que facer nunha tarde coma esta

 

Procuro un refuxio para o pensamento

para pensar no que non quero pensar.

Pola sombría Rúa Colón, camiñando

vexo a Señora Obdulia, que saúda ao lonxe

rodeada de croios

como cada día, con ese aceno

manual, maternal e imperecedoiro;

unha mirada xestual e un sorriso

a miña nimia resposta.

 

Chego a Rúa Feixóo

onde todo é luz,

pega de cheo o sol da tarde

e os vellos recordos na fronte.

Agora si xa sei a onde vou.

homenaxe a Señora Obdulia

 



arquivo de mOendo

Febreiro 2012
L M M X V S D
« Nov    
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829  

fontes/feeds


Anota o teu enderezo:

Delivered by FeedBurner

Powered by FeedBurner

arquivo, mes a mes