#mOendo do Revés » Gavilanes

(a falta de pan…) …circenses!
Ese é o papel que adoptan na cidade de Ourense os patronos da Fundación Pro Deporte Ourensano, recentemente calificada pola Xunta de Galiza de interese deportivo.

O padroado inicial da fundación está formado por Jorge Bermello Arce, Responsable das tendas Bermello, como presidente; Roberto Fernández Añel, Director de Financeiro da Construtora Marcelino Fernandez, como vicepresidente; Luis Gómez Muñiz (deste pouco sei, agás que anda deixando o seu teléfono pola rede, busca contactos, creo) como secretario; e Manuel de la Torre Pérez (non lle coñezo outra ocupación que a de secretario do COB), Santiago Rodríguez García, director de CIMO, Juan Manuel Jiménez Morán, Alcalde de Verín, José Domarco Piñeiro, responsable das instalacións do Pazo de Deportes Paco Paz (instalacións que o COB utiliza de xeito altruista mentres que os nenos que queren participar nas escolas deportivas que se organizan no mesmo recinto se ven na obriga de pagar), e José Luis Gavilanes Losada, Alcalde de Xunqueira de Ambía, como vogais, segundo o punto 4 da Orde do 4 de outubro. Circenses!

De Jorge Bermello e Santi Rodríguez pouco podo engadir do que xa dixera Gonzalo Jácome esta semana, só amosar que concordo totalmente con el. Precisamente veño de solicitar a miña baixa da base de datos de CIMO, ao meu parecer unha entidade que non aporta nada a esta cidade nin aos seus cidadáns (entendendo que o emprego precario que oferta non é unha aportación senón todo o contrario).

Sorpréndeme ver entre os patronos ao Alcalde de Xunqueira de Ambía. En máis de 30 anos xamais tivo unha iniciativa semellante pola vila que goberna, mentres esmorece  co importante patrimonio que alí hai por conservar, coa riqueza paisaxística, forestal, agraria e, sobre todo, termal, aínda sen explotar.

Interior do Balneario do Bañiño

Parece que os empresarios e responsables políticos da provincia de Ourense apostan polo circo e eluden as súas responsabilidades coa sociedade, creando novos chiringuitos -isto é o que as elites ourensás entenden por novos nichos de negocio- cos que afogar, aínda máis, as xa de por si maltreitas arcas públicas, que seguirán negando a súa colaboración a entidades sen ánimo de lucro de corte social, pero que si porán a disposición do circo este cantas infraestruturas públicas sexan precisas e cantos cartos lles sexan solicitados. É o que Arturo R Vispo chama “insolidaridade do mezquino” neste artigo referido as subvencións.

Cando a información é incompleta e tendenciosa, é falsa.
Hoxe o diario El País volve a referirse a unhas canteiras, desta vez no Concello de Toén. A noticia é que o Alcalde deste Concello legaliza as canteiras que dende fai 10 anos extraen pedra dos seus montes. A noticia debería terse producido moito antes, precisamente pola permisividade desa actividade sen licencias, sen permisos, sen estudios de impacto, polas protestas dos veciños, etc., pero non. É noticia agora que se legalizan, quizais para por fin a esa situación de ilicitude, pero é noticia sobre todo porque o máis beneficiado sexa outro Alcalde do PP, José Luis Gavilanes Losada, de Xunqueira de Ambía.

Que insinúa a xornalista? Que si non fose o dono do PP seguiría explotándose eses recursos naturais de xeito ilegal, sen pagar impostos como todo contribuínte, sen respectar ao medio ambiente ou os dereitos dos veciños? Quizais quere dicir que se lle permitiron todas esas prácticas ilícitas durante 10 anos por ser un Alcalde do mesmo partido? Porque durante 10 anos ninguén dixo nada  e si agora que se pretende porlle fin? Moitas interrogantes sen resolver. Quizais se respondan na seguinte entrega de Cristina Huete.

Non é a primeira vez que critico a xornalista de El País por unha conduta semellante. Hai máis de dous anos falaba de lastres, ataduras e hipotecas,…  onde a crítica viña porque se daba unha información bastante tendenciosa en referencia as canteiras ilegais de Xunqueira de Ambía, ocultando a responsabilidade que certas persoas do seu entorno político tiñan na trama.

Agora, neste artigo, Cristina Huete volve a referirse a querela que a fiscalía presentou contra os responsables das canteiras de Xunqueira de Ambía, aos que non nomea directamente, e si reitera a vinculación que o Alcalde do Concello ten coas as mesmas segundo un informe da Policía Xudicial. Non vou ser eu quen saía en defensa deste depredador mais, si tal informe demostrase tal vinculación o Alcalde estaría entre os querelados. É máis, si tal informe puidese probar o que Cristina Huete afirma a querela non estaría na actualidade en situación de sobresemento provisional –a instancia do propio Ministerio Fiscal!-, tal e como denunciei neste blog hai unhas semanas. Como se pode facer referencia a unha querela do ano 2007 sen sequera pasar polos xulgados a preguntar en que estado se atopa? Ou, si o sabe, o que quere a xornalista é agochalo? Máis dúbidas…

Custa entendelo …
Fai máis de tres anos redactaba unha denuncia pola explotación indiscriminada que estaba sufrindo o Monte da Farria (Xunqueira de Ambía), un Monte ao que o propio Concello lle deu a protección A dentro do Catálogo de Bens Naturais e Paisaxísticos.

Fai unhas semanas, logo de que pasaran anos dende as derradeiras novas sobre este asunto, pasei polos xulgados para preguntar polo estado en que se atopaban as dilixencias. A resposta da funcionaria do Xulgado de Instrución nº 1 foi: sobresemento provisional e en arquivo das actuacións a instancia do Ministerio Fiscal.

