estaba dada de baixa por activa (ao tela solicitado ao (IR)Responsable Comarcal) e por pasiva (por devolver os recibos dende aquela data). Trátase dun caso illado? Non creo …

Agora, o ordenante, BNG – BLOQUE NACIONALISTA GALEGO, cárgalle na conta a esta ex-militante o equivalente a cota de catro meses. A pregunta é: como é posible que che carguen algo na túa conta cando tes feita unha solicitude de baixa desta domiciliación? A resposta do empregado da entidade: iso é que alguén dende dentro da entidade volveu a dar de alta a domiciliación (?). Certo: fixádevos onde di «Data de alta«. Quen asinou esa alta?

Serán infiltrados do BNG en Caixanova? Será que Gayoso quere cobrar a súa débeda? Será esta a forma de evitar a perda de financiamento co constante goteo de baixas que está acumulando cada mes o BNG? Fixádevos que na comarca de Allariz – A Limia o (IR)Responsable Comarcal, Xosé Manuel Pérez Bouza (quen non foi quen sequera de pedir unha desculpa ao facerllo saber), ponse como obxectivo que as devolucións de recibos por parte dos militantes non superen o 5% cada mes… como estará a cousa!!

Para min esa acción só ten un nome (ATRACO) e os seus autores outro (LADRÓNS).

Fai «clic» na imaxe para ampliar

O código dos mortos
Moitas persoas toman decisións non en función do que ven, do que consideran bo ou malo, senón en función do que cren, das súas conviccións, do que o biólogo evolutivo e etólogo británico Richard Dawkins denominaba código dos mortos: pautas de conduta excelentes fai miles de anos, que deixaron de ser útiles e que, non obstante, seguen vixentes.

Viaxe ao Poder da Mente, Eduard Punset

Esas pautas de conduta ancestrais fan que se produzan situacións onde dúas persoas que estean vendo o mesmo partido de fútbol pero que sexan seareiros de diferentes equipos sexan incapaces de ver a mesma realidade que sucede ante os seus ollos no intre en que o árbitro, no desconto, e con empate no marcador, sinaliza un penalty. Para un será unha falta clara, dentro da área grande. O outro afirmará ter visto como o atacante se deixa caer dentro da área ante a presenza dun defensa. Os dous estarán absolutamente seguros do que din.

Sucédenos o mesmo nas actividades máis cotiáns, nas discusións familiares, no posto e traballo ou nas discusións sobre política. Gastamos máis enerxía en construír unha realidade a medida e segundo o noso propio desexo que en interpretala existente; tamén o fan os dirixentes dos partidos, conscientes como son de que eles non só constrúen a súa propia realidade, senón tamén a de aqueles cidadáns que se rexen polo código dos mortos. Estes desafortunadamente son a maioría dos que acoden a  votar. Os que deciden quen nos goberna.

Di E. Punset que os seres humanos “non queremos cambiar de opinión, ao contrario que os monos e outros cerebros sofisticados”, tal é o poder asoballador das conviccións propias, fronte á percepción real dos sentidos. Podemos cambiar de opinión, mais odiamos facelo.

Ensináronos que cambiar de opinión é unha frivolidade, un síntoma de inestabilidade e debilidade; polo contrario -“votar sempre ao mesmo partido”- manter unha posición é un sinal de cordura e lealdade. O importante é non cambiar, si o fas estás perdido: serás rexeitado pola sociedade e, probablemente, por ti mesmo. O camiño fácil é decidir unha vez: de neno decides de que equipo de fútbol es, decides a relixión que profesarás (ámbalas cousas case sempre dependen da influencia dos proxenitores), na puberdade decides a túa sexualidade e ao cumprir os dezaoito anos a quen votarás o resto da túa vida sen ser consciente da transcendencia que terá de aí en diante. O importante é non cambiar.

Dende afora, pode apreciarse o compoñente absurdo destas paixóns. Alguén que non foi a votar en toda a súa vida dirá que a crispación actual da vida política “non ten ningún sentido” mentres que, os que están imbuídos polo remuíño político, polo deportivo, polo relixioso, polo cultural, … estas cousas non lle pasan tan desapercibidas.

Sen embargo, ao largo da vida preséntansenos disonancias ao entrar en conflito dúas ideas simultáneas e contraditorias que xerarán un gran estrés e desasosego nas persoas. Habitualmente as discordancias nin sequera chegamos a ponderalas, pero cando o facemos e nos vemos na obriga de tomar unha decisión, unha vez tomada é difícil cambiala e, unha vez elixida unha opción, entre varias, máis irrevogable é a decisión e máis chea de sentido é a opción tomada. Cando non hai marcha atrás, máis convencidos estamos de ter a razón.

