#mOendo do Revés » política nacional
Os desbandados
Homes parásitos que non poden vivir sen chupar o sangue dos débiles, dotados dun espíritu retorcido, sen posibilidades de sandar e sen vontade de mellorar; xentalla que non posúe ningún valor para seguir vivindo neste mundo. 1Q84 - Haruki Murakami
Parasitaron no BNG ao acubillo do esforzo e entrega duns poucos militantes. Nunca destacaron pola súa dedicación á organización. Facían política de cabaret nas tabernas rurais divagando entre viño e viño. Debuxaban sobre o ar proxectos imposibles que realizar no suposto de gobernar (nunca como financialos… as administracións sempre ten cartos e cando non, sempre ten créditos, pensan). Gobernaron sen que o pobo os elixise para semellante cometido. Foi un período breve suficientemente amplo para deixar ao descuberto as súas carencias, capacidade infinita para facer novos amigos e deixar na cuneta a vellos compañeiros, gastando cartos de todos para o beneficio duns poucos, ora a cambio de postos de traballo, ora a cambio de substanciosas subvencións a cativos empresarios incapaces de competir nun mercado libre mais valentes emprendedores baixo o paraugas das administracións públicas. Son especialistas en crear empresas que sangran as nosas institucións. Durante décadas gobernaron o BNG co beneplácito da UPG. É un dicir. En realidade eran seus monicreques.
Ideas
Chegaron a XIII AN do BNG cun proxecto alternativo ao que soamente renunciarían si lle deixaban vía libre para executalo dende dentro: renunciar a transformación social e deixarse levar en volantas pola corrente. É o que o nacionalismo pailoco chama «saber escoitar» que, na novafala, ven sendo algo así como «xa che miro o teu». Si. Durante o goberno bipartito esta caste de funcionarios públicos que chegaron a gobernar o país descubriron o caciquismo, sentíronse cómodos nese novo papel: facendo favores e recibindo contraprestacións; mellorou o seu status social e seu nivel de vida, atoparon emprego os desempregados da súa corda, caeron millóns en axudas e subvencións públicas para empresarios subsidiados, etc. É duro volver a crúa realidade, despoxados do poder polas mesmas persoas que un día llelo deron: nós os votantes nacionalistas de esquerda. Si,… a esquerda que os pariu! Ou malpariu! O caso é que para debater ideas nesta Asemblea aparaceron a terceira parte dos militantes inscritos. Para a elección de cargos estaban presentes máis dos dous tercios dos inscritos. Quedou ben claro a que andan tanto uns coma outros (máis os uns que uns que os outros).
Ser ou non ser esquerda
Traizón! Traizón! Esta xente xa non son dos nosos, xa non son esquerda, xa non procuran a xustiza social, xa non procuran a igualdade senón manter a súa superioridade, xa non perseguen a ecuanimidade senón defender seus propios privilexios, xa non entenden o que é ser galego en Galicia nin fora dela, xa os botamos e, pobres babecos, non se decataron de cal foi a razón pola que foron rexeitados: vender aos galegos, vender Galicia. Esta xente vai ao seu, namais. Queren o poder para seu proveito non para mellorar a sociedade a que pertencen, exercicio este que se lle supón á política e aos políticos. Saben que para acadar unha pequena cota de poder que lles permita vivir por riba do resto da sociedade abonda con ter unha pequena forza, sempre que esta teña a capacidade de mudar maiorías cara un lado ou cara outro. Ese é o seu obxectivo: ser pouca cousa pero suficiente para decidir. Non entenden que os que decidimos somos nós: os cidadáns. Non entenden que os cidadáns nos manifestamos de forma maioritaria en cada comicio electoral por dúas razóns fundamentais: dunha parte para que gobernen uns, da outra para que non gobernen outros. Cando votamos manifestamos ambas cousas a un tempo: a quen queremos e a quen non queremos, quen se aproxima as nosas convicións e quen se afasta delas. Ocultarse baixo peles de diferentes animais pode levar a engano a curto prazo, pero a largo, en política todos son espelicados. Nas elites do BNG existe unha rede caciquil conservadora, non moi diferente da de outras orgazinacións, pero quizais con peores maneiras. Iso non é esquerda ou é unha merda de esquerda!
Democracia e capacidades
Na derradeira AN do BNG os militantes do BNG manifestaron democraticamente quen queren que gobernen seu partido e agardábase que quen participa na contenda, sempre que se define como demócrata, aceptase o resultado. Liscar agora sería igual de estúpido que decidir marchar de Galicia si a sociedade non decide darlles unha maioría absoluta (e mira que tiveron ben oportunidades para facelo), pero tampocuco pode pedírselle a estes cerebros moita coherencia, nin accións intelixentes en canto a estratexia política, xa que durante os últimos anos tiveron unha maioría absoluta interna nos órganos de dirección do seu partido e foron incapaces de reconducilo cara onde querían. Que van facer agora sen ela? Que van facer agora fora desta organización? Cometer os mesmos erros, sen dúbida.
Elites
Són élite, seres notables, privilexiados que toman decisións por si e polos paifocos que os siguen e que lle renden cultos coma santos ataviados aínda coa aureola do poder. Si que lles dura. Eles deciden manifestos, listas, proxectos (deses de taberna que falaba),… que ninguén mira nin le, mais asinan. Cumpre ser moi estúpido para crer que neles está a solución aos problemas que nos atinxen – Moito! – cando non fan máis que falar do que lles ocupa a eles. Algunha desas persoas creou, por exemplo, un só posto de emprego? Dubido (menos sen subvención de por medio). Algunha desas persoas tomou algunha iniciativa para frear un só ataque a nosa natureza? Tampouco, e ollade que non temos ocasións neste país: rios sucios, montes depredados, costas cementadas, ar fedorento,… Estas minorías selectas non teñen máis capacidade que a de alentar masas de torpes e medorentos galegos fedellando nas súas emocións máis arraigadas: a cultura, os símbolos, a historia. Sérvelle para movilizar unha cantidade importante de xente, por conductos que non son os da razón, para seus propios fins pero, en toda sociedade cega, colectivamente ao igual que os individuos de xeito personalizado, atopa momentos de lucidez.
Desbandados
Abandonan como perdedores logo de escribir as regras de xogo (XII Asemblea). Abandonan logo de demostrar a súa incapacidade política para gobernar unha organización ampla. Abandonan esgrimindo como escusa as ideas que non rebateron na derradeira Asemblea. Abandonan a democracia para instaurarse no seu pequeno totalitarismo. Abandonan a idea democracia participativa que defenden políticamente pero non respectan na súa organización. Os desbandados queren a súa propia hortiña, construir novos valados na nosa sociedade, establecer novos dereitos de paso polos que cobrarnos tributo no futuro… e viviren como dios!
De autista político a político 2.0
A persoa da que falo coñecina fai moitos anos. Sempre chegaba á cafetería da miña familia, pedía café, collía un xornal, agachaba a cabeza e nin miraba para quen tiña ao lado. Por suposto non dicía máis que as palabras necesarias: “café” e “canto é?” cando non traía xusto. Nunca o vin falar con outra persoa. As veces viña con algunha persoa -dos seus, benega- e entón si, falaba con ela do único que unha persoa así pode falar: política. Xamais lle escoitei falar doutro tema que non fose iso: política. Como responsable local dun dos concellos da comarca na que esta persoa é responsable comarcal coincidín con el en varias ocasións, tamén nalgunha visita ao noso concello para tomar uns viños. Seguíase a falar do mesmo: política. Daba igual que o viño estivese bo ou malo, bebía del sen moumear un laio. Viño e política. Namais. Nin cuns viños enriba era (e segue sendo) incapaz de dirixir unha palabra a outra persoa que non fose aquel reducido grupo de nacionalistas. Agora sígome cruzando con esta persoa noutra cafetería, coa mesma pose de sempre, cara á porta (será por si ten que liscar) un café e un xornal no que acochar a mirada da xente, levantándoa levemente de cando en vez para asexar quen pasa a súa beira. Nunha destas, ao guichar, ten cruzado a súa ollada coa miña, e coma un lóstrego medorento volve á sección de política do papel que trae entre mans.
Onde queira que viva, xa en Porqueira, en Ourense ou agora na Valenzá non amosou o máis mínimo interese polos veciños. Nin sequera saúda ao andar agás, agás que sexa alguén do benega, entón si, non ten medo a abrila boca e falar daquilo que só sabe falar: política.
Por iso se lle valora, pola seu talante entre os seus. Tamén por moitas traizóns aos seus. Ese talante, si se lle pode chamar así cofear o lombo de Quintana, levouno ao Senado. E como senador seguiu sendo o mesmo autista político que outrora: aberto no seu contorno nacionalista, cerrado ao resto da humanidade. Segue sen saudar a xente na rúa, nin sequera aos veciños da súa actual vivenda. Nin un sorriso sequera. Xamais o atoparedes falando cun descoñecido si vai só, do xeito en que o fai cando o acompaña un fato de benegallos. Entón si, rodeado da manda saca valor para enfrontarse a un simple mortal.
Xaora, por imperativo do Consello Nacional do BNG todos os candidatos deben ter perfís públicos nas redes sociais. Non porque gusten deles. Por obriga. Alguén lles debeu advertir que por aquí, nas redes andamos moitos votos perdidos e veñen na súa procura. Quizais descoñecen o perfil das persoas que por aquí nos movemos: socialmente críticas, pouco dadas ao adoutrinamento que dende os partidos tradicionais adoitan, sobradamente informadas e preparadas e multidisciplinarias. Os cualificativos, ben sei, quedan curtos. Estas características que posuímos os usuarios das novas tecnoloxías foron aprendidas con anos de práctica: como usar cada rede social e para que serve, é algo que só se coñece cometendo multitude de erros, erros de lóxicos principiante que, por suposto, non se deben cometer cando o que se vende é un mesmo.
Twitter, por exemplo non é un chat, aínda que moitos o usen como tal. Coidar a linguaxe é importante, aquí non vale a linguaxe SMS. Non se tolera o spam. Existen moitas outras normas que a comunidade foi creando ao largo de anos e que recolle moi ben José Luis Orihuela en Mundo Twitter, si ben aquí os cambios son continuos e calquera teoría pode quedar desfasada en días.
O peor xeito de comezar nesta e calquera outra rede social é seguindo ou solicitando amizades de xeito indiscriminado, para amosar publicamente quen a ten máis larga… a lista. Logo danse casos como o de Isabel Pérez Alcaldesa que chegou ao 22M con máis amigos que votos. Este do que falo vai polo mesmo camiño, seguindo ou solicitando amizade a persoas coas que logo nin se fala na rúa e rematan en situación coma esta:
@xOsse: Unha proba de que os políticos non administran as súas contas nas redes sociais é que o pailán de @PerezBouza me siga a min
A resposta non tardou,… de quen fose:
@PerezBouza: @xOsse O teu non ten remedio, sempre insultando. Xa se ve cal è o teu talante. Q magoa!!!
Que mágoa! Que talante! Que arrogancia! Que cinismo! Si… cinismo arrogancia mágoa talante… talante?
@xOsse:@PerezBouza Si alguén se cruza comigo na mesma cafetería e me torce a mirada e logo me sigue no twitter é un pailán… tonto vaia
Secuelas da desamortización de ZP
As superestruturas económicas internacionais (FMI, BM, BCE,…) fai décadas que viñan avisando: as caixas de aforros eran un encordio para a libre competencia amoucando os beneficios das grandes financeiras mundiais. Os directivos das caixas axiña captaron a mensaxe, cumpría que afundisen, cumpría quebralas ou, cando menos, que o parecese. Así poderían seren absorbidas polo gran capital financeiro, polas grandes fortunas de aquí e de acolá, os verdadeiros decisores do sistema oligárquico que nos goberna, os que mandan non soamente sobre o pequeno capital, senón tamén sobre as persoas, nós en quen seica reside a soberanía, e ao que eles chaman capital humano. No fondo todo e capital (económico e humano). E ao final, chegará o día, non da rebolta senón no que nos obrigarán a axeonllarnos ante eles por térennos salvado.
O capital que nos goberna atopou na crise financeira o escenario perfecto, unha cicloxénese económica explosiva onde cadran no mesmo tempo e lugar a ambición duns poucos co arrombamento doutros e a desesperación e angustia dos que máis, o escenario perfecto, dicía, para espoliarnos a todos: primeiro, aos estados solicitándolle axudas para sanear a súa ineptitude (como si iso tivese cura), axudas que, pola contra, xamais serían concedidas a un simple cidadán en circunstanciais iguais; e segundo, forzando unha desamortización do patrimonio do pobo, acadado a base de suor, sangue e lágrimas por cada recuncho do mundo. Falo do erario baldeiro que contiña os impostos que pagamos, endebedándonos a nós e ás xeracións vindeiras. Falo do patrimonio das nosas caixas, das nosas empresas, das nosas edificacións, do noso aforro persoal e colectivo. Grandes cousas se construíron coas remesas chegadas de onde for que estivesen nosos paisanos, acompañados sempre pola señardade dos emigrantes cara súa terra, unha terra que querían levantar financiando grandes e pequenos proxectos. Máis dos primeiros, pois o acceso ao financiamento daquela como agora tamén estaba restrinxido aos máis podentes. Ao usuario común dábaselle o necesario para poder investir no produto que puña no mercado o usuario excelente, financiándolle, polo xeral, a compra dunha vivenda baixo a usura duns intereses que superaban o quince por cento. Prestamos que servían tamén para calmar ao movemento obreiro, que ao estaren endebedados deixaron de ser feros a converterse na xente mansa que somos xaora. Cartos enviados por milleiros de emigrantes obrigados pola mesma presión caciquil que se fixo dona aquí do seu traballo no alén, usando eses cartos para soster e fornecer á organización criminal caciquil que agora segue a explotar aos seus propios paisanos, aos fillos daqueles pobres que fuxiran entón, obrigándonos a unha nova e irremediable escapada sen retorno… deixalos aí, que se coman entre eles, que se fodan os uns aos outros. Inconscientes de nós! que diría a raposa que nos garda.
Mirade si os tempos mudaron: agora mexan por nos e dicimos que e cocacola, tragamos ese líquido noxento e dourado e dicimos que é negro e sabe ben, tomamos outro trago e gabamos a textura esponxosa e burbullante que nos deixa no padal. Queima pero refresca. Apuramos o mexo pola gorxa abrindo a comisura dos beizos ate o seu límite para apouvigar a excitación do desacougo. E entón acougamos sentados na cadeira dalgunha terraza agardando quizais que nos cuspan na cara o fume tranquilizante que lle sobra a algún fumador. Si. Agora todo vai ben.
Ensino: Apagamento informativo da TVG
A televisión de Feijóo non se diferenza moito daquela que Fraga dirixía dende as sombras… ou Touriño dende os cantís de Ponte Pío. É una práctica habitual de tódolos gobernos, tampouco é cuestión de sinalar agora a una única cor política. Dicir que todos son iguais non é esaxerado nin demagóxico. É un feito probado.
En La Región: «Pais e alumnos do Ben-Cho-Shey de Pereiro de Aguiar concéntranse ante Educación con pupitres na Rúa»; no Faro de Vigo: «Alumnos do Ben Cho Shey montan unha escola na rúa contra a supresión dunha aula»; no xOrnal: «Os pais dos alumnos do Ben-Cho-Shey sacan os pupitres á rúa»; en El Correo Gallego: «O curso comeza con rozamentos entre a ensino público e o privado»; en El País: «Educación cerra aulas públicas por falta de orzamento»; mentres, en La Voz de Galicia, gran beneficiada da Xunta de Feijóo, só amosa o cabezallo da noticia, acochado no máis fondo da sección de Ourense do xornal, on di: «Clase improvisada na Rúa”. Na súa televisión -V- si lle dedica uns segundos: «Pais e nenos, a rúa». Nembargantes, a televisión que se financia cos impostos de tódolos galegos non dá nin un chío…
Alcaldes NacionalFascistas (I)
Hainos. Que cousas! Ate o PPdeG apoiou no parlamento galego unha condena ao franquismo presentada polo PSOE e BNG renunciado ao devandito principio de “non hai que remover o pasado”. Sen embargo, hai alcaldes nacionalfascistas que invocando ese mesmo principio se negan a condenar o franquismo e facer homenaxes as vítimas do alzamento militar. O alcalde nacionalfascista de Castrelo de Miño, Xurxo Rodríguez Méndez, dixo ao grupo nacionalista do BNG local que facer unha homenaxe aos asasinados na ponte vella podería ser entendido como un acto radical e que iso acarrearíalle a perda de votos.
Contan que a ponte vella de ferro de Castrelo de Miño era o lugar na que remataban os paseos das vilas próximas. Deica alí eran conducidos polos seus propios veciños, por fascistas enchidos de soberbia e razón divina para facer cantas atrocidades alí facían. Naquela ponte puñan a seus veciños xunto as varandas, mesmo a seus familiares, e empurrábanos ao leito do río onde finaban esmagados coa brutal caída. Había quen se resistía e se agarraba con toda súa forza as varandas de ferro, hoxe desaparecidas, coas ansias de sobrevivir, suplicando pola súa vida aos que crían que aínda lles restaba un chisco humanidade, nembargantes, eran verdadeiras bestas o que tiñan enfronte, demos provistos de grandes coitelos, deses que se usan para a matanza do porco, aparellos que non dubidaban en usar para cortarlle as mans. Contan que máis dunha man das vítimas quedou aferrada as varandas mentres o corpo caía ao baleiro dunha morte inminente. Contan tamén que non todos finaron. Penso eu, que a estes, de quedar algún, debería estarlles permitido facela xustiza pola súa man.
Os fascistas de agora, isto xa non é conto, seguen a tapala realidade dos fascistas de antes. Aos fascistas de agora dálles medo tamén remover no pasado. Os fascistas de agora non mataron as vítimas do pasado pero seguen a torturar as súas familias. Os fascistas de agora son igual de responsables si coa súa complicidade silencian -como outros o fixeron antes- aos verdugos de todo o dano infrinxido.
O grupo local do BNG, isto tampouco é conto, sempre condenou aquelas atrocidades e sempre, sempre prometera honralos, incluso gobernando o PP no Concello. Agora que quen goberna Castrelo de Miño son os nacionalistas, o alcalde nacionalfascista di que homenaxealos sería unha mostra de radicalizade. Por iso nos anos en que Xurxo Rodríguez Méndez leva de alcalde xamais se honrou as vítimas da vella ponte de ferro. El é un verdugo máis. El é, probablemente, dos que de atoparse naquelas mesmas circunstancias e tempo, estaría armado co coitelo dos porcos, ben afiado, cos ollos inchados de sangue e nunca, nunca, nunca vendo como se achegaban aos fociños aqueles ferros que reflectían a auga nas noites de lúa. El brincaría, abofé, ollando como se torcían os ferros coas ondas da auga e como, coa calma, desaparecerían aqueles corpos e tódalas súas esperanzas. Agora que ninguén rebula nas augas, deixádeas tranquilas.
Agora apuntan, isto xa non sei si é conto ou non, a que o alcalde nacionalfascista de Castrelo de Miño formará parte das listas o BNG ao senado. Tampouco sería de estrañar a certeza de semellante afirmación ollando a deriva ideolóxica deste cada vez máis reducido grupo (afortunadamente), obsesionados todos por manter cada leiriña de poder, só polo poder, sempre prestos a devorar aos seus propios compañeiros por mover un chisco o marco… cara dentro. Cumpre ser pailáns.
Non é o momento, non. Nunca é momento para honrar aos que non ten memoria, aos desmemoriados que nin sequera contan cun nome e un apelido para seus tristes osos. O luns, buscando información sobre Xosé Costa Dorrío no arquivo histórico, rebulindo nos “Expedientes de Responsabilidades Políticas”, que así lle chaman, fixeime na cantidade de nomes de persoas que foron axustizadas durante e despois da guerra, nomes e apelidos acompañados da frase “vº de …” e o seu pobo alí. Utilizan sempre esa palabra: veciño, como agardando que algún aínda se lembre deles. Reparei sobre todo nos de Xunqueira de Ambía, xa que era ese o lugar de nacemento de quen buscaba, pero había tamén, e moitos, de Castrelo de Miño. Dubido, pola actitude deste enxendro respecto ás vítimas, que algún antergo seu estivese entre aqueles homes, sobre todo, e mulleres. Logo, consultando “Alzamento,Guerra e Represión» (Ourense 1936 – 1939), de Julio Prada Rodríguez, enxerguei unha ringleira uniforme na que se repetía o mesmo nome, e logo outra, e outra,… e xunto ao nome o mesmo apelido.
Nome: Descoñecido; apelidos: Descoñecido.
