#mOendo do Revés » Eleccións Galegas 2009

O movemento volo deu, o movemento volo quitou
Un ano despois da desfeita do 1M09 os protagonistas daquela xeira parecen non decatarse aínda do que ocorreu. Feijóo segue facendo oposición, agora a Zapatero, Quintana segue andando en coche oficial e sentando cátedra ao seu paso, Touriño… ben, cando menos este soubo retirarse e quedarse nun segundo plano… a tempo.

Cando un ano despois Anxo Quintana aínda afirma que “a campaña sucia funcionou” dime que (a) ou ben non se entera de nada ou (b) é o típico irresponsable que culpa ao primeiro que se lle cruza para non asumir a responsabilidade que lle é propia. Amais, iso si, coa súa actitude lexitima as decisións adoptadas polo goberno de Feijóo logo da vitoria popular: en materia lingüística (o conflito inexistente), enerxética (onde quedou patente a división do bipartito) ou respecto as axudas a La Voz de Galicia (polo sonado dilapidamento e sibaritismo dos altos cargos socialistas e nacionalistas).

Non, nada tiveron que ver a lingua, os audis ou o iate (ver a análise de Fermin Bouza), foi o mal de altura: taponáronselle os oídos e non escoitaron aos seus compañeiros, que estábamos aquí abaixo, onde sempre. Agora só tiñan oídos para eses asesores, ben pagados, e os seus cantos de serea. Estes non lles ían dicir o mal que o estaban facendo, pagábanlle para dicir o contrario. Mentres, era a rúa que berraba, outra vez, cinco anos despois, esta vez coa bandeira de Galiza Non se Vende. Nin a berros!

Lonxe de escoitar ao movemento, ao mesmo movemento que lle dera a vitoria catro anos antes, adoptou unha postura crítica cos críticos, reprochándolle a concesión de espazo aos seus adversarios e acusando de traizón calquera discrepancia. Esta actitude cínica e soberbia acendeu aínda máis os ánimos do movemento, provocando unha bola de neve de rexeitamento cara o goberno bipartito, e especialmente cara o BNG, que crecía cada día.

Moitos aseguraron ir votar co nariz tapado mais moitos decidimos quedarnos nas nosas casas. Esta decisión non foi o resultado de campaña algunha pois xa estaba tomada meses antes polo electorado. Próbao a chamada a participación incluso antes de comezar a campaña, de aí que artellaran unha campaña buscando o voto no centro galeguista. Inocentes! Coñecían polas enquisas a grave desafección da cidadanía e, tendo constancia deste dato, continuaron unha campaña baleira de ideas, de proxectos, sen solucións aceptables para a situación económica que atravesamos,… e sen asumir erros.

Lembro aquel día con ledicia. Tiven que soportar doce horas sen acercarme ao colexio electoral, onde non iría a votar por vez primeira na miña vida mais, mereceu a pena. Os primeiros sóndeos adiantaban o resultado final, foron unhas horas excitantes que rematou no éxtase cando o bipartito recoñeceu a súa derrota. Non busquen pantasmas, non foron eles. Foi a cidadanía en movemento, fun eu. Eu volo dei (o poder), eu volo quitei (o poder).

Artigo relacionado: deberían as redes activistas do movemento salvar a esquerda? (por Raimundo Viejo, On the Wobbly’s Road)

Algunhas notas sobre o BNG e as eleccións europeas
1.- O resultado das eleccións europeas demostra que, unha vez máis, os responsables do BNG se trabucaron ó facer unha análise da realidade social galega.

2.- Logo das eleccións galegas dicíasenos que fora un erro crer que os cidadáns ían votar ó BNG polo feito de ostentar o poder. Os resultados do 7-X proban todo o contrario, proban que unha parte moi importante dos votos acadados o 1-M chegaron ó BNG por simple inercia social, pola inercia do poder, e perdido este, ese caudal de votos desapareceu. Isto apréciase mellor no medio rural, onde a cultura democrática é menor, aínda que cuantitativamente non o pareza.

3.- Ese voto axudou, amais, a maquillar a perda de votantes dentro do electorado tradicional deste partido, onde a desafección crece de xeito exponencial, cada comicio celebrado, dende que o BNG ocupou posicións de goberno na Xunta de Galiza. Os críticos e desafectos foron desatendidos, ignorados, excluídos e, moitas veces, perseguidos, a sabenzas de que o seu lugar sería pronto ocupado por ese sector social, desidealizado, de baixo perfil cultural, que persegue ó poderoso,… quen queira que sexa.

4.- Perdeuse o poder e con el perdeuse ese caudal de votos e, sen embargo,  non se recuperou un só voto entre os máis descontentes do nacionalismo, pese a celebración dunha Asemblea Nacional Extraordinaria (ANE). Porqué?

5.- Acostumo a culpar os dirixentes do partido da deriva ideolóxica do BNG, pero logo da derradeira ANE teño as miñas dúbidas, vexo máis responsables. Agora creo que tamén teñen unha parte importante de responsabilidade os militantes que, en moitos casos, venden o seu voto, os seus principios, a súa dignidade,… ós seus compañeiros, por unha paparota ou por una favorciño persoal -só así se pode entender que na ANE se premiara ós que nos levaron a esta situación e castigara ós que non tiñan responsabilidade algunha no sucedido-. Por certo, a que vos lembran estas prácticas políticas?

6.- Baltar e o baltarismo. Hai uns meses quedei cun compañeiro do EI aquí na comarca -de Allariz- e pregunteille si coñecía algo desta zona para darlle algunha referencia. Díxome que si, pero que non viña por aquí dende que Xardón se convertera ó baltarismo (e isto seica sucedera nos seus inicios como alcalde de Vilar de Santos). Resulta cómico, non?

7.- Agora chamámoslle quintanismo, pero este neoloxismo non é máis que un xeito máis noso de referirnos a aquel outro. No fondo e na forma, baltarismo e quintanismo, son a mesma cousa.

8.- Foi precisamente o quintanismo quen máis fobia amosou polo que eles denominaron “grupos ultraminoritarios” e os que máis forte apostaron por converter ó BNG nun partido de masas.

9.- A falta dunha concreción do que significa para o quintanismo o concepto “ultraminoritarios” e tomando como referencia a sociedade galega -o que vota a sociedade galega-, é o BNG quen corre un serio risco de acabar formando parte deste grupo, pois dun censo electoral de dous millóns e pico de persoas o BNG acadou pouco máis de 100.000 votos  (nin medio pico) o que representa escasamente un 4,5 por cen dos que tiñan dereito a exercer o sufraxio activo. Non sei si resultará máis cómico que tráxico.

Todas as utopías socialistas comezan a tambalearse

tan pronto como a boa comida abunda en todas as casas»

Werner Sombart, Mohr, 1906.

A vulnerabilidade ideolóxica do nacionalismo, onde está?
Falaba Anxo Quintana nunha primeira reflexión feita logo das eleccións galegas do 1 de marzo que o BNG non soubera ler a realidade política e social de Galiza. Dando por bo este argumento só queda por en dúbida todas as demáis interpretacións e analises feitas por aqueles que logo da xornada electoral descubriron unha nova Galiza.

Unha desas análises, a elaborada polo Consello Nacional do BNG para avaliar os resultados electorrais, fala da fraxilidade ideolóxica da base electoral do nacionalismo sinalando que o retroceso do BNG ten a súa causa principal na desafección dos sectores electorais máis críticos e esixentes que á súa vez móstranse claramente vulnerábeis.  Só lle quedou decir que somos parvos, que somos parvos por defender a nosa paisaxe (GNSV), ós nosos traballadores (CIG), ós nosos gandeiros e agricultores (SLG),… por defender o que sempre se defendeu dende o nacionalismo: a nosa terra. Que esperaban? Esperaban que dende estas organizacións se mirase para outro lado mentres se apoiaba o Plan Acuicola, a Reganosa, a explotación de canteiras ilegais ou as concentracións parcelarias salvaxes; esperaban aplausos e palmadiñas mentres se cerraban acordos coa  CEG ou se puñan a disposición das empresas que crean o emprego máis precario de Galiza (por exemplo, as textís) millóns de metros cadrados e millonarias subvencións sen esixir melloras para os traballadores; … é máis, dende algunha consellería practicouse un neoliberalismo tan agresivo, como ben denuncia a CIG sobre SEAGA, que se chegou incluso a presionar a algún sindicato para que non defendesen a traballadores despedidos por aquela.

Pese ás críticas feitas nas Asembleas Comarcais esas desafortunadas verbas volven a reiterarse no documento político que se debatirá na Asemblea Nacional Extraordinaria do 10 de maio (pregúntome si de verdade os Responsables Comarcais cumplen a súa función de elevar ó Consello Nacional o discutido nas comarcas. Pode que esa sexa a causa do descoñecemento que boa parte dos seus membros tiñan da realidade galega); pero non abonda con iso, pois, ó mesmo tempo que se fala da súa «vulnerabilidade» contemplase para o futuro máis colaboración e cordinación coas organizacións sindicais, socio-profisionais, empresariais, culturais e ecoloxistas. E todo isto sen asumir responsabilidade algunha, nin facer unha mínima autocrítica e, moito menos, sen que ninguén pida desculpas. Como se pode falar dunha relación fluida  e constante cos movementos sociais por quen ata fai pouco os consideraban «inimigos do nacionalismo», «desleais con Galiza», «traidores da patria»,…?

Estas declaracións de intecións recollidas no documento político non resultarán cribeis para quen escribe mentres os que verteron lixo sobre estas organizacións sociais, mentres os que realmente resultaron vulnerables ideolóxicamente,  non se desulpen e asuman as responsabilidades políticas.

Ninguén por riba de nós
Sería unha tarefa larga atopar tódalas causas que fixeron posible a derrota do bipartido nas pasadas eleccións ó Parlamento de Galiza. Unha desas razóns podería ser a mesma «mentalidade xusticeira e antiseñorial» da sociedade galega a que fai referencia Carlos Barros ó referirse ó auxe do movemento irmandiño.

A sociedade galega, farta de ser asoballada, mobilizouse polo cambio en 2005, sendo os movementos sociais os grandes precursores do cambio de goberno. O bipartito, nestes anos de goberno demostrou non entender nada do que os galegos votaron naquel momento. Cando Galiza berraba na rúa NUNCA MÁIS non se refería só os petroleiros, senón tamén ós políticos deshonestos, autocráticos, sectarios,… referíase, como non, ó caciquismo e ó nepotismo. E non berraban só contra o poder político, senón tamén contra o poder económico e mediático: un porque expolia os nosos recursos e destrúe a nosa paisaxe; o outro porque garda silencio, no mellor dos casos.

Cando Galiza botou ó PP das institucións quería botar tamén esa economía invasora e destructora, sen embargo, o bipartito non fixo outra cousa fornecer ese poder económico para gañarse o seu favor. Galiza votou por uns medios públicos e plurais, farta da manipulación informativa da RTVG da era Fraga e dos distintos medios privados do país, todos inclinados cara o mesmo lado.  Do dito o feito… a radio e televisión públicas foron postas ó servizo dos partidos do goberno, especialmente do PSOE e Touriño, mentres se tratou de acadar “apoio mediático” das cabeceiras traicionais de Galiza. Foi así como, a costa do bipartito, o poder económico e mediatico da dereita chegou vivo ata as eleccións galegas de 2009 e, posuindo estes poderes, como ben diría Ignacio Ramonet, “facerse co poder político non é máis que un simple trámite”.

Tampouco foron as campañas suxas as responsables da desfeita, non foi a crise económica, non foi a españolización dos comicios, non foi pola traición da sociedade,… foi por non cumplir o prometido, foi por favorecer “os de sempre” e pola súa traición, foi pola transformación dos responsables políticos e pola non transformación de Galiza, por transformárense en seres egocéntricos e abandonaren o altruismo, por voltar o nepotismo e clientelismo, por narcisitas, primando a súa imaxe persoal sobre a das súas formacións políticas, por recorrer ó populismo e minimizar a ideoloxía, unha ideoloxía de esquerdas que defende, coma ningunha outra, a igualdade entre cidadáns.

Estes responsables políticos unha vez que ocuparon os seus cargos de “poder” esqueceron esa igualdade, puxerónse por riba dos cidadáns e incluso dos seus propios compañeiros de partido. Perderon a noción da realidade e adicábanse a “autoconvencerse” de que todo ía ben. Os que estábamos aquí, cos pes na terra, sabíamos que non era sí e, coma irmandiños na loita berrámoslle, alto e claro: ninguén por riba de nos!

Oiron?

O BNG é dos militantes e non dos burócratas que se aferran á poltrona
Dimisión XA de tódolos membros da Executiva Nacional e se convocatoria dunha Asemblea Nacional Ordinaria para toda a militancia, unha Asemblea que «non pode ser organizada e, polo tanto, controlada polo mesmo aparato vertical de poder que provocou a catástrofe que estamos vivindo. Sería un fraude a militancia».

<object width="525" height="425"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/gLHf4Nm4Fog&hl=es&fs=1"></param><param name="allowFullScreen" value="true"></param><param name="allowscriptaccess" value="always"></param><embed src="http://www.youtube.com/v/gLHf4Nm4Fog&hl=es&fs=1" type="application/x-shockwave-flash" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" width="525" height="425"></embed></object>

Bartleby en Galiza
Non son poucos os seguidores e defensores do bipartito que se quedaron de pedra logo dos resultados electorais de onte. Querían caldo (gañar subindo a participación) e tiveron dúas tazas. Non deixa un de sorprenderse ó ver ata que punto confunde algunha xente desexos e realidades, proxectos políticos e identidades persoais.

En toda esta frustración hai sen dúbida moito narcisismo, pero sobre todo, pouca comprensión dos cambios políticos da última década. E a pesar de que un leva todo este tempo insistindo en que a política do movemento transformou e continuará transformando o panorama político, os que aspiran a ser a interface representativa das loitas sociais nas institucións do gobierno representativo (os que o fan honestamente, queremos dicir) non parecen querer darse conta. Tanto peor… para cantos padecemos as consecuencias das políticas neoliberais (e non só para os que fixeron campaña).

Intentemos explicalo unha vez máis, a ver si a forza de fracasos conseguen extraer algo en positivo: a política do partido non se move por sí soa. Ainda que o goberno representativo e as maquinarias electorais xeren a impresión de que o xogo dos votos é un sistema autopoético, nada máis lonxe da realidade. E o que é máis importante, cada vez máis lonxe da realidade, pois a política do movemento segue progresando e a dependencia da política de partido é cada vez maior.