Custa entender que un dano ao medio ambiente tan flagrante coma este quede impune, custa entender que os responsables do mesmo nin sequera sexan sometidos a xuízo. Inocentes pola graza de D. Florentino Delgado. Di o Fiscal Xefe de Ourense que é posible que existan feitos ilícitos, pero que eses feitos non ten porque supoñer un delito. Certo. Ao parecer, segundo o Fiscal Xefe, a protección da que o Concello de Xunqueira de Ambía dota a este Monte non ten a mesma categoría que si quen protexe é a Comunidade Autónoma ou o Estado (por exemplo incluíndo espazos en ZEPA, Rede Natura, Parques Nacionais,…). Non ten relevancia que a empresa, Farriense de Granitos, que contaba cunha licencia de investigación, se adicase a explotar e comercializar a pedra. Tampouco importa que a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental considerase que o proxecto non era viable ambientalmente. Da igual que que esta empresa, e logo EXELCO, explotasen o monte sen licenza municipal e con coñecemento dos responsables municipais, que permitiron a realización dunha actividade económica cando a outros empresarios, como é lóxico, si se lle esixen esas licenzas, autorizacións, pago de taxas, impostos,… Nin sequera se plantexou a probable prevaricación por parte do Concello para favorecer a un dos accionistas dunha das empresas que é, casualidade, o xefe de obras do mesmo Concello. É mais, o propio Concello, baixo a dirección desta persoa, acondicionou os accesos ao Monte para que estas empresas puidesen realizar as tarefas que lle son propias.

<object width='312' height='305' type='video/x-ms-wmv' data='http://agalegainfo.crtvg.es/videos/enlace/tvg120070713143832.asx'><param name='src' value='http://agalegainfo.crtvg.es/videos/enlace/tvg120070713143832.asx' /><param name='controller' value='true' /><param name='autoStart' value='0' /><param name='wmode' value='transparent' /><param name='ShowStatusBar' value='1' /></object> <object width='312' height='305' type='video/x-ms-wmv' data='http://agalegainfo.crtvg.es/videos/enlace/tvg120071226144419.asx'><param name='src' value='http://agalegainfo.crtvg.es/videos/enlace/tvg120071226144419.asx' /><param name='controller' value='true' /><param name='autoStart' value='0' /><param name='wmode' value='transparent' /><param name='ShowStatusBar' value='1' /></object>

Mais, non hai delito. Non hai responsabilidade penal nin das administracións involucradas (Consellería de Medio Ambiente, Consellería de Industria e Concello de Xunqueira de Ambía) nin dos responsables das empresas que explotaban o Monte. Soamente irregularidades administrativas. “É como si aparcas un coche en dobre fila, é un ilícito, pero non é delito”, trataba de explicarme o fiscal do xeito máis sinxelo, para que o entendese. Entendo que é difícil loitar contra a maquinaria da administración, móvese lenta pero manobra con intelixencia. Sabe ben como tapar os seus pecados.

Agora son inocentes por sobresemento, antes foron culpables pola querela da propia Fiscalía; todo sen seren enxuizados. A diferencia é que agora os medios non din nada (daquela a nova tivera especial repercusión na galega, entón manipulada polo PSOE, e en El País). Silencio informativo. Mentres, EXELCO segue realizando a súa actividade no serradoiro de pedra instalado sen licenza na ladeira do Monte, iso si, sen poder explotar a canteira porque lle retiraron o permiso de investigación (?). Si. Por iso aínda que traten de explicarmo como a un neno, custa entendelo.

Será logo que toda irregularidade administrativa está exenta de ser calificada como delito? Digo porque neste suposto intervén unhas administracións que durante máis de dous anos de explotación non din nada, nin fan nada, ate que llelo esixe o Ministerio Fiscal. Logo os inspectores das propias administracións realizan os informes que exoneran de responsabilidade algúnha a propia administración … Pediralle tamén o Fiscal Xefe aos técnicos da Deputación de Ourense que realicen informes que xustifiquen as contratacións realizadas por esta entidade recentemente? Sería o lóxico. E unha vez comprobado que todas as contratacións teñen unha xustificación técnica, porque a terán, o que queira queixarse que presente un «contencioso».

Plan Gavilanes
Este plan, levado a cabo polos alcaldes e presidentes de deputacións do PP , a diferencia do Plan E de ZP, non persegue a recuperación do emprego, para o cal foi concebido, senón a refinanciación de concellos a costa daquel outro plan. Este plan consiste en realizar as obras aprobadas e financiadas polo Fondo Estatal de Inversión Local co menor custo posible, e dicir, por debaixo do presuposto aprobado para logo destinar o diñeiro sobrante a amortización de deuda, a outras obras non presupostadas -cacicadas, xeralmente- ou quen sabe pra que…

Esta é a única explicación lóxica ó acontecido no día de onte nun pobo de Xunqueira de Ambía, A Pousa, onde apareceu de súpeto o Sr Alcalde, José Luis Gavilanes Losada, acompañado doutro concelleiro, operarios do Concello e da Deputación de Ourense para iniciar unha obra que está contemplada dentro do Fondo Estatal de Inversión Local para o noso Concello. Efectivamente, ningún deses traballadores foi contratado para realización destas obras, senón que xa pertencían previamente ó plantel do Concello ou da Deputación, tendo os desta última o carácter de  traballadores fixos, co cal se está burlando o verdadeiro espíritu e obxectivo do Plan E: a creación de emprego.

Parece ser que ós organismos gobernados polo PP non están moi interesados en crear emprego -o igual que ocorre con moitas empresas da súa órbita-. A estes organismos -e empresas- interésalles o de sempre: acumalar cartos. Ese é o seu único ideario político.

O pobo de Xunqueira de Ambía ten unha das poboacións máis envellecidas de Galiza e claro, si no pobo alguén se pon a realizar unhas obras alá vai a xente. O Sr. Gavilanes que coñece ven a dinámica do seu pobo, só faltaría que non fose así logo de trinta anos como Alcalde, estaba alí para aprobeitarse desa circunstancia e repartir papeletas a xente que se acercase a vela obra e, o mesmo tempo, sacar proveito dunha obra financiada por outra institución,  sen colocar o cartaz obrigatorio e, por suposto, sen molestarse en explicalo. El é quen di cando rematan as misas, el é o que leva ós nosos maiores de excursión, el é o que fai as obras… el é todo.

Resumindo, o Plan Gavilanes consiste en recadar o maior número de cartos e votos invertindo o menor esforzo presupostario e de traballo posible.

