#mOendo do Revés » política local
En V Televisión falando dos caciques da terra
Nas noticias do luns, 26 de setembro, ao mediodía
E nas noticias da noite, o mesmo día e a mesma canle
Sen ánimo de lucro
Este é un engadido que aparece sempre na denominación dunha asociación. Na actualidade este engadido converteuse en mofa social. Estes profesionais do asociacionismo son bechos hábiles nas corredoiras das administracións rapinando aos corruptos políticos que nos gobernan (non diferencio entre siglas… entre os bechos tampouco). Son profesionais do asociacionismo porque é do que viven, viven subsidiados, e viven duns fondos que na maioría dos casos van destinados a colectivos desfavorecidos, para a súa defensa, para a súa integración, para a súa atención. Dáme moito noxo observar como quen realmente saca proveito deses fondos non son directamente eses colectivos aos que supostamente van dirixidos, senón fracasados aspirantes a funcionarios que atopan aquí unha alternativa de traballo, sen necesidade de ter que cravar os cóbados nunha mesa para opositar e aprobar, competindo con moitos outros aspirantes para ocupar unha mesma praza nunha administración pública, quen realmente debería prestar eses servizos que se subvencionan, Aquí, nas asociacións,  non hai rivais, simplemente cumpre ser un bo cacique (no sentido pexorativo da verba), un mamón vaía, e mamar na persoa adecuada. Da igual as capacidades que teña ese traballador, si sabe mamar é o candidato perfecto ao posto. Así fan a maioría dos traballadores de cantas asociacións coñezo. AODEM, da que me dei de baixa esta mesma semana, por implantar un sistema de copago no que o usuario non paga un prezo simbólico do servizo que recibe, senón máis do que o servizo realmente vale: 12€. Esta cantidade multiplicada polas horas que se lle supón traballan estes profesionais ao día (8) e cunha media mensual de 21 días supón uns ingresos de 2016 €, moi por arriba do custo dos honorarios dos profesionais desta asociación. Iso non é copago, é unha estafa, máxime tendo en conta que outros gastos son financiados polas administracións ou a obra social das caixas (local, utensilios, subministros, …). E falando de administracións, na reunión na que se adoptou esta medida fíxose unha crítica política ao Concello de Ourense por non subscribir con AODEM un convenio aducindo que non podían asinar máis convenios e logo, dixo o Presidente e ex-alto executivo, Constantino Guzmán Rodríguez (a saber de que), si os asinou con outra asociación. A demagoxia deste persoeiro non ten límites. Pero, quen é esa outra asociación? É ASPANAS. As críticas na intimidade dunha reunión convértense logo no máis profundo silencio e respecto publico. Ao rematar a reunión a psicóloga-xerente e o presidente sairon correndo á inauguración dos novos bungalows de Untes, nun camping que leva un ritmo de inauguración por ano, sempre ao finalizar a tempada estival, para cofear o lombo dos representantes políticos alí presentes.
Esta outra asociación é a que se queda coa torta toda de subvencións, axudas, convenios e o que se poña. O xeito de conseguilo é ben doado, premiando aos responsables políticos, de calquera partido, dando postos de traballo a aquelas persoas que aqueles lles suxiran: veciños e parentes do Alcalde de A Peroxa, veciños e parentes do superdelegado da Xunta en Ourense e ex-alcalde de Arnoia, veciños e parentes dos responsables de termalismo, medioambiente ou xardíns do Concello de Ourense, como Sonia Fernández, sobriña do mesmo concelleiro, Agustín Fernández, que ven de enchufar a súa filla no Concello de Facenda, supostamente técnica da UPD Integrou, compañeira de traballo coa que xamais me crucei, máis que non facía nada nin na UPD nin en ASPANAS (quizais o mesmo que agora, amolar),… e sen coñecer moi ben o motivo, pero algún haberá, amigos e familiares da deputada do BNG Tareixa Paz: súa irmá Lourdes, o concelleiro do bng en Barbadás Serafín, o cuñado de Tareixa Paz,… e como non, a parella de Tareixa Paz, unha persoa que non ve un burro a tres pasos, mais que iso non lle impide encargarse do mantemento, hixiene e seguridade nas Pozas de Outariz. Dicía unha nova do ano pasado: entre os feitos denunciados no escrito que se fixo chegar aos medios de comunicación relatábanse deficiencias hixiénicas nos alimentos que se serven, tanto pola súa manipulación como polas súas condicións de almacenamento e conservación, e sinálase que algúns traballadores tiveron xa diarreas. Os responsables de ditaminar que todo aquilo era falso eran os mesmos que logo seguían enchendo esa asociación de familiares e amigos. Efectivamente, o Concello de Ourense elaborou un informe ao día seguinte da denuncia ao ditado de Juan José Rodríguez Fernández, quen foi facerlle unha visita ao encargado de realizalo a primeira hora do día 1 de setembro de 2010, saúdando polo camiño, iso si, sen perder as mañas, aos concelleiros da oposición. Xa se sabe, hai que estar con todos ben, máis con ese, que é técnico na Deputación de Ourense. A oposición non deu un chío. Mais, eu que teño as miñas propias fontes podo afirmar que as instalacións de Outariz dan noxo, verdadeiro noxo, tanto que nin empregados, nin ex-empregados van por alí, agás aqueles que comen, e sobre todo os que empinan o cóvado, pola face.
Si o pensamos ben, nunha asociación así non fai falla responsables de persoal financiado con fondos públicos, porque se contrata a quen lle ordenan. Persoas que finxen adicarse a selección de persoal como Olalla Jorge Pereira (psicóloga) ou Rosa Carrera Carballo (historiadora, sic, quen mellor para estudar a historia curricular dun candidato) sobran. Mais, facer o que os políticos ordenan ten o seu premio: quedarse coas axudas e subvencións de tódalas outras asociacións. Pero por caladiños, por posuir menos cualidades que aquel “Caladiño” de “Sempre Xonxa” a perda de axudas tena ben merecida. A estes senvergoñas todo lles da igual e a cada acusación rin e brincan. Por iso, son dos que defende que a estas asociación non se lles debería dar nada, absolutamente nada, dos fondos públicos e si reforzar e potenciar nas administracións públicas os servizos que estás din, sen facelo, prestar.
Este vídeo vai para todos os canallas, mamóns, senvergoñas, zafados, cabróns, para toda unha CUADRILLA DE MAFIOSOS que infestan esta sociedade.
El chavalito que no pinta nada aquí
Chaval, la. (Del caló chavale, vocat. pl. de chavó, muchacho). 1. m. y f. coloq. Niño o joven. U. menos c. adj.
A palabriña atopeina no dicionario da RAE porque en galego non existe. Para que a utiliza logo o Concelleiro do BNG, Fernando Varela? Pois para insultar… nada mellor que a lingua común para facelo ben.
Vamos a poner a parir… Quen así fala a súa audiencia é Gonzalo Jácome El Chavalito do Concello de Ourense. Gusta el de poñer a parir a todo o mundo ao considerar que quen ocupa un cargo público se coloca na diana da crítica… do escarnio e do maldicir. Este persoeiro séntese agora menosprezado porque o Concelleiro do BNG, Fernando Varela, lle chamou chavalito. Nunca semellante ofensa se vira no mundo da política. Por que lle chamou chavalito, o peor insulto que se lle pode facer a unha persoa que acadou unha acta de concelleiro. Por que é concelleiro e iso exímeo de ser ofendido, pensa. Antes el (a agora) espraiábase agustito… escoiten e vexan este e outros vídeos: palabras como “ineptos”, “auténticos ineptos”, “o triste”, “censor”, “vago”, “inútiles”, “estúpidos”, “mosquita muerta”,… ou actidudes machista como referirse a unha moza preguntando “está buena? está buena?” son parte do seu repertorio. Noxento! Afortunadamente, os vídeos nos que el cuspe toda esa restra de insultos danos licenza a todos os cidadáns a dicirlle a el, cando menos, tanto como el lle dicía aos outros.
Barquero, o outro ofensor, díxolle «Ti aquí non pintas nada». Estamos no cumio da crispación política. Que pena me dá El Chavalito. Sinto verdadeira mágoa por este persoeiro friqui e por tódolos friquis que o votaron, que son moitos (ese día ben puideron quedar na casa). Tan grave é a ofensa que a considera un atentado a democracia.
A El Chavalito non se lle pode dicir chavalito pero El Chavalito si pode mexar por riba de tódolos seus compañeiros concelleiros –e de paso, por riba de tódolos seus votantes– pero non ao revés. El pode insultar afeito dende a friquiTv que rexenta con total impunidade e mesmo a condescendencia dos que agora son compañeiros. O máis triste de todo isto é ver como sae na súa defensa o Señor Rubín (Antón Feito), quen lle regalou no seu momento unha columna semanal, tódolos xoves, no seu diario (no de Santy) para insultar ao Goberno do Concello e a Baltar. Pois ben, parece que dende que foi elixido o friquiconcelleiro non se tivo noticia algunha da súa existencia -agás cando se apuntaran ao carro das adicacións exclusivas, pero diso en LaVoz non se falou- ate maiúsculo atentado contra a súa honorabilidade. Grazas por lembrarnos que están aí.
Esta fricada vitimista non deixa a marxe a actitude dos concelleiros do PSOE (Barquero) e BNG (Varela). Xente coma eles fan que a caste política sexa o único servizo público prescindible e non a educación, a sanidade ou o benestar persoal. Ben, isto último é demagoxia, pero eu podo facelo coma eles. Ou non?
De paletiños, paletos e paletóns!
@xOsse: http://t.co/TykDuKSp – «A un pailán pódeselle perdoar, porque só xira para un lado e non engana a ninguén» #bukowski
O Concilio de alcaldes (2011)
Hai uns días, logo do manifesto paleto dos 18 alcaldes nacionalistas (non está claro si son 18, 19 ou 20… ou os 8 da foto) escribín un e-mail a Xurxo, o Alcalde de Castrelo de Miño, ao decatarme que non podía ler os comentarios que el escribía no muro de facebook dun compañeiro, pero si podía ler as respostas e críticas cara el. Quen cinicamente se puña de exemplo de político que sabe escoitar á cidadanía, bloqueara a miña conta nesta plataforma, cousa que lle agradezo pois que mellor que non ter a vista toda esa enchenta de impudicia. O correo é unha carta privada ao seu enderezo electrónico persoal máis que el tivo a ben publicar no Grupo de Google de Castrelo de Miño, compartindo o meu enderezo electrónico, o cal é un ilícito penal pois a correspondencia privada non se pode compartir. O que me deixa claro esta personaxe ao ver que non tivo a gallardía de contestarme a min pero si compartir ese correo –insisto, privado e dirixido a el, a ninguén máis- cos seus acólitos,  é que me quedei curto nos meus cualificativos cara el. Isto lle dicía (corrixidas as grallas, para que logo Iago, o fillo de Purificación -nº 7-, non diga; grazas a eles dous sei das andanzas navalleiras do seu alcalde. Nunha cousa leva razón o rapaz, unha carta por máis que sexa privada non debería perder as formas porque logo atópaste con alguén que non respecta a intimidade e exponna aos ollos alleos):
Xa sabía eu que eras algo máis que un cacique. Es parvo. Que é peor. Non só me eliminas do face por discrepar que por riba me bloqueas. Non poderei ver os teus comentarios pero si os de outros, …
Es un paletiño, tanto ou máis que os que te votan, e iso, contando… a ver, a ver… 102, 200, 300,… moito paspán hai na túa terra. E ti o que máis. Se tivese que medir o grado de paletidade dos alcaldes paletos do bng collería a foto que sae nos medios e os que máis ocupan no cadro máis paleto e os que menos, pois menos, é de caixón. Hainos menos paletos que son os que non saen e pon o seu nome, hainos algo menos paletos que son os que se acochan e hainos paletos de todo que son os que saen enchidos en primeira liña. Eses serán os que máis hostias levarán.
Sodes paletos e covardes, covardes por ter que xuntarvos para poder manifestar en conxunto que individualmente non tedes pelotas de manifestar. Outros arriscamos máis e o que pensamos dicímolo sempre, porque en dicilo vai o que consideramos integridade persoal. Dignidade. Que é o que vos falta a vós. Ningún de vós, ningún dos 18 alcaldes paletos que asinades ese manifesto mereces estar na política nun ámbito máis elevado do que as furnas vos marcaron. A vosa experiencia non vale nin un chisco máis ca de calquera outro militante sen alcaldía.
Persoas coma ti, que anoxan as persoas íntegras, ben cando menos me anoxa a min, se son integro ou non, poden valoralo outros. A cidadanía non pode confiar en cacique algún, menos en caciquintanistas noxentos coma ti, que non sodes nada, NADA, fora dos lindes do voso concello. e nada seriades aí sen as persoas que ignorades e que tanto traballo levan as súas costas.
Penso que o marrau está listo… e o San Martiño a xeito
Pido desculpas aos veciños pola miña arroutada, a uns máis que a outros (Iago e Pura ou Pura e Iago por dars por aludidos), pois isto non debía saír do ámbito persoal ao que se restrinxe a correspondencia privada entre dúas persoas, pero o voso alcalde quixo difundilo. Os que o coñecedes ben sabedes quen é e os que non saberédelo a nada que abrades os ollos: un ser avaricioso que soamente cando o bipartito gobernaba Galicia se atreveu a por o seu nome nas listas do seu Concello. Non o fixo por Castrelo de Miño, senón por el aproveitando a conxuntura (por persoas coma el moitos abandonamos o BNG), e nese senso, podedes recoñecelo ou non, metéuvola dobrada – botádelle unda ollada as dúas fotos que acompañan esta entrada. Que pinta en ambalas dúas? -. Puido comerse esa carta como se come outras cousas; puido responderme defendedo aos seus veciños; pero non, tivo a necesidade de dicirvos: “Veciños, este home chamouvos paletos. Quero que saibades que non fixen nada ao respecto. Ignoreino sen máis. Xamais me molestaría en negar tal afirmación!”. E non o fixo. Non defendeu aos seus veciños… Enviou esa carta a un grupo para atacar a unha das persoas que forman ese grupo logo que uns dias antes non tivese nin a gallardía de mirarlle a cara. Covarde!
Envieille esta carta o día 13 de Agosto e estivo remoéndoa durante días, sen responderme, ate que no día de onte, co asunto “cal é o límite da paciencia” a comparte con todo o seu grupo do BNG de Castrelo de Miño. Non se dirá que o fixo en quente. Fala de paciencia a persoa que censura canta crítica cae no seu muro (iso só o saben os críticos, quen lle lambe o cu non), demostrando que come máis para o lado dereito que para o esquerdo, e o último comentario que fixen, no que lle dicía “parabéns polo cañoto que levas na man” supuxo non só a eliminación do comentario senón que me borrase desa lista de amizades virtuais (que para non saber xestionalas é mellor non telas, e dicir, que mellor lle fora autoeliminándose el e non aos que o amolan) e me bloquease! E agora fala de paciencia. E xunto aos outros fala de escoitar aos cidaadáns.  Será necio! Lamentablemente, non é tan decidido cando se trata de defender aos seus veciños.
Tamén lles fixo chegar un comentario meu aparecido no blog do Encontro Irmandiño de Ourense, onde, unha vez máis o critico. Velaquí. Vese que as miñas palabras lle resultan indixestas (e perdoade que fale tanto en ton figurado de comida) ao tempo que nunca lle pasan desapercibidas. Lémbrame ao irmán maior que George Orwell describiu en 1984, aquel que actualizaba día a día o pasado para dende o presente controlar o futuro. Todo polo control. Nada se controla sen controlarse a un mesmo.
O Concilio dos carguiños (2009)
Carta pública a emprendedora ourensá do ano
Asunto: tanto me valoran tanto vallo
Ola Belén, bo día!
Vin reflexionado de camiño a casa sobre a entrevista de hoxe. Camiñar só pola cidade reláxame moito, ábreme a mente e permíterme ver con maior claridade a realidade. Debería probar. Polo camiño tan só saín dese estado de meditación cada vez que pasaba diante dunha librería e rematei por parar en dúas delas, e nas dúas merquei libros. En Novel chamoume a atención libro un sobre cuxa temática estivemos falando, a estatística. Trátase dunha obra clásica de Darrel Huff: «Como enganar con estatísticas«. Virame moi ben, no vindeiro semestre teño unha asignatura sobre estatística: «Técnicas cuantitativas aplicadas ás Ciencias de Traballo». Nesta asignatura utilizaremos un potente programa: MiniTab 16.0.
Logo noutra librería, Torga, máis do meu gusto, merquei «NOLOGO«, un dos clásicos do marketing, xunto con outros dous máis relacionados coas ciencias políticas e as redes sociais: «Non penses nun elefante» e «Das nacións as redes» … Servirame para reflexionar sobre a realidade social deste lugar, Ourense, tan atrasado e afastado da mesma… Encamiño de novo cunha enchenta de libros na man, mentres penso, cun sorriso na faciana que, seguramente, vostede xa se esqueceu do libro que lle recomendei, ignorante, iso si, do que semellante recomendación levaba implícito.
Escribir o que se pensa tamén axuda a facer valoracións sobre a propia reflexión,… e por aquí comezo:
Un dos libros que estou lendo na actualidade é «Coaching» de Jhon Whitmore e claro, cando me falan diso nunha conversa meus ollos acenden, tiña que velos… Si alguén que sabe pronounciar «cowchin» se dirixe a min a través dunha rede social, Linked In, para ofertarme emprego, xa ten que estar interesada, non si? Sentime coma o neno que lle gaña por primeira vez unha partida a seu pai,… Ese é un dos exemplos que pon Jhon Whitmore para explicar a función do coaching directivo, o exemplo do pai que deixa gañar a seu fillo para que senta esa satisfacción persoal única, así como a do propio pai ou nai cando, a seu tempo, se comprace ao ver que un fillo consegue superalo de verdade. Un bo xefe coma un bo coaching deberían sentir o mesmo cada vez que un empregado seu ou un pupilo seu conseguen os obxectivos que lle marcaran. Claro que tamén pode suceder o contrario, a situación na que o mal xefe ou xefa, neste caso, critique aos seus empregados diante dun candidato a formar parte do cadro de persoal, por seren estes pouco produtivos cando o xefe non está diante.
Eu hoxe decateime de que non dou conseguido ese obxectivo. Vou explicalo: hoxe “meu pai” díxome o que realmente vallo eu e toda a miña formación: o SMI. Dende logo algo estou facendo mal. Moi mal. Debería tomarme máis en serio o meu personal branding,  e así evitar que unha «experta» en RRHH, termo que define máis ao reclutador que ao reclutado, meta a zoca ao dirixirse a min. Quizais debería por o meu futuro nun verdadeiro coaching, non nun destes do tres ao cuarto que inzan por Ourense, un deses que estean ao día, actualizados, non dos que levan anos afastados do coñecemento (TIC, libros, etc.). Realmente eu cría que valía máis e quero pensalo aínda. Pode tamén que estea errado, non sei…
Que un xefe te vaia buscar a túa casa, como se me veu buscar a min é un bo sinal, pois eu non lle enviara meu CV a esta empresa -que nin sabía que existise-, para dicirme que valio o mesmo que unha persoa que se adica a encher caixas de correo de publicidade (o SMI) con todos os coñecementos que aporto. Si debo ser sincero non considero esa actitude o mellor coaching da historia, dende logo, nen a mellor forma de reclutamento: xa antes de contratar a un empregado o rebaixan ao escalón máis baixo que a lei lle permite… que futuro pode agardar a alguén nunha empresa así?