Di o dito que non hai peor cego que o que non quere ver. Pero si se buscan, as evidencias están aí, á vista de quen queira. Un exemplo ben sinxelo (especialmente útil para os socialistas): nas derradeiras eleccións o seu lema de campaña foi “movo-me” con variantes como “movo-me por Galiza” o “movo-me por ti” (ainda que escrito en galego normativo, claro). Indudablemente, os responsables da campaña entón intuiron ben a potencia da política do movemento. Claro que tampouco era para tanto tendo en conta que se acababa de alcanzar o intre álxido dunha ola de movilizacións (LOU, Prestige, Guerra, etc.). Nestas eleccións, polo contrario, o lema foi “O Presidente”, como si Touriño non acadase o poder polo efecto do “hai que bota-los”.

Nas eleccións de onte, subiu a participación e o PP ganou. Non poucos comentaristas resucitaron para a ocasión o mito da Galiza ignorante, rural e caciquil, que despertaría para a ocasión. Pero reducir a Feijoo a isto é entender ben pouco ou nada. Algo xa non funciona nestes comentarios para o país de Nunca Máis.

Fai un par de semanas, de feito, dende a política do movemento advertíase, ante o comezo das elecciones, que: “governe quem governe, Galiza nom se vende”. O igual que o Bartleby de Melville, o escriba que gobernaba dende a potencia e non dende o acto, miles de manifestantes fixeron saber ó bipartito: preferiríamos non ter que… volver a soportar ó PP cuatro anos máis. Pero si non nos dades máis alternativa que os parques eólicos, reganosa e todo o demais, ó final teremos que porvos de patiñas na rúa.

Dito e feito. Visto que contra o PP conflictuades mellor, de volta á oposición. Así di hoxe a voz da multitude. Unha multitude que ata agora tivera que valerse por sí mesma, unha multitude entre a que non hai poucos que creran convinte votar ó bipartito. Pero unha mesma multitude dentro da cal habitan os perxudicados da súa ineficacia política, do seu clientelismo, do seu mesmo facer que o PP; unha multitude que loitou, loita e seguirá loitando, unha multitude que tivo que emigrar, soportar a precariedade, o sexismo, a contaminación, o feismo e a destrucción xeralizada do país; unha multitud que non creu en ningún intre –nin dende o primeiro día do goberno de Touriño e o seu subalterno– as promesas electorais, pois sabía que o único que importaba era o “hai que bota-los” e que «Galiza nom se vende»; unha multitude, en fin, que sabe esperar paciente a que aprendan a facer as cousas como se ten que facer, sen corruptelas, sen cacicadas, sen autoritarismo.

Sone, pois, ben alto e claro o himno de Galiza, nación triste da multitude: “imbéciles e escuros, nom nos entendem, nom!”.

On the wobbly’s road: [ es ] Bartleby en Galiza

Un artigo de Raimundo Viejo Viñas

Vas caer!
Para anunciar caidas logo de producirse os galegos non temos prezo. Sempre estamos aí á espreita, e zas!, en canto alguén da cos fuciños no chan soltámolo: vas caer!

Lendo e escoitando as análises políticas da a impresión de que todo o mundo o vía vir pero, que casualidade, ninguén dixo nada. Porque? É  obvio, porque advertindo a caida antes de producirse podían correxir o comportamento do receptor, podían facer cambiar o rumbo que estaba seguindo e, con este cambio, evitar o tropezón. E claro, ó cambiar o seu comportamento o receptor, o emisor equivocaríase na súa predición. Ese é o problema de dicir vas caer! antes de tempo: o receptor terá máis coidado, evitará a caída e deixará en mal lugar a quen deu o aviso.

Outros tomamos máis riscos, probablemente porque éramos conscientes de que non nos ían facer caso algún e, polo tanto, o resultado final ía producirse de tódolos xeitos.  Despois das eleccións xerais de 2008 percibíronse claros síntomas de descontento (ese contentamento descontente o que se refire Manuel Rivas) entre o nacionalismo -e tamén no socialismo- coa perda de apoios en tódalas grandes cidades de Galiza, onde o BNG cogoberna. Déuseme entón por escribir esta carta a Anxo Quintana. Nin mu!

Pasaron os meses e en outubro celebróuse unha Asemblea Nacional de pseudodelegados que nombrou ó Sr. Quintana candidato a Presidencia. Ninguén quixo escoitar a voz dunha base que pedía estar nesa Asemblea. Mentres tanto, a cidadanía sufría unha crise económica de dimensións nunca antes vista, e os responsables políticos adicábanse a tirar fogos de artificio, pensando máis en encauzar a campaña electoral que en enfrontar o problema en si e provocando, deste xeito, a desconfianza na poboación. En decembro convocáronse as eleccións e en xaneiro cerráronse as listas provinciais cunha clara falla de democracia interna, provocando máis malestar entre a militancia. As Asembleas Comarcais do BNG resultaron ser órganos onde se fala moito e se escoita pouco, especialmente, por quen ten a obriga de escoitar.

O Sr. Quintana arrincou a precampaña anunciando un resultado histórico… e tivémolo! As enquisas fixeron rebaixar as espectativas pero, ainda así, resultaron ser máis optimistas do que a realidade marcaría finalmente. Tiña unha explicación lóxica: «hai que ter en conta que as enquisas non serven de nada -ou de moi pouco- cando se dan circunstancias especiais» … «na actualidade estamos vivindo unha situación excepcional, unha crise económica de gran calado». Efectivamente, a conducta teórica, esa variable que se utiliza para elaborar as enquisas, agochou o resultado final. Incluso as sondaxes a pé de urna foron incapaces de predecir o resultado final.

Algúns vímolo vir e advertímolo pero, como ninguén nos fixo caso, non erramos no noso pronóstico. Fora mellor ser escoitado para, finalmente, trabucarse.

Plan Gavilanes
Este plan, levado a cabo polos alcaldes e presidentes de deputacións do PP , a diferencia do Plan E de ZP, non persegue a recuperación do emprego, para o cal foi concebido, senón a refinanciación de concellos a costa daquel outro plan. Este plan consiste en realizar as obras aprobadas e financiadas polo Fondo Estatal de Inversión Local co menor custo posible, e dicir, por debaixo do presuposto aprobado para logo destinar o diñeiro sobrante a amortización de deuda, a outras obras non presupostadas -cacicadas, xeralmente- ou quen sabe pra que…

Esta é a única explicación lóxica ó acontecido no día de onte nun pobo de Xunqueira de Ambía, A Pousa, onde apareceu de súpeto o Sr Alcalde, José Luis Gavilanes Losada, acompañado doutro concelleiro, operarios do Concello e da Deputación de Ourense para iniciar unha obra que está contemplada dentro do Fondo Estatal de Inversión Local para o noso Concello. Efectivamente, ningún deses traballadores foi contratado para realización destas obras, senón que xa pertencían previamente ó plantel do Concello ou da Deputación, tendo os desta última o carácter de  traballadores fixos, co cal se está burlando o verdadeiro espíritu e obxectivo do Plan E: a creación de emprego.

Parece ser que ós organismos gobernados polo PP non están moi interesados en crear emprego -o igual que ocorre con moitas empresas da súa órbita-. A estes organismos -e empresas- interésalles o de sempre: acumalar cartos. Ese é o seu único ideario político.

O pobo de Xunqueira de Ambía ten unha das poboacións máis envellecidas de Galiza e claro, si no pobo alguén se pon a realizar unhas obras alá vai a xente. O Sr. Gavilanes que coñece ven a dinámica do seu pobo, só faltaría que non fose así logo de trinta anos como Alcalde, estaba alí para aprobeitarse desa circunstancia e repartir papeletas a xente que se acercase a vela obra e, o mesmo tempo, sacar proveito dunha obra financiada por outra institución,  sen colocar o cartaz obrigatorio e, por suposto, sen molestarse en explicalo. El é quen di cando rematan as misas, el é o que leva ós nosos maiores de excursión, el é o que fai as obras… el é todo.

Resumindo, o Plan Gavilanes consiste en recadar o maior número de cartos e votos invertindo o menor esforzo presupostario e de traballo posible.

E para reflexionar… unha excursión!
Onte non daba creto de que un feito tan cotián -en Xunqueira de Ambía, claro- como entrar nunha igrexa, interromper a cerimonia relixiosa, e porse a dar unha «charla» por parte dun político en campaña electoral ós veciños puidese ter tanta repercusión (vexan en chuza! e en menéame). Si o pasado domingo o Sr. José Luis Gavilanes Losada (ainda Alcalde da vila, pois non se ten noticias da súa renuncia nin de que algún dirixente do PP llela pedise, como si fixeron antes co candidato nacionalista -enfin, unha cousa e botar a rúa o nº 1 da lista do PP e outra moi distinta e tratar de meterse cos «señores» do rural, máxime si son amigos do Sr. Baltar-) se dirixía ós parroquiáns de Abeleda no medio dunha misa, esta semana, que anda «casa por casa» pedindo o voto ós veciños,  tal e como é costume, en lugar de regalar o típico chaveiro do Concello (sic) xunto cos mecheiros e bolígrafos do PP, máis o sobre coa papeleta do seu partido, está convidando ós veciños a unha excursión a San Estevo, con pasaxe de catamarán incluída polo cañon do Sil, para a xornada de reflexión.

Este tipo de excusións son organizadas polo Concello de Xunqueira de Ambía con carácter bimensual e seica estaba programada para ese día dende antes de ser convocadas as eleccións. Ata ahí a excursión non tería nada de anormal. Sen embargo, desta vez, contrariamente ó que ven sendo habitual, non se puxeron cartaces anunciando a excusrsión para que quen quixese se apuntase, senón que é el quen ofrece esa excursión, persoalmente, as persoas que a el lle parece no mesmo intre en que lle pide que o vindeiro domingo lle vaían votar o PP.

Así, si ninguén o remedia antes, os maiores da vila iránse de excursión co Sr. Alcalde a Ribeira Sacra (sempre vai alguén do Concello) na xornada de reflexión, viaxarán en Autos Gavilanes, con tódolos gastos pagados polo Concello e pola Deputación de Ourense… é o día seguinte terán que tomar unha importante decisión que non só abrangue a tódolos xunqueiraos senón tamén a tódolos galegos.

Que ven o lobo!
Co remate da precampaña advertía dos erros que estaban cometendo as forzas do goberno para reeditar o bipartito. Hoxe lendo a Anxo Guerreiro en El País decátome que son moitos os que perciben a pobreza política desta campaña electoral. O artigo merece ser lido na súa integridade pero deixo aquí uns párrafos para ‘abrir boca’:

…non pode extranar que entre os sectores máis dinámicos da sociedade, precisamente aqueles que con máis entusiasmo recibiron a mensaxe do cambio, prosperara a decepción e, o que é peor, a sospeita de que o Gobierno non só non ten intención de desmantelar a onerosa herencia recibida do fraguismo, senon que está disposto a apoderarse dela no seu exclusivo beneficio.

…Agora ben, non parece que a fórmula máis aconsellable para acadar unha alta participación cidadana sexa recorrer, como o pastor da fábula, ó consabido e desacreditado ¡que ven o lobo! De aí a pedir que se vote co nariz tapado, como recomendaba o inefable Giulio Andreotti, hai un só paso, unha fina línea que xamais deberíamos traspasar.

…a esquerda non pode asumir o «comigo ou contra mín» como a súa divisa política, considerar a crítica como unha concesión ó adversario e calquer discrepancia unha traición. Ó contrario, debe escoitar esas voces e comprender que nunha democracia avanzada tódolos días xurden comentarios e reflexións críticas que, lonxe de constituir unha irrefrenable tendencia á introspección, son un sano xuizo de autocrítica tendente a mellorar as condicións sociais xerais, moito máis eficaz que a doada suposición gubernamental de que todo está ben.

Estamos de REBAIXAS… de impostos
As solucións que ofrece o PP para atallar a crise económica pasan pola rebaixa de impostos. Onte falaba en Allariz de eliminar o imposto de sucesións, en Ourense en materia de vivenda,… Esta é a fórmula neoliberal que nos levou a situación en que estamos na actualidade, parece mentira que o Sr. Feijóo a siga exprimindo cando o mundo enteiro trata de superala.

Un dos grandes males da economía mundial é a especulación. Na sociedade actual vivimos e viviremos, se ninguén lle pon freo, a explosión dunha burbulla tras outra: primeiro foron as ‘puntocom’, ahora as inmobiliarias,… e quen sabe onde estarán a seguintes. Non se libran da especulación nin as necesidades máis básicas dunha sociedade como poden ser os alimentos ou a enerxía; mentres, os gobernos asisten como espectadores a todos estes movementos, no mellor dos casos, ou promovendo leis que os favorezan, no peor. Existen varias formas de frear as especulación: unha é regular os prezos. Así, si o goberno lle pon precio ó sólo e as vivendas os empresarios non poderán especular o cal non significa que non vaian gañar cartos. Outra é subir os impostos: canto maior sexa a carga impositiva menor será o beneficio e, a menor beneficio,menor especulación.

Paul Krugman critica o infundado optimismo -e o cinismo- que Friedman e os seus tiñan na rebaixa de impostos e no libre mercado como ferramenta para acadar maiores cotas de prosperidade económica. O discurso neoconservador, para acadar o apoio de fundacións e grupos empresariais, recurriu a ideas simples que, nalgúns caos raiaban a grosería:

«decimos, e non nos cansaremos de repetilo, que as ideas ten consecuencias, o que é certo, pero o que temos na mente son ideas complexas, meditadas e ben elaboradas. O que pasamos por alto con facilidade é que as ideas simples, cando se lles confire paixón e organización, tamén poden ter consecuencias»

[Kristol, 1995]

O que facía Kristol era felicitarse pola vulgaridade da linguaxe do conservadurismo, hoxe adoptada prácticamente por tódalas forzas políticas, sempre que contribuise a acadar o éxito político. Foi así como os conservadores se erixiron, sen aportar proba algúnha, en defensores dunha supply-side economics cuxa consabida rebaixa de impostos se vería compensada por si mesma. De feito, esta doctrina nunca gozou de simpatía entre os intelectuais conservadores; si entre os empresarios e políticos. N. Gregory Mankiw, presidente do consello asesor de Bush para asuntos económicos entre 2003 e 2005 calificaría máis tarde de «excéntricos e charlatáns» ós partidarios da supply-side economics.