E para reflexionar… unha excursión!
Onte non daba creto de que un feito tan cotián -en Xunqueira de Ambía, claro- como entrar nunha igrexa, interromper a cerimonia relixiosa, e porse a dar unha «charla» por parte dun político en campaña electoral ós veciños puidese ter tanta repercusión (vexan en chuza! e en menéame). Si o pasado domingo o Sr. José Luis Gavilanes Losada (ainda Alcalde da vila, pois non se ten noticias da súa renuncia nin de que algún dirixente do PP llela pedise, como si fixeron antes co candidato nacionalista -enfin, unha cousa e botar a rúa o nº 1 da lista do PP e outra moi distinta e tratar de meterse cos «señores» do rural, máxime si son amigos do Sr. Baltar-) se dirixía ós parroquiáns de Abeleda no medio dunha misa, esta semana, que anda «casa por casa» pedindo o voto ós veciños,  tal e como é costume, en lugar de regalar o típico chaveiro do Concello (sic) xunto cos mecheiros e bolígrafos do PP, máis o sobre coa papeleta do seu partido, está convidando ós veciños a unha excursión a San Estevo, con pasaxe de catamarán incluída polo cañon do Sil, para a xornada de reflexión.

Este tipo de excusións son organizadas polo Concello de Xunqueira de Ambía con carácter bimensual e seica estaba programada para ese día dende antes de ser convocadas as eleccións. Ata ahí a excursión non tería nada de anormal. Sen embargo, desta vez, contrariamente ó que ven sendo habitual, non se puxeron cartaces anunciando a excusrsión para que quen quixese se apuntase, senón que é el quen ofrece esa excursión, persoalmente, as persoas que a el lle parece no mesmo intre en que lle pide que o vindeiro domingo lle vaían votar o PP.

Así, si ninguén o remedia antes, os maiores da vila iránse de excursión co Sr. Alcalde a Ribeira Sacra (sempre vai alguén do Concello) na xornada de reflexión, viaxarán en Autos Gavilanes, con tódolos gastos pagados polo Concello e pola Deputación de Ourense… é o día seguinte terán que tomar unha importante decisión que non só abrangue a tódolos xunqueiraos senón tamén a tódolos galegos.

A terra prometida
Nunha campaña, con tal de arrabañar votos, os políticos son capaces de prometernos «o habido e por haber». Hoxe pola maña lía un artigo de Roberto Blanco, A excursión, ou mellor, as excursións, no que decía que «amparado na impunidade que dá o sentirse e proclamarse o partido propio de  Galicia, o BNG atrévese a facer cousas ás que ninguén se atreveu en Galicia ata  o momento». Cando escribiu isto seguramente non imaxinaba o que ía pasar pouco despois… Pois poucas horas pasaron ata que me entero que o Alcalde de Xunqueira de Ambía, José Luis Gavilanes Losada (PP), interrompeu unha misa, no día de hoxe, para falarlle ós feligreses alí reunidos sobre os seus proxectos de futuro: a construcción dun novo cemiterio para a Parroquia de Abeleda.

Este acto, que viña sendo anunciado polo párroco de Abeleda, o «padre» Adolfo dos Salesianos de Allariz, dende hai máis dunha semana, incluso durante a misa dominical, estaba previsto que se realizase a saída da misa, pero antes de rematar esta, e sen que ninguén lle dese a palabra, o Sr. José Luis Gavilanes tomouna, para evitar que os alí reunidos se fosen «en paz» como é costume e coa bendición do párroco. As misas en Xunqueira de Ambía remantan cando di o Sr. Alcalde que para iso é o Alcalde. E punto!

A explicación que deu para facer o acto na propia igrexa foi que alí «estase mellor que fora» que seica facía un tempo do demonio, como ven saberán todos vostedes (vendavais, nevaradas e frío polar; todo xunto) e seica cumpría protección divina.

Ofreceu ós filigreses un novo emprazamento, e digo novo porque non é a primeira vez que ofrece ós veciños da parroquia un cemiterio por unhas eleccións (rumoréase pola contorna que «vello non quedará ningún» de aí tanta preocupación); naquel outro lugar non era posible facelo -iso si meteu por alí as súas máquinas para facer crer ós parroquianos que se ía realizar de imediato (isto sucedeu nas pasadas municipais)- e, moito me temo, que neste novo emprazamento tampouco vai ser posible.

Logo marcharon dalí todos contentos -non todos, algúns marcharon indignados-, que era do que se trataba, tan contentos coma uns mozos que acaban de coñecer a nova de que van recibir unha vivenda de protección oficial,  contentos porque axiña poderán dispor das súas vivendas para a eternidade.

Iso si, non houbo bolígrafos, nin chisqueiros,… nin hostias do PP. Hai que agradecerlle a discreción coa que foi levado este acto. Mágoa que non acudira ningún medio a cubrir o evento, foran todos convidados, incluído o xornal La Voz de Galicia.

Galiza Non Se Vende
Da envexa ver como pobos enteiros se manifestaron o pasado día 15 polas rúas de Santiago de Compostela na defensa da nosa paisaxe. Non é así, desafortunadamente en tódolos pobos de Galiza.

<object width="525" height="318" data="http://blip.tv/play/gYV17Y9ghOlr" type="application/x-shockwave-flash"><param name="src" value="http://blip.tv/play/gYV17Y9ghOlr" /><param name="allowfullscreen" value="true" /></object>

Vídeo recollido en xgaliza e elaborado por gzvídeos

Xa vai para dous anos… en Xunqueira de Ambía tivemos que enfrontarnos a explotación dunha canteira de granito no Monte da Farria nun enclave de especial protección paisaxística. Tal é a sensibilidade pola paisaxe no Concello que, lonxe de constituirse un momevento social na defensa do monte, casi se crea outro en contra dos denunciantes da desfeita. De aí que sinta envexa polo xeito no que noutros puntos de Galiza se enfrontan, con valentía, a esta lacra social que está destruindo o noso territorio monte a monte, río a río,.. en nome do progreso.

Por suposto, na nosa cruzada, non contamos coa colaboración de ningunha das administracións involucradas, nas que foron presentadas as correspondentes denuncias, a saber: Concello de Xunqueira de Ambía (gobernado polo PP), Consellería de Medio Ambiente (gobernada polo PSOE) e Consellería de Industria (gobernada polo BNG). Ninguén moveu un dedo ata que tiveron coñecemento da denuncia feita ante a Fiscalía. Entón si, entraron as presas. Logo ainda houbo quen tratou de atopar unha fórmula para reabrir a canteira. Trabúcanse, non hai marcha atrás.