Unha empresa que di adicarse a ofrecer servizos de consultaría de RRHH (non a DDPP) e Formación Continua ten que saber mellor que ningunha outra empresa da necesidade de ter uns perfís profesionais ben definidos -pois iso é o que vende-. ten que valorar a actualización de coñecementos de cada traballador -pois iso é o que vende- e ten que estar disposta a pagar polo perfil adecuado e pola formación do profesional -pois iso é o que vende-. Pois non. Non é así. E esta empresa a que me refiro -global servi- nin ten os seus propios perfís profesionais ben definidos -pois vostede mesma afirma na primeira toma de contacto que todos fan un pouco de todo pero pouco do que realmente poden facer (esta última afirmación é miña)- nin se albiscan perspectivas de definilos. Cando menos eu non as vexo. Non vexo que vostede poida facelo porque realmente vostede é coma todos eses empresarios aos que durante hora e media de entrevista criticaba, empresarios parásitos que non están dispostos a pagar polo servizo que se lle presta, a saber, formación e selección.
Sinceramente, eu non sabería como venderlle a un empresario un servizo que nin miña propia xefa compraría, isto é, un profesional adecuado para o desempeño das funcións dun determinado PT (posto de traballo). Que vostede quere darse o capricho de ter un Licenciado en Dereito na rúa vendendo uns  servizos que nin vostede mesma compraría, que podo engadir eu, dese o capricho! Como non! Pero cando menos asuma a súa categoría e páguelle o que realmente vale, pois ese Licenciado en Dereito tivo que pagarse unha carreira e romperse o coco para tela. Si simplemente quere un vendedor, contrate a un comercial, e si quere un administrativo, pois unha persoa co ciclo medio de Administrativo. Non necesita un Licenciado en Dereito para que faga labores de administrativo-comercial.
Persoalmente creo que se equivoca. Con esa mentalidade tan cativa chegará tan lonxe como o conxunto do empresariado ourensá: a cola de tódalas clasificacións económicas. Velaí outro motivo para a Repulsa!
Nunha cousa si concordo con vostede: un empregado ten que gañarse o soldo, me dixo. Como non ía estar de acordo. Si vostede oferta un PT cun soldo do SMI non poderá obter -moito menos, esixir- máis rendabilidade que a que poida ofrecer unha persoa coa capacidade dun camareiro, por por un exemplo. Sinceramente, polo SMI prefiro traballar nesta profesión que na que me oferta global servi, polo menos é moito máis agradable e rómpome menos os cornos. Si vise esta realidade fai anos probablemente non seguise estudando… total…
Quero pensar aínda que vallo máis, non o que vostede di que vallo. Quero pensar que seus empregados valen máis, non o que lles paga. Probablemente o seu rendemento este directamente relacionado co valor que vostede lles dá, de xeito que, si como vostede me comentou na primeira chamada que tivemos, baixan o rendemento cando vostede non está presente, algunha responsabilidade terá que haber na dirección da empresa -súa- para que esa sexa a súa conduta. Eu hoxe xa puiden decatarme porque baixa o seu rendemento na súa ausencia. Lóxico! Só vostede non o ve… e si non o ve na súa empresa como se pode agardar que o vexa noutras?
Gustoume que falara de extender a súa empresa a outras cidades, pero logo de pensalo, non creo que sexa máis que un farol. As outras cidades de Galicia non son Ourense, aquí é suficiente con nomear a catro amiguetes -vostede fixo hoxe comigo, creo lembrar que nomeu a Bermello, a Pérez Rumbao, a Yolanda e Cesar de Cimo e algún máis-, noutras cidades cumpre rendir ao máximo para competir, para iso cumpre ter vos profesionais, e para telos, recoñecerlles a súa valía.
Resumindo: non me imaxino traballando cun xefe ou xefa que non le libros, non me imaxino traballando cun xefe ou xefa que degrada a seus empregados dende a mesma entrevista de traballo, non me imaxino traballando cun xefe ou xefa que non ten claros os seus obxectivos nin os da súa empresa, non me imaxino traballando cun xefe ou xefa que non sabe recoñecer a valía dos servizos que el ou ela mesma vende.
Hoxe aprendín moito con vostede, sen que vostede se decatase.
Un saúdo Belén,
xosé antón vázquez dorrío
Estes son os libros que menciono no post e que por suposto recomendo ler. Ler non mata. Créanme. Quizais non servan para «estar» pero serven para algo moito máis importante: SER!
<right>A verdadeira liberdade acadarase a través da cultura
Gustavo Bueno</right>
Como mentir con Estadísticas
Darrel Huff
Non penses en elefantes
J. M. Rodríguez Porras
NOLOGO
Naomi Klein
Das nacións as redes
David Ugarte, Peré Quintana, Enrique Gomez, Arnau Fuentes
Precisan dos servizos de Ana Belén Vázquez Cruz? Pois comparto con vostedes a súa tarxeta de visita:
Indignado
Arroutada
Superado pola indignación, a furia e a nostalxia sae esta entrada. Si, indignado polo panfleto mercantilista de Stéphane Hessel, «indignádevos«, que moi indignado está o vello… pero non tanto como para ceder a chantaxe do mercado e adícarse  vender a súa indignación. Indignado si, pero se lle saca uns cartiños a súa indignación, tanto que ben, non?
Pululan nestes tempos de crise moitas iniciativas deste tipo… é doado sinalar ao inimigo, moito máis que por solucións por riba da mesa. É moi doado proferir verbas de indignación e revolta agora mesmo, moito máis que cando as vacas gordas. Incluso, co difícil que resulta poñernos a todos de acordo, resulta doado falar de utopías, por máis irrealizables que resulten. Leo Bassi dálle o nome de “Utopía” a súa derradeira obra, mais non se albisca nela utopía algunha, tan só unha crítica cómica -necesaria- a deriva social e económica que vivimos. É acaso a utopía xogar cos medos da xente? Aí veñen os neofascistas de novo a chucharnos o sangue! Que … van chuchar si xa no lo quitaron todo, digo eu.
Concordo coa crítica, dende logo, a actitude desta dereita mediocre a que llelo deixaron todo feito outras xeracións, aproveitándose da inercia dunha máquina -o capitalismo- que asoballa todo a seu paso, deixando unha paisaxe de terror, como a que deixaría unha praga de lagostas nun eido de millo, a lava dun volcán no pobo do outeiro e un tsunami na costa, todo a un tempo. Tal é a infamia que estamos a sufrir nestas datas…
Queixarse disto nestas terras de Ourense cos acontecementos que neste tempo se suceden ao largo e ancho do mundo: revolucións, desastres naturais, corrupcións e crise financeira, explotación dos países pobres coa conseguinte fame, epidemias liortas e migracións  que causan, falar da ineptitude dos axentes sociais -todos- que rexen as nosas vidas pode resultar algo heavy.
Si, son moi consciente.
Xurde esta entrada lendo a “Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia”, de Lois Pereiro, obrigándome a parar nada máis rematar o primeiro parágrafo, onde di: ¿De que parte que non sexa sempre a das novas vítimas, dos novos vencidos doutras guerras, podemos estar xa? Isto obrígame a debullar os miolos e escribir… indignado!
Non sei si o autor desta modesta proposición estaría moi conforme cos 12 € que me … polo libro. Seguro que si algún esqueleto pasa pola súa tumba ou o del pola de outros e lle contasen, decatándose do que está ocorrendo co seu nome como escusa, cuspiría a súa indignación dende o máis fondo dos seus osos inxectados de veleno, mortos xa antes de morrer, cuspindo e berrando ate quedar sen folgos. Abofé! Porque si vivise Lois Pereiro nestes tempos seguramente colgase os seus textos nun blog, en scribd, no facebook, ou tweet a tweet… sen máis.
E este abuso sufrímolo cada día… empresas de contratación que publican ofertas inexistentes só para gañar visitas nas súas webs ou entidades aparentemente sen ánimo de lucro finxir unha labor social que lle permita financiar empregos amigos con cartos públicos, malgastar cartos en formación de traballadores desempregados para uns postos de emprego que non demanda o mercado -isto dimo a voz da experiencia-, cada día aparece nas librarías un novo libro que che explica paso a paso como facerte rico en tres meses e non esvaecerse no intento, documentais, películas, obras de teatro,… moita reivindicación, si, pero pasando por caixa. A indignación cotiza a alza. Ate a anunciada revolta se está mercantilizando. Non sei si me dá mais noxo que asco.
… non sei …
Ourense é o paradigma perfecto do triunfo da ineptitude. Os estudos económicos, rexistros estatísticos e enquisas avalan todo o que afirmo. Ah! E as novas que leo a  diario, deprimentes todas elas. Vivimos nun Ourense herdado por herdeiros tan torpes como truáns, que non lle chegan aos calcañares aos que llelo deixaron todo feito. Empresarios e políticos juniors toman agora o control das nosas vidas… aviados estamos!
Leo nun xornal local que a primaza do Presidente da Xunta di logo dunha manifestación da cidadanía desta cidade a favor do mantemento da sanidade pública que todo este movemento está politizado. A ver… Unha de dúas: ou o pailán son eu ou o é ela. Politizado está o seu cargo que o ocupa non polo poder do pobo nin por designio divino -moito menos por méritos-, senón porque un político -seu primo- a puxo aí onde está a dedo, sen mirar máis aló do seu parentesco co mandamais de Galicia.
Política é, por definición, o que lle afecta ao pobo e como a sanidade pública, ao igual que moitos outros asuntos -todos-, nos afecta é lóxico que estea politizada… cumpre ser moi lelo para afirmar nunha rolda de prensa que determinada manifestación do pobo con esa actitude crítica e altiva. Vivimos nunha democracia -máis que lles pese- e toda cuestión pública que nos afecta como pobo é POLÍTICA!
Leo no mesmo xornal que os comerciantes están que botan fume e que a crise é cada vez unha ameaza máis seria… prevendo o peche de centos de pequenos comercios. Habería que ver en que invisten estas organizacións (asociacións de comerciantes, confederacións de empresarios, cámaras de comercio, asociacións de autónomos,…) os cartos que o contribuínte , ou sexa, nós o pobo, lles dá para a contratación de técnicos que estuden novos eidos de negocio, formadores que formen aos traballadores para seren máis produtivos, etc. Onde están os resultados dese investimento público? Probablemente en contratar ao máis pailán do lugar, claro, recomendado por algún dos mesmos políticos aos que agora critican, e claro, agora botan as mans a cabeza.
Neste pobo esquecido coinciden conxunturalmente a mediocridade dos representantes políticos coa dos empresarios e claro… o resultado é ser o pechacancelas de tódolos indicadores macroeconómicos deste estado, que é tamén un dos máis atrasados a escala mundial en competitividade. Non entendo porque se estrañan tanto, o resultado das súas accións, o que está acontecendo, é o máis lóxico; sería para exclamar cun aturuxo imperecedoiro coa ledicia si o que sucedese fose o contrario.  Como senón se pode entender que a organización dos empresarios máis mediocres do estado (a CEO) tente dicirlle a este como debería actuar en cuestións que non son da súa competencia (caso AVE, que non sei para que … o queremos) e viceversa, administracións públicas anunciando a instalación de grandes empresas en polígonos inexistentes coa conseguinte creación de miles de postos de traballo (caso Xero) cada vez que se aveciña un periodo electoral.
Reflexión
Certamente… vivimos nun país insólito, case exótico, abocado ao fracaso onde triúnfa unha miscelánea elite e personaxes que cohabitan nun mundo fedorento, cerrado e intransixente con quen non vai da súa corda, alimentándose do suor dunha maioría silente e submisa, na que non se albiscan síntoma algún dunha viraxe.
O silencioso estrondo co que empresas, emprendedores, inversores, persoal cualificado,… abandona a provincia é tal que, tan só os que directamente a sofren se decatan. Os demais, esa elite inútil e paleta forxada no berce do caciquismo, seguirá tranquilamente a vivir e gozar da súa acomodada posición social… ignorantes eles, pobriños, que a fuxida á que antes me refería será o alicerce da súa propia morte.
Chegarán aves que non nos levan a ningures porque na plataforma das nosas estacións non haberá xa ninguén para ir outro lar. Verémolos voar polos nosos vales e penetrar as nosas as montañas sacras a alta velocidade sen parar nin respectar, iso si… presentindo o ruidoso horror de que, cicais unha vez máis, estea agardando alguén disposto a subirse a ese tren para nunca máis volver a soportar a crueldade desta sociedade tan atrofiada como retrasada, perdida na neboenta espesura do pensamento individual, fixado na teimosa supervivencia propia, xente cobizosa que ignora e nega calquera outra achega ao colectivo no que se asenta, nunha sociedade murcha xa da falla dos nutrientes mínimos para poder vivir.
O proído que esta xente provoca en min é tal que me obriga a rascar, a rebelarme indignado. Indignado ate contra os que cobran por esa chamada á indignación… A miña vai aí:
DE BALDE!
GRATIS!
FREE!
Os cables de WikiLeaks en mOendo.net
Comparto a filosofía de Julian Assange, a súa rebeldía ante a inxustiza social que comete quen ostenta o poder político e económico. Ese é o principal efecto da rebelación dos cables publicados por Wikileaks: a fin da sumisión ao poder do imperio dominante. Julian Assange fixo o que ningún goberno do mundo puido facer, dende os máis democráticos aos máis autoritarios, fuxir do xugo dos EEUU, e darlle onde máis lle doe, pondo ao descuberto o seu maior tesouro: a información. Nos últimos tempos tódolos gobernos do mundo están tomando medidas para limitar a libre información na rede ao tempo que xurden cada vez máis voces na defensa da neutralidade da rede. É unha ameaza seria da que a sociedade aínda non é consciente; trátase dun ataque directo a liberdades fundamentais, a liberdade de expresión e a liberdade de información. Sorprende, como manifestou o aínda presidente do Brasil, Lula da Silva, que os gobernos democráticos garden silencio neste asunto, que non exista unha soa condena firme -agás a súa e a do goberno australiano- polos representantes destes pobos, disque democráticos.
WikiLeaks deixa núa a diplomacia estadounidense e a da maioría dos estados do mundo. WikiLeaks déixanos ver como os nosos dirixentes son capaces de axeonllarse por unha simple foto cos falcóns americanos e como estes sacan proveito desa necesidade dos mediocres gobernantes de occidente. O que mantén viva esa interrelación de favores é o seu secretismo e agora sabémolo todos. Sabemos como actúan, o cal é moito máis importante que as accións e informacións reveladas.
A falla de transparencia é o que mantén ao poderoso, xa sexa nun marco global, xa no marco local. Como cren que se manten vivo o caciquismo en Galiza? Polo silencio de quen o sofre. Si cada un dos que somos vítimas dunha cacicada o sacásemos a luz esta inxustiza social que arrastramos dende fai séculos remataría axiña. Cumpren persoas como Julian Assenge, persoas que recollan esa información, a analicen,  a contrasten e a fagan pública. Pero sobre todo cumpre unha sociedade disposta a transferir esa información, porque poucos, neste país, somos alleos a algunha cacicada.
Dende hoxe este blog aloxa tamén tódolos cables publicados por WikiLeaks (máis de 54000 arquivos) no dominio http://moendo.net/wikileaks converténdose nun -entre os miles xa- dos sitios que albergan esta información, demostrando así que o ataque aos sites que albergan os cables de WikiLeaks e as presións que sobre as empresas proveedoras para que os pechen é unha manobra absurda que o único que está conseguindo e amplificar a velocidade coa que se transmite a información.
Unha folga construtiva
Si algunha característica común teñen tódalas folgas é o seu carácter construtivo. Máis alá da defensa de dereitos, innegable, as folgas poñen o “turbo” a economía de calquera país ou empresa. Grazas as folgas créanse innumerables postos de traballo e dinamizase a economía. Fai brotar novas oportunidades de emprego, alenta a empresarios e emprendedores, engorda as arcas públicas.
A ninguén, no seu san xuízo, se lle ocorrería posicionarse en contra de tan exquisito maná para a economía -quen ousaría adoptar unha actitude tan destrutiva!-; moito menos cando esa folga afecta a servizos básicos dun concello, como sucede coa folga do lixo en Ourense, porque grazas a esta folga teremos unha cidade máis limpa, que é do que se trata, non? Porque grazas a esta folga os traballadores da empresa gozarán de máis dereitos, o cal redundará en beneficio de tódolos ourensáns, xa que iso faraos máis produtivos –tradúzase en máis limpeza- sen que nos custe un euro máis, non? Grazas a folga actual a empresa consolidará no seu posto a traballadores temporais e, probablemente, aínda cree novos postos de traballo, non? E o resultado natural de toda folga…
Existe unha trama para a contratación de persoal con fondos públicos?
Veño de presentar dúas denuncias por enchufismo, unha ante a Fiscalía de Ourense e outra ante a Delegación Territorial da Xunta de Galicia, entidades as que solicito. A primeira:
Que se acheguen os feitos presentados á denuncia presentada polo PSOE ante esta fiscalía por “enchufar” a máis de 200 persoas, segundo leo nunha noticia publicada en El País o 10/06/2010
Que se revisen os procedementos e procesos levados a cabo polo SGC, especialmente, os procesos de selección de traballadores vencellados a subvencións públicas (orientadores, axentes de emprego, psicólogos,…).
Que se investigue a falta de transparencia nas ofertas de emprego deste postos de traballo, suxeitos as axudas públicas, a maioría das cales, nunca son feitos públicos (en ningún medio, nin na páxina web do SGC, onde si se “colgan” outras ofertas), non permitindo subscribirse a elas e pasando desapercibidas para os buscadores de emprego.
Que se investigue si as valoracións feitas dos méritos curriculares dos candidatos, nos diferentes procesos de selección, son reais ou ben están adulteradas, xa que os candidatos, limitados pola lei de protección de datos, non podemos verificar a autenticidade dos méritos alegados.
A Delegación Territorial de Ourense solicítolle que:
Que se revisen todos os procesos de selección de persoal do Servizo Público de Emprego.
Que se revisen, especialmente, os procesos de selección de traballadores vencellados a subvencións públicas.
Que exista máis transparencia nas ofertas de emprego, a maioría das cales, sobre todo relacionadas cos empregos subvencionados con fondos públicos, nunca son publicadas (en ningún medio, nin na páxina web) e non permiten subscribirse a elas.
Que sexa obrigatorio para participar nestes procesos dar autorización de acceso ao CV persoal para que todos os candidatos poidan verificar a autenticidade dos méritos alegados.
Que se esixan responsabilidades aos responsables das áreas involucradas polo mal funcionamento destas: o Sr. Antonio González Amaro, Xefe de Servizo de Promoción e Emprego, e Sr. José Movilla Martínez, Director da Oficina Ourense Centro.