O certo é que aqueles que defencían a rebaixa de impostos non estaban seguros de que fose unha fórmula adecuada para a xestión da economía, pero estar errados ou acertados era algo que lles daba igual, o único que lles importaba é que esas ideas fosen políticamente útiles… non é así, Sr, Feijóo?

Abstención, voto nulo, branco ou minoritario
Primeiro foi Anxo Quintana e onte E. Pérez Touriño quen afirmou que absterse significa apoiar ó PP. Semellantes afirmacións só poden realizarse dende a perspectiva do político que pensa que o votante é un ser estupido. Quen decide non votar faino para non beneficiar a ninguén e, de feito, e a mellor forma de que ningún partido saque proveito dese voto. Vóuno explicar coa axuda de ciudadadanos en blanco (lectura recomendable para líderes políticos):

1) A abstención: Absterse é, simplemente,  non votar. É unha opción totalmente válida e legal, prevista e regulada no noso sistema electoral: aqueles cidadáns que non desexen exercer o seu dereito ó voto non ten por qué facelo. Á hora de facer o reconto correspondente para escoller os representantes dos cidadáns nos diferentes órganos de goberno a abstención non se ten en conta.

2) O voto nulo: É un voto defectuoso, un voto que non cumple coas condiciones mínimas esixidas para ser aceptado como válido. Entre outros, ten a consideración de voto nulo os votos nos que a papeleta electoral aparece con tachaduras ou comentarios (por exemplo, tachar ó nº 1 por Ourense do PP). Os votos nulos contabilízanse, pero aparte diso tampouco se ten en conta á hora de asignar os representantes.

3) O voto en branco: Ainda que nin na Lei Electoral nin en ningunha outra parte se indica, de forma oficial, para qué serve o voto en branco, este considerase universalmente un voto de protesta, asociado a cidadáns partidarios da democracia, pero que non se senten representados polos partidos existentes. O voto en branco é o voto do cidadán que quere votar pero non ten a quen.

Os votos en branco son votos “válidos”, e contabilízanse como tales á hora de calcular o total de votos válidos emitidos. Sen embargo tampouco se ten en conta á hora de asignar os representantes, salvo polo siguiente: o número total de votos válidos utilízase para calcular o número mínimo de votos necesarios para que un partido político obteña representación nunha circunscripción: nestas eleccións o 5% do total. Os partidos que non obtén, polo menos, esa porcentaxe mínima de votos elimínanse e, ós restantes partidos, asignánselle os representantes ignorando xa os votos en branco, os votos nulos e os votos deses partidos minoritarios eliminados.

Conclusión: absterse non inflúe no resultado final dunhas eleccións, nin quen se abstén pretende facelo, sen embargo, votar a partidos sen posibilidades de obter representación, votar en branco ou votar nulo si pode perxudicar a algunha das forzas menos votadas, como Esquerda Unida ou Terra Galega, ó calcularse o 5% mínimo sobre a totalidade de votos emitidos beneficiando, ó mesmo tempo, ó partido máis votado.

Claro que tamén poderíamos falar, para xustificar a abstención,  do custe que cada voto terá para as arcas públicas (0.72 €), non esquezamos que estamos en crise! Pero ese é outro tema…

Isto é o que custará cada voto emitido

Actualización do 3 de marzo de 2009, artigo relacionado de El País: A abstención non ten cor política.

SEAGA ou a política embulleirada.
Moito lle gusta ó Sr. Suarez Canal falar de política de transparencia. Mente. Non se pode falar de transparencia nunha empresa como SEAGA na que non todas as categorías saen a concurso público: por primeira vez en tres anos aparece a categoría de oficial administrativo e auxiliar administrativo na páxina web, logo, quen ocupou eses postos ata agora e por que sistema? Sobran as respostas. É só un exemplo, sucede o mesmo en moitos outros postos da empresa: técnicos de riscos laborais -si se crearon catro postos en 2007, pero temporais… e nunca máis!-, responsables de distrito, persoal de limpeza,… Quen limpa a suciedade en SEAGA? Non existe unha sóa praza convocada nesta categoría para facer a limpeza tanto nas súas instalación permanentes (estas cinco) como temporais -por exemplo, bases aéreas-. Quen realiza eses traballos? Unha de dúas: ou persoas escollidas a dedo ou traballadores doutras categorías de xeito fraudulento ó realizaren traballos que non son propios da categoría.

Non se pode falar de transparencia cando non existe unha RPT (relación de postos de traballo) na que se indique que postos se van a cubrir, duración dos contratos ou o ámbito territorial. Non pode ser que unha persoa de Lugo, Ourense ou Pontevedra se inscriba nunha categoría como a de “operador codificador” e logo só se convoquen prazas para o ámbito territorial de A Coruña. Iso sucedeu no 2008. Aí non só falla a claridade do proceso senón que se crea un claro perxuizo ó traballador que  aspira esa praza xa que logo non poderá estar inscrito en máis de dúas categorías diferentes.

Non se pode falar de transparencia cando os únicos que coñecen a RPT a cubrir son unhas cantas persoas do entorno do Sr. Suárez Canal, e se incumple pola empresa, reiterandamente, o deber de información que ten todo traballador de SEAGA de coñecer da existencia de postos de traballo vacantes, sexan ou non da súa categoría, co fin de garantir as mesmas oportunidades de acceso a postos permanentes que calquer outro traballador. Esa información non está nin nas sedes de SEAGA nin na páxina web. Logo o Conselleiro mente.

Os traballadores de SEAGA tampouco teñen acceso efectivo a formación continua profesional, limitándose a formación que reciben a cursos de obrigado cumplimento para o desenrolo do seu posto de traballo, pero non para mellorar a súa cualificación e favorecer a súa progresión e movilidade funcionais. Non lle interesa a quen dirixe esta compañía que moitas persoas teñan posibilidades de promocionar e acceder a postos reservados para a nova xeración de caciques.

Non se pode mentir, unha e outra vez, como fai o Sr. Suárez Canal ó dicir que tiveron que recorrer ó INEN para cubrir a oferta de emprego de SEAGA. Iso sucedeu só nalgunhas categorías, como a de peón ou peón especialista, categorías que, por certo, foron as únicas que anunciadas nos medios de comunicación -unha vez se ampliou o plazo, non antes- porque non se cubriu a oferta. Ningunha outra categoría foi publicitada en ningún medio de comunicación. Mente unha vez máis o Sr. Suárez Canal ó falar de publicidade no procedemento.

Mentiu o Sr. Suárez Canal ó falar, no debate do mércores, de máis de 700 traballadores contratados por SEAGA no 2008. E tanto que son máis, son máis de 2.400 tal e como se recolle nos orzamentos da Xunta de Galiza para o ano 2009. Avergóñase o Conselleiro de crear tanta temporalidade? Tanta precariedade laboral? Pois ainda non se avergoña moito, si así fose non sería o candidato por Ourense do BNG.

Remata a precampaña
A derradeira semana de precampaña non resultou moi alentadora; foi unha semana na que PSOE e BNG comezaron a chamar a participación, algo que é habitual facer os últimos días de campaña. Temen unha baixa participación, logo algo temen. Algúns xa nos meten medo con que ven o lobo (PP)… pobre de nós! Carapuchiñas… Tamén se celebraron dous debates nos que ó PSOE só lle faltou suplicar a presenza do Sr. Feijóo para o debate do día 20 de marzo. Vendo semellante desesperación para que o candidato popular se someta a un linchamento público polos dous partidos do goberno (PSOE e BNG) parece máis lóxico, ainda, que non acuda. Eu alédome… o que realmente quero ver é ó Sr. Quintana e ó Sr. Touriño fronte a fronte.

Si se da ese debate -e dicir, si non se botan atrás pola falla do seu sparring Feijóo- espero que non se cometan os mesmos erros que se deron esta semana nos debates do luns -en hai debate-, primeiro, e do mércores, despois. Primeiro foi o Sr. Fernando Blanco e logo o Sr. Suárez Canal os que, ó defender a xestión pasada no goberno só fixeron mención as consellerías propias -as do BNG- como si as políticas desenroladas polas outras non fora con eles cando, en realidade, iso non é así. Para ben ou para mal, moitas das decisións que se adoptaron ó largo desta lexislatura fixéronse no Consello da Xunta da que todos, nacionalistas e socialistas, forman parte. Os representantes socialistas nestes debates -Mar Barcón o luns e Ricardo Varela o mércores- si souberon sacar proveito desa circunstancia para facer propias políticas de industria, servizos sociais,…

Que lles ocorre ós representantes nacionalistas? Teñen medo medo a meterse no eido socialista mentres estes pisotean o seu? Si se quere aspirar a presidencia hai que deixar claro que se ten un coñecemento exhaustivo de tódalas áreas de goberno, que se formou parte de tódalas decisións importantes do pasado -as acertadas e as menos acertadas- ou, cando menos, se influiu nesas decisións e, por suposto, que se ten proxectos alternativos para esas áreas malgobernadas polos socialistas -educación, sanidade, traballo,…-. Isto é o que ata agora non se viu.

O que si deixaron en evidencia o Sr. Ferrnando Blanco e o Sr. Suárez Canal nestes dous debates é que o candidato do BNG é o aspirante a Vicepresidente e o candidato do PSOE o é a Presidente. Máis que nunca lembráronme ó labrego satisfeito coa súa hortiña que renuncia a unha parcela maior porque porque ainda está sen labrar. Iso é o que se viu: conservadurismo e medo a incerteza.

Quilombo electoral
Un contador de historias colgou no seu blog este documental, Quilombo electoral, no que se mostra como se xestiona o fraude electoral nos comicios galegos dende o exterior. Compre velo para creelo… pero é así.

<object width="525" height="358"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/VZMI_TPh7dk&color1=0xb1b1b1&color2=0xcfcfcf&hl=en&feature=player_embedded&fs=1"></param><param name="allowFullScreen" value="true"></param><embed src="http://www.youtube.com/v/VZMI_TPh7dk&color1=0xb1b1b1&color2=0xcfcfcf&hl=en&feature=player_embedded&fs=1" type="application/x-shockwave-flash" allowfullscreen="true" width="525" height="358"></embed></object>

<object width="525" height="358"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/KpbxwGVh2Rs&color1=0xb1b1b1&color2=0xcfcfcf&hl=en&feature=player_embedded&fs=1"></param><param name="allowFullScreen" value="true"></param><embed src="http://www.youtube.com/v/KpbxwGVh2Rs&color1=0xb1b1b1&color2=0xcfcfcf&hl=en&feature=player_embedded&fs=1" type="application/x-shockwave-flash" allowfullscreen="true" width="525" height="358"></embed></object>

<object width="525" height="358"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/IqdXO3tQCIE&color1=0xb1b1b1&color2=0xcfcfcf&hl=en&feature=player_embedded&fs=1"></param><param name="allowFullScreen" value="true"></param><embed src="http://www.youtube.com/v/IqdXO3tQCIE&color1=0xb1b1b1&color2=0xcfcfcf&hl=en&feature=player_embedded&fs=1" type="application/x-shockwave-flash" allowfullscreen="true" width="525" height="358"></embed></object>

<object width="525" height="358"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/K88FP8qGO-c&color1=0xb1b1b1&color2=0xcfcfcf&hl=en&feature=player_embedded&fs=1"></param><param name="allowFullScreen" value="true"></param><embed src="http://www.youtube.com/v/K88FP8qGO-c&color1=0xb1b1b1&color2=0xcfcfcf&hl=en&feature=player_embedded&fs=1" type="application/x-shockwave-flash" allowfullscreen="true" width="525" height="358"></embed></object>

Quen ten medo de quen?
Hai medo a debater. Non hai dúbida. Pero sería un erro sinalar a calquera dos candidatos. As campañas electorais están milimétricamente deseñadas por «expertos» asesores e calquer cousa que se sáia do guión preestablecido mete medo. Calquer imprevisto causa pánico entre os asesores. Todo está deseñado para seducir ó votante, non para informalo. Son aqueles quen xogan coas nosas esperanzas, cos nosos medos e cos nosos sentimentos e nós, emboubados, caemos nas súas trampas, nas súas provocacións. Tampouco me gusta ese cruzamento de declaracións entre candidatos acerca do medo duns e outros, non me gusta por vulgar,… parece máis un cruce de declaracións entre bandas predipostas a acabar a puñetazos que de persoas que aspiran a acabar sentadas nun escano do Parlamento de Galiza. Eu pregúntome  quen ten medo de quen? Ou… de que?

Probablemente nesta campaña quedemos sen ver, unha vez máis, debates entre os candidatos a Xunta de Galiza. Falarase, e moito, dos medos duns e outros, logo cada quen creerá a quen lle pareza.

Seica está previsto un debate a tres para o día 20 de febreiro coa asistencia confirmada do Sr. Touriño e do Sr. Quintana. Falta por confirmar a do Sr. Feijóo que esixe para asistir outros tres debates «cara a cara».

Teño que recoñecer a proposta do Sr. Feijóo é a máis acertada… polo menos a que máis me gusta a min. Tres «cara a cara» permitirán a cidadanía diferenciar mellor as propostas de cada un dos partidos, especialmente as propostas dos dous partidos do goberno porque, penso eu, que si estes dous -PSOE e BNG- van a gobernar en coalición, como xa o fixeron ata agora, deberíamos saber os votantes porque votar a un e non ó outro. É dicir, un nacionalista debe saber porqué debería votar o BNG e non ó PSOE si finalmente os deputados do BNG van elixir ó Sr. Touriño como presidente? Ou viceversa… ainda que é menos probable!

Considero que fai ben o Sr. Feijóo en non acudir ó debate si non se confirman antes os»cara a cara» que pide, así, polo menos, poderemos ver un debate a dous entre o Sr. Touriño e o Sr. Quintana. Devezo por velos discutir… faranno? Ou, pola contra, aceptarán a proposta do Sr. Feijóo? Non me digan que agora lles entrou o medo a debater (a todos).

A miña percepción é que cada un dos candidatos teme máis as súas propias limitacións que a auducia e/ou a valentía do rival, tal e como nos queren facer ver.

