cara o mar

Cara o mar
 

Non quero que a doce corrente leve a miña tristura

nin aniquilar a dor aniquilando o desexo,

como pedía Buda.

 

Non, eu comparto con Lois Pereiro o desexo de

sufrir, quebrar a cabeza e ate afundirme,

si é preciso,

antes que esquecer cada intre a teu carón,

cada bico, miradas, sorrisos, aloumiños,

as túas mans frías,

xeadas, aterecidas, tremendo,

dentro dun corpo ardente, fervoroso,

inquedo, cruzando unha perna

sobre a outra, arrandeándoa,

convidándome…

…a collerte da man.

 

Négome a esquecerte,

fada negra de alas e corpo branco

que espido confunde,

manipula e trampea a realidade

aos ollos deste simple mortal.

 

Négome sequera

a apartarte a un recuncho da miña memoria

xunto as infaustas lembranzas que me deixaches

marcadas a ferro quente

neste corpo enervado.

Ese soño tantas veces anhelado

xaora penso, non pode darse xa,

es agora un desexo inaccesible,

eses días feneceron,

só foron froito

dunha loucura compartida,

nun tempo fuxidío,

breve

coma un lóstrego,

furtivo,

coma praxe do mal cazador,…

 

… porque mentes cando dis que amas.

Porque mentes cando dis que non me amas,

porque che mentiría eu si non afirmase amarte,

porque che mentiría si negase odiarte.

Porén, cando me paro sobre a ponte dun río,

sobre o Miño,

río que cruzo a cotío,

sento como a corrente quere arrastrar toda esa

dor,

e con ela, todo ese amor que gardo en min,

e négome, resisto a súa forza

avasaladora

que turra dese tesouro acochado

tesouro atronador.

 

Resisto, aférrome a varanda

para que toda a dozura

que de ti recibín,

endexamais remate estrelándose

contra as rochas

que con violencia rodan no seu leito

profundo, esféricas, esvaradías

ate chegar á Garda

onde remata o traxecto da dozura

da elemental masa que me empurra.

 

E rachar, rachar

coas rochas da Costa da Morte,

e bater, bater

cos acantilados de Cabo Ortegal,

e perderse, perderse

entre os labirintos das Catedrais.

 

Resisto, resisto

o curso da corrente que contemplo

para saborear

o sabor doce do teu corpo

que perdura no meu pensamento

para que endexamais se volva salgado,

intragable ao padal.



arquivo de mOendo

Febreiro 2012
L M M X V S D
« Nov    
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829  

fontes/feeds


Anota o teu enderezo:

Delivered by FeedBurner

Powered by FeedBurner

arquivo, mes a mes