alegoría

 

Carruaxe, cabalos, cocheiro.

Corpo, emocións, cabeza.

Este corpo, agasallo inmerecido,

carruaxe dexenerativa que me leva pola vida,

chegoume sen pedilo;

as emocións, din, son un ben necesario,

conxunturalmente pérfidas, penso,

a cabeza, a razón, esa forza que me guía e turra de min,

percorrendo descoñecidos e enramados camiños.

 

Mais sen a razón,

intuitivo cocheiro, que conduce miña vida,

neste corpo molar, amolado,

moitas veces arrastrado pola furia

engruñada nunha alma esgazada,

seguiría camiño a temida autodestrucción.

 

Que sería de min se o cocheiro

perdese a cabeza

por amor, por carraxe, por impotencia…?

Que serían desta carruaxe con cabalos desbocados

escorregadas as rendas dunhas mans espásticas?

Pois de todo iso dependo.



arquivo de mOendo

Febreiro 2012
L M M X V S D
« Nov    
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829  

fontes/feeds


Anota o teu enderezo:

Delivered by FeedBurner

Powered by FeedBurner

arquivo, mes a mes