O escurantismo co que se realizan este tipo de procesos non só serve para levantar suspicacias, senón cando che toca preto, para confirmalas. Neste intres estanse realizando a selección de técnicos e axentes de emprego, entre outras categorías, polas entidades sen ánimo de lucro (ESAL). Calquera buscador de emprego preguntárase: e iso como se sabe? Só te decatarás si te chaman para algunha oferta porque estes postos son se fan públicos na páxina web do SGC. Porque? Para que non te decates, para que vai ser?
Poucos buscadores de emprego saberán da existencia destas prazas ate que saia publicada a resolución pola que se conceden, e para entón xa estarán todas adxudicadas. O último día para presentar a oferta de emprego no SGC polas  ESAL é este venres e para realizar a contratación o vindeiro día 5 de outubro. Logo informaranos aos comúns dos mortais vía DOG quen foron os afortunados.
Nese camiño daranse casos tan insólitos, algúns deles que me sucederon a min, nesta convocatoria e noutras.
A Fundación Laboral da Construcción de Galicia foille enviado o meu CV como resultado da sondaxe realizada polo sistema informático do SGC. Xamais se puxeron en contacto comigo pero informaron ao SGC que si o fixeran e que non se realizaran a contratación por “outros motivos”
Outro tanto sucedeu coa Cruz Vermella de Celanova, tamén por “outros motivos” sen sequera contactar comigo, rexeitou a miña candidatura.
Un caso surealista, este que nada ten que ver comigo. Emprende Ourense, un chiringuito ao estilo CIMO, pero patrocinado por xente do PP, solicita ao SGC un orientador laboral coa titulación de “Enxeñeiro Técnico Naval”. Para emprender que en Ourense? Para orientar a quen en Ourense? É evidente, non se trata de emprender ou orientar, soamente colocar a algún achegado de Baltar con dita carreira. Un escándalo!
(a falta de pan…) …circenses!
Ese é o papel que adoptan na cidade de Ourense os patronos da Fundación Pro Deporte Ourensano, recentemente calificada pola Xunta de Galiza de interese deportivo.
O padroado inicial da fundación está formado por Jorge Bermello Arce, Responsable das tendas Bermello, como presidente; Roberto Fernández Añel, Director de Financeiro da Construtora Marcelino Fernandez, como vicepresidente; Luis Gómez Muñiz (deste pouco sei, agás que anda deixando o seu teléfono pola rede, busca contactos, creo) como secretario; e Manuel de la Torre Pérez (non lle coñezo outra ocupación que a de secretario do COB), Santiago Rodríguez García, director de CIMO, Juan Manuel Jiménez Morán, Alcalde de Verín, José Domarco Piñeiro, responsable das instalacións do Pazo de Deportes Paco Paz (instalacións que o COB utiliza de xeito altruista mentres que os nenos que queren participar nas escolas deportivas que se organizan no mesmo recinto se ven na obriga de pagar), e José Luis Gavilanes Losada, Alcalde de Xunqueira de Ambía, como vogais, segundo o punto 4 da Orde do 4 de outubro. Circenses!
De Jorge Bermello e Santi Rodríguez pouco podo engadir do que xa dixera Gonzalo Jácome esta semana, só amosar que concordo totalmente con el. Precisamente veño de solicitar a miña baixa da base de datos de CIMO, ao meu parecer unha entidade que non aporta nada a esta cidade nin aos seus cidadáns (entendendo que o emprego precario que oferta non é unha aportación senón todo o contrario).
Sorpréndeme ver entre os patronos ao Alcalde de Xunqueira de Ambía. En máis de 30 anos xamais tivo unha iniciativa semellante pola vila que goberna, mentres esmorece  co importante patrimonio que alí hai por conservar, coa riqueza paisaxística, forestal, agraria e, sobre todo, termal, aínda sen explotar.
Interior do Balneario do Bañiño
Parece que os empresarios e responsables políticos da provincia de Ourense apostan polo circo e eluden as súas responsabilidades coa sociedade, creando novos chiringuitos -isto é o que as elites ourensás entenden por novos nichos de negocio- cos que afogar, aínda máis, as xa de por si maltreitas arcas públicas, que seguirán negando a súa colaboración a entidades sen ánimo de lucro de corte social, pero que si porán a disposición do circo este cantas infraestruturas públicas sexan precisas e cantos cartos lles sexan solicitados. É o que Arturo R Vispo chama “insolidaridade do mezquino” neste artigo referido as subvencións.
Andan os ladróns detrás dos que rouban?
Lin esta mañá o diario El País e quedei asustado: “O PP retirará a querela ao BNG si este compensa á empresa implicada”. Primeiro, teño que por en cuarentena este titular, vindo de onde ven; segundo, dubido da súa veracidade porque o PP non é quen, senón a Fiscalía, se querelou contra os responsables do BNG e da empresa Afiador Producións -logo dunha denuncia do PP-; terceiro, porque tal afirmación sería constitutiva de delito, ao tratarse dunha acción semellante a recollida nos artigos 171.1 e 171.3 CP, onde se penalizan “as ameazas dun mal que … si estas consisten en … revelar ou denunciar a comisión dalgún delito”.
Efectivamente, poden afirmar que o delito xa estaba denunciado, pero pedir 30 millóns de euros a cambio de retirar unha denuncia que é?
Si non visen consistente a posible ameaza, lean o que di o artigo 243 CP sobre a extorsión: “O que, con ánimo de lucro, obrigase a outro, con violencia ou intimidación, a realizar ou omitir un acto ou negocio xurídico en prexuízo do seu patrimonio ou dun terceiro, será castigado coa pena de prisión de un a cinco anos,…”. E, segundo a mesma nova, o Alcalde de Ourense afirma que as persoas beneficiadas por esa cantidade de cartos son do mesmo partido.
Creo que urxe unha aclaración desta noticia por parte de todos os actores implicados: xornalista, responsables políticos (que palabras tan contraditorias) e o Secretario do Concello de Ourense nese Pleno.
Si o que manifesta o diario madrileño é certo, isto é, que o PP esta disposto a retirar unha denuncia a cambio de cartos, implica que agora o PP non ve delito onde antes vía un pelotazo? Só por razóns ecónomicas, non legais? Persoalmente, si a proposta do PP é certa si merece unha denuncia… pero non, estes non o farán,… non lles dá para tanto.
Xa foi noticia
Esta semana produciuse unha situación que fixo que valorase aínda máis a este medio que é internet e que nos abre cada día unha fiestra a realidade, realidade que antes nos daban debuxada os medios de comunicación. Agora calquera de nós somos un medio de comunicación; cun blog persoal e a combinación deste coas redes sociais e os avanzados sistemas de mensaxería podemos chegar a máis destinatarios que co clásico, caduco e pouco fiable xornal de papel. Aínda así, será romanticismo, precisamos que as noticias que elaboramos rematen nese medio, como si neles se atopase a fonte da credibilidade. Non tal…
A denuncia que asinaba fai uns días neste blog mandeina a varios medios de comunicación galegos, tal e como se recolle aquí. Chegou a tódolos destinatarios aos que directa e indirectamente me podía dirixir, circulando por e-mail e as redes sociais. Estaba asinada con nome e apelidos e achégase unha proba do que afirmo, a foto roubada, e aínda así ningún mas media estimou que iso debería ter cabida no seu medio. Non me sorprende, pois creo coñecer como funcionan os medios tradicionais, por iso afirmo que están caducos e son pouco fiables.
Fai unhas semanas diferentes xornais publicaban nas súas edicións de Ourense unha noticia que tiña como orixe unha denuncia anónima. Non daba creto! Como é posible iso si logo ignoran a quen asina co seu nome e apelidos? Ten unha explicación… ou varias: a entidade denunciada, a cor política das persoas involucradas, o investimento en publicidade que faga a entidade, etc.
O peso da entidade na sociedade na que radica é importante e, sobre todo imaxe da que goza, a relación cos demais axentes sociais e importancia dos mesmos. Denunciar a unha institución como a CEO que reúne aos empresarios de Ourense, que logo insiren os seus anuncios nos xornais (tamén a propia CEO: estes días podedes ver un anuncio que ocupa toda a páxina do xornal local), é moi arriscado. Os medios tradicionais mantén o negocio por diante da información polo cal, amais de caducos e pouco fiables podemos engadir que son inservibles para acadar a súa finalidade que non é outra que a de informar. Parece máis que se adicasen a desinformar …
Así o entendín polo mes de xaneiro, cando varios medios publicaban nos seus soportes a nova de que “Traballo investirá 6,3 millóns de euros na contratación de 288 axentes de emprego”. Parecía un regalo de Reis, pois o anuncio fora feito nesa xornada de Nadal. Hoxe, máis de nove meses despois o DOG pariu a convocatoria. Por suposto, volve a ser noticia no portal da Xunta de Galicia e, como non, atopara un oco nos medios de desinformación. Logo pasará a situación de baixa por “maternidade” (prazo de solicitudes, reclamacións, publicación,…) e, con sorte, un ano despois de ser anunciado farase efectivo aquel anuncio… como, por certo, xa sucedía tódolos anos. Logo, onde está a noticia?
Ah! que se me esquecía, agora non serán 288 axentes como se afirmaba daquela, senón 260, e sen mudar o orzamento. Botaran mal as contas tal e como denunciaba eu no meu blog. Un acerto casual… que obriga a rebaixar o número de contratacións (28) no lugar de subir o orzamento.
A que nos ven enriba
Comeza o novo curso político e, unha vez máis, vou xogar a ser profeta, cousa que, co panorama de crise económica actual resultará doado.Non resulta tan doado atopar a un responsable e, de facelo, que asuma dita responsabilidade.
Primeiro a culpa foi da economía neoliberal. Tódolos gobernos do mundo (entendendo por tódolos gobernos do mundo unicamente os que conforman o G20) decidiron que xa era hora de apretarlle a corda aos Señores dos Mercados e cinguilos a unha lexislación estricta. Pouco lle durou a ansia de gobernalos a todos.
Así, aínda sen saír da crise económica, os Señores dos Mercados, recuperaron o poder sobre os homes libres, nós, que somos os que posuímos a liberdade de escoller entre quen nos desgoberna ou entre quen nos malgoberna, máis non podemos decidir sobre as políticas que desgobernantes e malosgobernantes aproban. Ese eido está reservado aos Señores dos Mercados.
Aínda así,  a pesares da pouca capacidade que teñen para decidir, xa sexan desgobernates ou malosgobernantes, lonxe de unirse contra os Señores escuros, permiten que as sombras do mal se extendan sobre nós, enfrontándonos, explotándonos, recortándonos dereitos, etc. en beneficio propio, nunca no de todos. Esta loita que abrangue a toda a poboación, non só aos desgobernantes e malosgobernantes, senón tamén aos ingobernables en Galiza, agrava a situación do pobo. Agora que se achegan as eleccións locais as tres forzas, alleas á ameaza das sombras adentraránse nunha cruenta liorta para rabuñar cada apoio que poida permitirlles manterse no poder a uns, sacalos e ocupalos a outros. Da guerra, coma na política, e viceversa, non poden agardarse prácticas limpas, mais a inocente poboación sucumbe en masa. unha e outra vez, pola necesidade de acadar o poder para seu grupo de pertenza. Acadalo permitiralles ter máis posibilidades de sobrevivir neste sistema esgotado, accedendo así aos recursos que se lle negarán logo aos perdodores e tamén, como non, aos que permaneceron neutrais.
As diferentes forzas dende a súas posición acumulan efectivos para a gran batalla, acumulan víveres e auga, negándollos a poboación -axudas, subvencións, servizos, infraestructuras,..-. O obxectivo agora é crear máis necesidade, así logo as esmolas serán máis valoradas. Estas, as axudas cando comecen a chegar serán custosamente anunciadas -quizais o custo da información supere ao da execución- para que o pobo famento se dispute por elas, entre si -haberá postos de emprego, que non traballo, para miles e miles de parados, en administracións e chiringuitos amigos de uns, amigos de outros e amigos de todos-.
Logo deste «momento Tolkien», o certo é que pasada a batalla das municiapais todo quedará esgotado e todos, uns e outros, quedarán desamparados ante a crise que nos afecta,… ata as vindeiras eleccións, nas que, outra vez, nos tocará realizar a función de tontos útiles. Non están a salvo nin os que se consideran máis protexidos, pois aqueles traballadores laborais «fixos» poden ser os primeiros en perder o seu emprego coa simple perspectiva de perdas por parte da entidade a que pertence. Na maioría dos casos, as administracións públicas, todas en números vermellos, e co colapso destas caerán logo os seus chiringuitos (empresas públicas, entidades sen ánimo de lucro, fundacións, sindicatos,…) que grazas a «reforma laboral de ZP» poderán ser botados a rúa por un módico prezo de 20 días por ano traballado.
Só nos queda agardar que cando comece o adelgazamento forzado das administracións non queden ocupando os seus postos aquelas persoas máis ineptas e poñan na rúa aos máis traballadores. Si eses nunca entraran, probablemente, a situación actual sería ben diferente.
A lista de «sucasas»
Ando botándolle unha ollada a tódolos e-mail que forman parte da lista que a UPD Coordina Local II nos enviou a diferentes persoas, supostamente axentes e técnicos de emprego e ao ir repasando enderezos e cotexando cos datos que podo atopar na rede atópome con que:
Unha parte importante destes enderezos non corresponden a AEDL, senón que o enderezo pertence ao e-mail de contacto que se pode atopar habitualmente nas web corporativas de ESAL ou Concellos. Citar todas estas entidades, que superan o cento, enchería inutilmente este post. Os AEDL que gardastes ese e-mail podedes corroborala.
Nalgúns casos, como Alar Galicia, vemos que o enderezo da lista correspóndese co do Presidente da Asociación, Fernando González  Truque que, a súa vez é o Técnico de Emprego da mesma, seguro que lle supuxo tomar unha decisión difícil ter que realizar semellante contratación. Recomendo escoitar o audio desta última ligazón, onde o Pte./tco. fala de méritos para atopar traballo. Resulta moi triste ver que existen axentes que nin sequera dispón -ou non se lles permite usar- un enderezo de correo electrónico personalizado.
Outro caso épico é o do meu concello de nacemento, Xunqueira de Ambía, onde o receptor da información que envía a UPD Coordina Local II non é o AEDL do Concello, senón o propio Alcalde. Algo moi característico en concellos excesivamente autoritarios e onde non se delega nin a información. Noutros concellos, tampouco reciben a información directamente os AEDL senón os departamentos aos que pertencen, aínda que non sexan eles, senón un cargo político, quen estea ao fronte.
Non podían faltar os amiguños, como José María Fantova Rodríguez; quen é esta persoa? Non sei, pero ao introcudir o seu correo en Google o que sae é isto. Sei que non é un Concello nin unha asociación, nin fundación, nin sindicato, nin… é unha asesoría do Ferrol, terra de onde tamén é o Director da UPD Coordina Local II, Angel Sucasas peón. Pode unha empresa privada dispor dun AEDL? É posible que o dono desa empresa sexa tamén AEDL? Parece -ou iso me parce a min, haber si mo aclaran- que este señor está utilizando a UPD a favor das empresas privadas dos seus amiguiños. Que pouca vergoña!
O caso é ter unha lista grande, aínda que a información sexa mala escasa, e os destinatarios sexan persoas con obxectivos, capacitades e aptitudes diferentes as requiridas para o posto.
Dúas novas: unha boa e outra mala
Comezo pola mala: a economía non tira. Un exemplo, a petición de licenzas para centros comerciais cae a cero en Galicia; outro, a creación de empresas ralentízase: 210 en seis meses na provincia de Ourense. Somos territorio desempregrado.
A boa nova non é que os axentes de emprego teñan menos traballo  , a boa nova é que hai axentes que xa comezaron a asociarse. AFIPRODEL (Asociación “ Finisterrae” de Profesionais de Desenvolvemento Local) é unha entidade profesional no ámbito de desenvolvemento local na provincia da Coruña. Ese é o camiño que debería seguirse noutras provincias polas razóns que sinalaba no post anterior.
Imponse a lei do silencio
Hoxe é un día triste para moitos galegos: cerra Vieiros, maña faino Chuza! (evito por ligazóns que en horas quedarían rotas), hai semanas forase GZNación. A prensa e redes sociais que publica íntegramente en galego está desaparecendo mentres as que o fan en castelán reciben axudas polo fomento do galego. Inexplicable.
É un problema de audiencias? Non existe demanda para estes medios? Dubido que ese sexa o problema, cando menos o único problema. Existe una presión enorme polas institucións públicas gobernadas polo PP para silenciar estes medios, os únicos que realmente aportan algo a normalización da nosa lingua. Ese é o verdadeiro problema. Existe una enorme presión por parte das institucións gobernadas polo PSOE e BNG –este especialmente- por influir na edición destes medios. Ese é o verdadeiro problema, a eterna politización dos medios de comunicación. Todos queren o seu para aportar axudas.
A vindeira semana seremos miles de galegos os que nos veremos silenciados ao non contar coas plataformas de difusión habituais para nos expresar. Imponse a lei do silencio. Imponse o ‘peche é voadura’ da libre expresión en galego.
E o Conselleiro de Cultura que ten que dicir? Sairán ao rescate dos medios que editan en Galego? Deixarannos desaprecer sen máis? Haberá dimisións? Reunirase hoxe o Consello da Xunta de Galicia de urxencia para analizar a situación? Ou, nin iso?
Temos un problema, por Roi Xordo en xGaliza
Cando a información é incompleta e tendenciosa, é falsa.
Hoxe o diario El País volve a referirse a unhas canteiras, desta vez no Concello de Toén. A noticia é que o Alcalde deste Concello legaliza as canteiras que dende fai 10 anos extraen pedra dos seus montes. A noticia debería terse producido moito antes, precisamente pola permisividade desa actividade sen licencias, sen permisos, sen estudios de impacto, polas protestas dos veciños, etc., pero non. É noticia agora que se legalizan, quizais para por fin a esa situación de ilicitude, pero é noticia sobre todo porque o máis beneficiado sexa outro Alcalde do PP, José Luis Gavilanes Losada, de Xunqueira de Ambía.
Que insinúa a xornalista? Que si non fose o dono do PP seguiría explotándose eses recursos naturais de xeito ilegal, sen pagar impostos como todo contribuínte, sen respectar ao medio ambiente ou os dereitos dos veciños? Quizais quere dicir que se lle permitiron todas esas prácticas ilícitas durante 10 anos por ser un Alcalde do mesmo partido? Porque durante 10 anos ninguén dixo nada  e si agora que se pretende porlle fin? Moitas interrogantes sen resolver. Quizais se respondan na seguinte entrega de Cristina Huete.
Non é a primeira vez que critico a xornalista de El País por unha conduta semellante. Hai máis de dous anos falaba de lastres, ataduras e hipotecas,…  onde a crítica viña porque se daba unha información bastante tendenciosa en referencia as canteiras ilegais de Xunqueira de Ambía, ocultando a responsabilidade que certas persoas do seu entorno político tiñan na trama.
