#mOendo do Revés

Unha alternativa en conflito permanente
Velaí a situación da esquerda e pseudo-esquerda galega: puro conflito. Diferentes formacións que viven unha situación de interdependencia na que as ganancias de uns soamente poden proceder do que consigan arrebatar aos outros. Claro que tamén hai quen cre dirixirse a un espectro diferente, aquel que non vota porque no mercado político non hai unha formación coa que se identifique. Eu teño as miñas dúbidas. Quen se abstén non cre en ningunha forza política, independentemente das ideas que representan. O dito de que “todos son iguais” está moi interiorizado e a inmensa maioría considerámola unha afirmación certa xa que ningunha formación fixo nada para demostrar o contrario.

Hoxe en día hai un bloque de dereita en Galicia cunha maioría absoluta, unha organización na que, malia as diferenzas internas, fundadas en personalismos, non en ideas, reman sempre nunha mesma dirección, a que marca a dirección do partido. O que favorece esta unidade é que eses personalismos están a anos luz da forza que emana da formación política á que pertencen. O outro bloque, é un dicir, o de esquerda e pseudo-esquerda, non é que cada un dos grupos remen en direccións opostas, por seguir co símil, senón que baten entre si coas pás. Que exista un alto grado de hostilidade e conflitividade entre estas forzas sendo oposición a outro goberno non representa un problema social, é seu en particular, pero que poidan mantela sendo goberno pode por en perigo a estabilidade de toda a administración do país e, consecuentemente, a dos cidadás que dela dependen.

A percepción desa situación conflitiva pola sociedade non vai mudar en función de si a dereita obtén ou non outra maioría absoluta. Esa situación, real, si non son capaces de resolvela antes duns comicios electorais non é crible unha prexeción pácifica cara o futuro. Cal é o problema logo? Ideolóxico? Non creo. O abano no que se moven os escindidos, perpetuos antagonistas estridentes (Raiffa), é moi variado, dende a esquerda marxista dos irmandiños ate a socialdemocracia de +G ou AG, a esquerda e a pseudo-esquerda, dende o nacionalismo soberanista ate o galeguismo fraguiano, respectivamente. Cal é o problema? O problema é sempre o reparto de postos orgánicos e a, previa e utópica, configuración de listas unitarias ou, dito doutro xeito, o problema son as aspiracións persoais, os egos de cada quen. Estas persoas utilizan estratexias de contido enganoso ou manipulador (afiliacións, simpatizantes, seguidores nas redes sociais, asistentes a conferencias, impacto mediático,…) coa finalidade de influenciar as percepcións, crenzas e expectativas dos outros contendentes respecto aos distintos elementos do bargaining set, de maneira que tal percepción manipulada determine un comportamento dos outros a seu favor. O que se lle escapa é que boa parte da sociedade galega asiste dende fai tempo, perplexa, como testemuña destes feitos enganosos, golpes baixos, manipulacións, trucos,… afastándoa cada vez máis dos seus obxectivos. Os enganos resisten mal o paso do tempo.

Unha imaxe do recente debate das eleccións presidenciais de Francia chamou a miña atención: un candidato sorrinte, o outro serio. Isto pode ser froito da casualidade ou non. Como creo que eses candidatos invisten o suficiente en asesores como para que cada un deles deixe algo ao azar, senón que son conscientes de cada xesto que realizan, máxime antes de comezar un debate decisivo, pousando para os medios, debo crer que ese semblante serio ten un obxectivo determinante estratéxico: empatizar coa parte do electorado máis esixente, enfadada e/ou indignada. As poses son unha estratexia, polo tanto, non ten que ser necesariamente sinceras e, menos aínda, inxenuas. Logo, os que se comportan de xeito conflictivo e enganoso, con quen pretenden empatizar? Poida que, como defenden, exista un espectro social que se vexa reflectido neles, mais coido que a sociedade na que vivo é moito máis pacífica e honesta do que esta esquerda proxecta de si mesma.

anomia nacionalgaleguista
Si consideramos, coma Durkheim, anomia como o triunfo das cousas profanas (aquelas construídas individualmente) sobre o sagrado (as elaboradas polo conxunto da sociedade), velaí a anomia nacionalgaleguista (a que non se define nin como nacionalista nin galeguista, nin dereita nin esquerda, pero que utiliza a nosa identidade colectivo en beneficio propio) onde os personalismos políticos están en auxe, xusto nun intre no que a desconfianza na caste política é a máis elevada da etapa democrática que vivimos. Estes personaxes deben considerarse unha excepción ou están moi desorientados para basear a súa estratexia na potencialización da identidade individual (imaxe) sobre a colectiva (ideas). Estes individuos non constrúen estruturas sociopolíticas para o ben xeral –ou común, non de comunista que eses seica son os malos- dende unha posición aberta á sociedade, senón dende as mesmas cavernas que tanto critican, para o amelloramento duns poucos, os de sempre, fozando na necesidade dos máis prexudicados por esta crise económica, política e moral: a cidadanía desempregada.

Esas persoas que permanecen no limbo político, trala súa ruptura co BNG, vítimas dunha crise de integración e de dubidosa solidariedade social, poden arrastrar a toda a sociedade civil galega, desorganizada na súa inmensa maioría, ao seu maior fracaso colectivo, a nada que se lle deixe asomar a cabeza. Pois, custa crer que, quen non foi capaz de integrarse nunha pequena organización política (+/- 7000 persoas) sexa capaz de integrarse nun futuro goberno multicolor. Un tripartito (ou cuatripartito) para quen foi incapaz de xestionar ben un bipartito? Medo me dá!

Quen rexeitou intensamente a configuración do BNG como fronte de partidos, unha vez fora comezan a construír outra nova. Catro forzas, nada menos, dende neoliberais ate marxistas lideran esta iniciativa. Que perseguen realmente? Sacar rendemento da conxuntura económica, pouco favorable para quen goberne, sexa de esquerda ou de dereitas, para conseguir unha pequena representación que poida ser chave dun goberno en minoría (aquí si non teño claro a quen apoiarán, pois non imaxino a quen se define de centro dereita apoiando a un goberno progresista). Que farán con esa representatividade? Pagar os favores a un pequeno poder económico que xurdiu na era do bipartito no terceiro sector, e que agora patrocina este movemento político co anhelo de recuperar multiplicado todo o investido.

A nova esquerda común
Os desbandados andan a reorganizarse para crear un novo proxecto común, xente insípida que mide a súa valía polo tempo entregado ou os cartos aportados (poucos). Seica carecen doutros valores, ideas ou personalidade. Son peóns estáticos, con nulas aspiracións a raiña, cromos repetidos de baixo interese que non ten máis utilidade que a de aumentar o seu mangado para que o neno que os leva na man poida intercambialos todos por un, polo máis buscado, o desexado. Utilizan o engano para sacar vantaxe. Así me sentín eu nesta nova andaina que vén de arrincar, breve para min, que é o chamado «Novo proxecto común» ou «Ecogaleguistas«,… un cromo máis, un peón pegado ao taboleiro con loctite. Non é moi diferente noutros movementos, por así decilo, pois mover móvense, que andan a xuntar cromos polo país para logo polos enriba da mesa. O xogo é sinxelo, o que chegue con máis quédase co supercrack.

O máis detestable e vergoñento é que eses supercracks, os cromos máis buscados e desexados, xoguen máis pola dereita nacional (española) que pola esquerda nacional (galega), na que se acochan. É triste! E patético, patético porque estes gurús embebidos polo seu propio ego non comprende a esta sociedade, que é quen marca as pautas políticas, que de xeito moi intelixente concentrou a dereita nunha soa formación e dividiu a esquerda en varias, na súa forma natural. Estes gurús queren explotar campos inexplorados coa ferramenta menos apropiada, pretendendo acadar o poder en Galicia (o mínimo poder chégalle para obter plusvalías -si, falo de cartos-) presentándose como unha escisión do nacionalismo de esquerda co apoio dun mísero poder económico galego (de dereita, por suposto), non para perseguir o voto da xente do PPdeG, misión imposible, senón para rebuscar na abstención e na esquerda descontenta, co obxectivo de permanecer na atalia do poder e manter uns privilexios, a todas luces, inmerecidos.

Como dicía no día de onte no grupo de «Novo proxecto común» ao que fun adherido, non por petición propia, estes elefantes brancos móvense polos sumidoiros da intelectualidade cara a súa propia morte, son elefantes camiño do cemiterio que agardan a chamada de volta e, de non obtela, arrastrar consigo a toda a grea. Monopolizan o control da información significativa, o cal determina unha situación de alto risco para a clase non informada (peóns, cromos,…) de seren explotados, utilizados. E digo isto porque, precisamente entre eses elefantes ou supercraks non abonda o intelecto e sobra a esgalla os intereses persoais dun grupo moi reducido de persoas. Mentres uns andan, inocentemente, a xuntar cromos outros gardan os seus supercracks no peto ate o momento final. Uns sen os outros non son nada. É o que ten deshumanizar a política.

Así, observando dende a barreira todo o sucedido e agardando polo que está por vir, as liortas dos desbandados entre si para completar a colección (seica lles corre presa completala porque hai eleccións á vista) e, tendo en conta todo o lixo que ten saído do BNG (e o que aínda queda no outro extremo), comezo a ollar con optimismo esta organización.

A actividade política como servizo a sociedade
Fai tempo xa contáronos que era necesario profesionalizar a actividade política nas administracións públicas para por freo a corrupción e para acadar unha xestión máis eficiente. A mostra dese experimento fallido podemos atopala con abrir calquera xornal. A corrupción das administracións está no seu máximo apoxeo ao tempo que as arcas das mesmas arrastran déficits e acumulan créditos e débedas de dubidoso cobro. As dedicacións exclusivas as que se acolleron e acostumaron multitude de concelleiros e alcaldes (especialmente na esquerda) soamente serviron para converter a actividade política nunha saída profesional na que, lamentablemente, non é necesaria asumir responsabilidade pola deficiente xestión. Incluso a mala xestión está normalizada. Logo, outórgaselle a palabra ao pobo para que, en base a medidas demagóxicas (unha farola, unha estrada nova ou, simplemente, tapar unhas fochancas, repartir licenzas de obra -galpóns, v. g.-, etc.), renoven a súa confianza para outros catro anos máis.

Custa atopar hoxendía unha organización que acolla de bo grado entre os seus postulados que a actividade política, alomenos no ámbito local, sexa de carácter altruísta. Custa porque, no fondo, toda organización política ve nesta actividade unha forma indirecta para conquerir emprego para os individuos que forman o grupo, cousa que, pola realidade que nos atinxe (para maior gloria duns poucos), esa é unha das preocupacións fundamentais para a propia existencia, para a propia supervivencia. Custa entender, agás que lle neguemos toda capacidade de xestión a estes políticos profesionais, que quen nos goberna nas administracións públicas que nos afectan, sexan incapaces de atopar unha saída laboral mellor para si (isto partindo da base de que esa actividade non está sobrevalorada) que a de gobernar un pequeno -ou gran- concello, posto que isto os desacredita ao tempo para resolver o problema prioritario que afecta a sociedade actual: o desemprego. Logo, podemos permitirnos como cidadáns pagar salarios a quen non resolve os nosos problemas?

Por esta razón me custaría achegarme a unha furna electoral e votar a calquera organización política que non se comprometa de xeito inequívoco a que «os cargos electos no ámbito local renuncien ao abono de salarios ou contraprestación pola súa labor no ámbito da administración municipal«, así como a que «ocupen seu posto, cando sexan elixidos polos seus veciños, de xeito temporal, un máximo de dúas lexislaturas«, para evitar deste xeito a perpetuación no poder de familias políticas que supón un dano exacerbado para a rexeneración democrática do país (e dos propios partidos políticos). Debe esixirse tamén as novas formacións políticas un claro compromiso e vocación de servizo social, non de beneficio particular, cuxo resultado real foi a creación dunhas élites políticas que conduciron a inmensa maioría de administracións locais, provinciais e autonómica ao borde da quebra, cando non a quebra técnica.

Estas elítes, as que me refiro no parágrafo anterior, están desautorizadas para a creación de calquera proxecto político de futuro, dada a súa incapacidade demostrada para delegar nas situacións de mercado non formado, nas que poida que teñan opinión como calquera outro cidadán, pero non criterios autónomos de evaluación da situación para a toma de decisións atinadas, como se lle esixe a todo profesional en calquera actividade económica que desenvolve.

Manifesto pailán
ORACIÓN DE CELSO EMILIO POR NÓS, POLOS PARVOS

Señor Deus ten piedade dos pobres parvos

que non sabemos nada de xeometría

e embobados na música celeste

esquecemos a fórmula

do binomio de Newton

Imos andando a trancas e barrancas

aprendendo as cousas tristemente

por este mundo adiante que fixeches

en sete días só, según os libros

Eu son un pouco parvo, ben comprendo.

Nunca poiden saber para que serven

moitas cousas oscuras que consintes

Humildemente quixen preguntar

preguntas pequeñinas coma seixos

sobre os grilos que cantan incansables

e os amores dos peixes,

pero sempre chegaban uns homes

carregados de textos

e mazacotes grises sapientísimos

con datas rigurosas, datos certos,

horriblemente certos, abafantes

Mais ninguén me dicía dos paxaros

dos cágados, das flores, e desas nubes

que pousaches, Señor, sobre o meu teito

Perdoanos, Señor, tanta parveza

e ten piedade de nós, dos pobres parvos

que andamos os camiños das estrelas

cos ollos encendidos

na bebedeira tépeda das fábulas

Cadanseu ao seu. É o que ten ser de esquerda. Un votante un voto. Un militante un partido. Conforma a esquerda actual un rebumbio de forzas, sensibilidades e egos, sobre todo egos, que alimentar; caros de alimentar. Porca esquerda! Os egos dunha presa de persoas que un día se encerran nun hotel para redactar manifestos para rexenerar a súa propia organización para, ao seguinte, abandonala. Alcaldiños namais. Conservadores de bon comer que non buscan máis que preservar seu posto ou acadar outro poleiro mellor. Persoeiros sen personalidade. Medorentos canallas que non escoitan a cidadanía máis alá dos seus lindes e, en moitos casos nin iso, nin no seu concello, nin no seu grupo municipal. Pailáns, pailanciños, que silencian a crítica, perséguena, acósana, apágana. Mestres da manipulación alxebraica. Caudilliños en potencia que non entenden as regras da democracia. Ben si ganan, mal se perden. Os escindidos, os desbandados que acoden aos bramar do líder beta da nova grea, perdedor outra vez na contenda. Débil estratega escornado ferido, malferido. Representantes electos dunha moral low cost, imaxe viva do noxo, posuídos dun ideal dexenerativo. Manifesto antimanifesto e viceversa. Dentro ou fora non son esquerda, son porca esquerda! Profesionais da polis a conta dos nosos tributos onde antes, ate non fai moito tempo, tíñamos tribunos da plebe, afeizoados, nobres servidores a maioría. Políticos con soldada, mercenarios farturentos coa gula por bandeira nun pobo onde se pasa fame, onde agroma outra vez a necesidade e onde, agardo, lles explote a carraxe, tanto tempo contida, nos seus fuciños fascistas, no epicentro da ansia viva do poder, na maseira.

Bos e xenerosos
Que un fascista con centos de desaparecidos nas súas costas se lle sele a súa lápida cun «Bo e xeneroso» pode formar parte da normalidade no mundo que Orwell imaxinaba; ou que ao máis sectario dos caciques se lle recorde, polo seu fillo herdeiro, claro, como «bo e xeneroso»; amor paterno. Sen embargo, o que está sucedendo agora mesmo no mundo real é a materialización do fantástico, a transformación terreal daquel mundo imaxinado polos máis ultras, fanáticos e exaltados seguidores do totalitarismo, canciños agradecidos, cochos baleiros de miolos que renden homenaxes de infima moralidade baixo o teito protector do fascismo: a igrexa católica. Tocaron as campás por tódolos recunchos de Galicia, santificando a ruindade e a avaricia, dando a esquecemento a inxuria e o desprezo por esta terra, convertendo en mito a quen como demócrata destruíu aos desherdados por el mesmo na ditadura fascista. Agora son bos e xenerosos os ignorantes e feridos e duros, imbéciles e escuros. Morreu o porco e fíxoo destrozando os símbolos que nunca entendeu, os nosos símbolos.

Eu xa non quero ser nin bo nin xeneroso.

Os desbandados
Homes parásitos que non poden vivir sen chupar o sangue dos débiles, dotados dun espíritu retorcido, sen posibilidades de sandar e sen vontade de mellorar; xentalla que non posúe ningún valor para seguir vivindo neste mundo. 1Q84 - Haruki Murakami

Parasitaron no BNG ao acubillo do esforzo e entrega duns poucos militantes. Nunca destacaron pola súa dedicación á organización. Facían política de cabaret nas tabernas rurais divagando entre viño e viño. Debuxaban sobre o ar proxectos imposibles que realizar no suposto de gobernar (nunca como financialos… as administracións sempre ten cartos e cando non, sempre ten créditos, pensan). Gobernaron sen que o pobo os elixise para semellante cometido. Foi un período breve suficientemente amplo para deixar ao descuberto as súas carencias, capacidade infinita para facer novos amigos e deixar na cuneta a vellos compañeiros, gastando cartos de todos para o beneficio duns poucos, ora a cambio de postos de traballo, ora a cambio de substanciosas subvencións a cativos empresarios incapaces de competir nun mercado libre mais valentes emprendedores baixo o paraugas das administracións públicas. Son especialistas en crear empresas que sangran as nosas institucións. Durante décadas gobernaron o BNG co beneplácito da UPG. É un dicir. En realidade eran seus monicreques.

Ideas

Chegaron a XIII AN do BNG cun proxecto alternativo ao que soamente renunciarían si lle deixaban vía libre para executalo dende dentro: renunciar a transformación social e deixarse levar en volantas pola corrente. É o que o nacionalismo pailoco chama «saber escoitar» que, na novafala, ven sendo algo así como «xa che miro o teu». Si. Durante o goberno bipartito esta caste de funcionarios públicos que chegaron a gobernar o país descubriron o caciquismo, sentíronse cómodos nese novo papel: facendo favores e recibindo contraprestacións; mellorou o seu status social e seu nivel de vida, atoparon emprego os desempregados da súa corda, caeron millóns en axudas e subvencións públicas para empresarios subsidiados, etc. É duro volver a crúa realidade, despoxados do poder polas mesmas persoas que un día llelo deron: nós os votantes nacionalistas de esquerda. Si,… a esquerda que os pariu! Ou malpariu! O caso é que para debater ideas nesta Asemblea aparaceron a terceira parte dos militantes inscritos. Para a elección de cargos estaban presentes máis dos dous tercios dos inscritos. Quedou ben claro a que andan tanto uns coma outros (máis os uns que uns que os outros).

Ser ou non ser esquerda

Traizón! Traizón! Esta xente xa non son dos nosos, xa non son esquerda, xa non procuran a xustiza social, xa non procuran a igualdade senón manter a súa superioridade, xa non perseguen a ecuanimidade senón defender seus propios privilexios, xa non entenden o que é ser galego en Galicia nin fora dela, xa os botamos e, pobres babecos, non se decataron de cal foi a razón pola que foron rexeitados: vender aos galegos, vender Galicia. Esta xente vai ao seu, namais. Queren o poder para seu proveito non para mellorar a sociedade a que pertencen, exercicio este que se lle supón á política e aos políticos. Saben que para acadar unha pequena cota de poder que lles permita vivir por riba do resto da sociedade abonda con ter unha pequena forza, sempre que esta teña a capacidade de mudar maiorías cara un lado ou cara outro. Ese é o seu obxectivo: ser pouca cousa pero suficiente para decidir. Non entenden que os que decidimos somos nós: os cidadáns. Non entenden que os cidadáns nos manifestamos de forma maioritaria en cada comicio electoral por dúas razóns fundamentais: dunha parte para que gobernen uns, da outra para que non gobernen outros. Cando votamos manifestamos ambas cousas a un tempo: a quen queremos e a quen non queremos, quen se aproxima as nosas convicións e quen se afasta delas. Ocultarse baixo peles de diferentes animais pode levar a engano a curto prazo, pero a largo, en política todos son espelicados. Nas elites do BNG existe unha rede caciquil conservadora, non moi diferente da de outras organizacións, pero quizais con peores maneiras. Iso non é esquerda ou é unha merda de esquerda!

Democracia e capacidades

Na derradeira AN do BNG os militantes do BNG manifestaron democraticamente quen queren que gobernen seu partido e agardábase que quen participa na contenda, sempre que se define como demócrata, aceptase o resultado. Liscar agora sería igual de estúpido que decidir marchar de Galicia si a sociedade non decide darlles unha maioría absoluta (e mira que tiveron ben oportunidades para facelo), pero tampocuco pode pedírselle a estes cerebros moita coherencia, nin accións intelixentes en canto a estratexia política, xa que durante os últimos anos tiveron unha maioría absoluta interna nos órganos de dirección do seu partido e foron incapaces de reconducilo cara onde querían. Que van facer agora sen ela? Que van facer agora fora desta organización? Cometer os mesmos erros, sen dúbida.

Elites

Són élite, seres notables, privilexiados que toman decisións por si e polos paifocos que os siguen e que lle renden cultos coma santos ataviados aínda coa aureola do poder. Si que lles dura. Eles deciden manifestos, listas, proxectos (deses de taberna que falaba),… que ninguén mira nin le, mais asinan. Cumpre ser moi estúpido para crer que neles está a solución aos problemas que nos atinxen – Moito! – cando non fan máis que falar do que lles ocupa a eles. Algunha desas persoas creou, por exemplo, un só posto de emprego? Dubido (menos sen subvención de por medio). Algunha desas persoas tomou algunha iniciativa para frear un só ataque a nosa natureza? Tampouco, e ollade que non temos ocasións neste país: rios sucios, montes depredados, costas cementadas, ar fedorento,… Estas minorías selectas non teñen máis capacidade que a de alentar masas de torpes e medorentos galegos fedellando nas súas emocións máis arraigadas: a cultura, os símbolos, a historia. Sérvelle para movilizar unha cantidade importante de xente, por conductos que non son os da razón, para seus propios fins pero, en toda sociedade cega, colectivamente ao igual que os individuos de xeito personalizado, atopa momentos de lucidez.

Desbandados

Abandonan como perdedores logo de escribir as regras de xogo (XII Asemblea). Abandonan logo de demostrar a súa incapacidade política para gobernar unha organización ampla. Abandonan esgrimindo como escusa as ideas que non rebateron na derradeira Asemblea. Abandonan a democracia para instaurarse no seu pequeno totalitarismo. Abandonan a idea democracia participativa que defenden políticamente pero non respectan na súa organización. Os desbandados queren a súa propia hortiña, construir novos valados na nosa sociedade, establecer novos dereitos de paso polos que cobrarnos tributo no futuro… e viviren como dios!

O factor visible da invisibilidade na estatística
Hai un factor que me fai dubidar dos resultados dos enquisas que se publican en diferentes medios, o xeito en que se realiza: sondaxe telefónica.

As eleccións de 1936 ou 1948 son unha proba tanxible do que acabo de afirmar. En 1936 deuse un fracaso ben soado por parte dunha revista lendaria, a Literary Digest, agora desauciada, na que se realizara unha entrevista entre os seus subscritores e persoas posuidoras de teléfono. Segundo a sondaxe Landon acadaría 370 representantes e Roosevelt 161. Gañou o último.

Que pasou? Poi que os subscritores a revistas e persoas que posuísen unha liña telefónica naquel tempo formaban un grupo especial, economicamente, e pouco representativo da sociedade do seu tempo. Pero houbo máis erros. En 1948 a enquisa de opinión realizada por Gallup (reforzada por outras sondaxes como as da Axencia Roper) para as eleccións dese ano, cometeu un erro estatístico que acadou gran difusión, ao outorgar a vitoria de entre 5 e 15 puntos porcentuais de Dewey sobre Truman. Gañou este último.