Que disonancias se nos presentan a moitos nacionalistas na actualidade? Votar ao BNG ou non facelo. Non votar implica que este perderá o poder a favor de outro partido que non nos gusta, o PP, pero facelo significa avalar unha xestión nefasta, con non menos erros e vicios dos que poida cometer o PP. Moitos nacionalistas xa lle viramos as costas nas eleccións galegas do 2009 e logo, moitos máis, nas europeas. O que sucedeu dende entón internamente neste partido non fai máis que confirmar o acertada daquela decisión. Os que prometían cambios para logo das eleccións galegas mentían, pois non foron capaces de levalos a cabo nin sequera despois de perder. Cales son as perspectivas para o nacionalismo nas vindeiras municipais: máis perda de apoio. Lóxico. En que me baseo para afirmalo de forma tan tallante? En que o futuro non se adiviña, pero pode imaxinarse recompoñendo o pasado.

O límite da indignación
“En opinión de Bebchuk and Fried o único factor que constrinxe as retribucións dos executivos é o denominado “límite da indignación”, isto é, a preocupación ante o feito de que o pago de emolumentos excesivos aos executivos poida provocar unha airada reacción por parte de quen, no caso contrario, se amosarían habitualmente aquiescentes, a saber, accionistas, traballadores, políticos ou opinión pública en xeral”

Paul Krugman, Despois de Bush, 2008

Non sei si será o límite da indignación quen empuxa a baixa os salarios dos executivos dos USA; o que si teño claro é que tales límites ou ben non existen en política ou ben aínda non o acadamos, isto é, que a cousa debería ir a peor para que a cidadanía se indignase coa caste política.

Temos na actualidade máis “políticos profesionais” que nunca, que seica se poñen soldos en aras de demostrar transparencia do que sacan das nosas arcas públicas en contra do que fan os “políticos aficionados” que seica rouban a mans cheas.

Os políticos son, como os directivos das grandes compañías, os únicos privilexiados deste reino mortal que poden permitirse poñer o soldo que queiran, a conta de todos nós, e dicirnos que iso non é roubar, senón o cobro por unha prestación de servizos á que ninguén, por certo, os obriga. E quedámonos todos tan contentes, e xustificámolos, e dicimos: “polo menos este non nos rouba”.

Rebélome contra estes argumentos: róubannos a cara descuberta -e probablemente, tamén as agochadas-. Ser representante dun Concello é algo que unha persoa debe facer de xeito altruísta polo beneficio da comunidade a que pertence e non polo interese particular, propio e/ou duns poucos.

Fai catro anos a oposición na cidade de Ourense denunciaba escandalizada que o Alcalde da nosa cidade era un dos mellor pagados do Estado; un ano despois, non só o Alcalde entrante se poñía o mesmo soldo que o saínte senón tamén o Tenente-alcalde. Pasamos de ter un dos Alcaldes mellor pagados do Estado a ter dous. Amais beneficianse da adicación exclusiva todas as concelleiras e concelleiros do goberno da cidade (en total os catorce concelleir@s elect@s  máis unha non electa, a “alcaldesa” de Entrimo). Tanto profesional non foi abondo, pois estes non teñen a obriga de ter coñecementos propios das súas competencias, de xeito que a estes dirixentes “non cualificados” permíteselles contratar “a dedo” a persoal cualificado da súa confianza para que os asesoren no seu quefacer diario.

Mentres tanto na nosa cidade -e en moitas outras onde se estendeu esta praga que mistura profesionais non cualificados e cualificados ben relacionados- as taxas de desemprego seguen crecendo sen que a cidadanía se indigne. Ata cando!?

<object classid="clsid:d27cdb6e-ae6d-11cf-96b8-444553540000" width="535" height="300" codebase="http://download.macromedia.com/pub/shockwave/cabs/flash/swflash.cab#version=6,0,40,0"><param name="allowFullScreen" value="true" /><param name="allowscriptaccess" value="always" /><param name="src" value="http://www.youtube.com/v/Us-TVg40ExM&hl=en_US&fs=1&color1=0x006699&color2=0x54abd6" /><param name="allowfullscreen" value="true" /><embed type="application/x-shockwave-flash" width="535" height="300" src="http://www.youtube.com/v/Us-TVg40ExM&hl=en_US&fs=1&color1=0x006699&color2=0x54abd6" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true"></embed></object>

Ética para náufragos nacionalistas
Para José Antonio Marina, autor de “Ética para náufragos”, “os deberes non xorden en primeiro lugar, senón despois, na reflexión ética”. Foi así como naceu o código ético do BNG, aquí vencellado, e así como os seus postulados se converteron, mediante un pacto, en deber para todos, repito, para todos os que conforman a devandita organización. Ninguén está por riba dese código.

