debo escribir e ser sincero
Que sentido tería mentir
cando non escribes para ninguén?
Que sentido ten mentir
cando escribes para alguén?
Ten sentido mentir?
Quixera que cada verba fose certa,
non quixera xamais ser cómplice de mentira algunha,
de ningunha.
E funo xa.
Vítima dos teus enganos!
Teño moito dano que reparar.
Agoriña!
Xa!
Teu desprezo dáme pulo.
Non podo soportar
alongar
a dura pesadume que me abrangue.
Será imposible desfacer
o encerellado en que me vin
sen que as gadoupas
da verdade te fagan esbagoar
espiñentas bágoas nunha meixela
enxoita pola fuxidía mentira
desa boca feiticeira.
Leo a Lois Pereiro e consólame,
consólame saber.
Fareille caso, el entende
enténdeme,
incluso soterrado
sabe de que falo.
Vexo súa imaxe, míroo,
os ollos dun morto nunca menten,
non pestanexa,
el non torce a calivera
ao preguntar
ao revés ca ti
di a verdade.
Rexo
agarda agradecido meu cuspe
anaco de vida e furia
e llo dou!