O erro foi debido, segundo Gallup, a que se deixaron de recoller datos tres semanas antes do día da votación. No Reino Unido, as sondaxes fallaron ao prognosticar as vitorias electorais dos conservadores en 1970 e 1992, e a vitoria dos laboristas en 1974. En España erraron tamén coa vitoria de Mariano Rajoy no 2004. Neste caso tamén debido aos sucesos anteriores á xornada de votación.

É moi probable que a enquisa realizada por Filipe Díez no seu blog, enredando, de ao traste coas ilusións dos seus lectores maioritarios e ao final o BNG non acade unha maioría absoluta no Estado español. Porque? Doado, os lectores do seu blog tampouco son representativos do conxunto do Estado. Pero o mesmo pode dicirse doutras sondaxes realizadas a través da rede por diversos xornais ou plataformas. Significa iso que non son válidas? Claro que non, o que non son é extrapolables, como tampouco o pode ser, penso, unha sondaxe realizada a través dun teléfono publicadas nos xornais, baixo seu encargo.

O cliente sempre ten a razón… e hai que darlla. Non ía ser menos neste tipo de negocios. As mostras actuais, aleatorias, son realizadas telefonicamente e a un teléfono fixo, para verificar a que circunscrición se está chamando. Sen embargo, a mobilidade dos novos aparellos telefónicos foi crecendo ano a ano e lévanos a abandonar os vellos, agora arrombados na casa, mentres nós nos movemos co móbil no peto polas rúas. A última sondaxe que lin, de Sigma Dos, dicía que fora realizada telefonicamente entre 7800 persoas.

Tampouco estaría de máis coñecer datos relevantes desas persoas sobre as que se realizan as sondaxes: autónomo, empresario/a, traballador/ra por conta allea, desempregado/a, estudante, pensionista, xubilado/a, idade, xénero,… ou, por exemplo, a que tipo de teléfono ao que se chama. Son esas pequenas cousas invisibles que non sempre aparecen reflectidas. Por iso me custa tanto crer que se poida dar cun grupo representativo, por máis extenso que sexa, da sociedade ao carón dun teléfono fixo, nun xornal ou nun blog. Pois quen lle pregunta ás persoas que están nun aeroporto, nun tren, nun autobús, camiñando pola rúa ou simplemente sentado no banco dun parque un día calquera como si fose un luns ao sol? Non se lles pregunta, abofé, pero tense en conta nos laboratorios de estatística.

E debería facerse, sobre todo nestes tempos de crise, nos que millón e medio de fogares non contan con ingreso algún, o que obriga a moitas familias a eliminar gastos como o teléfono, e de ser este o elixido antes se prescindiría do fixo que do móbil, pola cantidade de funcionalidades que nos ofrece: axenda, directorios, cámara de fotos, reprodutor de música, internet,… Internet! O outro factor invisible que se atopa entre as persoas que usan as TIC para comunicarse e non son tidas en conta polas sondaxes, que continúan usando os mesmos criterios e procedementos dende fai décadas. Aí está o crecemento na venda de smartphones, tabletas, portátiles,… instrumentos visibles das redes que se tecen no ciberespacio, cada día máis real que imaxinado, cada día máis decisivo. As sondaxes ignoran as persoas que utilizan este medio de comunicación, ignoran os fluxos de información e opinión que crean, opinión tamén sobre o voto. Isto faime aventurar para o 20N outro cisco semellante ao de Literary Digest ou Gallup… ou quizais sexa un desexo.

Mitins, bandeirolas e hooligans ardentes
Asistín a moitos mitins na miña vida e víame sempre rodeado de argaos, de xente que non escoitaba, berraba cando se lles pedía que o fixeran, ou instintivamente cando se ventaban valores identitarios, ou calaban ao falar de conceptos políticos, económicos, mesmo filosóficos que nos afectan.

Coches pola rúa rebentando oídos aos viandantes, cartaces arrincados polas treboadas enchendo de lixo parques, xardíns, cunetas. Programas de partidos políticos enchendo os baldes do lixo, baleiros de contido ideolóxico, prometendo o que non fixeron cando tiveron a oportunidade de gobernar. Titulares de prensa que se converten en argueiros que penetran polos ollos deica os cerebros menos esixentes, frases impactantes para acochar ante os mass media a ausencia de proxectos reais e activar instintos primarios, como a paixón, no votante e desactivar aqueles outros que nos converteron no que nos define como animais: a razón. Seres pensantes, seres críticos.

Iso é unha campaña política na actualidade: a mala praxe no uso da mensaxe, dirixida integramente ás emocións humanas, esquivando a razón; a utilización dunha imaxe falsa, finxida, para chegar cunha mirada ao que o «votante medio» considera «candidato normal» logo de anos e anos perfilando esa imaxe na mente humana: traxes caros, garabatas, postas en escena milimetricamente estudas, con predominio masculino (imaxe de fortaleza) sobre o feminino (debilidade),… aínda con esas, espremendo o zume dunha educación patriarcal. O importante é sacar o máximo proveito a eses minutos, quizais segundos, de televisión para enganar ao espectador que ignora como todo iso se logra: a punta de pistola.

Os locais onde se imparten charlas ou mitins énchense recrutando concello a concello ás persoas, como si fosen ovellas para unha feira de animais. Lembro cando sendo Responsable Local do BNG de Xunqueira de Ambía me chamaba o Responsable Comarcal, hoxe candidato do BNG ao Congreso polo Senado, para dicirme cantas persoas debían acudir a cada acto: trae como mínimo a dez, dicía. Non é preciso moita imaxinación para saber que en cada mitin que dan neste ou noutro partido os candidatos chegan co seu séquito ao lugar elixido cunha ducia ou centos de persoas. Crean un teatriño no que cada quen cumpre co seu papel, incluídos os pseudoespectadores, para chegar a vostede, que está na súa casa fronte a un televisor e descoñece estas tropelías maliciosamente argalladas.

Non lles contarán a xente, a ese conxunto de persoas ás que lle estafan o voto, a verdade do que levan feito, moito menos do que farán no futuro. Soamente lle ensinarán a mensaxe que exalta os seus sentimentos, a imaxe da resposta dunha multitude embebida no cinismo político que nos abrangue e espallan os que se din nosos representantes, escoitaremos e leremos as acusacións mutuas de corrupción, normalizándoas socialmente -a propia, claro-, provocando medo social ao que ven (máis paro, máis terrorismo, máis desaucios, máis pobreza,… tamén máis contaminación, pero isto non o din) si o outro goberna, sen ofertar alternativa algunha,… pero nada, nada de política, nada de solucións reais aos problemas que nos afectan: a crise financeira, o desemprego, os desaucios, a perda continuada de dereitos persoais, vencellados ao estado de benestar, e laborais e por suposto a contaminación do noso contorno que nos obriga a respirar un aire contaminado, beber de augas sucias, comer alimentos envelenados… A humanidade actual parece non preocuparlle a supervivencia da civilización creada durante milleiros de anos. Estamos dando, irremediablemente, un paso atrás no proceso evolutivo da nosa especie.

eQuo e a invasión dos alieníxenas verdes
Pódese pedir un cambio ao tempo que se vota pola permanencia dos de sempre? O cambio represéntao o movemento e soamente del pode xurdir unha realidade anovada, máis xusta, máis igualitaria, máis solidaria. Por iso eu non confío en ningunha formación política que nacese antes do #15M

A de cousas que se ten dito sobre a irrupción de eQuo no panorama político, co agustiño que se estaba cos de sempre –e a renovación obrigada da esquerda abertzale, claro-. Teño lido que eQuo é unha aposta dos verdes de todo Europa que seica queren afacerse pola calada coas administracións deste país; teño lido en certos artigos, de dubidoso criterio, que os verdes son neoliberais que andan en bicicleta, cousa que dubido, porque si son verdes e de dereitas e van sobre rodas, podería ser a Garda Civil ; teño lido que eQuo é unha marca branca do PSOE; todo son rumores fomentados maliciosamente para ocultar a verdadeira realidade: detrás dos verdes están hordas invasoras de alieníxenas, que como todos sabemos, de sempre, sempre foron verdes. Polas miñas veas corre sangue verde. Postos a dicir barrabasadas para qué quedarse curtos, va que si!

Que non é eQuo?

eQuo por definición non é nada do que digan aqueles que o ven como un inimigo e non como unha alternativa democrática. Polo tanto, nin son neoliberais en bicicleta nin gardas civís, nin un complot de verdes europeos nin alieníxenas, nin a marca branca do PSOE nin unha aposta da CIA e, por suposto, non son o brazo político do #15M, que é un movemento social, namais, onde cada membro vota a quen lle peta si é que lle dá a gana.

Que é eQuo?

Para saber non hai como preguntar, buscar información ou beber da súa fonte: eQuova. Quizais aí se poida ir perfilando de que vai este proxecto que vota a andar, todo este movemento verde e, como grazas ao traballo cooperativo dunha comunidade ampla -milleiros de persoas- e ben organizada se foi capaz de transformar ese movemento cívico e ecoloxista en formación ecopolítica, demostrando unha capacidade de crecemento sen precedentes.

“Recupera a ilusión” “Rexenera a democracia” “Reutiliza o teu voto” REINICIA

Semellante capacidade de mobilización e autorrexeneración pode verse, unha e outra vez, na esquerda abertzale ou nos movementos cívicos cataláns, promotores de continuas alternativas políticas; pois agora tamén o logrou o movemento ecosocialista eQuo dando conta, unha vez máis, do inmobilismo que atinxe a boa parte desta sociedade, sempre tan de costas ás persoas. Aquí en Galicia ninguén deu un paso por mudar o panorama político, si ben algo se debateu, primeiro na “Rolda de Rebeldía” (agora tan desactivada como o seu dominio), logo “Novos camiños para a esquerda galega”, ambas xornadas nas que se tivo como referente aos movementos sociais, ignorados tanto tempo nesta terra, chegando amofarse deles e calificándoos de sectores ultraminoritarios; pois ben, dicía que nestas xornadas se debateu con todos estes movementos sobre solucións á crise que nos afecta, ao territorio, á sustentabilidade,… unha xornada, a última delas, moi rica en ideas (merece a pena volver ver e, sobre todo, escoitar eses vídeos), mais sen resultados materiais. A este debate de ideas fixeron oídos xordos os partidos xa asentados no territorio, incluído un si case ultraminoritario BNG. Non queren ideas novas, xa teñen as súas vellas, ideas que abondan, ideas perennes, ideas das cales cren que son válidas para calquera tempo e circunstancia; son estas ideas súas, sen embargo, caducas -pois non as pon en práctica- alí onde gobernan. Moitas persoas xa se decataron que o partido dos desencantados non opta máis que a ser oposición ou, o que é peor, ser unha formación parasita doutro partido, o PSdeG. A este nacionalismo galego si se lle podería por o alcume de “marca branca do PSOE”, só hai que botar unha ollada polo mapa político de Galicia alí onde goberna o PSdeBNG. Son unha caste de parásito estrano, xa que o habitual é que creza e se desenrrole a costa do hospedador, sen embargo non, neste caso o parásito acaba sendo chuchado.

Sen embargo, eQuo é un partido novo que xorde directamente do movemento ecoloxista, non do #15M, do cal si forma parte como tantos outros colectivos e persoas. Non sei desta, pero a historia dinos que é o movemento o que declina, unha e outra vez, a balanza para unha ou outra parte nuns comicios electorais, sexan xa movementos pola defensa dos dereitos humanos e cívicos, pola preservación da natureza, pola igualdade de xénero, contra o dilapidamento económico na devastación bélica, etc. Un deses movementos decidiu dar o salto a política. Polo que ollei dende fora, primeiro, e logo dende dentro, existe entre tódolos membros un entusiasmo tan contaxioso como esperanzador, así como unha forte implicación de cada persoa no proxecto eQuo, froito do liderado, visión e carisma de Juan López de Uralde, candidato que conta cunha traxectoria exemplar na defensa do medio ambiente e cunha capacidade inxente para comprometer as persoas que voluntariamente se uniron a ao este proxecto facendo tamén que súas miras sexan máis amplas.

De autista político a político 2.0
A persoa da que falo coñecina fai moitos anos. Sempre chegaba á cafetería da miña familia, pedía café, collía un xornal, agachaba a cabeza e nin miraba para quen tiña ao lado. Por suposto non dicía máis que as palabras necesarias: “café” e “canto é?” cando non traía xusto. Nunca o vin falar con outra persoa. As veces viña con algunha persoa -dos seus, benega- e entón si, falaba con ela do único que unha persoa así pode falar: política. Xamais lle escoitei falar doutro tema que non fose iso: política. Como responsable local dun dos concellos da comarca na que esta persoa é responsable comarcal coincidín con el en varias ocasións, tamén nalgunha visita ao noso concello para tomar uns viños. Seguíase a falar do mesmo: política. Daba igual que o viño estivese bo ou malo, bebía del sen moumear un laio. Viño e política. Namais. Nin cuns viños enriba era (e segue sendo) incapaz de dirixir unha palabra a outra persoa que non fose aquel reducido grupo de nacionalistas. Agora sígome cruzando con esta persoa noutra cafetería, coa mesma pose de sempre, cara á porta (será por si ten que liscar) un café e un xornal no que acochar a mirada da xente, levantándoa levemente de cando en vez para asexar quen pasa a súa beira. Nunha destas, ao guichar, ten cruzado a súa ollada coa miña, e coma un lóstrego medorento volve á sección de política do papel que trae entre mans.

Onde queira que viva, xa en Porqueira, en Ourense ou agora na Valenzá non amosou o máis mínimo interese polos veciños. Nin sequera saúda ao andar agás, agás que sexa alguén do benega, entón si, non ten medo a abrila boca e falar daquilo que só sabe falar: política.

Por iso se lle valora, pola seu talante entre os seus. Tamén por moitas traizóns aos seus. Ese talante, si se lle pode chamar así cofear o lombo de Quintana, levouno ao Senado. E como senador seguiu sendo o mesmo autista político que outrora: aberto no seu contorno nacionalista, cerrado ao resto da humanidade. Segue sen saudar a xente na rúa, nin sequera aos veciños da súa actual vivenda. Nin un sorriso sequera. Xamais o atoparedes falando cun descoñecido si vai só, do xeito en que o fai cando o acompaña un fato de benegallos. Entón si, rodeado da manda saca valor para enfrontarse a un simple mortal.

Xaora, por imperativo do Consello Nacional do BNG todos os candidatos deben ter perfís públicos nas redes sociais. Non porque gusten deles. Por obriga. Alguén lles debeu advertir que por aquí, nas redes andamos moitos votos perdidos e veñen na súa procura. Quizais descoñecen o perfil das persoas que por aquí nos movemos: socialmente críticas, pouco dadas ao adoutrinamento que dende os partidos tradicionais adoitan, sobradamente informadas e preparadas e multidisciplinarias. Os cualificativos, ben sei, quedan curtos. Estas características que posuímos os usuarios das novas tecnoloxías foron aprendidas con anos de práctica: como usar cada rede social e para que serve, é algo que só se coñece cometendo multitude de erros, erros de lóxicos principiante que, por suposto, non se deben cometer cando o que se vende é un mesmo.

Twitter, por exemplo non é un chat, aínda que moitos o usen como tal. Coidar a linguaxe é importante, aquí non vale a linguaxe SMS. Non se tolera o spam. Existen moitas outras normas que a comunidade foi creando ao largo de anos e que recolle moi ben José Luis Orihuela en Mundo Twitter, si ben aquí os cambios son continuos e calquera teoría pode quedar desfasada en días.

O peor xeito de comezar nesta e calquera outra rede social é seguindo ou solicitando amizades de xeito indiscriminado, para amosar publicamente quen a ten máis larga… a lista. Logo danse casos como o de Isabel Pérez Alcaldesa que chegou ao 22M con máis amigos que votos. Este do que falo vai polo mesmo camiño, seguindo ou solicitando amizade a persoas coas que logo nin se fala na rúa e rematan en situación coma esta:

@xOsse: Unha proba de que os políticos non administran as súas contas nas redes sociais é que o pailán de @PerezBouza me siga a min

A resposta non tardou,… de quen fose:

@PerezBouza: @xOsse O teu non ten remedio, sempre insultando. Xa se ve cal è o teu talante. Q magoa!!!

Que mágoa! Que talante! Que arrogancia! Que cinismo! Si… cinismo arrogancia mágoa talante… talante?

@xOsse:@PerezBouza Si alguén se cruza comigo na mesma cafetería e me torce a mirada e logo me sigue no twitter é un pailán… tonto vaia

Outubro… longo outubro
E aínda non rematou. E xa agroman os toxos nos montes negros, verdes e tenros os toxos, cincentos os montes. Aínda non comezara este mes cando se puxo a andar a idea de constituír a Asociación de Vítimas do Caciquismo. Aos medios pareceu interesarlles a nova… máis ou menos. En setembro solicitouse o Salón de Actos da Deputación de Ourense e ante a negativa desta a cedérnolo decidín comunicarllo a un medio que non dubidaría en facer deste feito unha noticia de interese nacional: La Voz de Rogelio. Así lle chaman por estas terras á delegación do xornal coruñés en Ourense. Darían conta da nova simplemente para atacar por enésima vez ao baltarismo, coma sempre sen deixar tocado ao feijooismo. Este pensamento quedou corroborado cando poucos días máis tarde, logo dunha nova negativa a outra solicitude realizada en nome da AVC, desta vez do Salón de Actos de Caixa Ourense (paso de utilizar nomes de usar e tirar), tamén propiedade da cidadanía. É comprensible. As caixas gastan moitos cartos dos aforradores en publicidade neste (e outros) xornal e o dono deste xornal (el non protesta), en concreto, está endebedado ate as cellas co que quede das caixas galegas, agardando que entre tanto cambio de personalidade e nomes se perdan as anotacións das débedas. O caso foi que da negativa da Deputación de Ourense convertérona nunha nova de nivel nacional e a segunda negativa foi ocultada, cousa que non só non me sorprende, senón que agardaba. O que non agardaba, quizais, foi todo o rebumbio inicial ao que se prestaron tódolos medios de Santiago Rey para acosar -que acusar xa o facía eu- a Baltar: prensa, radio e televisión.

Outros medios como El País, a priori interesados neste movemento cívico, decidiron non dicir nada, en tanto que dende a AVC tamén se denuncian irregularidades noutras administracións gobernadas por partidos «amigos». Ou iso ou, simplemente, non encaixaba coa súa liña editorial. Tanto dá, agora trato de analizar canto deu de si a goma mediática. A medios como La Región nin me molestei en enviarlle nada.

Outros medios, galegos e en galego, tamén fixeron que a AVC fose noticia: Galicia Confidencial e Radiofusión, aos cales lle estou enormemente agradecido. En Galicia Confidencial tamén asinei algún artigo de opinión sobre o caciquismo. Aquí si houbo total liberdade de expresión, sen cortes, sen ocultar información,… do mesmo xeito que eu sempre fixen, facendo chegar novas a diferentes medios. Logo cada quen dálle a relevancia que lle parece, sempre, entendo, según os propios intereses. O exemplo máis claro sobre isto é o do Grupo Voz, ao observar como tratan a mesma noticia (negación dun salón de actos) cando os suxeitos son diferentes (nun caso a Deputación de Baltar, no outro a caixasenfondosnova). Dende o Grupo Voz non dan fe das cacicadas de Rogelio Martínez, argalladas na escuridade da trama mafiosa que pretende derrubar o baltarismo, que non é menos, para o cal decidiron combater coas mesmas armas: favor para uns, discriminación para outros. Afortunadamente sempre nos quedarán recunchos coma este nos que poder dicir o que nos pareza e chegar ate as persoas que non se conforman coa realidade que lle pintan os medios de comunicación.

Secuelas da desamortización de ZP
As superestruturas económicas internacionais (FMI, BM, BCE,…) fai décadas que viñan avisando: as caixas de aforros eran un encordio para a libre competencia amoucando os beneficios das grandes financeiras mundiais. Os directivos das caixas axiña captaron a mensaxe, cumpría que afundisen, cumpría quebralas ou, cando menos, que o parecese. Así poderían seren absorbidas polo gran capital financeiro, polas grandes fortunas de aquí e de acolá, os verdadeiros decisores do sistema oligárquico que nos goberna, os que mandan non soamente sobre o pequeno capital, senón tamén sobre as persoas, nós en quen seica reside a soberanía, e ao que eles chaman capital humano. No fondo todo e capital (económico e humano). E ao final, chegará o día, non da rebolta senón no que nos obrigarán a axeonllarnos ante eles por térennos salvado.

O capital que nos goberna atopou na crise financeira o escenario perfecto, unha cicloxénese económica explosiva onde cadran no mesmo tempo e lugar a ambición duns poucos co arrombamento doutros e a desesperación e angustia dos que máis, o escenario perfecto, dicía, para espoliarnos a todos: primeiro, aos estados solicitándolle axudas para sanear a súa ineptitude (como si iso tivese cura), axudas que, pola contra, xamais serían concedidas a un simple cidadán en circunstanciais iguais; e segundo, forzando unha desamortización do patrimonio do pobo, acadado a base de suor, sangue e lágrimas por cada recuncho do mundo. Falo do erario baldeiro que contiña os impostos que pagamos, endebedándonos a nós e ás xeracións vindeiras. Falo do patrimonio das nosas caixas, das nosas empresas, das nosas edificacións, do noso aforro persoal e colectivo. Grandes cousas se construíron coas remesas chegadas de onde for que estivesen nosos paisanos, acompañados sempre pola señardade dos emigrantes cara súa terra, unha terra que querían levantar financiando grandes e pequenos proxectos. Máis dos primeiros, pois o acceso ao financiamento daquela como agora tamén estaba restrinxido aos máis podentes. Ao usuario común dábaselle o necesario para poder investir no produto que puña no mercado o usuario excelente, financiándolle, polo xeral, a compra dunha vivenda baixo a usura duns intereses que superaban o quince por cento. Prestamos que servían tamén para calmar ao movemento obreiro, que ao estaren endebedados deixaron de ser feros a converterse na xente mansa que somos xaora. Cartos enviados por milleiros de emigrantes obrigados pola mesma presión caciquil que se fixo dona aquí do seu traballo no alén, usando eses cartos para soster e fornecer á organización criminal caciquil que agora segue a explotar aos seus propios paisanos, aos fillos daqueles pobres que fuxiran entón, obrigándonos a unha nova e irremediable escapada sen retorno… deixalos aí, que se coman entre eles, que se fodan os uns aos outros. Inconscientes de nós! que diría a raposa que nos garda.

Mirade si os tempos mudaron: agora mexan por nos e dicimos que e cocacola, tragamos ese líquido noxento e dourado e dicimos que é negro e sabe ben, tomamos outro trago e gabamos a textura esponxosa e burbullante que nos deixa no padal. Queima pero refresca. Apuramos o mexo pola gorxa abrindo a comisura dos beizos ate o seu límite para apouvigar a excitación do desacougo. E entón acougamos sentados na cadeira dalgunha terraza agardando quizais que nos cuspan na cara o fume tranquilizante que lle sobra a algún fumador. Si. Agora todo vai ben.

Oito anos de Blogomillo, ou o que puido ser a identidade conversacional galega, e non foi
O 29 de setembro de 2003 nacía Todonada, o blog da xornalista María Yáñez, que a autora pechaba case tres anos despois, o 8 de xullo de 2006. Logo verían máis… pero para non saturar a rede con contido repetido remítome ao que di a Galipedia sobre o Blogomillo. Logo virían moitos outros e cada chegada era recibida coa expresión “outro blog no millo”, de aí ao “blogomillo” un paso, outro neoloxismo creado por María Yañez para denominar a aquela crecente comunidade.