Os únicos colectivos directamente afectados por esta trama eran os comuneiros de A Farria, propietarios do monte explotado, e os comuneiros de Padroso, colindantes cos primeiros. As empresas que extraían pedra do monte tiñan un acordo  cos comuneiros de A Farria pola cal se lles aurorizaba, a cambio dun pago, a realizar a labor extractiva. O que fixeron estas empresas, para recuperar parte do diñeiro dos pagos, foi domiciliar a algúns dos seus traballadores no pobo, alugando casas do lugar, e así converter a eses traballadores en veciñós con dereito a recibir os beneficios da asociación de comuneiros. Por outra parte, os comuneiros de Padroso, a iniciativa do seu Presidente (que nin é veciño do pobo, nin a lei lle permite ser membro da asociación de comuneiros -e moito menos selo Presidente-) trataron de sacar cartos -300.000 €- ó dono dunha das canteiras, EXELCO, a cambio de permitirlle extraer sábrego ou o paso dunha liña eléctrica na súa propiedade. Non lle preocupou en ningún momento, este «personaxe», o dano ecolóxico que estaba causando ó monte,… só sacar tallada!

Afortunadamente en Galiza non todos actuamos así. Queda moita xente, eu estou convencido que a ampla maioría, que antepón a riqueza natural e patrimonial do seu país ó beneficio individual e/ou empresarial que a súa destrucción pode orixinar. Por iso, máis que nunca, compre berrar: goberne quen goberne, GALIZA NON SE VENDE!

Outro ano perdido…
… e xa van 29. Esta semana, o pásado martes día 27 de maio, cumpliuse un ano das eleccións municipais nas que o actual grupo de goberno revalidou a sua maioría absoluta, iso si, cunha importante merma en número de votos e concelleiros.

Si collemos o seu programa electoral podemos ver o seu grado de incumplimento, claro que cun programa tan esaxerado iso era de esperar. Calquer veciño con dous dedos de frente sabía de antemán que iso nunca se cumpriría.

As miserias duns miserables
Poucos poden pensar cando ven pasar o Sr. José Luis Gavilanes Losada nuns dos seus cochazos de luxo, co seu traxe de Carolina Herrera e as gafas de sol nun día nublado que quen conduce é un ser miserento. Como o ía ser rodeado de tantos luxos? A sua miseria radica non na escaseza de bens materias senon na mingua de principios morais. So así se pode comprender como aquel camareiro sen estudos de aspecto famélico se acabase converténdo nalguén que presume de ter todo un imperio nas suas mans (COPASA, Áridos de Astariz, Betunes y Fimes, Productos Betuminosos de Galicia -PROBIGASA- GESECO, Empresa Gavilanes, Farriense de Granitos, Coporsa, etc.), un imperio que incluso surca os océanos, iso si, todo despois de levar atrincheirado no Concello de Xunqueira de Ambía preto de 30 anos.

Contrasta, e moito, a súa escandalosa puxanza económica persoal co deterioro e o desamparo do noso Concello. Será casualidade -que non a é- pero a medida que o Concello de Xunqueira de Ambía foi perdendo o seu esplendor él foise facendo mais rico.

Pero non era diso do que quería falar, o que hoxe me trae aquí é a recente campaña electoral. Cada vez que hai campaña él acostuma a visitar a cada veciño do pobo, incluso a aqueles que sabe que non lle vota, pero sobre todo detense de xeito moi especial coas persoas maiores. Sempre lles vai con contos como que «si lle votas os outros -os outros somos PSOE e BNG- vanche quitala paga», «si volven os roxos vanvos quitalas terras», «os do BNG son uns terroristas» ou «como gañen os outros volvemos a guerra civil», entre outras lindezas.

Vos pensaredes, «iso non o cree ninguén». Somos un Concello con 1.365 votantes e perto de 800 están por riba dos 65 anos e, ademais, unha cantidade moi importante supera os 80 anos. Van todos votar. Non falla un! Verdade que agora xa parecen mais creibles esas historias? Sonno porque moitas desas persoas xa viviron na súa infancia as guerras, a fame e as opresións. O noso alcalde, Jose Luis Gavilanes Losada -perdoade que repita tanto o seu nome pero é que non quero deixar dúbidas sobre quen estou falando-, sabe dos medos da xente e sabe espremelos ben, por iso en canto ten unha oportunidade, normalmente en periodo electoral, acercase a eles e failles revivir etapas pasadas, lonxanas, esquecidas. Tráelle ao presente pantasmas do pasado. Eles con iso sufren, posiblemente non durman en días, pero voóanlle… e con iso está todo dito.

Denuncias públicas
As denuncias públicas, feitas soamente a través dos medios de comunicación, acostuman a desavacecerse co paso do tempo. Podes denunciar calquer cousa nun xornal e a persoa denunciada quitaslle as cores por un día, pero esta cala, non entra o tapo e deixa que polémica pase. Nuns meses, tal vez nuns días, ninguén se acordará de nada.

Iso é o que sucedeu co Monte da Farria, en Xunqueira de Ambía. Hoxe andiven pescudando na rede e atopeime con unha nova que no seu momento non chegei a ler: «Comisións Obreiras denuncia o abandono e deterioración da Ruta dá Prata«. A noticia sae da redacción de La Voz en Ourense -redacción da que por entón formaba parte a xornalista Cristina Huete, agora en El Pais, no que escribiu recentemente sobre este asunto- con data de 12 de febreiro de 2004, di como segue:

A Secretaría de Medio Ambiente de Comisións Obreiras denuncia abandono, deixamento e falta de sensibilidade por parte das administracións públicas na Ruta dá Prata ao seu paso pola provincia ourensá. Así asegura que un dos tramos que discorre por Xunqueira de Ambía, Monte dá Farria, sufriu nos últimos meses unha gran deterioración paisaxística e ambiental cun incendio forestal no 2003, construción de pistas forestais e apertura dunha canteira na cima do monte.

Outro aspecto que deteriora a ruta é a presenza de restos de lixo nalgúns tramos que, segundo CC. OO. convertéronse en auténticos vertedoiros.