Agora, neste artigo, Cristina Huete volve a referirse a querela que a fiscalía presentou contra os responsables das canteiras de Xunqueira de Ambía, aos que non nomea directamente, e si reitera a vinculación que o Alcalde do Concello ten coas as mesmas segundo un informe da Policía Xudicial. Non vou ser eu quen saía en defensa deste depredador mais, si tal informe demostrase tal vinculación o Alcalde estaría entre os querelados. É máis, si tal informe puidese probar o que Cristina Huete afirma a querela non estaría na actualidade en situación de sobresemento provisional –a instancia do propio Ministerio Fiscal!-, tal e como denunciei neste blog hai unhas semanas. Como se pode facer referencia a unha querela do ano 2007 sen sequera pasar polos xulgados a preguntar en que estado se atopa? Ou, si o sabe, o que quere a xornalista é agochalo? Máis dúbidas…
“Que un idioma grande se coma al pequeño puede ser bueno para la sociedad”
Quen podería dicir unha barbaridade semellante? Pensen. É «ourensán«, “empresario cultural”, dirixente dun “partido político”, “xornalista”, “columnista”, etc.
*fíxense que os adxectivos van entre comiñas.
Non hai moito a mesma persoa, noutra conversa dicíame «Es inevitable que el grande se imponga, es antinatural, no práctico y antieconómico intentar lo contrario». Fálame sempre en castelán porque iso ao parecer o fai máis “chic” (é o que se impón), máis natural, máis práctico e máis económico. Imaxino que o que economiza son neuronas que é o que máis se pode gastar adquirindo coñecementos. Nótaselle que ten aforrado moito e non só na aprendizaxe de linguas.
Estas dúas frases poderían resumir toda a súa ideoloxía, mais, a máis clarificadora é o lema do seu partido “ni de derechas, ni de izquierdas, de Ourense”. Quere dar a entender que o que máis lle preocupa a esta formación é a súa cidade? e os seus cidadáns? Eses non tanto. Ourense é unha cidade do Sur de Galiza, galega por tanto, na que se fala galego aínda que a algún ignorante que na súa vida saíu do centro o ignore. Imaxino que é aí onde recolleita os votos a súa formación (Paseo e arredores).
Autoproclámase, sen que ninguén o designase para tal cousa, representante do pequeno comercio local, e fala por todos. Evidentemente non fala máis que por si mesmo, aínda que, ben visto, o que lle falla ao comercio local da nosa cidade sexa exactamente o que lle falta a el: identidade propia, sen a cal é imposible competir co comercio invasor (grandes superficies) e no comercio exterior (ao non ter nada novo que ofertar).
Custa entendelo …
Fai máis de tres anos redactaba unha denuncia pola explotación indiscriminada que estaba sufrindo o Monte da Farria (Xunqueira de Ambía), un Monte ao que o propio Concello lle deu a protección A dentro do Catálogo de Bens Naturais e Paisaxísticos.
Fai unhas semanas, logo de que pasaran anos dende as derradeiras novas sobre este asunto, pasei polos xulgados para preguntar polo estado en que se atopaban as dilixencias. A resposta da funcionaria do Xulgado de Instrución nº 1 foi: sobresemento provisional e en arquivo das actuacións a instancia do Ministerio Fiscal.
Custa entender que un dano ao medio ambiente tan flagrante coma este quede impune, custa entender que os responsables do mesmo nin sequera sexan sometidos a xuízo. Inocentes pola graza de D. Florentino Delgado. Di o Fiscal Xefe de Ourense que é posible que existan feitos ilícitos, pero que eses feitos non ten porque supoñer un delito. Certo. Ao parecer, segundo o Fiscal Xefe, a protección da que o Concello de Xunqueira de Ambía dota a este Monte non ten a mesma categoría que si quen protexe é a Comunidade Autónoma ou o Estado (por exemplo incluíndo espazos en ZEPA, Rede Natura, Parques Nacionais,…). Non ten relevancia que a empresa, Farriense de Granitos, que contaba cunha licencia de investigación, se adicase a explotar e comercializar a pedra. Tampouco importa que a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental considerase que o proxecto non era viable ambientalmente. Da igual que que esta empresa, e logo EXELCO, explotasen o monte sen licenza municipal e con coñecemento dos responsables municipais, que permitiron a realización dunha actividade económica cando a outros empresarios, como é lóxico, si se lle esixen esas licenzas, autorizacións, pago de taxas, impostos,… Nin sequera se plantexou a probable prevaricación por parte do Concello para favorecer a un dos accionistas dunha das empresas que é, casualidade, o xefe de obras do mesmo Concello. É mais, o propio Concello, baixo a dirección desta persoa, acondicionou os accesos ao Monte para que estas empresas puidesen realizar as tarefas que lle son propias.
<object width='312' height='305' type='video/x-ms-wmv' data='http://agalegainfo.crtvg.es/videos/enlace/tvg120070713143832.asx'><param name='src' value='http://agalegainfo.crtvg.es/videos/enlace/tvg120070713143832.asx' /><param name='controller' value='true' /><param name='autoStart' value='0' /><param name='wmode' value='transparent' /><param name='ShowStatusBar' value='1' /></object> <object width='312' height='305' type='video/x-ms-wmv' data='http://agalegainfo.crtvg.es/videos/enlace/tvg120071226144419.asx'><param name='src' value='http://agalegainfo.crtvg.es/videos/enlace/tvg120071226144419.asx' /><param name='controller' value='true' /><param name='autoStart' value='0' /><param name='wmode' value='transparent' /><param name='ShowStatusBar' value='1' /></object>
Mais, non hai delito. Non hai responsabilidade penal nin das administracións involucradas (Consellería de Medio Ambiente, Consellería de Industria e Concello de Xunqueira de Ambía) nin dos responsables das empresas que explotaban o Monte. Soamente irregularidades administrativas. “É como si aparcas un coche en dobre fila, é un ilícito, pero non é delito”, trataba de explicarme o fiscal do xeito máis sinxelo, para que o entendese. Entendo que é difícil loitar contra a maquinaria da administración, móvese lenta pero manobra con intelixencia. Sabe ben como tapar os seus pecados.
Agora son inocentes por sobresemento, antes foron culpables pola querela da propia Fiscalía; todo sen seren enxuizados. A diferencia é que agora os medios non din nada (daquela a nova tivera especial repercusión na galega, entón manipulada polo PSOE, e en El País). Silencio informativo. Mentres, EXELCO segue realizando a súa actividade no serradoiro de pedra instalado sen licenza na ladeira do Monte, iso si, sen poder explotar a canteira porque lle retiraron o permiso de investigación (?). Si. Por iso aínda que traten de explicarmo como a un neno, custa entendelo.
Será logo que toda irregularidade administrativa está exenta de ser calificada como delito? Digo porque neste suposto intervén unhas administracións que durante máis de dous anos de explotación non din nada, nin fan nada, ate que llelo esixe o Ministerio Fiscal. Logo os inspectores das propias administracións realizan os informes que exoneran de responsabilidade algúnha a propia administración … Pediralle tamén o Fiscal Xefe aos técnicos da Deputación de Ourense que realicen informes que xustifiquen as contratacións realizadas por esta entidade recentemente? Sería o lóxico. E unha vez comprobado que todas as contratacións teñen unha xustificación técnica, porque a terán, o que queira queixarse que presente un «contencioso».
O maleficio
O maleficio ao que me vou referir nada ten que ver co “dano causado pola arte dos feiticeiros” senón ao dano que certas persoas, sobre todo quen ten algunha responsabilidade, provocan facendo que “aparentemente, uns ganen e outros perdan” aínda que ao final ninguén saía beneficiado. Seguramente ao ler isto a todos se nos veñen a cabeza ducias de nomes. A min, agora, venme un,…
Venme a cabeza esta reflexión logo de ler “O beneficio” de Alex Rovira e Georges Escribano (velaquí o primeiro capítulo) onde, a xeito de novela, fan unha análise psicosocioecómica dunha entidade enferma. Déuseme por ler este libro logo de ver unha entrevista en CNN+ do primeiro dos autores con Antonio San José no espazo “Cara a Cara”, cando, facendo zapping na madrugada do venres o entrevistador cita a frase coa que se abre o libro:
“Trata a un ser humano como é,
e seguirá sendo o que é.
Trátao como pode chegar a ser,
e converterase no que está chamado a ser.”
Blaise Pascal
A quen nos entusiasma o “Desenvolvemento de Persoas” e rexeitamos abertamente a expresión “Recursos Humanos”, por ser despectiva para a propia raza, en canto que as persoas somos algo máis que un recurso para as empresas e outras organizacións, frases como a de B. Pascal engánchannos. Así que o venres pola tarde compreime este libro; logo de lelo, por suposto, recoméndoo (especialmente a calquera persoa que teña a responsabilidade de dirixir un grupo).
Son dos que subliña moito os libros e logo lle da voltas a todo, neste as páxinas en amarelo fluorescente case superan as que quedan sen colorear, tal é o interese que produciu en min a súa lectura. Entre todas as ensinanzas, quédome esta:
“… a calidade só se pode construír dende a conciencia.
Sen conciencia, dixo, non pode haber comprensión; sen comprensión non hai respecto; sen respecto non pode haber confianza e sen esta non é posible o compromiso. E por suposto, sen compromiso non é posible a calidade‘”.
Falan os autores de confianza. Que é a confianza? Alex Rovira explícao mellor ca min, ver vídeo, mais quédome con algo que é fundamental para ter confianza en alguén: a integridade (ou conciencia). “Confiamos nas persoas que son íntegras. Que é a integridade? Predicar co exemplo e cumprir o que se promete”.
Hoxe díxenlle ao concelleiro do BNG en Xunqueira de Ambía, José Luís Quintas Coello, que non confiaba nel. Porqué? Por que non é un ser íntegro. Porque? Por que non predica co exemplo, por que non cumpre o que promete e un cento de razóns máis. A súa resposta: “eres bobo!”. Por se non oíra ben, repetiumo. Esa é súa ética, a súa coherencia.
Este feito non me sorprendeu en absoluto, nin a min nin a ducia de persoas que había nese intre nun bar de Xunqueira. A eles menos ca min. Están afeitos ás súas predicas, broncas e insultos. Iso é ao que se adica cada día en tódolos bares, rúas e prazas da vila, dende a súa atalaia de “concelleiro do BNG”, pois seica “o título” este fai que as persoas coma el, con escasa formación, se atrevan, para vencer os seus complexos, a dar leccións e insultar a outros con menos, semellantes ou moitos máis coñecementos ca el. Adafeito. “O titulo” non leva implementada a razón nin a intelixencia, vello amigo. Ti es a proba do que digo mais, desgraciadamente para o nacionalismo galego, non a única.
O BNG é unha organización enferma e ti es o vivo exemplo de maleficio; un virus que, aparentemente semella unha cousa, que pode facerlle crer a alguén (eu o primeiro bobo!) que vai conseguir algo contigo, apoiándote, para que outros perderan ese poder que ti -ilusamente- ambicionas. Pero ao final ninguén gaña nada. Xunqueira, contigo, non gañou nada (a vista está). O BNG, contigo, non gañou nin gañará nada. Ao revés.
<object id="PLYVideo_cuatro" classid="clsid:d27cdb6e-ae6d-11cf-96b8-444553540000" width="533" height="425" codebase="http://download.macromedia.com/pub/shockwave/cabs/flash/swflash.cab#version=6,0,40,0"><param name="align" value="middle" /><param name="allowScriptAccess" value="always" /><param name="allowFullScreen" value="true" /><param name="FlashVars" value="skin=cuatro&referrer=http%3A%2F%2Fwww.cuatro.com%2Fnoticias%2Fvideos%2Fbuena-vida-alex-rovira-parte%2F20100311ctoultpro_16%2F&xref=20100311ctoultpro_16.Ves&playlist=&conf=http://www.cuatro.com/comunes/multimedia/videoAS3/skins/cuatro/conf_embed.xml&id=7874&logo=" /><param name="quality" value="high" /><param name="scale" value="noscale" /><param name="bgcolor" value="#000000" /><param name="src" value="http://www.cuatro.com/comunes/multimedia/videoAS3/skins/cuatro/PLYVideo_cuatro.swf" /><param name="name" value="PLYVideo_cuatro" /><param name="flashvars" value="skin=cuatro&referrer=http%3A%2F%2Fwww.cuatro.com%2Fnoticias%2Fvideos%2Fbuena-vida-alex-rovira-parte%2F20100311ctoultpro_16%2F&xref=20100311ctoultpro_16.Ves&playlist=&conf=http://www.cuatro.com/comunes/multimedia/videoAS3/skins/cuatro/conf_embed.xml&id=7874&logo=" /><param name="allowfullscreen" value="true" /><embed id="PLYVideo_cuatro" type="application/x-shockwave-flash" width="533" height="425" src="http://www.cuatro.com/comunes/multimedia/videoAS3/skins/cuatro/PLYVideo_cuatro.swf" name="PLYVideo_cuatro" bgcolor="#000000" scale="noscale" quality="high" flashvars="skin=cuatro&referrer=http%3A%2F%2Fwww.cuatro.com%2Fnoticias%2Fvideos%2Fbuena-vida-alex-rovira-parte%2F20100311ctoultpro_16%2F&xref=20100311ctoultpro_16.Ves&playlist=&conf=http://www.cuatro.com/comunes/multimedia/videoAS3/skins/cuatro/conf_embed.xml&id=7874&logo=" allowfullscreen="true" allowscriptaccess="always" align="middle"></embed></object>
Existe un principio ético que obriga a quen usa -parcialmente- a obra de outro autor, a citalo. É un xeito de non apropiarse dunha obra que non lle corresponde. Chámase a este principio: referenciar. Outros dirán que é un envoltorio para desenvolver artigos mediocres, unha forma de disfrazar a verdade ou manipulala,… Persoalmente non me  considero en posesión da verdade e o que crea e manifeste estalo (por exemplo, cando alguén di «mentes», «faltas a verdade», «fas demagoxia» …), non fará máis que exhibir a súa ignorancia e arrogancia, característica esta última, que limita o crecemento e evolución persoal.
O límite da indignación
“En opinión de Bebchuk and Fried o único factor que constrinxe as retribucións dos executivos é o denominado “límite da indignación”, isto é, a preocupación ante o feito de que o pago de emolumentos excesivos aos executivos poida provocar unha airada reacción por parte de quen, no caso contrario, se amosarían habitualmente aquiescentes, a saber, accionistas, traballadores, políticos ou opinión pública en xeral”
Paul Krugman, Despois de Bush, 2008
Non sei si será o límite da indignación quen empuxa a baixa os salarios dos executivos dos USA; o que si teño claro é que tales límites ou ben non existen en política ou ben aínda non o acadamos, isto é, que a cousa debería ir a peor para que a cidadanía se indignase coa caste política.
Temos na actualidade máis “políticos profesionais” que nunca, que seica se poñen soldos en aras de demostrar transparencia do que sacan das nosas arcas públicas en contra do que fan os “políticos aficionados” que seica rouban a mans cheas.
Os políticos son, como os directivos das grandes compañías, os únicos privilexiados deste reino mortal que poden permitirse poñer o soldo que queiran, a conta de todos nós, e dicirnos que iso non é roubar, senón o cobro por unha prestación de servizos á que ninguén, por certo, os obriga. E quedámonos todos tan contentes, e xustificámolos, e dicimos: “polo menos este non nos rouba”.
Rebélome contra estes argumentos: róubannos a cara descuberta -e probablemente, tamén as agochadas-. Ser representante dun Concello é algo que unha persoa debe facer de xeito altruísta polo beneficio da comunidade a que pertence e non polo interese particular, propio e/ou duns poucos.
Fai catro anos a oposición na cidade de Ourense denunciaba escandalizada que o Alcalde da nosa cidade era un dos mellor pagados do Estado; un ano despois, non só o Alcalde entrante se poñía o mesmo soldo que o saínte senón tamén o Tenente-alcalde. Pasamos de ter un dos Alcaldes mellor pagados do Estado a ter dous. Amais beneficianse da adicación exclusiva todas as concelleiras e concelleiros do goberno da cidade (en total os catorce concelleir@s elect@s  máis unha non electa, a “alcaldesa” de Entrimo). Tanto profesional non foi abondo, pois estes non teñen a obriga de ter coñecementos propios das súas competencias, de xeito que a estes dirixentes “non cualificados” permíteselles contratar “a dedo” a persoal cualificado da súa confianza para que os asesoren no seu quefacer diario.
Mentres tanto na nosa cidade -e en moitas outras onde se estendeu esta praga que mistura profesionais non cualificados e cualificados ben relacionados- as taxas de desemprego seguen crecendo sen que a cidadanía se indigne. Ata cando!?
<object classid="clsid:d27cdb6e-ae6d-11cf-96b8-444553540000" width="535" height="300" codebase="http://download.macromedia.com/pub/shockwave/cabs/flash/swflash.cab#version=6,0,40,0"><param name="allowFullScreen" value="true" /><param name="allowscriptaccess" value="always" /><param name="src" value="http://www.youtube.com/v/Us-TVg40ExM&hl=en_US&fs=1&color1=0x006699&color2=0x54abd6" /><param name="allowfullscreen" value="true" /><embed type="application/x-shockwave-flash" width="535" height="300" src="http://www.youtube.com/v/Us-TVg40ExM&hl=en_US&fs=1&color1=0x006699&color2=0x54abd6" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true"></embed></object>
Ética para náufragos nacionalistas
Para José Antonio Marina, autor de “Ética para náufragos”, “os deberes non xorden en primeiro lugar, senón despois, na reflexión ética”. Foi así como naceu o código ético do BNG, aquí vencellado, e así como os seus postulados se converteron, mediante un pacto, en deber para todos, repito, para todos os que conforman a devandita organización. Ninguén está por riba dese código.
Comeza este código dicindo que “o BNG asume publicamente o compromiso de facer efectivos os dereitos e liberdades dos galegos e das galegas”. Porque logo aos militantes galegos do BNG -supoño que tamén os haberá vietnamitas- non se lles permite exercer ese dereito? Falo das ameazas, das coaccións, das calumnias,… que certos responsables políticos deste partido toleran, actuacións como as do Alcalde de Maceda -e non me refiro só aos que cometen esas accións, senón tamén aos que as xustifican e amparan-. Xa dixen noutro post que debería ser expulsado do partido. Reitéroo.
“O BNG aposta pola veracidade informativa, a transparencia e a tolerancia cero coa corrupción”. Venme a memoria, maldita memoria, que diría O’Rivas, como dende a organización nacionalista se enganou aos cidadáns do rural con SEAGA, prometendo postos de traballo estables e ben pagados cando en realidade se trataba de contratos precarios (traballadores que realizando as mesmas funcións cobraban menos que os que dependían directamente da Consellería de Medio Rural) e temporais (tres meses). Lembro aquela reunión no local do BNG en Allariz, un mércores de cinza do 2008, convocada urxentemente vía SMS o luns de entroido (estabamos tres persoas de Xunqueira de Ambía, o (ir)Responsable Comarcal, o “enchufado” de SEAGA e concelleiro de Molgas, xente de Xunqueira de Espadañedo, de Esgos, de Vilar de Barrio, de Vilar de Santos, de Allariz, como non, e case tódolos concellos da Comarca). Maldita memoria!