Ducias e ducias de descoñecidos que ven poderían ser de Castrelo de Miño ou non. Ducias e ducias de homes e mulleres sen nome e que, grazas a actitude condescendente dos responsables políticos de antes e de agora, quedaron no esquecemento para sempre, sen que se poida discernir endexamais cal é orixe dos osos que gardan esas caixas. Iso no caso de restos aparecidos, que moitos nunca se atoparon. Como ducias e ducias de homes e mulleres, coñecidos e descoñecidos, foron guindados dende o ferro das alturas. Todo apunta -isto é unha visión miña que oxalá fose errada- a que mentres este ser miserento sexa alcalde non será restaurada a memoria dos asasinados nesta vila… dito o cal, non resta un ápice de responsabilidade a todas e cada unha das persoas que o apoian, ben dende o seu propio grupo local, ben dende o seu propio partido, ben dende as furnas co voto dos cidadáns, responsables estes últimos de elixir a quen nos goberna en democracia. Si, unha democracia, quen llelo diría a algúns!
Hai máis alcaldes nacionalfascistas…
Indignado
Arroutada
Superado pola indignación, a furia e a nostalxia sae esta entrada. Si, indignado polo panfleto mercantilista de Stéphane Hessel, «indignádevos«, que moi indignado está o vello… pero non tanto como para ceder a chantaxe do mercado e adícarse  vender a súa indignación. Indignado si, pero se lle saca uns cartiños a súa indignación, tanto que ben, non?
Pululan nestes tempos de crise moitas iniciativas deste tipo… é doado sinalar ao inimigo, moito máis que por solucións por riba da mesa. É moi doado proferir verbas de indignación e revolta agora mesmo, moito máis que cando as vacas gordas. Incluso, co difícil que resulta poñernos a todos de acordo, resulta doado falar de utopías, por máis irrealizables que resulten. Leo Bassi dálle o nome de “Utopía” a súa derradeira obra, mais non se albisca nela utopía algunha, tan só unha crítica cómica -necesaria- a deriva social e económica que vivimos. É acaso a utopía xogar cos medos da xente? Aí veñen os neofascistas de novo a chucharnos o sangue! Que … van chuchar si xa no lo quitaron todo, digo eu.
Concordo coa crítica, dende logo, a actitude desta dereita mediocre a que llelo deixaron todo feito outras xeracións, aproveitándose da inercia dunha máquina -o capitalismo- que asoballa todo a seu paso, deixando unha paisaxe de terror, como a que deixaría unha praga de lagostas nun eido de millo, a lava dun volcán no pobo do outeiro e un tsunami na costa, todo a un tempo. Tal é a infamia que estamos a sufrir nestas datas…
Queixarse disto nestas terras de Ourense cos acontecementos que neste tempo se suceden ao largo e ancho do mundo: revolucións, desastres naturais, corrupcións e crise financeira, explotación dos países pobres coa conseguinte fame, epidemias liortas e migracións  que causan, falar da ineptitude dos axentes sociais -todos- que rexen as nosas vidas pode resultar algo heavy.
Si, son moi consciente.
Xurde esta entrada lendo a “Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia”, de Lois Pereiro, obrigándome a parar nada máis rematar o primeiro parágrafo, onde di: ¿De que parte que non sexa sempre a das novas vítimas, dos novos vencidos doutras guerras, podemos estar xa? Isto obrígame a debullar os miolos e escribir… indignado!
Non sei si o autor desta modesta proposición estaría moi conforme cos 12 € que me … polo libro. Seguro que si algún esqueleto pasa pola súa tumba ou o del pola de outros e lle contasen, decatándose do que está ocorrendo co seu nome como escusa, cuspiría a súa indignación dende o máis fondo dos seus osos inxectados de veleno, mortos xa antes de morrer, cuspindo e berrando ate quedar sen folgos. Abofé! Porque si vivise Lois Pereiro nestes tempos seguramente colgase os seus textos nun blog, en scribd, no facebook, ou tweet a tweet… sen máis.
E este abuso sufrímolo cada día… empresas de contratación que publican ofertas inexistentes só para gañar visitas nas súas webs ou entidades aparentemente sen ánimo de lucro finxir unha labor social que lle permita financiar empregos amigos con cartos públicos, malgastar cartos en formación de traballadores desempregados para uns postos de emprego que non demanda o mercado -isto dimo a voz da experiencia-, cada día aparece nas librarías un novo libro que che explica paso a paso como facerte rico en tres meses e non esvaecerse no intento, documentais, películas, obras de teatro,… moita reivindicación, si, pero pasando por caixa. A indignación cotiza a alza. Ate a anunciada revolta se está mercantilizando. Non sei si me dá mais noxo que asco.
… non sei …
Ourense é o paradigma perfecto do triunfo da ineptitude. Os estudos económicos, rexistros estatísticos e enquisas avalan todo o que afirmo. Ah! E as novas que leo a  diario, deprimentes todas elas. Vivimos nun Ourense herdado por herdeiros tan torpes como truáns, que non lle chegan aos calcañares aos que llelo deixaron todo feito. Empresarios e políticos juniors toman agora o control das nosas vidas… aviados estamos!
Leo nun xornal local que a primaza do Presidente da Xunta di logo dunha manifestación da cidadanía desta cidade a favor do mantemento da sanidade pública que todo este movemento está politizado. A ver… Unha de dúas: ou o pailán son eu ou o é ela. Politizado está o seu cargo que o ocupa non polo poder do pobo nin por designio divino -moito menos por méritos-, senón porque un político -seu primo- a puxo aí onde está a dedo, sen mirar máis aló do seu parentesco co mandamais de Galicia.
Política é, por definición, o que lle afecta ao pobo e como a sanidade pública, ao igual que moitos outros asuntos -todos-, nos afecta é lóxico que estea politizada… cumpre ser moi lelo para afirmar nunha rolda de prensa que determinada manifestación do pobo con esa actitude crítica e altiva. Vivimos nunha democracia -máis que lles pese- e toda cuestión pública que nos afecta como pobo é POLÍTICA!
Leo no mesmo xornal que os comerciantes están que botan fume e que a crise é cada vez unha ameaza máis seria… prevendo o peche de centos de pequenos comercios. Habería que ver en que invisten estas organizacións (asociacións de comerciantes, confederacións de empresarios, cámaras de comercio, asociacións de autónomos,…) os cartos que o contribuínte , ou sexa, nós o pobo, lles dá para a contratación de técnicos que estuden novos eidos de negocio, formadores que formen aos traballadores para seren máis produtivos, etc. Onde están os resultados dese investimento público? Probablemente en contratar ao máis pailán do lugar, claro, recomendado por algún dos mesmos políticos aos que agora critican, e claro, agora botan as mans a cabeza.
Neste pobo esquecido coinciden conxunturalmente a mediocridade dos representantes políticos coa dos empresarios e claro… o resultado é ser o pechacancelas de tódolos indicadores macroeconómicos deste estado, que é tamén un dos máis atrasados a escala mundial en competitividade. Non entendo porque se estrañan tanto, o resultado das súas accións, o que está acontecendo, é o máis lóxico; sería para exclamar cun aturuxo imperecedoiro coa ledicia si o que sucedese fose o contrario.  Como senón se pode entender que a organización dos empresarios máis mediocres do estado (a CEO) tente dicirlle a este como debería actuar en cuestións que non son da súa competencia (caso AVE, que non sei para que … o queremos) e viceversa, administracións públicas anunciando a instalación de grandes empresas en polígonos inexistentes coa conseguinte creación de miles de postos de traballo (caso Xero) cada vez que se aveciña un periodo electoral.
Reflexión
Certamente… vivimos nun país insólito, case exótico, abocado ao fracaso onde triúnfa unha miscelánea elite e personaxes que cohabitan nun mundo fedorento, cerrado e intransixente con quen non vai da súa corda, alimentándose do suor dunha maioría silente e submisa, na que non se albiscan síntoma algún dunha viraxe.
O silencioso estrondo co que empresas, emprendedores, inversores, persoal cualificado,… abandona a provincia é tal que, tan só os que directamente a sofren se decatan. Os demais, esa elite inútil e paleta forxada no berce do caciquismo, seguirá tranquilamente a vivir e gozar da súa acomodada posición social… ignorantes eles, pobriños, que a fuxida á que antes me refería será o alicerce da súa propia morte.
Chegarán aves que non nos levan a ningures porque na plataforma das nosas estacións non haberá xa ninguén para ir outro lar. Verémolos voar polos nosos vales e penetrar as nosas as montañas sacras a alta velocidade sen parar nin respectar, iso si… presentindo o ruidoso horror de que, cicais unha vez máis, estea agardando alguén disposto a subirse a ese tren para nunca máis volver a soportar a crueldade desta sociedade tan atrofiada como retrasada, perdida na neboenta espesura do pensamento individual, fixado na teimosa supervivencia propia, xente cobizosa que ignora e nega calquera outra achega ao colectivo no que se asenta, nunha sociedade murcha xa da falla dos nutrientes mínimos para poder vivir.
O proído que esta xente provoca en min é tal que me obriga a rascar, a rebelarme indignado. Indignado ate contra os que cobran por esa chamada á indignación… A miña vai aí:
DE BALDE!
GRATIS!
FREE!
Collage II
Lois Pereiro
(poesía última de amor e enfermidade 1992 – 1995)
Crer outra vez en min mesmo sería o máis doado (16)
deixándome levar sen resistencia. (19)
Resistencia pasiva. Resistencia frontal (20)
contra o medo. (29)
Noites en branco coma sabas húmidas… (39)
Teño a cabeza no centro do mundo (23)
e o corpo é unha paisaxe de batalla (13)
solitario, enfermo, fatigado, (103)
da morte en “stand by” que me acompaña. (49)
… e as dúas portas do mundo están abertas /
fuches ti a que as abriches na alta noite, (52)
cohabitando os teus soños (55)
souben / que aínda respiraba e seguía vivo (95)
e o amor de sempre oculto e prohibido, /
selado e transferido. (73)
(Entre paréntese a páxina da que foi arrincado o verso. Ed. Positivas)
Monumento do Concello de Ourense á inaccesibilidade
Nos últimos días a empresa EcoOurense estivo cambiando os contedores do lixo, retirando eses de plástico «de toda a vida» por uns novos, xigantes e moi bonitos.
Non sei cantos cidadáns se decatarían, aparte de quen os sofre -pois hai tamén quen os desfruta pois ao ser máis grandes hai menos e máis espazo para aparcar-, porque estes contedores novos son unha faena para quen ten pouca mobilidade. Ocórrenseme moitas persoas, xente maior que apenas pode levantar os brazos para botar o lixo tan alto, nenos, persoas con problemas de equilibrio que ten que usar un pé para pisar o «pedal» de apertura, pero tamén nas persoas que por ir en cadeira de rodas nin sequera ten esa posibilidade, nin de perder o equilibrio nin, moito menos, de deixar o lixo dentro do contedor.
Estes contenedores rachan coas normas universais de accesibilidade (Normas uniformes sobre a igualdade de oportunidades para as persoas con discapacidade, a Convención 61/106 de 13 de decembro de 2006 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade,  a Resolución do Consello e dos representantes dos Gobernos dos Estados Membros, reunidos no seo do Consello de 20 de decembre de 1996 sobre a igualdade de oportunidades das persoas con minusvalías, a Lei 13/1982, de 7 de abril, de integración social dos minusválidos, a Lei 51/2003, de 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade, entre moitas outras normas, todas elas do mesmo senso).
Estes contedores parecen máis ben postos adrede para molestar a quen ten problemas de mobilidade que para aforrar cartos e non soterralos como se fai no centro da cidade onde vive «la gente de bien» os neprogres e os neonacionalistas.
O máis triste desta situación é que, logo de varios días instalados por toda a cidade de Ourense, aínda está por vir a primeira denuncia por parte dunha asociación de persoas con discapacidade advertindo da irregularidade cometida, e polo paso atrás dado en canto a accesibilidade nesta cidade. Isto si que non o entendo. Ou si. Tódalas entidades están pendentes das axudas que poidan caer e esquécense de reinvindicar algo que amais de ético é xusto… non vaia ser que o que reparte os cartos se «mosquee».
Un artigo relacionado: PLAN Estorbo
Publicada tamén no xornal La Región
Existe unha trama para a contratación de persoal con fondos públicos?
Veño de presentar dúas denuncias por enchufismo, unha ante a Fiscalía de Ourense e outra ante a Delegación Territorial da Xunta de Galicia, entidades as que solicito. A primeira:
Que se acheguen os feitos presentados á denuncia presentada polo PSOE ante esta fiscalía por “enchufar” a máis de 200 persoas, segundo leo nunha noticia publicada en El País o 10/06/2010
Que se revisen os procedementos e procesos levados a cabo polo SGC, especialmente, os procesos de selección de traballadores vencellados a subvencións públicas (orientadores, axentes de emprego, psicólogos,…).
Que se investigue a falta de transparencia nas ofertas de emprego deste postos de traballo, suxeitos as axudas públicas, a maioría das cales, nunca son feitos públicos (en ningún medio, nin na páxina web do SGC, onde si se “colgan” outras ofertas), non permitindo subscribirse a elas e pasando desapercibidas para os buscadores de emprego.
Que se investigue si as valoracións feitas dos méritos curriculares dos candidatos, nos diferentes procesos de selección, son reais ou ben están adulteradas, xa que os candidatos, limitados pola lei de protección de datos, non podemos verificar a autenticidade dos méritos alegados.
A Delegación Territorial de Ourense solicítolle que:
Que se revisen todos os procesos de selección de persoal do Servizo Público de Emprego.
Que se revisen, especialmente, os procesos de selección de traballadores vencellados a subvencións públicas.
Que exista máis transparencia nas ofertas de emprego, a maioría das cales, sobre todo relacionadas cos empregos subvencionados con fondos públicos, nunca son publicadas (en ningún medio, nin na páxina web) e non permiten subscribirse a elas.
Que sexa obrigatorio para participar nestes procesos dar autorización de acceso ao CV persoal para que todos os candidatos poidan verificar a autenticidade dos méritos alegados.
Que se esixan responsabilidades aos responsables das áreas involucradas polo mal funcionamento destas: o Sr. Antonio González Amaro, Xefe de Servizo de Promoción e Emprego, e Sr. José Movilla Martínez, Director da Oficina Ourense Centro.
O escurantismo co que se realizan este tipo de procesos non só serve para levantar suspicacias, senón cando che toca preto, para confirmalas. Neste intres estanse realizando a selección de técnicos e axentes de emprego, entre outras categorías, polas entidades sen ánimo de lucro (ESAL). Calquera buscador de emprego preguntárase: e iso como se sabe? Só te decatarás si te chaman para algunha oferta porque estes postos son se fan públicos na páxina web do SGC. Porque? Para que non te decates, para que vai ser?
Poucos buscadores de emprego saberán da existencia destas prazas ate que saia publicada a resolución pola que se conceden, e para entón xa estarán todas adxudicadas. O último día para presentar a oferta de emprego no SGC polas  ESAL é este venres e para realizar a contratación o vindeiro día 5 de outubro. Logo informaranos aos comúns dos mortais vía DOG quen foron os afortunados.
Nese camiño daranse casos tan insólitos, algúns deles que me sucederon a min, nesta convocatoria e noutras.
A Fundación Laboral da Construcción de Galicia foille enviado o meu CV como resultado da sondaxe realizada polo sistema informático do SGC. Xamais se puxeron en contacto comigo pero informaron ao SGC que si o fixeran e que non se realizaran a contratación por “outros motivos”
Outro tanto sucedeu coa Cruz Vermella de Celanova, tamén por “outros motivos” sen sequera contactar comigo, rexeitou a miña candidatura.
Un caso surealista, este que nada ten que ver comigo. Emprende Ourense, un chiringuito ao estilo CIMO, pero patrocinado por xente do PP, solicita ao SGC un orientador laboral coa titulación de “Enxeñeiro Técnico Naval”. Para emprender que en Ourense? Para orientar a quen en Ourense? É evidente, non se trata de emprender ou orientar, soamente colocar a algún achegado de Baltar con dita carreira. Un escándalo!
A esquerda acomodada
Pensei en titular este post como “a esquerda adormecida” mais ao longo do mesmo funme decatando de que o problema non era ese, pois anda ben esperta. Uns máis que outros.
Teño lido moitos artigos sobre o que lle acontece a esquerda social nos últimos tempos, pensadores que se preguntan que “como é posible que sufra coa crise provocada polo neoliberalismo salvaxe?”,  pensadores que non se explican porque son os defensores destas teses neoliberais os que máis rédito político lle están sacando a crise. A min tamén me gustaría ter unha resposta lóxica pero probablemente acabe atopando máis preguntas.
Temos oído falar de renovacións, refundicións, rebeldías, novos referentes,… mais, todo segue igual. O mesmo discurso, do século pasado, as mesmas prácticas (xeralmente, incoherentes co dito).
Nun momento no que a clase política é unha das preocupacións máis importantes da cidadanía, estes, os políticos puxéronse a facer o propio, non sen falla de razón, coa clase sindical. Si a pregunta do CIS fose: “en quen confía máis: partidos políticos ou sindicatos?” sairían os dous igual de malparados.
Que razóns nos levan a ter esa crenza: o denominador común que existe entre uns e outros, a castes políticas e sindicais que se van fornecendo co tempo, creando elites de políticos e sindicalistas que chegan a súa xubilación sen saber o que é traballar,… nin o que é estar desempregado. Son estes, os acomodados na burocracia interna de partidos políticos e sindicatos, os que nin coñecen a esixencia do traballo ou a desesperanza do desemprego, aos que lle imos encomendar a solución do principal problema desta sociedade?
É esa actitude conservadora e individualista o que fai a actual esquerda irrecoñecible. Si, falo de conservar, conservar o seu status quo. Preguntábase o profeta do nacionalismo galego “ula esquerda conservadora?» nun artigo tan noxento que, si fose escrito sobre pétalos de margaridas, nin os porcos o tragarían. Ula esquerda conservadora? Ula esquerda acomodada? No mesmo lugar dende fai décadas, vivindo na estructura de partidos políticos e de sindicatos. Ula esquerda transformadora? Fora, tentando crear novos instrumentos de defensa e representación dos seus ideais.
A lingua galega abre túneles dixitais ante o acoso da Xunta de Galicia
Hoxe produciuse un feito que me trouxo a memoria un artigo que lin fai meses: Túnels digitals a Gaza, cando bloggers e twitters palestinos fixeron saber ao mundo a traxedia que estaban sufrindo por parte do exercito israelita. Eles, personaxes anónimas convertéronse nos ollos do mundo, tanto que, os propios medios internacionais recorrían a eles para complementar información e non aos seus enviados especiais na zona.
Por suposto, o castigo infrinxido ao pobo palestino polo goberno sionista non ten comparanza coa situación que vive Galiza, si acaso, no acoso dos que se consideran unha raza superior, un acoso que se trasladan a tódolos nosos sinais de identidade nacional e, especialmente a lingua.
Hoxe os twitteiros galegos demos un berro, pero haberá máis, e fixémoslle saber ao mundo que nun recuncho de Europa se está producindo un xenocidio lingüístico. Centos de twitteiros utilizamos durante unha hora o hashtag #galega coa intención de convertelo no primeiro tema de conversa de twitter … e así foi.
Ocupar esa posición provocou que diversos medios de comunicación se interesasen pola iniciativa, e incluso participasen dela. É o poder das redes sociais, cada vez menos discutido. Agora son as masas as que teñen a forza de mover aos medios, non ao revés,… aínda que queden casos. Esta forza é a que moverá o mundo futuro, non sei si ate o punto de afirmar que a revolución será twiteada pero, exemplos disto xa os puidemos ver: as elección de Irán en xuño de 2009. Só un pucheirado privou a oposición de acabar co mandato de Mahdmu Ahmadineyad.
Twitter é unha ferramenta que pode equilibrar forzas entre as diferentes opcións políticas, pola súa capacidade comunicativa e a rapidez con que o fai. Un bo uso desta utilidade será o que decida os mandatarios do noso futuro máis próximo.
Xa foi noticia
Esta semana produciuse unha situación que fixo que valorase aínda máis a este medio que é internet e que nos abre cada día unha fiestra a realidade, realidade que antes nos daban debuxada os medios de comunicación. Agora calquera de nós somos un medio de comunicación; cun blog persoal e a combinación deste coas redes sociais e os avanzados sistemas de mensaxería podemos chegar a máis destinatarios que co clásico, caduco e pouco fiable xornal de papel. Aínda así, será romanticismo, precisamos que as noticias que elaboramos rematen nese medio, como si neles se atopase a fonte da credibilidade. Non tal…
A denuncia que asinaba fai uns días neste blog mandeina a varios medios de comunicación galegos, tal e como se recolle aquí. Chegou a tódolos destinatarios aos que directa e indirectamente me podía dirixir, circulando por e-mail e as redes sociais. Estaba asinada con nome e apelidos e achégase unha proba do que afirmo, a foto roubada, e aínda así ningún mas media estimou que iso debería ter cabida no seu medio. Non me sorprende, pois creo coñecer como funcionan os medios tradicionais, por iso afirmo que están caducos e son pouco fiables.