Ante esta situación o sindicato propón que se conserve a Ruta dá Prata co seu patrimonio natural, que se rehabiliten as zonas invadidas por cemento e asfalto e que se combata o feísmo

Sabíamos que antes de instalarse alí a primeira das canteiras, Farriense de Granitos, o Monte da Farria ardera (ver nova en La Voz), non por casualidade, e que logo, cunha axuda do plan Leader se fixeron as pistas para a canteira, co pretexto de facer un mirador no alto do Monte que nunca se fixo -supoño que son «as pistas forestais» a que fai referencia a noticia-. Do que non tiñamos coñecemento e de que esa nova non despertase o mais mínimo interés para a Consellería de Medio Ambiente e para a Consellería de Industria, entón rexidas, ámbalas dúas, polo PP. Erán eles quenes tiñan a obriga de tomar as medidas protectoras necesarias para evitar o deterioro dun Monte especialmente protexido -nivel A- e de frear unha actividade empresarial que non contaba con ningún tipo de permiso, nin de extracción mineira, nin de actividade económica, nin nada. Pero claro, tratábase da canteira dun alcalde do PP…

ALCALDE OU DEPREDADOR?
fai clic para agrandar

Na imaxe que podedes ver mais arriba pódese observar o muro que cercaba a ‘leira do bosque’ en Xunqueira de Ambía. Este muro que se mantivo en pe centos de anos formaba parte do noso patrimonio histórico-artístico e, como tal, estaba protexido. O Alcalde do noso Concello, o Sr. José Luis Gavilanes Losada acaba de tiralo, sen mais, sen consultar con ninguén, sen polo en coñecemento de patrimonio e imaxino que nin tan siquera co visto bo dos propietarios da finca. Aconséllolles ver o que o Código penal di sobre os delitos contra o patrimonio histórico.

fai clic para agrandar

Fai tempo que o Sr. Gavilanes quere construir en Xunqueira. Tódolos alcaldes do PP teñen a mesma obsesión enfermiza. Está desesperado por facer vivendas -mentres os edificios históricos da vila se atopan en ruina-, o primeiro intento foi o de facer vivendas no vello cuartel da Garda Civil -foto superior-, que era propiedade dos comuneiros e que, sen embargo, acabou pagando por él -con cartos do Concello, prestados, por suposto, xa que non queda un can nas súas arcas- ao Ministerio do Interior -outro despropósito-. Antes de entrar nunha loita cos comuneiros, perdida de antemán, viuse na obriga de ceder ese edificio e os seus terreos ao Consorcio Galego de Servicios de Igualdade e do Benestar ante a persistencia do Grupo Local do BNG de Xunqueira de Ambía. Así, grazas ao BNG teremos en Xunqueira de Ambía non so unha Galescola senón tamén un Centro e Día.

Agora tocoulle o turno a ‘leira do bosque’ e esa é a razón pola que comenzaron por tirar o muro -algúns pensaban que se trataba de ampliar a estrada ou de facer veirarúas, pois non!-. Segundo un dos concelleiros do PP no Concello pretenden facer nesta finca mais de 20 vivendas residenciais. Este motivo engade un claro agravante a acción do Sr. Gavilanes xa que implica que o derrubamento do muro foi feito con premeditación. En ningún caso pode alegar o Sr. Gavilanes que o muro se estaba caendo -e moito menos que se caera- para decir que supoñía un perigo para os viandantes, declaralo en ruina -sen seguilo proceso de declaración de ruina- e finalmente tiralo. A única razón para que o muro non esté hoxe no seu sitio é a de construir vivendas.

Está acostumado este home a facer na vila o que lle ven en gana dende fai case 30 anos. Nunca antes ninguén lle dixera nada. Asentir as suas decisións e pretensións era costume. Agora o BNG, como xa fisera no caso das súas canteiras, vaille parar os pes a cada un dos caprichos deste depredador, caprichos que, por certo, sempre está vencellados cos seus intereses económicos. É por iso que non imos permitir que se constrúa nese eido porque vai en contra do proxecto de Vila que ten o BNG e en contra tamén do propio planeamento urbanístico, que ten a esa parcela catalogada como Zona Libre (ZL16) -ver imaxe mais abaixo- o que a inclue dentro da rede de espazos públicos do Concello. A proposta do BNG é utilizar esta finca para a creación dun auditorio ó aire libre para a celebración de concertos e festivais de verán así como para o espallamento dos nosos veciños e o recreo dos nenos.

fai clic para agrandar

A vía nova
O pasado día 4 de xaneiro a Voz de Galicia públicaba unha nova moi interesante, rescatada hoxe grazas a chuza!: Portugal, Ourense e León únense para recuperar toda a Vía Nova. Un grupo de concellos iniciaron a posta en valor da Vía Nova como un todo, no seu percorrido entre Braga e Astorga. Este proxecto liderado polo municipio portugués Terras de Bouro e o que tamén se adheriron os municipios de Bande e Lobios pretenden que o camiño que unía Braga con Astorga sexa declarado Patrimonio da Humanidade pero, para iso, faise necesario recuperalo na súa totalidade.

Sen embargo, esa empresa vaise facer moi difícil xa que no discorrer da Vía Nova atopamos con concellos como o noso, Xunqueira de Ambía, que lonxe de coidar e revalorizar o seu patrimonio abandoao a sua sorte, no mellor dos casos, e estragao noutros.

Un deses abandonos é o que se da no pobo de Casasoá, onde se conservan 15 metros do trazado orixinal, hoxe absorbidos pola maleza, na paraxe coñecida como Prado do Zapato, unha masa común resultado da concentración parcelaria. O camiño está sendo pisoteado na actualidade por un tractor dalgún veciño pra acceder ó seu eido. Seguramente descoñece a importancia do que hai ahí debaixo enterrado.

Dende o Grupo Local do BNG imos propoñer as institucións responsables, en primeiro lugar, que se impida a entrada con maquinaria pesada a calquer veciño nesta finca; segundo, que se sinale ben a zona, indicando o que hai nese lugar e explicando os veciños a importancia de conservar este ben arqueolóxico; e, por último que se proceda a limpeza da zona para que o camiño poida ser visible para viandantes e visitantes.

Asi mesmo gostaríanos que o noso Concello paticipase do proxecto de recuperación da Vía Nova iniado dende Portugal, primeiro porque a recuperación do camiño crearía emprego para a zona e, segundo, porque unha vez recuperado na sua totalidade e declarado Patrimonio da Humanidade sería un gran atractivo turístico para a zona.