Desafección e abstención
A quen credes que beneficia a abstención? Iso dependerá do partido ó que acostuma a votar quen deixa de facelo, non? Hoxe sae Anxo Quintana en diversos medios decindo que non ir a votar favorece ó PP. Ben, por que credes que o Sr. Quintana di isto? Eu penso que o fai porque considera que os seus propios votantes  non van acudir a votar o próximo 1 de marzo -polo menos non perdeu o sentido do olfacto-. Quizais se equivoque na forma empregada para motivar a esa masa social, quizais a esa masa social lle de igual que goberne o Sr. Touriño que o Sr. Feijoo e, polo tanto, ameazar a cidadanía co lobo -o PP- como si fosemos «carapuchiñas»… quizais, non sexa o modo máis efectivo. Quen sabe, o mellor unha boa dose de autocrítica, logo de tantos anos sen exercitala, resultaria máis eficaz.

Hoxe pregunteille a Núñez Feijóo, Pérez Touriño e Anxo Quintana pola abstención, causas e solucións.

Quintana asegura que quedar en casa o 1-M é facer o xogo ao PP porque «vai en coalición coa abstención». Hoxe en La voz de Galicia e outro medios.

Non estou dacordo. A abstención é o resultado da desafección política do cidadán e esta, a desafección, é a súa vez o resultado da falla de confianza política que xera toda a clase política, non só o PP, senón tamén –e sobretodo- PSOE e BNG. É inxusto, polo tanto, culpar a un só partido da abstención. Os que non temos pensado votar –inclúome- é por que non cremos en ningún de vostedes.

Porque esa desconfianza? Non hai máis que abrir calquer xornal para ter a resposta: corrupcións, sibaritismo, enchufismo,… ningún partido se libra das acusacións. Mentres tanto, nós, os cidadáns temos que sufrir a actitude indolente dos que gobernan fronte a crise, sufrir o anuncio de medidas irrisorias como a anunciada a finais de novembro polo Sr. Touriño, a contratación de 2000 persoas para a realización de “tarefas medioambientais”… mentres o número de desempregados medra en xaneiro 11.413 persoas en Galiza; ou o famoso “plan E” para crear 300.000 empregos no estado cando só en xaneiro se destruiron preto de 200.000. ¿?

Os anuncios destas medidas, iso si, son feitas de xeito espectacular para convencer, unha vez máis, ó que non sufre o problema directamente pois quen cada día é despedido da súa empresa –centos en Galiza- non poden máis que recibir con desprezo as súas irrisorias propostas.

Grazas a sociedade da información e do coñecemento redúcese o control da información e, polo tanto, do abuso que os partidos políticos viñan facendo da ignorancia da maioría. Agora, calquera de nós, os cidadáns, pode contar abertamente as súas reflexións a toda a sociedade, deixalo escrito aí, nun blog, nun diario, no Factbook,… ata que alguén, máis tarde ou máis cedo, o le. Non nos escoitan vostedes pero si o resto da sociedade.

A perda do control da información por parte das clases dirixentes debería levar a unha maior receptividade das propostas da cidadanía por parte dos partidos políticos, sen embargo, non é así, seguen vostedes tapando os ollos -e os oidos- crendo que seguimos emboubados ante as súas mensaxes a través dos mass media. Están moi trabucados.

Este paréceme un asunto serio, del depende a propia supervivencia do sistema democrático, por iso lles pregunto cales son as súas propostas de cara o futuro para reducir o desleixamento entre a sociedade e a clase política?

Prácticas caciquís no BNG
O pasado mes de agosto xa denunciara, na Consellería de Medio Rural, a incontinencia caciquil do Delegado de Medio Rural de Ourense, Xosé Rodríguez Cid, denuncia da que, por certo, sigo esperando resposta… O silencio do Conselleiro deixa máis que de manifesto a súa complicidade. Hoxe La Voz de Galicia fala dos enchufados por este señor (teño que realizar verdadeiros esforzos para usar esta expresión e non outras máis apropiadas ó caso) en Medio Rural; fala a nova só dos enchufados da súa localidade, Cartelle, que non dos concellos limítrofes…

«clica» na imaxe para ampliar

Sacade o Santo!!! dixera daquela. Agora, a nova públicada en La Voz venme dar a razón doutra advertencia que xa fixera fai unhas semás, durante a elaboración das listas electorais, cando manifestei na Asemblea comarcal de Allariz que a política de emprego levada a cabo pola Consellería de Medio Rural, e de xeito especial por SEAGA, ía pasarlle factura ó cabeza de lista por Ourense, Alfredo Suárez Canal . É evidente que ninguén me fixo caso. Parecíame unha irresponsabilidade que este señor fose o cabeza de lista e resulta, tanto ou máis irresponsable mantelo, máxime despois do ocorrido no día de onte co cabeza de lista do PP por Ourense: unha decisión valente que, sen dúbida, non deixarei de aplaudir.

«clica» na imaxe para agrandar

Isto no actual BNG nunca pasará, máis ben todo o contrarío, premiarase ó cacique e perseguirase a quen esixe claridade, a quen defende a legalidade ou a quen antepón a integridade e  principios morais e ideolóxicos colectivos sobre o interés persoais duns poucos.

Tamén teño que recalcar un dato moi importante: non todos os que somos do BNG estamos enchufados nas consellerías nacionalistas nin todos os enchufados son do BNG.

«Os do BNG non valemos nin para estar cos brazos cruzados nin para estar coa  boca calada»

Anxo Quintana, GZNazión, 2009

Leva razón… pero sempre hai excepcións.

A nova ola participativa
Si hai algún asunto na política polo cal sinto unha disposición natural é a democracia participativa. Xa fixera referencia noutras ocasións acerca deste asunto -Leo, Leo, Lóxica participativa vs Lóxica representativa, Democracia e comunicación no BNG e, últimamente, en Estatuto de Galiza, estatuto da nación?- así que tampouco ía deixar pasar a oportudinade de preguntarlle ós candidatos a Presidencia da Xunta por este tema, máis logo de ler unhas declaracións da candidata ó Parlamento Galego por Ourense, Laura Seara, nas que decía que «É necesario fomentar a implicación con todos os movementos sociais xa que é imprescindible crear un ambiente de complicidade entre os políticos e a cidadanía». Estou totalmente dacordo, agás nunha cousa, para fortalecer algo primeiro ten que existir. É como cando Touriño fala dunha universidade virtual  «LIDER»,… para convertila en «lider» primeiro hai que pola a andar (por certo, a Comunidade Valenciana acaba de por en marcha VIU, a súa universidade na rede. Non sei como o verá o Sr. Touriño pero eu vexo que se nos está escapando o liderato). Así llo plantexei a Núñez Feijóo, Pérez Touriño e Anxo Quintana:

«O Alcalde de Porto Alegre decide moito menos que calquer outro, pero as súas decisións foron fundadas en decisións colectivamente articuladas e iso faino un alcalde moito máis forte que os outros. Renuncia a decidir moitas cousas, pero iso amplía extraordinariamente a sua representación política».

Tarso Genro foi alcalde de Porto Alegre (1993-96 e 2001-02) e, na actualidade é ministro de educación de Brasil.

A derradeira revolución democrática é a que permite participar ó pobo na decisión política final; pouco a pouco vaise impondo na sociedade moderna pese a resistencia de moitos políticos ambiciosos de poder. Este tipo de políticas, fáciles de artellar na era das telecomunicacións, réstanlle responsabilidade ós políticos e dota de máis lexitimidade ás decisións finais, tal e como recoñece o seu precursor. Para unha sociedade como a galega, afectada secularmente por uns parásitos que frean o seu desenrolo, os caciques, a implantanción dun sistema democrático participativo serviría para erradicar esta lacra social.

Para iso compre en Galiza un goberno disposto, non só a escoitar, senón a aceptar a decisión adoptada pola cidadanía, a través dos movementos sociais, e executala. Compre un goberno que deixe decidir a cidadanía cales son as súas prioridades presupuestarias anuais. Cal é a súa postura ante a nova ola participativa. Estan dispostos a cogobernar co pobo?

Estes días andiven curioseando polas distintas webs dos candidatos, tanto de Galiza como de Euskadi, e sóamente atopei na páxina do PP vasco un buzón para enviar propostas para a elaboración do programa electoral. Sorprendéume, recoñezo. Tamén me sorprendeu -ou non- que o BNG fixese o mesmo… pero despois de ter elaborado o programa! Podédelo ver na web electoral que se estrenou onte… feito que me recorda moito ó modo en que se elaboraron as listas.

Para aqueles que lles goste a política e sexan defensores da ampliación de dereitos democraticos ou, sinxelamente, queiran coñecer en que consiste a democracia participativa, recoméndolles facer unha visita pola páxina web de presupuestosparticipativos.com

A culpa é dos bancos!
Primero foron os bancos e as subprime, uns créditos concedidos polos bancos ós ninja, os responsables orixinais da crise financeira gobal; e agora voltan ser os bancos os responsables do agravamento por non prestar cartos a quen non lle ofrece suficientes garantías; primeiro por dar de máis e agora por non dar. Se non estivesen os políticos polo medio pensaría que me están tomando por parvo, como o están, queda confirmado. A modo de reflexión foi ese o asunto proposto no día de hoxe a Núñez Feijóo, Pérez Touriño e Anxo Quintana.

Non todo será culpa dos bancos, nin da crise financiera internacional… digo eu que algunha culpa de todo o que está pasando aquí será dos responsables políticos daquí porque, penso eu, si vostedes non poden facer nada para solventar os problemas que aquí nos afectan por unha crise que ven de fora, para que os queremos? Andamos por ahí berrando: queremos máis autogoberno! Para que, si non saben que facer por Galiza hoxe co pouco que ten? Para que máis autogoberno si logo estamos expostos as crises de fora e somos incapaces de reaccionar ante elas?

Non nego que nos afecte a coxuntura internacional, nin a codicia dos bancos pero, e as caixas? As caixas son entidades públicas, propiedade de tódolos cidadáns, gobernadas polos seus amigos fieis, máis amigos e máis fies que capaces, sen dúbida; as mesmas caixas que inverten en fondos de alto risco asiáticos ou ianquis pero que se negan a darlle financiación a un porxecto galego… porque lles parece moi arriscado!

No fondo o problema está aí. O problema está na clase política, si, vostedes que dende os seus partidos promoven elites de ineptos pero fieis dirixentes, primando a lealdade ou, mellor dito, a sumisión, sobre a capacidade; primando a aquel que asinte sempre, e que é doce no falar, crea poucos problemas –porque lle falta iniciativa ata para iso-, … o cacique de toda a vida, sobre aquel que sabe decir que «non» e o di cando así o cre -porque ten calidade persoal- e aporta ideas diferentes.

Que ocorre agora? Os seus partidos están dirixidos por uns individuos feitos todos co mesmo patrón, políticos “monoidea”, políticos que están esperando a ver que se lle ocorre ó xefe para decirlle que ten razón –e de paso o fermoso que é- … é para o que se lle paga, non? Como iso «é o que hai» -nuns e outros partidos-; ós cidadáns só nos queda esperar que a crise amaine sóa, non?, esperar que as grandes potencias poñan freo a esta situación da que, a bo seguro, serán unha vez máis, as grandes beneficiadas. Supoño que é o que todos están agardando, non?

Resulta difícil dixerir esta crise cando a un se lle presentan tantas dúbidas e non atopa ningunha resposta. Cada día esculco nos xornais a ver si algún candidato tivo en conta as dúbidas que eu lle plantexo e, creo, comparto con moitos cidadáns, e dan algunha resposta através dos mass media. Nin chio! Eles seguen o seu… a convencer ó indeciso, el é o obxectivo. Como? Si non resolven nada, non responden nada,…

Somos conscientes da envexa e o desprezo co que algúns nobres contemplan os méritos e as enerxias dos homus novus, e tamén de que basta con que pechemos un intre os ollos para vernos metidos en calquer trampa, de que si deixamos aberto o menor resquicio para a sospeita dunha conducta impropia pagaremos no acto por iso, de que nunca debemos baixar a garda nin permitirnos repouso algún. Temos inimigos, enfrontémolos, temos tarefas que acometer, arrimemos o ombreiro; pero non esquezamos que un inimigo aberto e declarado e menos formidable que un que se oculta e non di nada

Cicerón a Tiro. Imperium, Robert Harris

Inxustiza e desigualdade
Si algo ten que primar nunha sociedade civilizada é a xustiza e a equidade e, sobre todo, a igualdade de tódalas persoas,físicas e xurídicas, ante a lei. É un principio fundamental en todo estado de dereito, por iso me sorprendeu o mensaxe que onte colgou no seu muro de facebook o candidato nacionalista, Anxo Quintana. É lóxico que eu, un simple cidadán, diga o que el dixo, pero non el que, entre as súas responsabilidades está a de facer que se cumplan os preceptos lexislativos. Foi esa reflexión de Quintana a que deu orixe a pregunta que lle formulei hoxe ós tres candidatos:

Anxo Quintana pensa que non pode ser que para os cidadáns haxa leis de obrigado cumprimento e para os bancos haxa recomendacións e boas palabras!”

Sorprendéume atopar esta mensaxe no muro do candidato nacionalista. Como se pode facer tal afirmación? Sr. Quintana vostede é Vicepresidente da Xunta de Galiza, non un cidadán común, vostede forma parte dun poder executivo, como é a Xunta de Galiza, con mecanismos dabondo para facer que os bancos -e outras empresas- cumpran coas súas obrigas e, onde non lle sexa posible, presentar as demandas correspondentes ante a xustiza.

Pero claro, unha cousa é falar e outra actuar. Verdade? Toda a sociedade galega coñece os seus ditos e os seus feitos e, asegurollo, están cheos de incoherencias –e refírome os tres cadidatos-. Algo non cadra.

Si me puxera a enumerar os delitos que dende os respectivos gobernos se lle tolera as empresas acabaríaos aburrindo –ainda máis- :  delito de publicidade falsa (destes tamén sufrín un, levo tres anos anos na xustiza), delitos de facturación (non sei porqué véuseme a mente FENOSA -desvarío-), delito de detracción de materias primas e productos de primeira necesidade (lémbranse da crise alimentaria do primeiro trimestre de 2008?), maquinacións para alterar os prezos que resultarían da libre concurrencia, abuso de información privilexiada, blanqueo de bens (agora estou pensando en moitas constructoras –e bancos- as que é imposible comprarlle unha vivenda sen pagar unha –boa- parte en negro), delitos contra a facenda –moi relacionado co anterior- e a seguridade social, delitos contra os dereitos dos traballadores –dos que non se libra nin a propia administración-, delitos contra o patrimonio histórico e o medio ambiente –non podo evitar pensar en Xunqueira de Ambía-,… e, con esta, pecho o libro, pero podería seguir.

