tempo

 

Subindo e baixando polas engrenaxes,

imitando o vo errático dunha laverca,

coma mofándose de TI,

fanse donas do tempo

as agullas

dese vello reloxo,

lonxevo,

case eterno,

ao que un mortal,

acode cada día

con equilibrios precisos de funambulista

e darlle corda.

 

 

E o vello reloxo

alleo ao tempo que manda volve

co seu tictac acochado, imperceptible,

son que non escoitamos

mais tanxe as nosas vidas.

 

Emocións e frustracións,

ilusións e decepcións,

amor velenoso e odio quelante.

Sonoro rebumbio.

Óelo?



arquivo de mOendo

Febreiro 2012
L M M X V S D
« Nov    
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829  

fontes/feeds


Anota o teu enderezo:

Delivered by FeedBurner

Powered by FeedBurner

arquivo, mes a mes