Como sinalaba antes, noutros casos -a maioría- a sorte do camiño romano é ben distinta, pois este foi víctima da «política de asfalto» que durante trinta anos o Alcalde da vila practicou no noso Concello. Un exemplo podémolo ver tamén en Casasoá, no cruce do camiño que vai dende este pobo ata Cortegada coa Vía Bracara-Astorga, xusto diante da casa que da nome o pobo -casa soa-, pois esta casa era en 1752 unha pousada con cambio de posta no camiño real.

A recente concentración parcelaria profundizou mais na xa de por si demoledora destrucción do no noso tramo de vía romana, convertendo en rectas o que antes era un serpenteante camiño envolto por frondosas fragas. Tamén é certo que como resultado desa concentración se atopou un monolito, un gran cilíndro de granito dedicado os emperadores Maximino e o seu fillo Máximo.

E para os que queiran coñecer mais de cerca a Vía Nova, recoméndolles a lectura de «A Vía Romana XVIII (Vía Nova): Revisión do seu trazado e mensuración», de Segundo Alvarado Blanco, Juan Carlos Rivas Fernández e Tomás Vega Pato. Este libro inclue mapas detallados do camiño romano: trazado orixinal, tramos que se conservan, tramos restaurados, etc. Seguramente sexa difícil de atopar en librerías, pero seguro que os hai en bibliotecas, no arquivo provincial de Ourense ou nas dependencias da Deputación de Ourense e Casas do Concello.

Actualización a 30 de xaneiro de 2008: O Grupo Municipal do BNG solicitou o Concello de Xunqueira de Ambía no Pleno celebrado o pasado día 25 que prohibise a entrada a Finca do Zapato xa que a entrada e paso do tractor nesta finca está agredindo o patrimonio histórico do noso Concello e causando ó camiño un dano irreparabel. A resposta do Alcalde é que iso non é sua competencia. Ver para creer…

A Fiscalía denuncia unha canteira en Xunqueira de Ambía
A acusación pública decidiu emprender accións legais contra a empresa Farriense de Granitos por estar en actividade sen licenza. A compañía pertence a empresarios da zona vinculados co PPdeG, que tamén goberna neste municipio… Segue a ler en VIEIROS. Tamén se pode ver a noticia en ELPAIS.ES (fonte orixinal) e na galega:

O peche das canteiras xa fora noticia o 13 de xullo de de 2007 na TVG no Telexornal Mediodía e en Galicia Noticias e o 15 de xullo en EL PAIS. A ver si atopan unha diferencia entre a noticia publicada por EL PAIS por aquel entonces e a publicada actualmente… Iso vai traer moita miga.

Actualización a 30 de Xaneiro de 2008: a querella presentada pola Fiscalía de Ourense contra as empresas que explotan o Monte da Farria foi admitida a trámite e figuran como querellados: Farriense de Granitos SL, Manuel González Carracedo (encargado do aserradeiro ilegal que Farriense ten no polígono da «Cotorra»), Antonio Domínguez Vázquez (antigo socio e administrador de Farriense de Granitos SL e actual administrador de EXELCO e presidente dos Graniteiros de Ourense. Segue traballando no aserradeiro que a sua empresa ten no Monte da Farria de xeito ilegal), José Luis Meire San Pedro (xefe de obras do Concello de Xunqueira de Ambía), Samuel García Villarino (fillo do ex concelleiro Samuel García Otero) e Gregorio Rodríguez Fernández (ex tenente alcalde do PP no Concello de Maceda).

Cerrada a Canteira do Alcalde
Con máis demora ca que nós houbese gustado ó fin a Xunta de Galiza, a través da Consellería de Innovación e Industria e a Consellería de Medio Ambiente puxeron freo a explotación indiscriminada e sen autorización do Monte da Farria. Paralizada esta desfeita agora achégase o momento de pedir responsabilidades políticas as autoridades locais e, por suposto, responsabilidades tanto penais como civís as dúas empresas -a saber: Farriense de Granitos e EXELCO- que levaron a término semellante estrago nun lugar especialmente protexido pola súa paisaxe e polo seu monte.

¿A todo isto que di o Sr. Gavilanes Losada? Que non sabe nada. El non ten coñecemento de que «a súa empresa» esté a explotalo Monte da Farria, unha empresa que ten o seu domicilio social no Polígono Industrial «A Cotorra» -isto do ‘poligono’ é outro tema a tratar profundamente-, en Xunqueira de Ambía, a escasos metros do consistorio, e a que non se lle coñece outra actividade en ningún outro monte. Alí, nese polígono, tamén ten Farriense de Granitos o seu aserradeiro -xa nos dirá próximamente o Sr. Alcalde si coñece ou non a actividade desta industria e con que licencias municipais conta-.

Podes ver a noticia en:

A xornada electoral en Xunqueira
A xornada electoral nun concello do interior de Galiza empeza un día antes, polo menos para os membros do PP. A xornada pra les empeza xa o día previo, reunindo a primeiras horas da tarde a tódolos caciques do concello, uns 50 mais ou menos, para repartir as tarefas da xornada electoral –interventores, apoderados-acarreadores, máis acarreadores, coaccionadores, intimidadores…– e acto seguido vanse polos pobos a repartir votos (refírome ós sobres, que así se lle chama aquí -sobre entregado… voto garantido-), como si non fose suficinte todo o mes de campaña previo. Iso de reflexionar non vai con eles.

O día da votación son os primeiros en chegar a cada Local Electoral, pra min que nin dormen. En cada Local hai caciques a moreas, tantos que calquer persoa co coñecemente xusto, que son moitas, poderían verse amedrentadas e coaccionadas por eles; non faltan tampoco os graciosos do pobo nin os lamecús que están a espera de que apareza por alí o alcalde pra arrimarse a el e lambelo. A xente enseguida empeza a chegar os colexios electorais e pronto, tamén, se empezan a ver os primeiros acarreos. Non é ningunha sorpresa. O ritmo é frenético durante toda a mañá, tanto que a mediodía xa votara na mesa mais dun 50% do censo electoral.