Todos nós somos o que falamos, somos tamén con quen falamos, con quen nos relacionamos lendo e compartindo información. Somos, xa no apoxeo da era dixital, persoas que coñecemos a moitas outras coas que apenas temos contacto físico pero coas que grazas as redes sociais mantemos unha relación conversacional e comparticional diaria. Estas relacións permítennos construír doadamente novas comunidades nun espazo virtual que rematarán nun momento dado “por precipitarse ao mundo real, tanxible, e por tanto verdadeiramente humano” (Das nacións as redes, VVAA, Editorial 2.0). Erraban os que falaban da rede como un universo paralelo. Non o era, nin o é. A galegofalante somos unha comunidade ampla, activa, formada e comprometida entre moitos outros adxectivos. Somos xa, transcorridos oito anos do xermolar do blogomillo, unha comunidade real.

No seu inicio formaban a comunidade do blogomillo tanto bloggers como lectores. Ser blogger ou lector non mudaba o estatus dentro da comunidade, todos eles, persoas activas ou pasivas, suman o mesmo (+1) porque en calquera intre, calquera dos que conforman esta comunidade, sexa blogger ou lector, dábaselle a posibilidade de expresarse (os trolls e as censuras chegaron logo). Ser galego e relacionarse preferentemente con persoas galegofalantes son trazos do perfil das persoas que forman esta comunidade, que me nego a chamar virtual, sen endogamia, sempre aberto a novas propostas culturais, ideolóxicas e cognitivas blogrroleando de blog en blog. Esta realidade fixo que a miña comunidade imaxinada –a que vou chamar “maxín #gz”— teña un común denominador: a lingua galega. A lingua galega foi o eixo sobre o que se forxou unha comunidade lingüística en galego máis ampla do que endexamáis fora imaxinada. Esta comunidade non se limitou –de feito non o fai– ao espazo físico que debuxa no mapa a Galicia senón a galegofalantes de todo o globo; toda a blogomillo foi e é o mellor compañeiro que atopan moitos galegos lonxe das nosas fronteiras, xa que permite que calquera persoa galegofalante, onde queira que se atope, teña a posibilidade de expresarse en galego grazas a esta colectividade en rede e poder así comunicarse na súa lingua e establecer así relacións -incluídas as comercias- que consideren facendo uso das novas tecnoloxías, boa parte delas de uso gratuíto.

O valor desta comunidade imaxinada engorda cada día co gotexar de novos contidos de diferente temática e ideoloxía achegados ao galego dende o coñecemento compartido por outras comunidades lingüísticas, sen as cales o valor da nosa comunidade conversacional sería ben pobre. Esa diversidade global fornece a nosa pequena comunidade e favorece a metamorfose do virtual ao tanxible. Os blogs que chegaron ao millo non estaban moi ben posicionados no seu inicio, pero eran moitos e a interrelación entre eles grande, compartindo ligazóns axiña acadaron as primeiras páxinas nos resultados de busca. Quen editaba un blog amosábase tamén moi activo noutros, xa como estratexia de posicionamento xa por ansias colaborativas, deixando vencellos para permitir facer blogrroll, permitindo aos usuarios ir choutando duns blogs a outros.

A liberdade de expresión era elevada, pois na rede 2.0 non tiña nin ten moito sentido censurar o que logo se pode dicir noutro espazo ou no persoal. O crecemento do blogomillo foi propiciado pola necesidade de información dunha sociedade que deixara de confiar nos medios de comunicación tradicionais, tralo afundimento do Prestige que tinguiu de petróleo as costas galegas. Os movementos sociais como Nunca Máis (aínda que tempo despois do seu xurdimento), logo Hai Que Botalos e máis tarde, co bipartito, Galiza Non Se Vende ou xa na actualidade o #15M fixeron uso desta ferramenta, onde máis que nunca se fixo oír o clamor da rebeldía.

O blogomillo moveu os marcos sociopolíticos da Galicia conservadora de xeito espontáneo e sen pretendelo, chegando a proactividade desta comunidade a crear unha corrente de opinión progresista onde, por primeira vez tiñan voz os silenciados, nós os cidadáns anoxados. Esta corrente que aínda segue viva, aínda que máis feble, pasou do maxín a realidade tendo unha incidencia significativa no cambio de goberno de 2005 (tamén no 2009), coincidindo co punto máis álxido do blogomillo, xa non pola súa capacidade de influír na sociedade galega, senón pola mobilización entre un sector progresista desmobilizado. Movéronse e elimináronse moitos marcos e concentráronse as eiras virtual e real nunha soa parcela. As TIC proporciónannos unha liberdade que nos permitía e permiten estar nun eido, noutro ou en ambos a un tempo. É unha elección persoal da que antes careciamos.

Certamente, somos máis libres coas TIC, pois podemos expresarnos sen as barreiras de sempre nos constrinxiron, as duns medios de comunicación que contan a súa historia xa por centos. Sen embargo, unha vez máis, estes medios gañaron a batalla comunicativa, introducindo entre a comunidade un novo marco: información de calidade; entendendo por tal aquela que proviña dos medios de comunicación tradicionais e con sinaturas de soleira. E callou. Funcionou ate tal punto que os membros desta comunidade imaxinada comezaron a tirarse os cacharros entre si cun tópico longamente repetido: “quen te cres que es”. A opinión persoal deixou de interesar e volveuse a promover non as propias opinións senón aos artigos de opinión e novas dos poucos medios en galego e de moitos españois e portugueses.. A expresión «información de calidade» en linguaxe orwelliana, se lle podería denominar “liña editorial”. Non deixa de ser un método de censura pero soa moito mellor. A comunidade de Chuza! foi e é un bo exemplo deste enfrontamento, como amosa a súa actual anemia, favorecida pola conversa unidireccional, na que todos queren expresarse pero non escoitar aos demáis, pola falla de orixinalidade no discurso, verdadeiros plaxios das webs de certos partidos políticos (ultraminoritarios), polos discursos zafios, balerios e lavados, carentes de personalidade propia (ollai para o que dá).

En Chuza! censurase na actualidade a La Voz de Galicia, sen embargo, os diarios que desaparecen son outros, os que nesta rede se fomentan. Censúranse No chuzadas e opinións contraditorias coa «liña editorial» que marca unha minoría moi activa. Sen embargo o mundo non para e o que sucede nesa comunidade parece afectarlle ben pouco aos embargados polos seus ideais (a xornal coruñes), máis ben ao contrario, aféctalle a outros medios máis da órbita do “maxín #gz”. A endogamia mata. Todo ten a súa lóxica dentro dos marcos conversacionais (recomendo a lectura de “Non penses nun elefante”, George Lakoff, 2.0 Editora). Unha vez a propia comunidade diferenza contidos de calidade (os periodísticos) e de baixa calidade (a dos que forman o blogomillo) desaparecen da grella de chuza! moitos blogs, limitase o número de fontes de contido en galego, interactúase menos, e remata ferida de morte a interdependencia que outrora lles daba valor. Así, unha vez caído o maior medio colaborativo de Galicia, os blogs, e acadado o obxectivo dos medios máis influentes do país co xermolar dese pensamento –contido de baixa calidade- espállase a onda afectado a outros medios de comunicación menos influentes: GZNación, A Peneira, Vieiros, GaliciaHoxe, Xornal, A Nosa Terra e o que virá.

Concordo con Lakkof cando afirma que non abonda con investir en medios de comunicación, senón en “enmarcado e linguaxe”. E nisto, xa de pouco vale laiarse, non se investiu nada e o resultado é a perda de influencia da comunidade lingüística galega, que a medida que deixou de retroalimentarse comezou a perder masa muscular e de aí a súa febleza actual, soamente comparable coa fortaleza dun morto-vivinte. Concordo tamén con Manuel M. Barreiro (A nova dereita e nós, 2011, 2.0 Editora) cando afirma que na rede está a reserva da cidadanía. Está tamén o seu ego. Son dúas cuestións distintas pero deberán ir da man para repetir no futuro movementos que, noutra ocasión, sendo casuais e espontáneos fixeron virar o rumbo da política galega.

En V Televisión falando dos caciques da terra
Nas noticias do luns, 26 de setembro, ao mediodía

E nas noticias da noite, o mesmo día e a mesma canle

Sen ánimo de lucro
Este é un engadido que aparece sempre na denominación dunha asociación. Na actualidade este engadido converteuse en mofa social. Estes profesionais do asociacionismo son bechos hábiles nas corredoiras das administracións rapinando aos corruptos políticos que nos gobernan (non diferencio entre siglas… entre os bechos tampouco). Son profesionais do asociacionismo porque é do que viven, viven subsidiados, e viven duns fondos que na maioría dos casos van destinados a colectivos desfavorecidos, para a súa defensa, para a súa integración, para a súa atención. Dáme moito noxo observar como quen realmente saca proveito deses fondos non son directamente eses colectivos aos que supostamente van dirixidos, senón fracasados aspirantes a funcionarios que atopan aquí unha alternativa de traballo, sen necesidade de ter que cravar os cóbados nunha mesa para opositar e aprobar, competindo con moitos outros aspirantes para ocupar unha mesma praza nunha administración pública, quen realmente debería prestar eses servizos que se subvencionan, Aquí, nas asociacións,  non hai rivais, simplemente cumpre ser un bo cacique (no sentido pexorativo da verba), un mamón vaía, e mamar na persoa adecuada. Da igual as capacidades que teña ese traballador, si sabe mamar é o candidato perfecto ao posto. Así fan a maioría dos traballadores de cantas asociacións coñezo. AODEM, da que me dei de baixa esta mesma semana, por implantar un sistema de copago no que o usuario non paga un prezo simbólico do servizo que recibe, senón máis do que o servizo realmente vale: 12€. Esta cantidade multiplicada polas horas que se lle supón traballan estes profesionais ao día (8) e cunha media mensual de 21 días supón uns ingresos de 2016 €, moi por arriba do custo dos honorarios dos profesionais desta asociación. Iso non é copago, é unha estafa, máxime tendo en conta que outros gastos son financiados polas administracións ou a obra social das caixas (local, utensilios, subministros, …). E falando de administracións, na reunión na que se adoptou esta medida fíxose unha crítica política ao Concello de Ourense por non subscribir con AODEM un convenio aducindo que non podían asinar máis convenios e logo, dixo o Presidente e ex-alto executivo, Constantino Guzmán Rodríguez (a saber de que), si os asinou con outra asociación. A demagoxia deste persoeiro non ten límites. Pero, quen é esa outra asociación? É ASPANAS. As críticas na intimidade dunha reunión convértense logo no máis profundo silencio e respecto publico. Ao rematar a reunión a psicóloga-xerente e o presidente sairon correndo á inauguración dos novos bungalows de Untes, nun camping que leva un ritmo de inauguración por ano, sempre ao finalizar a tempada estival, para cofear o lombo dos representantes políticos alí presentes.

Esta outra asociación é a que se queda coa torta toda de subvencións, axudas, convenios e o que se poña. O xeito de conseguilo é ben doado, premiando aos responsables políticos, de calquera partido, dando postos de traballo a aquelas persoas que aqueles lles suxiran: veciños e parentes do Alcalde de A Peroxa, veciños e parentes do superdelegado da Xunta en Ourense e ex-alcalde de Arnoia, veciños e parentes dos responsables de termalismo, medioambiente ou xardíns do Concello de Ourense, como Sonia Fernández, sobriña do mesmo concelleiro, Agustín Fernández, que ven de enchufar a súa filla no Concello de Facenda, supostamente técnica da UPD Integrou, compañeira de traballo coa que xamais me crucei, máis que non facía nada nin na UPD nin en ASPANAS (quizais o mesmo que agora, amolar),… e sen coñecer moi ben o motivo, pero algún haberá, amigos e familiares da deputada do BNG Tareixa Paz: súa irmá Lourdes, o concelleiro do bng en Barbadás Serafín, o cuñado de Tareixa Paz,… e como non, a parella de Tareixa Paz, unha persoa que non ve un burro a tres pasos, mais que iso non lle impide encargarse do mantemento, hixiene e seguridade nas Pozas de Outariz. Dicía unha nova do ano pasado: entre os feitos denunciados no escrito que se fixo chegar aos medios de comunicación relatábanse deficiencias hixiénicas nos alimentos que se serven, tanto pola súa manipulación como polas súas condicións de almacenamento e conservación, e sinálase que algúns traballadores tiveron xa diarreas. Os responsables de ditaminar que todo aquilo era falso eran os mesmos que logo seguían enchendo esa asociación de familiares e amigos. Efectivamente, o Concello de Ourense elaborou un informe ao día seguinte da denuncia ao ditado de Juan José Rodríguez Fernández, quen foi facerlle unha visita ao encargado de realizalo a primeira hora do día 1 de setembro de 2010, saúdando polo camiño, iso si, sen perder as mañas, aos concelleiros da oposición. Xa se sabe, hai que estar con todos ben, máis con ese, que é técnico na Deputación de Ourense. A oposición non deu un chío. Mais, eu que teño as miñas propias fontes podo afirmar que as instalacións de Outariz dan noxo, verdadeiro noxo, tanto que nin empregados, nin ex-empregados van por alí, agás aqueles que comen, e sobre todo os que empinan o cóvado, pola face.

Si o pensamos ben, nunha asociación así non fai falla responsables de persoal financiado con fondos públicos, porque se contrata a quen lle ordenan. Persoas que finxen adicarse a selección de persoal como Olalla Jorge Pereira (psicóloga) ou Rosa Carrera Carballo (historiadora, sic, quen mellor para estudar a historia curricular dun candidato) sobran. Mais, facer o que os políticos ordenan ten o seu premio: quedarse coas axudas e subvencións de tódalas outras asociacións. Pero por caladiños, por posuir menos cualidades que aquel “Caladiño” de “Sempre Xonxa” a perda de axudas tena ben merecida. A estes senvergoñas todo lles da igual e a cada acusación rin e brincan. Por iso, son dos que defende que a estas asociación non se lles debería dar nada, absolutamente nada, dos fondos públicos e si reforzar e potenciar nas administracións públicas os servizos que estás din, sen facelo, prestar.

Este vídeo vai para todos os canallas, mamóns, senvergoñas, zafados, cabróns, para toda unha CUADRILLA DE MAFIOSOS que infestan esta sociedade.

Ensino: Apagamento informativo da TVG
A televisión de Feijóo non se diferenza moito daquela que Fraga dirixía dende as sombras… ou Touriño dende os cantís de Ponte Pío. É una práctica habitual de tódolos gobernos, tampouco é cuestión de sinalar agora a una única cor política. Dicir que todos son iguais non é esaxerado nin demagóxico. É un feito probado.

En La Región: «Pais e alumnos do Ben-Cho-Shey de Pereiro de Aguiar concéntranse ante Educación con pupitres na Rúa»; no Faro de Vigo: «Alumnos do Ben Cho Shey montan unha escola na rúa contra a supresión dunha aula»; no xOrnal: «Os pais dos alumnos do Ben-Cho-Shey sacan os pupitres á rúa»; en El Correo Gallego: «O curso comeza con rozamentos entre a ensino público e o privado»; en El País: «Educación cerra aulas públicas por falta de orzamento»; mentres, en La Voz de Galicia, gran beneficiada da Xunta de Feijóo, só amosa o cabezallo da noticia, acochado no máis fondo da sección de Ourense do xornal, on di: «Clase improvisada na Rúa”. Na súa televisión -V- si lle dedica uns segundos: «Pais e nenos, a rúa». Nembargantes, a televisión que se financia cos impostos de tódolos galegos non dá nin un chío…

Sobre o «pulo» á empresa e ao emprego en Ourense e Galicia
Artigo publicado en MundoGaliza, actualizado.

Un exemplo do que vou falar podemos atopalo na Confederación de Empresarios de Ourense (CEO) e no xeito en como esta restrinxe a formación tanto de emprendedores como de desempregados. O domingo día 14 de agosto o diario local de Ourense publica unha nova relativa a CEO na que anuncia que “A CEO forma parados para que creen empresas”.

Esta nova está  falseada e, estou seguro, non obedece a erro algún, senón que ten unha clara intencionalidade manipuladora: facer crer a sociedade que os empresarios ourensás apostan pola creación de novas empresas, cando a realidade é reveladoramente contraria, co afán de conservar a súa posición de dominio social bloquean calquera iniciativa emprendedora que poida amezarlos, agás cando esta proveña do seu círculo familiar ou social. Vexamos: a formación a que fan referencia nesta noticia está financiada polo Fondo Social Europeo (75%) e pola Consellería de Traballo e Benestar (25%), polo tanto non é a CEO quen forma, senón a UE e a Xunta de Galicia a conta dos impostos de tódolos cidadáns. Este feito que é de sobra coñecido por este diario, xa que cada domingo publican innumerables anuncios deste tipo de accións formativas, é ignorado. Sen embargo, malia a aparecer como unha noticia do xornal local ese domingo, cabe supoñer que é a propia CEO quen lle proporciona dita información, e malia contar o curso con seis vacantes dun total de 15 prazas, ao prover o Servizo de emprego alumnos insuficientes, a CEO non inseriu anuncio algún para propalar ese curso de acordo coa normativa vixente (ver páxina 9 da guía 2011 do plan AFD ou artigo 18 da orde da convocatoria). Porque non o fai? Porque se oculta a orixe dos fondos? O diario non  sinala nada respecto ao financiamento pero si se desprende da nova un aura de gabanza á actividade da entidade, á que os empresarios asociados aportan máis ben pouco ou nada, pois todo canto gastan -ou dilapidan- son cartos públicos dos cales boa parte rematan no haber deste xornal. Para a CEO o de menos son os desempregados. O de menos son a orixe dos fondos. O de menos é o resultado do investimento. O importante é consumir fondos públicos porque así sempre algún dos seus saca beneficio.

Di M.  M. Barreiro en A novísima dereita e nós que en Galicia hai tempo que a depresión económica recluíu aos empresarios nos seus cuarteis de inverno, alí lamben as súas feridas e coidan dos seus minguados beneficios na espera de tempos mellores. Oxalá esta afirmación, coa que concordo, fose completa. Oxalá a súa actitude fose tan pasiva. Seguindo coa metáfora empregada por Barreiro podería engadirse a mesma que os empresarios invernan cun ollo e co outro están a espreita para que ninguén lles usurpe o seu dominio sobre a cidadanía. O ollo esperto dos empresarios son as súas organizacións empresariais, unhas infraestruturas pesadas de persoal pouco cualificado que se encargan de manter unha esculca permanente sobre calquera ávido emprendedor que poida abeirar do control da manada e por en perigo os seus privilexios imperecedoiros (pasados, presentes e futuros), ou iso cren. Ante un nimio perigo a encomenda da organización é sempre pexalo, dilapidando se for preciso cantos recursos sexan necesarios, recursos sempre alleos, recursos que provén –ironías da vida- de todos os contribuíntes, de fondos públicos que deberían, polo tanto, estar destinados ao ben xeral do conxunto da poboación, como é neste caso a administración ineficaz de fondos públicos dirixidos a formación ocupacional e, para máis inri, fondos públicos destinados ao emprendemento e, repito por se non fun suficientemente claro, fondos públicos que as entidades empresariais consumen ao seu antollo, sempre en beneficio propio, económico e persoal (a súa soberbia) e nunca, insisto, nunca, na procura dun efecto positivo (demostrable) para o conxunto da sociedade; de feito, non se realizan estudos de impacto para que ninguén poida demostrar o contrario (a nulidade de impacto). Poucos emprendedores logran zafarse deste asexo acosador permanente. Abonda con mirar de xeito paisado ao redor: temos os mesmos empresarios de sempre. A inacción é palpable. A inanicción é demostrable.

Os nosos empresarios teñen unha concepción moi equivocada do que lles é propio. O capital é seu. A man de obra é súa. Os beneficios son seus. Os fondos públicos son seus. Cren. Nestes lares os empresarios non rematan de ver os efectos positivos de ofertar unha boa formación a cidadanía, soamente ven perigos, crendo que formando persoas criarán os corvos que lle comerán os ollos, ollos espertos, ollos dormentes. Para os nosos empresarios os fondos públicos sonlles propios, pois entenden que é un contributo expropiado dos beneficios do capital que eles arriscaron, como si, de non facelo, lles reportase algo. Así, os empresarios loubáns que temos procuran o reintegro de canto achegaron as arcas públicas prestando estes servizos que non prestan, formando emprendedores que non emprenden e desempregados que non se empregan. As organizacións empresariais galegas, como a de Ourense, sequera contan cun plan de formación para os seus empregados, tampouco para as empresas que a conforman, moito menos para a sociedade na que residen; un feito inaudito si ollamos a cantidade de millóns de euros que xestionan e dilapidan cada ano neste apartado. Forman Téncnicos de Formación, pero non os contratan (cando menos aos que forma). Forman Formadores Ocupacionais pero non os contratan (facendo con outros docentes de dubidosas capacidades cara a materia que imparten). Forman empregados administrativos pero non os contratan. E un largo etcétara de ocupacións. É un xeito coma outro calquera de tirar cartos ao lixo. Por estes lares coñecemos ven como dende que formamos parte da UE eses fondos minguantes foron destinados para fornecer o seu dominio a conta do desenvolvemento social, utilizándoos para manter unha infraestrutura pesada e clientelar -e tamén, todo hai que dicilo, incapacitada para resolver os problemas que nos atinxen- da propia organización e dos paridos políticos (PP sobre todo) que máis se dobran aos seus intereses.

Na acción formativa a que se refire a nova do cabezallo a CEO saltouse un paso fundamental, como son as garantías na selección do alumnado ao non respectar pautas de obrigado cumprimento, como son a publicidade do curso, ao non dar a coñecelo divulgando nos medios locais, aínda cando existían seis vacantes previamente ao seu inicio, dando comezo logo sen  a totalidade dos alumnos, cando si existen demandantes para a súa realización. Si realmente a CEO quixera formar empresarios faríao a súa conta e sen tanta publicidade pero, obstaculizar, como fai, a formación de novos emprendedores debería custarlle, amais do rexeitamento social, a devolución dos fondos públicos destinados a semellante. Iso non sucederá, nin unha cousa nin a outra. Como di o protagonista de 1984, George Orwell, “mentres non adquiran conciencia non poderán rebelarse, mentres non se rebelen non poderán adquirir conciencia”. É unha roda que os empresarios teñen ben engraxada.

Esta acción formativa comezou o pasado día 16 deste mes de agosto sen que o curso contase cos 15 alumnos estipulados (non é a primeira vez nin será a última, é costume da casa). Ao preguntar aos técnicos da CEO por este feito din que agardan que eses alumnos que faltan se incorporen o a seman seguinte (sería ap rimeira vez que o fan pois noutras ocasións as prazas quedaron baleiras). É inaceptable que habendo verdadeiros emprendedores interesados en realizar ese curso, dende a CEO soamente existan trabas para quen amosou un interese real en facelo.

“Entendo o como pero non entendo o porque”. 1984, George Orwell. Outra vez.

Caciquismo formativo, oscurantismo informativo
A formación segue a ser un bo negocio para os empresarios do sector malia crise reinante. A clave está na habilidade que teñen para acceder a recursos públicos nos que basean tódalas súas expectativas. Unha outra clave: aproveitarse de alumnos (usuarios) e docentes (traballadores). Un clásico do capitalismo moderno.

mendigos bussiness scholl - el roto

29 de abril de 2011. Celébranse as Xornadas de Inserción e Formación Ocupacional en Ourense no marco do Proxecto Auria Inserta. Un dos poñentes daquela tarde, José Jaime López Cossío, Director de Laudantis, trata de convencer a audiencia da estraña relación entre a mala formación das persoas e o desemprego. Resume a súa intervención dicindo que “a mellor formación máis ingresos”. Veremos que non é de todo certo, pero non fai falla ser un lumbreras para realizar semellante afirmación; moito menos pagarlle para que o diga. A mala formación das persoas débese fundamentalmente a mediocre formación dos centros que a ofertan.