Un compañeiro do meu Concello, Carlos, que coma min é un claro defensor de que estes servizos se presten dende a administración pública, si ben eu entendía que unha empresa pública non deixa de ser “sector público”, pregúntou pola verdadeira razón de ser desta empresa. O que non entendía eu eran eses motivos e que, seguro,  o meu compañeiro xa advertira. A verdadeia razón da externalización do servizo de incencios era “burlar os controis públicos de contratación da administración e dos sindicatos”, segundo Pérez Bouza. E quedou tan ancho ao dicilo. Maldita memoria, Maldito código ético!
Foi así como, enganando aos nosos paisanos, o BNG comarcal acadou os mellores resultados da súa circunscrición na historia upando ao modesto (ir)Responsable Comarcal ao Senado español. Aínda lembro, maldita memoria, como o día antes de que o designasen senador, e se rumoreaba que Paco García era o elixido, el se descartaba dicindo que non tiña “aspiracións tan altas”.
Veracidade informativa, transparencia. Que podo dicir que xa non dixera nos post adicados a Maceda? Ah! Calvos de Randín. Lembro o día en que sentados nunha esquina do Atlantic, Pérez e máis eu, recibe unha chamada de Dani, o “responsable” local de Calvos de Randín. Estaba moi anoxado porque o seu primo, Xardón -que amais o enchufou na consellería-, e Pérez se reuniran as súas costas con José Manuel Andrade, o tránsfuga do PSOE daquel concello. Este era tamén o aparellador da vivenda que o (ir)Responsable Comarcal de Allariz-A Limia estaba construíndo en Porqueira (que deus queira nunca chegue a gobernar,… polo ben dos porqueiráns, digo).
Mentres escoitaba aquela conversa non saía do meu asomo. Podería cualificarse aquel caso de síndrome de Estocolmo? Mentres, nos xornais, soamente se falaba de que era Baltar quen estaba detrás daquela moción de censura. Dende logo, si chega a saír, a xogada era mestra, iso si ignorando a máxima que di: “os cargos públicos son propiedade pública”
Ese mesmo día, na mesma hora e lugar, recibe outra chamada. Era dun concesionario ourensán para preguntarlle si xa se decidirá por algún dos “audis que mirara” -acababan de nomealo senador das Cortes de España-. Velaí o que di o código ético nacionalista: “dar exemplo de austeridade e equilibrio institucional”.
Tamén di: “un cargo, un salario”. Nembargantes, o Sr Pérez Bouza amais de Senador nas Cortes españolas conserva a súa acta de concelleiro en Porqueira. Notable excepción!
Despois da que se montou na cidade de Ourense co logo da Tenencia de Alcaldía ou en Galiza coa Vicepresidencia está demais facer calquera comentario sobre este precepto: “os candidatos e cargos nacionalistas adquiren un compromiso de non utilización de fundos públicos en campañas de propaganda”.
«Clientelismo cero». A Consellería de Medio Rural era coñecida en Ourense pola Consellería de Medio Cartelle, porque o delegado que era desa localidade, tiña a medio pobo enchufado. Pero non só en Cartelle tiñan clientes: Porqueira, Molgas, Maceda, … Amais son expertos, alá onde gobernan, en abrir novos mercados ou, como diría o Alcalde de Maceda, “hai que gañar os apoios dos votantes do PP xa que o dos nosos témolos seguros”.
En fin, … podería seguir así todo ano, que digo! Seguirei.
A ditadura perfecta
O BNG comarcal de Allariz-A Limia leva rumbo de converterse na “ditadura perfecta”, unha ditadura envolvida en papel demócrata. A correlación de forzas que forman o Consello Comarcal, viciada polas presións dos responsables políticos que naquel intre tiñan algún cargo público en base aos favores feitos ou ás promesas futuras (alguén oíu algunha crítica dende o nacionalismo á sucesión baltariana do PP. Como ían dicir nada si meses antes eles fixeran o mesmo nas eleccións internas do BNG? Cando menos desta vez foron coherentes, cousa nada habitual), está tramitando o expediente de expulsión de Alberte Sobrino, segundo me comenta o membro ilexítimo deste Consello, por mesturar ao BNG nun conflito particular entre o Concello de Maceda máis el.
Non é certo que Alberte fixera tal cousa, Alberte reclama unha débeda ao Concello de Maceda, non ao BNG, e en ningún intre mistura a súa militancia no partido con iso. Quen si o fai é Xavier Oviedo na nota informativa que repartiu por toda Maceda (paneis informativos, cristaleiras de bares, paredes, caixas de correo,…), unha nota na que di que este militante trata de aproveitarse do seu “achegamento partidario”. Agora é precisamente este quen trata de sacar do medio a un dos seus compañeiros alegando uns feitos que Alberte non cometeu -e si o propio Alcalde. Hai que ver con que facilidade perde as formas este personaxe!-.
<object classid="clsid:d27cdb6e-ae6d-11cf-96b8-444553540000" width="425" height="355" codebase="http://download.macromedia.com/pub/shockwave/cabs/flash/swflash.cab#version=6,0,40,0"><param name="allowFullScreen" value="true" /><param name="allowScriptAccess" value="always" /><param name="src" value="http://static.slidesharecdn.com/swf/ssplayer2.swf?doc=ataquesalvaxedexavieroviedoaocompaeiroalberte-100314055409-phpapp01&stripped_title=ataque-salvaxe-de-xavier-oviedo-ao-compaeiro-alberte" /><param name="allowfullscreen" value="true" /><embed type="application/x-shockwave-flash" width="425" height="355" src="http://static.slidesharecdn.com/swf/ssplayer2.swf?doc=ataquesalvaxedexavieroviedoaocompaeiroalberte-100314055409-phpapp01&stripped_title=ataque-salvaxe-de-xavier-oviedo-ao-compaeiro-alberte" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true"></embed></object>
Sobra dicir que pensa de todo isto o (ir)Responsable Comarcal do BNG. El tamén quere quitar do medio a cantos non son da súa corda para así manter a súa posición privilexiada na pseudodemocracia interna desta organización. Por suposto, non haberá ningún tipo de medida disciplinaria contra Xabier Oviedo -para min a súa conduta si é merecedora da expulsión do partido-, só queda agardar que o pobo de Maceda o poña no lugar que se merece: na oposición.
Un pobo non pode permitirse un Alcalde que trata de coartar a liberdade de expresión dos seus veciños, un Alcalde que utiliza os instrumentos de poder ao seu alcance para atacar a un veciño ou para favorecer a outros, un Alcalde que executa proxectos a cargo dos proveedores e non dos fondos propios do Concello, proveedores aos que non atende coa mesma puntualidade con que, a bo seguro, carga a súa nómina. Profesionais…
Fichaxes
Será Baltar Blanco (BB) o novo Florentino Pérez da política? Eladio Fernández (EF) chega ao PP en plan “Cristiano Ronaldo” dicindo que o proxecto do novo presidente provincial dos populares, BB. lle parece «sólido, fiable e ilusionante». Un crack!
Di a nova fichaxe que comparte co seu actual partido as súas «ideas, proxecto e obxectivos para sacar adiante a provincia». Esmendréllome!
Na rolda de prensa da súa presentación -aínda non se sabe que número lucirá na camisola- EF reivindicou a súa liberdade política e proclama que  «hai un proxecto que me ilusiona moito máis e estou a disposición de BB para o que dispoña». Plas, Plas, Plas,…!
Ilusión, identificación, humildade. Que máis se lle pode pedir a un político? Que venda camisolas ou, deixando a un lado o símil futbolístico, que arrastre votos. Disto xa teño as miñas dúbidas, máis non sería o primeiro caso de eterna promesa que triunfa lonxe da súa casa. Disto sabe moito BB, asiduo galeguista do fondo sur do Santiago Bernabeu.
Amais, a súas aptitudes serán unha chamada de atención aos actuais membros do equipo popular, para que non se durman nos laureis e, especialmente a canteira: o novo presidente está disposto a buscar fora o que non atope dentro (capacidade, imaxe, lealdade,…).
Para BB foi un «paso valente» o dado por EF, quen destacou unha traxectoria política que «está á vista de todos» e os que non a vexan que repasen as hemerotecas. Tamén nos contou BB que o PP ourensán sumou «máis de un millar de afiliados» dende a súa chegada entre os que «tamén hai persoas que militaban no BNG» e «agora son militantes do PP». Iso si que doe!
Fai tempo que penso que o fútbol non é moi distinto da política. Un nace sendo dun equipo ou dun partido e morre sendo dese equipo ou partido. A xente non acode a votar por uns ideais, senón porque é seareiro dun partido. Dá igual cal sexa o seu proxecto, os seus ideais, que xogue cos titulares ou cos suplentes máis mediocres; existe unha parte moi importante do electorado que é fiel a unhas cores, a azul, a vermella ou a celeste -que máis dá!-, logo non podemos esixirlle a estes políticos -os verdadeiros protagonistas deste xogo- que teñan un comportamento tan diferente daqueles outros e que renuncien a xogar nun equipo máis grande -xa que sempre será máis doado que facer grande a un equipo pequeno-, no equipo dos seus sonos.
Artigo relacionado: «Hai seis meses denunciaba irregularidades na Deputación de Ourense, hoxe ficha polo PP«, en Vieiros.
Xenial remake de Kiko da Silva, en Retranca
O Carrabouxo, por Xosé Lois en La Regíón, 13 de marzo de 2010
PLAN Estorbo
Cabina de Telefónica inaccesible, Ourense
Na cidade de Ourense, Avenida de Zamora, a altura do número 124, ao lado da Igrexa San Pio X, onde o Concello está levando a cabo a renovación de tubaxes e beirarrúas a cargo do Plan E -de estrobo, será- deixaron esta cabina de Telefónica totalmente inaccesible para persoas que se moven en cadeira de rodas ao pegala a unha caixa de rexistro. Parabéns ao xenio que tivo a ocorrencia, aos técnicos que a colocaron e non advertiron o erro ou que, de advertilo, calaron, aso técnicos municipais, que hai a moreas, ao encargado de obra e demais traballadores, parabéns! Sodes uns craks!
Esta denuncia tamén foi publicada en La Región o sábado, día 13 de marzo de 2010, e en La Voz de Galicia o domindo, día 14 de marzo de 2010.
‘Me lo dijo Pérez’
Lembran aquela curtametraxe de ‘hai que botalos’ … aquela moza que confiada agardaba por un emprego prometido que nunca chegaba. Así é Xosé Manuel Pérez Bouza, non quen agarda senón quen fai agardar. Lembran cando dicía que a súa estratexia é non facer nada. Pois peor que non facer nada é prometer que vas facer algo para logo non facelo.
Logo veñen as presas. Cando un conflito non se atalla a tempo crece, non desaparece. Claro que por moito que creza, en política o conflito non é un problema ate que sae a escena pública, entón si urxe cerralo. Da igual o fondo da cuestión, as implicacións ideolóxicas e morais dos protagonistas; o realmente relevante é que dana a imaxe da organización e xa se sabe: os partidos políticos na actualidade non venden ideas ou proxectos, venden imaxe, porque para o outro cumpren persoas con capacidade intelectual suficiente.
O Sr. Pérez recibiu esta carta (ver) en xuño de 2009, e que fixo? Nada, por suposto. Entre as actuacións que nela se critica está a cacicada levada a cabo na elección de delegados para a Asemblea Nacional Extraordinaria, na que el participou activamente, presionando a uns militantes, facendo promesas a outros, organizando paparotas, etc. facendo uso dun cargo e duns medios que pagamos todos. Que ía facer? Recriminar ao Alcalde de Maceda por facer no Concello o mesmo que el facía a nivel comarcal? Non, Alberte, de aí non podías agardar nada, o Sr. Pérez carece dunha das capacidades esenciais na dirección: a de xestionar conflitos.
Agora si. Agora preocúpalles o efecto negativo que pode xerarlles a perda de imaxe por que o conflito transcendeu do privado ao público. Agora entralles as presas. Agora que o conflito é entre un empresario local e o Concello e non entre un militante e o (ir)Responsable Local, crean unha comisión comarcal para investigar o que sucede. A boas horas…
<object classid="clsid:d27cdb6e-ae6d-11cf-96b8-444553540000" width="532" height="427" codebase="http://download.macromedia.com/pub/shockwave/cabs/flash/swflash.cab#version=6,0,40,0"><param name="allowFullScreen" value="true" /><param name="allowscriptaccess" value="always" /><param name="src" value="http://www.youtube.com/v/goxTC1N1T2M&hl=es_ES&fs=1&color1=0x006699&color2=0x54abd6" /><param name="allowfullscreen" value="true" /><embed type="application/x-shockwave-flash" width="532" height="427" src="http://www.youtube.com/v/goxTC1N1T2M&hl=es_ES&fs=1&color1=0x006699&color2=0x54abd6" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true"></embed></object>
Altruismo ou negocio
Evo Morales dixo fai un tempo que  “as ONG usan aos pobres para vivir ben”. Esta afirmación non é de todo certa, ao revés, as ONG’s realizan unha importante labor humanitaria tanto a nivel planetario como local, sen embargo, moitas veces, as excepcións non fan máis que confirmar aquela regra.
Vexamos as previsións das contas da asociación a que me refería no artigo anterior:
Orixe dos recursos
Euros
Recursos propios
69.900
Cotas
35.000
Doazóns
15.000
Inscripcións a cursos
11.300
Subvencións
167.520
Administración Central
25.000
Administración Autonómica
82.520
Administración Local
60.000
TOTAL
237.320
Destino dos recursos
Euros
Apoio a ONG do sur
55.000
Formación
6.500
Actividades e programas
60.820
Compras de comercio xusto
10.000
Administración
105.000
TOTAL
237.320
A priori todo normal, non?, mais si nos fixamos podemos decatarnos que se gasta máis na administración da propia organización (aproximadamente o 45% do orzamento) que nos fins para os que foi concibida (menos do 25% do orzamento). Tamén se pode observar que a suma de doazóns máis as cotas dos socios suman case tanto como o que envían ás ONG’s do sur. Alguén pode pensar, para que todo o demais?
Certamente, contar cunha directiva profesionalizada permitirá á asociación acceder a novos recursos ao ocuparse estas persoas á procura de axudas públicas, xestionar solicitudes, negociar con administracións, empresas, etc., desenvolver novos proxectos, estruturar unha entidade en continuo crecemento, seleccionar e contratar persoal e moitas outras tarefas que sen un equipo profesional sería moi difícil levar a cabo, pero tamén pode ser visto pola sociedade como un gasto superfluo ou excesivo, máxime si temos en conta a relación entre custo e obxectivos acadados.
Tamén se pode entender como unha desviación dos obxectivos fundamentais da asociación ao adicarse esta -e as persoas que a forman-, pola súa necesidade de expandirse para sobrevivir, a crear novos proxectos (neste caso plantexábasenos a posibilidade de por en marcha unha axencia de turismo responsable) cada vez menos altruístas e con máis vocación de xerar beneficios.
Animais políticos!
Seica o AVE vai pasar por Baños de Molgas e por Xunqueira de Ambía a traveso, esnaquizando todo a seu paso e por iso estivo por alí esta semana o senador Xosé Manuel Pérez Bouza, para alentalos a que lle fagan fronte. Non sei o que este homiño lle diría aos meus veciños; imaxino que soltaría moita palabrería, como é costume nestes casos, e ningunha solución.
Coñezo ben cal é a súa estratexia: non facer nada. Hai anos xa, cando andabamos a voltas coa defensa do Monte da Farria a súa resposta foi: “non fagades nada”. Cando acudimos a Consellería de Industria, dirixida entón polo BNG, a súa resposta foi non facer nada. Ben, neste caso aínda fixeron menos que nada, pois Xardón acabou por aquel entón presentado unhas xornadas a favor do medio ambiente cun dos donos dunha das empresas que explotaban aquela canteira -hoxe imputado por un delito de danos ao medio ambiente-, o seu «amigo Antonio», segundo me confesou.
A súa estratexia é non facer nunca nada porque, argumentan, “a última hora virá o Alcalde, fará catro obras, e arrabuña os votos todos”. Así que, ordena, estar presente en tódolos conflitos e, onde non os hai, crealos, porque así, malo será, non academos o voto dalgún cabreado.
Non cre nas posibilidades do grupo local da vila nin fai nada para que as súas posibilidades crezan. Non lle interesa que xurdan “homus novus” na comarca que lle poidan facer sombra, para así conservar o seu trono sen resistencia e sen nunca gañar un cargo orgánico nas urnas (senón a base de trepar polo enramado interno da organización).
A conduta deste personaxe é tan noxenta que lle dixo aos responsables do BNG na zona que non fixeran nada polos veciños ata que se viran ben apertados, que non moveran un dedo ata que estivesen realmente desesperados. É un verdadeiro animal político, cuxa actitude é tan desprezable como a que ten o alcalde do meu municipio en cada campaña electoral. Ben aprenderon os (ir)responsables do BNG, pois xa saben explotar, coma ninguén, as miserias humanas.
Ao revés do que sucedía co Rei Midas, esta nova xeración de políticos, todo o que tocan se converte en mediocridade.
Artigo relacionado: Apuntarse a todos os bombardeos (por Roi Sordo, xgaliza)
Querido Paco:
Logo de meses espertando, cada mañá, a túa beira, quería confesarche o pracer que me produce oír a túa ronca voz anunciando cada día un feixe de boas novas. Moitas veces agardo esperto e con ansia o intre en que soltas tódalas excelencias do excelentísimo nese breve pero intenso minuto de radio. Outras durmo, máis esperto con pesadelos, pensando que xa te fuches. Non debería, sei que si algún día iso sucede podo atoparte logo nas páxinas do xornal da nosa cidade. Que sorte temos de vivir nesta gran cidade, que sorte terte de Alcalde.
Esta cidade e os seus cidadáns deberían amosarche o seu agradecemento porque soamente se lles vai subir a taxa do lixo un 18%. Ao escoitalo da túa venerable boca dan ganas de pagar o vinte, para contribuír, cando menos, a sufragar os gastos que ao Concello lle supón o teu ‘número’ diario na radio e prensa local.
Si estivese parado, como o están miles de cidadáns nesta cidade, tranquilizaríame saber que o meu Alcalde xera emprego: noventa persoas traballan grazas a túa benevolencia, noventa amigos, e non son máis porque á cidadanía ten o deber de sabelo. Isto é, cumpre pagar a prensa e radio locais para que nos informen das bondades do noso benfeitor. Estes non son tan altruistas coma ti.
Debo recoñecer que es ben fino, fino coma un allo! Entras na miña casa pola mañá cedo,  ben cediño  (igual o fas máis veces mais logo xa non nos encontramos), cando aínda estou coa garda baixa. Fas que cada día saia da miña casa crendo que vivo na cidade máis limpa, máis segura e máis atenta coa súa cidadanía, atenta cos que máis o necesitan e tamén, como non, cos que menos o necesitan. No intre que poño o pé na rúa sei que non fallará nada. Aí todo é perfecto, unha máquina de precisión suíza da que ti te encargas de dar corda.
