soños dun neno labrego

 

“…todos os días estase a refacer a verdade…” 

 Memorias dun neno labrego, páxina 73, Ediciós do CASTRO.

De neno soñaba con tanguer vacas

cunha aguillada dourada,

aquelas vacas limiás

que tiñan longos cornos de marfil,

e saían da casa

a hora da sesta

e pacían toda a tarde

en lameiros espraiados de esmeraldas

espallados de flores de coloridos pétalos

de pedras varias,

rubís,

zafiros,

augamariñas,

alexandriñas,

ametistas,

citrinos,

ámbar,

húmido orballo

na noite esparexido.

Aquelas flores

flores de estames

formados por pebidas de ouro

Acochadas alí onde fedella

a abella

que debuxa

eses ollos.

 

Volver alaranxado

volver a casa co solpor,

que pracer, ledicia compartida

por xatos brincadeiros,

melancolía esquecida da ausencia materna;

volver a cadra con arrecendo a Acqua de Gio,

cítrico,

afroitado,

mariño,…

mestura de lavanda, anebro, comino,

acentuado con yiang-yiang,

sándalo

e ámbar.

Outra vez o ámbar

incitándome.
Paredes de platino,

como moitos dos enxeños de muxir,

e o teito abovedado acristalado diamante,

alumeaba na noite a cadra

reflectindo o brillo das estrelas.

A avoa munguía dos ubres das vacas

aquel líquido prateado

que nos daba a probar,

aínda quentiño, escumoso,

en xerras de delicada porcelana

seladas en Sargadelos.

O seu leito estaba cuberto

por tecidos de Asia

chegados en elefantes,

camelos,

cabalos,

polas vellas rutas comerciais de Oriente,

mestura de culturas e variadas teas de seda

veludo,

raso,

tafetá,…

pousaban alí líquido dourado

pasta bronceada

maná das vizosas leiras escuras

labradas

baixo as leis Xeórxicas.

 

Black fiel black.

Lembro a Black,

un lobeto negro bucólico,

fiel axudante.

 

El coidaba do gando mentres eu durmía,

preto dunha cuneta afogada,

a tebra dun encumiado salgueiro de follas cumpridas,

vixiado dende o perímetro

da inqueda sombra

por serpes desafiantes

que procuraban meu benestar

e soñaba.

 

Soñaba con grandes montañas de pedra

de rochas rachadas, penetradas

polas raíces dos piñeiros.

Soñaba con lameiros de herba verde alta

alimentada co orballo da mañanciña

por enriba da cal asomaba

algún estalote

na véspera de San Xoán

e vía flores de mil cores,

ningunha, ningunha

da cor dos teus ollos,

abelá e mel.
Soñaba contigo,

coas túas olladas

oía esa voz de azucre

ulía o arrecendo desexo

sentía cóxegas e arrepíos en cada aperta

e espertaba de súpeto

cun encantado bico encantado.

 



arquivo de mOendo

Febreiro 2012
L M M X V S D
« Nov    
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829  

fontes/feeds


Anota o teu enderezo:

Delivered by FeedBurner

Powered by FeedBurner

arquivo, mes a mes