en tódalas partes hai dor
Ser o ser egoísta
que cres ser,
crer ser TI quen gorece
a exclusiva sobre a dor
e o espiñento sufrimento.
É iso egolatría?
Non, maldita egoísta,
é obsesión!
En todas partes hai dor.
En TI áchase a forza para vencela
e vencer vencíchela deica agora.
En TI tamén hai desexo
e gozar gozaches sen reparo ao acadalo,
felicidade fuxidía.
Atópaste a miúdo con problemas
e resolvelos, unhas veces si, outras non,
teimosa preocupación
dun futuro que aínda non chegou.
Hai soños en TI, moitos,
cando dormes e cando estas esperta,
soños para TI,
desbaratados algúns, os que máis.
Mais soñas…
soñas para os teus,
soños que ti vas facendo realidade,
plantado xermolos ao teu antollo,
eses, os que de verdade
queres ver xermolar.
E TI dis selo berce do ego?
Maldita ególatra!
Quixera eu a meu carón,
para sempre, a alguén coma TI.