Ao mesmo tempo, os medios de comunicación a que me refiro, o xornal máis lido da cidade e a radio máis escoitada, amósanse condescentes coa túa túa labor e a do teu goberno. Que van facer? Criticar o excesivo gasto en publicidade? Non se atreverán. De feito, os beneficios anuais que aquel xornal anuncia son inferiores aos gastos que o excelentisímo fai en propaganda nel. Grazas a estas partidas os traballadores que se verán prexudicados polo ERE serán tan só 35. Deberías apuntarte tamén ese tanto.
Sen máis, despídome, nesta carta aberta, coa tranquilidade que me dá saber que mañá, ben cedo, ti estarás aí para darme folgos, quen sabe si, seguindo a miña recomendación, coa seguinte mensaxe: O Concello de Ourense informa: “a maioría do cadro de persoal do ‘xornal da nosa cidade’ conservará o seu posto de traballo grazas as achegas realizadas polo goberno progresista da cidade de Ourense”. Sería unha boa nova! Abofé que si!
Unha forte aperta progresista!
Riscos e fraude laboral en Ribadavía
Comezo pedindo desculpas, desculpas por non ter publicado isto antes, isto é, no mesmo intre en que tiven coñecemento do que pasaba. Cando se trata de riscos laborais, actuar de inmediato pode evitar un accidente, non facelo pode converterte en cómplice, por omisión, si finalmente acaba por producirse. Tamén é certo que tentei poñelo en coñecemento por outras vías para remedialo mais, enseguida me dixo  a directora, Nuria Bueno Aizpuru, que iso non era asunto meu, nin da UPD, ó tempo que me advertían que tivese coidado co que facía pois podía ‘caerme o pelo’. Non é iso o que máis me preocupa: o dereito a vida e a integridade física das persoas está moi por encima de calquera outro dereito e deber e, por suposto, por riba do deber de confidencialidade.
O pasado luns fun dar un curso de Prevención de Riscos Laborais a Ribadavia a un obradoiro organizado por este Concello. En principio o curso era para o módulo de xardinería, aínda que logo se unirían os outros módulos do obradoiro: carpintería e albanelería. Os primeiros en sorprenderse foron os compoñentes do obradoiro ó ver un manual adicado a uns riscos específicos dunha materia que nada tiña que ver co que eles facían.
Do que sucedeu nesta xornada fixen un informe e entregueino na UPD coa intención de que ‘fixeran algo ó respecto’, así llo dixen. Sobra dicir que ninguén fixo nada.
O artigo 2 da Orde do 21 de decembro de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras para os programas de escolas obradoiro indica cal é a finalidade das mesmas: ‘emprego e formación‘.
Tratándose da realización dun traballo, quen o realiza ten os mesmos dereitos e obrigas que calquera outro traballador; o mesmo se pode dicir respecto ó empresario, e dicir, o Concello de Ribadavía, pero a inversa. Como veredes, no informe que presentei a violación de dereitos é flagrante:
Informe sobre prevención de Riscos Laborais no Obradoiro ABOBRIGA promovido polo Concello de Ribadavia.
O módulo de prevención de risos laborais estaba enfocado a prevención de riscos en xardinería. Amais dos alumnos de xardinería sumáronse a clase os de carpintería e albanelería.
No primeiro contacto decátome que este módulo non poderá ser explicado de xeito específico para ningún dos grupos xa que os de xardinería me din que están realizando traballos forestais e non de xardinería (o máis curioso é que ó largo do día vin uns traballadores nun parque e ó preguntar si eran os xardineiros respondéronme que non, que eran da brigada forestal do Concello -de feito tamén son os membros do Grumir, de Protección Civil,… mozos para todo!-). Trátase non só dun fraude a Xunta de Galicia, que é quen financia o obradoiro, senón tamén, e principalmente, ós propios traballadores.
En canto a materia, acabamos vendo os riscos xerais e finalmente analizando, vía debate, os demais riscos que lles afectaban a cada un dos colectivos. Coido que, neste senso, a clase foi moi interesante, ó percibiren os alumnos numerosas anomalías no desenvolvemento da súa actividade. Son as seguintes:
Gafas protectoras de baixa calidade que reducen a visibilidade
Botas de seguridade que pasan auga
Inexistencia de botas de seguridade anticorte para a manipulación de desbrozadoras e motoserras
Tampouco dispón de mandil e manguitos para realizar estas mesmas tarefas.
Fundas de baixa calidade xa que destinguen, non protexen dunha simple picadura de ortigas, non son cerradas nas extremidades nin no pescozo (dándose caso de picaduras de insectos con elas postas), etc.
Amais, algúns alumnos, din que lles falta a parte superior da mesma, outros a inferior, algúns camisetas, botas,…
Non dispón de equipo de protección para o frío, agora que polas mañás xa fai falla.
Aseguran ter traballado na vía pública -e en curvas perigosas- sen ningún tipo de sinalización, pois non dispón da mesma.
Tampouco teñen a roupa de alta visibilidade esixida para este tipo de labores.
No obradoiro escasean os arneses véndose na obriga de compartilos entre os distintos grupos (albanelería e xardinería, ou mellor dito: forestal)
Traballan con maquinas que fan ruído (especialmente en carpintería e forestal) sen que ninguén dispoña de tapóns ou cascos para os oídos para protexerse dos trastornos que este pode provocar.
Outras máquinas, fonte de ruído, como un compresor, non permanece illadas.
Nos traballos de deforestación as mulleres cargan con pesos superiores ós permitidos para mulleres, de xeito continúo (as desbrozadoras pesan máis de 15 Kg., carga de rastrollos, etc.)
As luvas que utilizan tamén son de baixa calidade, non protexendo suficientemente das arestas ou das picaduras da vexetación.
Dispón dunha caseta (módulo de obra) sen ventilación e sen vestiarios (sobra engadir que non hai vestiarios para ámbolos dous sexos, non hai para ninguén)
O grupo de albanelería di ter traballado con materiais perigos como o amianto, sen dispor dos equipos necesarios para estes traballos nin, por suposto, a formación, xa que este tipo de labores están reservadas para empresas especializadas.
Non dispón de medidas de extinción de incendios (un extintor para poder apagar unha máquina que se poña a arder, por exemplo) nin, moito menos, nocións básicas de como se manipulan este tipo de aparellos.
As caixas de urxencias están incompletas (algunhas delas o único que contén é unha botella de alcohol e auga osixenada)
Moitas veces, o grupo que realiza traballos forestais, están incomunicados, O monitor acércaos a obra e déixaos alí, non dispondo de ningún medio para desprazarse no suposto dunha emerxencia.
Etc.
O máis lamentable de todo isto é a escusa que dende o Concello lle dan ós traballadores para non proporcionarlle o material necesario: a escaseza de recursos económicos. Como é posible? Si a Xunta de Galicia proporciona recursos suficientes a todo Concello para equipar e formar a eses traballadores, u-los cartos?
zepa si, ZEPA NON!, zepa si,…
Un agricultor de A Limia (sic)
Hai un par de anos non se falaba de outra cousa na Limia. O PP encargárase de meterlle o medo no corpo a xente, amedrentándoos con que o plan que o PSOE preparaba para A Limia ía facer que moitos propietarios se visen privados das súas terras e moitos outros visen restrinxida a súa actividade sobre as mesmas. Empapelaron toda a comarca con carteis da plataforma ZEPA NON, encheron autobuses, pagados con fondos municipais, para levar de excursión ós agricultores -como os da foto- a capitalidade da comarca. Dende o BNG non se oíu nin chío. Quizais algunhas críticas cara o SLG, máis fortes no ámbito privado que no público, pola participación na convocatoria e co-organización das mobilizacións de protesta. Dicían entón que o ZEPA non era da súa incumbencia, que se trataba dunha área do PSOE e non lles correspondía meterse aí.
PP e BNG mantivéronse nas súas posicións ata o 1 de marzo, uns continuando asustando ós vellos -e ós non tan vellos- e os outros mirando cara outro lado. A partir daquela data, e co cambio de goberno en Galiza, ós asustavellos tocoulle levar a práctica o ZEPA de A Limia, e fano sen rechiar, obrigados pola normativa europea, iso si, facendo o menor ruído posible para que non se enteren os veciños. Os outros, os do BNG, agora posiciónanse en contra, nun acto puro de incoherencia e demagoxia, tratando de atraer, cara si, o voto daqueles que aínda non lle pasou o medo.
Nin o posicionamento duns -PP- nin de outros -BNG- resulta agora crible xa que mudaron o seu discurso o pasar da oposición ó goberno e viceversa. En ningún momento, nin dende unha posición, nin dende a outra, trataron de informar ós veciños sobre cales son as verdadeiras razóns para introducir un ZEPA na Limia -obriga da UE-, cal vai ser o alcance da mesma, como lle vai afectar ós agricultores -restricións, compensacións,…- ou que obxectivos se pretende acadar, pois a recuperación de parte do humidal tamén traerá beneficios para a zona. Só se adicaron a desinformar, a manipular, a cabrear a xente e de aí, do cabreo, arrabuñar o seu voto.
Agora mesmo, na comarca, todos son conscientes de quen si foi de fronte, quen lles falou claro, quen tratou de informalos -aínda que non lles fixeran caso-, asumindo que a verdade non ía gustar. Ese partido foi o PsdeG i é quen ten agora todas as de gañar, por manter o mesmo discurso, por conservar a coherencia.
Persoalmente, agardo que A Limia aproveite esta oportunidade. Quen sabe si será a última.
A utilización do pobo como instrumento lexitimador da corrupción política
Hai uns días Julio Anguita dicía que a corrupción política é o resultado «dunha época na que o enriquecemento fácil víase como algo normal», situación na que «os cidadáns son corresponsables» porque, en moitos casos, «apoiaron e votaron a políticos corruptos».  Isto sucede porque, afirma o ex dirixente de IU, «hai unha parte da cidadanía que vive desta conduta dos políticos para xustificar a súa propia falta de ética».
Imos ver uns exemplos: a semana pasada Mariano Rajoy rexeitou a dimisión de Federico Trillo porque, di o mandatario popular, logo do accidente do Yakovlev 42, o pobo volveu a depositar a súa confianza no político almeriense, non nunha, senón en dúas ocasións.
Hoxe podemos ver a Francisco Camps afanado na campaña do PP na comunidade valenciana, como si a trama corrupta do caso Gürtell non fose con el, pese a estar imputado. Busca nas urnas unha absolución que pode que non atope nos tribunais. Ten todo o apoio do presidente do seu partido e, como non, da súa base social.
Pero non fai falla ir tan lonxe, na Deputación de Ourense, presidida por José Luis Baltar, e en moitos concellos desta provincia -como o meu- a corrupción política está a orde do día, sen embargo, eleccións tras eleccións eses responsables políticos son ratificados pola maioría dos cidadáns.
Son os mesmos cidadáns que logo esixirán legalidade, decencia, integridade, honestidade, transparencia,… non o partido político que eles apoian, senón  a tódolos demais. Pedirlle eses valores ós membros do seu propio partido sería como pedilos para si mesmos e, sabedores de que non os reúnen, calan, miran para o de enfronte e acúsano.
A corrupción política dos nosos dirixentes non é máis que o reflexo da propia corrupción do pobo, un pobo decidido a apoiar a un ou a outro partido a espera dalgún beneficio individual (emprego, axudas, permisos,… poder). Vivimos nunha sociedade que non vota por ideoloxía senón por interese. A desidealización dos partidos a que fan referencia numerosos politólogos obedece a tendencia marcada pola propia sociedade, por iso tampouco é moi acertado falar de corrupción política, máis ben habería que falar de corrupción social ou socialización da corrupción. A xente non quere vivir mellor, quere farolas!
Mais, hai esperanza para esta sociedade? Si a hai, esa esperanza está precisamente nos desaliendos, nos desafectados, está fora dos partidos, nese grupo de xente que ten o poder de cambiar o status político dominante a nada que se organicen e decidan actuar activamente na area política. Os dirixentes actuais son sabedores desta circunstancia, por iso adican boa parte dos seus recursos en resaltar as súas diferencias, para que nunca teñan a tentación de fornecer unha alianza que remate co seu dominio. Refírome, como non, os Novos Movementos Sociais.
Cuarta vía
Cuarta Vía é unha iniciativa dos compañeiros do BNG de O Ribeiro; unha alternativa que pretende:
Recuperar o asemblearismo, tamén nas comarcas.
Dotar á militancia de información e participación nas decisións.
Integrarse e participar nos axentes sociais.
Separar os cargos institucionais e as responsabilidades no BNG.
Recuperar a rúa.
Volver ó discurso soberanista.
Defender a lingua sen ambaxes e usala como é debido.
Escoitar a todas as correntes internas.
Ampliar a base militante.
Recuperar o camiño nacionalista e de esquerdas.
Concordo con cada un dos seus puntos así como cos principios e razóns que motivan a súa presentación. Poden lelo seguindo este fío.
Pero isto que é!?
Xa pasaron casi dous anos, cando antes dunhas municipais escribía como no meu Concello, Xunqueira de Ambía, se amedrentaba a xente a base de prácticas que se poden calificar de moitas formas menos democráticas, respetuosas coa liberdade dos cidadáns e, moito menos, honestas na disputa política. Cando escribín aquilo pensaba que o meu partido era ben distinto.
Agora atópome con que os que ten medo, os que sufren chantaxe, coaccións e presións son os meus propios compañeiros de partido. Agora non é o señor Sr. Gavilanes, son Xosé Manuel Pérez Bouza (quinigá), o Responsable Comarcal,  o que, entre outros, vai de cociña en cociña sacando do saco vellos favores, prevendas,…  ou recurrindo a demagoxia e o engano, realizando falsas promesas. Non é a primeira vez. Só fai falla que agora se poñan a carrexar votos (ainda que, ben pensado, tampouco sería a primeira vez); seguramente este sábado vexamos moitas caras novas. Será o triunfo do caciquismo no BNG?
Esta é a situación conflictiva que deriva por un sistema de delegación equivocado. Equivocado porque os delegados non se poden elexir en listas cerradas, por ese sistema elixense os representantes; cando se deberían elexir por delegación directa. Si se elixe un delegado por cada tres afiliados calquer afiliado que dispoña do aval de outros dous (iso chámase delegación) tería que estar habilitado para ser delegado sen necesidade de pasar polo filtro comarcal. É equivocado porque o sistema de listas obriga ós militantes a decantarse por unha ou outra postura política, antes da celebración da ANE, provocando enfontamentos entre militantes, veciños e amigos. Mentres tanto, upegás e quinigás van negociando, segundo os asinantes que vaían logrando, unha lista entre as dúas correntes e a portavocía nacional, oprimindo nun curruncho a unha parte moi importante, imprescindible, do nacionalismo.
Tamén é unha decisión maliciosa, tendenciosa, orientada a favorecer a aqueles que detentan a gobernabilidade do partido. Son eles, e só eles, os que dispón dos censos da militancia; son os que posuen toda a información. Son eles os que se dirixen ós militantes que lles interesa, deixando apartados ós máis molestos, orientando así, dende a base, a decisión final da Asemblea Nacional Extraordinaria. Non sei que información ten os demáis militantes pero eu non recibo comunicación algunha do meu Responsable Comarcal dende o pasado 17 de marzo. Diso hai un mes. Que ocorre? É que non pasou nada novo neste último mes dentro do BNG?
Os que idearon o sistema poden estar ben satisfeitos; conseguirán que cada vez que se celebre unha AN o BNG saía máis dividio, máis feble, con máis abandonos e con menos simpatizantes dipostos a entrar nesta caixa de Pandora. A verdade é que damos medo!
Plan Gavilanes
Este plan, levado a cabo polos alcaldes e presidentes de deputacións do PP , a diferencia do Plan E de ZP, non persegue a recuperación do emprego, para o cal foi concebido, senón a refinanciación de concellos a costa daquel outro plan. Este plan consiste en realizar as obras aprobadas e financiadas polo Fondo Estatal de Inversión Local co menor custo posible, e dicir, por debaixo do presuposto aprobado para logo destinar o diñeiro sobrante a amortización de deuda, a outras obras non presupostadas -cacicadas, xeralmente- ou quen sabe pra que…
Esta é a única explicación lóxica ó acontecido no día de onte nun pobo de Xunqueira de Ambía, A Pousa, onde apareceu de súpeto o Sr Alcalde, José Luis Gavilanes Losada, acompañado doutro concelleiro, operarios do Concello e da Deputación de Ourense para iniciar unha obra que está contemplada dentro do Fondo Estatal de Inversión Local para o noso Concello. Efectivamente, ningún deses traballadores foi contratado para realización destas obras, senón que xa pertencían previamente ó plantel do Concello ou da Deputación, tendo os desta última o carácter de  traballadores fixos, co cal se está burlando o verdadeiro espíritu e obxectivo do Plan E: a creación de emprego.
Parece ser que ós organismos gobernados polo PP non están moi interesados en crear emprego -o igual que ocorre con moitas empresas da súa órbita-. A estes organismos -e empresas- interésalles o de sempre: acumalar cartos. Ese é o seu único ideario político.
O pobo de Xunqueira de Ambía ten unha das poboacións máis envellecidas de Galiza e claro, si no pobo alguén se pon a realizar unhas obras alá vai a xente. O Sr. Gavilanes que coñece ven a dinámica do seu pobo, só faltaría que non fose así logo de trinta anos como Alcalde, estaba alí para aprobeitarse desa circunstancia e repartir papeletas a xente que se acercase a vela obra e, o mesmo tempo, sacar proveito dunha obra financiada por outra institución,  sen colocar o cartaz obrigatorio e, por suposto, sen molestarse en explicalo. El é quen di cando rematan as misas, el é o que leva ós nosos maiores de excursión, el é o que fai as obras… el é todo.
Resumindo, o Plan Gavilanes consiste en recadar o maior número de cartos e votos invertindo o menor esforzo presupostario e de traballo posible.
E para reflexionar… unha excursión!
Onte non daba creto de que un feito tan cotián -en Xunqueira de Ambía, claro- como entrar nunha igrexa, interromper a cerimonia relixiosa, e porse a dar unha «charla» por parte dun político en campaña electoral ós veciños puidese ter tanta repercusión (vexan en chuza! e en menéame). Si o pasado domingo o Sr. José Luis Gavilanes Losada (ainda Alcalde da vila, pois non se ten noticias da súa renuncia nin de que algún dirixente do PP llela pedise, como si fixeron antes co candidato nacionalista -enfin, unha cousa e botar a rúa o nº 1 da lista do PP e outra moi distinta e tratar de meterse cos «señores» do rural, máxime si son amigos do Sr. Baltar-) se dirixía ós parroquiáns de Abeleda no medio dunha misa, esta semana, que anda «casa por casa» pedindo o voto ós veciños,  tal e como é costume, en lugar de regalar o típico chaveiro do Concello (sic) xunto cos mecheiros e bolígrafos do PP, máis o sobre coa papeleta do seu partido, está convidando ós veciños a unha excursión a San Estevo, con pasaxe de catamarán incluída polo cañon do Sil, para a xornada de reflexión.
Este tipo de excusións son organizadas polo Concello de Xunqueira de Ambía con carácter bimensual e seica estaba programada para ese día dende antes de ser convocadas as eleccións. Ata ahí a excursión non tería nada de anormal. Sen embargo, desta vez, contrariamente ó que ven sendo habitual, non se puxeron cartaces anunciando a excusrsión para que quen quixese se apuntase, senón que é el quen ofrece esa excursión, persoalmente, as persoas que a el lle parece no mesmo intre en que lle pide que o vindeiro domingo lle vaían votar o PP.
