collage II

 

Lois Pereiro (poesía última de amor e enfermidade 1992 – 1995)

 

Cando o amor se dilúe en hemorraxias (71)

crer outra vez en min mesmo sería o máis doado (16)

deixándome levar sen resistencia (19)

resistencia pasiva, resistencia frontal (20)

contra o medo (29)

silenciado. (61)

Noites en branco coma sabas húmidas (39)

como única compaña unha vez máis. (69)

Teño a cabeza no centro do mundo (23)

e o corpo é unha paisaxe de batalla (13)

solitario, enfermo, fatigado, (103)

da morte en “stand by” que me acompaña (49)

a vida anoitece en cada oso (58)

… e as dúas portas do mundo están abertas /

fuches ti a que as abriches na alta noite, (52)

cohabitando os teus soños (55)

souben / que aínda respiraba e seguía vivo (95)

e o amor de sempre oculto e prohibido, /

selado e transferido. (73)



Entre paréntese a páxina da que foi arrincado o verso. Edicións Positivas



arquivo de mOendo

Febreiro 2012
L M M X V S D
« Nov    
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829  

fontes/feeds


Anota o teu enderezo:

Delivered by FeedBurner

Powered by FeedBurner

arquivo, mes a mes