sen distancias

 

Distancia, tempo, melancolía,

metamorfose cómplice do amor

convertes ao esquivo verme que me deixou

en fermosa bolboreta monarca de escura cor

virrei clara ao traizoeiro pensamento

mais mímese fermosa.

 

Pensamento

obrígasme a deixala voar

ceibe

e canto máis se afasta,

quéroa máis.

 

Quéroa,

querer crea dependencia

tanta que necesito a alguén a meu lar

Dependencia,

sentimento irracional,

como amar,

a dependencia obriga

obrígame a achar alternativa

apaños, que pouco poden durar.

 

Un libro, escollido ao chou,

prosa, teatro, poesía,

ensaio, narrativa,…

que máis dá?

 

Palabras que me acompañan,

illalas todas para o maxín da noite

que xa el entón construirá

aventuras loucas, interminables,…

 

Quen sabe si ate acadan voar

cal bolboreta con leves alas claras

prestadas dunha boa e solidaria fada

volvendo atoparse,

ala con ala,

claridade e escuridade,

voando novamente xuntas

na calorosa cor cara o solpor.



arquivo de mOendo

Febreiro 2012
L M M X V S D
« Nov    
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829  

fontes/feeds


Anota o teu enderezo:

Delivered by FeedBurner

Powered by FeedBurner

arquivo, mes a mes