Díganme, cantas empresas, a iniciativa súa -ou dos seus partidos- foron condeadas por algún destes delitos? Estou seguro que ningunha, e máis, posiblemente estén contratando dende a Xunta de Galicia, Deputacións, Concellos,… con empresas que violan eses dereitos.

Existe outra figura xurídica que hoxe en día, si realmente se fixese uso dela dende as institucións públicas, ateigarían –ainda máis- tódolos xulgados galegos e do mundo: o enriquecemento inxusto, unha figura fundada, precisamente, en razóns de equidade, e a que pouco gasto se lle da nesta era de desigualdades. Miren, no ano 2007 as empresas cotizadas no IBEX-35 batían tódolos seus records de beneficios, no 2008 por medo a perdas, non polas perdas en sí, despedían a milleiros de persoas…  e no 2009 continúa a mesma dinámica. E ninguén intervén. Non ven vostedes o enriquecemento inxusto? Non lles parece inxusto non compartir beneficios con aqueles que os producen –os traballadores- e si as perdas? Como diría Gila “alguén roubou a alguén”

Díganme, non o que pensan facer ó respecto sobre este asunto no futuro, que si lles apetece tamén –son todo oidos- senón o que ten feito ata o de agora, si é que fixeron algo.

Densenrolar lexislativamente a figura do enriquecemento inxusuto é algo fundamental na sociedade moderna, unha prioridade, para frear a codicia duns poucos que non acaban de ver que a acumulación de capital, en poucas máns, leva a pobreza colectiva e, finalmente, a súa propia.

Estatuto de Galiza. Estatuto da Nación?
Voltamos a estar en campaña electoral e, como non, voltamos ó discurso do Estatuto de Nación. Eu pregúntome que temos que ver a nación con iso, porque ninguén nos preguntou a nosa opinión, ninguén nos pediu -a cidadanía- que diseñemos a Galiza do futuro. Non hai propostas do pobo, non hai debate entre pobo e, por suposto, non hai unha administración política que canalice as nosas conclusións. Como é posible chamarlle Estatuto de Nación a unha proposta feita as costas dos integrantes desa nación? Sobre este asúnto versaba a mensaxe deixada hoxe nas caixas dos tres candidatos a Xunta de Galicia:

Un dos maiores fracasos da pasada lexislatura foi a non elaboración dun Estatuto de Galiza e trátase este dun fracaso de todas as forzas políticas no seu conxunto.

Polo que levo visto, oído e lido no que vai de precampaña estanse pondo outra vez as mesmas pedras que levaron ó fracaso do proxecto anterior o que me fai pensar que, realmente, existen poucas ganas de lograrun novo estatuto para Galiza.

Eu envexo o Estatut de Catalunya, pero máis qe polo seu contido, que tamén, pola forma en que foi elaborado. O Estatut é o resultado dun proceso participativo no que tivo un gran protagonismo internet. Así se recolle nun informe da Generalitat de Catalunya que di así no seu resumo:

«Durante o segundo semestre do ano 2004, en Catalunya vivíuse un fenómeno inédito. O Gobierno da Generalitat iniciou un proceso participativo co obxetivo de informar e de facer participar á cidadanía na redacción do novo Estatuto catalán. O obxetivo do proceso participativo era tan sinxelo no seu diseño como complexo na sua execución: por ó alcance da cidadanía diferentes medios para recoller as suas demandas, opinións e reflexións en relación co Estatuto e envialas, íntegramente e a través dunha análise sintética, á ponencia parlamentaria encargada de elaborar a proposta de reforma, previamente o inicio dos seus traballos.

Internet foi unha desas canles e así naceu unha páxina web, que estivo activa durante cerca de cinco meses co obxectivo de recoller propostas e informar á cidadanía. Neste periodo de tempo recibiu 86.757 visitas, serviu máis de 700.000 páxinas, recolleu 4.530 aportacións escritas e a cidadanía utilizou os foros de debate para enviar máis de 9.500 mensaxes.»

O Estatut de Catalunya foi por encima de todo un Estatut participativo, onde tódolos cidadáns, organizacións e movementos sociais fixeron propostas e debateron dos foros creados pola Dirección Xeral de Participación Cidadana da Generalitat de Cataluña (algo que aquí non temos nin en proxecto). Aquí non se debateu siquera polas bases dos partidos políticos.

Considero que si realmente tivesen vostedes a vontade de elaborar un novo Estatuto para Galiza comezarían de cero e deixarían que fose a sociedade galega a que puxese os primerios piares nos que se sustentase o noso futuro e, deixarían tamén, de usar este asunto como unha arma arroxadiza. Non se pode enredar na area sociopolítica co futuro dun pobo.

Queren vostedes realmente un Estatuto para Galiza sin contar coas demandas formais dos galegos?

O que realmente é envexable do Estatut é o método escollido para a súa elaboración. Non se pode copiar outro estatuto e presentalo no Parlamento galego sen máis, sen ser antes discutido pola sociedade. Considero que un estatuto debe ser trazado, dende o primeiro artigo, pola cidadanía, os partidos, as organizacións sindicais, empresariais e movementos sociais (culturais, ecoloxistas, deportivos, feministas,…). Niso si é envexable o procedemento levado a cabo polo goberno catalán 100% participativo. Débese imitar o método procedimental, non o articulado. Débese presentar entre toda a sociedade, non unilateralmente…

Crise, que crise?
Ou debería dicir: crise, que crise! Antes non sabían por onde viña e agora que xa chegou, non saben por onde se vai ir. Nin cando. Témola aquí entre nós, seguímola cada día coa mirada e cos oídos, falamos mal dela, moi mal, non nos gusta a ninguén, molestanos que esté aquí, pero ninguén fai nada para que se vaía… uns por outros e ela segue aí. Inmóbil. Falo da crise… e dos políticos. O certo e que moitos xa desconfiamos que se queiran desfacer dela, as medidas tomadas non son o resultado dunha verdadeira análise de fondo do problema senón froito dunha tirada de dados (que, desgraciadamente, ten máis caras que unha moeda). Eu tampouco teño a solución para pola fora, pero si teño máis preguntas, quen sabe si coñecéndoa ben…

Hai un ano algúns estábannos promentendo o pleno emprego e agora resulta que levamos seis meses en recesión. Defenderse deste feito dicindo que non se estaba mintindo senón que se descoñecía a magnitude da crise económica da medo, da medo ter uns dirixentes ignorantes, moito máis que uns dirixentes mentireiros.

Naquela campaña, na que se descoñecía a realidade económica, anuncióuse unha medida para fomentar o consumo, os famosos 400 € de Zapatero. medida que, ademais de non producir os efectos desexados, deixou o goberno sen capacidade de maniobra futura (agora séguense pondo en marcha novos plans «anticrise», pero a conta do endebedamento de todos). Aparte, aquela promesa foi malinterpretada por moitos votantes, que se creron beneficiarios sen selo, provocando o conseguinte cabreo a posteriori (despois de votar, claro).

Agora é Anxo Quintana quen lle promete ós parados 500 € extras cada semestre (unha promesa así so se pode facer dende a posición de quen cré que o home é o único animal que tropeza duas veces na mesma pedra), porque seica os parados daquí cobramos menos. Porqué cobramos menos? Iso é o de menos…

Non, iso é o relevante. Cobramos menos porque cotizamos menos e nisto ten unha responsabilidade directa as institucións públicas. Moitos dos postos de traballo que son creados no país son forito de necesidades públicas pero non sempre as contratacións son feitas polas administracións, onde os traballadores teñen máis dereitos recoñedidos froito do diálogo social (si, diálogo).

Volvo a SEAGA, empresa na que me estou «especializando» (non se enganen, non é o único exemplo, hai a patadas polo país, pero a min déume por aí), que recibe encomendas da Xunta de Galicia, onde os seus traballadores teñen piores condicións económicas, laborais, formativas,… que dependendo directamente da Xunta. Logo SEAGA subcontrata a outras empresas, como a do concelleiro do BNG de Molgas ou ó das  Cabras do Xurés, tamén do BNG. Enfín… si os dereitos dos traballadores empeoraban xa en SEAGA con respectoo a Xunta, nestas empresas… (mellor calo). Xa llo comentara noutra ocasión así que non o vou repetir.

Para que os parados galegos converxan cos do resto do estado é preciso que os traballadores galegos se lles garanta os seus dereitos e, claro, si non o fan as institucións públicas que vostedes dirixen (Xunta, Deputacións e Concellos) como o van facer as empresas privadas. A solución non pasa por dar cartos (os cartos acábanse!) senón pola esixencia do cumprimento dos dereitos laborais e levando a cabo políticas que non primen as empresas que non os cumplen.

Por exemplo: a Xunta de Galicia vai por a disposición de Adolfo Domínguez un millón de metros cadrados no Val da Rabeda. ¿Que ofrece a cambio esta empresa os cidadáns que lles financiamos eses terreos? Precariedade laboral (salarios báixos, temporais,…), conxelacións de salario, etc. e a ameaza permanente da deslocalización.

Calquer persoa sensata acaba dándose conta de que as nosas administracións son títeres en más das empresas privadas (miren como Fenosa ainda mantén o seu dereito de pernada sobre Galiza), que son elas as que realmente gobernan o país, calquer país, e os poderes políticos pouco máis poden facer que someterse ós seus designios.

Desta vez máis que unha pregunta vou facerlle unha proposta: propóñolle que me convenzan do equivocado que estou. Poderán?

Xustiza e Sanidade
Xuntar estes dous temas nun só pode parecerlle a alguén que estou misturando touciño con velocidade pero unha cousa ten moito que ver coa outra ou, mellor dito, unha cousa acaba levando a outra (e a veces, viceversa). Así llo plantei hoxe os tres candidatos que, como ben sabedes, andan moi atarefados, e non poden respostar as miñas dúbidas. Este rítmo vou seguir indeciso o día 2 de marzo.

Preguntaranse que ten que ver unha cousa coa outra. Agora llo explico: cando unha persoa doente é vítima dunha neglixencia médica, onde acaba? No xulgado -non todos, algúns no cemiterio-. Non existe a mínima posibilidade de que un centro sanitario público recoñeza os seus erros e indemnice o paciente polo dano causado, nin sequera cando o feito é flagrante.

Logo de tantas preguntas, nas que vou introducindo experiencias propias, vostedes dirán, pois si que tivo un ano negro este home! Pode ser, pero eu que non creo na mala sorte, considero que todo o que a min me sucede ocórrelle tamén tódolos días ó resto de cidadáns.

Dentro dunha semana fai un ano que acudín a un centro sanitario porque me levantei doente. Acudín ó C.H. Cristal Piñor de Ourense onde, sin facerme proba algúnha do mal do que me queixaba mándanme pra casa con menciña pra dor de cabeza e para o catarro (a verdade é que tamén andaba algo arrefriado). Seica un non pode enfermar un domingo de Entroido! Os catro días estaba moito peor. Desta vez, logo de facerme tódalas probas que antes non me fixeran, diagnósticanme unha patoloxía que nada tiña que ver coa que me trataran e ponme o tratamento… o día seguinte! (daquela os médicos estaban en folga). O resultado é que tratar esa enfermidade tan tarde fai que a miña saúde non poida reverter ó estado inicial, mentres que si me tratasen o primeiro día (claro que para iso había que facerme as probas naquel momento, naquel domingo de Entroido) agora mesmo non tería ningunha secuela e, seguramente, estaría moito menos cabreado.

Puxen unha reclamación en ‘Atención o Paciente’ e a súa resposta é que o trato que me deron foi o adecuado. Estiven a piques de mandarlle un xamón de guijuelo ó responsable!

A saída que queda nestes casos -a min e a calquer outro paciente- é a xustiza… e aí atópome, de novo, cunha lista de espera con máis de 5.000 casos por resolver. Sí, eses son os casos que ten na actualidade o Xulgado de Instrucción nº 1 de Ourense segundo traballadores do Pazo de Xustiza.

Os xulgados están ateigados, en boa parte polo funcionamento (o correcto sería decir malfuncionamento) irresponsable das administracións. Por iso a solución ó colapso da Xustiza non pasa sóamente por dotar de máis medios ós xulgados, que tamén, senón de liberar as administracións de dirixentes e funcionarios irresponsables.

Entre os casos que se atopan nese mesmo xulgado está unha denuncia por unhas canteiras en Xunqueira de Ambía, denuncia que se podería ter evitado si o concello (do PP), a Consellaría de Medio ambiente (do PSOE) e/ou a Consellaría de Industria (do BNG) fixeran ben o seu traballo… e así ata o infinito! Os xulgados, como último recurso que son para a cidadanía, son os que sufren máis directamente o malfuncionamento do resto da administración pública -xunto co administrado, claro-.

Mentres tanto, os cidadáns que sufrimos primeiro as neglixencias dunha administración, logo imos ter que soportar a posteriori a lentitude doutra, a da Xustiza. Somos vítimas dos seus erros por partida dobre.

Existirá algunha vez unha administración -especialmente na Sanidade- que sexa imparcial a hora de dirimir conflictos entre o administrado e os actos dos seus traballadores, sen ter que recurrir a vía xudicial? Algún de vostedes vai por fin ó corporativismo das administracións -agora que tanto se critica o da Xustiza- e garantirá que o administrado sexa recompensado polos danos que esta lle cause sen necesidade de ter que acudir sempre a xustiza?

Despoboamento e avellentamento no rural
No rural non sobra ningún vello pero falta xente nova. O desequilibrio xeracional é tal que cada ano aumenta o número de pobos que quedan sen veciño algún. É difícil reter a xente nos pobos cando non se lle pode garantir o mesmo nivel de vida que calquer outra persoa ten nunha cidade: suministros, administracións, ensino, información, actividades sociais e culturais… unha carencia que sería fácilmente subsanable coa implentación das novas tecnoloxías da información e do coñecemento pero, para a empresa privada non é rendible dar servicios a poboacións pequenas e lonxanas e, para as administracións, non é algo prioritario. Cada vez que hai eleccións fálase de WI-FI, WI-MAX,… inaugúranse un par de antenas -pra foto- e pasado este periodo esquecense de todo. A pregunta de hoxe é a seguinte:

«Galiza crece no entorno das súas grandes cidades, mantense en seis urbes e afúndese o padrón en dous tercios dos concellos galegos. Nas provincias de Lugo e Ourense, o descenso afecta o 75% dos concellos. Así se resume no derraeiro ano de movimientos demográficos que acaba de facer público o Instituto Nacional de Estadística (INE)».