Comeza este código dicindo que “o BNG asume publicamente o compromiso de facer efectivos os dereitos e liberdades dos galegos e das galegas”. Porque logo aos militantes galegos do BNG -supoño que tamén os haberá vietnamitas- non se lles permite exercer ese dereito? Falo das ameazas, das coaccións, das calumnias,… que certos responsables políticos deste partido toleran, actuacións como as do Alcalde de Maceda -e non me refiro só aos que cometen esas accións, senón tamén aos que as xustifican e amparan-. Xa dixen noutro post que debería ser expulsado do partido. Reitéroo.

“O BNG aposta pola veracidade informativa, a transparencia e a tolerancia cero coa corrupción”. Venme a memoria, maldita memoria, que diría O’Rivas, como dende a organización nacionalista se enganou aos cidadáns do rural con SEAGA, prometendo postos de traballo estables e ben pagados cando en realidade se trataba de contratos precarios (traballadores que realizando as mesmas funcións cobraban menos que os que dependían directamente da Consellería de Medio Rural) e temporais (tres meses). Lembro aquela reunión no local do BNG en Allariz, un mércores de cinza do 2008, convocada urxentemente vía SMS o luns de entroido (estabamos tres persoas de Xunqueira de Ambía, o (ir)Responsable Comarcal, o “enchufado” de SEAGA e concelleiro de Molgas, xente de Xunqueira de Espadañedo, de Esgos, de Vilar de Barrio, de Vilar de Santos, de Allariz, como non, e case tódolos concellos da Comarca). Maldita memoria!

Un compañeiro do meu Concello, Carlos, que coma min é un claro defensor de que estes servizos se presten dende a administración pública, si ben eu entendía que unha empresa pública non deixa de ser “sector público”, pregúntou pola verdadeira razón de ser desta empresa. O que non entendía eu eran eses motivos e que, seguro,  o meu compañeiro xa advertira. A verdadeia razón da externalización do servizo de incencios era “burlar os controis públicos de contratación da administración e dos sindicatos”, segundo Pérez Bouza. E quedou tan ancho ao dicilo. Maldita memoria, Maldito código ético!

Foi así como, enganando aos nosos paisanos, o BNG comarcal acadou os mellores resultados da súa circunscrición na historia upando ao modesto (ir)Responsable Comarcal ao Senado español. Aínda lembro, maldita memoria, como o día antes de que o designasen senador, e se rumoreaba que Paco García era o elixido, el se descartaba dicindo que non tiña “aspiracións tan altas”.

Veracidade informativa, transparencia. Que podo dicir que xa non dixera nos post adicados a Maceda? Ah! Calvos de Randín. Lembro o día en que sentados nunha esquina do Atlantic, Pérez e máis eu, recibe unha chamada de Dani, o “responsable” local de Calvos de Randín. Estaba moi anoxado porque o seu primo, Xardón -que amais o enchufou na consellería-, e Pérez se reuniran as súas costas con José Manuel Andrade, o tránsfuga do PSOE daquel concello. Este era tamén o aparellador da vivenda que o (ir)Responsable Comarcal de Allariz-A Limia estaba construíndo en Porqueira (que deus queira nunca chegue a gobernar,… polo ben dos porqueiráns, digo).

Mentres escoitaba aquela conversa non saía do meu asomo. Podería cualificarse aquel caso de síndrome de Estocolmo? Mentres, nos xornais, soamente se falaba de que era Baltar quen estaba detrás daquela moción de censura. Dende logo, si chega a saír, a xogada era mestra, iso si ignorando a máxima que di: “os cargos públicos son propiedade pública”

Ese mesmo día, na mesma hora e lugar, recibe outra chamada. Era dun concesionario ourensán para preguntarlle si xa se decidirá por algún dos “audis que mirara” -acababan de nomealo senador das Cortes de España-. Velaí o que di o código ético nacionalista: “dar exemplo de austeridade e equilibrio institucional”.

Tamén di: “un cargo, un salario”. Nembargantes, o Sr Pérez Bouza amais de Senador nas Cortes españolas conserva a súa acta de concelleiro en Porqueira. Notable excepción!

Despois da que se montou na cidade de Ourense co logo da Tenencia de Alcaldía ou en Galiza coa Vicepresidencia está demais facer calquera comentario sobre este precepto: “os candidatos e cargos nacionalistas adquiren un compromiso de non utilización de fundos públicos en campañas de propaganda”.