Así, si ninguén o remedia antes, os maiores da vila iránse de excursión co Sr. Alcalde a Ribeira Sacra (sempre vai alguén do Concello) na xornada de reflexión, viaxarán en Autos Gavilanes, con tódolos gastos pagados polo Concello e pola Deputación de Ourense… é o día seguinte terán que tomar unha importante decisión que non só abrangue a tódolos xunqueiraos senón tamén a tódolos galegos.
A terra prometida
Nunha campaña, con tal de arrabañar votos, os políticos son capaces de prometernos «o habido e por haber». Hoxe pola maña lía un artigo de Roberto Blanco, A excursión, ou mellor, as excursións, no que decía que «amparado na impunidade que dá o sentirse e proclamarse o partido propio de  Galicia, o BNG atrévese a facer cousas ás que ninguén se atreveu en Galicia ata  o momento». Cando escribiu isto seguramente non imaxinaba o que ía pasar pouco despois… Pois poucas horas pasaron ata que me entero que o Alcalde de Xunqueira de Ambía, José Luis Gavilanes Losada (PP), interrompeu unha misa, no día de hoxe, para falarlle ós feligreses alí reunidos sobre os seus proxectos de futuro: a construcción dun novo cemiterio para a Parroquia de Abeleda.
Este acto, que viña sendo anunciado polo párroco de Abeleda, o «padre» Adolfo dos Salesianos de Allariz, dende hai máis dunha semana, incluso durante a misa dominical, estaba previsto que se realizase a saída da misa, pero antes de rematar esta, e sen que ninguén lle dese a palabra, o Sr. José Luis Gavilanes tomouna, para evitar que os alí reunidos se fosen «en paz» como é costume e coa bendición do párroco. As misas en Xunqueira de Ambía remantan cando di o Sr. Alcalde que para iso é o Alcalde. E punto!
A explicación que deu para facer o acto na propia igrexa foi que alí «estase mellor que fora» que seica facía un tempo do demonio, como ven saberán todos vostedes (vendavais, nevaradas e frío polar; todo xunto) e seica cumpría protección divina.
Ofreceu ós filigreses un novo emprazamento, e digo novo porque non é a primeira vez que ofrece ós veciños da parroquia un cemiterio por unhas eleccións (rumoréase pola contorna que «vello non quedará ningún» de aí tanta preocupación); naquel outro lugar non era posible facelo -iso si meteu por alí as súas máquinas para facer crer ós parroquianos que se ía realizar de imediato (isto sucedeu nas pasadas municipais)- e, moito me temo, que neste novo emprazamento tampouco vai ser posible.
Logo marcharon dalí todos contentos -non todos, algúns marcharon indignados-, que era do que se trataba, tan contentos coma uns mozos que acaban de coñecer a nova de que van recibir unha vivenda de protección oficial,  contentos porque axiña poderán dispor das súas vivendas para a eternidade.
Iso si, non houbo bolígrafos, nin chisqueiros,… nin hostias do PP. Hai que agradecerlle a discreción coa que foi levado este acto. Mágoa que non acudira ningún medio a cubrir o evento, foran todos convidados, incluído o xornal La Voz de Galicia.
Prácticas caciquís no BNG
O pasado mes de agosto xa denunciara, na Consellería de Medio Rural, a incontinencia caciquil do Delegado de Medio Rural de Ourense, Xosé Rodríguez Cid, denuncia da que, por certo, sigo esperando resposta… O silencio do Conselleiro deixa máis que de manifesto a súa complicidade. Hoxe La Voz de Galicia fala dos enchufados por este señor (teño que realizar verdadeiros esforzos para usar esta expresión e non outras máis apropiadas ó caso) en Medio Rural; fala a nova só dos enchufados da súa localidade, Cartelle, que non dos concellos limítrofes…
«clica» na imaxe para ampliar
Sacade o Santo!!! dixera daquela. Agora, a nova públicada en La Voz venme dar a razón doutra advertencia que xa fixera fai unhas semás, durante a elaboración das listas electorais, cando manifestei na Asemblea comarcal de Allariz que a política de emprego levada a cabo pola Consellería de Medio Rural, e de xeito especial por SEAGA, ía pasarlle factura ó cabeza de lista por Ourense, Alfredo Suárez Canal . É evidente que ninguén me fixo caso. Parecíame unha irresponsabilidade que este señor fose o cabeza de lista e resulta, tanto ou máis irresponsable mantelo, máxime despois do ocorrido no día de onte co cabeza de lista do PP por Ourense: unha decisión valente que, sen dúbida, non deixarei de aplaudir.
«clica» na imaxe para agrandar
Isto no actual BNG nunca pasará, máis ben todo o contrarío, premiarase ó cacique e perseguirase a quen esixe claridade, a quen defende a legalidade ou a quen antepón a integridade e  principios morais e ideolóxicos colectivos sobre o interés persoais duns poucos.
Tamén teño que recalcar un dato moi importante: non todos os que somos do BNG estamos enchufados nas consellerías nacionalistas nin todos os enchufados son do BNG.
«Os do BNG non valemos nin para estar cos brazos cruzados nin para estar coa  boca calada»
Anxo Quintana, GZNazión, 2009
Leva razón… pero sempre hai excepcións.
Enquisas e estatísticas
Nunhas eleccións, e nas galegas non ía ser menos, tódolos partidos viven pendentes das enquisas e as estatísticas. As enquisas, ó tratarse dun estudio representativo da sociedade, poden estar suxeitas a erros, pois non se publican crúas, senón cociñados en laboratorios, aplicando diferentes fórmulas correctoras (a proba do xis cuadrado, a corrección de Yates, corrección de continuidade asimétrica,…) que ten en conta tanto a conducta observada como a conducta teórica.
A conducta observada é o resultado da mostra recollida nun momento determinado circunscrito a un lugar determinado e sobre un asunto específico, por exemplo, eleccións galegas 2009. A conducta teórica refirese o comportamento histórico da sociedade dese mesmo lugar sobre ese mesmo asunto: tódalas eleccións galegas celebradas en Galiza.
Utilizar os resultados históricos axuda a que cada vez que se produce o mesmo feito, os resultados dos estudos sexan máis exactos, ó dispor, a medida que transcurre o tempo, dunha base de datos máis ampla, sempre e cando ese feito se produza en circunstancias normales.
Cada vez que hai unhas eleccións vemos que existen pequenas diferencias entre unhas enquisas e outras (ver as de Xornal, La Razón, La Voz de Galicia, La Región, Público,…) e acostumamos a culpar desas diferencias ós intereses que uns medios ou outros teñen en influir e dirixir a opinión pública nun ou outro sentido. O certo é que non ten por que ser así. Uns e outros consultan a unha parte representativa da sociedade e non ten porque ser precisamente a mesma e logo, cada un deles, pode usar diferentes técnicas correctoras. Iso explicao… logo cada quen é libre de ceibar as súas maquinacións e moito máis facelas públicas.
Agora, hai que ter en conta que as enquisas non serven de nada -ou de moi pouco- cando se dan circunstancias especiais, como ocorreu o 14-marzo-2004 cando Rodríguez Zapatero gañou as xerais contra todo pronóstico. Incluso si fose posible realizar e publicar unha enquisa o día anterior das eleccións, esta non se achegaría ó resultado final, porque as correccións non teñen en conta situacións anormais, senón que se basan en todo o contrario, na conducta social histórica ponderada.
Na actualidade estamos vivindo unha situación excepcional, unha crise económica de gran calado, que está destruindo cada día milleiros de postos de traballo, unha crise na que os gobernantes non ten a máis minima idea de como solventar, nin como afrontala,… Dinnos dende o goberno central que se pode chegar ata catro millóns de parados no estado ó mesmo tempo que nos queren convencer que a partir de marzo a cousa vai mellorar -casualidade?-. A ver, como se fai compatible eses dous argumentos? Iso só podería ser certo si os catro millóns de parados se acadasen en febreiro e a partir dese momento as estadísticas de emprego comezasen a mellorar. É iso posible? Non! Logo dende o goberno estannos enganando, pois despois de marzo, despois das eleccións galegas e vascas, o paro seguirá aumentando.
Ademais, dicese que o paro sube menos en Galiza, e isto si que me parece unha broma de mal gusto. Cantos galegos hai traballando en todo o territorio español? Cando estas persoas, xeralmente temporais, que son os primeiros dos que prescinden as empresas, son despedidos, en que comunidade autónoma son rexistrados? En Galiza? Non! Na comunidade na que estaban traballando. Tampouco se dicía, cando o desemprego baixaba, que moitos galegos estaban marchando da terra, coma sempre. Espero que moitos destes galegos teñan a ben acercarse por aquí o día 1 de marzo para recordarlle ó Sr. Touriño que existen.
É, por todo isto, polo que creo que os resultados das eleccións galegas 2009 poden ofrecer grandes sorpresas. As enquisas desta vez van errar, seguro.
La Región traspasa a fronteira
O xornal conservador radical ourensán nunha editorial titulada «O BNG traspasa a fronteria« do día 11 de outubro de 2008 sae o rescate de Anxo Quintada e do novo BNG trala asamblea do pasado 5 de outubro, unha asamblea «a galega», recalca o editor. Aplauden (coas orellas, por suposto) o feito de que Quintana se desprendese do sector idealista do BNG outorgándolle unha víctoria sobre estes que nunca se deu, espececialmente sobre Camilo Nogueira e Xosé Manuel Beiras; dalle a benvida a posicións máis centristas e abertas, ou o que é o mesmo, aplauden (de novo coas orellas) que a dirección do BNG se afaste das liñas identitarias do partido.
A que ven todo isto? É evidente, todo ten que ver co negocio dos responsables do xornal La Región. Un diario que está en quebra técnica e que conta cunha única posibilidade de sair a frote: as axudas públicas. Axudas que non aparecen soamentes en forma de subvención, senón -e sobre todo- en forma de publicidade institucional, un recurso fundamental para este xornal, especialmente agora que estamos en plena crise financieira e reduciuse de xeito drástico o gasto en publicidade da empresa privada, sobre todo o do sector inmobiliario -macrourbanizacións, axencias inmobiliarias (pasaron de anunciarse no xornal ourenán perto de 40 axencias a diario a tan só 17… e segue baixando),…-. Mentres a Xunta siga pagando os donos do xornal poderan seguir levando unha vida de luxo, moi por encima das súas posibilidades reais: grandes coches, restaurantes, hoteis, viaxes,… Non teño nada que envexar daqueles que si son merecedores de tales luxos, cando é froito da súa propia labor, pero anóxame cando se fai a conta dos cartos do contribuinte.
Admito que as posibilidades e a linguaxe dos medios de comunicación afecta necesariamente a unhas organizacións, coma os partidos, que dependen da comunicación social, admito que para gañar unhas eleccións necesítase principalmente unha boa xestión da imaxe e da mensaxe que os medios de comunicación de masas propagan por todos lados, admito que se necesíta máis dos medios de comunicación que da propia militancia dun partido, mais non admito que o BNG caía nesa trampa. Anxo Quintana caeu nela e os responsables do xornal La Región son sabedores desta circunstancia.
Eu son sabedor de que a relación entre medios de comunicación e partidos é complexa, dado que os partidos sempre tentaron e tentarán utilizar os medios como pezas das suas estratexias de propaganda. A cuestión agora é si esta relación se pode invertir no futuro e sexa o medio de comunicación, neste caso o xornal ourensán, unha vez superada a súa crise financieira, quen utilice ó partido para os sus intereses (… e de feito xa o esá facendo).
Actualización a 16 de outubro de 2008: O diario coruñés, La Voz de Galicia, non se quere quedar atrás, encumbrando a Anxo Quintana por poñer fin o frentismo dominante do BNG.
Vía Chuza!
Sobre inxenuos, ignorantes e/ou imprudentes
Acabo de ler un artigo de Juan Gérvas titulado Malicia Sanitaria e prevención cuaternaria, publicado na Gaceta Médica de Bilbao, que debe levarnos a reflexión sobre as angueiras e o proceder de persoas que ocupan cargos de responsabilidade pública, especialmente políticos. Cada día vémonos afectados por decisións que non ten máis finalidade que crear sensación na sociedade, consumindo importantes recursos públicos, e que non aportan solución algunha ós problemas cotiáns do cidadán.
Deste artigo destacaría especialmente estes dous parágrafos:
[...] Por suposto, moitos médicos e políticos que abusan da súa posición coas súas propostas de dudosa utilidade non son maliciosas sensu stricto, senon inxenuos, ignorantes e/ou imprudentes, cheos de boa intención. Inxenuidade, ignorancia e imprudencia acostuman a ir xuntas coa boa intención, pero non hai nada máis atrevido que a ignorancia, tanto para ignorantes neglixentes como para ignorantes enganados. Si os médicos reclamamos autonomía e liberdade clínica, nin a inxenuidade, nin a ignorancia nin a boa intención deberían eximir da responsabilidade consecuente (xa din «que o inferno está cheo de boas intencións»). E, sendo sinceros, un non sabe que é peor, si a malicia, a inxenuidade, a ignorancia ou a imprudencia. Todas elas poden levar a arrogancia, a falta de humildade, o desprecio da incertidumbre, e o olvido da duda sistemática.
[...] Hai políticos, médicos e profesionais sanitarios máis ou menos consentidores coa malicia, máis ou menos fortes ante a mesma (segundo a cuestión e a situación de que se trate). A veces capaces e capacitados para evitala, a veces enganados, neglixentes e/ou tolerantes coa mesma. Dende logo, non é fácil formarse o bo xuizo necesario para descriminar as propostas maliciosas, pero esa é parte da dificultade de (intentar) ser un bo médico, e de dominar o campo que nos corresponde.
SACADE O SANTO !!!
Teño asistido a moitas charlas, coloquios, presentacións, mitins,… de Paco García, o Alcalde de Allariz, e a cotío comeza os seus discursos cunha anécdota. Vouvola contar.
Nun verán destes de sequía, de forte sequía, de cando as fontes deixaban de manar auga durante días ou semanas era tradición na vila de Allariz -coma en moitas vilas de Galiza- sacalo santo en procesión para que nas fontes voltase a brotala auga. Un deses anos cando ían tódolos veciños en procesión polas rúas da vila pasaron baixo o balcón dun dos veciños que decidiran quedarse na sua casa. Cando o santo co seu acompañamento se achegou por alí este berroulles a todos: cavade pozos! cavade pozos!…
Nestes derradeiros días ando un pouco pasmado -e axitado, dito sea de paso- porque dende o BNG me están pedindo que vaía rezar a un santo, perdón, quero dicir, falar con un político. Resulta que alguén posto a dedo polo BNG nun posto de relevancia metou a zoca ata o fondo, ata ben fondo, e eu que descubrín o fallo e llo fixen saber, e polo simple feito de facerllo saber, me convertín nun problema para el -palabras textuais-. Que Paradoxa! Descubro un problema e o final o problema son eu! E agora queren que vaía en procesión? Pois vai ser que non… eu cabo pozos!
Estou vendo que ó ritmo que van as cousas na política de hoxe en día non sería nada estrano acabar oíndo a Paco contar estoutra anécdota:
Nun verán destes de sequía, de forte sequía, de cando as fontes deixaban de manar auga durante días ou semanas era tradición na vila de Allariz -coma en moitas vilas de Galiza- porse a cavar pozos para sacar auga. Un deses anos cando tódolos veciños estaban xa fartos de cavar sin acadar gota algúnha de auga pasou o cura xunto deles, casa por casa, e berráballes: sacade o santo! Sacade o santo!…
A ensinanza que se pode sacar deste conto é que na Galiza actual -e na pasada… e posiblemente na futura- si non se lle lambe o cu ó político de turno non se vai a ningún lado. Pois que lle queredes… si non se pode ir a ningún lado quédase no medio. Así polo menos estórbase!
A moral é unha convención privada, a decencia é una cuestión pública. Marguerite Yourcenar (Bruselas 1903 – Mount Desert, Maine 1987) Memorias de Adriano (1952)
CON SUBSTANTIVIDADE PROPIA
Cando unha empresa busca persoal para realizar as súas tarefas encargase de contratalo o Responsable de RR.HH. pero cando unha empresa busca un Responsable de RR.HH. quen se encarga de contratalo? Unha boa pregunta, verdade? Da boa ou mala selección dependerá que a empresa teña un Responsable ou un Irresponsable de RR.HH.
Unha das preguntas obrigatorias en toda entrevista para a selección de un Responsable de RR. HH debería ser: que é a substantividade propia?
A substantividade propia é un dos requisitos indispensables para poder realizar un contrato por fin de obra. Pero que é? En Galiza fanse contratos por fin de obra a esgalla, non só na empresa privada senón tamén -e diría que especialmente- na empresa pública e na administración pública. Saben os Responsables -ou Irresponsables, segundo saiban respostar acertadamente a esta cuestión- de RR.HH. o que é a substantividade propia?
Non é algo que veña definido no dicionario -de ningunha lingua, podédelo comprobar- nin en ningún código lexislativo. A substantividade propia e un dos conceptos abstractos, entre milleiros, que se utilizan na redacción de leis. Este aparece no artigo 15.a) do Estatuto do Traballador o sinalar que “…cando se contrate o traballador para a realización dunha obra ou servizo determinados, con autonomía e substantividade propia dentro da actividade da empresa e cunha execución, aínda que limitada no tempo, en principio de duración incerta”. Que é iso?
So hai unha resposta válida a esa pregunta: a que ofrece a xurisprudencia pois, na actualidade, a substantividade propia é un concepto que non ofrece ningún tipo de conflito xurídico entre diferentes sectores doutrinais. Todos están de acordo… agás algúns xuíces de primeira instancia, algúns dos inspectores de traballo e os que en realidade son Irresponsables -e non responsables- de RR. HH. de certas empresas, públicas e privadas, así como de certas administracións.
Toda contratación por fin de obra debe reunir tanto os requisitos esixidos pola lei como pola xurisprudencia (ver Sentenza do Tribunal Supremo de 24 de abril de 2006 sobre Fraude de Lei), sobre todo os esixidos por esta última, que son:
a) Que a obra ou servizo que constitúa o seu obxecto, presente autonomía e substantividade propia dentro do que é a actividade laboral da empresa;
b) Que a súa execución, aínda que limitada no tempo, sexa en principio de duración incerta;
c) Que se especifique e identifique no contrato, con precisión e claridade, a obra ou o servizo que constitúe o seu obxecto; e
d) Que no desenrolo da relación laboral, o traballador sexa normalmente ocupado na execución daquela ou no cumprimento deste e non en tarefas distintas.
Segundo esta Sentenza, así como moitas outras, como por exemplo a Sentenza do Tribunal Superior de Galiza de 10 de xuño de 2008, deixan moi claro que tarefas ten substantividade propia:
Ten substantividade propia dentro dunha empresa -ou administración- tódalas tarefas que non sexan habituais, normais ou permanentes.