Interveño na quenda de preguntas e poño en dúbida canto dixo ao non ter en conta nos datos ofrecidos a relación entre formación dos e das empresarias e a evolución das nosas empresas, como si a transformación do mercado de traballo dependese en exclusiva da boa ou mala formación dos empregados, sen exixencia algunha a quen os contrata. Non só considero que a clase empresarial teñen moito que ver neste desaxuste senón que os responsabilizo a eles e elas da deriva económica actual, en canto a formación se refire, formación que está encamiñada a un único obxectivo: facer caixa conta de fondos europeos destinados a tal fin, non en fornecer as capacidades das persoas.

O Señor Cossío, molesto coa miña pregunta, di que a súa intervención non vai dirixida a empresarios senón a buscadores de emprego e interpela a sala: “si hai algún empresario presente, que levante a man”. Algunha levantouse. Moitas menos das que realmente había. Xusto diante miña tiña ao Sr. Francisco Novoa, dono de Academia Postal, empresario e fillo predilecto de Maceda. Non sabía onde meter as súas mans, seguramente naquel intre desexaría ser manco -abofé que si-, pero as mans non as levantou. Avergoñábase acaso de ser empresario? Quizais o que lle producía vergoña e ser empresario do xeito en que o é, a clase de empresarios que soamente perden a vergoña na intimidade dos corredoiros das administracións públicas, alí onde asexan na procura de axudas e concesións públicas para a súa empresa. Ese xesto confirmoume moitos dos rumores que circulan pola cidade de Ourense, especialmente no ámbito formativo. Un segredo a voces que, polo visto, só descoñecen nos cuarteis da postal. Ese xesto, ou a ausencia do mesmo, é o ademán manido e sintomático do bo cacique que leva acochado. Estar presente ao tempo que ausente. Presente para dar validez a unha acto a un tempo irrelevante e custoso. Ausente para non restar protagonismo aos convocantes do acto. Son desas actuacións que perseguen reforzar seu propio sector e por engadido seu propio negocio.

Que dí o ruxe-ruxe… O noso refraneiro di que o que cala outorga, que hai silencios que matan,… moito se ten dito e escrito sobre os significados do silencio na nosa sabedoría popular. A veces os silencios rachan e con el a realidade. Este mesmo ano escoitei varias veces unha mesma afirmación da boca de diferentes persoas: «o dono de Academia Postal obriga aos Formadores Ocupacionais a devolver parte dos cartos que lle abona polos servizos prestados, baixo ameaza de que, de non facelo, non traballarán máis para eles». Como eu nunca me vira en tal situación, pois non traballei para eles (afortunadamente), non daba creto. Pero cando se escoita unha e outra vez a mesma cantilena… xa saben, «cando o río sona é que auga leva».

Para alguén pertencente ao ramo da formación de persoas é indignante coñecer que alguén realiza semellantes prácticas mafiosas, máxime cando é unha Orde, unha norma, a que determina canto debe cobrar un docente de Formación Ocupacional; como tamén se establece na Orde o espazo dunha aula, os recursos a disposición dos alumnos,…. Todo iso son requisitos que nunca se cumprenumpre. Sen embargo, para quen busca (buscamos) emprego, moitas veces, non queda outra que apandar. Para quen, coma min, pouco lle debe a semellante personaxe e pouco agarda del e dos que son coma el (ver CEO, outro bo exemplo de dilapidamento de recursos públicos) non ocultamos o que nos parecen esas prácticas. O cualificativo bule na miña cabeza e seguramente tamén na súa que está a ler isto. Si, xa, iso mesmo. Quen lle quita a outro o que lle pertence, quen se apodera do que non é seu, por moitas voltas que se lle dea, con ou sen sentencia condenatoria, iso é ratear. Alguén pode pensar, «si o fillo predilecto de Maceda é así, como serán os demais?» Erra ao pensar así. A verdadeira interrogante que debe formularse toda persoa é a seguinte, “si o fillo predilecto de Maceda é así, como será quen lle outorgou semellante distinción?”. De tódolos xeitos que cada quen se pregunte o que queira… a maioría, ben sei, calará e agardará pola súa oportunidade… de coller cacho. Cando presentei a reclamación que se pode ver máis abaixo dixéronme que a Academia Postal non tiña por norma devolver cartos aos alumnos descontentes, polo tanto que nada me ían voltar. Normas!?

Respondín con outra interrogante: E logo, acaso teñen por norma esixir a devolución de cartos aos seus docentes? Fíxose o silencio. Cada quen pon as normas que lle peta, legais ou non. Todo depende da situación que ocupes respecto aos demais. Eu tamén teño miñas propias normas, entre elas non permitir que ninguén me tome o pelo e/ou me roube un can; cando iso acontece, pido contas. Entre as normas da postal tampouco están a promoción do galego, por máis que loara nese senso o alcalde caciquintanista de Maceda cando o nomeu fillo predilecto da vila (todos saben que se trataba dunha manobra para evitar que este “suposto socialista” se presentase a alcalde polo PP da man de Feijóo, cousa que na comarca os díxome-díxome daban por feito). Tampouco ten por norma competir no mercado do ensino en igualdade de condicións. El utiliza unha pseudoasociación para ter uns empregados (orientadores) remunerados con fondos públicos para dar clases, amais de utilizar esa suposta «orientación» para acceder a unha base de datos de buscadores de emprego desempregados para recrutar candidatos a opositar para a administración pública. Recoñezo que eu son un dos que caeu na súa trampa. Perante unha situación así soamente queda reporse. De aí a miña reclamación. Por escrito porque así ma pediron. O que non recibín logo, nin por escrito nin doutro xeito, foi unha resposta, moito menos unha desculpa. Si o ingreso de canto lles reclamaba. Significa o feito de que me devolvesen os cartos que lles reclamaba que canto afirmo é certo? Non. Nin o contrario. Cada quen pode pensar o que lle pareza.

Actualización: «A mellor formación, máis emprego e mellor soldo» – Diario El Público, 14 de setembro de 2011. Que este páis teña unhas taxas de desemprego máis elevadas da UE e uns soldos moi por debaixo da media do seu contorno (media á que contribúe baixándoa), é unha proba de que a educación e a formación foi e é mediocre.

Alcaldes NacionalFascistas (I)
Hainos. Que cousas! Ate o PPdeG apoiou no parlamento galego unha condena ao franquismo presentada polo PSOE e BNG renunciado ao devandito principio de “non hai que remover o pasado”. Sen embargo, hai alcaldes nacionalfascistas que invocando ese mesmo principio se negan a condenar o franquismo e facer homenaxes as vítimas do alzamento militar. O alcalde nacionalfascista de Castrelo de Miño, Xurxo Rodríguez Méndez, dixo ao grupo nacionalista do BNG local que facer unha homenaxe aos asasinados na ponte vella podería ser entendido como un acto radical e que iso acarrearíalle a perda de votos.

Contan que a ponte vella de ferro de Castrelo de Miño era o lugar na que remataban os paseos das vilas próximas. Deica alí eran conducidos polos seus propios veciños, por fascistas enchidos de soberbia e razón divina para facer cantas atrocidades alí facían. Naquela ponte puñan a seus veciños xunto as varandas, mesmo a seus familiares, e empurrábanos ao leito do río onde finaban esmagados coa brutal caída. Había quen se resistía e se agarraba con toda súa forza as varandas de ferro, hoxe desaparecidas, coas ansias de sobrevivir, suplicando pola súa vida aos que crían que aínda lles restaba un chisco humanidade, nembargantes, eran verdadeiras bestas o que tiñan enfronte, demos provistos de grandes coitelos, deses que se usan para a matanza do porco, aparellos que non dubidaban en usar para cortarlle as mans. Contan que máis dunha man das vítimas quedou aferrada as varandas mentres o corpo caía ao baleiro dunha morte inminente. Contan tamén que non todos finaron. Penso eu, que a estes, de quedar algún, debería estarlles permitido facela xustiza pola súa man.

Os fascistas de agora, isto xa non é conto, seguen a tapala realidade dos fascistas de antes. Aos fascistas de agora dálles medo tamén remover no pasado. Os fascistas de agora non mataron as vítimas do pasado pero seguen a torturar as súas familias. Os fascistas de agora son igual de responsables si coa súa complicidade silencian -como outros o fixeron antes- aos verdugos de todo o dano infrinxido.

O grupo local do BNG, isto tampouco é conto, sempre condenou aquelas atrocidades e sempre, sempre prometera honralos, incluso gobernando o PP no Concello. Agora que quen goberna Castrelo de Miño son os nacionalistas, o alcalde nacionalfascista di que homenaxealos sería unha mostra de radicalizade. Por iso nos anos en que Xurxo Rodríguez Méndez leva de alcalde xamais se honrou as vítimas da vella ponte de ferro. El é un verdugo máis. El é, probablemente, dos que de atoparse naquelas mesmas circunstancias e tempo, estaría armado co coitelo dos porcos, ben afiado, cos ollos inchados de sangue e nunca, nunca, nunca vendo como se achegaban aos fociños aqueles ferros que reflectían a auga nas noites de lúa. El brincaría, abofé, ollando como se torcían os ferros coas ondas da auga e como, coa calma, desaparecerían aqueles corpos e tódalas súas esperanzas. Agora que ninguén rebula nas augas, deixádeas tranquilas.

Agora apuntan, isto xa non sei si é conto ou non, a que o alcalde nacionalfascista de Castrelo de Miño formará parte das listas o BNG ao senado. Tampouco sería de estrañar a certeza de semellante afirmación ollando a deriva ideolóxica deste cada vez máis reducido grupo (afortunadamente), obsesionados todos por manter cada leiriña de poder, só polo poder, sempre prestos a devorar aos seus propios compañeiros por mover un chisco o marco… cara dentro. Cumpre ser pailáns.

Non é o momento, non. Nunca é momento para honrar aos que non ten memoria, aos desmemoriados que nin sequera contan cun nome e un apelido para seus tristes osos. O luns, buscando información sobre Xosé Costa Dorrío no arquivo histórico, rebulindo nos “Expedientes de Responsabilidades Políticas”, que así lle chaman, fixeime na cantidade de nomes de persoas que foron axustizadas durante e despois da guerra, nomes e apelidos acompañados da frase “vº de …” e o seu pobo alí. Utilizan sempre esa palabra: veciño, como agardando que algún aínda se lembre deles. Reparei sobre todo nos de Xunqueira de Ambía, xa que era ese o lugar de nacemento de quen buscaba, pero había tamén, e moitos, de Castrelo de Miño. Dubido, pola actitude deste enxendro respecto ás vítimas, que algún antergo seu estivese entre aqueles homes, sobre todo, e mulleres. Logo, consultando “Alzamento,Guerra e Represión» (Ourense 1936 – 1939), de Julio Prada Rodríguez, enxerguei unha ringleira uniforme na que se repetía o mesmo nome, e logo outra, e outra,… e xunto ao nome o mesmo apelido.

Nome: Descoñecido; apelidos: Descoñecido.

Ducias e ducias de descoñecidos que ven poderían ser de Castrelo de Miño ou non. Ducias e ducias de homes e mulleres sen nome e que, grazas a actitude condescendente dos responsables políticos de antes e de agora, quedaron no esquecemento para sempre, sen que se poida discernir endexamais cal é orixe dos osos que gardan esas caixas. Iso no caso de restos aparecidos, que moitos nunca se atoparon. Como ducias e ducias de homes e mulleres, coñecidos e descoñecidos, foron guindados dende o ferro das alturas. Todo apunta -isto é unha visión miña que oxalá fose errada- a que mentres este ser miserento sexa alcalde non será restaurada a memoria dos asasinados nesta vila… dito o cal, non resta un ápice de responsabilidade a todas e cada unha das persoas que o apoian, ben dende o seu propio grupo local, ben dende o seu propio partido, ben dende as furnas co voto dos cidadáns, responsables estes últimos de elixir a quen nos goberna en democracia. Si, unha democracia, quen llelo diría a algúns!

Hai máis alcaldes nacionalfascistas…

As misteriosas contratacións da Xunta de Galicia
Artigo publicado en MundoGaliza, actualizado.

O 11 de agosto a Consellería de Traballo anuncia un plan de cooperación para entidades sen ánimo de lucro permitirá a contratación de máis de 1.500 desempregados. Poucos días despois publícase na web da Xunta que  Traballo promove a contratación de 280 axentes de emprego e desenvolvemento local cun investimento de 6,3 millóns de euros. Isto foi o 18 de agosto.

O primeiro anuncio que fai a Xunta é do enésimo paquete de contratacións de desempregados, desta vez mozos, mediante a concesión de axudas a entidades sen ánimo de lucro; entre estas  contratacións están as de axentes de emprego. O que parece un macropaquete de contratacións non é tal, trátase de envolver nun só paquete todos os anuncios anteriores e posteriores de contratacións, así para os ollos inexpertos semella que as contratación son o dobre. Neste anuncio recente para xuntar os 1500 contratos meteron nun só a unha diversidade de traballadores incomprensible: para realizar servizos de interese xeral e social (?), axentes de emprego e finalmente axentes de unidades de apoio para o fomento do emprego. A semana seguinte fan público outro micropaquete, desta vez só para axentes de emprego.

Como axente de emprego (desempregado) semellante anuncio paréceme unha ofensa aos mozos e mozas galegas desempregadas e a totalidade da cidadanía, especialmente emprendedores aos que, supostamente, van dirixidos os servizos dun axente de emprego.

A cantidade de axentes aumenta cada ano sen que o faga o orzamento, malia as cifras que nos ofrecen. Como se explica? É doado. Contratos que antes tiñan unha duración de un ano agora son de seis ou nove meses. Deste xeito encargase o impulso do emprendemento a persoas sen emprego garantido para máis aló dese período co cal teremos a un traballador que dende o primeiro día no seu posto de traballo terá que buscar emprego para si máis aló da duración do seu contrato, iso ao mesmo tempo que se adapta ao seu posto de traballo, a entidade, realiza diversas análises do ámbito ao que se dirixe e presenta informes a entidade. Para cando teña elaborado un plan de actuación estará xa desempregado. Isto no caso de que sexa a primeira vez que traballa como tal, caso que é factible, posto que esas axudas van dirixidas a contratación preferentemente de mozos -que me expliquen con exactitude isto…-, din. Ao mesmo tempo afirman que servirá para renovar contratos aos que xa están traballando- Serán mozos tamén?

Esta é outra das mentiras máis habituais das políticas de emprego pois, polo xeral, as entidades contratan sempre as mesmas persoas, porque malia tratarse de contratacións de carácter temporal o Estatuto do Traballador recoñécelles a condición de fixos (artigo 15.5 ET) ao levar traballando na mesma entidade máis de vinte e catro meses nun período de trinta meses, situación da que a maioría dos traballadores non son vítimas senón cómplices. Logo non se trata de renovacións senón de adiar o conflito. Deste xeito tamén é un erro falar de 1500 novas contratacións, senón que o máis probable é que sigan no seu posto 1200 persoas que xa estaban traballando e se contraten a dedo eses 300 do diferencial.

No caso de axentes de emprego sinala a nova do 11 de agosto que se prorrogará contrato a 173 e se realizarán 20 novas contratacións. Logo non se contratarán a 193 traballadores desempregados, senón tan só a 20, xa que a maioría permanecerá no seu posto. Sen embargo, si non pasamos do titular da nova creremos que a Xunta realmente contratará a eses 1500 desempregados. E a semana seguinte outros 280 cando se trata dos mesmos. Mais, si se prorrogan contratos onde están os contratos a desempregados dos que falan? Que, como vimos, na realidade tampouco é que se lle prorroguen eses contratos, senón que non lles queda outra. A alternativa é non facelo, mais coa conseguinte denuncia do traballador esixindo a transformación do contrato fraudulento en fixo, o que levaría a Xunta de Galicia a seguinte situación: contratar 173 traballadores desempregados –co cal non poderían ser os que xa están ocupando o posto- e cando finalmente sexa firme unha sentencia que determine a fixeza do traballador no posto, asumila ou indemnizalos e manter a outra persoa contratada ate a finalización do seu contrato. Isto levaría a unha situación de conflito e asfixia económica a moitas entidades de ámbito social, situación por eles buscada e asumida.

Cal é o papel das entidades neste enredo? Ben, si somos moi inxenuos chegaremos a pensar que estas entidades canalizan os recursos que as administracións lles conceden en forma de axudas, subvencións ou convenios cara os fins que perseguen; sen embargo, se somos máis ben maliciosos chegaremos a crer que estas entidades so serven de parvo útil non das administracións públicas, cuxos servizos asumen, senón dos partidos políticos que as gobernan. Unha destas entidades é ASPANAS, en Ourense, da que formei parte na segunda metade de 2009, nunha Unidade de Promoción e Desenvolvemento que contaba daquela coa maioría de membros da mesma cor política (PSOE). A directora da UPD, Nuria Bueno Aizpuru, na súa vida creou máis emprego que o propio. Iso si, isto faino ben. Agora, sen UPD, e ASPANAS cunha Directora de Formación e Emprego, Rosa Carrera Carballo, pro-Feijóo e traidora de Baltar (Roma non paga traidores), a función da entidade segue a sela mesma pero con outra cor: parvo útil de Rogelio Martínez. Das axudas que recibe esta entidade poucas se ven reflectidas nos boletíns oficiais, por exemplo, si se busca “aspanas” no buscador do DOG o resultado para 2011 é “0”. (poden probar aquí, sorte!). Significa iso que non recibiu ningunha cantidade da Xunta de Galicia neste período? Non. Significa soamente que non foi publicado e polo tanto vulnerado o principio de publicidade, pois ninguén se cre que esta entidade non recibise un só euro dende a caída do bipartito. A pregunta é: que interese pode ter a actual Xunta ou a ASPANAS de sempre para que non se saiba que cantidades e en concepto de que recibe axudas? Mellor non sabelo.

Lamentablemente o panfleto no que se anuncian todas estas contratacións, unha información totalmente falsa, foi reproducida polos medios de comunicación sen realizar ningunha análise crítica do mesmo. Todo vale para alimentar a ignorancia do pobo.

El chavalito que no pinta nada aquí
Chaval, la. (Del caló chavale, vocat. pl. de chavó, muchacho). 1. m. y f. coloq. Niño o joven. U. menos c. adj.

A palabriña atopeina no dicionario da RAE porque en galego non existe. Para que a utiliza logo o Concelleiro do BNG, Fernando Varela? Pois para insultar… nada mellor que a lingua común para facelo ben.

Vamos a poner a parir… Quen así fala a súa audiencia é Gonzalo Jácome El Chavalito do Concello de Ourense. Gusta el de poñer a parir a todo o mundo ao considerar que quen ocupa un cargo público se coloca na diana da crítica… do escarnio e do maldicir. Este persoeiro séntese agora menosprezado porque o Concelleiro do BNG, Fernando Varela, lle chamou chavalito. Nunca semellante ofensa se vira no mundo da política. Por que lle chamou chavalito, o peor insulto que se lle pode facer a unha persoa que acadou unha acta de concelleiro. Por que é concelleiro e iso exímeo de ser ofendido, pensa. Antes el (a agora) espraiábase agustito… escoiten e vexan este e outros vídeos: palabras como “ineptos”, “auténticos ineptos”, “o triste”, “censor”, “vago”, “inútiles”, “estúpidos”, “mosquita muerta”,… ou actidudes machista como referirse a unha moza preguntando “está buena? está buena?” son parte do seu repertorio. Noxento! Afortunadamente, os vídeos nos que el cuspe toda esa restra de insultos danos licenza a todos os cidadáns a dicirlle a el, cando menos, tanto como el lle dicía aos outros.

Barquero, o outro ofensor, díxolle «Ti aquí non pintas nada». Estamos no cumio da crispación política. Que pena me dá El Chavalito. Sinto verdadeira mágoa por este persoeiro friqui e por tódolos friquis que o votaron, que son moitos (ese día ben puideron quedar na casa). Tan grave é a ofensa que a considera un atentado a democracia.

A El Chavalito non se lle pode dicir chavalito pero El Chavalito si pode mexar por riba de tódolos seus compañeiros concelleiros –e de paso, por riba de tódolos seus votantes– pero non ao revés. El pode insultar afeito dende a friquiTv que rexenta con total impunidade e mesmo a condescendencia dos que agora son compañeiros. O máis triste de todo isto é ver como sae na súa defensa o Señor Rubín (Antón Feito), quen lle regalou no seu momento unha columna semanal, tódolos xoves, no seu diario (no de Santy) para insultar ao Goberno do Concello e a Baltar. Pois ben, parece que dende que foi elixido o friquiconcelleiro non se tivo noticia algunha da súa existencia -agás cando se apuntaran ao carro das adicacións exclusivas, pero diso en LaVoz non se falou- ate maiúsculo atentado contra a súa honorabilidade. Grazas por lembrarnos que están aí.

Esta fricada vitimista non deixa a marxe a actitude dos concelleiros do PSOE (Barquero) e BNG (Varela). Xente coma eles fan que a caste política sexa o único servizo público prescindible e non a educación, a sanidade ou o benestar persoal. Ben, isto último é demagoxia, pero eu podo facelo coma eles. Ou non?

Golpe de Estado dos mercados
Sen blindados na rúa, sen revolta social, sen covardes fuxindo do país, sen declaracións reais, sen condenas internacionais. O golpe de estado perfecto: o dos mercados.

O 2 de Setembro será unha data para lembrar, tanto que debería celebrarse nela o día da Nova Constitución. Entramos pois nunha nova ditadura: a dos mercados.

Os mercados son ese ente difuso ao que non se lle atopa flanco definido polo que atacar, están por todas partes, son todas partes. Son eles, somos nós. Como atacarnos a nós mesmos? Mellor deixalo estar. Os mercados non son de aquí ao tempo que si son de aquí e de alá. Como imos atacar aos de aquí? Mellor quedar quietos. É un bo invento iso dos mercados, agora o inimigo do que defendernos é o mesmo que nos dá de comer, o que nos emprega, o que inviste en nós, o que nos vende produtos, o que leva a plusvalía do noso esforzo, non para a metrópole (España, único inimigo aos ollos do nacionalismo pailán) senón para os seus países de orixe e paraísos fiscais, dende os cales non reinvestirán nada en servizos sociais nin en infraestruturas para o noso pobo colonizado.

Viva o Mercado! Viva España! Viva o Rei!

Entre burros
Cando era un neno e pouco pasaba dos pezuños da burra branca do Señor Castor xa soñaba en montar nela. Seica era unha burra moi falsa e xa tiña tirado ao seu dono, moi magoado pola vida e pola burra. Meu avó non me permitía achegarme a burra cando a deixaba prendida na argola oxidada que agromaba entre pedra e cemento a entrada da taberna. Cando fun grandiño para montar na burra xa morrera, ela e o Señor Castor. As ganas de montar en burro non se me pasaran e xa lle tiña botado o ollo a outra burra, a do Señor Costantino, moito máis xeitosa e xenerosa co xinete, máis escura tamén, creo lembrar que era negra e parda, pero igual de vella ca outra aínda que esta seguía viva, ela e o dono. Nesta si puiden dar longos paseos e turreille das orellas sempre que me deixaba, pois era moi sensible e remangábase coma dicindo isto non é un volante. Podía canear as miñas mans sen sequera velas chegar nin sentilo seu tacto. Xa tiña anos abondo para saber que aquilo non era un volante así como que non era esa a razón para aquela miña teima, a burra non o sabía, pero era por amolar. Así que nunca perdía ocasión cada vez que xurdía unha oportunidade, costume que aínda manteño. Ese movemento de orellas moito me fixo pensar; as engranaxes do meu muíño deron moitas voltas a aquela cuestión para pescudar porque a burra do Señor Constantino podía mover as orellas e eu non. Co tempo esta burra tamén morreu e agora xa non quedan moitas nin moitos, que agora son iguais burros e burras, ás que turrarlle das orellas. Sen embargo, en min as ganas de amolar non morreron, van a máis, entendendo por amolar dicir as cousas como as vexo, cousa que a esta sociedade lle amola moito e asi o persegue e castiga. Como destes animaliños autóctonos do mundo, pois de todas partes son propios, non quedan moitos e os que hai cumpre mimalos, agora fedello con palabras nas orellas doutros burros, os bípedes, cuxa habilidade para canear non é menos enigmática que a dos cuadrúpedes. É diferente. A min gústame velos logo como pola vergoña repregan os músculos membranosos da boca para acochar a súa faciana -ou quizais sexa coas ansias do doce- refucindo cara arriba os beizos arroupando os fociños, os ollos e como non, as orellas; premendo os maxilares a mantenta, deixando ao descuberto toda a bagaxe de esmalte, caries ou ambas a un tempo. A estampa que queda é a dunha bola deforme e rosácea cun ton amarelento no centro. Iso é un cacique ao descuberto. E lembren, non é por mal soamente por amolar… Alegría!