Esta é a cabeceira dunha nova que publicou o 3 de xaneiro La Voz de Galicia. Non colle a ningún galego por sorpresa pois, a mesma nova, vense repitindo ano tras ano.

As políticas do medio rural son un fracaso, son unhas políticas que non permiten innovar, crear ou crecer, simplemente sobrevivir e, cando iso non é posible, só queda fuxir. Unha boa parte das persoas que ainda quedan no rural galego faino con explotacións agrícola-gandeiras de subsistencia sustentadas polos subsidios europeos, subsidios que pronto chegarán a súa fin.

Para cando iso ocorra atoparémonos cun país que non sóubo aprobeitar as axudas da Unión Europea para modernizar o medio rural, para especializar os seus campesiños e gandeiros, nin para crear unha verdadeira industria transformadora dos bens aquí producidos. Non é así noutros países de Europa, como Francia, onde contan xa con macroproxectos como a AGROPOLE, mentres aquí seguimos enredados coa infracultura das concentracións parcelarias.

Pregúntome si lles preocupa o abandono do medio rural, lamentablemente non para a Galiza urbana, senón para fora da nosa terra e, pregúntolles, cales son as súas solucións a este problema, xa secular, que ten tintes de converterse en dramático si temos en conta o avellentamento dos nosos pobos.

Oiremos falar de tódalas maravillas que se ten feito no medio rural -cantos de seréa dirixidos a poboación urbana; só eles poden, por descoñecemento, crer todo o que se di- para mellorar as condicións de vida pero logo, porque segue desaparecendo a poboación? O pior é que esa poboación nin sequera vai para as cidades galegas, nas que tampouco existe moita saída laboral, senón para fora de Galiza. O éxodo de galegos parece non ter fin.

Artigo relacionado: O minifundio : ¿residuo do pasado ou proxecto de futuro?, de Xoan Carlos Carreira

Unha Universidade LIDER
Onte foi presentado o programa do PSOE para as eleccións autonómicas 2009 e, logo de botarlle unha ollada, rastrei a palabra «universidade» para ver cales son os seus proxectos ó respecto. Nel fálase dunha universidade que «será líder na Socidedade do Coñecemento e porá en valor a transferencia de tecnoloxía entre o Sistema Público de I+D e as empresas». Como non me quedaba moi claro o que quería dicir -e aprobeitando que Touriño -el ou o asesor político que xestiona a súa face- estaba comentando cos seus «amigos» os diversos pareceres sobre o programa eu pregunteille:

Que quere dicir con «unha universidade líder na sociedade do coñecemento». Teremos por fin unha Universidade Virtual Galega, como Catalunya e Madrid? Iso sería unha boa nova.

Ó que Emilio Pérez Touriño respostou:

xOsse, cando digo unha «unha universidade líder na sociedade do coñecemento», quero dicir precisamente iso. Que estea á cabeza das universidades do Estado, ao fronte, na vangarda, que sexa innovadora; o que non quuero precisamente é que teñamos que ir a remolque de ninguén, nin de Catalunya, nin de Madrid; e que sexan estas comunidades e outras as que nos imiten a nós

Ben, de momento nen sequera imos por detrás desas comunidades xa que, para facelo, é preciso competir directamente con elas nun campo, o virtual, no que nin sequera temos presenza. Si, finalmente, se pon en marcha ese proxecto quedará moito camiño por percorrer para acadar tal liderato. Supoño que esta semana iremos coñecendo os demáis programas… a ver que din.

Os 400 de Quintana
A algúns ainda nos zumban os oídos cos 400 euros de ZP e hoxe leo na prensa unha proposta do BNG na cal Quintana fala «dun complemento autonómico ao paro». Pero hoxe non vou falar nin dos 400 de Zapatero nin dos 400 de «Espartaco» Quin  senón da enquisa de La Voz de Galicia.

Efectivamente só é unha enquisa, non son os nosos votos, pero logo de comparala con outras como a do Xornal Galicia ou La Razón, parece claro que ninguén vai bater márcas históricas. Acadar rexistros históricos só está a altura  dos craks e parece ser que desta volta, nas eleccións galegas, non se presenta ningún. Agora non é o momento de rebaixar obxectivos, nin de sinalar os interes que uns medios e outros teñen pra influir na opinión pública, é o momento de presentar propostas serías e concretas, que resulten creíbles a cidadanía, e non de lanzar fogos de artificio. Os tempos non están pra festas deste tipo.

A Política de Emprego (II)
A verdade é que este tema daría para falar toda a campaña pois, dende a Xunta de Galiza, véñense cometendo verdadeiras atrocidades dende tempos inmemoriais -refírome a miña memoria-. Sobre as políticas externalizadoras da Xunta de Galicia tamén falara neste blog con anterioridade e, si entón me preocupaba, porque non planarllo agora ós candidatos?

A pregunta de hoxe entronca coa de onte. Nos derradeiros anos -non só os catro últimos, senón moitos máis- a externalización dos servizos públicos é unha constante. Xustifícanna uns dicindo que a empresa privada xestiona moito mellor (isto, nos tempos que corren, pode catalogarse xa como un mito) e outros en aras de crear unha administración máis moderna. Non é así, no fondo o que procuran, uns e outros, e ceibarse dos réxeos controis que establece a lexislación para a provisión de emprego, tanto que algúns políticos non dubidan en manifestalo abertamente… «na Xunta os sindicatos tennos moi controlados». E máis que deberían…

As consecuencias destas políticas acaban derivando sempre na perda de dereitos por parte dos traballadores, entre outras cousas pola falla de presión sindical, o tratarse xeralmente de empresas de nova creación, pequenas empresas, pola súa dispersión,… que impiden que os traballadores que realizan o mesmo servizo fagan causa común. Isto tradúcese finalmente en menores salarios, menor estabilidade laboral, mobbing, etc.; a calidade do servizo redúcese pola confusión ou superposición no seu desempeño; e, por suposto, sae moito máis caro para a administración, que ten que pagar as novas administracións das empresas e, cando se trata de empresas privadas, o beneficio. Así é, os beneficios das empresas privadas costéannos os administrados a base de máis impostos e/ou peor servizo.

Un caso real e actual é SEAGA, unha vez máis: os traballadores desta empresa gañan menos que os da Xunta que realizan a mesma labor, non adquiren dereitos para participar en procesos selectivos da Xunta, non crea emprego estable (tivo máis de 2.400 traballadores en 2008; só creou 6 prazas fixas en tres anos; e prevé crear 2 para 2009)… iso sí, permitelle a quen a dirixe colocar a quen lle pete, xa que nin hai comité de empresa, nin presión social, nin nada. Ademáis subcontrata traballos a empresas privadas «amigas» do rural, empresas que abusan moito máis da precariedade laboral (algún «premio AGADER» chegou a dar de baixa ós seus traballadores as fins de semana, non lles pagaba os días que pola choiva non podían facer a súa labor, e, moitas veces, nin os traballados).

Díganme, cal vai ser a súa política o respcto para a vindeira lexislatura? Van seguila tendencia externalizadora?

É unha mágoa que dende os partidos se premien as persoas que fan tanto dano o colectivo de traballadores (e refírome dun xeito especial ós premios AGADER e os «premios SEAGA»), pois estas persoas deberían ser perseguidas e depuradas de toda formación política, indepenentemente da súa orientación política, pero de xeito especial nas formacións de esquerdas.

A Política de Emprego (I)
Os que queiran ser funcionarios que apuren para participar nas derradeiras  convocatorias. Por que digo isto? Acabo de mirar o calendario electoral: ata o ano 2011 non hai máis eleccións, municipais e autonómicas, así que é de esperar que ata entón tampoco se farán máis convocatorias de emprego público, sempre ligadas ós intereses de quen goberna. Sobre este asunto ía a pregunta de hoxe:

Non existe nada máis doado que facer crer a unha persoa naquilo que desexa ferventemente: un posto de traballo; máis na etapa que estamos vivindo, onde as tasas de paro suben a velocidades arrepiantes.

Como xa ven sendo tradicional, agora co bipartito e antes co PP, non sexamos cínicos, en precampaña electoral ofértanse numerosas prazas de emprego público. É unha tracición, como comer turrón no nadal, que se pode comer todo o ano, si, pero só se fai nesas datas.

O que buscan os partidos con estas actuacións non é outra cousa que crear máis expectativas de emprego que postos de traballo reais. A ecuación é sinxela: a máis expectativas máis votos. Si estas convocatorias se fixesen seis meses antes e se resolvesen antes das eleccións a esperanza de moitos cidadáns -votantes- veríanse defradudadas e iso non favorece os partidos do goberno.

Vai facer un ano o responsable comarccal do BNG en Allariz – A Limia, en plena precampa electoral, xuntóunos a responsables locais e a concelleiros para falarnos da convocatoria de peóns que acababa de facer SEAGA, para que fósemos polos pobos e lles ofertaramos ós nosos veciños a posibilidade de traballar nesta empresa nunhas condicións de traballo que logo resultaron ser falasas. Mentímoslle ós nosos veciños, incoscientemente, ó decirlle que lles farían contratos de 7 meses máis vacacións, o primeiro ano, e 9 meses máis vacacións, o segundo; mentímoslles o decirlles que terían salarios superiores a 1000 € (condición que só se daba sumando extras e pluses);… mentímoslle, pero moitas desas persoas acabaron votando o BNG. Mentímoslle porque poucos traballadores dos que se apuntaron nas listas foron finalmente contratados, mentísmolle porque poucos estiveron máis de tres meses e, por último, mentímoslle porque os que foron contratados, no fondo, cobraban menos que un traballador da Xunta coa mesma categoría).

Estas preguntas fágollas ós tres, onde teñen vostedes o límite? Ata onde son capaces de chegar para acadar as súas ambicións persoais? Non lle parece que as súas ambicións, as súas ilusións, ó igual que a liberdade, rematan onde comezan as ilusións dos demáis, as necesedidades dos cidadáns?

Hai que recoñecer que fondo os verdadeiros responsables somos os cidadáns que axiña baixamos a garda ante a mínma esperanza de acadar aquilo que máis prezamos e, como somos humanos, topezamos unha e outra vez na mesma pedra.

Universidade Virtual Galega
Sobre a necesidade dunha Universidade Virtual Galega xa falara antes neste blog e, agora, deben ser os candidatos a Presidencia da Xunta de Galicia quen deben respostar se van dar saída ou non a esta demanda. Dende hoxe xa lle chegan as preguntas ós tres candidatos, logo da aceptación de E. Pérez Touriño no día de hoxe tras facer unha nova solicitude de amizade (quen sabe! o mellor a outra non chegou a quen tiña que chegar…).

Onte, despois dun intercambio de opinións con Xosé Manuel  Beiras no Facebook -el ou quen o suplanta ¿…?-,  el afirmaba que este novo invento de comunicación só servía para que agora os políticos nos mintan a cara. Ante isto eu respostei que grazas a esta ferramenta tamén lle podemos chamar ós políticos mintireiros a cara, non? Ante isto dixo: «En todo caso estaslle chamando mentireiro ó asesor de imaxe que controla o perfil de facebook…» dese político. Todos nos facemos a mesma pregunta verdade, realmente está detrás dese perfil o político que di ser ou, como afirma Beiras, non é máis que un asesor de imaxe? Ben, pois eu a eses asesores de imaxe dígolles que curren un pouco máis e, polo menos se molesten en contestar estas preguntas que lle vou plantexando:

Recentemente saiu nos medios unha nova na que se denunciaba unha anomalía na UNED pola cal non se permitía presentar teses en galego mentres si se permitía facelo en linguas estranxeiras e solícitábaselle ó goberno que realizase as «xestións oportunas» para por fin a esta discriminación. Supoño que ata ahí estamos todos dacordo pois tódolas formacións defenden a liberdade de cada individuo para estudar na lingua que lle pareza.

Pero na realidade iso non é posible. En ningunha Universidade galega presencial é posible estudar integramente en galego, como tampouco o é a distancia na UNED -como xa vimos- nin nun entorno virtual. Resulta paradoxal que calquera individuo do rural galego -ou da cidade- que queira facer estudos universitarios dende a súa casa nun entorno virtual, que lle permita o contacto directo -virtual- cos seus compañeiros e mestres, realizar todo tipo de xestións e probas de xeito telemático, poda facelo en catalán, en castelán ou en inglés, pero non na súa propia lingua.

Pensen nos galegos que viven en pequenas vilas, lonxe das facultades das grandes cidades, pensen nos galegos que están espallados por todo o mundo e pensen, como non, nos beneficios económicos, sociais, políticos, tecnolóxicos,… que aportaría a Galiza. Os galegos necesitamos unha Universidade que pense os problemas do noso país e deseñe as solucións para el en clave galega.

Logo do éxito acadado pola Universidade Oberta de Catalunya (UOC) e logo da posta en marcha, neste mesmo curso, da Universidade a Distacia de Madrid (UDIMA), non lles parece que xa vai sendo hora de que os galegos teñamos a nosa propia Universidade Virtual?

Como podedes ver, na sidebar da dereita aparece dende hoxe unha ligazón para causa: Galiza necesita unha Universidade Virtual Galega. Os candidatos de PP, PSOE e BNG foron convidados a sumarse a esta causa, ningún aceptou ata o de agora; tampouco o fixo o Conselleiro de Innovación, Fernando Blanco, claro como isto non é innovador -pois xa a teñen en Catalunya dende hai 15 anos-;… ah! e o alemá tampouco, tan comprometido como está coa causa do Bueno é galego… seguro que prefire abrir unha nova causa, xa o vexo «A UDIMA é galega». Mellor galeguizar que crear algo propio. Quen si se uniu a causa foi Xosé Manuel Beiras, o BNG de Compostela, o BNG de Xunqueira de Ambía, [...]  Robinho, e Rosa que é quen maís membros e membras leva reclutado. Xa estamos chegando a 100 e levamos pouco máis dunha semana; está moi ben!

Resposta de Anxo Quintana:

Non sei se sabes que o compañeiro Carlos Aymerich fixo no Parlamento de Galiza unha pergunta sobre este tema e que o BNG presentou tamén iniciativas no Estado ao respeito. Desde logo que sería unha moi boa iniciativa unha Universidade Virtual Galega. Temos o «material» necesario e as potencialidades para levalo adiante. Espero que poida facerse nos vindeiros catro anos.

