Maldicido
Afeito a maldición
fada escura de furiosa mirada
cravada nun buraco negro
negro pasado
fico incapaz de sentilo meu alento
sen que llelo ordene meu pensamento.
Temo sufrila “maldición de Ondina”
meu corazón non late sen llelo ordenar,
pernas inertes,
brazos inmóbiles,
ser inanimado,
pasivo,
agardando unha orde
ou quizais un despiste,
adormecer,
durmir,
exhausto,
morte súbita.
Fin silenciada que non será.






