que fixeches París?
Discordia, denteira enfermiza,
acurrálasme cal París
constrinxida revirada escolla
deixas a min.
Ignorando os augures entronados
cotexo as aves de mal agoiro
que dende o ceo circundan
coa ollada pisando nesta terra humida e humillada
aos auspicios voadores
agardando un seu sinal
para adoptar unha impostergable elección:
poder, sabedoría ou amor?
Porque elixir a quen entregar esa mazá maldita
sabendo como sei
que en min está o poder de rillala
coa fresca dozura do amor?
A elas sempre lles quedarán as maceiras…
que arda Troia, París!






