derrotadas

 

Outra vez Lois Pereiro,

e outra vez obrígame a tomar nota.

 

Ao lelo,

De novo fuches TI a primeira lembranza.

Aquel día, aquel fermoso reencontro,

nada máis verte asomar

cun sorriso no acceso

da túa cova, porta do tempo

-gardo aínda a imaxe -

agardando impaciente a chegada

-síntoo teu alento

soltando un suspiro velaíño-

acochando o teu corpo de serea

nunha bata branca

mil veces utilizada.

 

Vinte… e como te vin

vinte tan derrotada!

 

Logo fúchesme descubrindo

segredos,

problemas,

medos e tormentos

que te foron zugando neste tempo

abrícheste a min nunha arroutada

de sinceridade

e entón foi cando te vin

vinte e comprendín

como de verdade es:

grande, forte e valente!

Só porque estabas aí,

viva,

loitando,

sobrevivindo todo.

Sentinme pequeno, débil ao túa carón.

 

Un privilexiado

coitado xunto a ti.

 

Envexo esa forza,

forza inxente dunha nai

forza coa que as mulleres

lle plantan cara a vida,

aínda que logo acochen a súa dor

asumíndoa para si,

calándoa,

para protexer aos que se lle supón máis valor

homes ignorantes

felices de si

despreocupados,

que alleos viven,

a canto acontece arredor.

 

Dor in pectore

dor que por ser ocultada

inmola co flaxelo azoutador

golpeando permanente

e violentamente

no interior esnaquizado

dor consciente

dor inconsciente.

 

Roe e rabuña

sen descanso,

soamente en TI,

óese ao lonxe como cravuña,

tanto que, ao preto,

se escoita rexer

a gadaña

nas maltratadas febras

do teu corpo.

E ti soa aturas,

atúralo todo.



arquivo de mOendo

Febreiro 2012
L M M X V S D
« Nov    
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829  

fontes/feeds


Anota o teu enderezo:

Delivered by FeedBurner

Powered by FeedBurner

arquivo, mes a mes