Este pequeno detalle marca a fronteira entre un contrato legal e un contrato realizado en fraude de lei (Artigo 6.4 do Código Civil). Que supón para unha empresa un contrato en Fraude de Lei? A obriga de transformar o contrato temporal de fin de obra nun contrato indefinido de acordo co Artigo 15.3 do Estatuto do Traballador:
Presumiranse por tempo indefinido os contratos temporais celebrados en fraude de lei.
… De aí a importancia de saber seleccionar a un Responsable de RR. HH. Non facelo ben sería unha irresponsabilidade por parte do empresario ou responsable político do momento.
Actualización a 6 de outubro de 2008
Achego copia dun artigo moi interesante de José María Lastras publicado en El país e acerca dos contratos de fin de obra en relación coas contratas feitas polas administracións públicas.
clica na imaxe para agrandar
A fraude da SOCIEDADE TEXTIL LONIA
Acabo de recibir con agrado unha Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, Sentenza do 10 de xuño, na que se condena a empresa distribuidora e fabricante (é un xeito de falar, todo o mundo sabe que a práctica totalidade desas prendas son fabricadas na China) de Carolina Herrera e Puprificación García, a Sociedade Textil Lonia, por contratación de traballadores en fraude de lei.
O principal motivo deste despedimento non foi o remate da obra para a que o traballador fora contratado, pois non existía tal obra, senón o feito de que o traballador lle comunicase a irresponsable, perdón, responsable de persoal da empresa que os contratos que estaba facendo ós traballadores eran ilegais, posto que incorrían en fraude de lei. A súa resposta foi o despedimento do traballador.
Esta sentenza, recentemente comunicada, fai bos tódolos argumentos que o traballador presentara ante a irresponsable, e dalle -en que estarei pensando-, responsable de persoal da Sociedade Textil Lonia, ante Inspectora Xefe de Traballo de Ourense, Pilar Sánchez-Cuervo Peña, e ante o Xulgado do Social Número 2 de Ourense do que é titular a xuíza María Isabel Gómez Balado.
O certo é que esta empresa fai cada ano centos de contratos, si centos, contratos a moreas, e todos eles en fraude de lei, de tal xeito que si calquera traballador denunciase o contrato este converteríase en traballador indefinido. Sen embargo existe moito medo a acudir ós tribunais nesta sociedade, aínda sendo conscientes os traballadores, como o son, das irregularidades que comete a empresa. Pero xa se sabe como funciona esta sociedade caciquil e, especialmente, a sociedade ourensá. Hai moito medo o poderoso e triunfa a submisión. O clan dos Domínguez ten moito poder, demasiado, na cidade.
Sen embargo, o estado de dereito ten mecanismos dabondo para defender os traballadores desta fraude. Para comezar, dende a oficina do INEN poderían actuar de oficio e denunciar a Sociedade Textil Lonia, polo uso e abuso destes contratos temporais para obra determinada (normalmente para o almacenamento, distribución, pasar o ferro… -segundo o caso- para un número determinado de prendas) pois todos e cada un deses contratos pasa polas súas mans. No INEN preferiron mirar para outro lado.
A Inspección de Traballo ten a obriga de velar polo cumprimento do marco normativo laboral e debería intervir de oficio na defensa dos traballadores; sen embargo, non o fixo nin a instancia da Fiscalía nin a instancia do traballador. Porqué? Porqué se buscan xustificacións en sentencias que nada teñen que ver co caso en cuestión? Porqué tanto interese en defender o indefendible? Acaso temen ó clan? Non, non creo. Estes traballadores están moi ocupados en perseguir e espremer a autónomos de baixa e as pequenas empresas. Con estes si que non teñen piedade.
Pero tanto ou máis inxustificable parece a Sentenza do Xulgado do Social número 2 de Ourense. Ninguén discute a doutrina do Tribunal Supremo cando afirma que non se poden facer contratos por obra cando a obra consiste na actividade normal da empresa. A actividade normal da Sociedade Textil Lonia é clariña, fixádevos: «deseño, fabricación, compra e venda e comercialización no territorio nacional e estranxeiro de todo tipo de produtos textiles…» e en particular os das marcas Carolina Herrera e Purificación García. A obra do contrato consiste no »almacenamento e distribución de 100.000 prendas». Alguén dubida sobre a legalidade deste contrato?. Non, ninguén, nin tan sequera a xuíza, pois si dubidase a dúbida debería aplicarse en beneficio do traballador (in dubio pro operario)… e non foi así.
Os xuíces, máis que ningún outro cidadán, ten a obriga de respectar a lei e a xurisprudencia dos tribunais superiores. Como si non nos van a esixir ós demais o cumprimento efectivo da lei? Sen embargo non é así. Moitos xuíces ocupan os seus xulgados cunha soa idea clara: eles alí son a lei. Só lles falta mexar nas catro esquinas da súa sala para marcar territorio.
En defensa da nosa paisaxe
A primeira actuación executada polo grupo local do BNG en Xunqueira de Ambía foi frear a devastación do Monte da Farria, un monte catalogado no PXOM de Xunqueira de Ambía cun Nivel A e catalogado cunha Protección Especial Paisaxistica. Estaba sendo explotado por duas empresas graniteiras (Farriense de Granitos e EXELCO) ante a desidia -nalgúns casos complicidade- das institucións local e autonómica.
Non foi a primeira vez que a paisaxe do noso Concello se ve agredida. Trala concentración parcelaria desapareceron do noso patrimonio natural dous importantes enclaves protexidos -a posteriori- polo PXOM de Xunqueira de Ambía: o Comunal e touzas de Casasoá e a Devesa de Vilariño da Veiga. Tamén se viron especialmente afectados polas obras da concentración parcelaria a Vía Nova (camiño romano) e o Camiño de Santiago, desprazando, nun casos, e eliminando, noutros, o trazado orixinal.
Agora o que está en perigo e o único enclave natural protexido que queda na zona da Limia de Xunqueira de Ambía, as Veigas de A Graña, que goza da mesma protección -Nivel A- que os espazos antes mencionados. A semá pasada puiden ver na Consellería de Medio Rural o estudo de impacto ambiental da concentración parcelaria para esta zona, publicado no DOG do 11 de xuño, e deixoume especialmente abraiado que ninguén da Consellería se percatase do feito de que esa zona está especialmente protexida polo noso planeamento, a pesares, segundo os responsables do servizo, de utilizar os planos do PXOM para confeccionar diferentes estudos, medicións, catalogalizacións… En definitiva, que se estivo dilapidando unha boa chea de recursos públicos polo empeño de alguén en facer alí unha concentración parcelaria sen ter en conta os impedimentos legais existentes.
Este intento -esperemos que ahí se quede- de concentración parcelaria xa fixo moito dano a zona mesmo antes de porse en marcha. No 2006 as Veigas de A Graña arderon xusto antes de procederse as medicións das fincas. Casualidade? Non creo. Si todo está queimado é moito máis doado realizar as tarefas de medición. Ademais foron cortadas moitas árbores, polo medo dos seus propietarios a verse privados delas trala concentración parcelaria.
É por todo isto que dende o Grupo Local do BNG en Xunqueira de Ambía nos vimos na obriga de solicitar a paralización do proxecto de concentración parcelaria de A Graña co gallo de evitar unha nova catástrofe ecolóxica no noso Concello. Ademais solicitamos a Medio Rural que informe a tódolos veciños e propietarios da zona afectada para poñer fin a deforestación desa área e, por suposto, que os fondos destinados a esa concentración se utilicen para promovela diversidade da fauna e flora, para restauralos rexímenes hídricos naturais e promovelas funcions recreativas da paisaxe das Veigas de A Graña.
Dende o BNG sempre defendemos o escaso aproveitamento das concentracións parcelarias e non deberíamos esquecelo agora, precisamente agora, que estamos gobernando. Na Limia hai terras dabondo, moitas delas abandoadas. Non precisamos terras, non… o que precisamos e unha verdadeira industria de transformación agrícola e gandeira, unha AGROPOLE galega.
… por pedilo non será.
Outro ano perdido…
… e xa van 29. Esta semana, o pásado martes día 27 de maio, cumpliuse un ano das eleccións municipais nas que o actual grupo de goberno revalidou a sua maioría absoluta, iso si, cunha importante merma en número de votos e concelleiros.
Si collemos o seu programa electoral podemos ver o seu grado de incumplimento, claro que cun programa tan esaxerado iso era de esperar. Calquer veciño con dous dedos de frente sabía de antemán que iso nunca se cumpriría.
La Región
Un bo día levanteime coa nova de que Baltar quería que a Deputación de Ourense entre no accionarado do xornal «La Región», iso sí, coa complicidade de PSdeG e BNG. Que raro, non? Baltar nunca da nada a ninguén salvo que llo deba ou pretenda que llo deban, entendedes?
Estanse dando moitos casos destes últimamente. Son moitos os que ten favores pendentes de ser cobrados e agora que Baltar anuncia a sua retirada da presidencia do PP provincial apuran os tempos. Seguro que iso foi o que levou a familia Outeiriño a acudir a Baltar, ademais, por suposto, da nefasta situación económica das suas empresas. Pero ségueme sorprendendo a participación das outras duas forzas políticas nesta trama, e especialmente ó silencio do BNG ó respecto, intrígame e, se o penso moito, ata me arrepía o corpo. Touriño foi moi claro sobre esta operación ó afirmar que as institucións non están para financiar prensa, incluso dende o PP López Veiga dixo que o proxecto da Deputación para entrar no capital social de «La Región» é contrario ó ordenamento xurídico, e cita algúns exemplos; metres o BNG caladiño… nin un chio !!!
Días antes de comezar todo este barullo o xornal «La Región» anunciaba unha ampliación de capital despois de acadar un beneficio de explotación de 2,5 millóns de euros. Claro que ó EBITDA hai que restarlle os intereses (carga financieira que en «La Región» é ampla, moi ampla), as amortizacións reais e depreciacións reais do inmovilzado e, si houbese beneficios antes de impostos, o imposto sobre sociedades. Ofrecer os resultados dunha empresa tendo en conta o EBITDA é unha trampa que permite anunciar unhas cifras «presentables» nunha empresa que está cargada excesivamente de gastos financieiros e de altas amortizacións, amortizacións que a propia empresa recoñece públicamente pero non contablemente ó afirmar que valora os seus activos polo coste de adquisición e non polo coste de mercado (pregunta número 9).
O certo é que a «La Región» xa lle advertiran antes deste erro contable as empresas auditoras en informes continuamente desfavorables emitidos por KPMG AUDITORES SL os anos 2006, 2005 e 2004 e con anterioridade ARTHUR ANDERSEN Y CIA S COM. Advertencias que tampouco foron tidas en conta por Xesgalicia e en concreto, polo Fondo Adiante. Este fondo foi creado para rescatar a empresas necesitadas de apoio financieiro e de xestión para salvar unha situación temporal de dificultades. Neste caso a situación non era algo temporal, xa viña arrastrada de hai moitos anos. Outra imposición deste fondo para ser beneficiario das suas axudas é que a empresa sexa viable técnica, comercial e financieiramente. Este punto derradeiro tampouco se cumplía ó atoparse, segundo as empresas auditoras, nunha situación de quebra técnica.
Tal foi a polvoreira levantada por este asunto que tanto uns coma outros, responsables do xornal e dos partidos políticos, que tiveron que renunciar a el. Especialmente grave foi o malestar causado nas bases do PSdeG e do BNG, militantes, simpatizantes e votantes de ámbolos dous partidos que nos vemos a diario maltratados por ese xornal… e no intre en que remato este artigo o BNG segue sen dar un chio.
Asociacións de Xunqueira de Ambía
O asociacionismo é un xeito de acadar obxectivos colectivos mediante a suma de esforzos individualizados e tamén permite dar respostas colectivas a ideais compartidos. Son moi variadas as categorías as que poden pertencer as asociacións pero imos centrarnos nas que existen no noso concello: asociacións de veciños, culturais, de mulleres rurais, xuvenís e outras (podedes descargar a lista premendo na seguinte ligazón).
Estas asociacións son en gran parte descoñecidas polos veciños de Xunqueira de Ambía e os seus pobos, incluso aquelas que ten por obxectivo representar a colectividade dun determinado núcle rural, tal é o caso das asociacións de veciños. Isto sucede porque a finalidade real non ten nada que ver co propósito estatuitario; por iso moitas destas asociacións son creadas no mais absoluto segredo, reunindo o número mínimo de socios para poder constituirse.
Estas conductas firen o espiritu do asociacionismo xa que non perseguen un verdadeiro propósto colectivo, senón os fins particulares dunhas cantas persoas, aquelas que compoñen a asociación. A obriga de toda asociación é darse a coñecer no seu ámbito territorial realizando actividades en beneficio de todos -por iso reciben axudas públicas- para que se unan outras persoas que compartan as mesmas inquietudes; emporiso atopámonos que nalgúns pobos existen varias asociacións, de diferentes categorías -veciñais, xuvenís, culturais,…-, sempre creadas polas mesmas persoas e que logo non realizan ninguna actividade que lles sexa coñecida, polo menos como asociación.
Un exemplo ten que ver coas festas dos pobos: xúntase unha comisión de festas que recada diñeiro polo pobo en nome da comisión, os veciños pagan unha cuota establecida e logo quen paga a factura da festa non é a comisión, senón unha asociación da que os veciñós non saben tan sequera da sua existencia. Tamén hai quen recada cartos para restaurar o patrimonio histórico da vila (órgano, a igrexa, etc. etc.), cartos que logo acaban empregándose en paparotas.
Outra das cousas que me chama moito a atención son as asocicións xuvenís. Das cinco que existen en Xunqueira de Ambía catro foron creadas o mesmo día, o 23 de xaneiro de 1996, sendo cada unha delas de diferentes pobos: Sobradelo, Brandela, Abeleda e Casasoá. Que casualidade, verdade?
É por todo isto polo que publico aquí a lista de tódalas asociacións as que tamén se pode acceder dende o rexistro público da Xunta de Galiza, para que vos acheguedes a elas e lles pidades formar parte. Cantos mais persoas formemos parte dunha asociación mais democráticos serán os seus órganos, poderanse realizar máis actividades nos nosos pobos -actividades que servirán para manter o noso patrimonio cultural e medioambiental, por exemplo- e faremos máis forza frente as institucións na defensa dos nosos dereitos e intereses.
De lastres, ataduras e hipotecas…
Acabo de ler un artigo no diario «EL PAIS» no que a superministra Espinosa -así á calificaba o superconselleiro Patxi- se desprendía da sua pelica e amosaba a loba que leba dentro ó referirse os socios de Goberno dos socialistas na Xunta de Galicia. Seica para a superministra somos un lastre, unha atadura da que é necesario desprenderse. Non ten en conta a superministra cal é a verdadeira función deste instrumento, os galegos si, por iso llelo puxeron.
Un lastre é un peso que se carga nunha embarcación ou nun globo para asegura-lo seu equilibrio. Isto traducido en clave política ven a dicer que un lastre é un instrumento cuia función é a de impedir facer o que quere a quen goberna. Os galegos non confiaron no equilibrio do PSOE nin en Galiza nin no Estado, nin nas últimas autónomicas nin nas últimas xerais. Todos sabemos porque, sabemos do que son capaces estos políticos socialistas si se lles da renda solta. Son tan caciques coma os do PP, por suposto, pero o seu perigo non radica ahí, senón na sua falla de escrúpulos… e para iso está o pasado, para lembrárnolo: desfalcos, terrorismos de estado, corrupción, paro, precariedade económica,…
Claro que quen emprega as verbas mais duras contra os nacionalistas é a superxornalista Cristina Huete. Venme a memoria un artigo que escribiu recentemente esta señora sobre as canteiras de Xunqueira de Ambía, na que a superxornalista destacaba no seu artigo que a fiscalía denunciaba unha suposta ilegalidade da Consellaría de Industria de Ourense pola única razón de ser unha Consellaría do BNG e calaba malintencionadamente -ou ben- a actuación da Consellaría de Medio Ambiente dirixida polo seu querido e superconselleiro Paxti Vázquez.
Dende o primeiro intre o Grupo local do BNG tivo moi claro que é o que estaba a suceder no Monte da Farria; aquilo tratábase dun delito ecolóxico e por iso se puxeron varias denuncias perante o Concello de Xunqueira de Ambía, o SEPRONA, a Consellería de Industria e a Consellería de Medio Ambiente. Destas dúas últimas nunca recibimos ningunha resposta, silencio total. Por suposto, ningunha destas institucións moveu un dedo ata o día de hoxe para poñer fin a práctica delictiva que se estaba e está levando a cabo no Monte da Farria.
A que se debe ese silencio? Seguro que a nosa superxornalista de investigación non lle interesa contalo. A min si. Un dos empresarios da pedra que agrediu o noso Monte seica se move na órbita do PSOE, un tal Antonio Domínguez, presidente dos graniteiros de Ourense, do que C. H. decía «ahora desvinculado de la empresa» -referíndose a Farriense de Granitos- e ignorando interesadamente -ou non- que é o dono doutra das empresas alí asentadas, EXELCO de Granitos, a mesma que segue na actualidade explotando un aserradeiro ilegal nun Monte protexido.
Este home garda un relación de amizade co superconselleiro Paxti Vázquez e con moitos outros cargos do PSOE local e provincial… pero eu non creo que sea esa a razón pola que a Consellaría de Medio Ambiente non fixese nada ante as continuas denuncias do BNG… esta é a derradeira denuncia:
Eleccións xerais 2008
Finalizada a campaña chega o momento da analise e sobre isto so pode dicerse que os resultados do BNG no noso concello foron moi satisfactorios xa que se superaron os resultados de fai catro anos dun xeito espectacular, subindo o número de votos cerca dun 83% (non estaría mal acadar esta porcentaxe en tódolos concellos) o que supón para a nosa conta 71 votos mais. En total 157.
Pero tamén hai que ver de onde vimos. Si botamos unha ollada a base histórica das eleccións xerais podemos ver que os resultados obtidos polo BNG en Xunqueira de Ambía no ano 2004 foron un verdadeiro desastre xa que a nosa formación perdeu a metade dos votos acadados no 2000 pasando de ter 167 votos neste último ano, sendo entón a segunda forza mais votada no Concello de Xunqueira de Ambía, a colleitar 86 votos. Naquela etapa o BNG viña dunhas municipais nas que acababa de perder o seu único concelleiro tras prescindir de Xosé R. Cabido -a mala elección da candidata tivo boa parte da culpa- e afrontaba a campaña en Xunqueira de Ambía sen contar con ningún tipo de presenza, nin material -cartaces, megafonía, trípticos, etc.- nin humana. Si partimos da base de que o sucedido fai catro anos foi un desastre temos que chegar, obrigatoriamente, a conclusión de que o resultado actual non é tan espectacular, de feito están ainda por baixo dos resultados obtidos nos anos 2000 (167 votos) e 1996 (159 votos), onde o panoráma político non era tan favorabel para o nacionalismo.
Agora xa temos a vista posta nas vindeiras eleccións autónomicas de Galiza e, francamente, temos que mellorar para superar os resultados históricos do BNG no noso Concello e, sobre todo, para voltar a ser a segunda forza política en importancia de votos. Ese é o obxectivo.