Importa, si
Pouco importa, ou nada,
do que nos sucedeu (?)
importa, si, o xeito en que se senten os feitos,
as emocións que nos abranguen,
moitas, todo, a min,
poucas, nada, a TI.
Todo e nada
afastados polo chanzo espetado nunha bifurcación
labiríntica
vieiro xardín da vida.
Ti fúcheste sen nada,
Eu, eu quedo aquí con todo.