«Clientelismo cero». A Consellería de Medio Rural era coñecida en Ourense pola Consellería de Medio Cartelle, porque o delegado que era desa localidade, tiña a medio pobo enchufado. Pero non só en Cartelle tiñan clientes: Porqueira, Molgas, Maceda, … Amais son expertos, alá onde gobernan, en abrir novos mercados ou, como diría o Alcalde de Maceda, “hai que gañar os apoios dos votantes do PP xa que o dos nosos témolos seguros”.

En fin, … podería seguir así todo ano, que digo! Seguirei.

A ditadura perfecta
O BNG comarcal de Allariz-A Limia leva rumbo de converterse na “ditadura perfecta”, unha ditadura envolvida en papel demócrata. A correlación de forzas que forman o Consello Comarcal, viciada polas presións dos responsables políticos que naquel intre tiñan algún cargo público en base aos favores feitos ou ás promesas futuras (alguén oíu algunha crítica dende o nacionalismo á sucesión baltariana do PP. Como ían dicir nada si meses antes eles fixeran o mesmo nas eleccións internas do BNG? Cando menos desta vez foron coherentes, cousa nada habitual), está tramitando o expediente de expulsión de Alberte Sobrino, segundo me comenta o membro ilexítimo deste Consello, por mesturar ao BNG nun conflito particular entre o Concello de Maceda máis el.

Non é certo que Alberte fixera tal cousa, Alberte reclama unha débeda ao Concello de Maceda, non ao BNG, e en ningún intre mistura a súa militancia no partido con iso. Quen si o fai é Xavier Oviedo na nota informativa que repartiu por toda Maceda (paneis informativos, cristaleiras de bares, paredes, caixas de correo,…), unha nota na que di que este militante trata de aproveitarse do seu “achegamento partidario”. Agora é precisamente este quen trata de sacar do medio a un dos seus compañeiros alegando uns feitos que Alberte non cometeu -e si o propio Alcalde. Hai que ver con que facilidade perde as formas este personaxe!-.

<object classid="clsid:d27cdb6e-ae6d-11cf-96b8-444553540000" width="425" height="355" codebase="http://download.macromedia.com/pub/shockwave/cabs/flash/swflash.cab#version=6,0,40,0"><param name="allowFullScreen" value="true" /><param name="allowScriptAccess" value="always" /><param name="src" value="http://static.slidesharecdn.com/swf/ssplayer2.swf?doc=ataquesalvaxedexavieroviedoaocompaeiroalberte-100314055409-phpapp01&stripped_title=ataque-salvaxe-de-xavier-oviedo-ao-compaeiro-alberte" /><param name="allowfullscreen" value="true" /><embed type="application/x-shockwave-flash" width="425" height="355" src="http://static.slidesharecdn.com/swf/ssplayer2.swf?doc=ataquesalvaxedexavieroviedoaocompaeiroalberte-100314055409-phpapp01&stripped_title=ataque-salvaxe-de-xavier-oviedo-ao-compaeiro-alberte" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true"></embed></object>

Sobra dicir que pensa de todo isto o (ir)Responsable Comarcal do BNG. El tamén quere quitar do medio a cantos non son da súa corda para así manter a súa posición privilexiada na pseudodemocracia interna desta organización. Por suposto, non haberá ningún tipo de medida disciplinaria contra Xabier Oviedo -para min a súa conduta si é merecedora da expulsión do partido-, só queda agardar que o pobo de Maceda o poña no lugar que se merece: na oposición.

Un pobo non pode permitirse un Alcalde que trata de coartar a liberdade de expresión dos seus veciños, un Alcalde que utiliza os instrumentos de poder ao seu alcance para atacar a un veciño ou para favorecer a outros, un Alcalde que executa proxectos a cargo dos proveedores e non dos fondos propios do Concello, proveedores aos que non atende coa mesma puntualidade con que, a bo seguro, carga a súa nómina. Profesionais…

Fichaxes
Será Baltar Blanco (BB) o novo Florentino Pérez da política? Eladio Fernández (EF) chega ao PP en plan “Cristiano Ronaldo” dicindo que o proxecto do novo presidente provincial dos populares, BB. lle parece «sólido, fiable e ilusionante». Un crack!

Di a nova fichaxe que comparte co seu actual partido as súas «ideas, proxecto e obxectivos para sacar adiante a provincia». Esmendréllome!