:p

Chin, chin, chin,… polo borrachín do pueblo.

Chin, chin, chin,… polo borrachín do pueblo.

Que a alegría das tabernas non se compra con diñeiro.

Chin, chin, chin,… polo borrachín do pueblo.

Chin, chin, chin,… polo borrachín do pueblo.

Haxa xa menos alcaldes e moitos máis taberneiros.

Os da Ría

As Conchas, encoro
Artigo publicado en MundoGaliza, actualizado.

O verdor das montañas do Xurés reflicte sobre as transparentes augas do Río Limia, escintilando raiolas entre a follaxe, dende o ollar caladiño dun dos cristais lixeiros da habitación da casa vella. Ao abrir a ventá entra o arrecendo salvaxe e doce da drupa madura e escura do acereiro que cubre as sestas de verán e que cerca a horta e o xardín asolagado.

Esperto co asolagamento dun soño fuxidío cara o abismo dun pesadelo e vou axiña ate a ventá, agora da casa nova, abro os grosos cristais illantes e o cheiro xa non é o mesmo, agora podre fedor, mais esas raiolas de sol que se meten polas raias das contras parecen dicirme que o olfacto me engana, e alimentan no meu maxín un verdoso esperanzador. Empurro. Non vai. As lembranzas rexouban no pensamento. Empurro, agora vai. Pecho os ollos coa luminosidade do sol madrugador ergueito enfronte miña. Só podo respirar e fago con fondura, enchendo os folgos sen reparar ate que… Agora si, noto esa rareza no aire da materia descomposta rascando nos pulmóns coma si o demo mesmo remexera no meu interior cun toxo arnau en brasa. Trouso. Volvo a espertar. Un novo espertar. O espertar que nos leva do soño a realidade, a triste realidade dun encoro que cubre a casa vella e lava a pequena ventá de cristal e rega os acereiros sen flor, sen froito, onde xa non durme ninguén.

Verdes augas si,

mais verde veleno,

verde cheirento,

verde invasor,

verde mortal poderoso verde

dos poderosos homes,

case todos homes.

A morte chegou ao Encoro das Conchas como chega sempre a auga, baixando, e parou alí como para sempre, freado polas comportas do Encoro, máis desta chega espesa, desta chega contaminada, amoreando restos de aquí e acolá, río arriba ate a Limia Alta absorbendo as augas, veleno e xurro do ramal de canles que enxugan as húmidas areas da Lagoa de Antela, asolagada fai xa 50 anos. Nunca a vin; soamente a soñei como ma contaron meus avós e aí bule na memoria soportando a deformación dos recordos.

Deformes eran entón as cortiñas, nabais, lameiros e arameos, carballeiras e poulas convertidos agora en “panteón das preocupacións dos pobos que a habitaron” (Benito Bicetto, 1861), convertidos agora en cuadrículas uniformes onde medran a base de auga fósil patacas, trigo millo e polos. Tamén os polos. Os polos que cOren planta en ringleiras de a un arrombando a ZEPA aos veciños con maledicencia caciquil. Unha enchenta de rinquleiras de cemento pobre fitan a pedra alta, noutra era símbolo de prosperidade, mentres remelándoa verten a súa incontinencia feita xurro na branca e húmida area na que se asentan palafitos de polos que a tinguen da cor do noxo. Como está húmida, semella non notarse do xeito en que si o fai ese fedor invasor que chega co vento do Sur mesturado de xurro asado nunha incineradora revestida de entroideiro Centro Tecnolóxico Mediambiental que, dito así, dan ganas de comela a bicos coma un parruliño.

Así e todo, non nos queda outra que, ante a pasividade das contaminadas administracións, que sempre viron con bo ollo aos Franqueira, dende tempos do ditador Franco –que pouco cambiou o mundo nestas terras esquecidas que agora aínda lle fan homenaxes- , seguir respirando ese enxendro de ar velenoso cargado coa bacteria É.cOren e sulfatos que nos alimentan –o emprego sempre foi unha boa xustificación para matar o medioambiente, para matarnos a nos mesmos- cada día, cada día ate que non quede máis que unha terra esgotada, cheirenta e deshabitada. Cara alá imos, cara o día en que xa non quede auga, nin ar, nin terras.

A Constitución dos mortos que goberna aos vivos
6 de decembro de 1978. A un total de 26.632.180 españois dáselle a oportunidade de decidir, non soamente o seu presente e futuro, senón tamén o pasado, presente e futuro das 47.021.031 persoas censadas e con dereito a voto nas recentes eleccións municipais de 2011. Daqueles que tiveron semellante privilexio en 1978, e que agora se nos nega, votaron que SI a pregunta de “Aproba o proxecto de Constitución?” 17.873.271 persoas, o que representa o 67,11% do total, e que viría sendo o 38,01% da poboación actual si todos eles se atopasen aínda con vida, cousa que é pouco probable. Como creo na improbabilidade dese feito, considero que a maioría daquelas persoas que tiveran a oportunidade de votar entón, dando un SI maioritario ao proxecto do texto constitucional, xa non se atopan entre nós 33 anos despois -case un cristo-. Así, a porcentaxe de persoas sobreviventes que ratificaron en referendo aquelas leis, leis que gobernan aos vivos de agora, representa unha porcentaxe ridícula da poboación actual. O peor, ou o mellor, segundo se mire, é que esa porcentaxe se irá reducindo día a día. Lei de vida.

Aquela norma, a norma dos maiormente mortos, segue rexendo as vidas de millóns de persoas sen que tivésemos xamais a oportunidade de ratificalas na súa totalidade en momento algún. Sen embargo, aínda hai que manifesta que esa caduca Constitución é a de tódolos españois. Demagoxia aparte, esa Constitución non é a nosa; esa Constitución non é máis que un instrumento das actuais castes gobernantes: as persoas que dominan os mercados internacionais. Nin sequera aos políticos, disque nosos representantes, lles corresponde ese papel. Son os mercados quen lle sacan todo o xugoa Constitución para espremelos osos de cada cidadán, ate non deixar nada. Para entón recollerán tódolos trebellos –como xa fan agora moitas empresa- e a zugar a outra parte. Sempre haberá un sitio neste mundo global a quen escravizar, disposto tamén a deixarse escravizar sempre en nome do progreso, co valor engadido da democracia ou non.

Para cando nos decatemos esta praga de lagostas dirixentes xa non nos terán deixado máis que desertos, acuíferos secos, ríos contaminados e un ar irrespirable. Quizais entón decidamos que é o momento dunha nova Constitución. Quizais o decidan os que queden. Para entón xa nós, os vivos de agora ou mañá, os mortos do futuro, teremos decidido xa como non será o seu mundo. A súa liberdade para decidir verase constrinxida polos estragos causados polas nosas decisións ou non decisións (inacción e silencio), os homes e mulleres dagora, do pasado futuro, dos xa mortos para entón.

Eses textos constitucionais que agora son instrumentalizados polos mercados globais, pasando por riba do estado-nación, convertéronse en verdadeiras barreiras para as liberdades da cidadanía, sando ao cidadán cartóns vermellos cada vez que esixe un dereito. Curioso, restrínxense liberdades en nome dos nosos propios dereitos. Obríganos a calar en nome da liberdade da expresión. Exprópiannos en nome do dereito a propiedade privada e ao dereito a unha vivenda. Restrínxenos o dereito a decidir en baseándose nos que xa decidiron por nós. Ese é o poder das verbas consagradas nas constitucións. So verbas. Verbas deformadas e mil veces interpretadas no beneficio da oligarquía mercantilista que nos goberna. Xa agora, ninguén pode dicir que votou aquela Constitución de 1978, nin sequera os que puideran ter metido un SI na furna, pois os axustes feitos tanto polos sucesivos gobernos, como polo Tribunal Constitucional, como polos medios de comunicación, probablemente a peor intromisión de todas cara o espírito daquel texto, fan que o que queda, nada se lle pareza.

De paletiños, paletos e paletóns!
@xOsse: http://t.co/TykDuKSp – «A un pailán pódeselle perdoar, porque só xira para un lado e non engana a ninguén» #bukowski

O Concilio de alcaldes (2011)

Hai uns días, logo do manifesto paleto dos 18 alcaldes nacionalistas (non está claro si son 18, 19 ou 20… ou os 8 da foto) escribín un e-mail a Xurxo, o Alcalde de Castrelo de Miño, ao decatarme que non podía ler os comentarios que el escribía no muro de facebook dun compañeiro, pero si podía ler as respostas e críticas cara el. Quen cinicamente se puña de exemplo de político que sabe escoitar á cidadanía, bloqueara a miña conta nesta plataforma, cousa que lle agradezo pois que mellor que non ter a vista toda esa enchenta de impudicia. O correo é unha carta privada ao seu enderezo electrónico persoal máis que el tivo a ben publicar no Grupo de Google de Castrelo de Miño, compartindo o meu enderezo electrónico, o cal é un ilícito penal pois a correspondencia privada non se pode compartir. O que me deixa claro esta personaxe ao ver que non tivo a gallardía de contestarme a min pero si compartir ese correo –insisto, privado e dirixido a el, a ninguén máis- cos seus acólitos,  é que me quedei curto nos meus cualificativos cara el. Isto lle dicía (corrixidas as grallas, para que logo Iago, o fillo de Purificación -nº 7-, non diga; grazas a eles dous sei das andanzas navalleiras do seu alcalde. Nunha cousa leva razón o rapaz, unha carta por máis que sexa privada non debería perder as formas porque logo atópaste con alguén que non respecta a intimidade e exponna aos ollos alleos):

Xa sabía eu que eras algo máis que un cacique. Es parvo. Que é peor. Non só me eliminas do face por discrepar que por riba me bloqueas. Non poderei ver os teus comentarios pero si os de outros, …

Es un paletiño, tanto ou máis que os que te votan, e iso, contando… a ver, a ver… 102, 200, 300,… moito paspán hai na túa terra. E ti o que máis. Se tivese que medir o grado de paletidade dos alcaldes paletos do bng collería a foto que sae nos medios e os que máis ocupan no cadro máis paleto e os que menos, pois menos, é de caixón. Hainos menos paletos que son os que non saen e pon o seu nome, hainos algo menos paletos que son os que se acochan e hainos paletos de todo que son os que saen enchidos en primeira liña. Eses serán os que máis hostias levarán.

Sodes paletos e covardes, covardes por ter que xuntarvos para poder manifestar en conxunto que individualmente non tedes pelotas de manifestar. Outros arriscamos máis e o que pensamos dicímolo sempre, porque en dicilo vai o que consideramos integridade persoal. Dignidade. Que é o que vos falta a vós. Ningún de vós, ningún dos 18 alcaldes paletos que asinades ese manifesto mereces estar na política nun ámbito máis elevado do que as furnas vos marcaron. A vosa experiencia non vale nin un chisco máis ca de calquera outro militante sen alcaldía.

Persoas coma ti, que anoxan as persoas íntegras, ben cando menos me anoxa a min, se son integro ou non, poden valoralo outros. A cidadanía non pode confiar en cacique algún, menos en caciquintanistas noxentos coma ti, que non sodes nada, NADA, fora dos lindes do voso concello. e nada seriades aí sen as persoas que ignorades e que tanto traballo levan as súas costas.

Penso que o marrau está listo… e o San Martiño a xeito

Pido desculpas aos veciños pola miña arroutada, a uns máis que a outros (Iago e Pura ou Pura e Iago por dars por aludidos), pois isto non debía saír do ámbito persoal ao que se restrinxe a correspondencia privada entre dúas persoas, pero o voso alcalde quixo difundilo. Os que o coñecedes ben sabedes quen é e os que non saberédelo a nada que abrades os ollos: un ser avaricioso que soamente cando o bipartito gobernaba Galicia se atreveu a por o seu nome nas listas do seu Concello. Non o fixo por Castrelo de Miño, senón por el aproveitando a conxuntura (por persoas coma el moitos abandonamos o BNG), e nese senso, podedes recoñecelo ou non, metéuvola dobrada – botádelle unda ollada as dúas fotos que acompañan esta entrada. Que pinta en ambalas dúas? -. Puido comerse esa carta como se come outras cousas; puido responderme defendedo aos seus veciños; pero non, tivo a necesidade de dicirvos: “Veciños, este home chamouvos paletos. Quero que saibades que non fixen nada ao respecto. Ignoreino sen máis. Xamais me molestaría en negar tal afirmación!”. E non o fixo. Non defendeu aos seus veciños… Enviou esa carta a un grupo para atacar a unha das persoas que forman ese grupo logo que uns dias antes non tivese nin a gallardía de mirarlle a cara. Covarde!

Envieille esta carta o día 13 de Agosto e estivo remoéndoa durante días, sen responderme, ate que no día de onte, co asunto “cal é o límite da paciencia” a comparte con todo o seu grupo do BNG de Castrelo de Miño. Non se dirá que o fixo en quente. Fala de paciencia a persoa que censura canta crítica cae no seu muro (iso só o saben os críticos, quen lle lambe o cu non), demostrando que come máis para o lado dereito que para o esquerdo, e o último comentario que fixen, no que lle dicía “parabéns polo cañoto que levas na man” supuxo non só a eliminación do comentario senón que me borrase desa lista de amizades virtuais (que para non saber xestionalas é mellor non telas, e dicir, que mellor lle fora autoeliminándose el e non aos que o amolan) e me bloquease! E agora fala de paciencia. E xunto aos outros fala de escoitar aos cidaadáns.  Será necio! Lamentablemente, non é tan decidido cando se trata de defender aos seus veciños.

Tamén lles fixo chegar un comentario meu aparecido no blog do Encontro Irmandiño de Ourense, onde, unha vez máis o critico. Velaquí. Vese que as miñas palabras lle resultan indixestas (e perdoade que fale tanto en ton figurado de comida) ao tempo que nunca lle pasan desapercibidas. Lémbrame ao irmán maior que George Orwell describiu en 1984, aquel que actualizaba día a día o pasado para dende o presente controlar o futuro. Todo polo control. Nada se controla sen controlarse a un mesmo.

O Concilio dos carguiños (2009)

Carta pública a emprendedora ourensá do ano
Asunto: tanto me valoran tanto vallo

Ola Belén, bo día!

Vin reflexionado de camiño a casa sobre a entrevista de hoxe. Camiñar só pola cidade reláxame moito, ábreme a mente e permíterme ver con maior claridade a realidade. Debería probar. Polo camiño tan só saín dese estado de meditación cada vez que pasaba diante dunha librería e rematei por parar en dúas delas, e nas dúas merquei libros. En Novel chamoume a atención libro un sobre cuxa temática estivemos falando, a estatística. Trátase dunha obra clásica de Darrel Huff: «Como enganar con estatísticas«. Virame moi ben, no vindeiro semestre teño unha asignatura sobre estatística: «Técnicas cuantitativas aplicadas ás Ciencias de Traballo». Nesta asignatura utilizaremos un potente programa: MiniTab 16.0.

Logo noutra librería, Torga, máis do meu gusto, merquei «NOLOGO«, un dos clásicos do marketing, xunto con outros dous máis relacionados coas ciencias políticas e as redes sociais: «Non penses nun elefante» e «Das nacións as redes» … Servirame para reflexionar sobre a realidade social deste lugar, Ourense, tan atrasado e afastado da mesma… Encamiño de novo cunha enchenta de libros na man, mentres penso, cun sorriso na faciana que, seguramente, vostede xa se esqueceu do libro que lle recomendei, ignorante, iso si, do que semellante recomendación levaba implícito.

Escribir o que se pensa tamén axuda a facer valoracións sobre a propia reflexión,… e por aquí comezo:

Un dos libros que estou lendo na actualidade é «Coaching» de Jhon Whitmore e claro, cando me falan diso nunha conversa meus ollos acenden, tiña que velos… Si alguén que sabe pronounciar «cowchin» se dirixe a min a través dunha rede social, Linked In, para ofertarme emprego, xa ten que estar interesada, non si? Sentime coma o neno que lle gaña por primeira vez unha partida a seu pai,… Ese é un dos exemplos que pon Jhon Whitmore para explicar a función do coaching directivo, o exemplo do pai que deixa gañar a seu fillo para que senta esa satisfacción persoal única, así como a do propio pai ou nai cando, a seu tempo, se comprace ao ver que un fillo consegue superalo de verdade. Un bo xefe coma un bo coaching deberían sentir o mesmo cada vez que un empregado seu ou un pupilo seu conseguen os obxectivos que lle marcaran. Claro que tamén pode suceder o contrario, a situación na que o mal xefe ou xefa, neste caso, critique aos seus empregados diante dun candidato a formar parte do cadro de persoal, por seren estes pouco produtivos cando o xefe non está diante.

Eu hoxe decateime de que non dou conseguido ese obxectivo. Vou explicalo: hoxe “meu pai” díxome o que realmente vallo eu e toda a miña formación: o SMI. Dende logo algo estou facendo mal. Moi mal. Debería tomarme máis en serio o meu personal branding,  e así evitar que unha «experta» en RRHH, termo que define máis ao reclutador que ao reclutado, meta a zoca ao dirixirse a min. Quizais debería por o meu futuro nun verdadeiro coaching, non nun destes do tres ao cuarto que inzan por Ourense, un deses que estean ao día, actualizados, non dos que levan anos afastados do coñecemento (TIC, libros, etc.). Realmente eu cría que valía máis e quero pensalo aínda. Pode tamén que estea errado, non sei…

Que un xefe te vaia buscar a túa casa, como se me veu buscar a min é un bo sinal, pois eu non lle enviara meu CV a esta empresa -que nin sabía que existise-, para dicirme que valio o mesmo que unha persoa que se adica a encher caixas de correo de publicidade (o SMI) con todos os coñecementos que aporto. Si debo ser sincero non considero esa actitude o mellor coaching da historia, dende logo, nen a mellor forma de reclutamento: xa antes de contratar a un empregado o rebaixan ao escalón máis baixo que a lei lle permite… que futuro pode agardar a alguén nunha empresa así?

Unha empresa que di adicarse a ofrecer servizos de consultaría de RRHH (non a DDPP) e Formación Continua ten que saber mellor que ningunha outra empresa da necesidade de ter uns perfís profesionais ben definidos -pois iso é o que vende-. ten que valorar a actualización de coñecementos de cada traballador -pois iso é o que vende- e ten que estar disposta a pagar polo perfil adecuado e pola formación do profesional -pois iso é o que vende-. Pois non. Non é así. E esta empresa a que me refiro -global servi- nin ten os seus propios perfís profesionais ben definidos -pois vostede mesma afirma na primeira toma de contacto que todos fan un pouco de todo pero pouco do que realmente poden facer (esta última afirmación é miña)- nin se albiscan perspectivas de definilos. Cando menos eu non as vexo. Non vexo que vostede poida facelo porque realmente vostede é coma todos eses empresarios aos que durante hora e media de entrevista criticaba, empresarios parásitos que non están dispostos a pagar polo servizo que se lle presta, a saber, formación e selección.

Sinceramente, eu non sabería como venderlle a un empresario un servizo que nin miña propia xefa compraría, isto é, un profesional adecuado para o desempeño das funcións dun determinado PT (posto de traballo). Que vostede quere darse o capricho de ter un Licenciado en Dereito na rúa vendendo uns  servizos que nin vostede mesma compraría, que podo engadir eu, dese o capricho! Como non! Pero cando menos asuma a súa categoría e páguelle o que realmente vale, pois ese Licenciado en Dereito tivo que pagarse unha carreira e romperse o coco para tela. Si simplemente quere un vendedor, contrate a un comercial, e si quere un administrativo, pois unha persoa co ciclo medio de Administrativo. Non necesita un Licenciado en Dereito para que faga labores de administrativo-comercial.

Persoalmente creo que se equivoca. Con esa mentalidade tan cativa chegará tan lonxe como o conxunto do empresariado ourensá: a cola de tódalas clasificacións económicas. Velaí outro motivo para a Repulsa!

Nunha cousa si concordo con vostede: un empregado ten que gañarse o soldo, me dixo. Como non ía estar de acordo. Si vostede oferta un PT cun soldo do SMI non poderá obter -moito menos, esixir- máis rendabilidade que a que poida ofrecer unha persoa coa capacidade dun camareiro, por por un exemplo. Sinceramente, polo SMI prefiro traballar nesta profesión que na que me oferta global servi, polo menos é moito máis agradable e rómpome menos os cornos. Si vise esta realidade fai anos probablemente non seguise estudando… total…

Quero pensar aínda que vallo máis, non o que vostede di que vallo. Quero pensar que seus empregados valen máis, non o que lles paga. Probablemente o seu rendemento este directamente relacionado co valor que vostede lles dá, de xeito que, si como vostede me comentou na primeira chamada que tivemos, baixan o rendemento cando vostede non está presente, algunha responsabilidade terá que haber na dirección da empresa -súa- para que esa sexa a súa conduta. Eu hoxe xa puiden decatarme porque baixa o seu rendemento na súa ausencia. Lóxico! Só vostede non o ve… e si non o ve na súa empresa como se pode agardar que o vexa noutras?

Gustoume que falara de extender a súa empresa a outras cidades, pero logo de pensalo, non creo que sexa máis que un farol. As outras cidades de Galicia non son Ourense, aquí é suficiente con nomear a catro amiguetes -vostede fixo hoxe comigo, creo lembrar que nomeu a Bermello, a Pérez Rumbao, a Yolanda e Cesar de Cimo e algún máis-, noutras cidades cumpre rendir ao máximo para competir, para iso cumpre ter vos profesionais, e para telos, recoñecerlles a súa valía.

Resumindo: non me imaxino traballando cun xefe ou xefa que non le libros, non me imaxino traballando cun xefe ou xefa que degrada a seus empregados dende a mesma entrevista de traballo, non me imaxino traballando cun xefe ou xefa que non ten claros os seus obxectivos nin os da súa empresa, non me imaxino traballando cun xefe ou xefa que non sabe recoñecer a valía dos servizos que el ou ela mesma vende.

Hoxe aprendín moito con vostede, sen que vostede se decatase.

Un saúdo Belén,

xosé antón vázquez dorrío

Estes son os libros que menciono no post e que por suposto recomendo ler. Ler non mata. Créanme. Quizais non servan para «estar» pero serven para algo moito máis importante: SER!

<right>A verdadeira liberdade acadarase a través da cultura

Gustavo Bueno</right>

Como mentir con Estadísticas

Darrel Huff

Non penses en elefantes

J. M. Rodríguez Porras

NOLOGO

Naomi Klein

Das nacións as redes

David Ugarte, Peré Quintana, Enrique Gomez, Arnau Fuentes

Precisan dos servizos de Ana Belén Vázquez Cruz? Pois comparto con vostedes a súa tarxeta de visita:

Plan Repulsa Ourense
A CEO percibe que Ourense «perde forza» en Galicia, di o titular da nova onde os empresarios de Ourense confirman a perda de competitividade desta provincia, que é a última de Galicia, e Galicia das últimas de España e España ocupa o posto 42 no mundo, logo de Tunisia. Imos ben! Ese é o resultado do Plan Repulsa Ourense que os empresarios desta provincia teñen activado dende tempos inmemoriais.

