hoxe durmo contigo

Quixeches ti que fose así.

A máis dun cento de quilómetros

maila intrusa distancia

durmimos xuntos

coas orellas pegadiñas

o un ao outro.

 

Apertáchesme e déchesme mimo

como endexamais o fixeras,

cunha tenrura envolvente,

sen mirarme aos ollos perniciosos,

soamente intuíndo

que te miraba,

sen achegarnos nin bicarnos,

soamente desexando

sentir esvarar túa boca sobre a miña,

premer forte…

a mantenta,

morder teus delicados beizos…

amosegando,

e lamber, relamber,

fedellando,… saboreando o entullo encoro,

fluída morriña amorosa,

boca desbocada apaixoada.

 

Mentres,

esperto soñaba

ao son dunha celmosa voz

agarimosa,

nostálxica,

sosegada.

 

Foi a noite máis fermosa

de entre todas

as noites…

breve e longa.

 

Unha noite sen estrelas,

sen lúa,

sen luces,

na escuridade dunha habitación,

ti na túa,

eu na miña.

Só o son dunha meiga voz

túa máis a miña nunha

xuntas, un trebón de pensamentos

sopra rachando silencios

delourando acochados segredos de alcoba

con palabras de cor esperanza.

 

Ben pegadiños os dous,

“agustítooo”, me dis,

coa distancia en medio,

ouzo renovada concupiscencia axitada

ferventía xunto ao rosmar dunha fervenza

 

amámonos con ansia febril.



arquivo de mOendo

Febreiro 2012
L M M X V S D
« Nov    
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829  

fontes/feeds


Anota o teu enderezo:

Delivered by FeedBurner

Powered by FeedBurner

arquivo, mes a mes