Na rolda de prensa da súa presentación -aínda non se sabe que número lucirá na camisola- EF reivindicou a súa liberdade política e proclama que  «hai un proxecto que me ilusiona moito máis e estou a disposición de BB para o que dispoña». Plas, Plas, Plas,…!

Ilusión, identificación, humildade. Que máis se lle pode pedir a un político? Que venda camisolas ou, deixando a un lado o símil futbolístico, que arrastre votos. Disto xa teño as miñas dúbidas, máis non sería o primeiro caso de eterna promesa que triunfa lonxe da súa casa. Disto sabe moito BB, asiduo galeguista do fondo sur do Santiago Bernabeu.

Amais, a súas aptitudes serán unha chamada de atención aos actuais membros do equipo popular, para que non se durman nos laureis e, especialmente a canteira: o novo presidente está disposto a buscar fora o que non atope dentro (capacidade, imaxe, lealdade,…).

Para BB foi un «paso valente» o dado por EF, quen destacou unha traxectoria política que «está á vista de todos» e os que non a vexan que repasen as hemerotecas. Tamén nos contou BB que o PP ourensán sumou «máis de un millar de afiliados» dende a súa chegada entre os que «tamén hai persoas que militaban no BNG» e «agora son militantes do PP». Iso si que doe!

Fai tempo que penso que o fútbol non é moi distinto da política. Un nace sendo dun equipo ou dun partido e morre sendo dese equipo ou partido. A xente non acode a votar por uns ideais, senón porque é seareiro dun partido. Dá igual cal sexa o seu proxecto, os seus ideais, que xogue cos titulares ou cos suplentes máis mediocres; existe unha parte moi importante do electorado que é fiel a unhas cores, a azul, a vermella ou a celeste -que máis dá!-, logo non podemos esixirlle a estes políticos -os verdadeiros protagonistas deste xogo- que teñan un comportamento tan diferente daqueles outros e que renuncien a xogar nun equipo máis grande -xa que sempre será máis doado que facer grande a un equipo pequeno-, no equipo dos seus sonos.

Artigo relacionado: «Hai seis meses denunciaba irregularidades na Deputación de Ourense, hoxe ficha polo PP«, en Vieiros.

Xenial remake de Kiko da Silva, en Retranca

O Carrabouxo, por Xosé Lois en La Regíón, 13 de marzo de 2010

PLAN Estorbo
Cabina de Telefónica inaccesible, Ourense

Na cidade de Ourense, Avenida de Zamora, a altura do número 124, ao lado da Igrexa San Pio X, onde o Concello está levando a cabo a renovación de tubaxes e beirarrúas a cargo do Plan E -de estrobo, será- deixaron esta cabina de Telefónica totalmente inaccesible para persoas que se moven en cadeira de rodas ao pegala a unha caixa de rexistro. Parabéns ao xenio que tivo a ocorrencia, aos técnicos que a colocaron e non advertiron o erro ou que, de advertilo, calaron, aso técnicos municipais, que hai a moreas, ao encargado de obra e demais traballadores, parabéns! Sodes uns craks!

Esta denuncia tamén foi publicada en La Región o sábado, día 13 de marzo de 2010, e en La Voz de Galicia o domindo, día 14 de marzo de 2010.

‘Me lo dijo Pérez’
Lembran aquela curtametraxe de ‘hai que botalos’ … aquela moza que confiada agardaba por un emprego prometido que nunca chegaba. Así é Xosé Manuel Pérez Bouza, non quen agarda senón quen fai agardar. Lembran cando dicía que a súa estratexia é non facer nada. Pois peor que non facer nada é prometer que vas facer algo para logo non facelo.

Logo veñen as presas. Cando un conflito non se atalla a tempo crece, non desaparece. Claro que por moito que creza, en política o conflito non é un problema ate que sae a escena pública, entón si urxe cerralo. Da igual o fondo da cuestión, as implicacións ideolóxicas e morais dos protagonistas; o realmente relevante é que dana a imaxe da organización e xa se sabe: os partidos políticos na actualidade non venden ideas ou proxectos, venden imaxe, porque para o outro cumpren persoas con capacidade intelectual suficiente.

O Sr. Pérez recibiu esta carta (ver) en xuño de 2009, e que fixo? Nada, por suposto. Entre as actuacións que nela se critica está a cacicada levada a cabo na elección de delegados para a Asemblea Nacional Extraordinaria, na que el participou activamente, presionando a uns militantes, facendo promesas a outros, organizando paparotas, etc. facendo uso dun cargo e duns medios que pagamos todos. Que ía facer? Recriminar ao Alcalde de Maceda por facer no Concello o mesmo que el facía a nivel comarcal? Non, Alberte, de aí non podías agardar nada, o Sr. Pérez carece dunha das capacidades esenciais na dirección: a de xestionar conflitos.