Repudiando o talento a favor da mediocridade queren que súas empresas sexan punteiras, competitivas e produtivas, con traballadores sen cualidades para o posto que ocupan, iso si, moi ben recomendadiños todos, que así funciona a captación e selección de persoal na empresa ourensá; certamente crer que ese é o camiño é de tolos e iso é o que temos.

Estou lendo a Jay Elliot, man dereita de Steve Jobs, e no capítulo 4 fala do aproveitamento do talento. Eles si o teñen claro: o talento chama ao talento. Non soamente concordo, senón que engadiría, a mediocridade chama a mediocridade. Soamente así se pode explicar a marcha da economía ourensá. Deste libro teño anotadas moitas citas sobre liderado e creación de equipos, sería difícil quedarme con unha, pero dado o contexto no que me atopo, un país de caciques, fago boa a seguinte: “unha das cousas de atopar xente boa é que se converten nos mellores recrutadores”. Esa xente boa debe atoparse, por suposto, dende o cumio da pirámide. Non é o caso das empresas desta provincia.

Outra actitude moi mal valorada, neste pais atrasado e retrasado, é a crítica, sen embargo, para os equipos de Apple son necesarias persoas “que pensen diferente”, estes, din,  son a chispa da empresa. Aquí o que prevalece é o mamoneo e os equipos de dirección das empresas desta provincia están compostos por verdadeiros mamóns, literalmente. Non hai máis que ler a nova que encabeza este artigo. Cal é a solución dos empresarios de aquí? Máis inversión das administracións públicas, máis estradas, máis vías,… para que? Para apañar máis fondos públicos para ás súas facendas particulares. O beneficio está na subvención, na axuda pública. Para que máis fondos, si non teñen a capacidade de sacar rendemento a nada do que se lles ofrece?

Xa falara doutra do negocio da Formación Ocupacional e Continua. Aí está a CEO tamén, formando traballadores empregados e desempregados con recursos públicos, traballadores que forma e logo nunca emprega en ningunha das súas empresas, sinxelamente porque para acceder a ese posto concreto o necesario non é a formación, senón unha boa recomendación. Actualmente estou realizando o curso de Técnico/a de Formación. Cando se lles pregunta a confederación cantas empresas están interesadas en contratar a un traballador destas características a resposta é: ningunha.

Suponse, iso di a teoría, que os cursos de Formación Ocupacional responden a unhas necesidades formativas previas por parte do mercado laboral. Mentira! Non existe tal estudo de necesidades formativas nin empresario que o avale. É todo un negocio que serve, unicamente, para afundir diñeiro público nun pequeno número de entidades, todas elas de carácter privado.Si ate ASPANAS que non ten unhas instalacións adecuadas para impartir cursos oferta cursos AFD, ou iso di a persoa responsable, Rosa Carrera Carballo, nun dos seus emails: “…en canto ao proxecto formativo non reunimos requisitos de aulas e medios para a homologación”. Agora si? Outro tanto sucede coa maioría dos centros que aparecen nesta lista… Todos se arranxa enchendo o cazo dalgún inspector. E a empresa, a gran perxudicada, nin chio, soamente laios. Así nos vai.

De patético peloteo pode describirse o artigo que hoxe asina a editorial de La Región, gabando as andanzas da CEO e do seu presidente e calificando de certeiro a análise da situación actual realizada pola entidade. Será sobre todo para que continúen inserindo anuncios neste xornal a conta de fondos públicos… todo ten o seu porqué.

A única análise certeira para acadar metas é a que fai Steve Jobs: «tes que ter moi boa xente. Tes que construir moi bos produtos. Necesitas crear un espiritu espontáneo e de celebración do éxito». Os editores de La Región o único que celebran neste bochornoso artigo é a análise do fracaso e o alento da mendicidade.

bng maceda
Cando alguén realiza esta procura en google é habitual que o meu blog apareza entre os primeiros resultados. Ten a súa razón de ser, chámaselle «posicionamento«.  Non é que nestas páxinas exista moita información sobre o que é o «bng de maceda» nin moito menos, o que si aparecen son criticas ao alcalde desta vila nos últimos anos, criticas gañadas a pulso, dende logo.

Non é miña intención molestar a ninguén escribindo con minúsculas esa procura, soamente me remito a literalidade da mesma. Fai meses que alguén entra neste blog logo de realizar esa procura o que nunca ocorrera foi o que sucedeu nesta madrugada (mira que non haberá mellores cousas que facer), pasarse dúas horas (01:59:21) ollando páxinas (ate 98) para que. Páxinas de artigos escritos fai anos dos que, si tiveren conta no seu momento, moito mellor lles iría. En Maceda e noutros lares.

Vendo  a cantidade de páxinas visitadas por esta persoa, sexa quen fora, penso que é algo anormal. Nunca tal vira neste blog dende a súa aparición. Sáese do perfil de visitante dun xeito brutalmente diferenciador e, a verdade, non sei si isto é bo ou é malo. Recibir visitas, que non é o obxectivo prioritario, está ben, pero que alguén que entra a cotío neste dominio, de súpeto, un día se lle dea por examinar 98 páxinas paréceme suficientemente surrealista como para dicir que falla algo.

Maceda sempre foi, cada vez menos, un lugar onde a política se vive abertamente. Agora a tendencia é perseguir ao que discrepa… xa vimos exemplos neste blog. As organizacións políticas son instrumentos férreos e pesados que non permiten a liberdade de expresión nin aceptan a crítica. Logo cando as cousas se torcen, aínda teñen a cara de preguntarse porque, de abrir períodos de reflexión, de abrirse a sociedade cando foron incapaces de abrirse aos seus propios militantes. Aos que vos digan iso, nin caso! Queren metérvola dobrada. E farano, porque neste mundo hai parvos dabondo para que sempre se saian coa súa.

ASPANAS ou PPPSOEBNG
«… neste mundo hai cousas inaceptábeis, e para velas cómpre mirar e buscar. eu dígolles aos mozos: búscade un pouco que atoparedes. A peor actitude é a indiferenza, dicir ‘non podo facerlle nada, xa me irei apañando’. Ao comportarvos así, perdedes un dos elementos esenciais que conforman ao ser humano, un dos seus compoñentes indispensabeis: a capacidade de indinación e o compromiso que implica», Stéphane Hessel

Que difícil resulta poñerse a escribir logo de ter escrito “indignado” e ver que o artigosegue de actualidade. Xa non estou indignado eu (mira que cheguei a pensar que era rariño) agora vexo máis indignados aflorar por todo o mundo. Nas principais prazas de occidente pálpase a indignación de cada pobo ao ver como o están escravizando, convertendo o que antes eran seres humanos en máquinas de producir capital para uns cantos elixidos.

A explotación do ser humano pola súa propia especie sempre existiu ao largo da historia; apenas un espellismo nos fixo pensar por uns intres que eramos seres libres, que eramos nós, o pobo quen ordena. Non tal. Sempre foron os mesmos, escravizando a humanidade aca ou acolá. Durante os derradeiros anos non o víamos, ou mellor, non mirabamos o que ocorría nos países máis pobres do mundo, onde as grandes multinacionais succionaban tódolos seus recursos mentres os seus habitantes morrían de fame.

Tratamos de conter as migracións destes pobos cara o norte, a terra prometida, a base de paus e arames. E tamén algunha que outra cenoria pendurada dun pau. Non só os privamos da comida senón que llela mostrabamos. Non lle chegaba con morrer de fame senón que tiñamos que facelos rabiar facéndolle albiscar falsas esperanzas.

Neses países é difícil defender que exista infancia. Moitos falecen sen sequera ter consciencia de si mesmos, outros, os que conseguen acadala convértense en man de obra escrava. Digo escrava, porque o seu traballo apenas da para sobrevivir, por iso considero un erro chamarlle man de obra barata.

Parece que ese tipo de escravitude está lonxe, moi lonxe de nós. Eu penso que non. Ao meu arredor vexo como se escraviza cada día a persoas con discapacidade intelectual en nome da integración laboral. Para eles, a razón de ser destes proxectos asociativos, os peores e máis precarios empregos, para os outros, os espabiladiños de quenda, seres miserentos e sen escrúpulos o lucro do negocio que xeran as persoas con discapacidade.

O caso de ASPANAS é sangrante. Non só creou unha superestrutura para sacar proveito dos dereitos que atinxen as persoas con discapacidade intelectual, senón que se converteu nun chafariz de diferentes partidos políticos. Para conseguir semellante alcume tan só fixo falla colocar ao fronte dúas persoas que viñan de COGAMI para levar a cabo aquí o mesmo modelo, pero cunha asociación máis modesta: Juanjo Rodríguez e Rosa Carrera, coa complicidade da presidenta Maruxa Román.

Maruxa Román, esa traidora

É ASPANAS é un chafariz? Dende logo. Está deseñado para contentar aos diferentes partidos políticos, a todos os que teñan algunha cota de poder. Que en ASPANAS hai xente de tódalas ideoloxías –como afirma orgullosa Rosa Carrera- é un feito, lóxico, diferentes partidos teñen competencias en diferentes ámbitos competenciais. De aí que nesta asociación se de cabida a todas e todos os caciquiños e caciquiñas desta cidade.

Maruxa Román, polo seu cargo de Presidenta, é a verdadeira responsable de todo isto, xa que é ela quen ten ao fronte desta asociación ao máis cacique de tódolos caciques, e non me refiro a Baltar, senón ao Sr. Juanjo. Nin Baltar se atreveu a tanto. Rosa , unha persoa á que coñecín na miña segunda entrevista para entrar na UPD, logo de que Juanjo me descartase na primeira por carecer de experiencia, ocupa os cargos por sela muller de Juanjo (hai asuntos tan delicados que non se lle poden confiar a calquera persoa), non polos seus coñecementos, Licenciada en Historia. Porque? Para que? Moi sinxelo, non se necesita unha persoa formada e experta en políticas de emprego cando o que se persegue non é formar nin empregar, senón lucrarse a conta de quen precisa formarse e empregarse (as persoas con discapacidade intelectual). Si. Afirmo BERRANDO que estes señores e señoras se lucran a conta das persoas con discapacidade intelectual porque os fondos destinados a elas se perden no mantemento dunha estrutura inútil, pois moitos destes rapaces poderían estar empregados en Administracións públicas se dita asociación defendese ferventemente a reserva de prazas que a lexislación deixa para as persoas con discapacidade intelectual (un 2% do total da OPE). A nada que se molestasen, case tódolos socios de ASPANAS poderían estar nalgunha administración pública, cunha relación estable, duradeira e ben remunerada. Mais iso non acontece, por iso, como nai que é, acuso de TRAIDORA a Maruxa Román!

Non se pode contratar a persoas por recomendación, xa sexa política, sobre todo, por moito que sexan estes os que veñan coas axudas e subvencións debaixo do brazo, por afinidade familiar ou por amizade. Funcionar deste xeito, e así funciona esta asociación, e funcionar como un chafariz (un churinguito, vaia). Pois o obxectivo xa non é tanto ocupar a persoas con discapacidade intelectual, senón servir de entidade de colocación para achegados ao poder, amais de manter lonxe dos corredoiros das administracións polos que vagan os nosos representantes políticos ás persoas con discapacidade intelectual, porque unha cousa é acercarse un día a eles para obter unha foto e un bo titular e outra moi diferente ter que cruzarse con eles cada día e ver que traballan máis ca ti.

Utilizar os fondos destinados a eses fins (inserción e empregabilidade) para manter a persoas alleas a esta problemática é unha estafa e cumpre carecer da máis mínima entidade moral para realizar semellantes actuacións. Están malpagando a traballadores e explotándoos, entre eles a persoas con discapacidade intelectual, aos que só ben como brazos, e non como os seres humanos que son. As persoas con discapacidade intelectual son para esta xente uns ninguén. A Presidenta desta asociación non ten ningún respecto aos fins de dita asociación, porque si o tivese non permitiría que eses voitres se alimentasen destas persoas como si fosen verdadeira carraña. Como mai esta señora dáme moito NOXO. Xamais crería que alguén puidese caer tan baixo.

Eses directores e directoras, ben pagados todos eles, SI, eles si. E logo as persoas con discapacidade intelectual, malpagadas, malformadas, elaborando a entidade programas ao chou, segundo quen solte a pita sen ter un plan estratéxico formativo a longo prazo (menos para o ingreso destas persoas na administración), a base de ocorrencias. ASPANAS pon ao coidado dos seus fillos a persoas ineptas pero ben relacionadas (familia de Tareixa Paz en pleno e máis UPG), moitas veces, tamén malpadagas, sen sequera respectar os convenios de traballo. Só aqueles con enchufe “de primeiro grado” ten dereito a percibir prestacións íntegras.

Agora a crise aprema e manter esa superestutura é un problema. A algún ou algunha iluminada ocorréuselle crear a figura de socio protector ou colaborador a que se apuntaron, non moitos, uns cantos personaxes da cidade, para dar pulo a idea. O caso é que ao final a maioría destes novos socios son traballadores da entidade, que pagan o que eu denomino IMPOSTO REVOLUCIONARIO para manter os salarios de xerentes e directores. Que non chegabann os cartos… pois prescindan de directores.

Persoalmente, a situación desta entidade dáme moito NOXO, Maruxa Román dáme moito NOXO. Juanjo Rodríguez dáme moito NOXO. E Rosa Carrera dáme moito NOXO. Pero especialmente a presidenta da asociación que é quen permite que todo isto suceda. Contratacións fraudulentas, oscurantismo contable, explotación das PCDI,… Como unha mai pode permitir que un xerente prohiba aos traballadores desta entidade falar coas PCDI, ou darlle unha aperta, ou un bico,… Acaso non queremos que sexan tratadas como calquera outra persoa. E non facemos isto a cotío con calquera outra persoa? Señora Presidenta, vostede non quere que seu fillo ou filla sexa tratado/a como os demais? Só un ser noxento pode permitir que suceda algo semellante na entidade que dirixe. Non ten alma, nin conciencia, nin corazón. O meu máis sincero desprezo.

Agora, que alguén me diga que diferenza hai entre explotar a un neno na China cosendo balóns de marca e explotar en Ourense a unha persoa con discapacidade intelectual. Dígolles eu, porque a Presidenta e os seus socios e socias están tan cegos e cegas que non o ven: NINGUNHA! É a mesma cousa.

Imaxine que a nena chinesa de 5 anos lle explican que en realidade non a están explotando, que lle están ensinando a coser para que de maior poida ser autónoma. Todo cambia verdade, agora esta marca de balóns de fútbol xa non explotaría a ninguén, estaría realizando unha labor social. Iso é o que fan vostedes coas persoas con discapacidade intelectual coa premisa de formalos e integralos: EXPLOTALOS!

O peor de todo é que isto o fan os seus propios pais nun país que se cre civilizado. Claro, a moitas casas chegan uns recursos que doutro xeito non o faría. Iso é todo? Esa é a única xustificación? Seica si… os pais consisten iso polos ingresos que lle xeran seus fillos… e aquí todos contentes!

Indignado
Arroutada

Superado pola indignación, a furia e a nostalxia sae esta entrada. Si, indignado polo panfleto mercantilista de Stéphane Hessel, «indignádevos«, que moi indignado está o vello… pero non tanto como para ceder a chantaxe do mercado e adícarse  vender a súa indignación. Indignado si, pero se lle saca uns cartiños a súa indignación, tanto que ben, non?

Pululan nestes tempos de crise moitas iniciativas deste tipo… é doado sinalar ao inimigo, moito máis que por solucións por riba da mesa. É moi doado proferir verbas de indignación e revolta agora mesmo, moito máis que cando as vacas gordas. Incluso, co difícil que resulta poñernos a todos de acordo, resulta doado falar de utopías, por máis irrealizables que resulten. Leo Bassi dálle o nome de “Utopía” a súa derradeira obra, mais non se albisca nela utopía algunha, tan só unha crítica cómica -necesaria- a deriva social e económica que vivimos. É acaso a utopía xogar cos medos da xente? Aí veñen os neofascistas de novo a chucharnos o sangue! Que … van chuchar si xa no lo quitaron todo, digo eu.

Concordo coa crítica, dende logo, a actitude desta dereita mediocre a que llelo deixaron todo feito outras xeracións, aproveitándose da inercia dunha máquina -o capitalismo- que asoballa todo a seu paso, deixando unha paisaxe de terror, como a que deixaría unha praga de lagostas nun eido de millo, a lava dun volcán no pobo do outeiro e un tsunami na costa, todo a un tempo. Tal é a infamia que estamos a sufrir nestas datas…

Queixarse disto nestas terras de Ourense cos acontecementos que neste tempo se suceden ao largo e ancho do mundo: revolucións, desastres naturais, corrupcións e crise financeira, explotación dos países pobres coa conseguinte fame, epidemias liortas e migracións  que causan, falar da ineptitude dos axentes sociais -todos- que rexen as nosas vidas pode resultar algo heavy.

Si, son moi consciente.

Xurde esta entrada lendo a “Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia”, de Lois Pereiro, obrigándome a parar nada máis rematar o primeiro parágrafo, onde di: ¿De que parte que non sexa sempre a das novas vítimas, dos novos vencidos doutras guerras, podemos estar xa? Isto obrígame a debullar os miolos e escribir… indignado!

Non sei si o autor desta modesta proposición estaría moi conforme cos 12 € que me … polo libro. Seguro que si algún esqueleto pasa pola súa tumba ou o del pola de outros e lle contasen, decatándose do que está ocorrendo co seu nome como escusa, cuspiría a súa indignación dende o máis fondo dos seus osos inxectados de veleno, mortos xa antes de morrer, cuspindo e berrando ate quedar sen folgos. Abofé! Porque si vivise Lois Pereiro nestes tempos seguramente colgase os seus textos nun blog, en scribd, no facebook, ou tweet a tweet… sen máis.

E este abuso sufrímolo cada día… empresas de contratación que publican ofertas inexistentes só para gañar visitas nas súas webs ou entidades aparentemente sen ánimo de lucro finxir unha labor social que lle permita financiar empregos amigos con cartos públicos, malgastar cartos en formación de traballadores desempregados para uns postos de emprego que non demanda o mercado -isto dimo a voz da experiencia-, cada día aparece nas librarías un novo libro que che explica paso a paso como facerte rico en tres meses e non esvaecerse no intento, documentais, películas, obras de teatro,… moita reivindicación, si, pero pasando por caixa. A indignación cotiza a alza. Ate a anunciada revolta se está mercantilizando. Non sei si me dá mais noxo que asco.

… non sei …

Ourense é o paradigma perfecto do triunfo da ineptitude. Os estudos económicos, rexistros estatísticos e enquisas avalan todo o que afirmo. Ah! E as novas que leo a  diario, deprimentes todas elas. Vivimos nun Ourense herdado por herdeiros tan torpes como truáns, que non lle chegan aos calcañares aos que llelo deixaron todo feito. Empresarios e políticos juniors toman agora o control das nosas vidas… aviados estamos!

Leo nun xornal local que a primaza do Presidente da Xunta di logo dunha manifestación da cidadanía desta cidade a favor do mantemento da sanidade pública que todo este movemento está politizado. A ver… Unha de dúas: ou o pailán son eu ou o é ela. Politizado está o seu cargo que o ocupa non polo poder do pobo nin por designio divino -moito menos por méritos-, senón porque un político -seu primo- a puxo aí onde está a dedo, sen mirar máis aló do seu parentesco co mandamais de Galicia.

Política é, por definición, o que lle afecta ao pobo e como a sanidade pública, ao igual que moitos outros asuntos -todos-, nos afecta é lóxico que estea politizada… cumpre ser moi lelo para afirmar nunha rolda de prensa que determinada manifestación do pobo con esa actitude crítica e altiva. Vivimos nunha democracia -máis que lles pese- e toda cuestión pública que nos afecta como pobo é POLÍTICA!

Leo no mesmo xornal que os comerciantes están que botan fume e que a crise é cada vez unha ameaza máis seria… prevendo o peche de centos de pequenos comercios. Habería que ver en que invisten estas organizacións (asociacións de comerciantes, confederacións de empresarios, cámaras de comercio, asociacións de autónomos,…) os cartos que o contribuínte , ou sexa, nós o pobo, lles dá para a contratación de técnicos que estuden novos eidos de negocio, formadores que formen aos traballadores para seren máis produtivos, etc. Onde están os resultados dese investimento público? Probablemente en contratar ao máis pailán do lugar, claro, recomendado por algún dos mesmos políticos aos que agora critican, e claro, agora botan as mans a cabeza.

Neste pobo esquecido coinciden conxunturalmente a mediocridade dos representantes políticos coa dos empresarios e claro… o resultado é ser o pechacancelas de tódolos indicadores macroeconómicos deste estado, que é tamén un dos máis atrasados a escala mundial en competitividade. Non entendo porque se estrañan tanto, o resultado das súas accións, o que está acontecendo, é o máis lóxico; sería para exclamar cun aturuxo imperecedoiro coa ledicia si o que sucedese fose o contrario.  Como senón se pode entender que a organización dos empresarios máis mediocres do estado (a CEO) tente dicirlle a este como debería actuar en cuestións que non son da súa competencia (caso AVE, que non sei para que … o queremos) e viceversa, administracións públicas anunciando a instalación de grandes empresas en polígonos inexistentes coa conseguinte creación de miles de postos de traballo (caso Xero) cada vez que se aveciña un periodo electoral.

Reflexión

Certamente… vivimos nun país insólito, case exótico, abocado ao fracaso onde triúnfa unha miscelánea elite e personaxes que cohabitan nun mundo fedorento, cerrado e intransixente con quen non vai da súa corda, alimentándose do suor dunha maioría silente e submisa, na que non se albiscan síntoma algún dunha viraxe.

O silencioso estrondo co que empresas, emprendedores, inversores, persoal cualificado,… abandona a provincia é tal que, tan só os que directamente a sofren se decatan. Os demais, esa elite inútil e paleta forxada no berce do caciquismo, seguirá tranquilamente a vivir e gozar da súa acomodada posición social… ignorantes eles, pobriños, que a fuxida á que antes me refería será o alicerce da súa propia morte.

Chegarán aves que non nos levan a ningures porque na plataforma das nosas estacións non haberá xa ninguén para ir outro lar. Verémolos voar polos nosos vales e penetrar as nosas as montañas sacras a alta velocidade sen parar nin respectar, iso si… presentindo o ruidoso horror de que, cicais unha vez máis, estea agardando alguén disposto a subirse a ese tren para nunca máis volver a soportar a crueldade desta sociedade tan atrofiada como retrasada, perdida na neboenta espesura do pensamento individual, fixado na teimosa supervivencia propia, xente cobizosa que ignora e nega calquera outra achega ao colectivo no que se asenta, nunha sociedade murcha xa da falla dos nutrientes mínimos para poder vivir.

O proído que esta xente provoca en min é tal que me obriga a rascar, a rebelarme indignado. Indignado ate contra os que cobran por esa chamada á indignación… A miña vai aí:

DE BALDE!

GRATIS!

FREE!

Ferventía
Ferventía?

Non… fervenciña,

pois é apenas un chorriño

de auga todo gume,

que arruallo escorrega do pilón rebuldado

ao abrebadeiro traseiro,

esvarando, confundíndose entre minúsculas unidades de vida,

herdeiras lexítimas das ancestrais cianobacterias

que converteron o planeta este,

que chamamos terra,

en habitable terronciño.

Arrombando liques e musgos

discorre domeada polo cano artificial do home

aquel gaio cristalino

ate o lavadoiro que axeonllaba

á muller como a auga

xélida e fresca das estacións

noutros tempos enxaboada

á que non se podían,…

… nin sequera mirar.

Ferventía… a do meu ollar.