Fai unhas semanas diferentes xornais publicaban nas súas edicións de Ourense unha noticia que tiña como orixe unha denuncia anónima. Non daba creto! Como é posible iso si logo ignoran a quen asina co seu nome e apelidos? Ten unha explicación… ou varias: a entidade denunciada, a cor política das persoas involucradas, o investimento en publicidade que faga a entidade, etc.
O peso da entidade na sociedade na que radica é importante e, sobre todo imaxe da que goza, a relación cos demais axentes sociais e importancia dos mesmos. Denunciar a unha institución como a CEO que reúne aos empresarios de Ourense, que logo insiren os seus anuncios nos xornais (tamén a propia CEO: estes días podedes ver un anuncio que ocupa toda a páxina do xornal local), é moi arriscado. Os medios tradicionais mantén o negocio por diante da información polo cal, amais de caducos e pouco fiables podemos engadir que son inservibles para acadar a súa finalidade que non é outra que a de informar. Parece máis que se adicasen a desinformar …
Así o entendín polo mes de xaneiro, cando varios medios publicaban nos seus soportes a nova de que “Traballo investirá 6,3 millóns de euros na contratación de 288 axentes de emprego”. Parecía un regalo de Reis, pois o anuncio fora feito nesa xornada de Nadal. Hoxe, máis de nove meses despois o DOG pariu a convocatoria. Por suposto, volve a ser noticia no portal da Xunta de Galicia e, como non, atopara un oco nos medios de desinformación. Logo pasará a situación de baixa por “maternidade” (prazo de solicitudes, reclamacións, publicación,…) e, con sorte, un ano despois de ser anunciado farase efectivo aquel anuncio… como, por certo, xa sucedía tódolos anos. Logo, onde está a noticia?
Ah! que se me esquecía, agora non serán 288 axentes como se afirmaba daquela, senón 260, e sen mudar o orzamento. Botaran mal as contas tal e como denunciaba eu no meu blog. Un acerto casual… que obriga a rebaixar o número de contratacións (28) no lugar de subir o orzamento.
Foto roubada
Que triste!
Si. A foto que aparece no post anterior foi roubada. Ao parecer isto é o que máis lle preocupa aos responsables da CEO (Confederación de Empresarios de Ourense). En absoluto lles preocupa a acusación de non contar cos medios necesarios para a impartición deste curso -e outros-. Non lles debe preocupar porque ten as administracións de súa parte, todos forman parte do mesmo círculo caciquil o que lle garante que non haberá unha inspección seria, rigorosa e coa capacidade e independencia suficiente para imporlles unha sanción (devolver as axudas cobradas irregularmente por estes cursos) e retirarlle a autorización de centro homologado FPO.
Con retranca!
- «Estes deben olhar moitos programas do corazón , e por iso falan de  «roubado» . Si se lle avisara antes e colocaran os útiles que lle faltan  , aparecería tamén un Director Xeral na foto , e daquela sería un  «posado» , moito mais institucional !!!! onde vai parar». Un amigo en Facebook.
- Mea culpa!… por non avisar con tempo
Para esmendrellarse!
Outro amigo, hippie tamén, dime que está facendo un curso e que a el soamente lle deron unha carpeta e un lápiz. Creo ben. A maioría das entidades que se adican a formación ocupacional non che dan nin a benvida. Dime tamén que «non me queixe tanto, que a CEO é un paraiso». E engade:
Tanta inutilidade non pode ser amor
Titulo con esta frase de Rafael Martínez Castro ao que fai referencia Antón Baamonde no artigo que asina hoxe en El País respecto a «Crise no BNG«, unha crise que pode levar a esta organización a sufrir unha «escisión, unha explosión ou a desafección das bases». A desafección fai anos que a sufre -só hai que ollar os resultados dos diferentes comicios electorais-, escisións persoais e colectivas xa as houbo… soamente falta que salte todo polos aires.
Mentres a esperanza blanca -ese político con voz de pitufina- parece esvaecerse entre acusacións de traición!, ninguén acaba por dar un paso decisivo. Os dirixentes críticos co BNG sufren tal sobreprotección dentro da organización que ten medo a moverse fora da súa órbita. Quizais, para cando acorden, non lles quede nin sequera a confianza dos que hoxe aínda confiamos neles precisamente, pola cobardía e falla de confianza que transmiten nas súas posibilidades.
A que nos ven enriba
Comeza o novo curso político e, unha vez máis, vou xogar a ser profeta, cousa que, co panorama de crise económica actual resultará doado.Non resulta tan doado atopar a un responsable e, de facelo, que asuma dita responsabilidade.
Primeiro a culpa foi da economía neoliberal. Tódolos gobernos do mundo (entendendo por tódolos gobernos do mundo unicamente os que conforman o G20) decidiron que xa era hora de apretarlle a corda aos Señores dos Mercados e cinguilos a unha lexislación estricta. Pouco lle durou a ansia de gobernalos a todos.
Así, aínda sen saír da crise económica, os Señores dos Mercados, recuperaron o poder sobre os homes libres, nós, que somos os que posuímos a liberdade de escoller entre quen nos desgoberna ou entre quen nos malgoberna, máis non podemos decidir sobre as políticas que desgobernantes e malosgobernantes aproban. Ese eido está reservado aos Señores dos Mercados.
Aínda así,  a pesares da pouca capacidade que teñen para decidir, xa sexan desgobernates ou malosgobernantes, lonxe de unirse contra os Señores escuros, permiten que as sombras do mal se extendan sobre nós, enfrontándonos, explotándonos, recortándonos dereitos, etc. en beneficio propio, nunca no de todos. Esta loita que abrangue a toda a poboación, non só aos desgobernantes e malosgobernantes, senón tamén aos ingobernables en Galiza, agrava a situación do pobo. Agora que se achegan as eleccións locais as tres forzas, alleas á ameaza das sombras adentraránse nunha cruenta liorta para rabuñar cada apoio que poida permitirlles manterse no poder a uns, sacalos e ocupalos a outros. Da guerra, coma na política, e viceversa, non poden agardarse prácticas limpas, mais a inocente poboación sucumbe en masa. unha e outra vez, pola necesidade de acadar o poder para seu grupo de pertenza. Acadalo permitiralles ter máis posibilidades de sobrevivir neste sistema esgotado, accedendo así aos recursos que se lle negarán logo aos perdodores e tamén, como non, aos que permaneceron neutrais.
As diferentes forzas dende a súas posición acumulan efectivos para a gran batalla, acumulan víveres e auga, negándollos a poboación -axudas, subvencións, servizos, infraestructuras,..-. O obxectivo agora é crear máis necesidade, así logo as esmolas serán máis valoradas. Estas, as axudas cando comecen a chegar serán custosamente anunciadas -quizais o custo da información supere ao da execución- para que o pobo famento se dispute por elas, entre si -haberá postos de emprego, que non traballo, para miles e miles de parados, en administracións e chiringuitos amigos de uns, amigos de outros e amigos de todos-.
Logo deste «momento Tolkien», o certo é que pasada a batalla das municiapais todo quedará esgotado e todos, uns e outros, quedarán desamparados ante a crise que nos afecta,… ata as vindeiras eleccións, nas que, outra vez, nos tocará realizar a función de tontos útiles. Non están a salvo nin os que se consideran máis protexidos, pois aqueles traballadores laborais «fixos» poden ser os primeiros en perder o seu emprego coa simple perspectiva de perdas por parte da entidade a que pertence. Na maioría dos casos, as administracións públicas, todas en números vermellos, e co colapso destas caerán logo os seus chiringuitos (empresas públicas, entidades sen ánimo de lucro, fundacións, sindicatos,…) que grazas a «reforma laboral de ZP» poderán ser botados a rúa por un módico prezo de 20 días por ano traballado.
Só nos queda agardar que cando comece o adelgazamento forzado das administracións non queden ocupando os seus postos aquelas persoas máis ineptas e poñan na rúa aos máis traballadores. Si eses nunca entraran, probablemente, a situación actual sería ben diferente.
Señores e vasalos. A Galiza feudal. Aquí. Agora.
Veño de facer un repaso pola Idade Media para comprender un pouco mellor como funciona a Galiza Actual. Pouco cambiou o sistema dende entón. Os señores de agora, os da política, tamén prometen aos seus vasalos -os cidadáns libres, seica- protección económica a cambio da súa fidelidade (sic), dos seus impostos, da súa axuda cando fora precisa. O problema é que agora a cousa non da para todos, nin ningún “señor” ten a forza suficiente par sometelos a todos.
Divida como está a sociedade en seareiros -que non membros en igualdade de condicións- dos partidos políticos, aos únicos que se lles garante protección económica -traballo- e aos que pertencen ao mesmo grupo. Dos demais agárdase que renuncien a todo o que é seu e se vaian da súa terra para sempre. Limpeza étnica? Abofé. Cada vez que alguén se vai de aquí as posibilidades dos señores de perpetuarse no poder aumentan. Son as trampas da democracia: vanse, logo non votan.
Como se mantén a fidelidade dos vasalos: dándolle traballo. O traballo marca o status e, polo tanto, canto máis relevante é o posto de traballo maior será a súa influencia sobre aqueles outros cidadáns que non renden vasalaxe ao poderoso, ben por non someterse a ningunha outra tendencia, ben por facelo a forza perdedora, e obter aínda maior beneficio económico e social.
Un deses postos de traballo nos que se colocan a estes temorosos personaxes son os axentes e técnicos de emprego -e atreveríame a engadir tamén aos orientadores laborais, por tratarse tamén de figuras que, ao meu entender, deberían pertencer a administración pública e non a entidades privadas- aos que, ninguén aínda, responsabiliza das altas taxas de desemprego (con crise e sen ela); mentres tanto,  as empresas internacionais cústalles entrar neste territorio atrasado no tempo, precisamente polo dereito de pernada ao que tratan de sometelos os responsables políticos de quenda: colocar ao inútil do neto, sobriño, cuñado e demais familia, como rezaría unha necrolóxica, a da nosa tera. Si foran tan bos no seu, probablemente -que digo, seguramente-, non precisarían dos lazos políticos e familiares para atopar traballo. Pouco a pouco -pois ocúpanme outros quefaceres-, irei diseccionando a lista de “sucasas” e pescudar quen está detrás de cada e-mail e porqué, como e cando chegou ata aí. Ate agora sei como cheguei eu (pese ao intento do Concelleiro do PP en Castro Caldelas, Antonio González Amaro, Xefe do Servizo de Promoción e Emprego, e a súa administrativa, de colocar a María Jesús Feijóo Fernández quen, para ser unha candidata a postos de subalterno da Xunta de Galicia, acumulaba unha puntuación envexable na convocatoria, da cal, por suposto, desconfío que foi realizada de forma inxusta e a sabendas de que o era. Probablemente esta rapaza traballe hoxendía nalgún chitinguito da Xunta) e pouco máis.
Precisamente grazas á reportación que van facendo outros compañeiros vou coñecendo mellor quen é cada quen nesta profesión. Por suposto, non se pode meter a todos os AEDL no mesmo saco, pero si é certo que hai moito lixo, moito profesional inservible incapaz de rendibilizar nun ano un só día do seu salario.De todos depende facer unha boa limpeza.
Si no post anterior víamos a vergoñenta autocontratación do presidente dunha asociación, ou como se lles envía información a empresas privadas, hoxe voume referir a Ursula de la Barrera e a súa cuñada Sonia García Fiusa, ambas AEDL en FEDACEPE, a Federación Provincial de Asociaciones comarcales de Empresarias, profesionales y emprendedoras de A Coruña, presidida pola avoa da primeira, Angeles de la Iglesia Daviña, quen pese a estar xubilada e non contar con empresa algunha -que deixar a súa familia- preside esta organización empresarial. WTF…!
Noutra entidade ligada ao PP, FUNDEFO, traballa o fillo da Señora De la Iglesia, entidade que, xunto a outras relacionadas con Gerardo Crespo (Azetanet e Gecreri) ven de recibir máis de un millón de euros por parte da Consellaría que dirixe Ana Mato, segundo informa Xornal Galicia.
Acerca da «consulta» aos AEDL de Galicia
Os datos obxectivos da consulta foron os seguintes: 734 destinatarios; 82 correos rexeitados; 6 respostas automáticas, 5 delas indicando que o destinatario estaba de vacacións; e seis respostas á pregunta realizada. A partir de aquí todo é subxectivo, e poderá ser compartido ou non polo difuso colectivo de Axentes e Técnicos de Emprego.
A maioría dos e-correos rexeitados foron da Deputación de A Coruña (coa seguinte estrutura de enderezo: idaxente@nomeconcello.deputacionacoruna.es), 27 en total,  e de CCOO (idaxente@galicia-ccoo.es), 16 deles, por causas que descoñezo.
O acollemento da “consulta”
Unha das escusas máis concorridas para xustificar a “non resposta” a esta consulta foi que non me identificaba (?) Alguén o entende? Asinaba o e-correo con nome e apelidos, ese nome e apelidos estaba vencellado a unha páxina web (esta) e o dominio do enderezo de correo dende o que enviei a “pregunta” era @moendo.net. Podía existir algún tipo de dúbida sobre a autoría do emisor? Penso que non pero, si así fose, é obriga do axente pedir máis datos si os necesita. Que outros datos podían necesitar para responder ao que se lle pregunta? DNI, enderezo, CCC, tarxeta de crédito,…? Non, creo que se podía responder perfectamente sen estes datos. Ou, tal vez se refiran a estes outros? Sector profesional, situación laboral, finalidade, zona xeográfica,…? Tal vez, pero para iso contan co meu enderezo electrónico, para solicitarme cantos datos precisasen. Iso é o que fixeron cinco das seis persoas das 652 que recibiron a mensaxe.
É falso afirmar que esas 652 persoas non responderon estando no seu posto de traballo. Certo, moitas, ao estar en tempada estival, atoparíanse de vacacións, algunhas de baixa, e outras terían o día libre, como xa indico no primeiro artigo. Falsearía a realidade se indagase sobre datos que descoñezo. Aínda así, o número de respostas é desolador, máxime si temos en conta que unha delas, a da UPD Coordina Local foi para dicir que eles só están para informar aos axentes (deberían ler con detención a orde que regula as funcións dunha UPD).
Esta consulta resultou ser toda unha caixa de sorpresas: a  primeira o resultado da mesma; a segunda a reacción das persoas directamente implicadas: os axentes. Polo xeral foi ben acollida, e dígoo polos comentarios que leo nas mensaxes recibidas a posteriori da publicación da mesma (isto evidentemente quedará suxeito a credibilidade que cada un de vos teña no que digo, o que non vou facer é publicar ditas mensaxes, posto que quen quere facelos públicos conta xa con este foro -onde eu, por suposto, tamén son libre de aceptar ou non certos comentarios,… pero xa vistes que deixei a  man totalmente aberta-), como ben sinalaba un deles, máis números que trala crítica que logo da consulta. Prima a reactividade sobre a proactividade.
Outra das queixas foi a brevidade do prazo de resposta, unha xornada de traballo, 24 horas. Paréceme incrible que se poida crear unha empresa (SLNE) en 24 horas e un axente non poida responder a unha pregunta tan sinxela no mesmo prazo, cando para realizar tal cometido non se precisa máis que facer “clic” no botón “responder” e dicir o que se supón que xa sabes e, si queres ser preciso buscar a orden en Google e axuntala.
Tampouco me parece crible a carga de traballo que moitos alegades, pois o ritmo de creación de empresas é o máis baixo en anos e nunca houbo queixas do “colectivo” nese senso (no ano 2009 Galiza perdeu máis de 3000 empresas). Esa carga de traballo é irreal pois, evidentemente, nos casos que existe débese a realizar funcións que non lle corresponden ao axente.
Suponse que cando un Concello, universidade, asociación, fundación, deputación, mancomunidade, sindicato, cámara de comercio,… solicitan ter un AEDL é porque os seus obxectivos coinciden coas funcións que se lle asignan aos Axentes e Técnicos de Emprego (ver páxina 14 do Manual de Acollida para AEDL), e solicitan a axuda para realizar esas funcións, non para ter un empregado pagado con fondos públicos realizando tarefas que nada teñen que ver coas establecidas na convocatoria. Isto é un fraude ao traballador pero, sobre todo, é un fraude a toda sociedade, tan necesitada de emprego.
Nun caso, unha asociación de mulleres, dinme que non responderon a miña pregunta porque o meu nome se correspondía ao dun home e que ese colectivo está para atender outras necesidades, as das mulleres. Non repararon que detrás de quen fai esa pregunta podería estar un emprendedor ou empresario que pretendese realizar a contratación dunha muller -non?-, entre moitas outras explicacións posibles. E como si unha Asociación de Persoas con Discapacidade lle esixise aos empresarios un grao de minusvalía igual ou superior ao 33% para poder contratar.
Faltaba información? Por suposto, e dada a variedade do colectivo ao que me dirixín a información que faltaba era tamén moi variada, como xa vimos, pero non debemos esquecer que coas ferramentas das que dispomos, especialmente o correo electrónico, si existe vontade, é doado completala con tan só solicitala. Iso non sucedeu. Ao revés, a maioría lanzáronse a realizar buscas sobre a miña persoa en internet, como demostra o Analizador de Google respecto as entradas a moendo.net (xa o veredes máis adiante). Tan importante é a quen se lle responde? Tanto vos custa compartir uns coñecementos que todos, cos nosos impostos, pagamos? Alguén vos prohibe informar a determinados usuarios?
Máis sorpresas: leo un e-mail dun empresario, que está de vacacións e, aínda así, contesta ao meu correo. Non entende como alguén dende o seu posto de traballo non responde a súa correspondencia cando el, cada día, incluso en vacacións, responde centos de correos, aínda que só sexa para dicir “grazas”. Tamén me responde un Axente de Emprego e vello amigo, Jorge Pumar, AEDL do Concello de Coles, que estaba de vacacións, iso si, para pedirme que eu colla unhas vacacións. Pero si levo 8 meses!
Soamente había que contestar e iso non require máis de 30 segundos na xornada dun Axente de Emprego. Non creo que, como aquel empresario, reciban centos de mensaxes diarias. Amais, as novas tecnoloxías, un elemento básico na comunicación entre axentes, emprendedores e recursos, facilitan esta tarefa; quen prescinde delas non debe ocupar o cargo de AEDL.
Outra das críticas que se fixo dese artigo é que as miñas conclusións eran precipitadas ao basearse nunha única mostra. Non é certo. É unha de tantas. Quizais esta se dirixía a un maior número de persoas o que, persoalmente, creo que lle confire máis credibilidade. Noutros casos dirixinme de xeito individual a diferentes axentes de distintas institucións ourensás: CIE de Ourense, CEO, UPTA Ourense, CIMO,… As súas aportacións foron nulas deica agora.
Especialmente ferinte resulta a “non resposta” de UPTA Ourense, con cuxa axente me disputei a principios de ano ese posto. Naquel momento sorprendeume que fose ela a persoa seleccionada pois, logo de presentarse a entrevista sen o CV, como se solicitaba, ao volver para traerllo ao entrevistador, Lisardo Domínguez, Presidente de UPTA Galicia, e logo de ter realizado a entrevista, pregúntanos aos que aínda agardábamos que “é iso dun Axente de Emprego”. Non tiña experiencia no posto, como si tiñamos outros nin, seguro, formación específica para o posto. Probablemente demostrou e probou a Lisardo que tiña as cualidades do perfil de persoa que buscaba: un comercial para facer socios para a asociación; e ambición persoal (pois a base de comisión -30 € por socio- podería máis que duplicar o salario que ofrecían -1200 €-). Máis tarde pasei polas que, supostamente, son as oficinas de UPTA en Ourense e estaban cerradas, así que acerqueime a empresa de Lisardo, que está xusto enfronte, e alí estaba esta axente de emprego: lucindo no despacho dunha empresa privada. É lamentable que certas persoas se presten a estes xogos sucios. Por suposto, as consultas dos socios e emprendedores quedan desatendidas.
A miña experiencia como Técnico de Emprego tamén me serve para chegar as conclusións que realizo, pois serviume para coñecer de preto a necesidade que teñen os axentes de información, neste caso ourensáns,  ao ser este o ámbito xeográfico no que nos movíamos, xa que era asesor xurídico da UPD Integrou; cada día enviabamos alertas e logo unha publicación semanal recollendo todas as novas da semana. Moi ben debía estar realizado todo ou despertaba moi pouco interese, porque en seis meses tan só recibín dúas consultas de axentes de emprego, ambas de dúas asociacións e, de vez en cando, unha mensaxe de agradecemento dunha axente da CEO. Triste bagaxe.
