risos

 

Quero rir.

Quero volver rir contigo.

Iso e o que me pide este espertar.

Xa ves,… O ego!

Nin sequera me pregunto que pide teu corazón espelido.

Quixera rir como os primeiros días deste reencontro.

Lembras?

Quen diría que o estabamos pasando mal?

 

Escribirnos, falarnos, vernos, entregarnos,…

faise unha necesidade cotiá.

Xuntos rimos, alongamos o riso

dunha fazula a outra fazula

e con el estrican e encollen as pencas

das nosas meixelas.

 

A gargalladas,

esquecemento da mágoa.

 

Cada vez que te chamo podo oír o sorriso na túa cara,

imaxínote xa lendo este poema,

horas, días, quizais meses ou anos

antes de que suceda, sen posuír o don de predicir o futuro.

 

Quero rir

e facerte rir

e que me fagas rir.

 

Quero amar

e facerte amar

e que me fagas amar.

 

Agora, xa ves,

o egoísta son eu,

mais non me preocupa unha migalla

pois este ego

o que desexa é verte rir,

amada

e feliz.

 

Quero verte rir

outra vez

na casa, na rúa, na intimidade,

outra vez

cara a sociedade

fronte a soidade,

nos meus brazos.

 

Mentres escribo isto sorrío,

outra vez

coma un pailán ensumido

cunha graza singular,

outra vez

a estúpida faciana mansa

coa esperanza de que o fagas tamén ti.

Estou pensando…

… sabes cando penso.

 

Penso

penso en verte axiña,

penso moitas mais cousas, loucuras,

 

penso sabes ti

loucuras de amor, paixón, ledicia,

mais constrinxo miña lingua húmida

forzado calalo, dicilo

non seria moi diferente de levalo a cabo.

 

Ti podes intuílo que penso, seino,

Intuílo que desexo ferventemente.

 

Si. Iso mesmo.

Verte rir

a cachón.



arquivo de mOendo

Febreiro 2012
L M M X V S D
« Nov    
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829  

fontes/feeds


Anota o teu enderezo:

Delivered by FeedBurner

Powered by FeedBurner

arquivo, mes a mes