nimia

 

Nimia!

Así es TI

unha verba

un achado único

como única es TI

antónima de TI mesma

contraditoria,

confusa,

insignificante,

“sen significado preciso fora de contexto”,

coma TI,

soa,

que o mesmo te excedes en eloxios

inmerecidos

nimios

exiguos

TI

 

que pescudas en cada frase

coidadosamente

nimiamente

na procura dunha ilota escusa,

para dar unha resposta prolixa

espraiándote ‘agustítooo’

desabafando as emocións que a

TI

A TI te atormentan

fozando cal porco bravo entre lama e cuspe,

cuspido polo valente cazador nocturno,

na chaga aberta

cada vez que tes preto

un home cheo de fendas

causadas por TI.



arquivo de mOendo

Febreiro 2012
L M M X V S D
« Nov    
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829  

fontes/feeds


Anota o teu enderezo:

Delivered by FeedBurner

Powered by FeedBurner

arquivo, mes a mes