Conclusións de Manual
Descoñezo cantos axentes tiveron a ben ler os manuais de BIC Galicia para AEDL Non o vou transcribir por completo, soamente algunhas das recomendacións que están relacionadas coas miñas conclusións, as que fan referencia ao Capítulo 3 do Manual de acollida, especialmente habilidades de comunicación e actitudes.
Amais das habilidades en novas tecnoloxías, moi deficientes polo que se viu, dentro das habilidades de comunicación o manual di que o AEDL debe transmitir rigor e confianza para que o usuario facilite a información requirida sobre a súa situación laboral. Isto implica que o usuario, de partida non ten porque dar toda a información, senón que é tarefa do AEDL buscar e gañar esa información. Non considero que non responder sexa unha técnica para lograr esa confianza.
Ao referirse as actitudes o manual sinala que o AEDL debe orientarse ao usuario, e non ao revés, para satisfacer as súas expectativas. Sobra sinalar a miña decepción -cousa que algúns confunden con frustración-. Fala o manual de empatía, de saber escoitar as formulacións do usuario. A maioría fixeron oídos xordos -quizais dicir “ollos cegos” fose máis exacto-. Cumpre ser asertivos e, polo tanto, abrir canles de comunicación. Ignorar ao usuario supón todo o contrario o cal pode dar lugar logo a malentendidos. Para saber máis sobre asertividade déixovos unha ligazón cara un mestre no tema: Bob Esponxa. Un bo AEDL debe ser respectuoso polos compromisos e obrigas adquiridos e non prexulgar nunca ao usuario entre outras actitudes que, como puido comprobarse nesta consulta, non se viron.
A UPD Coordina Local II
Non acabo de entender a mensaxe da UPD Coordina Local aos Axentes e Técnicos de Emprego. Porque negar a miña vinculación e a da “consulta” cando eu non afirmo ter relación algunha con eles? Explico aos diferentes destinatarios de onde saen os seus enderezos de correo, dunha mensaxe enviada por esta UPD, mensaxe que, por certo, viola a Lei de Protección de Datos (pero iso é outro problema, o seu), para que ninguén crese que o que infrinxe a lexislación son eu. Así, si alguén quere realizar unha demanda xa sabe a quen dirixirse.
Non entendo que problema lle pode supor a UPD Coordina Local que un ex-Técnico de Emprego manteña canles de comunicación abertas con outros Axentes e Técnicos de Emprego. Ou si. O que non queren é que os Axentes é Técnicos de Emprego se relacionen entre si fora da súa área de control. Non queren unha comunicación horizontal e libre senón unha comunicación xerárquica e dirixida dende o máis alto. Noutras palabras, queren que cada axente siga illado na cadeira da súa entidade, desconectado doutros, para que nunca xurda o “colectivo” nin a defensa do mesmo.
Non entendo, pola mesma razón, porque deberían aconsellarlle a un técnico que filtre as miñas mensaxes utilizando a utilidade de “correo non desexado”. Quen son eles para decidir por unha persoa adulta e libre que correo desexa ou non desexa recibir? Atreveríame a pedir o cese inmediato do Director da UPD Coordina Local II, Ángel Sucasas Peón, si non fose porque son consciente de que as irresponsabilidades no mundo en que este suxeito se move non ten prezo. E máis, a sensación que se percibe, é a contraria, aprécianse e prémianse.
Persoalmente, a UPD Coordina Local, como moitas outras, paréceme un chiringuito de carácter temporal -polo seu prazo de duración, dous anos-, a diferencia de outros, que se crean con carácter indefinido. A súa única e verdadeira función é o pago de favores electorais.
Como é posible que se confíe a coordinación de todos os Axentes e Técnicos de Emprego de Galiza a un ente de carácter temporal, cando parte, desgraciadamente unha minoría, dos Axentes e Técnicos de Emprego son persoal fixo? Sen dúbida foi unha brillante idea das mentes bipartitas que a nova Xunta non soubo emendar.
A inexistencia de colectivo
Reivindicar logo de suplicar e moi complicado e moitos dos profesionais dos que falo chegaron aos seus postos axeonllados. Esa é unha das principais barreiras cara a reivindicación da figura do AEDL e a súa adscrición as tarefas encomendadas. Moitos están condenados de por vida pola súa vinculación política.
A Rede de Técnicos de Emprego de Galicia e, ao meu entender, o ente perfecto para a coordinación e supervisión dos Axentes e Técnicos de Emprego de Galiza. Non son necesarios entes intermedios que, pola súa natureza, pasan a metade do tempo montando o chiringuito (selección, distribución de roles, páxina web, …) e a outra metade desmontando (volver a buscar emprego), xusto no intre en que todo estaba disposto para o seu funcionamento.
A interferencia da UPD Coordina Local II -e outras, que aparecen e desaparecen- serve para crear máis confusión na xa de por si heteroxénea natureza dos Axentes de Emprego, amplificando a indefinición das súas tarefas e complicando ao demandante dos seus servizos a elección do ente axeitado.
O meu estudo, considerado un ataque por aqueles que se senten acomodados na poltrona, sen facer nada e embolsando a súa nómina cada mes, sen que ninguén lles esixa resultados, algo que habitualmente se esixe a todo traballador, e que no desempeño desta profesión implica a creación de postos de traballo, si foi ben recibida por aqueles máis comprometidos coa creación de empresas e, por engadido, emprego. A eles -e aos que agardan nas listas do INEM- dirixo e confío a creación dunha Asociación de Axentes e Técnicos de Emprego, que dignifique, potencie e dea visibilidade ao colectivo, garanta a limpeza dos procesos selectivos, formando parte dos mesmos, e contribúa a definir as funcións dos AEDL rematando cos abusos das diferentes entidades.
Os problemas que afectan ao colectivo
Leo no manual ao que antes me refería que unha das eivas dos Axentes e Técnicos de Emprego (páxina 16) é o descoñecemento por parte das entidades para as que traballan, de cal é a súa labor. Este manual recoñece a existencia de extra-limitacións nas funcións dos AEDL e a asunción de tarefas que lle son alleas, sen embargo, Coordina Local II, non o censurou, ao revés, distribuíunos nas súas “espectaculares” -ao igual que inútiles- presentacións pola xeografía galega.
Coordina Local II é un problema. Non aporta nada extra, nada diferenciado ás outras UPD de carácter provincial (apoio, formación e información) ou comarcal. Asume de motu proio funcións que lle foron conferidas a outros facendo que os AEDL reciban cada día información solapada. Non cobre unha necesidade ou baldío existente, adoptando, respecto a outras UPD, unha posición hitleriana na procura de espazo vital.
Sen unidade non haberá estabilidade para o colectivo, perdurará a temporalidade e precariedade de moitos axentes e técnicos, onde moitas entidades pagan ao persoal contratado baixo estas subvencións o que lle ven en gana, triplicando o salario algúns axentes respecto a outros. Claro, isto a quen máis cobra non lle preocupa. Por exemplo, aos profesionais de Coordina Local, dos mellor pagados do Reino de Galiza, estas cousas tráenlle sen coidado.
Dilapídanse fondos en moitas UPD, como a do exemplo, e non se inviste en medios materiais para realizar a cabo as tarefas que corresponden, as que de verdade lle corresponden, aos AEDL, especialmente no que se refire as novas tecnoloxías. Probablemente algúns dos que non responderon a miña consulta foi porque non se atopaban xunto a un ordenador con conexión a rede, algo moi habitual no rural, máis si se atopa fora da oficina. Iso, cando non se da a circunstancia de ter que compartir con outra persoa mesa e PC, outra irregularidade moi común. Un portátil e unha conexión móbil son unha ferramenta indispensábel para realizar a función de Axente e Técnico de Desenvolvemento Local.
A soidade na que se atopa o Axente e Técnico de Emprego en moitas entidades afecta de xeito especial a súa autonomía. Depende, para realizar a súa labor, como vimos antes, dunha persoa que non entende a súa función, e que vai impedirlle realizar eficazmente a súa labor, ao non estar esta centrada entre catro paredes, senón aos territorios e sectores encomendados. Alguén que descoñece estas tarefas non pode impedir a flexibilidade horaria e mobilidade territorial necesarias, polo cal debe ser un ente superior, por exemplo a Rede de Técnicos de Galicia, quen debe autorizar esas saídas. Ou mellor, esixilas.
PDF
Prima a reactividade sobre a proactividade.
Máis datos sobre a «consulta» aos Axentes é Técnicos de Emprego de Galicia
A partir das 00.00 horas do vindeiro luns, 16 de agosto publicarei un post analizando máis a fondo o resultado desta «consulta«. O  post tratará de:
- O acollemento que isto tivo entre os axentes de emprego (aínda que tres persoas se ciscaron nos comentarios do artigo, en privado as críticas foron máis ben positivas).
- As intencións que se agochan detrás da resposta inquisidora da UPD Coordina Local II pedindo ignorar as críticas e censurar a información dos meus e-mails.
- A inexistencia dun colectivo forte entre técnicos e axentes de emprego, capaz de facer fronte aos bandazos políticos, que deixan espidos a moitos dos traballadores do sector (ao lograr o seu posto, precisamente por razóns políticas).
- A temporalidade, a precariedade, as diferencias salariais, o frraude de lei na contratación, a desviación de fondos públicos e moitas outras irregularidades as que se prestan institucións e persoal contratado.
Que ten que dicir a UPD Coordina Local a todo isto?
Logo do post de onte, onde a meirande parte dos Axentes e Técnicos de Emprego de Galiza non saen moi ben parados, a resposta da UPD  Cooordina Local II, e que lle está a remitir a tódolos Axentes e Técnicos de Emprego a modo de consigna, é a seguinte:
Bos días a tod@s,
Ante as consultas relacionadas co correo remitido por Xosé Antón Vázquez Dorrío, comentarvos que:
1. A UPD Coordina Local non ten nada que ver co envío do mail nin comparte o seu contido. Desde esta UPD, creada para a coordinación e apoio aos axentes de promoción económica espallados por Galicia, somos conscientes da importancia do papel destes axentes, que teñen máis que xustificada a súa existencia polos anos de experiencia e o desenvolvemento local das zonas nas que traballan, e que son, en palabras do propio Director Xeral de Promoción do Emprego, Andrés Hermida Trastoy, «A Rede de Técnicos de Emprego de Galicia: un dos principais instrumentos impulsados pola Xunta de Galicia para apoiar a constitución de empresas que contribúan á xeración de novos postos de traballo».
2. Desde a UPD recomendámosvos que non respondades ao correo de Xosé Antón Vázquez Dorrío para evitar darlle importancia a esta persoa que, estamos seguros, é o único que pretende.
3. Se non queredes recibir máis mensaxes desta persoa, podedes identificar a súa dirección como correo non desexado.
Recibide un cordial saúdo,
Equipo UPD Coordina Local II • BIC Galicia Edificio FEUGA Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n Campus Universitario Sur
15705 – Santiago de Compostela
Tfno. 981 52 30 54
Fax: 981 52 22 92
Fijate! Despois de máis de catro anos na rede, dende antes de que existise a UPD Coordina Local nas mentes bipartitas, para afundir a Rede de Técnicos de Galicia e crear este chiringito, e de ter presencia nas redes sociais máis inflintes, resulta que, segundo os responsables desta UPD, non son máis que alguén buscando protagonismo. Que repasen os post deste blog e xa verán…
Isto dinnos os responsables dunha UPD que leva meses funcionando, con presentacións espectaculares polo país, e ofertando uns servivios que non dan, por exemplo a páxina web da que falaron na súa presentación en Ourense (na CEO): www.coordinalocal.org, onde está? Clicade e sairávos a vella páxina). A súa aportación límita a mandar unhas cantas publicacións de boletíns e uns poucos eventos,… seguramente para encherlle o foro a algún responsable político. Triste aportación a economía deste país.
A que andan os Axentes e Técnicos de Emprego?
No día de onte xurdiu un debate no grupo sobre a eficacia dos traballadores, diferenciando entre o ámbito público e o privado. Claro, aquí sempre saen malparados os funcionarios, na sala non había ningún  . Logo pola tarde ocorreuse este experimento que lle explico, logo de realizalo, aos seus destinatarios nesta carta:
“Unha vez máis, grazas a Patane (Ugacota), Mabel (Cámara Vigo), Isabel (ACODE Silleda) AEDL Concello de Cambre (non asina con nome), AEDL Concello de Caldas de Reis e UPD Coordina Local e (tampouco asinan cun nome). Fostes 6 as persoas que responderon a miña mensaxe dunha lista de máis de 730 persoas ás que a UPD Coordina Local nos mandou un e-mail o 4 de xuño sobre BIOTRAINING. Parabéns por estar ao voso traballo!
Certo que moitos de vos estaredes de vacacións (só 5 persoas deixaron o seu correo configurado para indicar esta situación nunha resposta automática), outros teriades o día libre, baixa por enfermidade, contrato rematado (foron varios os e-mails que viñeron de volta o cal indica que esa lista non está moi actualizada), outros, os que máis, realizando tarefas que nada teñen que ver coa finalidade para a que fostes contratados; máis, aínda así, a proporción entre “supostos” axentes aos que a UPD coordina Local se dirixe e os que finalmente responderon -só 6!- é preocupante, por usar un termo pouco ferinte. Son consciente que nesta lista non están tódolos axentes que son nin son (eu mesmo) todos os que están.
A pregunta era sinxela e ampla, para que dese posibilidade de moitas respostas, a interpelar ao demandante de información para que fose máis concreto, etc. Dicía:
Alguén coñece como afectarán os recortes anunciados polo goberno as políticas laborais, promoción do emprego, creación de empresas,…? Estanse atrasando a publicación de axudas dende a Consellería de Traballo e Benestar respecto a outros anos, ou segue o mesmo curso que os exercicios anteriores? Grazas!
A resposta era moi complexa, xa dixen; a que buscaba era a seguinte:
Orde do 10 de marzo de 2010 pola que se establecen as bases que regulan para o exercicio do ano 2010, as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro e se procede á convocatoria para o ano 2010.
Modificada por esta outra:
Orde do 4 de xuño de 2010 pola que se fai pública a minoración do importe existente para a concesión das axudas e subvencións para o fomento do emprego, convocadas pola Orde do 10 de marzo de 2010, pola que se establecen as bases que regulan, para o exercicio do ano 2010, as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2010.
Este mesmo día, dog 14 de xuño producíronse outras modificación, pero esta era una delas e afecta especialmente aos axentes de emprego, co cal esperaba que estivésedes máis atentos polas novas que afectan ao voso colectivo.
Non traballo dende o 23 de decembro de 2009 en que finalizou a UPD Integrou-ASPANAS, máis sego atento a actualidade, incluso a publico nun blog (http://upede.blogspot.com/) porque o considero básico para acceder a un emprego de técnico ou axente de emprego. Moitos de vos, aínda traballando estas cousas impórtanvos “0”. Non valorades ter un traballo nin vos preocupa que outros non o teñan. Iso, salvo excepcións quedoume probado. A Moitos de vós só vos preocupaba saber quen era “xosé antón vázquez dorrío” , “moendo”, “moendo.net”, “sempre moendo”, … e, para verificalo, recorrestes a google, que vos levou ate o meu blog. Non facía falla, estaba vencellado na imaxe (o nome) de máis abaixo. Cun só ‘clic’ era suficiente.
Todo isto non responde a un xogo de alguén que se aburre ao non ter traballo, senón que é un experimento para aportar ao  traballo final do Máster de Axente de Emprego que estou realizando, aquela na que falo da eficacia dos Axentes de Emprego para solventar as dúbidas e problemas que xurdan a empresas, emprendedores e traballadores empregados e desempregados.
Non me alongo máis, resultaría aburrido e moitos de vos nin sequera o leriades só con ver a extensión da mensaxe. Serei máis extenso no meu blog e, sobre todo, no meu traballo final.
Saúdos!»
Nesta lista, unha das entidades que conta con máis representantes é a CEO (Confederación empresarial de Ourense), con ate 11 persoas. Ningunha respondeu e sei que non están todas de vacación porque é nesta entidade onde estou realizando un curso. Estarán revisando Curriculums Vitae, tamén o meu, mais,… imaxino que ao estar en galego irá directamente ao lixo. Tamén lles presentara un proxecto de empresa fai un mes, tamén en galego, e tampouco teño resposta algunha. Sei que na CEO se discrimina ao galego, sei de traballadores -da propia entidade- aos que se lle esixiu un Curriculum en castelán. Logo, iso si, os empresarios socios da entidade presumen de galeguistas abrazados a Baltar.
Con exemplos coma este non será doado desprenderse da fama de “enchufados” e “persoal contratado a dedo” que teñen os axentes de emprego. Iso é unha realidade manifesta. A primeira vez que lle comentei a alguén que era Técnico de Emprego, preguntóume: quen te colocou? A min ninguén, querían colocar a outra persoas, iso si. Os datos deste experimento reflicten que a estes profesionais o seu traballo non lles importa o máis mínimo, nin, seguro, son as persoas máis adecuadas para realizalo. E claro, si no contexto de crise no que os atopamos, os axentes potenciadores da actividade económica andan a rañala, que nos queda aos demais?
Concurso de verán 2010
presidente bombeiro
Lembran a imaxe da dereita. Que tempos aqueles … en que o Presidente da oposición, Alberte Núñez Feixóo arrimaba o seu ombreiro para arranxar os problemas que padecíamos tódolos galegos. Daquelas -verán do 2006- sufríamos unha vaga de lumes incontrolados e o Sr. Feixóo non dubidou, iso si, vestido para a ocasión (a gracia é de escolar, a foto tamén) en colaborar do mesmo xeito que o fixemos milleiros de galegos: cun sacho, cun pestoiro de xestas, co batelume, coa auga das nosas piscinas,… co que fora. Había que rematar con aquela longa noite de san xoan coa que xa se adiviñaba Galiza dende as estrelas. Por iso, dende  mOendo do Revés, que amais de revirado, tamén temos un punto  gracioso, quero propor un concurso para este verán, co ánimo de amosar a nosa clase política ate onde a xente de a pé estamos dispostos a deixalo todo para botarlle unha man a un veciño que o está pasando mal pola ameaza do lume.
Bases do concurso:
Para participar no concurso só teredes que enviar unha foto vosa apagando nun lume, iso si, preparados para ocasión. Por exemplo, que vas bailar a muiñeira na festa do teu pobo, pois nada, colle un batelume e a apagar co traxe tradicional galego; que vas de voda e, por riba es a noiva,… nin o penses, non terás mellor foto para o recordo que esa, ti e un mangado de xestas mallando no lume;… por suposto, obedecede sempre as consignas da persoa que estea ao mando. Si alguén as saltou, quedará descalificado.
As fotos deberedes mandalas á caixa de correo que se agocha detrás do sobre que aparece na cabeceira deste blog, identificando as persoas que aparecen nela, que non teñen porque ser os que envíen a foto. Imaxinade (cumpre ter moita imaxinación así que si non é o voso caso podedes saltarvos estas liñas) que vos atopades a Pachi Vázquez abrindo cortalumes cun buldocer prestado polo goberno central, esa foto vale -e moito, son escasos eses aparellos por aquí-; ou a Francisco Rodríguez prendendo lume a un monte de eucaliptos,… pois non, esta non valería (os contralumes só pode realizalos unha persoa especializada). Ten que ser fotos de xente colaborando na solución dun problema colectivo, non que ande a crealos.
As fotos irémolas publicando a medida que as vaiades achegando. O día límite para o envío será o 14 de setembro (festas en A Sainza). Podedes engadir os comentarios que vos pareza e, dende logo, os dereitos das mesmas pertencerán as persoas que as envíen (sendo responsabilidade súa a non autoría).
Premio:
O premio será para a persoa autora da foto que máis votos reciba nunha enquisa que se realizará entre o 15 de setembro e o 30 de setembro.  E cal é o premio? Esta estupenda mangueira de rego de goma de ate 50 metros de lonxitude!  Con esta si, poderás logo realizala foto da túa vida.
mangueira de rego
Imaxina
Imaxina que esta persoa non es ti; son, probablemente, todas menos ti.
Imaxina que esta persoa pertence a un país no que, para sobrevivir, é obrigado ser así. Non quere, mais é así. Sométese. Non se rebela. É o normal. Facer o contrario está fora de lugar.
Imaxina unha persoa bipolar: extremadamente asertiva co poderoso, condescende, covarde e apoucada; ao mesmo tempo que é arisca, estrita, valente e altiva con quen non exerce poder algún. Imaxina os ollos desta persoa mirando a aquela a que lle usurpou o posto de traballo. Ou peor, imaxínaa con poder de disposición sobre aquela outra.