Pido desculpas por non me unir a todos os grupos que se me propoñen, aínda que me parecen interesantes, mais utilizo o facebook máis como canle de comunicación coa xente que como vía para «manifestarme» politica ou persoalmente.

Un saúdo

Problemas estruturais
Si nos pomos a falar de problemas estruturais, novos e vellos, dentro do goberno galego e o fixésemos Consellería a Consellería, a lista sería interminable. O tempo e o espazo son ilimitados… pero non para nós, por iso trato de abreviar ó máximo nas cuestións plantexadas. Ben, a pregunta de hoxe era esta:

Existen grandes problemas estructurais no país que non van deixar de existir por máis que dende os gobernos -o actual e o anterior- nos traten de convencer do contrario. O exemplo máis notable é a Sanidade. Levamos arrastrando este problema dende que eu teño uso de razón e sempre oímos a mesma mensaxe: tanto dende o goberno minorando, coma dende a oposición aumentando.

Eu entendo que vostedes primeiro falan para os seus, para que se reafirmen nas súas conviccións e, segundo, para os que non sufren eses problemas, xa que calquer persoa que teña que acudir a un centro sanitario sabe que as citas de especialidades, para realizar probas, para intervencións,… están moi por encima do que os gobernos din, tanto que os máis anciáns dubidan, moitas veces, si chegarán con vida pra ese día.

Os que se atopan moi mal, e o poden permitir, acuden a centros privados. Outros esquecen as súas citas ou perden os resgardos, co cal o aforro para administración é importante. Non deberían repartir premios por iso.

Un exemplo deses vellos problemas -e que puiden vivir moi de preto- e o dunha persoa que estivo hospitalizada a principios de febreiro e o médico, ó darlle a alta dille que saque cita para consulta para dentro de tres meses pero logo, ó pedila danlla para principios de decembro. Case once meses! Neses días coincide que sae na prensa a Conselleira decindo que non existen listas de espera máis alá de tres meses… e seguramente convenceu a unha boa parte da población. AH! Antes de acudir esa cita esta persoa foi hospitalizada outras dúas veces pola mesma causa.

Outro exemplo, este dos creados polo novo goberno, pois agora para solicitar un grado de minisvalía hai que facelo en Vicepresidencia,  e a quen vai alí facelo, a traballadora social dalle un prazo de 5 meses para resolver o expediente cando antes, cando este procedimento se realizaba no Inserso, facíase en menos de un mes. Iso si, logo só queda esperar que se cumpra o prazo.

A vostedes parecelles normal que o malfuncionamento das administracións se esté institucionalizando? A sensación que percibimos os administrados é que a administración pública só é eficiente cando se trabuca.

Ricos e pobres
Hoxe teño que empezar pedindo desculpas porque o inicio deste estrano debate comentei que a lista de amigos de Anxo Quintana era máis grande que a de Núñez Feijoo. O certo é que esa afirmación non é de todo certa xa que a lista coa que eu comparei, que si que é menor que a de Anxo, non é a única conta de Feijoo xa que existe esta outra que si é bastante maior. Porque o candidato do PP ten dúas contas en Facebook? Vai ti saber! A non ser… que o autor da fake sexa Touriño… iso explicaríao todo!

Ben. A pregunta que lles deixei hoxe na súa caixa trata de economía, non da crise, senón da diferencia económica e social entre ricos e pobres:

A fenda entre ricos e pobres ábrese cada vez máis. Logo desta ‘mini’ idade dourada que vimos de pasar esa pequena porcentaxe de galegos que eran moi ricos  aumentaron exponencialmente os seus capitais, percibindo, en moitos casos, beneficios que deberían ser estudados como posibles enriquecementos inxustos (un delito), mentres os traballadores perdían capital adquisitivo ano tras ano ó aumentar os seus salarios -cando o facían- por debaixo da suba do IPC. Agora que estamos en crise e, mentres as empresas reparten ainda os beneficios do derradeiro exercicio, despídense traballadores afeito porque non poden soportar os gastos correntes debido a falla de demanda no consumo.

Porque non se obriga as empresas a crear reservas reais para épocas de crise e, sen embargo, se lles permite, cando todo vai rodado, repartir beneficios escandalosos?

Unha das medidas que se tomaron ó respecto -por afectaren de xeito diferente a uns e outros-  foi eliminar o imposto de sucesións -non totalmente-, decisión que ademáis de perxudicar as arcas públicas, privilexia a aqueles que mais ten respecto ós que menos ten.

Isto tráeme a memoria o que pasou en EEUU en relación con este imposto. Bush, tras arrasar nas eleccións do 2004 estaba disposto a eliminar este imposto, pero finalmente tivo que botarse atrás pola presión social en contra. E quen financiou as campañas para xerar esa presión? Nin máis nin menos que os máis adiñeirados do país que vían nesa medida un perigo para os seus capitais e o xurdimento dunha xeración acomodada. Iso aquí ninguén o viu.

É por todo isto que eu me pregunto que é o que realmente pensan facer, pois ata o de agora nada se fixo -aí están os resultados- para que os ricos non sexan tan ricos e os traballadores reciban un salario máis acorde co que producen?

As grandes empresas, non só en Galiza, a nivel mundial, estánse comportando como auténticos robber-barons pois, baixo a ameaza da deslocalización, dominan os seus respectivos sectores, acumulando grandes fortunas personais, recollendo tódolos beneficios, nos ciclos dourados, e cargando tódalas perdas os traballadores, en tempos de crise.

Integración Social
Esta é unha desas expresións que nunca fallan nun programa político. Tódolos políticos queren mostrar o seu lado máis amable nunha campaña e iso non é posible sen ter consideración polos máis desfavorecidos nunha sociedade. A miña percepción é que se fala moito máis de integración social do que realmente os políticos están dispostos a integrar, de aí a pregunta que lle plantexei no día de hoxe a Anxo Quintana e Núñez Feijoo. Emilio P. Touriño nin me mira a face, Núñez Feijoo debe andar moi atarefado e Anxo Quintana contestou a pregunta que lle deixara o sábado sobre corrupción política -o tema máis espiñento dos plantexados ata agora-, o cal é de agradecer pois, a bo seguro, anda tan liado coma os demais. É posible que non haxa máis respostas, ainda así, eu plantexarei tódalas as que se me ocorran.

A sociedade, a través dos seus mecanismos de particiapación -movementos sociais- sacou a luz hai xa ben tempo a discriminación que estaban sufrindo moitos colectivos sociais, abocados a unha vida marxinal por falla de recursos, por discapacidade, pola súa orixe ou pertenza a unha etnia minoritaria, por ser muller, etc. A presión destes colectivos fixo que tódolos partidos falen nas súas campañas de integración social…

Pero, ata onde están vostes dispostos a integrar? As mulleres, colectivo marxinal por antonomasia conseguiron un importante avance ó acadar estar ‘visibles’ nas listas dos partidos políticos nos comicios electorais, grazas a unha reforma da lei electoral. Non sucede o mesmo cos discapacitados que, pese a que a lei reserva un cupo mínimo do 5% -que logo será un 7%- no emprego público -e os deputados do Parlamento Galego son traballadores públicos- non acaban de atopar ocos nas listas electorais de ningún partido.

A pregunta de hoxe é para que me digan cantos discapacitados levan nas súas listas con posibilidades de ser elexidos deputados e que porcentaxe de discapacitados prevén contratar para cubrir postos de confianza.

Neste tipo de políticas prodúcese, moitas veces, un fraude por parte das administracións e/ou empresas públicas cando, a sabendas da obligatoriedade da reserva de cupo, convocan un número determinado de prazas dos previstos en diferentes procesos para evitar, de facelo nun só, crear prazas para discapacitados. Este tipo de prazas están destinados para un perfil de cidadáns concretos o que, a miudo, choca coas preferencias do resposable político de turno.

Corrupción política
A corrupción é unha das causas que xeran máis desafectación política no cidadán. Todos somos testigo no día a día desa practica á que ninguen parece quererlle por fin -quen non recorreu algúnha vez a un amigo para que lle sacaran unha multa?, pois iso non é o peor-, pero esta corrupción prodúcese en tódolos niveis da administración e, canto máis alto se produce, máis grande é o botín. Son poucas, non quero arriscarme e dicir ningunha, por medo a trabucarme, as ocasións nas que o responsable político dunha administración denuncie e cese a traballadores ou funcionarios ó seu cargo por este tipo de fraudes, máis ben todo o contrarío, deféndense e cúbrense os uns ós outros. A pregunta do sábado era esta:

Onte Manuel Villoria falou no foro de La Región sobre Corrupción política e liderazgo político -por certo, mágoa que non se acercase por alí ningún político, pois sobre estes asuntos teñen moito que aprender-. A corrupción política é algo que sempre existiu, existe e existirá pola codicia persoal de moitos representantes políticos e tamén, como non, pola perda de valores do sector privado -… e dos políticos-. Pero a corrupción das administracións non se produce soamente por parte dos responsables políticos senón tamén, moitas veces, por funcionarios e traballadores das administracións que contan coa desidia, inxenuidade, ignorancia ou imprudencia daqueles.

Hai unhas semanas fun testigo de como un inspector ofreceu a un administrado a posibilidade de expedir unhas facturas con IVE ou sen IVE -a súa elección-para pagar unhas tasas; claro, ante unha situación así, o que realmente che dan a elexir é entre un proceso ‘administrativo rápido’ ou un ‘proceso administrativo lento’, e, co caro que está o tempo, só queda unha opción.

Estou seguro que isto non é un caso aislado, pasa cada día, e as cantidades son máis elevadas canto máis importante é o capital do ‘administrado’.

Que medidas pensan adoptar vostedes, si tivesen a responsabilidade de conformar o goberno da Xunta de Galicia, para por freo a corrupcción das administracións públicas, tanto por parte de traballadores e funcionarios como por parte de responsables políticos? Ou teremos que ser, unha vez máis, os cidadáns os que acudamos ós xulgados?

Resposta de Anxo Quintana:

Estimado amigo

Vexo que participas dun xeito moi activo nesta nova ferramenta que é o facebook. Agradézoche todas as túas mensaxes, aínda que lamento non ter tempo para respostalas todas.

En calquera caso, considero especialmente relevante o tema que plantexas nesta mensaxe. O caso do que falas, o dun inspector que ofrece facer factura con ou sen IVE é, desde logo, unha situación das que debemos combater desde a Administración Pública. Para comezar, indicar que (sen que isto sirva de xustificación algunha) un inspector non é un político, senón un funcionario público.

A Consellaría de Presidencia iniciou nesta lexislatura un proceso de elaboración dunha nova regulación da Administración Pública pendente aínda de finalizar e que, por desgraza, vemos que fica nas asignaturas pendentes da vindeira lexislatura. Para nós é, dende logo, unha prioridade regular as práticas públicas de xeito claro e nese camiño se encadra a transparencia que aplicamos en todas nosas actuacións. Exemplo disto é o feito de que sexan datos públicos os contratos e soldos de todos os cargos que se poden considerar políticos dentro das Consellarías nas que tivemos responsabilidades.

Para o domingo, por ser o día do señor, e por respeto as minorías creintes, renunciei a facer pregunta algúnha ós candidatos. Espero que non se me anoxe ninguén…

O voto do exterior
O do debate está complicado, leva razón Robinho, porque o que realmente buscan os políticos nos debates non é confrontar ideas ou presentar proxectos, senón, simplemente aparecer máis tempo en prime time para reforzar a súa hexemonía a vez que reflexar a invisibilidade das forzas minoritarias. O subconsciente, que é moi traizoeiro, fixo que algún político, nalgún momento, dixese que el tiña que estar no debate, non que quería debatir. O tema proposto hoxe a Núñez Feijoo e a Anxo Quintana (Touriño pasa de min) era ben interesante: o voto exterior -e/ou emigrante-:

Falar de voto emigrante e unha incorrección, pois a maioría non son emigrantes, viven onde naceron. A actual normativa en materia electoral non establece un método seguro, fiable e inequívoco de identificación do votante no exterior, que non impide a delegación do voto na recollida (un galego enviou 17 votos dende Zürich) nin garante a custodia e vixianza directa por parte da Xunta electoral central. Por estas mesmas razóns foi anulado o voto por correo nas eleccións presidenciais do Real Madrid en Xaneiro de 2007 polo Xuzgado de Primeira Instancia Nº47 de Madrid. (achégolles a ligazón da senteza)

O ano pasado, nas eleccións xerais fun testemuña de como aparecían sobres asinados pola mesma persoa, como mandaban documentación caducada ou de outros países e, incluso, certificados de defunción acompañando ó voto. Si eu vou votar o 1 de marzo teño que estar vivo ese día, ainda que antes vote por correo (o voto é anulable cando o votante -por correo- fina horas antes de abrise as mesas) e teño que ser eu quen entregue a papeleta a presidenta da mesa, e non ningún outro, teño que presentar o DNI ou pasaporte, non valendo si está caducado ou si achego unha fotocopia -nin sequera compulsada-.

Como poden ver non se garante a identificación do votante no exterior, permitese a delegación do voto e a custodia das sacas dos votos non é fiable. Pero o máis grave de todo é que non se cumple un dos principios fundamentais da constitución: a igualdade ante a lei de tódolos cidadáns. A miña pregunta para vostedes é a seguinte: que pensan facer ante este ‘escandalo democrático’? Solicitarán que se anulen tódolos votos da emigración e impedirán o reconto?

Para promover estas accións están lexitimados tódolos partidos políticos que se consideren perxudicados por esta práctica fraudulenta, pero tamén tódolos cidadáns que se vexan perxudicados por unha lei, a electoral, que non trata con igualdade ós cidadáns de aquí e de acolá, porque os de alá ninguén lle esixe estar vivo, cando existen medios de sobra para verificar si o votante vive, por exemplo, a obriga de presentar unha fe de vida ó solicitar votar por correo; tampouco se ven na obriga de identificarse o cal lles permite delegar. Porque non nos permiten a nós facer o mesmo? porque teñen que ir a mesa electoral cada membro dunha familia? Deberíannos permitir que outra persoa votase por nós (pensade nos cartos que se aforrarían, agora que estamos en crise, si todos os caciques puidesen presentar directamente as papeletas nas urnas sen ter que ir casa por casa recollendo vellos); iso sería un trato igualitario.

Como ós partidos dalle moito medo aparecer polos xuzgados -temen que unha denuncia desta magnitude se volva contra eles- teremos que ser nós, os cidadáns, quen tomemos a iniciativa.

