amor adolescente
Adolescente
namorado
converso.
Namorado estaba en adulto silencio,
sen saberme, sequera imaxinarme,
correspondido.
Pensarte,
pensarme xunto a ti estimula meu desexo
saber que ti pénsalo mesmo faime tolear…
Coñecía ben meus sentimentos,
paralizábanme arreguizos co fitar de túa ollada melosa
ficaba teso coma carambelo pendurado
ao teito
na invernía dun xaneiro,
corría apresurada sarabia en labirínticas veas xeadas
coa viruxe da túa frívola presenza
apurando o tempo en mimética lentitude
dunha solitaria folerpa
caendo ao enxoito chan onde esvaecerse
coa mesma cachaza da aterraxe.
Compartir todo isto contigo
convérteme nun neno, un neno parvo,
desamalloa o forte nó dun tempo perdido,
no que non era máis que aquel pailán.
Conto as horas para estar xunto a ti,
a teu lar e abrazarte de xeito apaixonado
protexéndome, iso si,
da friaxe que provocas en min.