Agora si. Agora preocúpalles o efecto negativo que pode xerarlles a perda de imaxe por que o conflito transcendeu do privado ao público. Agora entralles as presas. Agora que o conflito é entre un empresario local e o Concello e non entre un militante e o (ir)Responsable Local, crean unha comisión comarcal para investigar o que sucede. A boas horas…

<object classid="clsid:d27cdb6e-ae6d-11cf-96b8-444553540000" width="532" height="427" codebase="http://download.macromedia.com/pub/shockwave/cabs/flash/swflash.cab#version=6,0,40,0"><param name="allowFullScreen" value="true" /><param name="allowscriptaccess" value="always" /><param name="src" value="http://www.youtube.com/v/goxTC1N1T2M&hl=es_ES&fs=1&color1=0x006699&color2=0x54abd6" /><param name="allowfullscreen" value="true" /><embed type="application/x-shockwave-flash" width="532" height="427" src="http://www.youtube.com/v/goxTC1N1T2M&hl=es_ES&fs=1&color1=0x006699&color2=0x54abd6" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true"></embed></object>

O movemento volo deu, o movemento volo quitou
Un ano despois da desfeita do 1M09 os protagonistas daquela xeira parecen non decatarse aínda do que ocorreu. Feijóo segue facendo oposición, agora a Zapatero, Quintana segue andando en coche oficial e sentando cátedra ao seu paso, Touriño… ben, cando menos este soubo retirarse e quedarse nun segundo plano… a tempo.

Cando un ano despois Anxo Quintana aínda afirma que “a campaña sucia funcionou” dime que (a) ou ben non se entera de nada ou (b) é o típico irresponsable que culpa ao primeiro que se lle cruza para non asumir a responsabilidade que lle é propia. Amais, iso si, coa súa actitude lexitima as decisións adoptadas polo goberno de Feijóo logo da vitoria popular: en materia lingüística (o conflito inexistente), enerxética (onde quedou patente a división do bipartito) ou respecto as axudas a La Voz de Galicia (polo sonado dilapidamento e sibaritismo dos altos cargos socialistas e nacionalistas).

Non, nada tiveron que ver a lingua, os audis ou o iate (ver a análise de Fermin Bouza), foi o mal de altura: taponáronselle os oídos e non escoitaron aos seus compañeiros, que estábamos aquí abaixo, onde sempre. Agora só tiñan oídos para eses asesores, ben pagados, e os seus cantos de serea. Estes non lles ían dicir o mal que o estaban facendo, pagábanlle para dicir o contrario. Mentres, era a rúa que berraba, outra vez, cinco anos despois, esta vez coa bandeira de Galiza Non se Vende. Nin a berros!

Lonxe de escoitar ao movemento, ao mesmo movemento que lle dera a vitoria catro anos antes, adoptou unha postura crítica cos críticos, reprochándolle a concesión de espazo aos seus adversarios e acusando de traizón calquera discrepancia. Esta actitude cínica e soberbia acendeu aínda máis os ánimos do movemento, provocando unha bola de neve de rexeitamento cara o goberno bipartito, e especialmente cara o BNG, que crecía cada día.

Moitos aseguraron ir votar co nariz tapado mais moitos decidimos quedarnos nas nosas casas. Esta decisión non foi o resultado de campaña algunha pois xa estaba tomada meses antes polo electorado. Próbao a chamada a participación incluso antes de comezar a campaña, de aí que artellaran unha campaña buscando o voto no centro galeguista. Inocentes! Coñecían polas enquisas a grave desafección da cidadanía e, tendo constancia deste dato, continuaron unha campaña baleira de ideas, de proxectos, sen solucións aceptables para a situación económica que atravesamos,… e sen asumir erros.

Lembro aquel día con ledicia. Tiven que soportar doce horas sen acercarme ao colexio electoral, onde non iría a votar por vez primeira na miña vida mais, mereceu a pena. Os primeiros sóndeos adiantaban o resultado final, foron unhas horas excitantes que rematou no éxtase cando o bipartito recoñeceu a súa derrota. Non busquen pantasmas, non foron eles. Foi a cidadanía en movemento, fun eu. Eu volo dei (o poder), eu volo quitei (o poder).