Agora imaxina un país. Un pais que renuncie a intelixencia grupal, ao talento dos seus individuos, para que copen postos de responsabilidade persoas cuxo único mérito é a pertenza a un grupo político, étnico, oligárquico, familiar ou de amizade. Imaxina un país, libre, no que as persoas aquí formadas, marchan cada día sen menor resistencia.
Imaxina un país con empresas que falan de reter o talento, empresas que logo acaban contratando as persoas recomendadas. Imaxina que as institucións dese país, as mesmas institucións que financian a súa formación -e que tamén falan de reter ás persoas que forma-, log só ten cabida nos seus órganos para persoas enchufadas.
Imaxina o atraso económico que debe sufrir ese país, o mesmo que avanzo  aqueles que os reciben. Pensa quen en sae perdendo: os que se van e os que se quedan.
Isto é Galiza, amigos, unha desmeritocracia, unha cacicocracia, non é maxín.
As palabras clave para atopar mOendo.net
Un total de 2.327 visitantes chegaron a mOendo.net a través dos buscadores. O máis utilizado deles foi Google, empregando 951 palabras ou conxunto de palabras para chegar ate aquí.
Top 20 das palabras máis empregadas:
Palabra ou expresión
Número Visitas
Páxinas por Visita
Tempo de estadía
%  Novas Visitas
1.
moendo
271
3.05
00:04:27
30.26%
2.
moendo.net
252
3.03
00:05:25
35.71%
3.
moendo do reves
131
2.34
00:03:28
30.53%
4.
xose dorrio moendo
79
2.04
00:01:56
0.00%
5.
seaga
72
1.46
00:01:06
87.50%
6.
«caciquintanismo»
44
2.34
00:01:44
4.55%
7.
xose anton vazquez dorrio  blogs
30
2.57
00:04:17
0.00%
8.
desconcertante oferta de  emprego
28
2.43
00:06:49
3.57%
9.
«nuria bueno aizpuru»
25
1.28
00:01:52
4.00%
10.
gavilanes xunqueira de  ambía patrimonio
24
1.25
00:00:29
4.17%
11.
www.moendo.net
21
4.67
00:08:07
42.86%
12.
nuria bueno aizpuru
20
2.35
00:04:15
40.00%
13.
unha desconcertante  oferta de emprego
18
4.50
00:12:11
0.00%
14.
«roi xordo» blog
15
1.07
00:01:39
6.67%
15.
os asustavellos
15
2.13
00:02:14
40.00%
16.
anton losada
14
1.14
00:00:28
85.71%
17.
upd integrou
14
2.14
00:08:41
14.29%
18.
xosse dorrio
13
2.38
00:06:49
46.15%
19.
«desconcertante oferta de  emprego»
12
2.42
00:12:47
0.00%
20.
angelina gomez rueda
12
2.67
00:03:04
83.33%
Galiza e o Índice de Distancia ao Poder
Neste post: “Outliers e o Índice de Distancia ao Poder”, Francisco Alcaide, facendo referencia ao libro ‘Foras de Serie’ (Outliers) fai fincapé nun dos parámetros que fan que unha persoa, unha organización ou mesmo unha sociedade, acaden o éxito. Tanto o autor do libro como o deste artigo coinciden en que existe unha relación directa entre o fracaso dunha misión e o Índice de Distancia ao Poder (IDP).
Para Geert Hofstede, «a distancia ao poder está relacionada coas actitudes cara a xerarquía, en concreto, con canto valora e respecta a autoridade unha cultura en particular”.
Penso que Galiza debe o seu atraso social e económico, en boa parte, ao elevado IDP. O noso IDP é elevando xa que nesta terra abundan os silencios e a escuridade nas comunicacións, facendo que a maior parte da nosa sociedade saiba das cousas que lle son do seu interese demasiado tarde, deixando sen marxe de manobra ao interesado. Existe medo a dicir as cousas claramente, existe temor a autoridade (xa sexa esta un empresario, un responsable político, …).
Contar con empregados que ten medo a dicir o que pensan ao seu xefe, especialmente cando está en desacordo, contar con veciños que ten o mesmo temor a trasladar as súas queixas e ideas a persoa que goberna o seu concello -ou calquera outra administración- supón un freo ao avance da nosa sociedade en tódalas súas vertentes (económica, social, cultural,…).
Si, como salienta Hofstede, nos países cun baixo IDP os responsables políticos case se ‘avergoñan’ do seu poder, renunciando a símbolos formais (andar en transporte público no lugar de coche oficial, por exemplo), aquí é algo que cada día che botan na cara. Non vou falar de audis, mais sería un bo exemplo, senón do que se lle dá en chamar publicidade institucional, a través da cal o goberno de quenda di todas esas cousas que fai por nós, cos nosos cartos, e polas cales lle debemos gratitude. Iso si, eles tampouco o fan de balde.
Nun país cun baixo IDP aos políticos caeríalles a cara de vergoña si tivesen que facer esta clase de campañas publicitarias, aquí, nembargantes, soportámolas a diario. Non hai moito, no III Encontro de Emprendedores Eduardo Barreiros, mentres Paco Vázquez, Alcalde de Ourense, piropeaba a José Luís Outeiriño, editor do xornal da cidade, unha moza -destas que aparecen nos actos de inauguración e clausura, non das que seguen o encontro integramente- que estaba sentada ao meu lado dicía sen disimulo, para que a oísen os que estaban diante: ‘Que joven está Paco, verdad?’  Por riba de todo a verdade.
Outro exemplo: ate non fai moito estiven traballando nunha asociación sen ánimo de lucro, ASPANAS, onde unha compañeira me recomendou que piropease a xefa, pois “encántalle ser alagada”. Confeso que non o fixen e probablemente esa sexa a razón de que non siga nesa entidade. Tamén digo que non me gustaría traballar nun entorno no que tivese que estar calado, silenciar o meu pensamento. Por iso me aledo de non seguir nesa entidade, a que nunca volverei, por varias razóns:
1.- Por non terme valorado como profesional.
2.- Por non ter tido en conta as miñas innovacións
3.- Porque non comparto os seus métodos (si os seus fins) caciquís.
4.- Porque, enlazando coa número 3, se despreza o talento e se sobrevaloran as relacións de amizade.
5.- Por non respectarme como persoa (dende o primeiro momento: así cheguei a entidade).
E, por último, porque existe dentro desta entidade un elevado IDP que fará, que máis tarde ou máis cedo xurdan problemas, ate agora evitados e silenciados grazas, precisamente, ao elevado IDP que moitos, eu incluído, profesamos a entidade, que non polas persoas que a dirixen.
Son dous exemplos illados pero que cada día se viven en cada empresa, en cada administración de Galiza. Somos unha sociedade totalmente sometida ao que ten máis poder. Falta algo de rebeldía. Ou mellor, cumpre non perseguir ao rebelde. Quizais con isto fose suficiente.
Unha liorta de garfos e coitelos sen aguzar
Non se trata de que chegue o sangue ao río, non, senón de repartir a torta das administracións públicas. Non se debaten ideas, por exemplo, como crear máis emprego nas vilas e cidades, non, o que se descute son as posicións que ocuparán cada persoa nas listas a presentar. Non hai proxectos por riba da mesa para logo decidir a persoa máis axeitada para levalos a cabo, decídese primeiro a persoa e logo, alá ela! cos proxectos con que se comprometa… total, para os que vai cumplir!
Submisas e submisos por fora, rabiando por dentro
Así se refire Eduardo Punset as mulleres que, fai apenas uns anos, “se entregaban vestidas de negro, submisas por fora e rabiando por dentro”, en contra das xentes de agora que “saen armadas contra a desesperanza” da vellez. Todas? Todos?
Non todas. Non todos. Vivimos nunha sociedade onde moitas persoas seguen gardando a súa rabia. Ao abeiro das organizacións empresariais e, sobre todo, políticas, cegadas polo “seu atractivo mental e individual”, o cal lles impide ver que “as barreiras de entrada son practicamente infranqueables e onde a competencia e, por tanto, a innovación non son posibles”, non son benvidas,… ao abeiro destas organizacións, dicía, amontoase gran cantidade de xente submisa. Creen os que controlan estas organizacións que ese sometemento será perpetuo? Como se xustifica o dominio dunhas elites políticas sobre a masa social?
A maioría dos partidos políticos que coñezo seguen a tendencia contraria das empresas con máis éxito: aquelas onde se aplican practicas de responsabilidade social e corporativa, aquelas onde se busca, retén e premia o talento (employer branding), aquelas que acadan os seus obxectivos grazas ao esforzo da totalidade do equipo, un equipo de primeiro nivel, un equipo de persoas que cren no que fan (compromiso) e ten a capacidade para facelo (talento). O éxito está na combinación de ambas; pero sobre todo, na existencia de equipo.
“O que conta é o conxunto e non as partes independentes. Si as partes dun sistema funcionan perfectamente, pero non o sistema xeral, temos un problema” [José Máría Gasalla (2000)]. Agora que, si as partes do sistema non funcionan, nuns casos por falta de talento, noutros de compromiso, o que temos son moitos problemas.
Catro anos bloggeando
No día de hoxe cúmprense catro anos dende que abrín a miña primeira bitácora. O que me animou foi o premio dun concurso que organizaba Terra Networks polo Mundial de fútbol 2006 pois, segundo as normas do concurso o gañador pasaría a «formar parte da plantilla de blogueiros de Terra». O gañador do concurso sería o blogger que maior número de visitas tivese as 00.00 horas do día 9 de xullo de 2006, de xeito que se trataba máis dun concurso de posicionamento na rede que de coñecementos futbolísticos; así, quen conseguise utilizar mellor as técnicas de posicionamento tiña todas as vantaxes para gañar… e ese fun eu.
Aquel primeiro post sóamente buscaba ser visto polos buscadores. O que se ve agora non é o orixinal, foi modificado unha vez o blog foi indexado.
Estar ben posicionado require moito esforzo, cumpre entrar a outros blogs e webs a deixar comentarios e, por suposto, o enderezo do blog que queres posicionar. Logo cumpre actualizarse a miudo (escribía como mínimo un post diario) e utilizar palabras moi buscadas nese momento nos buscadores. A iso obecede o propio nome do blog: World Cup Blog 06; sen dúbida foi o máis buscado en Google durante o tempo que durou o Mundial de Fútbol: e, como non, mencionar sempre o nome dos xogadores máis mediáticos, aínda que fose para dicir o mal que o fixeron. Por suposto, é importante contar cun blogroll amplo, vencellar a outros para que outros te vencellen, e tamén citar a outros autores e a seus blogs… iso é o máis valorado polas arañas que rastrexan a rede.
As circunstancias logo do mundial non foron as máis favorables. Terra Networks foi absorvida por Telefónica no tempo que durou o Mundial de Alemaña’2006 e, estes últimos, tiñan outros plans para a compañía. Sobraba persoal. Nun primeiro intre fixéronse o ‘sueco’ e logo, ante as miñas reclamacións, decidirón ofrecerme un contrato, mais este nada tiña que ver coas espectativas xeradas polo anuncio inicial, limitándose a súa oferta a un contrato mercantil de tres meses de duración cuxos emolumentos apenas cubrian os gastos do seguro dun traballador por conta propia, esixencia esta realizada a posteriori pola compañia.
Isto obrigoume a iniciar un proceso para reclamar ese premio que aínda hoxe, catro anos despois,  non rematou. A decisión inicial, errónea, pero mostra da boa vontade con que se fixo, foi reclamar ese premio mediante un sistema arbitral. Foi errónea porque Telefónica xamais tivo vontade algunha de chegar a ningún tipo de acordo, que para iso conta cun exercito de avogados, para que o pelexen todo.
No sistema arbitral o laudo foi favorable aos meus intereses,
pero este foi anulado nunha sentenza da Audiencia Provincial de Ourense,
o que me levou a via social, cunha sentenza desfaforable do Xulgado do Social Nº 2 de Ourense,
a pesar de contar cun informe favorable do Ministerio Fiscal,
e que logo sería anulada por Sentenza da Sala Social do Tribunal Suprerior de Xustiza de Galiza, facendo seu o informe do MF.
Catro anos despois estámos no mesmo punto de partida, agardando que unha xuiza do social dite unha sentenza e que, diga o que diga, esta será recorrida por unha ou outra parte intervinte.  Ben, no principio esactamente non, agora a xuiza está obrigada a ditar unha sentenza cando na primeira ocasión o que fixo foi declararse incompetente, avíndose á demandada. Daquela non fixo caso ao Ministerio Fiscal, pero agora si ten que facerllo ao TSXG que non di outra cousa que o que o mesmo MF dicía. Dicía a xuiza (María Isabel Gómez Balado) naquela súa Sentenza que non apreciaba a existencia de precontrato algún, argumentando isto con doctrina, seguramente da súa etapa de estudante -pola data da STS-, cando non era iso esactamente o que se alegaba, senón unha promesa de contrato, ao que o TSXG afirma que «con independencia da calificación xurídica (precontrato, oferta ou promesa de contrato), crearon no destinatario, cando menos nun principio, unha espectativa de traballo».
Crear falsas espectativas por unha empresa a un traballador, amais de inmoral, é motivo de denuncia. Ocorre a cotío, especialmente na comunicación verbal. Son enganos que serven para motivar a un traballador a curto prazo, para que asine un contrato, para que renda máis,…  pero que a longo prazo pode volverse en contra da entidade (demandas, desánimo, improductividade,…).
Dende que un Tribunal anula unha sentenza (neste caso o TSXG anulou a sentenza do Xulgado do Social de Ourense o 26 de febreiro de 2010) e devolve os autos para ser ditada outra nova non acostuman a transcorrer máis de mes e medio-dous meses, sen embargo, neste caso xa vai para catro.
Neste caso nada foi normal, todo excepcional: o primeiro xuízo celebrouse dúas veces, na primeira vista a demandada, Telefónica, non compareceu e solicitou unha nova celebración por falla de comunicación da data da vista. Na segunda vista solicitou a incompetencia do tribunal, o cal obrigou a pedir un informe ao Ministerio Fiscal, aínda que logo non o tivese en conta, alargando tamén así o prazo establecido para dictar Sentenza. Neste caso o máis dilixente foi o TSXG que en pouco máis dun ano (14 meses) dictou a derradeira Sentenza, moito máis pronto do que agardaba.
O caso é que algo que desexaba, ser blogger profesional, foise diluindo co paso do tempo. Tamén é certo que gozo máis da liberdade de ser un afeccionado. O que si non desaparece é a esperanza, ao revés, a pesar dos atrancos sufridos, de ver recoñecido e compensado (salarios non percibidos deica o intre en que a sentenza sexa firme, lucro cesante -salarios futuros-  máis danos morais) pola tarefa que non puiden realizar.
Esta mala experiencia tampouco serviu para apartarme da blogosfera, senón todo o contrario, construín multitude de blogs -moitos por aí perdidos- e participei en moitos máis, seguindos, lendos, comentandos,… A blogosfera foi o inicio do que logo se deu en chamar web 2.0 ou web social, un modelo de comunicación horizontal que deu paso a intereactividade entre autores e lectores, unha comunicación a que se siguen sumando cada vez máis persoas pero, tamén, a que se resisten moitas outras. Non entenden que na actualidade máis de 1.500 millóns de persoas están a un clic do que escribimos na rede… ou, quizais, sexa iso o que temen.
«Traballar na era 2.0 require dunhas competencias e habilidades tecnolóxicas, dixitais e informacionais»,  di Bel Llodrá e Cristina Aced nun artigo publicado en UOC Alumni, Emprego 2.0, e coautoras de «Visibilidade. Como xestionar a reputación online». Cando non existe disposición por parte dos responsables das organizacións de subministrar esas competencias aos seus traballadores nin adquirilas para si mesmos, descoñecendo e privando a esta dos potenciais beneficios que lle podería acarrar, ao considerar a web 2.0 como unha ameaza e non como unha oportunidade, están prexudicando a súa entidade. De feito, para que permanecese estes catro anos na rede, fíxome falla -utilizo as palabras das mesmas autoras, xa que encaixan esactamente co que quero dicir- «unha predisposición positiva e unha actitude dixital» pois estas características «son a clave para aproveitar as oportunidades que brinda este novo escenario».
Daniel Cohn-Bendit e Julio Anguita. As (ideas de) esquerda existen.
<object width="614" height="370"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/nqno8H-mjeY&color1=0xb1b1b1&color2=0xd0d0d0&hl=es_ES&feature=player_embedded&fs=1"></param><param name="allowFullScreen" value="true"></param><param name="allowScriptAccess" value="always"></param><embed src="http://www.youtube.com/v/nqno8H-mjeY&color1=0xb1b1b1&color2=0xd0d0d0&hl=es_ES&feature=player_embedded&fs=1" type="application/x-shockwave-flash" allowfullscreen="true" allowScriptAccess="always" width="614" height="370"></embed></object>
<object width="614" height="370"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/8dXRaQPsS70&hl=en_US&fs=1&"></param><param name="allowFullScreen" value="true"></param><param name="allowscriptaccess" value="always"></param><embed src="http://www.youtube.com/v/8dXRaQPsS70&hl=en_US&fs=1&" type="application/x-shockwave-flash" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" width="614" height="370"></embed></object>
Estes vídeos ten xa unhas semanas pero seguen estando de actualidade. É o que ten as ideas boas, nunca se pasan.
O BNG anda a meter a man na caixa dos seus ex-militantes
Quedei abraiado! Si, abraiado cando me ensinaron un cargo con data do 03/05/10 de 32,68€ na conta de Caixanova dunha ex-militante do BNG. Tiña feita unha solicitude de baixa de domiciliación dende agosto de 2008. Estaba dada de baixa por activa (ao tela solicitado ao (IR)Responsable Comarcal) e por pasiva (por devolver os recibos dende aquela data). Trátase dun caso illado? Non creo …
Agora, o ordenante, BNG – BLOQUE NACIONALISTA GALEGO, cárgalle na conta a esta ex-militante o equivalente a cota de catro meses. A pregunta é: como é posible que che carguen algo na túa conta cando tes feita unha solicitude de baixa desta domiciliación? A resposta do empregado da entidade: iso é que alguén dende dentro da entidade volveu a dar de alta a domiciliación (?). Certo: fixádevos onde di «Data de alta«. Quen asinou esa alta?
Serán infiltrados do BNG en Caixanova? Será que Gayoso quere cobrar a súa débeda? Será esta a forma de evitar a perda de financiamento co constante goteo de baixas que está acumulando cada mes o BNG? Fixádevos que na comarca de Allariz – A Limia o (IR)Responsable Comarcal, Xosé Manuel Pérez Bouza (quen non foi quen sequera de pedir unha desculpa ao facerllo saber), ponse como obxectivo que as devolucións de recibos por parte dos militantes non superen o 5% cada mes… como estará a cousa!!
Para min esa acción só ten un nome (ATRACO) e os seus autores outro (LADRÓNS).
Fai «clic» na imaxe para ampliar
O código dos mortos
Moitas persoas toman decisións non en función do que ven, do que consideran bo ou malo, senón en función do que cren, das súas conviccións, do que o biólogo evolutivo e etólogo británico Richard Dawkins denominaba código dos mortos: pautas de conduta excelentes fai miles de anos, que deixaron de ser útiles e que, non obstante, seguen vixentes.
Viaxe ao Poder da Mente, Eduard Punset
Esas pautas de conduta ancestrais fan que se produzan situacións onde dúas persoas que estean vendo o mesmo partido de fútbol pero que sexan seareiros de diferentes equipos sexan incapaces de ver a mesma realidade que sucede ante os seus ollos no intre en que o árbitro, no desconto, e con empate no marcador, sinaliza un penalty. Para un será unha falta clara, dentro da área grande. O outro afirmará ter visto como o atacante se deixa caer dentro da área ante a presenza dun defensa. Os dous estarán absolutamente seguros do que din.
Sucédenos o mesmo nas actividades máis cotiáns, nas discusións familiares, no posto e traballo ou nas discusións sobre política. Gastamos máis enerxía en construír unha realidade a medida e segundo o noso propio desexo que en interpretala existente; tamén o fan os dirixentes dos partidos, conscientes como son de que eles non só constrúen a súa propia realidade, senón tamén a de aqueles cidadáns que se rexen polo código dos mortos. Estes desafortunadamente son a maioría dos que acoden a  votar. Os que deciden quen nos goberna.
Di E. Punset que os seres humanos “non queremos cambiar de opinión, ao contrario que os monos e outros cerebros sofisticados”, tal é o poder asoballador das conviccións propias, fronte á percepción real dos sentidos. Podemos cambiar de opinión, mais odiamos facelo.
