luz fugaz
-albadea-
Raiola perdida ofúscalo pensamento
ilusións,
incertezas,
razóns,
razóns lóxicas,
transcorren en caótica desorde
de enfiadas faiscas finxindo un festexo
por ti, que te vas.
-anubía-
Xa raiola desaparecida
acochala luminescencia
nesgando realidades
esburacando agora
co cume dunha daga traizoeira
sobre as costas dunha nube negra
para zafarte de novo
raiola inqueda,
insensible as frías bágoas
da torboada que te acompaña.
Renegando de ti
sairás xaspeada da negrura
mais xamais volverás ser aquela raiola
que dende a peaña escura me abraiou un día.
TI
serás só nidia lembranza.