Artigo relacionado: deberían as redes activistas do movemento salvar a esquerda? (por Raimundo Viejo, On the Wobbly’s Road)

Turismo responsable
Dende o meu punto de vista estes estes dous términos son contraditorios xa que xuntos convidan a confusión ao referirse a unha cousa cando realmente se trata doutra, máxime cando falamos de viaxar ás zonas do planeta máis necesitadas, como é o caso ao que me refiro nos artigos anteriores. Pensade, viaxeiros solidarios visitando e coñecendo pobos e culturas que pasan necesidades? Pódese desfrutar do tempo de lecer observando a penuria de outros?

Un viaxeiro é responsable cando comparte os seus coñecementos con persoas de outros lugares, de modo que contribúa ao seu desenvolvemento persoal, social, económico, tecnolóxico,… Sen embargo, o turismo responsable pretende evitar o ‘impacto negativo’ do viaxeiro sobre o medio. Quen decide o que é negativo para un pobo? Outro pobo? Iso si que sería un verdadeiro impacto negativo e iso é o que defenden moitas asociacións e ONG’s: a conservación do modo vida dos pobos indíxenas. E iso o que realmente queren? Ou é o que queremos nós para, simplemente, ir alí e contemplalos e logo ensinarlle as fotos as nosas amizades.

Amais, cando unha empresa comercializa este tipo de produto fano cun fin económico e, polo tanto, é seu deber é estar máis preocupado do que necesita e percibe o visitante que da realidade dos hospedes, porque estas empresas adquiren un compromiso cos seus clientes e, como en calquera outro negocio, terá que satisfacelos. Isto fai que a finalidade inicial, turismo responsable, se transforme noutra, responsabilidade sobre o turista.

O turismo responsable procura, mellor dito, predica, ademais do respecto medioambiental, o respecto cultural e social cara as sociedades de acollida. A pregunta é a seguinte: ese respecto sería distinto ao que calquera turista convencional “civilizado” tería na súa viaxe de vacacións? É máis, ese respecto, non sería o que debe rexer na nosa vida cotiá? Realmente, cal é a diferencia entre o turismo responsable e o convencional? Para min non se trata máis que do mesmo produto cunha marca diferente.

Solidariedade competitiva
Pódese ser solidarios e competitivos a un tempo? Competir e compartir son términos contraditorios, sen embargo, os movementos sociais que nun principio nacen cun obxectivo solidario acaban converténdose en organizacións que compiten “a cara de can” coas súas semellantes.

Hai uns meses, unha asociación sen ánimo de lucro radicada en Barcelona, pedíanos a un grupo de persoas que realizásemos unha serie de informes co obxectivo de elaborar un plan estratéxico para os vindeiros oito anos. Esta asociación adícase sensibilizar e formar aos cidadáns sobre a desigualdade entre os países do Norte e do Sur e as súas causas e promover actuacións persoais e colectivas que fomenten unhas relacións entre eses países máis solidarias.

Como este traballo foi realizado en grupo non o podo publicar aquí na súa integridade, si algunhas das achegas persoais ao debate previo que, xa que me tocou abrilo, fíxeno cunha análise externa -análise das cinco forzas de Porter- sobre o movemento asociativo, dun xeito un tanto controvertido, para así provocar a interacción:

A rivalidade entre os competidores existentes:

No entorno dos movementos sociais non existe rivalidade entre diferentes movementos, cando menos entre aqueles que perseguen os mesmos fins (outra cousa é que os seus fins sexan contraditorios, como sería o suposto dos movementos xenófobos respecto a outros movementos de carácter étnico). Si sucede o fenómeno contrario, isto é, colaboración entre movementos (en forma de federacións ou confederacións).

A posibilidade de entrada de novos competidores:

Non existen grandes barreiras de entrada para ser solidarios ou crear unha entidade solidaria. A maior dificultade radica na obtención de fondos para lograr grandes obxectivos e/ou ter unha gran estrutura, necesaria para obxectivos moi ambiciosos. Para iso a ferramenta máis importante de toda asociación está no esforzo colectivo e altruísta dos seus socios que, amais, servirá para xerar confianza ante potenciais doadores e ante as institucións, públicas e privadas, das cales recibirán axudas e subvencións.

A ameaza de produtos substitutivos:

A solidariedade non ten produtos substitutivos senón complementarios. Os produtos que unha entidade solidaria poida por á venda son exclusivos en canto ao fin que a súa venda persegue. Así, unha persoa poderá pertencer ou comprar a nosa asociación, que colabora con persoas do sur, pero tamén poderían pertencer ou comprar a unha asociación feminista, pacifista, ecoloxista,… ou incluso a outra ou outras da mesma temática.

O poder de negociación dos compradores:

As asociacións son entidades sen ánimo de lucro, de modo que cando venden algo non existe marxe de beneficio senón marxe de solidariedade e este dependerá da solidariedade de cada cliente.

