do acougo ao desacougo

Escribir sosego nunha folla sen acougo, un alivio, calma mol, borrando estados de ansiade, procurado atopar nas palabras o que non comprende o pensamento. Sentir o verbo fluír, tecla a tecla, enchendo ringleiras, follas, iso é o éxito: verte a ti mesmo de fronte, no silencio da noite e da soidade.

Segundos de acougo perecedoiro fan que cada encontro sexa unha experiencia única. Somos seres civilizados. Si. Somos seres coa capacidade innata de perseguir cada día o noso propio desacougo (tamén o alleo). Somos febles. Cunhas simples palabras, un xesto, ou sen facer nada, somos capaces de caer ou facer caer a outra persoa na trampa do desasosego, do ofuscamento, da tempestade, do atafego.

Unhas palabras, “catro palabras”, como as que motivaron o encontro e desencontro. Encontros ao acougo, desencontros ao desacougo e dende este ao encontro con un mesmo. Catro palabras precisas abondan.

Atopar o acougo? O acougo é para min un lugar no espazo ou no tempo ao que poder acudir ou fuxir nos intres de tormento. Contar cun lugar así é un privilexio que eu atopo entre románticas lembranzas do pasado, viaxando ate a miña infancia. Digo que é un privilexio, pois moitas outras persoas non dispón das portas abertas cara ese lugar, o pasado, ben pechado con mestas cancelas cadeas e candeados, pexándoas, afogándoas a cada instante, levándoos coma un canto rodado sobre o leito do río, de golpe en golpe, golpeando tamén a canto se lle achega.

As encrucilladas non teñen culpa, elas nin ven nin van, están. Somos as persoas que imos e vimos sen estar. Cruces e máis cruces, enlazando curvas e rectas, saltando vales e furando montañas,… Os camiños, como na vida, poucas veces se cruzan, nun deses cruzamentos xurdiu o acougo, o desacougo, acougo, desacougo,…

arquivo de mOendo

Febreiro 2012
L M M X V S D
« Nov    
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829  

fontes/feeds


Anota o teu enderezo:

Delivered by FeedBurner

Powered by FeedBurner

arquivo, mes a mes