Can de mal agoiro
Xiao é tan vello que ten seu nome en galego, puxéronllo seus pais moito antes de que prohibiran utilizar a nosa lingua en documentos oficiais e, sobre todo, no Rexistro Civil (pola orde ministerial -BOE 15/5/1938- sobre o Rexistro: La España de Franco no puede tolerar agresiones contra la unidad de su idioma, por iso o artigo 1 di: en todo caso, tratándose de españoles, los nombres deberán consignarse en castellano). Xiao aínda o conta hoxe cada vez que vai a un velorio. Vós seguramente teredes escoitado o mesmo conto unha e outra vez, en primeira persoa e en diferentes bocas, pois cans coma este hai moitos e tipos como Xiao tamén. Este é un home solitario que vive entre os lindes do eido que arrodean súa casa, raramente pasa máis alá, para ir ao banco, ao médico, recoller menciña na farmacia, un velorio… Imaxinade un home de ollos encovados cunhas engurras retorcidas que marcan o releve da súa calivera, onde se acochan, encovados, uns ollos tristes e roxos, como si non durmise na súa vida. Este home semella que tivese que ter morto xa, fai tempo,  mais sigue aí calado entre os muros que o separan do pobo, onde fala co seu can e pouco máis… co pandeiro, co froiteiro, co carniceiro e pouco máis. Fala coa xente do seu pobo nos velorios onde relata sempre o mesmo monólogo que comeza deste xeito:

-	Xa me dixo o can que andaba por acá…

Logo  espraiase:

-	…meu can nunca ladra, parece mudo, non ladra nin aos da casa nin aos de fora. Óllanos con mágoa, de esguello, pero non di nin “muu” (é un xeito de falar da xente iletrada do vulgo, todos sabemos que din “guau” ou algo así, eles entenderán… ). Ora… en véspera dun defunto el non para en toda a noite -como si a benmorrida andase soamente a esas horas-, veña a ladrar do solpor ate o mencer. Esperto. Inquedo. Esas noites eu tamén durmo mal… cunha soa orella a outra está a espreita, teméndose o peor, que veña na miña procura -nai que a pariu!- que aquel ladrido derradeiro sexa o último que vaia a escoitar. Canso o can, canso eu, pasa a noite, sae o sol e entran os primeiros raios polos furacos das contras das fiestras de castiñeiro, aquel que tiñamos no eido de atrás. Remexo no armario, feito da mesma árbore, na procura do traxe dos enterros e veño para acá andando. Se me paran no camiño e preguntan cara onde vou respondo: ao velorio; si me preguntan quen morreu, só acado a dicir: alguén de acá.

Algún rosma ao lado do homiño que latrica no velorio:

-	Si eu teño un can así mátoo… mátoo oh!

E o velliño responde:

-	Déixao … Quen me dera a min logo outro igual! Si a morte me quere a min antes terá que levar ao can ou quedar xordo eu. Ves o aparello que levo detrás desta orella?  -di sinalando co dedo a orella que non dorme-. Iso xa o teño arranxado. Ela sempre chega calada, sen avisar, e iso me garda. Non é que lle tema ao can, pois a el tamén ha de levalo, a min quere collerme de improviso por iso non me separo do can e durmo cunha soa orella, co volume do “sonitone” ao máximo na outra. Escoito ate o vento calmo.

E Xiao, logo de soltar a súa parrafada levantase da cadeira e vaise cara a fora, mira ao horizonte, primeiro de fronte e logo de esguello, ao tempo que se revira e comeza a camiñar cara seu fogar. Ao chegar a súa casa mira o can, ao que non lle ten nome, achégase e acaríñao.

Este é meu can, noble pastor alemán, que non lle ladra a morte porque, polo que sei, o pobriño é moi incrédulo… puxen a súa imaxe só para ilustrar. Agardo que non se me moleste.

Delirios
Ollo unha foto túa

regalada aos perniciosos ollos

do adúltero desexo

na noite de aniversario,

xaneiro 2010,

dun teu querido ser.

A traizón?

Non!

Gozas co deleite de ser ollada

polas destras mans

de quen manexa unha nikon D60

en baixo contraste captura

24 bits de profundidade

allea moral, sen flash.

Unha luz velaiña alumea

túas trazas dende atrás.

4.3 máxima profundidade

nunha cama estarricada debruzado

corpo percorrido de arreguizos

provocados por milleiros

de píxeles multiplicados

en éxtase vertical e horizontal

Abesulladora imaxe,

na murcha lembranza bate.

Sincronicidade
Hoxe descubrín o que é a sincronicidade, quero dicir, que o experimentei. Coñecía o concepto e maila definición grazas a Cid Cabido nesa obsesiva teima que ten “nunha historia que non vou contar” coas coincidencias significativas. Nin o mesmo Jung o crería si llo contase.

Cada mañá, antes de saír da casa collo un libro e a axenda para tomar nota. Hoxe fun coller un de Castelao que estaba aínda do trinque na miña librería, regalo dun xornal, pero xa se sabe o que din os ditos: “a libro regalado non lle mires o dente, leo”,  e iso fixen. Tomando café, na cafetería de sempre, non na cadeira de sempre, que estaba ocupada, comezo a ler “O ollo de vidro. Memorias dun esquelete”. Nunca me fartarei de lelo, coma calquera outra obra mestra. O caso é que lelo fíxome reparar no meu camiño nun feito insólito: Castelao e o vidro. Xuntos! Non podía ser certo o que vían os meus ollos, un contedor de vidro detrás da espelida figura en homenaxe a Castelao na Praza (ou Rúa) da Imprenta en Ourense. Iso é humor negro, chapeau! ao que se lle ocorreu, porque el, que gustaba deses retrincos, había de facerlle graza, claro que, visto dende un primeiro plano, non parece que estea moi entusiasmado con ese enxeño detrás súa.

Dicía el no seu relato “un esquelete ten que ser humorista e un esquelete galego moito máis aínda”. Ao ler isto vaise retorcer de risa, rirá a cachón na súa  cova ilustre… e os do lado nin che conto. Eu diríalles: «non vos riades que o conto vai en serio».

Agardando que me atendesen nunha consulta continúo lendo e lamentando telo aí esquecido entre outros libros. Se cadra, estaba reservado para este día, polo da sincronicidade, digo. Leo apurado e anoto para enredar a noite a palabra “apurar” no caderno. Tráeme recordos, claro. Dicíame miña avoa antes de chegar o Celestino co autobús dos Gavilanes para levarnos a escola:

- apura!

E eu respondía

- a Pura está no pobo do lado.

Chamábase Purificación pero para nós sempre foi a Sra. Pura. Vaia carantoñas que me puña por moquearme dela dese xeito. Ben merecía unhas labazadas que nunca me deu.

E claro ao virme todo isto a cachola non puiden evitar pensar que tiña pendente o resultado dunha proba na Deputación de Ourense. Para que logo digan que só se presentan os do PP. Non é certo, algúns atrevidos tamén o facemos pero nunca pasamos as probas. De feito, á volta parei no Pazo Provincial a mirar no taboleiro e xusto ese día colgaron os resultados, ao lado do meu nome vexo un “NON APTO”. Póñeno así en maiúsculas para que fira máis. Entro, peto na porta do responsable de persoal e pido revisalo exame -cousa que debería estar facendo agora e non escribindo isto-. O secretario do tribunal de avaliación dáme copia do meu exame e a valoración das respostas, nada máis. Ao fondo escoito a funcionarios de troula vendo vídeos en you tube. O clásico nestes lares.

Mentres agardaba polo secretario leo como acaba esta historia de Castelao, do que non me separo un intre: “Vampiros hainos; pois logo, polo si ou polo non, debían queimarse a tódolos caciques. Os caciques son capaces de facérense os mortos para seguir vivindo a conta dos malpocados”. Incrible! Estaba lendo isto sentado nunha cadeira dun corredoiro do Pazo Provincial! É ou non é sincronicizade? Ao ler o dos vampiros tamén me acordei do Zeca. Outro xenio, outra obra mestra.

Marcho de alí, sen sobresaltos, todo transcorreu tal como agardaba. Pero levaba un día raro, raro, pois todo ía transcorrendo tal e como o ía pensando. Só me faltaba cruzar cun gato negro ou algunha desas cousas sobrenaturais que pasan. Non, nada especial, nun mediodía morno a Sra. Obdulia saudando no medio dos croios e no Xardín do Posío o de sempre. Como levo a cámara comigo achégome ao lago a ver si saco unha boa foto ao fin e dou dun cisne negro e con el “Acrasina” ao meu pensamento.

Sigo camiñando cara a casa… e antes sentarme na miña bancada predilecta, unha banqueta que deixou o concello hai uns meses preto da casa, a que xa estaba afeito, e seguir coa miña lectura… e atópome con que non está xa, no seu lugar hai unha árbore que comeza a xermolar.

Enredando con palabras na noite
Ultimamente levo comigo sempre unha axenda baleira de compromisos. Este caderno está deseñado para apuntar cousas de interese, para lembrarnos do que temos pendente para o futuro, máis véxome na obriga de encher ese baldío diario e fago palabra a palabra dos libros que vou lendo cada día, non porque lea moitos libros nun día, senón porque leo un pouco de varios. Anótoas non para lembrarme de algo ao día seguinte, nin para a outra semana, senón para xogar con elas nos meus soños, ordenando e desordenando como si dun quebracabezas se tratara. Logo as palabras desmóntoas en letras e colócoas en orden alfabético, para contar cal delas é a que máis se repite, só por curiosidade, logo ao mellor deconstrúas (influencia de F. Adriá) ou non, constrúo palabras novas que ao día seguinte, ou cando a impaciencia me pode, no medio da noite, póñome a escribir uns versos, un relato ou engadir algunha variante nesa novela que quen sabe si algún día verei nacer. Hoxe xa teño a folla do 15 chea así que deixei de ler e púxeme a escribir esta mesquiña entrada. Ves!  Xa colei unha da colección.

As que máis me gustaron foron “bardo” , “pexado” , “freba” , “cova” , “tebras” , “socarrón” , “migalla”   “cóxegas” , “velaíño”,…  e así ate encher a folla, a tripla columna, deixando algún espazo para por o que significan cando o motivo é o descoñecemento ou, na maioría dos casos, a razón pola que me chama a atención esa palabra: un recordo, bo ou malo, o sinónimo axeitado para esa palabra que repito moito no que escribo e, a veces, simplemente porque esa é a palabra que expresa o que quero dicir, podendo permitirme co seu achado o luxo de borrar varios versos, varias liñas ou mesmo un parágrafo enteiro no que trataba de explicar cando o podía facer cunha única palabra.

Cando non collen no caderno outra alternativa é colalas no face ou no twitter… hoxe non puiden resistir colar esta cita, que moito me fixo reflexionar, dunha rapaza de 21 anos: «Voyez, je n’ai plus de dents. C’est le sperme qui fait ça». Non a vou traducir, creo que se sobreentende e di xusto o que parece. Hai que coidar o que se bebe e se come e logo, sempre, fregar a boca.

Por iso evito moitas veces ler o que escribo, xa que logo acabo mudando todo de sitio. As palabras sempre están así xogando na miña cabeza e refacer a realidade cada día o que me permite viaxar moito e amencer cada día nun sitio distinto. Cada noite convértense nunha brincadeira, nun rebumbio de letras e signos que se ordenan e desordenan ao azar ate o espreguizar da mañá… ou sen esperala, xa dixen antes. Escóitoas rosmar a veces e outras cravuñan en min pola anguria que me abafa, isto pásame moito nas noites de luar, non sei moi ben porque. Tomarédelo a coña e repito, non sei porque! Vai en serio. De tódolos xeitos penso que é moito mellor e máis proveitoso que andar somnámbulo pola casa dando croques contras as paredes, non?

E como dicía Balbino cando os dous eramos nenos, fai xa 50 anos “eu cavilo nesto porque me sucedeu”. El segue sendo un neno aínda nesas follas de papel, eu a veces.

Estamos empánaos!
Érase unha vez… unha nena que levaba un pano na cabeza porque, dicía, formaba parte da súa identidade. Esta nena vivía nun pobo malvado e nun colexio integrado por seres xenófobos que a obrigaban a desfacerse da súa identidade, e dicir, sacar o pano, para poder seguir aprendendo xunto a súa mestra e seus compañeiros. E aquí remata o conto…

… comeza agora a triste realidade, porque o máis incrible desta historia é que a nena xamais se sentira tan agostiño en ningunha outra escola: era respectada polos seus compañeiros e pola súa mestra. Incluso esa diversidade cultural servía de exemplo para dar leccións de “educación para a cidadanía” (nótase que os que dirixen este colexio nunca deron esta materia).  A nena acudía a casa da súa mestra con normalidade, incluso un día lle apareceu na porta cun prato enorme de saboroso couscous (estudei francés e nótase… ou iso pretendo). Estaba delicioso porque o puiden probar. Si, estamos a falar da mesma nena.

Paréceme denigrante o que está sucedendo nese colexio. Eu tiven oportunidade de darlle unha charla dunha hora a esa clase e en ningún caso me resultou molesto que esa nena levase pano, como tampouco me resultaría si un neno acomplexado coas súas orellas (as nenas teno máis doado deixando o pelo largo) levase unha gorra,… xa non me quero poñer no caso do neno ou nena que por un tratamento contra o cancro se quede sen pelo. Tampouco lle deixarían tapala cabeza?

E digo eu, porque a moitos dos mestres dese centro, uns cantos aos que puiden ver in situ, se lles permite agochar a súa (temos que supoñerlla, non queda outra alternativa) fealdade detrás da barba do seu rostro? Non debería dicir o mesmo regulamento: Todos coa cara descuberta! Si todos, guapos e feos.

Pero non se trata dunha cuestión de estética, nin sequera de establecer un orde disciplinario para todos (non se lle requisan os crucifixos a quen o leva pendurado do pescozo) trátase de dicir quen manda acá: nós –digo por eles– os católicos! Aos responsables deste colexio habería que pedirlle contas pola ostentación que fan da súa cultura (catolicismo, consumismo, ideoloxía política,…), dende logo, moito máis flagrante que o simple feito de levar un pano. Si, poñamos fin ás vacacións de nadal, aos carnavais, a semana santa e tantas outros actos sacros, estes si, que resultan noxentamente molestos e  atentan contra o decoro e dignidade deste pobo; actos aos que os que quen dirixen esta sociedade, tamén ese centro, non faltan nunca.

Son moitas as rapazas musulmás que non utilizan o pano pero que, como leo hoxe nun xornal, estarían dispostas a polo só por amolar. Eu faríao tamén, encántame amolar a quen quere dirixir rexamente a vida dos demais, inmiscirse nas súas vidas, nas súas crenzas, no seu pensamento e ate, si os deixan, nas súas emocións.

Acolá
Collín un dicionario de galego para verificar o significado dunha palabra que polo contexto xa intuía: «arreguizo s. m. Estremecemento de frío ou de medo, arrepío». O que me imaxinaba.

Utilizo o dicionario clásico de papel porque ao abrilo ao azar atópome con palabras novas e vou descubríndoas, cousa que nos dicionarios dixitais dos que dispomos en internet é imposible. E ao abrilo, máis ou menos pola “a” de “arreguizo” –xa me dirá CC de onde sacou esta verba… quizais así, abrindo un dicionario ao chou- atopeime con unha que oía moito de neno a miña avoa paterna e a súa irmán –tía-avoa- cando íamos de visita e preguntábamos polo avó:

-	onde vai o avó?

-	Na casa de acolá, respondía algunha delas

Sempre pensei que “Acolá” era outro pobo e debía estar moi lonxe porque o avó tardaba moito en vir, había días que nin chegabamos a velo. Pensaba: “igual nos cruzamos no camiño”. Pois non, e agora podo afirmar que non nos cruzamos de pura casualidade, porque a casa de “acolá” estaba no noso camiño de volta. Iso pasoume por non ir co dicionario na man ou, simplemente, por non preguntar. Acolá é o adxectivo que quere se refire a “un lugar distante ou oposto ao que se fala: ‘alá lonxe’”. Das dúas acepcións quédome coa de ‘oposto’, porque moi distante non estaba. Oposto porque nesa casa era onde durmía de día -a sesta-, a outra onde durmía de noite -moito dormen os avós-. Agora que xa non están nunha casa nin na noutra as dúas deberían ter a mesma definición, mais non, sempre estará a casa dos avós e a casa de “acolá”.

A princesa busca marido
Trátase dun conto de Jorge Bucay que, coa mestría coa que el acostuma, serve para ensinarnos a decatarnos dos erros que cometemos na vida. É un conto, pero debería ser o modo natural no que deberíamos reaccionar ante quen nos defrauda… en calquera eido da vida, persoal ou social. Quen podendo evitarche unha soa noite de sufrimento, o outro non o fai, non te merece. Non se perdan esta videorecreación de «Cartas para Claudia«, está xenial! Narrada coa propia voz do autor. A verdade… é que os nosos autores teñen moito que aprender.

<object width="620" height="450" classid="clsid:d27cdb6e-ae6d-11cf-96b8-444553540000" codebase="http://download.macromedia.com/pub/shockwave/cabs/flash/swflash.cab#version=6,0,40,0"><param name="allowFullScreen" value="true" /><param name="allowScriptAccess" value="always" /><param name="src" value="http://www.youtube.com/v/vT3_o0thKfg&hl=en_US&feature=player_embedded&version=3" /><param name="allowfullscreen" value="true" /><param name="allowscriptaccess" value="always" /><embed width="620" height="450" type="application/x-shockwave-flash" src="http://www.youtube.com/v/vT3_o0thKfg&hl=en_US&feature=player_embedded&version=3" allowFullScreen="true" allowScriptAccess="always" allowfullscreen="true" allowscriptaccess="always" /></object>

A forza abrasadora da verdade
Queima por onde pasa, non hai mentira que se lle resista, queda reducida a cinza. Hai, pola contra, xente que cre que pode construír ao seu redor un mundo artificial, acochando a realidade que acontece ou aconteceu no seu contorno natural, social ou individual. Hai xente tan afeita a mentir que descoñece a existencia do mundo real, o das persoas de carne e oso, con sentimentos, e non teñen consideración algunha con eles, engúlenos  no seu remuíño de mundos finxidos, e cando xa non precisan deles bótanos fora coa forza dun furacán, agardando que o duro golpe da caída o leve ao esquecemento. Ocorre que a veces non, hai persoas coa capacidade de levantarse e lembrar e contar e… e entón esa forza dos feitos fundados nunha base real envorcan aquela outra falsa realidade creada pola mente perversa dunha feiticeira. Ela dirá que a emporcan, mais non, envorcan, botan fora a mentira.

Collage II
Lois Pereiro

(poesía última de amor e enfermidade 1992 – 1995)

Crer outra vez en min mesmo sería o máis doado (16)

deixándome levar sen resistencia. (19)

Resistencia pasiva. Resistencia frontal (20)

contra o medo. (29)

Noites en branco coma sabas húmidas… (39)

Teño a cabeza no centro do mundo (23)

e o corpo é unha paisaxe de batalla (13)

solitario, enfermo, fatigado, (103)

da morte en “stand by” que me acompaña. (49)

… e as dúas portas do mundo están abertas /

fuches ti a que as abriches na alta noite, (52)

cohabitando os teus soños (55)

souben / que aínda respiraba e seguía vivo (95)

e o amor de sempre oculto e prohibido, /

selado e transferido. (73)

(Entre paréntese a páxina da que foi arrincado o verso. Ed. Positivas)

Collage I
Lois Pereiro

(Poemas 1981 -1991)

A luz ardente dun lúrido desleixo (87)

onde arde a miña sombra pola noite (7)

no desastre (15)

(d)nun presente salvaxe que me instrúe (17)

orfo doutro destino (73)

vencido pola ofensa (74)

abro un suco vermello en media lúa (27)

neste día de graza na hora xusta (43)

tras do ronsel (45)

baixo da lúa espello mordeu estrelas lume (65)

no espazo que o meu corpo invade (59)

presente na súa ausencia (35)

celebra a nostalxia (29)

co antídoto da lóxica (33)

do inferno indefinido que nos move (41)

(Entre paréntese a páxina da que foi arrincado o verso. Ed. Positivas)

Conversas Ultramarinas, Lois Pereiro
Recoñezo que Lois Pereiro me defraudou nun principio, coas primeiras cartas. Agardaba máis da persoa a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas este ano. Parecíame ordinario. Anotacións cotiás, breves, sinxelas, anormal para alguén que se lle presumía -outros, non el- unha vida tan activa. Sen embargo, a medida que se van pasando páxinas, autor e obra (en realidade non é unha obra no seu conxunto, senón cartas individuais a P.) van sufrindo unha metamorfose. A súa musa vaise idealizando, afastándose da realidade pola distancia e o paso do tempo, incitándoo a querela aínda máis, a vez que comeza a formularse outras alternativas. Convértese nun ser cada vez máis analítico con todo o que sucede ao seu redor, xa sexa coas persoas que observa nos bares, xa cos fragmentos de libros que le coa presa de acadar todo o coñecemento preciso para poder sobrevivir no inferno, onde di o agarda o diaño. Xa pode ser vello!

Non é doado vivir cunha enfermidade incurable, non é doado atopar comprensión nas persoas que te rodean, amigos, familia, parella. Esa angustia está sempre latente no seu pensamento, nos seus escritos, sen embargo, afirma tamén, sentirse un privilexiado por atopar esa comprensión, pois é consciente de que non sempre pode estar para os demáis pero os demáis si estaban para el.

Ler estas cartas inspiroume a facer o propio, escribir cartas ao «estilo Lois Pereiro». É unha experiencia brutal. Debo recoñecer que cada vez me resultaba máis complexo rematar unha páxina de Cartas Ultramarinas sen realizar algunha anotación, anotacións que sempre convidan a reflexión e a desenvolvelas. Con Cartas Ultramarinas pasei máis tempo pensando que lendo, máis tempo escribindo que lendo; é o que se atopa cando o que se busca é precisamente «non pensar» en algo concreto; para non pensar nada mellor que pensar, como facía Lois Pereiro, pensar dende as cousas máis banais ate o máis extraordinario, só que, cando se mira a vida como el o facía, xa nada resulta trivial. Pensar cansa, como me dicía unha amiga, pero cansa cando soamente pensas no mesmo… e doe, doe moito cando pensas na dor.

E difícil elixir unha cita e sería inxusto para o lector copiar todas as miñas anotacións, así que vou escoller unha delas que, polo momento que me toca vivir, máis impacto me provocou (está en castelán, pero traducina ao galego):

As almas xenerosas non poden ser felices sabendo que alguén se lava as mans coas bágoas doutros, converténdose en verdugo de si mesmo e deses outros.

Non creo que mereza a pena edificar a nosa vida nun terreo falso. Hai que apostar forte a veces si, ‘e apuntar ás estrelas’, pero, ‘permitirán elas que lles apuntemos?’

Lois Pereiro, un 13 do 06 de 1995. Era martes.

Soidade
A soidade foi o refuxio do “home dos nomes”, o lugar onde atopou a paz social e familiar que noutro tempo soñara. Non precisaba conversar máis que con seus cans ou coas personaxes que se escapulían nos seus sonos, entre eles, e sen decatarse, Pepe da “Aira Vella”.  O mellor da soidade eran os silencios externos da compaña. A soidade é unha boa compañeira, afirmaba, nunca me pide explicacións de nada. Entendo que non coñecía a fondo o poder transformador da soidade, si, pois en realidade, cando cremos que está aí calada, ela, sen dicir nada, sen recriminar nada, convertese en conciencia e introdúcese no pensamento da persoa a que acompaña e é entón cando comeza o muíño a dar voltas, a moer nos miolos, unhas veces do dereito, outras do revés, sen control, sen guía. Moi dura debeu sela súa experiencia coa xente, con Acrasina, para preferir soportar a  tortura da soidade antes que calquera outra compaña humana.