Ensináronos que cambiar de opinión é unha frivolidade, un síntoma de inestabilidade e debilidade; polo contrario -“votar sempre ao mesmo partido”- manter unha posición é un sinal de cordura e lealdade. O importante é non cambiar, si o fas estás perdido: serás rexeitado pola sociedade e, probablemente, por ti mesmo. O camiño fácil é decidir unha vez: de neno decides de que equipo de fútbol es, decides a relixión que profesarás (ámbalas cousas case sempre dependen da influencia dos proxenitores), na puberdade decides a túa sexualidade e ao cumprir os dezaoito anos a quen votarás o resto da túa vida sen ser consciente da transcendencia que terá de aí en diante. O importante é non cambiar.
Dende afora, pode apreciarse o compoñente absurdo destas paixóns. Alguén que non foi a votar en toda a súa vida dirá que a crispación actual da vida política “non ten ningún sentido” mentres que, os que están imbuídos polo remuíño político, polo deportivo, polo relixioso, polo cultural, … estas cousas non lle pasan tan desapercibidas.
Sen embargo, ao largo da vida preséntansenos disonancias ao entrar en conflito dúas ideas simultáneas e contraditorias que xerarán un gran estrés e desasosego nas persoas. Habitualmente as discordancias nin sequera chegamos a ponderalas, pero cando o facemos e nos vemos na obriga de tomar unha decisión, unha vez tomada é difícil cambiala e, unha vez elixida unha opción, entre varias, máis irrevogable é a decisión e máis chea de sentido é a opción tomada. Cando non hai marcha atrás, máis convencidos estamos de ter a razón.
Que disonancias se nos presentan a moitos nacionalistas na actualidade? Votar ao BNG ou non facelo. Non votar implica que este perderá o poder a favor de outro partido que non nos gusta, o PP, pero facelo significa avalar unha xestión nefasta, con non menos erros e vicios dos que poida cometer o PP. Moitos nacionalistas xa lle viramos as costas nas eleccións galegas do 2009 e logo, moitos máis, nas europeas. O que sucedeu dende entón internamente neste partido non fai máis que confirmar o acertada daquela decisión. Os que prometían cambios para logo das eleccións galegas mentían, pois non foron capaces de levalos a cabo nin sequera despois de perder. Cales son as perspectivas para o nacionalismo nas vindeiras municipais: máis perda de apoio. Lóxico. En que me baseo para afirmalo de forma tan tallante? En que o futuro non se adiviña, pero pode imaxinarse recompoñendo o pasado.
Os cínicos non serven para este oficio
Oficio?, “a que oficio te refires?”, diría quen non lese “O Principiño ponse a garabata”.
Calquera, responderíalle, pero especialmente ao que se refire Borja Vilaseca,  ao oficio de dirixir unha organización, con ou sen ánimo de lucro. En todo caso, mellor lelo (primeiras páxinas).
Ao igual que un dos protagonistas deste libro “non son escravo do que pensa a xente”. Estou “liberado da obsesión de gustar aos demais, da necesidade de darlles motivos para que me aplaudan”, moito menos a esas ovellas que se meten no rabaño pola súa propia inseguridade, comodidade e/ou inercia. A “manada” á que se refire Eduard Punset.
Entre as funcións deste blog está a de denunciar un sistema que está deixando de lado as verdadeiras necesidades das persoas, de xeito global e específico, para servir ao egocentrismo dunhas cantas persoas. A hora de facer estas denuncias non obedezo a cor política algunha, “só rindo contas a miña conciencia” coa finalidade de acadar as mellores condicións sociais e/ou laborais. Comprendo que dende o medio do rabaño non se poida escoitar con nitidez esta mensaxe ou, de escoitala, non posúan a confianza que lles permita arriscar, condenándose así a permanecer eternamente no mesmo refuxio, inmóbiles.
A mensaxe a que me refiro pretende ser transformadora porque, entendo, a sociedade na que vivimos necesita ser mudada. Debe transformarse ese capitalismo depredador que nos tocou vivir, onde todo vale co fin de acadar o éxito, o beneficio ou o poder.
… e aquí, eu que tanto falo de política, non podo excluír a ningún partido. Dicíame hai uns días un amigo que el xa chegara a comprender que “é posible que un socialista queira ser rico”, eu aínda non. Non comprendo que alguén que ambicione riquezas sexa a vez solidario, sen embargo hainos,… e en postos de moita responsabilidade. Deberíamos temer a este tipo de persoas.
Falo dunha transformación do capitalismo para conquerir entornos laborais máis sans e saudables para calquera ser humano. Falo dun capitalismo ético. Isto, co cinismo instaurado na dirección da maioría de organizacións, pode semellar unha utopía, sen embargo, moitas empresas que están apostando por esta transformación cultural están acadando grandes éxitos (maior crecemento, máis beneficios, traballadores e clientes máis satisfeitos,…). Todo traballador quere formar parte destas organizacións, rexeitando aquelas outras, acabando nelas só por falla de oferta de emprego.
Con que ánimo pode acudir un traballador ao seu posto de traballo cando escoita ao seu xefe defender publicamente o despido libre,  ou cando afirma que os contratos estables só serven para que os traballadores se acomoden? Con que ánimo, un traballador de calquera outra organización, entra a comprar nas súas tendas? Diría que ese home  sofre a patoloxía do éxito. A arrogancia é fea… e destrutiva, impide tomar consciencia do verdadeiro potencial de cada empresa: un grupo humano ao “servizo dunha función necesaria, creativa, sostible e con sentido”
Ao final será a experiencia persoal de cada un a que nos permita verificar a certeza ou incerteza do que outros nos contan.
Que pasa co BNG de Maceda?
Este sábado saía unha noticia en La Voz de Galicia sobre o conflito entre o Concello de Maceda e un empresario da vila, velaquí:
La Voz de Galicia, 27 de febreiro de 2010
Alberte, un compañeiro do BNG de Maceda reclama ao Concello desa localidade, gobernado tamén polo BNG, en coalición co PSOE, unha débeda polo aluguer dunha máquina; unha máquina que fora alugada por seis días pero que logo o Concello se quedou con ela ata que lle veu en gana, privando así ao seu titular do seus uso e potencial beneficio. Por máis que o titular do máquina lle reclamase ao Concello a súa devolución, este non o facía e, agora, escúsase dicindo que aquel non a foi recoller e, por riba, que a tiña estorbando nas dependencias do Concello. Cumpre ser caradura!
Xabier Oviedo, anxo por fora, diaño por dentro
Nada é o que parece. Hai persoas que teñen unhas habilidades especiais para agochar o seu verdadeiro ser. Xabier Oviedo é desa especie. Non dubida en mentir ao seu pobo e a prensa para xustificar o impago dunha débeda a un dos seus veciños e compañeiro de partido. Mais, a súa contestación ou, mellor dito, o seu ataque parece máis propio dun animal ferido que dun ser racional (ver nota informativa).
Alberte pasoume estes documentos (ver solicitude de devolución ao Concello de Maceda e denuncia ao Concello de Maceda) logo de que o sábado saíra en La Voz de Galicia a nova da súa denuncia. Coñecendo como coñezo ese niño de víboras non teño dúbida algunha de que os feitos que Alberte relata na denuncia son certos; amais conta con testemuñas e probas coas que poder rebater as declaracións feitas polo alcalde caciquintanista.
O alcalde pensou, segundo me di Alberte, que “ía caer na trampa que me tiñan ben amañada como era que eu entrara a recoller o que era meu nas instalacións do concello, sen permiso, e así acusarme de que faltaban cousas, cando eles tiñan que devolverma. Considero que son boa xente, pero non parvo. Esa trampa fixéronlla a unha persoa a que logo acusaron de roubar ferramenta do concello”.
Imaxino polo que está pasando. Non é doado decidirse a denunciar ao Concello, máxime tratándose de compañeiros de partido. Este feito colócao na diana. Isto seino por experiencia propia pois eu tamén dubidei en denunciar a precariedade laboral e o enchufismo en SEAGA cando Alfredo Suárez Canal era Conselleiro de Medio Rural e ao dicirllo ao inepto do delegado de Ourense este pretendeu que fose bicar ao santo. Logo deste lamentable episodio decidime, mais non fixeron caso, creando un malestar social dentro da empresa que axiña acabaron pagando nas urnas.
Esta xente, para defender o indefendible, utiliza as prácticas máis sucias; sucedeu naquel caso cando dende Medio Rural trataron de facer presión sobre a CIG para que non defendesen aos traballadores despedidos por SEAGA e agora, a mesma tropa, volve a facelo, pois “o avogado do Concello actúa coaccionando as miñas testemuñas, chamándoos antes da vista para falar con eles, cando non están obrigados a ires; dende o Concello, chámanos para dicirlles que non lles renovan o contrato [...] chamaron a un compañeiro do BNG dende un móbil cos altofalantes postos para que o Alcalde e o Concelleiro de Obras oíran a conversa intentando sacarlle o que el ía declarar, dicíndolle o que eu facía reclamando con cartazes, pero decatouse e díxolles el non ten nada que perder, está a reclamar o seu, puidestes chegar a un acordo, pero non quixestes; fai ben e alédome de que non se ‘acojone’, pois quen vai perder máis sodes vós», dime.
Amais deste, Alberte tivo outros encontros co Concello, ao que lle solicitou cambiar as árbores que el mesmo plantara, xa que tres delas secaran, pois cando as puxo fíxoo garantindo por un ano o seu traballo. Non foron quen de respostarlle. Que clase de provedor se adica a comprobar si o seu traballo está ben feito e pedir ao cliente, neste caso o Concello de Maceda, que lle permita reparar un dano? O normal, neste mundo, é que o cliente -cando se trata de administracións, nin iso- sexa quen reclame a reparación e o provedor que se faga o sueco. Alberte é un empresario exemplar; quizais este sexa o problema co que se atopan os (ir)responsables que gobernan Maceda.
A outros empresarios, menos exemplares, permíteselles construír en terreos rústicos sen que estes teñan tan sequera un permiso para peche da finca. Destes feitos teñen coñecemento tanto os concelleiros do BNG como o arquitecto municipal, o cal di ter as mans atadas, porque en Maceda “faise o que di o alcalde”.
A raíz dos cartaces que Alberte colocou na rúa o ex-director xeral de acción social, aos galegos grazas, Bieito Seara, chamoulle a atención. E non debería facelo ao alcalde do pobo? Comezan a preocuparse -e fan ben- porque saben que a xente do pobo está do lado do seu veciño. E estano tamén os seus compañeiros de partido, aínda que non todos o manifesten abertamente por medo as represalias destes dous aprendices de Franco.
Bieito Seara, o que move os fíos do Concello
O movemento volo deu, o movemento volo quitou
Un ano despois da desfeita do 1M09 os protagonistas daquela xeira parecen non decatarse aínda do que ocorreu. Feijóo segue facendo oposición, agora a Zapatero, Quintana segue andando en coche oficial e sentando cátedra ao seu paso, Touriño… ben, cando menos este soubo retirarse e quedarse nun segundo plano… a tempo.
Cando un ano despois Anxo Quintana aínda afirma que “a campaña sucia funcionou” dime que (a) ou ben non se entera de nada ou (b) é o típico irresponsable que culpa ao primeiro que se lle cruza para non asumir a responsabilidade que lle é propia. Amais, iso si, coa súa actitude lexitima as decisións adoptadas polo goberno de Feijóo logo da vitoria popular: en materia lingüística (o conflito inexistente), enerxética (onde quedou patente a división do bipartito) ou respecto as axudas a La Voz de Galicia (polo sonado dilapidamento e sibaritismo dos altos cargos socialistas e nacionalistas).
Non, nada tiveron que ver a lingua, os audis ou o iate (ver a análise de Fermin Bouza), foi o mal de altura: taponáronselle os oídos e non escoitaron aos seus compañeiros, que estábamos aquí abaixo, onde sempre. Agora só tiñan oídos para eses asesores, ben pagados, e os seus cantos de serea. Estes non lles ían dicir o mal que o estaban facendo, pagábanlle para dicir o contrario. Mentres, era a rúa que berraba, outra vez, cinco anos despois, esta vez coa bandeira de Galiza Non se Vende. Nin a berros!
Lonxe de escoitar ao movemento, ao mesmo movemento que lle dera a vitoria catro anos antes, adoptou unha postura crítica cos críticos, reprochándolle a concesión de espazo aos seus adversarios e acusando de traizón calquera discrepancia. Esta actitude cínica e soberbia acendeu aínda máis os ánimos do movemento, provocando unha bola de neve de rexeitamento cara o goberno bipartito, e especialmente cara o BNG, que crecía cada día.
Moitos aseguraron ir votar co nariz tapado mais moitos decidimos quedarnos nas nosas casas. Esta decisión non foi o resultado de campaña algunha pois xa estaba tomada meses antes polo electorado. Próbao a chamada a participación incluso antes de comezar a campaña, de aí que artellaran unha campaña buscando o voto no centro galeguista. Inocentes! Coñecían polas enquisas a grave desafección da cidadanía e, tendo constancia deste dato, continuaron unha campaña baleira de ideas, de proxectos, sen solucións aceptables para a situación económica que atravesamos,… e sen asumir erros.
Lembro aquel día con ledicia. Tiven que soportar doce horas sen acercarme ao colexio electoral, onde non iría a votar por vez primeira na miña vida mais, mereceu a pena. Os primeiros sóndeos adiantaban o resultado final, foron unhas horas excitantes que rematou no éxtase cando o bipartito recoñeceu a súa derrota. Non busquen pantasmas, non foron eles. Foi a cidadanía en movemento, fun eu. Eu volo dei (o poder), eu volo quitei (o poder).
Artigo relacionado: deberían as redes activistas do movemento salvar a esquerda? (por Raimundo Viejo, On the Wobbly’s Road)
Altruismo ou negocio
Evo Morales dixo fai un tempo que  “as ONG usan aos pobres para vivir ben”. Esta afirmación non é de todo certa, ao revés, as ONG’s realizan unha importante labor humanitaria tanto a nivel planetario como local, sen embargo, moitas veces, as excepcións non fan máis que confirmar aquela regra.
Vexamos as previsións das contas da asociación a que me refería no artigo anterior:
Orixe dos recursos
Euros
Recursos propios
69.900
Cotas
35.000
Doazóns
15.000
Inscripcións a cursos
11.300
Subvencións
167.520
Administración Central
25.000
Administración Autonómica
82.520
Administración Local
60.000
TOTAL
237.320
Destino dos recursos
Euros
Apoio a ONG do sur
55.000
Formación
6.500
Actividades e programas
60.820
Compras de comercio xusto
10.000
Administración
105.000
TOTAL
237.320
A priori todo normal, non?, mais si nos fixamos podemos decatarnos que se gasta máis na administración da propia organización (aproximadamente o 45% do orzamento) que nos fins para os que foi concibida (menos do 25% do orzamento). Tamén se pode observar que a suma de doazóns máis as cotas dos socios suman case tanto como o que envían ás ONG’s do sur. Alguén pode pensar, para que todo o demais?
Certamente, contar cunha directiva profesionalizada permitirá á asociación acceder a novos recursos ao ocuparse estas persoas á procura de axudas públicas, xestionar solicitudes, negociar con administracións, empresas, etc., desenvolver novos proxectos, estruturar unha entidade en continuo crecemento, seleccionar e contratar persoal e moitas outras tarefas que sen un equipo profesional sería moi difícil levar a cabo, pero tamén pode ser visto pola sociedade como un gasto superfluo ou excesivo, máxime si temos en conta a relación entre custo e obxectivos acadados.
Tamén se pode entender como unha desviación dos obxectivos fundamentais da asociación ao adicarse esta -e as persoas que a forman-, pola súa necesidade de expandirse para sobrevivir, a crear novos proxectos (neste caso plantexábasenos a posibilidade de por en marcha unha axencia de turismo responsable) cada vez menos altruístas e con máis vocación de xerar beneficios.
Solidariedade competitiva
Pódese ser solidarios e competitivos a un tempo? Competir e compartir son términos contraditorios, sen embargo, os movementos sociais que nun principio nacen cun obxectivo solidario acaban converténdose en organizacións que compiten “a cara de can” coas súas semellantes.
Hai uns meses, unha asociación sen ánimo de lucro radicada en Barcelona, pedíanos a un grupo de persoas que realizásemos unha serie de informes co obxectivo de elaborar un plan estratéxico para os vindeiros oito anos. Esta asociación adícase sensibilizar e formar aos cidadáns sobre a desigualdade entre os países do Norte e do Sur e as súas causas e promover actuacións persoais e colectivas que fomenten unhas relacións entre eses países máis solidarias.
Como este traballo foi realizado en grupo non o podo publicar aquí na súa integridade, si algunhas das achegas persoais ao debate previo que, xa que me tocou abrilo, fíxeno cunha análise externa -análise das cinco forzas de Porter- sobre o movemento asociativo, dun xeito un tanto controvertido, para así provocar a interacción:
A rivalidade entre os competidores existentes:
No entorno dos movementos sociais non existe rivalidade entre diferentes movementos, cando menos entre aqueles que perseguen os mesmos fins (outra cousa é que os seus fins sexan contraditorios, como sería o suposto dos movementos xenófobos respecto a outros movementos de carácter étnico). Si sucede o fenómeno contrario, isto é, colaboración entre movementos (en forma de federacións ou confederacións).
A posibilidade de entrada de novos competidores:
Non existen grandes barreiras de entrada para ser solidarios ou crear unha entidade solidaria. A maior dificultade radica na obtención de fondos para lograr grandes obxectivos e/ou ter unha gran estrutura, necesaria para obxectivos moi ambiciosos. Para iso a ferramenta máis importante de toda asociación está no esforzo colectivo e altruísta dos seus socios que, amais, servirá para xerar confianza ante potenciais doadores e ante as institucións, públicas e privadas, das cales recibirán axudas e subvencións.
A ameaza de produtos substitutivos:
A solidariedade non ten produtos substitutivos senón complementarios. Os produtos que unha entidade solidaria poida por á venda son exclusivos en canto ao fin que a súa venda persegue. Así, unha persoa poderá pertencer ou comprar a nosa asociación, que colabora con persoas do sur, pero tamén poderían pertencer ou comprar a unha asociación feminista, pacifista, ecoloxista,… ou incluso a outra ou outras da mesma temática.
O poder de negociación dos compradores:
As asociacións son entidades sen ánimo de lucro, de modo que cando venden algo non existe marxe de beneficio senón marxe de solidariedade e este dependerá da solidariedade de cada cliente.
O poder de negociación dos provedores:
O mesmo sucederá cos provedores, aos cales as entidades sen ánimo de lucro tamén deben ‘sacarlle’ ese marxe de solidariedade. Con estes tamén é importante manter unha boa relación para facelos futuros colaboradores ou doadores da entidade. Por outra parte, entre os provedores, darase preferencia a aqueles que pertenzan ao movemento asociativo ou a sectores cuxa causa defende a entidade, neste caso produtos orixinarios do sur.
Unha asociación non é allea á necesidade de recursos para subsistir, ao igual que calquera empresa, e posto que estes veñen de xeito especial das administracións públicas (no suposto analizado proviñan nun 70% da administración local. Ver) vense na obriga de competir entre elas polo reparto deses fondos, na maioría dos casos por concorrencia competitiva, noutros mediante a sinatura de convenios. En calquera dos casos, posto que estes fondos son limitados, a rivalidade será maior a medida que o numero de entidades beneficiarias creza. Por iso resulta difícil convencer a alguén da bonanza competitiva entre distintas asociacións.
No suposto analizado existía un grande desequilibrio entre as diferentes organizacións (internacionais, estatais, locais,…), situación que se repite en maior ou menor medida noutros sectores dos movementos sociais, onde unhas entidades sobresaen sobre as outras, acaparando máis fondos, xa sexa pola súa propia repercusión social, a diferenciación de actividades que realizan ou servizos que prestan, a consolidación de persoal laboral, ou os intereses estratéxicos, propios e de terceiros, entre outros motivos.
A figura dos provedores e compradores tamén é controvertida pola mesma razón, posto que en moitos casos quen ocupa esta posición son as administración públicas. Nestes casos, é evidente, o poder de negociación moi reducido, dependendo da presión social que poida exercer e, polo tanto, do tamaño da asociación.
Por suposto, ao igual que sucede coas empresas, a afinidade política é un valor determinante para a obtención de axudas e subvencións ou para establecer relacións de colaboración coas administracións.
Homeostase
A homeostase é o equilibrio que mantén a un ser vivo co seu entono, é a característica mediante a cal se regula o ambiente interno dun organismo para manter unha condición estable e constante nun sistema aberto ou nun sistema cerrado, especialmente nos seres vivos.
Tódolos sistemas vivos -as organizacións (empresas, asociacións, partidos,…) hai que entendelas como tal- na súa natureza aparecen como sistemas abertos, posto que dependen do seu entorno para sobrevivir e desenvolverse e, polo tanto, están abertos a influencia do mundo exterior.