Sería un fenómeno de estudio o feito de que unha poboación que ten cerca dun 80% da súa poboación nunha franxa de idade superior os 65 anos sexa unha das mais activas electoralmente si non fose porque a orixe de tal actividade radica na obriga de ir a votar imposta polo Alcalde do pobo, unha obriga vixiada, controlada.

Outro fenómeno que se produciu foi o «voto express» ou «televoto» de última hora. Este consiste en que o interventor fai facendo listas das persoas que faltan por votar e pasalla a un dos acarreadores que está fora; éste colle a lista, vai a casa daquelas persoas e trainas a votar. Na mesa na que eu estaba esa labor facía Florencio Salgado Fernández, interventor e candidato do PP e o que carrexaba era seu pai, co coche da súa empresa SALGADO S.L.

Noutras mesas do Concello tamén se deron algunhas anécdotas, por exemplo na que estaba na Casa do Concello, a que acudiron a votar persoas que estaban censadas alí mesmo. Outra anécdota moi boa é na que un dos nosos inteventores lle pregunta a un dos candidatos do PP se coñecía a unha persoa que aparecía nas listas do censo e éste resposta que non; quedou branco cando lle dixeron que vivía na mesma casa ca el.

Así funciona a democracia nos pobos, a democracia do medo. Agora entendo a moitos vellos cando dín que «con Franco se vivía mellor». Lóxico: entón no tiñan que votar e por iso non sufrían as aldraxes -públicas e privadas-, coaccións, chantaxes e as intimidacións de agora.

A canteira do Alcalde
Si a calquer veciño de Xunqueira de Ambía lle preguntas pola canteira do Alcalde, enseguida che sinalan o Monte da Farria. Dende fai un par de anos estase a cometer neste monte un dos maiores atentados ecolóxicos da historia da nosa provincia, ante o silencio de veciños e a connivencia das autoridades do lugar.

O Monte da Farria atópase incluido e delimitado no Catálogo de Bens Naturais e Paisaxísticos (CBNP), con ficha particular (N-17) e nivel de protección A, o que imposibilita a actividade mineira nese lugar; así se indica no artigo 121 do propio PXOM de Xunqueira de Ambía (publicado o 18 de novembro dese ano), aprobado pola actual corporación municipal.

Resulta curioso -e tamén moi sospeitoso que o Monte da Farria ardese uns meses antes- que quen preside a corporación municipal de Xunqueira de Ambía, o Sr. Jose Luis Gavilanes Losada, sexa considerado polos veciños -e incluso empregados- coma un dos máximos accionistas dunha empresa, Farriense de Granitos S.L., que solicitou a explotación dos recursos da Sección A) no Monte da Farria así como un permiso e investigación para a Sección C). O certo e que nunca foi accionista da empresa nin administrador dela, pero si o son ou foron persoas moi achegadas a el -os caciques do pobo-.

Estes son os permisos concedidos pola Consellería de Industria

nos últimos anos pra zona onde se situa o Monte da Farria

PI = Permiso de Investigación

CE= Concesión de Explotación

O certo é que as Declaracións de Impacto Ambiental foron negativas en ambos casos. A primeira é do 19 de maio de 2006, públicada o 19 de xuño de 2006, na que se pública o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración do proxecto de autorización de recursos da sección A); a segunda declaración de impacto ambiental é do 6 de marzo de 2007, aínda sen publicar no DOG e que considera que o proxecto “Farriense nº 365” non é ambientalmente viable:

Última declaración de impacto sobre o Monte da Farria.

A pesar de todo de alí séguese a extraer pedra.

»A empresa do Alcalde de Xunqueira de Ambía» -que non é del, como creen os veciños- a pesar de contar tan só con permisos de investigación está a explotar a canteira e comercializando todo o producto alí extraído coa mesma naturalidade que si se tivese unha concesión de explotación, coa que non conta, e unha licencia de actividade mineira, coa que tampouco pode contar tendo en conta as devanditas resolucións de impacto ambiental. Para facer máis dano o monte, a canteira está sendo explotada horizontalmente, dende a cima do Monte, e non verticalmente, dende unha ladeira, como é natural nestes casos, o que fai que a superficie natural protexida desvastada sea moi superior a de calquer canteira normal.

O que está sucedendo no Monte da Farria é un atentado contra a natureza levada a cabo coa colaboración do actual equipo de Goberno, diso non temos ningunha dubida. Non se pode seguir mirando para outro lado pola simple razón de tratarse dun Concello pequeño do interior, por que ese espazo natural protexido non sexa utilizado para construir grandes bloques de vivendas (denuncias moi habituais na actualidade) ou porque éste monte non esté situado dentro dos 500 metros da costa (espazo protexido pola lei do litoral, tamén moi de actualidade). Non se pode calar mentres destruen o noso monte, os nosos recursos naturais. Non se pode calar ante os que, co fin de enriquecerse, destruen o patrimonio de todos.

O monte da Farria antes de ser queimado e explotado

O Monte da Farria segundo a última imaxe de Google Earth.

Na actualidade o monte está totalmente descuartizado.

Non subas ó coche do cacique!
Non hai ben mais prezado que vivir en liberdade, nun PAÍS libre onde o voto sexa verdadeiramente libre, secreto e voluntario. Para acadar esa liberdade non podemos permitir a interferencia de quen vai buscar os  votantes ata a súa casa, meténdolle o voto na man e acompañando ata a urna.

O 27 de MAIO NON SUBAS Ó COCHE DO CACIQUE

SI VAS A VOTAR VOTA LIBRE.

Ningún pobo é verdadeiramente libre mentres a liberdade non estea arraigada nas súas costumes e identificada con elas.

O medo da xente
Esta longa fin de semana estivemos de campaña polos pobos de Xunqueira de Ambía, pateando pobos arriba e abaixo, falando con todo aquel que nos encontramos e repondo carteis arrincados polos caciques de sempre.

Encontrámonos con moitas persoas contrariadas coa labor do alcalde, con persoas que realmente teñen ganas de darlle un cambio a súa vila, persoas que votan en falta servicios e información sobre os novos servicios que se porán en marcha, coma a Lei de Dependencia ou o Banco de Terras. Quéixansenos de que dende o concello non se lles proporciona información algúnha sobre como acceder a eses servicios que a Xunta está a por en marcha. Non hay dubida que na batalla entre os concellos gobernados polo PP e a Xunta de Galiza quen vai a sair perdendo son os de sempre -os cidadáns-, pondo en perigo, a rebeldía destes concellos, un dos dereitos fundamentais de tódolos cidadáns, a igualdade.