O “home dos paus” nunca tivo complexo algún de verse en soidade, nunca tivo desexos de outra compaña que non fose a que xa coñecemos… a dos seus canciños. E non se trataba dun ser asocial como podería pensarse soamente con observalo. El vagaba polos pobos altos da Lagoa de Antela na procura de comida e nunca rexeitaba dar conversa a quen se lle acercaba, claro que cos cans, todos os enxeños que penduraban de si e a falla de hixiene persoal, só os curiosos, xente que aparecía pola zona de verán en verán, paraban a preguntarlle e el amablemente respondía. Para os que o trataban máis acotío, sabendo das súas necesidades, limitábanse a darlle o que tivesen máis a man, e el nunca rexeitaba nada… por todo, ate pola comida máis rancia, se sentía obrigado, tal era a súa humildade. Quen sería a fada de rexeitar unha persoa así?

Non sei si froito da lenda pola que, contan, se formou a Lagoa de Antela, a xente da zona era moi solidaria co “home dos lareiros”. Quizais, algún temor de que aquela maldición volvese a repetirse, poucos eran os que lle negaban axuda… agora que somos moito máis incrédulos, non sei si tería a mesma acollida. Agora o que nos asolaga é a memoria. Sen embargo, este home sobreviviu durante máis de dúas décadas da solidarizade das xentes daquela comarca, que abrangue diferentes pobos e concellos. Nunca quixo el abusar da xenerosidade de ningún pobo, nin de ningún veciño, por iso se desprazaba moito, dun lugar a outro, uns días a unha casa, outros a outra, póndoos a todo as proba, sempre coa súa casa a costas, con todo o que levaba enriba.

Algún día vos contarei a historia integra do que lle ocorreu e comprenderes mellor a súa actitude cara a vida, saberemos porque prefería imbuírse en interminables liortas co seu pensamento que con calquera outra persoa. As relacións coas persoas, especialmente as amorosas, deixan feridas que nunca curan, cicatrizan levemente, pero en canto alguén preme nelas, volven a supurar. Perduran para sempre… e o peor non é que o corazón dun quede rabuñado, o peor e ser consciente que tamén deixas marcas noutros. A dor das feridas propias son máis doadas de soportar que  as alleas. Esa foi a vida que elixiu o “home dos cans” sufrir a súa dor sen danar a ninguén máis.

O home lobo da Lagoa de Antela
Cando era pequeno, e se facía noite, lembro que de vez en cando subía pola estrada un home do pobo que superaba ben os sesenta anos, un home de pel escura, curtida polo aire da Lagoa, encurvado e cun paso lento e canso logo dunha longa xornada de traballo nas leiras. Ía sempre falando coa persoa que levaba ao lado, só que nunca levaba a ninguén ao seu lado, e botando fume pola boca, só que nunca levaba o cigarro aceso. Era Pepe, o da “Aira Vella”, o menor de cinco irmáns, todos eles solteiros que vivían na casa dos “cañotos”.

Os que o viamos subir éramos os rapaces das casas de arriba que, como vivíamos nun pobo algo grande, nunha empinada ao Norte da Lagoa de Antela, partíase en dous: “casas de arriba” e “casas de abaixo”. Os do medio nunca se sabía moi ben de onde eran, sobre todo cando tocaba dividirnos para algún xogo. Logo tamén había outras divisións, estas por barrios: “o curro”, “o recanto”, “o patio”, “a canella” … e seguro que aínda se me esquece algún máis. Dicíavos que eramos os nenos do alto do pobo quen o vía subir porque sempre se dirixía cara o mesmo lugar: a Lagüela, ou iso críamos, onde moraba o “home dos paus” e sempre que o víamos era lúa chea. Hai que poñerse na situación de aquela época: o alumeado entón era case inexistente e as poucas lámpadas que había dubido que pasasen dos 30 W. Aínda non chegara a época de “un voto, unha farola”. Iso podía levarnos a engano, si, pode que subise máis días, pero nós só o víamos cando era lúa chea e xa entón os nenos da cima do pobo pensabamos que Pepe da “Aira Vella” era un home lobo. Máis tarde confirmaríase que así fora.

Tamén se puido explicar a razón de ir sempre cara arriba, a Lagüela, que non era outra que o seu interese pola historia de desamor do “home dos lareiros”. O xeito de achegarse a el foi uníndose a manada de caninos cando se convertía en lobo, axudándolle na procura de alimento ao seu dono, dándolle calor cando o precisaba e protexendo das outras bestas da noite. Non tardou moito en ser un máis da manada e como todos, cans e lobo, ían e viñan con liberdade ninguén o botaba en falta cando non podía transformarse.

Sería logo, nos seus últimos días de vida cando Pepe da “Aira Vella” contaría a seus irmáns tódolos segredos do “home dos cans” dos cales, unha das irmáns, a máis moza, foi tomando nota. Por iso boa parte desta historia será contada por este home que a veces foi besta. Quen mellor para comprender a dor do “home das latas”,  quen perdera toda a súa humanidade por namorarse da meiga Acrasina. De Pepe hai que dicir que a pesares de ser un licántropo non se lle coñeceu falcatruada algunha na zona, máis ben ao revés, parece que gardaba do seu territorio e non permitía que ningunha outra besta fixese dano aos humanos que por alí andaban de noite. Doíalle, moito, non poder protexer do mesmo xeito aos animais da maldade do home. El, moitas veces, dubidaba que parte del era a humana civilizada e cal a animal salvaxe… non entendía a conduta dos humanos; aquela necesidade que tiñan de matar por lecer. Podía admitir que se fixera para sobrevivir, como facía el cando mudaba de estado, pero sempre para saciar o seu apetito, nada máis. No resto dos días comía do que procuraba con moito esforzo das súas terras, utilizando os animais unicamente como ferramenta de traballo e transporte.

De Xosé Lois “O Portugués” envexaba as emocións que el sentira na súa xuventude, emocións que el xamais experimentara, dende o amor máis louco ate u odio máis enfermizo. É difícil comprender como tal cousa se pode chegar a envexar, sobre todo isto último, pero Pepe entendía que dificilmente se pode diferenciar unha emoción da outra sen ter vivido ambas. «Cumpre coñecer a dor para saber o que é a satisfacción… e viceversa», dicía. El non fora quen, cando menos dese tipo de emocións.

Acrasina
A alguén que coñecese esta historia de primeira man pode parecerlle que todo isto que conto non sexa tal cal a como eu o describo, porque os recordos da nosa mente tenden a relacionarse co significado que lle queremos dar, non coa información ou, como dicía noutra ocasión, ao referirme a historia dun parente meu desaparecido trala guerra civil “ao recordar un relato ao largo do tempo, este deformase, do mesmo xeito que se deforman os rumores, e se acomodan aos modelos culturais do que é unha boa narración”. Agardo que cando menos resulte iso.

Cando Edmund Spenser imaxinou  a Acrasina, unha bruxa do Reino das Fadas que atraía aos homes cara si e logo os convertía en bestas, non sabía el que aquela mala muller se cruzaría un día na vida do “home dos paus”. Si. Dende que aquela mala muller lle arrincara o corazón, non o que bombea o sangue ao corpo, senón ese outro que se activa no noso cerebro cando nos namoramos, e que provoca nas persoas condutas aditivas e irracionais, pois dende entón, dicía,  Xosé Lois converteuse nunha besta, nun ninguén.

Logo daquel desengano foi incapaz de volver a sentir algo polos seus semellantes, tan só era capaz de amosar sentimentos por aquela manada fiel de caninos, os cans dun ninguén, que ían e viñan con total liberdade, sen sentirse sometidos a dono algún. Aínda así, sentía aprecio por aqueles bechos porque eran eles quen lle brindaban a seguridade e o calor que precisaba nas noites frías de inverno, alá onde queira que o collese a noite, nunha escola ou un forno velo abandonado, nun alpendre ou nunha de tantas construcións daquelas de bloque que os rexedores da época facían para inseminar as vacas. Era o que pedía o pobo daquelas. Un pobo que quería vivir. Hoxe o pobo pide tanatorios. Quere morrer. Foi o “home dos paus”, agora que o vexo con outra perspectiva, o primeiro okupa que coñecín, pois tampouco dubidaba en asentarse en casas alleas que cría deshabitadas. Unha desas edificacións públicas nas que paraba acotío estaba na Lagüela, un lugar elevado da Lagoa de Antela onde no inverno se forma un pequeno lago. Está situada nunha encrucillada de camiños entre os pobos de Vilariño, Bustelo e Casasoá, un lugar sombrío ate nas horas de sol e onde, polas noites non se vían nin as estrelas, agochadas polas árbores frondosas; era un lugar onde o silencio só o rompían os sons dos animais de vida nocturna que andaban na procura de comida ou compaña. A que outra cousa ían andar? Só unha persoa tiña a coraxe suficiente para aparecer por alí de noite… ou non, vaia, non exactamente, porque cando se acercaba ao lugar aquel non era precisamente unha persoa… pero deste outro caso xa falarei máis adiante. Só adiantarei que foi este ser misterioso quen descubriu tódolos segredos do “home das latas”, xa escoitando o que rosmaba en sonos aos seus animaliños, xa escoitando as respotas que «O Portugues» lle dava a este ser ás preguntas que se atrevía a facerlle aproveitándose do seu estado somnámbulo, tal era a súa curiosidade, e que respondía sen ser consciente de que lle preguntaban dende fora dos seus sonos, xa polas cartas que celosamente mantiña gardadas, léndoas sen ser visto, cartas, moitas delas que non contiñan máis que unha frase curta, mensaxes claras, directas, como si fose escrita as agochadas para ser enviada de inmediato, envolta nunha pedra a través dalgunha xanela… e que daquelas aínda non existía a posibilidade de enviar SMS.

Seguramente Nassin Taleb, un sociólogo estadounidense, podería explicar mellor a conduta deste persoeiro baseándose na súa teoría dos cisnes negros (black swan), pero inverténdoa, é dicir, que si para Taleb “todos os cisnes eran brancos, e ate que non aparecese un cisne negro non se podería demostrar que tamén existen os cisnes negros”, para “O Portugués”, logo da súa terrible experiencia, tódalas mulleres eran unhas fadas negras, meigas, que con enganos e mentiras extraen do interior dos homes todo aquilo polo que viven e mentres non aparecese unha fada branca que lle amosase a existencia da transparencia feminina, a excepción, para el todas seguirían sendo unhas meigas escuras ás que evitar. Coido que, finalmente, finou sen coñecer esa rara excepción porque nunca decidiu mudar de vida, isto é, de buscala. De feito o que pretende demostrar a teoría dos cisnes negros é que non se deben tomar decisións en función dunha rareza e para el as mulleres boas eran unha rareza que decidiu non buscar. Errada decisión. Mais, quen foi a “Acrasina” de Xosé Lois? Sei pouco dela, nin sequera seu nome, porque quen me contou esta historia non o quixo desvelar. Si sei que era a filla máis nova dunha familia humilde dun pobo na raia de Portugal. Unha rapaza chegada a destempo ao fogar:

- Dicíame que fora unha filla non desexada,… un descoido!

É triste vivir así dentro dunha familia. Moi triste medrar créndose non desexada, desprotexida, vulnerable a todo mal que a asexaba que, nunha nena daqueles tempos, eran moitos. Unha persoa con ese pensamento xamais pediría axuda no suposto de sentirse acosada por alguén e gardaría silencio para sempre de todas as aldraxes sufridas. Pensaría que, si dixese algo, ninguén a crería. Ese pensamento e as vivencias traumáticas soportadas foron as que levaron a aquela nena a converterse nun anxo negro ao chegar a muller. Anxo negro, si; anxo polo seu aspecto anxelical; negro polo transfundo emocional e intelectual que agochaba no seu interior. De vela, fora mellor sorrir a aquel anxo e liscar axiña que non acudir a darlle unha aperta para quedar para sempre atrapado pola escuridade que agochaba… Xosé Lois foi un dos que non fuxiron, dos que se acercaron, dos que lle deron unha aperta e ate un bico e para sempre quedou envolto por aquela negra sombra, da que non puido desfacerse o resto da súa vida.

Acrasina, así lle imos chamar xa que non sabemos o seu verdadeiro nome, namorarao na súa puberdade e logo desapareceu, non volveron a verse en preto de 20 anos, nos que ela seguiu coleccionando corazóns por diferentes recunchos do mundo… ate que un dia volveu a aparecer para reclamarlle o que era seu, decidida como viña, insaciable de sede humana, a espremerlle ate a última gota de amor, espremendo o seu corazón docemente, ao principio, logo máis bruscamente… ate non deixar nada. O que parecera un reencontro feliz, en vésperas de Nadal, onde os dous parecían gozar da compaña do outro, cómodos e felices falando das súas vidas, de xeito que se foran aproximando cada vez máis entre si, pensándose, desexándose, sentíndose incluso dende a distancia, transformouse nunha trampa mortal.

O home dos nomes
Seguramente nunca oístes falar del pois, de onde eu son, que era por onde moraba, coñecíase con nomes distintos en cada pobo. Era un home de avanzada idade, encurvado polo peso dos anos, das súas ferramentas e das vestimentas; era un home de pelo e barba branca e longa, de pel escura e moi engurrada. Era fácil decatarse da súa chegada, os cans dos veciños anunciábano ao seu paso ao tempo que lle ladraban aos caninos que o acompañaban. Tiña máis de media ducia de cans, por iso lle chamaban tamén o “home dos cans”. Incluso sen os seus fieis animais podía adiviñarse a súa chegada. Da súa vestimenta colgaban todas as ferramentas que necesitaba para sobrevivir: coitelos, culleres, garfos, latas para apañar comida que os veciños lle daban, botellas para recoller auga ou viño cando un bo veciño llelo ofrecía, etc. Era por iso que tamén o alcumaban o «home das latas». Levaba colgado dos ombreiros uns paus ou lareiros coa súa equipaxe recollida nun saco, por si a noite o collía no camiño e poder botarse a durmir alá onde o corpo llo pedise. Era por iso que, segundo o pobo, se lle coñecera como o “home dos lareiros” ou o “home dos paus”. Aqueles sacos moito nos fixeron sufrir aos máis pequenos. Tódolos nenos que vivimos naquela parte da Lagoa de Antela lle tiñamos posta unha cara ao “home do saco”, cando no resto do mundo apenas chegaban a imaxinado.

Ao oír ladrar os cans, ao oír o tintinar dos metais que penduraban da súa vestimenta. ao oír os seus pés arrastrarse pola estrada ou, xa acercándose, oílo bafexar pola dificultade que lle supuña moverse coa casa ao lombo, tódolos nenos desapareciamos, agochabámonos e non nos movíamos do noso acocho ate desaparecer tódolos sinais da súa presenza.

Tódolos nenos do pobo eramos bos comedores porque o castigo era probar da comida que o “home dos paus” levaba nas súas alforxas.

– Non queres o caldo?

– Pois verás ti -dicía miña avoa mentres me collía da man- vas probar do que leva o “home dos paus» na súa lata!

Vaia si comía. Que digo «si comía». Lapaaaba! E así para todo. Por aquel lugar non había moitos suspensos. Eramos bos en todo, cada vez menos, claro, a medida que íamos perdendo a inocencia e íamos descubrindo que o “home dos paus” era un portugués errante, un vagabundo que mendigaba polos pobos do arredor o seu sustento. Aquel portugués tiña nome. Chamábase Xosé Lois, pero poucos o coñecían polo seu verdadeiro nome.

Xa de maiores, e superados os medos da nenez, eran moitas as hipóteses que nos facíamos sobre a súa vida, sobre o que ocorrera no seu pasado para que aquel home acabase así, tan lonxe da súa terra, con todas as súas pertenzas ao lombo e coa compaña fiel daqueles animais. El non era un home de moitas palabras, pero cando se lle daba conversa el avíñase, nunca rexeitaba falar con ninguén, sen embargo, a maioría dos veciños, en tanto se achegaba a súa porta dábanlle algo de comer e sen mediar palabra volvían cara dentro. O que querían era que se fose. Ulía mal.

Aínda non comentara que aquel home levaba sempre a mesma roupa, e varias prendas da mesma característica: varios pantalóns, varias camisas, varias chaquetas,… pantalóns e chaquetas de pana. Non se pode dicir cantas, pois ninguén nunca llelas contou.

Soamente cando o vento era favorable se podía ter unhas palabras con el e foi así como se foi sabendo algo da súa vida. Fóronse descartando moitas hipóteses: si era un fuxido da guerra portuguesa, si padecía amnesia e non sabía quen era, si se volvera tolo e tantas outras historias, tantas como veciños había na contorna. Non, non era nada diso. El laiábase a miúdo por unha dona que, ao outro lado da fronteira o enganara, unha muller de lado escuro, un anxo negro que lle prometera amor eterno ao tempo que o enganaba con outro.

– Dicíame que era moi bo para ela, que eu merecía algo mellor… fódase!

Hai mulleres así, veládevos delas, que gustan dos homes dos paus, e non me refiro a homes como Xosé Lois  “O Portugués” de cuxo ombreiro penduraban aqueles longos lareiros, senón dos homes crueis. Si hai mulleres que prefiren esa clase de homes aos homes bos, aos que afastan delas, crendo facerlle un favor mentres, inconscientemente, os destrúen, secuestrando para sempre todas as súas ilusións.

O “home dos cans” era un home co corazón rabuñado, vítima dunha fera (humana) salvaxe, un home que xa non fiaba de ninguén máis que dos seus animalciños, aos que coidaba con dozura, aos que lle procuraba alimento, privándose el moitas veces de comer. Si, así era, porque aqueles cans, a diferenza das persoas non tiñan emocións mesturadas, por iso é sabido que cando un animal, un can, te quere, este nunca che fará dano. Nós, a xente civilizada, somos ben distintos.

Cando era un mozo Xosé Lois declarou o seu amor a muller que amaba platonicamente dende moitos anos atrás, cando xa non agardaba nada da vida e, para súa sorpresa, aquel amor foi correspondido. El e a súa amada pasaban días e noites falando, contándose historias que se perderan o un do outro, as súas ledicias, as súas tristuras, os seus viaxes, as súas inquedanzas e medos; e comezaron a pensar o un no outro, a preocuparse o un polo outro, a facer plans para compartir máis tempo, máis cultura, o seu lecer, plans de futuro xuntos e a desexarse cada día máis. Non podían vivir un día sen falarse, sen contarse o que lles ocorrera ese día. Non podían vivir sen pensarse. O pensamento do un no outro era permanente. Aquel amor era unha loucura… Ate que un día apareceu unha terceira persoa, un amor pasado da súa amada, un home cruel que a fixera sufrir no pasado e aquela, sen pensalo, foise con el. Esqueceu tódalas súas promesas, tódolos seus desexos, todas aquelas palabras fermosas que lle dedicara a Xosé Lois. Desapareceu sen máis, sen sequera dicir adeus. Sen explicacións. E Xosé Lois non toleou, como moitos farían, pero non buscou máis amores, nin sequera aquel outro “mellor” que lle dicían merecer. Non! Dixo non a outro amor de muller xa que como ser humano que é mestura emocións e a mestura fai dano. Non a mestura en si, senón a parte amarga das emocións: o odio, o desprezo, as traizóns, as mentiras, os medos,…

Os cables de WikiLeaks en mOendo.net
Comparto a filosofía de Julian Assange, a súa rebeldía ante a inxustiza social que comete quen ostenta o poder político e económico. Ese é o principal efecto da rebelación dos cables publicados por Wikileaks: a fin da sumisión ao poder do imperio dominante. Julian Assange fixo o que ningún goberno do mundo puido facer, dende os máis democráticos aos máis autoritarios, fuxir do xugo dos EEUU, e darlle onde máis lle doe, pondo ao descuberto o seu maior tesouro: a información. Nos últimos tempos tódolos gobernos do mundo están tomando medidas para limitar a libre información na rede ao tempo que xurden cada vez máis voces na defensa da neutralidade da rede. É unha ameaza seria da que a sociedade aínda non é consciente; trátase dun ataque directo a liberdades fundamentais, a liberdade de expresión e a liberdade de información. Sorprende, como manifestou o aínda presidente do Brasil, Lula da Silva, que os gobernos democráticos garden silencio neste asunto, que non exista unha soa condena firme -agás a súa e a do goberno australiano- polos representantes destes pobos, disque democráticos.

WikiLeaks deixa núa a diplomacia estadounidense e a da maioría dos estados do mundo. WikiLeaks déixanos ver como os nosos dirixentes son capaces de axeonllarse por unha simple foto cos falcóns americanos e como estes sacan proveito desa necesidade dos mediocres gobernantes de occidente. O que mantén viva esa interrelación de favores é o seu secretismo e agora sabémolo todos. Sabemos como actúan, o cal é moito máis importante que as accións e informacións reveladas.

A falla de transparencia é o que mantén ao poderoso, xa sexa nun marco global, xa no marco local. Como cren que se manten vivo o caciquismo en Galiza? Polo silencio de quen o sofre. Si cada un dos que somos vítimas dunha cacicada o sacásemos a luz esta inxustiza social que arrastramos dende fai séculos remataría axiña. Cumpren persoas como Julian Assenge, persoas que recollan esa información, a analicen,  a contrasten e a fagan pública. Pero sobre todo cumpre unha sociedade disposta a transferir esa información, porque poucos, neste país, somos alleos a algunha cacicada.

Dende hoxe este blog aloxa tamén tódolos cables publicados por WikiLeaks (máis de 54000 arquivos) no dominio http://moendo.net/wikileaks converténdose nun -entre os miles xa- dos sitios que albergan esta información, demostrando así que o ataque aos sites que albergan os cables de WikiLeaks e as presións que sobre as empresas proveedoras para que os pechen é unha manobra absurda que o único que está conseguindo e amplificar a velocidade coa que se transmite a información.

Monumento do Concello de Ourense á inaccesibilidade
Nos últimos días a empresa EcoOurense estivo cambiando os contedores do lixo, retirando eses de plástico «de toda a vida» por uns novos, xigantes e moi bonitos.

Non sei cantos cidadáns se decatarían, aparte de quen os sofre -pois hai tamén quen os desfruta pois ao ser máis grandes hai menos e máis espazo para aparcar-, porque estes contedores novos son unha faena para quen ten pouca mobilidade. Ocórrenseme moitas persoas, xente maior que apenas pode levantar os brazos para botar o lixo tan alto, nenos, persoas con problemas de equilibrio que ten que usar un pé para pisar o «pedal» de apertura, pero tamén nas persoas que por ir en cadeira de rodas nin sequera ten esa posibilidade, nin de perder o equilibrio nin, moito menos, de deixar o lixo dentro do contedor.

Estes contenedores rachan coas normas universais de accesibilidade (Normas uniformes sobre a igualdade de oportunidades para as persoas con discapacidade, a Convención 61/106 de 13 de decembro de 2006 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade,  a Resolución do Consello e dos representantes dos Gobernos dos Estados Membros, reunidos no seo do Consello de 20 de decembre de 1996 sobre a igualdade de oportunidades das persoas con minusvalías, a Lei 13/1982, de 7 de abril, de integración social dos minusválidos, a Lei 51/2003, de 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade, entre moitas outras normas, todas elas do mesmo senso).

Estes contedores parecen máis ben postos adrede para molestar a quen ten problemas de mobilidade que para aforrar cartos e non soterralos como se fai no centro da cidade onde vive «la gente de bien» os neprogres e os neonacionalistas.

O máis triste desta situación é que, logo de varios días instalados por toda a cidade de Ourense, aínda está por vir a primeira denuncia por parte dunha asociación de persoas con discapacidade advertindo da irregularidade cometida, e polo paso atrás dado en canto a accesibilidade nesta cidade. Isto si que non o entendo. Ou si. Tódalas entidades están pendentes das axudas que poidan caer e esquécense de reinvindicar algo que amais de ético é xusto… non vaia ser que o que reparte os cartos se «mosquee».

Un artigo relacionado: PLAN Estorbo

Publicada tamén no xornal La Región