Unha organización, a diferencia de doutros sistemas vivos, debe ser consciente de cales son os seus compoñentes: os seus límites (físicos, temporais, sociais, culturais,…), a súa cultura organizativa (democrática, totalitaria, adoutrinada, asemblearia,…), a súa misión e os seus obxectivos (políticos, sociais, económicos,…) ou os medios de que dispón para logrado, entre outros.
Entre estes outros está o entorno, isto é, todo aquilo que está fora dos límites da organización e co que deberá relacionarse de xeito eficaz para sobrevivir e desenvolverse. Así, ante o entorno unha organización pode actuar de tres formas:
Ignoralo, cerrarse a el, o que equivale a morte da organización a medio prazo. Isto é o que propón a UPG ao negarse a debater coa sociedade civil, convocada pola Rolda de Rebeldía, por tratarse de «xente de fóra«. Din dende esta organización  que a Rolda de Rebeldía é “un encontro autodestructivo para o BNG”. Ao contrario, o realmente destrutivo é a actitude sectaria da UPG que impide a retroalimentación da organización.
Tratar de controlalo. Isto é practicamente imposible, reservado a escenarios extremadamente autoritarios e disciplinados. É o que Paco Rodríguez logrou internamente na UPG e, en parte, no BNG, mais non coa sociedade galega.
Equilibrar as necesidades propias coas do entorno. Dentro do BNG seguen esta liña +BNG e Encontro Irmandiño mais cunha clara diferencia entre as dúas organizacións: o respecto polos demais compoñentes, especialmente dous deles: límites e cultura organizativa. Así, o Encontro Irmandiño establece os seus límites na esquerda social e mantén o respecto pola cultura organizativa tradicional (nacionalista, frontista, asemblearia e democrática), mentres +BNG aposta por unha apertura ao centro e pola organización propia do partido clásico. Sen estes dous compoñentes o BNG ben podería ser outra cousa, por exemplo o PP, e porse a competir neste eido levaría tamén a destrución da organización.
Atrapados polo pasado
O pasado non dá tregua. “Galicia ten dereito”. Pode afirmarse o dereito dun territorio a vez que nega ese mesmo dereito a outros? “O recurso de inconstitucionalidade é un ataque do Goberno a Galicia”. Pode entenderse como un ataque a Galiza a presentación dun recurso de inconstitucionalidade dunha norma emanada do Parlamento de Galiza e negar ese ataque a un pobo cuxa norma, o Estatut de Catalunya, foi ratificada polo noventa por cento da cidadanía?
Demagoxia. A actidude do Partido Popular comeza a pasarlle factura a Feijóo: primeiro puxo tódalas trabas para a aprobación dun Estatuto de Nación en Galiza, un proxecto de Estatuto que pretendía non quedarse atrás na asunción de dereitos respecto a outras nacións do estado; logo a agresiva pre-campaña e campaña electoral na que non dubidou en facer promesas de imposible cumprimento e de dubidosa legalidade (como dar liberdade aos pais para que elixan a lingua na que estudar seus fillos).
Incoherencia. Non é cogruente pedir ao goberno do estado que non presente un recurso de inconstitucionalidade contra a Lei de Caixas ao tempo que manteñen un recurso contra o Estatut de Catalunya negando ao pobo catalán uns dereitos que eles mesmos, cunha ampla maioría, respaldaron en sufraxio universal. Tal vez debería comezar o PP por retirar o recurso que mantén contra o Estatut catalán, dar mostras de que respecta o dereito de outros pobos para logo esixir ese mesmo respecto polo pobo galego. Do contrario, a súa posición non resulta crible, por interesada.
Resposta. Agora que ao PPdG lle entrou esa vea “galeguista”, o BNG debería presentar o seu proxecto de Estatuto no Parlamento de Galiza, para medir ata onde o Sr. Feijóo está disposto a defender os dereitos dos galegos.
Que se move nas caixas?
A teima que ten o Sr. Feijóo e o PP coa fusión das caixas comeza a ser máis que sospeitosa. Din que queren para Galiza unha entidade forte, competitiva, co centro de decisión no país. Como resultado da fusión, esta nova caixa sería a quinta en tamaño, no conxunto do estado, a espera de que se confirmen outras fusións. E que?
Para que serve o tamaño? Pois, primeiro de todo, para deixar na rúa a milleiros de traballadores, os que conta a auditoría (máis de 1.200) e os que non conta (persoal de limpeza, persoal de seguridade,… máis os ingresos que deixarán de percibir os donos dos locais arrendados, preto de 300). Isto, na situación actual, non creo que serva para dinamizar a actividade económica de Galiza, ao revés.
En segundo lugar, non garantirá que a toma de decisións se realice en Galiza. Xa vimos recentemente quen decidiu que ocuparía a presidencia de Caja Madrid. O consello da caixa madrileña? Non. A Comunidade de Madrid? Non. Foi Génova. Foi a dirección do PP. Si Esperanza Aguirre non foi quen de impor o seu candidato, cando as competencias sobre as caixas recaen na comunidade, vai poder Feijóo impor os seus candidatos na caixa galega? Dubido moito que o intente. A caixa resultante da fusión non será máis que un cromo que intercambiar para acadar as súas ambicións persoais.
Que pinta o BNG en todo isto? O  BNG, mellor dito, a UPG, o único que busca son postos no consello de administración da caixa resultante. As súas miras son incapaces de ir máis alá; non poden ver o que realmente se está movendo nas caixas…
21 de Xaneiro: Paremos o decretazo contra o galego
A plataforma Queremos Galego convoca as comunidades educativas  para un paro xeral no ensino o 21 de xaneiro, como contestación ao decretazo  contra o galego.
A agresión é histórica, sen dúbidas a máis forte contra o idioma  propio en toda a etapa democrática. Por iso é tan importante que nos impliquemos  todas as persoas con sensibilidade pola nosa cultura, independentemente da  lingua que falemos no día a día, para facermos do 21 de xaneiro unha data tamén  histórica na contestación social.
Por que rexeitamos este  decretazo?
1) Porque non garante que os estudantes  finalicen cada etapa educativa coas destrezas lingüísticas tamén en  galego.
Todos os informes oficiais  sinalan que hai un problema para conseguir que boa parte dos rapaces e das  rapazas, sobre todo nas zonas urbanas, teñan fluidez comunicativa en galego.  Diminuír a presenza da nosa lingua non fará máis que agravar a situación,  vulnerando o dereito do alumnado a unha educación de calidade e pondo en perigo  a pervivencia da nosa cultura.
2) Porque é unha proposta feita de costas á  sociedade galega.
O presidente da Xunta sabe que non conta  con ningún consenso do profesorado, o estudantado, as familias e da sociedade en  xeral para este decretazo. Por iso o presentou na véspera de fin de ano, a  última hora do serán, e sen que existise ningún proceso previo de diálogo nin  contraste.
3) Porque a aplicación deste decreto suporá  enfrontamentos nos centros.
A Xunta fai deixadez das súas  funcións e traslada o problema ao profesorado, ao estudantado e ás familias, que  serán parcialmente consultadas (ben tendo en conta só o criterio da maioría, sen  que se saiba que pasará coa minoría que se sinta perdedora; ben dando unha  opinión cada catro anos, o que significa que uns pais darán a súa consideración  sobre a educación das fillas e dos fillos doutros). A política lingüística e  educativa non se pode limitar á opinión que poida ter a comunidade escolar,  porque nos corresponde a todas as galegas e a todos os galegos. Hai que ter  presentes criterios pedagóxicos e o dereito a unha educación en  igualdade.
4) Porque a Xunta se burla da cidadanía  cando di que se vai impartir un terzo das materias en inglés, cando sabe que iso  é totalmente inviábel, e sen se preocupar do fracaso escolar.
O presidente da Xunta mente conscientemente cando fala de “plurilingüismo”,  pois sabe que iso é imposíbel de aplicar. Só utiliza o inglés para camuflar   propagandisticamente o ataque contra o galego. Na verdade, os departamento de  inglés non teñen un reforzo real para mellorar a aprendizaxe desta lingua e  mesmo se recortan os recursos para a formación do profesorado e se reduce o  número de profesores/as das escolas oficiais de idiomas. O reforzo e mellora do  ensino de inglés no sistema educativo galego debe facerse con máis profesorado  específico, con máis recursos e con grupos máis reducidos.
5) Porque este decreto vulnera leis básicas  aprobadas por consenso e tratados internacionais de dereitos  lingüísticos.
O decreto que o Goberno galego quere impor  unilateralmente vulnera a letra e o espírito da Lei de normalización lingüística  (arts. 12 e 13), así como da Carta europea de linguas rexionais ou minoritarias  (art. 8). Un goberno serio, cívico e responsábel cumpre as leis e os tratados  internacionais de dereitos humanos e de dereitos lingüísticos.
6) Porque é unha agresión á dignidade da  nosa cultura que haxa un goberno da Xunta que ande ás patadas coa lingua propia  do noso país.
Temos que erguer a nosa voz con claridade e  exclamar que, independentemente do idioma que falemos no noso día a día, os  galegos e as galegas amamos a nosa lingua propia e queremos que non haxa  políticas para discriminala, senón ao contrario: que se promova nos diferentes  ámbitos, garantindo a igualdade de dereitos.
Fronte á imposición unilateral de Alberto Núñez Feijóo, as  comunidades educativas e o conxunto da sociedade galega reclamamos que se  escoite a nosa voz. O presidente da Xunta debería lembrar que o decreto aínda en  vigor contou co respaldo dos sindicatos que representan ao 90% do profesorado, a  inmensa maioría das ANPAs, todas as organizacións estudantís e todos os  movementos de renovación pedagóxica con actuación en Galiza. O  seu decreto  contra o galego, ao contrario, non xera máis que rexeitamento e  preocupación.
O 21 DE XANEIRO PARAMOS O ENSINO EN DEFENSA DA  CONVIVENCIA E DO GALEGO
MANIFESTACIÓN NACIONAL EN SANTIAGO  DE COMPOSTELA
11.30 DA MAÑÁ NA ALAMEDA
HABERÁ AUTOBUSES DESDE DIFERENTES PUNTOS DO  PAÍS
Infórmate en queremosgalego.org
A aplicación do Modelo de Xestión de Calidade Total e o desenvolvemento económico e social do rural
Cando Mercadona decidiu implementar o Modelo de Xestión de Calidade Total, a principios da última década do século pasado, atravesaba unha situación de crise, froito da concentración do sector entorno a grandes multinacionais estranxeiras. Naquel intre, a estratexia da empresa era semellante a que aínda practican hoxe GADIS ou FROIZ, especialmente a primeira, baseada no axuste de prezos cos provedores e na realización de grandes campañas publicitarias, unha estratexia na que ten todas as de perder contra as grandes empresas do sector.
En 1993 o presidente da cadena valenciana decidiu implementar o Modelo de Xestión de Calidade Total, co que conseguiu situar a súa compañía entre as máis importantes distribuidoras mundiais do seu sector (no posto 14 no momento de realizar este estudo) e entre as grandes distribuidoras en termos xerais (no posto 38 segundo esta nova de El País).
A premisa que rexe este modelo di que “para poder estar satisfeito, primeiro hai que satisfacer aos demais” e para iso Mercadona, primeiro de nada, busca satisfacer aos seus clientes, obxectivo no que se implica ao cadro de persoal, aos provedores e a propia compañía, apostando pola innovación.
Para que o cadro de persoal e os provedores se identifiquen co proxecto, Mercadona non podía deixalos ao marxe deste modelo de xestión, satisfacendo aos primeiros mantendo con cada un deles unha relación particular, premiando a autorealización, a estabilidade, a formación continua, a conciliación da vida profesional e familiar, apostando pola contratación indefinida e practicando unha política retributiva que supera a media do sector.
Mais, o que realmente inflúe dun xeito determinante do desenvolvemento económico e social dunha economía, e de xeito específico, no medio rural, é a satisfacción total dos provedores, especialmente os interprovedores. Estes subministran produtos en exclusiva a Mercadona e a compañía aposta por manter con eles unha relación de “por vida”, experimentando e innovando constante e conxuntamente, compartindo coñecemento para a mellora en tódolos procesos do negocio (política de libros abertos).
A relación cos inteprovedores fundaméntase nun contrato de colaboración de carácter indefinido, garantíndolle o negocio case de por vida; si remata a relación, ámbalas partes dispón dun período de tres anos para buscar un novo provedor ou adaptarse a nova situación. Todo isto implica para os provedores estabilidade, continuidade, duración e satisfacción, unha das claves do éxito da compañía, o que permite aos provedores realizar inversións para modernizar os seus sistemas produtivos sen arriscarse a non atopar saída para os seus produtos ou enfrontarse a presión da política de baixos prezos que impón as grandes distribuidoras (e non tan grandes, como as galegas). Amais, os acordos entre Mercadona e o interprovedor garanten a este unha marxe de beneficio suficiente que lle permita aumentar o seu tamaño e mellorar a súa posición competitiva respecto a outras empresas.
Os produtores galegos atópanse logo con dous grandes problemas: primeiro, as propias distribuidoras do país, que trasladan sobre eles a presión dos prezos para competir coas grandes superficies foráneas nun mercado no que non ten capacidade suficiente e, segundo, os produtores que colaboran con empresas que, como Mercadona, apostan polo Modelo de Xestión de Calidade Total.
Desinformación
Na actualidade, a maioría das novas que provén das administracións públicas están destinadas a provocar unha enchente de desinformación da que logo os medios amarelos se fan participes trasladándoa ás masas. Nun mundo no que a información é efémera cumpre xerár a diario novas que manteñan permanentemente enganada a cidadanía, pois de non facelo, e coa inxente cantidade de información que xorde a través da Sociedade do Coñecemento e a Información (internet, vaia) córrese o risco de que os que xeren influencia no pobo sexan outras fontes.
A Xunta de Galicia agasallounos aos galegos, no día de reis, con 6,3 millóns de euros. Di a nova:
“Os concellos galegos veñen de recibir da Consellería de Traballo e Benestar en torno a 6,3 millóns de euros para financiar a contratación de 288 Axentes de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) nas distintas comarcas da xeografía galega”
Si facemos contas, con 6,3 millóns de euros para 288 AEDL sáenos a 21.875 euros anuais (para pagar o seu salario e, como non, Seguridade Social, formación, paro, impostos,…). Non sae, verdade?
Entón, isto máis que ser un regalo de reis da Xunta aos Consellos semella un deses caramelos que, durante a cabalgata ves pasar por riba da túa cabeza, xa que si os fondos que destina a Xunta aos novos AEDL, coa situación financeira que sofren a maioría dos Concellos na actualidade, é imposible a contratación deste persoal si dende a administración autonómica non se financia o 100 por 100 do seu custo. É máis, os Concellos que máis afogados están polas súas débedas serán, ensimesmo, os que máis necesidade teñan deste persoal técnico para dinamizar a economía do seu municipio e, sen embargo, serán os primeiros en ter que renunciar a eles por non poder permitirse afrontar novos gastos, aínda que só sexa unha parte do total.
Un exemplo de mala dirección
Na seguinte lista vou detallar as características do que é unha mala dirección (ou boa, segundo Nuria Bueno Aizpuru, xa que é a que ela practica), sobre fondo branco, e o que eu entendo que debe ser unha boa dirección (seguramente ignorada por aquela), sobre fondo gris. Podedes coller estas características e identificalas co funcionamento da dirección da vosa empresa, asociación, partido, concello,… para coñecer si formades parte dunha organización sa ou, polo contrario, enferma.
O persoal non traballa para lograr os obxectivos da empresa
Os obxectivos son amplamente compartidos polos membros da organización e están comprometidos en levalos a cabo.
A xente ve que as cousas van mal e non fai nada para evitalo. A xente fala informalmente dos erros e fallos con persoas non implicadas neles.
A xente séntese libre para sinalar as dificultades. Confían en que os problemas se resolverán
A xente trátase mutuamente de forma ficticia. Enmascáranse os asuntos e os problemas, especialmente fronte ao/a xefe/a.
Os problemas resólvense con pragmatismo e sen complexidades, de xeito directo e oficialmente. Tolerase moito a conduta inconforme.
Quen dirixe a organización controla o maior número de decisións.
A toma de decisións determínase pola habilidade, o sentido de responsabilidade, de información, a importancia do traballo, o tempo e o desenvolvemento xerencial. O nivel xerárquico non é considerado como determinante.
Os/as directores/as actúan pola súa conta provocando que non se opere conforme aos plans da organización.
Hai sentido de equipo na planificación, o desempeño e a disciplina. Hai responsabilidade compartida.
Non son importantes para o director/a as necesidades e os sentimentos persoais dos traballadores.
Os problemas que se abordan inclúen as necesidades persoais e as relacións humanas.
A xente compite cando se necesita colaborar. Buscar ou aceptar axuda é signo de debilidade. Ofrecela é algo que non ocorre.
Existe un alto grado de colaboración. Hai disposición para colaborar e a competencia é mínima.
En momentos de crise a xente evádese ou incúlpanse mutuamente.
En momentos de crise a xente coopera ata que a situación se supera
Os conflitos persoais xeralmente ocúltanse e hai un claro incremento de xenreira e contas por cobrar entre o persoal.
Existe moito aprendizaxe no traballo baseado na vontade de dar. Búscase a retroalimentación e o consello.
A retroalimentación e a crítica é evitada.
A crítica considerase inherente ao traballo e é aceptada como parte do cotiá.
A xente séntese soa e falta de preocupación polos demais.
As relacións son honestas, a xente preocúpase polos demais e non se sente soa.
A xente séntese prisioneira do traballo e a rutina, está aburrida, anquilosada e considerase obrigada a permanecer nel por necesidade. A súa conducta é indiferente e dócil. Non se sente nun ambiente agradable.
A xente está motivada, moi involucrada voluntariamente. O seu lugar de traballo é importante e divertido.
O/a director/a é o “pai/nai” que da ordes na organización.
O liderado é situacional.
O/a director/a controla esaxeradamente. Da pouca liberdade para permitir erros.
Hai un alto grado de confianza entre a xente, un profundo sentido de liberdade con responsabilidade. A xente sabe o que é importante para a organización e o que non o é. Tense a convicción de que se pode aprender dos erros.
Ten un gran valor minimizar o risco.
Acéptase o risco como unha condición do crecemento e unha oportunidade.
O desempeño deficiente é disfrazado ou manipulado arbitrariamente.
Afróntase o desempeño deficiente e búscase a solución pertinente.
A estrutura, política e procedementos da dirección son unha “camisa de forza” para a empresa. A xente refuxiase nas políticas e procedementos e xoga coa estrutura da organización.
A estrutura, política e procedementos da dirección, están orientados a axudar a xente a protexer permanentemente o bo funcionamento da organización. Non hai unha resistencia excesiva a cambiar a estrutura, política ou procedementos da dirección.
Ten plena validez o lema “viva a tradición”. Rexeitase de plano calquera idea innovadora.
Existe un sentido de orden e un alto grado de innovación.
A innovación non abrangue, especialmente, en quen ten o poder de dirección.
A dirección e o persoal do grupo adáptanse rapidamente aos cambios e anticípase o futuro.
A xente “come” as súas frustracións.
As frustracións son un signo que chama a atención.
Un día de tolos!
Hoxe pola mañá, pouco despois de chegar ao traballo envíolle por e-mail a Directora da UPD o traballo que ando facendo para que lle bote unha ollada.
Ao pouco tempo chámame:
- Haz el favor y me marcas lo que vas haciendo nuevo, sino no me entero de lo que has avanzado.
Respóndolle que non podo perder o tempo sinalándolle o que fago para logo volver perdelo borrando eses mesmos sinais (pois dime que sinale con asteriscos vermellos todo o que sexa novo) e isto cada día; ao cal me nego. A súa resposta:
- Es que a ti te cuesta hacer las cosas bien
Non. Non é que me coste, quizais tal e como ela entende ‘hacer las cosas bien’ (diso xa falarei abondo), que é dun xeito un tanto peculiar. Insisto en que “lendo o traballo axiña se perciben os avances”, claro que para iso cumpre telo lido antes. En fin, si non hai con que comparar non se ven as diferencias. Recálcolle que “niso consiste traballar”. Resposta:
- Estas como un cencerro -. E colgou (desta vez foi máis rápida ca min).
Madia leva! Ben a pulso que mo teño ganado; e ben o sabedes os que ledes este blog. Cumpre estar como un cencerro -na miña terra chamámoslle chocas- para escribir este post, isto, ou isto outro cando te ameazan con “consecuencias” si abres a boca,… e outras cousas máis que mellor non contar. Mais,…  é o que ten o ir pola vida de fronte nun país de caciques, que te toman por tolo. Tolo non sei, pero un pouco temerario si que son, pois a sensación que teño é a de ir polo carril contrario.
