por quen choran eses ollos?
“Los cautivos del miedo no saben que están presos»
Por quen choran eses ollos estrelados,
por quen eses beizos rosáceos?
celmosos, atraentes, perigosos
son abruñeira en flor.
Por quen se laia esa escarabanada voz
melosa e gozosa?
A quen percorres coas túas xélidas mans
mentres me tocas,
a quen ves na escuridade dos meus ollos
cando me ollas,
a quen me agochas nesa sombra
neste noso leito de amor?
A que xogan os medos
para que logo daquela noite,
marabillosa, inesquecible, para min,
todo mudase de súpeto.
Que foi?
Dura debe ser a resposta
que non merezo coñecela,
mais, máis dureza hai no calote silandeiro,
creme, calote que me atormenta.
“Patas arriba, La escuela Del mundo al revés”, páxina 42. Eduardo Galeano.






