soños
Vivo embebido nun soño teu,
ese soño que me contaches unha vez,
que tanto te obsesiona.
Mais agora non caes soa
caemos
xuntos os dous,
aferrados de nós ao baleiro calado
onde só nosos corazóns latexan
forte,
consoan o desacougo,
queren saltar do peito, pola gorxa,
abandonarnos a nosa sorte.
Escoitamos
só a súa percusión
e o temor do seu eco
bater
contra as paredes
no noso interior mol.
TI máis eu bicámonos, constrinxíndoos,
freando a súa fuxida
para que fiquen en nós,
folgos compartidos
na viaxe eterna cara infinito chan
ate escachar doridos
cun novo espertar.