O normal neste país é ir lambendo cus aos políticos de quenda para que che dean un traballo que por méritos xamais acadarías; o normal, si, é normal, é que as persoas máis ineptas e irresponsables acaben -miren que contradición- desempeñando postos de responsabilidade. Si, en días como hoxe, un só pode pensar que grazas a desfeita do 1M moitos deses ineptos e irresponsables foron cara as súas casas. Outros aínda andan por aí…
Mentres tanto, só podo apiadarme daqueles que a partir do 26 de decembro lles toque soportar a Nuria Bueno Aizpuru, porque, non o dubiden, atoparanlle algún oco.
Un conto que ven ao conto: un caso sen remedio.
Contos do Siñor Cosme (IV), por Roi Xordo, xGaliza
O nacionalismo Galego nos seus programas políticos. O século XX
A Fundación Galiza Sempre recolle neste volume algúns dos principais textos políticos producidos polo nacionalismo galego no século XX. Comeza co Manifesto da Asambleia Nazonalista de Lugo, 1918, da que me chama a atención, nada máis comezar a súa lectura, o que di a previa (I Previa):
Tendo a Galicia todal-as características esenciaes da nazonalidade, nós nomeámonos, d-oxe pra sempre, nazonalistas galegos, xa que a verbe rexionalismo non recolle todal-as aspiraciós nin encerra doda a intensidade dos nosos problemas.
Que cambiou nos derradeiros 90 anos, ou mellor dito, nos derradeiros nove meses, para que quen se presentou, non hai moito, como candidato a presidencia da Xunta de Galicia polo nacionalismo galego, de súpeto, se converta en Presidente do Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos? Son tan cativas as aspiracións do novo nacionalismo que xa se permite xogar ós triles coas verbas nacionalismo, rexionalismo e autonomismo?
Velaquí as imaxes que censura a TVG. Vídeos dunha xornada histórica a prol do GALEGO
Que o Demo llelo perdoe (que diría Avelino Pousa Antelo)
<object width="525" height="425"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/hfEwQbIXzog&hl=es&fs=1&color1=0x006699&color2=0x54abd6"></param><param name="allowFullScreen" value="true"></param><param name="allowscriptaccess" value="always"></param><embed src="http://www.youtube.com/v/hfEwQbIXzog&hl=es&fs=1&color1=0x006699&color2=0x54abd6" type="application/x-shockwave-flash" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" width="525" height="425"></embed></object>
<object width="525" height="425"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/538GeH44Q5c&hl=es&fs=1&color1=0x006699&color2=0x54abd6"></param><param name="allowFullScreen" value="true"></param><param name="allowscriptaccess" value="always"></param><embed src="http://www.youtube.com/v/538GeH44Q5c&hl=es&fs=1&color1=0x006699&color2=0x54abd6" type="application/x-shockwave-flash" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" width="525" height="425"></embed></object>
<object width="525" height="425"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/2NI6FeDZCBY&hl=es&fs=1&color1=0x006699&color2=0x54abd6"></param><param name="allowFullScreen" value="true"></param><param name="allowscriptaccess" value="always"></param><embed src="http://www.youtube.com/v/2NI6FeDZCBY&hl=es&fs=1&color1=0x006699&color2=0x54abd6" type="application/x-shockwave-flash" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" width="525" height="425"></embed></object>
<object width="525" height="425"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/s4FidRNz3IY&hl=es&fs=1&color1=0x006699&color2=0x54abd6"></param><param name="allowFullScreen" value="true"></param><param name="allowscriptaccess" value="always"></param><embed src="http://www.youtube.com/v/s4FidRNz3IY&hl=es&fs=1&color1=0x006699&color2=0x54abd6" type="application/x-shockwave-flash" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" width="525" height="425"></embed></object>
<object width="525" height="425"><param name="movie" value="http://www.youtube.com/v/ajQYW0AdHEQ&hl=en&fs=1&"></param><param name="allowFullScreen" value="true"></param><param name="allowscriptaccess" value="always"></param><embed src="http://www.youtube.com/v/ajQYW0AdHEQ&hl=en&fs=1&" type="application/x-shockwave-flash" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" width="525" height="425"></embed></object>
Grazas a Blogaliza TV (vía chuza!)
Grazas por nos espertardes!
O vindeiro domingo, día 18, convocados pola plataforma Queremos Galego, producirase a maior manifestación a prol da lingua galega da historia de Galiza. As razóns que a motivan: os continuos ataques e vexacións as que se ve sometida a nosa lingua -e os que a falamos- polo actual goberno da Xunta de Galiza, ignorando o mandato do Estatuto de Galiza que prioriza o galego sobre calquera outra lingua, o da Constitución, pola que tanto babean, que establece un marco de especial respecto e protección para as linguas do estado,  e mesmo contrariando as directrices marcadas pola Unión Europea respecto das linguas minoritarias que obrigan a velar pola conservación e o desenrolo do patrimonio cultural europeo.
Pode que non acade a mesma repercusión nos medios españois de España como si tiveron outras manifestacións minoritarias que defendían xustamente o contrario, nin sequera nos medios españois de Galiza mais, pese ós atrancos mediáticos, a preocupación polo galego si está calando forte en tódolos sectores da sociedade, fartos xa do eterno sometemento a unha lingua de fora: a castelá.
Por riba, tivemos que soportar o victimismo bífido daqueles castelán-falantes que non son máis vítimas que da súa propia ignorancia, da súa torpeza para aprender linguas e/ou dos seus  complexos de inferioridade para falar a lingua de seus pais; é este un vitimismo inxustificado, en tanto que a lingua realmente agredida non é outra que a galega, practicamente inexistente na maioría dos medios de comunicación (prensa, radio, televisión,…), na cultura (libros, cine, exposicións, deporte,…), nos servizos privados e públicos (xustiza, menciña, ensino,…) e un largo etcétera.
Non era suficiente a marxinación a que xa estaba sometida a lingua propia do país para que, dende a chegada do Sr. Feijóo a Xunta de Galiza se eliminase a obriga do galego para o acceso a administración pública, se reduza a súa presencia no ensino, se eliminen as axudas a tradución,… e así toda unha ringleira de ataques a nosa identidade en contra do que manda o Estatuto, a súa defensa. Isto é o que nos move.
O vindeiro domingo reuniranse en Santiago de Compostela nenas e nenos, mulleres e homes do campo e da cidade, xente traballadora, con e sen traballo, da terra e do mar, o empresariado, o funcionariado, xubilados, xente de esquerdas ou de dereitas, nacionalistas de aquí -non os de alá- non nacionalistas e galeguistas, xente seria, de esmorga, ridiculistas,… unha maréa de xente diversa comprometida co que é máis seu: a lingua galega; e cunha mensaxe clara: QUEREMOS GALEGO!!!
zepa si, ZEPA NON!, zepa si,…
Un agricultor de A Limia (sic)
Hai un par de anos non se falaba de outra cousa na Limia. O PP encargárase de meterlle o medo no corpo a xente, amedrentándoos con que o plan que o PSOE preparaba para A Limia ía facer que moitos propietarios se visen privados das súas terras e moitos outros visen restrinxida a súa actividade sobre as mesmas. Empapelaron toda a comarca con carteis da plataforma ZEPA NON, encheron autobuses, pagados con fondos municipais, para levar de excursión ós agricultores -como os da foto- a capitalidade da comarca. Dende o BNG non se oíu nin chío. Quizais algunhas críticas cara o SLG, máis fortes no ámbito privado que no público, pola participación na convocatoria e co-organización das mobilizacións de protesta. Dicían entón que o ZEPA non era da súa incumbencia, que se trataba dunha área do PSOE e non lles correspondía meterse aí.
PP e BNG mantivéronse nas súas posicións ata o 1 de marzo, uns continuando asustando ós vellos -e ós non tan vellos- e os outros mirando cara outro lado. A partir daquela data, e co cambio de goberno en Galiza, ós asustavellos tocoulle levar a práctica o ZEPA de A Limia, e fano sen rechiar, obrigados pola normativa europea, iso si, facendo o menor ruído posible para que non se enteren os veciños. Os outros, os do BNG, agora posiciónanse en contra, nun acto puro de incoherencia e demagoxia, tratando de atraer, cara si, o voto daqueles que aínda non lle pasou o medo.
Nin o posicionamento duns -PP- nin de outros -BNG- resulta agora crible xa que mudaron o seu discurso o pasar da oposición ó goberno e viceversa. En ningún momento, nin dende unha posición, nin dende a outra, trataron de informar ós veciños sobre cales son as verdadeiras razóns para introducir un ZEPA na Limia -obriga da UE-, cal vai ser o alcance da mesma, como lle vai afectar ós agricultores -restricións, compensacións,…- ou que obxectivos se pretende acadar, pois a recuperación de parte do humidal tamén traerá beneficios para a zona. Só se adicaron a desinformar, a manipular, a cabrear a xente e de aí, do cabreo, arrabuñar o seu voto.
Agora mesmo, na comarca, todos son conscientes de quen si foi de fronte, quen lles falou claro, quen tratou de informalos -aínda que non lles fixeran caso-, asumindo que a verdade non ía gustar. Ese partido foi o PsdeG i é quen ten agora todas as de gañar, por manter o mesmo discurso, por conservar a coherencia.
Persoalmente, agardo que A Limia aproveite esta oportunidade. Quen sabe si será a última.
Propiedade, terra e traballo
Esta semana tocoume dar un módulo de creación de empresas a un obradoiro no Concello de Os Blancos (Ourense), unha materia nova para min, pois non son economista, en substitución dun compañeiro que está de vacacións e si o é. Como non pretendo pasar por especialista nunha materia na que non o son plantei o módulo dun xeito totalmente diferente ó que viña sendo habitual [explicar como se elabora un balance e como crear unha empresa a partir dunha franquicia: BEEP (sic)], comezando cun tanque de ideas, logo madurando e analizando esas ideas para rematar facendo un plan de empresa, sen pasar por alto a importancia de realizar estes tres pasos antes de por en marcha calquera proxecto empresarial.
Teño que destacar a participación de todos na reportación de ideas que, amais de numerosas eran acordes coas potencialidades da zona e, case todas, coas posibilidades dos participantes. O problema xorde en forma de desconfianza, coma sempre, cando finalmente falamos de crear sociedades e realizar reportacións ós proxectos. Falamos abertamente desa barreira psicolóxica máis non logramos derrubala aínda que si, recoñecela. Hai tempo que lin un estudo que falaba da confianza que as persoas teñen nos seus socios de empresa nas diferentes comunidades. Segundo este, os cataláns son os que máis confianza depositan e os galegos os que menos. Non fai falla que engada nada máis.
Máis este post non ía por aí. Quería falar de riscos, o outro medo que nos atenaza a hora de crear unha empresa: perder o diñeiro invertido. Preguntei ós compoñentes do obradoiro por que si estarían dispostos a arriscarse a hora de comprar unha vivenda e, sen embargo, non o están para crear unha empresa. A resposta máis usual é que todos necesitamos unha vivenda na que vivir -o que eu respondín que tamén necesitamos un traballo para pagala… e para vivir- e que, de ter que pagar por ela é mellor comprala que alugala, pois así terían algo que deixarlle ós seus fillos.
Aquí comezou un novo debate. Que é o que os país deberían deixarlle ós seus fillos? Propiedades ou traballo? Estando como estabamos nun entorno rural pregunteilles a todos si tiñan terras, ó que responderon afirmativamente e logo enlacei a súa resposta con outras dúas preguntas: que credes que vos estaban deixando os vosos antergos cando invertían en terras? Unha propiedade ou un medio de vida, isto é, traballo?
Coido que aquí é onde comprendemos todos, incluído eu, cal era a verdadeira importancia da terra para os nosos antecesores: era o medio que nos garantiría traballo no futuro. A propiedade da terra era a ‘empresa’ que un cidadán galego, nunha sociedade baseada nunha economía primaria, podía deixar ós seus descendentes.
Nalgún intre da evolución da nosa sociedade, tan preocupada sempre por deixar algo, esquecemos que era o mellor para deixar ós nosos descendentes [propiedade (vivenda, diñeiro,...) ou traballo (empresa)], porque no pasado unha cousa -propiedade (terra)- e a outra -traballo (terra)- eran o mesmo.
Preguntas sen respostas
A recorrente escusa da Voz como causa da desfeita nacionalista do 1Marzo só está servindo para crear un mostrou de dúas cabezas, unha (Santiago Rey, o dono do xornal) ó atribuírlle a alguén un mérito que non lle corresponde e, outra, ó permitir, a súa vez, que os verdadeiros culpables consigan zafarse das súas responsabilidades.
É unha dúbida que veño sementando en diversos foros nos que se insidia (ou catapulta, segundo o punto de vista) asiduamente este xornal. Aínda non hai resposta, máis non desespero.
Preguntaba a Antón Bahamonde, hai uns días na súa trincheira, que influencia cría que tivo a RTVG (por non falar de TVE, La Sexta, CNN+, Cuatro, Xornal, Vieiros, El País, Público, e algún outro máis) nas pasadas eleccións galegas?
Non se pode dicir que estes medios se mantivesen ó marxe da disputa política, nin negar a súa influencia nun importante sector da poboación. Aínda non vimos análises rigorosas, con queixiños de cores, ó respecto. Nin virán. Non o fará porque quen si realizou eses estudos para demostrar a influencia de La Voz, probablemente non pretende outra cousa máis que manipular. Un exemplo, o post de Calidonia: de como un xornal bota abaixo un goberno. Onte, ó fío desta chuzada volvín a preguntarme o mesmo: onde están as comparativas de audiencias da TVG, RG, El País,… cos votos do PSOE e BNG? Alguén se cre que estes outros medios foron, son ou serán neutrais? De verdade, alguén se cre que exista un medio que ‘decide’ pola súa audiencia e que os outros non o fan pola súa?
No fondo, a cousa funciona así: como gañou o PP vinculamos a súa vitoria coa información e influencia da Voz. Si fose ó revés dende a dereita estarían acusando a televisión pública de estar manipulada, que o estaba, vaia si o estaba, e os medios privados -Vieiros, Xornal, El País, Público,…- de orquestrar unha campaña sucia contra o PP. O conto é vello.
Globalización e Gobernanza
O autoritarismo constitúe unha das claves principais do fracaso do proceso de integración europeo. Europa é débil, as súas institucións ilexítimas, as súas políticas ineficaces, os seus cidadáns non se senten implicados nin involucrados, xa que a inexistencia de gobernanza na mesma impediu a cooperación entre os distintos niveis de poderes a fin de aplicar a axenda comunitaria no intre de afrontar os retos globais.
Ata aquí a realidade. Agora déixolles a declaración de intencións que introduce o “Libro branco das Rexións para a Gobernanza Multinivel” e valorade quen é o que moe do revés:
A gobernanza constitúe unha das claves principais do éxito do proceso de integración europea. Europa será forte, as súas institucións lexítimas, as súas políticas eficaces, os seus cidadáns sentiranse implicados e involucrados, si o modo de gobernanza da mesma garante a cooperación entre os distintos niveis de poderes a fin de aplicar a axenda comunitaria e de responder ós retos globais.
O Informe especial nº 307 do Eurobárometro puxo en alerta ós dirixentes da Unión Europea. Segundo o mesmo, os cidadáns europeos esperan unha Europa máis acorde coa súa realidade cotiá. Así, o 59% dos que participaron nesta enquisa consideran que os entes rexionais e locais non son tidos suficientemente en conta no marco do proceso europeo.
Amais, a cidadanía europea amosa moito máis apego pola democracia no ámbito local e rexional, feito constatable, amais, na participación dos electores nos diferentes comicios electorais. Canto máis próximos son os órganos que se dirimen electoralmente máis elevada é participación. Esta situación obriga a Unión Europea a mudar a súa estratexia actual por outra máis descentralizada.
O Libro Branco das Rexións sobre a Gobernanza Multinivel, feito público o pasado venres, 4 de setembro de 2009, faise eco da vontade de «Construír Europa en asociación» e fixa dous grandes obxectivos estratéxicos: favorecer a participación no proceso europeo e reforzar a eficacia da acción comunitaria.
O Comité das Rexións entende a gobernanza multinivel como a acción coordinada da Unión, os Estados membros e os entes rexionais e locais, baseada na asociación e destinada a elaborar e aplicar as políticas da Unión Europea, inducindo a responsabilidade compartida dos diversos niveis de poder en cuestión baseándose en todas as fontes de lexitimidade democrática e na representatividade dos diversos axentes implicados.
O Comité das Rexións recomenda que as reformas estratéxicas comunitarias importantes se acompañen cun plan de acción territorial concertado entre a Comisión Europea e o Comité das Rexións. Si estas propostas fosen unha realidade -e efectivas- dende a nosa integración na Unión Europea agora non estaríamos falando do desmantelamento no noso tecido produtivo (agro, gandería, pesca,…) e industrial (que prexudicou dun xeito especial ó sector naval).
Fálase neste documento da instauración de ferramentas apropiadas ó apoio da democracia participativa, acepción esta que fai tempo que foi introducida nos distintos programas dos partidos de esquerda, máis que en raras ocasións se chegaron a concretar cando estes chegaron a gobernar; tamén da consolidación da práctica da asociación, tanto nun sentido vertical entre «entidades territoriais — Goberno do Estado e Unión Europea», como no horizontal «entidades territoriais — sociedade civil», en particular en el marco del Diálogo Social.
Os ponentes do Libro Branco das Rexión para a Gobernanza Multinivel, o belga  Luc Van den Brande e o francés Michel Delebarre, apostan pola sistematización do análise do impacto territorial, gracias á implicación, dende a fase inicial da decisión política, dos distintos axentes interesados, de maneira que englobe as repercusións económicas, sociais e medioambientais das propostas lexislativas e non lexislativas comunitarias relativas ós territorios.
Segundo o Comité das Rexións existe o perigo de que poidan ver o día tentativas de renacionalización das políticas comúns e de centralización dos recursos, e entende que, polo contrario, a globalización reforzará a pertinencia da gobernanza multinivel, un plantexamento equivocado ó meu entender, pois é o fenómeno globalizador unha das razóns fundamentais da deslocalización decisoria, alonxando cada vez máis os órganos decisorios dos problemas que particularmente nos afectan cada día. A mellor proba témola en Galiza pois,  a quen escoitaba Europa mentres se desmantelaba o noso tecido económico-social? Dubido moito que ó pobo galego. Logo, onde a gobernanza?
Mais, entendo que este documento non fala de gobernanza, senón máis ben dunha reformulación do concepto, un método de gobernanza a súa medida que combine, a un tempo a afirmación da globalización e a aparición dun mundo multipolar e, por outra banda, a continuación do proceso de integración europea con vistas a eliminar calquera rastro de fronteira e unir os mercados. Iso non é gobernanza ou, polo menos o que tradicionalmente se entende por iso.
A gobernanza está relacionada coas presións que determinados grupos exercen sobre os gobernos facendo que estes abandonen moitas das súas funcións clásicas ou muden as súas políticas. Müller e Wright (1994, páxinas 1-7) identificaron estas seis: a presión ideolóxica, a das élites políticas, a da cidadanía, a da internacionalización dos circuítos financeiros e industriais, a da europeización e a da tecnoloxía. Tratar de artellar todas esas presións externas non é máis que outro xeito de controlar para logo silenciar.
Agora mesmo, os riscos esenciais da globalización son que as diferentes sociedades se volvan uniformes -nisto si coincido co informe- contra o cal se recomenda fomentar a diversidade (?), e  o aumento das desigualdades nos Estados membros e entre os Estados membros. A receita para evitar isto último é defender a solidariedade (?). Moi bonito todo! Só falta engadir que para rematar coa fame no mundo hai que aportar comida ó famento. En fin, cando menos xa temos os principios, agora poñan as normas que os rexan.
Curiosamente, esas dúas solucións que ofrece o Comité das Rexións para paliar os riscos da globalización, salvo que os conceptos diversidade e solidariedade teñan outro significado distinto para eles, son contrarias a todo proceso globalizador, proceso que nos leva ós cidadáns de todo o mundo a consumir os mesmos produtos (dende os máis básicos, como a comida, ata os excepcionais, vinculados co ocio) favorecendo as grandes empresas internacionais sobre as máis pequenas de carácter local. O resultado real disto é máis uniformidade socio-cultural e máis desigualdade económico-social. Unha multinacional non é solidaria senón que busca permanentemente recursos cos que ser cada vez máis forte e eliminar a súa competencia actual e levantar barreiras a potencial. Tampouco apostan estes entes pola diversidade, senón por producir co menor custe posible e, para facelo, é preciso que os seus produtos sexan os mesmos en cada recuncho do planeta. Calquer variación, por pequena que sexa, afecta ó beneficio.
O mellor xeito de evitar que acabemos parecendo seres humanos enlatados e deixar que as decisións se tomén o máis preto posible do cidadán e polo cidadán, sen presións alleas estatais, supraestatais e mesmo das multinacionais. De non ser así, nunhas xeracións, todos sardiñas.