O poder de negociación dos provedores:

O mesmo sucederá cos provedores, aos cales as entidades sen ánimo de lucro tamén deben ‘sacarlle’ ese marxe de solidariedade. Con estes tamén é importante manter unha boa relación para facelos futuros colaboradores ou doadores da entidade. Por outra parte, entre os provedores, darase preferencia a aqueles que pertenzan ao movemento asociativo ou a sectores cuxa causa defende a entidade, neste caso produtos orixinarios do sur.

Unha asociación non é allea á necesidade de recursos para subsistir, ao igual que calquera empresa, e posto que estes veñen de xeito especial das administracións públicas (no suposto analizado proviñan nun 70% da administración local. Ver) vense na obriga de competir entre elas polo reparto deses fondos, na maioría dos casos por concorrencia competitiva, noutros mediante a sinatura de convenios. En calquera dos casos, posto que estes fondos son limitados, a rivalidade será maior a medida que o numero de entidades beneficiarias creza. Por iso resulta difícil convencer a alguén da bonanza competitiva entre distintas asociacións.

No suposto analizado existía un grande desequilibrio entre as diferentes organizacións (internacionais, estatais, locais,…), situación que se repite en maior ou menor medida noutros sectores dos movementos sociais, onde unhas entidades sobresaen sobre as outras, acaparando máis fondos, xa sexa pola súa propia repercusión social, a diferenciación de actividades que realizan ou servizos que prestan, a consolidación de persoal laboral, ou os intereses estratéxicos, propios e de terceiros, entre outros motivos.

A figura dos provedores e compradores tamén é controvertida pola mesma razón, posto que en moitos casos quen ocupa esta posición son as administración públicas. Nestes casos, é evidente, o poder de negociación moi reducido, dependendo da presión social que poida exercer e, polo tanto, do tamaño da asociación.

Por suposto, ao igual que sucede coas empresas, a afinidade política é un valor determinante para a obtención de axudas e subvencións ou para establecer relacións de colaboración coas administracións.

Homeostase
A homeostase é o equilibrio que mantén a un ser vivo co seu entono, é a característica mediante a cal se regula o ambiente interno dun organismo para manter unha condición estable e constante nun sistema aberto ou nun sistema cerrado, especialmente nos seres vivos.

Tódolos sistemas vivos -as organizacións (empresas, asociacións, partidos,…) hai que entendelas como tal- na súa natureza aparecen como sistemas abertos, posto que dependen do seu entorno para sobrevivir e desenvolverse e, polo tanto, están abertos a influencia do mundo exterior.

Unha organización, a diferencia de doutros sistemas vivos, debe ser consciente de cales son os seus compoñentes: os seus límites (físicos, temporais, sociais, culturais,…), a súa cultura organizativa (democrática, totalitaria, adoutrinada, asemblearia,…), a súa misión e os seus obxectivos (políticos, sociais, económicos,…) ou os medios de que dispón para logrado, entre outros.

Entre estes outros está o entorno, isto é, todo aquilo que está fora dos límites da organización e co que deberá relacionarse de xeito eficaz para sobrevivir e desenvolverse. Así, ante o entorno unha organización pode actuar de tres formas:

Ignoralo, cerrarse a el, o que equivale a morte da organización a medio prazo. Isto é o que propón a UPG ao negarse a debater coa sociedade civil, convocada pola Rolda de Rebeldía, por tratarse de «xente de fóra«. Din dende esta organización  que a Rolda de Rebeldía é “un encontro autodestructivo para o BNG”. Ao contrario, o realmente destrutivo é a actitude sectaria da UPG que impide a retroalimentación da organización.

Tratar de controlalo. Isto é practicamente imposible, reservado a escenarios extremadamente autoritarios e disciplinados. É o que Paco Rodríguez logrou internamente na UPG e, en parte, no BNG, mais non coa sociedade galega.

Equilibrar as necesidades propias coas do entorno. Dentro do BNG seguen esta liña +BNG e Encontro Irmandiño mais cunha clara diferencia entre as dúas organizacións: o respecto polos demais compoñentes, especialmente dous deles: límites e cultura organizativa. Así, o Encontro Irmandiño establece os seus límites na esquerda social e mantén o respecto pola cultura organizativa tradicional (nacionalista, frontista, asemblearia e democrática), mentres +BNG aposta por unha apertura ao centro e pola organización propia do partido clásico. Sen estes dous compoñentes o BNG ben podería ser outra cousa, por exemplo o PP, e porse a competir neste eido levaría tamén a destrución da organización.