Démonos conta tamén como moita xente ten medo a falar de política, sobre todo entre os máis maiores. Teñen medo tamén a que os caciques descubran o seu voto, preguntándonos, en moitos casos, si os sobres son iguales ou si se ve a trasluz o seu contido. Comprobámoslle que non se ve nada e aconsellámosllle que si ten medo a que os sobres sexan recoñecidos os intercambien polos de outro partido -xa sabedes cal-. Teñen medo, definitivamente, de que os vaían buscar a casa e de que os obriguen a votar contra a súa vontade.

Para moita desta xente o voto e tan segredo que nin sequera saben a quen votan. Ben, si o saben, pero nunca verán a papeleta que vai dentro do sobre.

Puidemos comprobar estes días que no noso concello hai moita xente que está vivindo fora, noutras vilas, e que vota a outros partidos diferentes do PP. Puxémonos a facer cálculos e chegamos a conclusión de que si retornasen todos aqueles que se foron o actual grupo de goberno non volvería a gobernar xamais. Esas son as consecuencias da limpeza étnica a que me refería no post anterior.

Descubrimos tamén o medo e a prepotencia do PP. O medo que lles fixo pavimentar tódalas rúas dos pobos en 15 días, o medo que fixo que o Alcalde censara en Xunqueira de Ambía a tódolos empregados das súas empresas, ata tal punto, que catro deles «viven» na propia casa do concello. A prepotencia failles dicir que van a sacar eles tódolos concellais (9-0-0, din), a prepotencia que os mete nas cociñas da xente, a prepotencia de poder pagar paparotas e empregados servís pra facer propaganda,…

Prácticas mafiosas
Cando me metín en todo isto sabía perfectamente onde me metía, por iso non me sorprende comprobar que todo aquilo que oía era realmente certo. Dende que formo parte da candidatura do BNG por Xunqueira de Ambía decateime de que moita xente me evita, coma si tivese piollos… O mesmo lle sucede os demais membros da candidatura, convertéronnos en enemigos do pobo.

¿Por que pasa iso? ¿Cómo sucede iso? Iso ocorre porque temos un alcalde, José Luis Gavilanes, do PP, que goberna o Concello coma un ganster o seu territorio. Controla e manipula o que é del e tamén o que non é del. Él é quen da traballo, directa ou indirectamente, a maioría dos paisanos da vila, centos de familias viven grazas a sua bondade e, aínda que moitas veces se senten explotados nos seus traballos, prefiren seguir a súa doctrina antes que quedar sen pan.

Moitas destas persoas dixerónnos que teñen prohibido dirixirse ou confraternizar en público cos membros da candidatura do BNG, que calquer acercamente pode acarrearlle consecuencias moi serias.

Éste senvergoña leva 28 anos na alcaldía do Concello de Xunqueira de Ambía. Entón non tiña nada e hoxe ten todo un imperio a conta de irse quedando cos negocios e propiedades compradas a precio de saldo a aqueles que se ven afogados económicamente, víctimas da súa política. Outros montan negocios con él en sociedade porque saben que é a única maneira de que saían adiante. Trátase, coma na Idade Media, dun dereito de pernada.

Os paisanos do pobo tan so ten duas saídas: baixarse os pantalóns e acceder a tódolos seus designios ou marcharse para sempre do que foi seu fogar. Por ésta última vía optamos nos últimos 28 anos mais de 2.000 persoas. Trátase, en certo modo, dunha limpeza étnica: os que non cedemos a sua chantaxe ímonos de tal maneira que a proporción de lacaios vai en aumento a pesar da diminución da poboación.

Os mais afortunados son os xubilados, que non dependen del pra cobrar a fin de mes, pero son a vez os mais vulnerables e manipulables, ó non ter a súa carón os membros da familia que os defendan. Por iso cando un cacique os vai a recoller a súa casa, suben o coche; cando lles meten o voto do seu partido na man, cóllenno; cando os acompañan ata a porta do colexio -e a veces ata a urna- non rechistan; van dereitiños a urna co sobre que lle deron -mirando de reollo con nostalxia a liberdade que dan as cabinas pra elexir un voto libre- porque saben que dende atrás os vixían.

E logo temos que escoitar, dende Madrid, a membros do PP denunciar que en Euskadi non se vota con liberdade. Xa nos gostaría en Galiza a liberdade dos vascos.

CO TEU VOTO DESTRUÍU O FUTURO DO NOSO CONCELLO
Para os seus lacaíos resultará enternecedor ver como o seu Alcalde lle pide o voto para construilo futuro de Xunqueira de Ambía. Quen pide ese voto de futuro os paisanos do noso Concello é un Alcalde que leva gobernando aquí dende fai 28 anos.

Foron 28 anos de cacicadas, de tropelías e de persecucións. Foron 28 anos de destrucción, de aniquilación do noso concello e agora fálanos de futuro. ¿Futuro para quen? Con éste Señor so teñen futuro él e uns cantos; os demais, do mesmo modo que sucedeu durante os últimos 28 anos estamos abocados a marcharnos do noso Concello pra poder ter ese futuro que él nos negou.

Este Alcalde, con diferentes partidos, con diferentes concelleiros, colleu o goberno local no ano 1979. Tiña entón o noso Concello mais de 4.000 habitantes. Todos e cada un dos nosos pobos tiñan vida, bulía neles unha gran actividade. Eran pobos cheos de nenas e nenos, xente moza que casaba e quedaba no pobo, veciños e veciñas que se axudaban os uns a outros nas súas actividades cotiás, xente maior que transmitía a sua sabiduría e cultura as xeracións vindeiras.

Nos pobos de hoxe non sobra ningún vello, pero faltan as nenas e nenos, mozas e mozos que os escoiten. Tan só lles queda falar entre eles a espera do próximo enterro, a espera de que cheguen as súas fillas e fillos, netos e netas que están lonxe do seu fogar, pra que se aleden un día, sí, mais, para enchelos de tristura durante as vindeiras semanas. Tanto desgaste emocional debería estar penado.