Noticia relacionada:

A Xunta Electoral Central esixirá aos emigrantes que acrediten o seu voto co documento de identidade. Isto é unha broma? Non? Logo eu vou facer fotocopias dos DNI de toda a familia e vou ir votar por todos… a ver si podo!

Debate a dous… de momento.
Esta semana abrín unha conta en Facebook. Coñecía esta rede social pero nunca lle fixera moito caso -un xa vai farto de darse de alta nun cento de sitios e ter que memorizar outro cento de contraseñas- ata que o outro día lin un titular na prensa que me impactou, era Nuñez Feijoo, que decía ‘la mia es más larga’. O primeiro que pens… bueno iso non o vou contar. Falaba da lista de amigos en Facebook, evidentemente. Segundo a análise de importantes politólogos, internet foi un factor determinante na victoria de Barack Obama en EEUU, segundo outro estudo internet supera a televisión como medio de comunicación máis consumido en España, pero isto é un dato sen importancia, o relevante é o que pasa ó outro lado do charco -no norte, claro-. Ata tal punto que nalgúns partidos apuróuse ata o último intre para ver si atopaban un candidato de cor, non houbo sorte,… pero arrasaba seguro. Touriño, que tamén caira nisto, adiantou as eleccións a marzo pra evitar que algún aparecese bronceado.

O caso é que me dei de alta nesta rede social e pedín ós tres candidatos, que xa tiñan o seu sitio na rede, que se fixeran amigos meus. Fixéronse Alberto Núñez Feijoo e Anxo Quintana, (en realidade chámase Anxo Manuel Quintana González que algúns xa pensaban que só tiña un apelido, non é certo) que tamén teñen blogs e por iso volos enlazo, Emilio Pérez Touriño non me quere… de momento. Por certo, agora que lla vin a Feijoo -e como sei que tendes curiosidade- tampouco é certo que a teña máis larga, a máis larga é a de Quintana (espero que non se enfaden comigo por revelar este segredo).

Como xa teño demostrado que son unha persoa imparcial -reparto paus pra todos lados por igual- ofrecinme a ‘moderar’ un debate virtual entre estes ‘amiguetes’ e hoxe presenteille a primeira pregunta, ainda sen resposta, pero maña haberá máis preguntas,… a ver si con algúnha se animan. A primeira foi ‘Sobre o concurso eólico’:

Falóuse moito sobre éste tema últimamente, sobre os beneficios que xerará para Galiza -ou non, segundo quen fale- pero moi pouco sobre a repercusión dos muiños na nosa paisaxe, á que afecta, ata tal punto, que pronto non se poderá pintar un monte sen muiños -que si sen pinos ou carballos-. A min gostaríame saber cales son as súas posicións respecto ós argumentos dos grupos ecoloxistas -e non me falen de beneficios, de postos de traballo ou de enerxía limpa-.

Se hai resposta engadiréina aquí…

PARA TODOS
<object classid="clsid:d27cdb6e-ae6d-11cf-96b8-444553540000" width="525" height="431" codebase="http://download.macromedia.com/pub/shockwave/cabs/flash/swflash.cab#version=6,0,40,0"><param name="allowFullScreen" value="true" /><param name="allowscriptaccess" value="always" /><param name="src" value="http://www.youtube.com/v/DmEEIFfdB1w&hl=es&fs=1" /><embed type="application/x-shockwave-flash" width="525" height="431" src="http://www.youtube.com/v/DmEEIFfdB1w&hl=es&fs=1" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true"></embed></object>

Esta foi unha campaña publicitaria con moito éxito no pasado, con ela Coca-Cola quería achegar o seu produto a toda clase de persoas; pero ben podería ser o anuncio da nova campaña do BNG. Non hai máis que botarlle unha ollada os titulares dos xornais de hoxe:

Quintana pide o apoio de todos os galegos [GZNación]

O Bloque deseña unha campaña en positivo para ata os que falan español [Galicia Hoxe]

Quintana pide o voto galegista [Xornal]

O BNG diríxese a todos os cidadáns ‘os que falan galego e aos que falan castelán [Vieiros]

O BNG preséntase como ‘alternativa transformadora social’ [A Nosa Terra]. Tamén para os non nacionalistas.

A campaña do BNG podería decir así: Para os de aquí, para os de fora: para os que falan galego, para os que falan castelán; para os que están no paro, para os que traballan; para os empresarios, para os autónomos, para os funcionarios; para os de esquerdas, para os de dereitas, para os de centro; para os novos, para os vellos; para os dependentes, para os independentes; para os independentistas, para os imperialistas; para os ecoloxistas, para os que contaminan; para os do campo, para os urbanitas; para os nacionalistas, para os galeguistas; para os que calan, para os que non se calan; para os que veñen, para os que van, para os galegos; para os sumisos, para os que protestan; para os caciques, para os honestos; para os que nós cren moito, para os que nós cren pouco, para os que non nós cren;… para todos.

Son as vantaxes da perda identitaria dun partido, vantaxes que permiten ó partido dirixir a súa mensaxe a toda unha poboación sen discriminar a ninguén, como se dun produto calquera  se tratase. Sen dúbida é moito máis doado de facer isto que tentar, dende a razón, influir e convencer a sociedade dos beneficios que xera para unha rexión un enfoque nacionalista da política; éste é un traballo moito máis complexo, laborioso e duradeiro; pero claro, logo de tantos fracasos, un tras outro, á actual dirección do BNG estánselle acabando as oportunidades e entráronlle as presas -coma ós malos estudantes- para salvar o seu pelexo e, para conseguilo, recurre a busca de apoios fora do nacionalismo. Eu teño as miñas dúbidas que todos esos apoios/votos sexan suficientes para compensar aqueles apoios/votos que se perdan dende o entorno nacionalista que, agora percibe, máis que nunca, a perda de referencias nacionalistas dentro do BNG. Fagan o favor e deixen saír antes de deixar entrar!

Un lobo con pel de cordeiro
Onte acudín a asemblea comarcal do BNG da comarca de Allariz-A Limia na que se votaba a lista pola circunscrición de Ourense. Teño que dicir que foi unha asemblea cun debate animado, mágoa que houbese que cortalo de súpeto para poder acudir a presentación do libro “Vontade de nación”… pois tería dado para outra hora máis.

As críticas á lista oficial centráronse, como non, na escasa representatividade que a comarca ten nelas, algo co que non concordo, pois tanto o candidato a vicepresidente como o cabeza de lista pola provincia son naturais de Allariz, aínda que se presenten por outros lares. Tamén se fixo fincapé na escaseza democrática do proceso e, niso, si que estou acordo. Pode dicirse que o proceso é participativo porque todos podemos participar, si, pero non democrático porque non existe a máis mínima posibilidade de decidir por parte dos afiliados ó BNG na configuración final dunha lista, como moito, existe unha pequena posibilidade de influír mediante a proposta previa de candidatos, pero escasa.

A falta de democracia no proceso de elaboración das listas quedou de manifesto na asemblea celebrada o pasado sábado cando moitos dos participantes non se nos deu a oportunidade de votar. O que pasou é algo insólito; xeralmente preséntase unha lista e vótase a favor, en contra ou abstención. Como se presentaban dúas listas trala proposta do responsable local de Xinzo de Limia de incluír ó portavoz do BNG na vila no posto número 7 o responsable comarcal decidiu que se votaría a favor de unha (a oficial, con 27 votos) ou de outra (a emendada, con 13) deixando a todos aquelas persoas -eu diría que a maioría dos alí presentes- que querían absterse ou votar en contra sen dereito a exercer o voto.

O certo é que, finalizada a asemblea -polas presas- o responsable comarcal aínda me pregunta que como podo por en dúbida a calidade democrática do proceso! En fin, creo que algúns precisan revisar o significado deste concepto.

Tamén quedou de manifesto a falta de renovación das listas, cos nomes de sempre en posición de saída,… como si non houbese ninguén máis con valía suficiente dentro da organización. Non é así, pero é a imaxe que trasladamos ó exterior. Este motivo e a sempiterna sobrerrepresentación da UPG nas listas son motivo máis que suficiente para votar en contra; a UPG é unha formación que practica dende hai tempo unha política sectaria dentro da organización interna do partido, cara as demais posturas ideolóxicas e, sobre todo, cara os independentes, unha maioría invisible. Dentro do nacionalismo haberá que pararse a reflexionar sobre quen se presenta en realidade a estas eleccións: o BNG ou a UPG coa pel do BNG?.

Tamén se falou das virtudes do conselleiro e, como non, dos defectos. Persoalmente paréceme un acto irresponsable poñer na cabeza de lista a un candidato que é irrespectuoso cos dereitos dos traballadores, un conselleiro que coñece e permite xornadas de traballo superiores as 40 horas máximas establecidas estatutariamente, non respecta os descansos mínimos semanais, conxela salarios e prima a inestabilidade e precariedade laboral sobre o traballo fixo (para mostra, SEAGA). Todo un exemplo de Responsabilidade Social Empresarial. É unha irresponsabilidade por un candidato así en calquera momento, máis nun partido de esquerdas, e máis aínda, no contexto social no que vivimos, do que non fai falla que diga nada.

A Voz… de Quen?
Nestes días La Voz de Galicia está realizando unha análise a fondo das consellerías dirixidas polo BNG. Onte tocóulle a Vicepresidencia da Igualde e o Benestar e o desenrolo da Lei de Dependencia en Galiza, hoxe a Consellaría Industria e os Megawatios postos en liza, mañá, xa veremos… Trátase dunha movilización sen precedentes dun diario, o coruñés, que se gaba de ser o único diario independente de Galiza.

Non existe dúbida algunha que se trata dunha mensaxe politizada xa que estas críticas están circunscritas ó interés privado do editor, Santiago Rey Fernández-Latorre, moi anoxado trala saida a rúa do Xornal de Galicia. Disque agora haberá que repartir máis cachos da mesma torta, a publicidade institucional. Todo isto ocorre no peor momento tanto para uns, que sufren directamente os efectos da crise económica, coma para outros, que se atopan cunhas eleccións a volta da esquina. Non hai nada peor que unha crise económica para a liberdade de prensa.

Sen embargo, para gañar unhas eleccións necesítase, principalmente, unha boa xestión da imaxe e da mensaxe que os medios de comunicación de masas espallan polo país -neste eido as declaracións de Anxo Quintana non axudan moito- e ahí é onde saca vantaxe, polo momento, Santiago Rey, ó ser o editor do diario máis lido de Galiza, unha realidade que non vai cambiar nos vindeiros meses, nin sequera coa aparición do novo xornal. Isto pode supor unha desvantaxe pra os intereses do BNG ó atoparse nuha situación límite, a diferencia de La Voz.

Neste contexto, no que parece reconfigurarse o papel de dous dos actores máis importantes na area sociopolítica, partidos políticos e medios de comunicación, é cando máis queda de manifesto a complexa -e fráxil- relación que existe entre uns e outros. Por un lado, os partidos políticos, que sempre tentarán utilizar os medios como pezas da súa propaganda; polo outro, os medios de comunicación que, invertindo a situación, poden utilizar ós partidos para os seus propios intereses.

Noticias relacionadas:

La Voz é o xornal que máis crece…

A intención de voto do BNG cae 1,3 puntos en 5 meses

A prensa reclama axudas para superar o ‘crash’ publicitario

Eleccións xerais 2008
Finalizada a campaña chega o momento da analise e sobre isto so pode dicerse que os resultados do BNG no noso concello foron moi satisfactorios xa que se superaron os resultados de fai catro anos dun xeito espectacular, subindo o número de votos cerca dun 83% (non estaría mal acadar esta porcentaxe en tódolos concellos) o que supón para a nosa conta 71 votos mais. En total 157.

Pero tamén hai que ver de onde vimos. Si botamos unha ollada a base histórica das eleccións xerais podemos ver que os resultados obtidos polo BNG en Xunqueira de Ambía no ano 2004 foron un verdadeiro desastre xa que a nosa formación perdeu a metade dos votos acadados no 2000 pasando de ter 167 votos neste último ano, sendo entón a segunda forza mais votada no Concello de Xunqueira de Ambía, a colleitar 86 votos. Naquela etapa o BNG viña dunhas municipais nas que acababa de perder o seu único concelleiro tras prescindir de Xosé R. Cabido -a mala elección da candidata tivo boa parte da culpa- e afrontaba a campaña en Xunqueira de Ambía sen contar con ningún tipo de presenza, nin material -cartaces, megafonía, trípticos, etc.- nin humana. Si partimos da base de que o sucedido fai catro anos foi un desastre temos que chegar, obrigatoriamente, a conclusión de que o resultado actual non é tan espectacular, de feito están ainda por baixo dos resultados obtidos nos anos 2000 (167 votos) e 1996 (159 votos), onde o panoráma político non era tan favorabel para o nacionalismo.

Agora xa temos a vista posta nas vindeiras eleccións autónomicas de Galiza e, francamente, temos que mellorar para superar os resultados históricos do BNG no noso Concello e, sobre todo, para voltar a ser a segunda forza política en importancia de votos. Ese é o obxectivo.

MOENDO DO REVÉS
mOendo é unha metáfora do pensamento. Cando algúén está moendo está pensando. Tal vez alguén de vós tivo a sorte de estar preto dun muiño durante a muiñada oíndo o tronador ruido da súa maquinaria. Eses sons, mentres se agarda, dan moito que cavilar.

Estar mOendo do Revés non é o mesmo que ir contra corrente. Hai quen ten esta actitude e non moe, hai quen moe do revés e nunca vai contra corrente. Un exemplo disto último é o caso do paisano que cruzado de pernas, sentado nunha esquina da taberna, escoita a conversa de seus veciños e, sen dicir chío, nega constatemente coa cabeza.

A expresión que da nome a este blog xurdiu un día, cuns amigos, de leria, filosofando sobre política a caron dunha botella de licor café, un deles adicábase a darlle a volta a tódalas argumentacións que facíamos os outros para devolvelas contra nós, levándonos unha e otra vez o punto de partida. Este moía e contradicía. Tiveron que pasar moitos chupitos de licor -así se conta o tempo nestas conversas- ata que alguén se decatou que aquel home, dun pobo de Xunqueira de Espadañedo (Niño d’Aguia), moía do revés.

E o certo é que moitas cousas, para entendelas, hai que velas de un xeito distinto, por iso deben moerse do revés, voltar ó punto de partida, comezar doutro xeito,… ata que quede ben moido. Pois iso e o que pretendo.