#mOendo do Revés » lingua

Oito anos de Blogomillo, ou o que puido ser a identidade conversacional galega, e non foi
O 29 de setembro de 2003 nacía Todonada, o blog da xornalista María Yáñez, que a autora pechaba case tres anos despois, o 8 de xullo de 2006. Logo verían máis… pero para non saturar a rede con contido repetido remítome ao que di a Galipedia sobre o Blogomillo. Logo virían moitos outros e cada chegada era recibida coa expresión “outro blog no millo”, de aí ao “blogomillo” un paso, outro neoloxismo creado por María Yañez para denominar a aquela crecente comunidade.

Todos nós somos o que falamos, somos tamén con quen falamos, con quen nos relacionamos lendo e compartindo información. Somos, xa no apoxeo da era dixital, persoas que coñecemos a moitas outras coas que apenas temos contacto físico pero coas que grazas as redes sociais mantemos unha relación conversacional e comparticional diaria. Estas relacións permítennos construír doadamente novas comunidades nun espazo virtual que rematarán nun momento dado “por precipitarse ao mundo real, tanxible, e por tanto verdadeiramente humano” (Das nacións as redes, VVAA, Editorial 2.0). Erraban os que falaban da rede como un universo paralelo. Non o era, nin o é. A galegofalante somos unha comunidade ampla, activa, formada e comprometida entre moitos outros adxectivos. Somos xa, transcorridos oito anos do xermolar do blogomillo, unha comunidade real.

No seu inicio formaban a comunidade do blogomillo tanto bloggers como lectores. Ser blogger ou lector non mudaba o estatus dentro da comunidade, todos eles, persoas activas ou pasivas, suman o mesmo (+1) porque en calquera intre, calquera dos que conforman esta comunidade, sexa blogger ou lector, dábaselle a posibilidade de expresarse (os trolls e as censuras chegaron logo). Ser galego e relacionarse preferentemente con persoas galegofalantes son trazos do perfil das persoas que forman esta comunidade, que me nego a chamar virtual, sen endogamia, sempre aberto a novas propostas culturais, ideolóxicas e cognitivas blogrroleando de blog en blog. Esta realidade fixo que a miña comunidade imaxinada –a que vou chamar “maxín #gz”— teña un común denominador: a lingua galega. A lingua galega foi o eixo sobre o que se forxou unha comunidade lingüística en galego máis ampla do que endexamáis fora imaxinada. Esta comunidade non se limitou –de feito non o fai– ao espazo físico que debuxa no mapa a Galicia senón a galegofalantes de todo o globo; toda a blogomillo foi e é o mellor compañeiro que atopan moitos galegos lonxe das nosas fronteiras, xa que permite que calquera persoa galegofalante, onde queira que se atope, teña a posibilidade de expresarse en galego grazas a esta colectividade en rede e poder así comunicarse na súa lingua e establecer así relacións -incluídas as comercias- que consideren facendo uso das novas tecnoloxías, boa parte delas de uso gratuíto.

O valor desta comunidade imaxinada engorda cada día co gotexar de novos contidos de diferente temática e ideoloxía achegados ao galego dende o coñecemento compartido por outras comunidades lingüísticas, sen as cales o valor da nosa comunidade conversacional sería ben pobre. Esa diversidade global fornece a nosa pequena comunidade e favorece a metamorfose do virtual ao tanxible. Os blogs que chegaron ao millo non estaban moi ben posicionados no seu inicio, pero eran moitos e a interrelación entre eles grande, compartindo ligazóns axiña acadaron as primeiras páxinas nos resultados de busca. Quen editaba un blog amosábase tamén moi activo noutros, xa como estratexia de posicionamento xa por ansias colaborativas, deixando vencellos para permitir facer blogrroll, permitindo aos usuarios ir choutando duns blogs a outros.

A liberdade de expresión era elevada, pois na rede 2.0 non tiña nin ten moito sentido censurar o que logo se pode dicir noutro espazo ou no persoal. O crecemento do blogomillo foi propiciado pola necesidade de información dunha sociedade que deixara de confiar nos medios de comunicación tradicionais, tralo afundimento do Prestige que tinguiu de petróleo as costas galegas. Os movementos sociais como Nunca Máis (aínda que tempo despois do seu xurdimento), logo Hai Que Botalos e máis tarde, co bipartito, Galiza Non Se Vende ou xa na actualidade o #15M fixeron uso desta ferramenta, onde máis que nunca se fixo oír o clamor da rebeldía.

O blogomillo moveu os marcos sociopolíticos da Galicia conservadora de xeito espontáneo e sen pretendelo, chegando a proactividade desta comunidade a crear unha corrente de opinión progresista onde, por primeira vez tiñan voz os silenciados, nós os cidadáns anoxados. Esta corrente que aínda segue viva, aínda que máis feble, pasou do maxín a realidade tendo unha incidencia significativa no cambio de goberno de 2005 (tamén no 2009), coincidindo co punto máis álxido do blogomillo, xa non pola súa capacidade de influír na sociedade galega, senón pola mobilización entre un sector progresista desmobilizado. Movéronse e elimináronse moitos marcos e concentráronse as eiras virtual e real nunha soa parcela. As TIC proporciónannos unha liberdade que nos permitía e permiten estar nun eido, noutro ou en ambos a un tempo. É unha elección persoal da que antes careciamos.

Certamente, somos máis libres coas TIC, pois podemos expresarnos sen as barreiras de sempre nos constrinxiron, as duns medios de comunicación que contan a súa historia xa por centos. Sen embargo, unha vez máis, estes medios gañaron a batalla comunicativa, introducindo entre a comunidade un novo marco: información de calidade; entendendo por tal aquela que proviña dos medios de comunicación tradicionais e con sinaturas de soleira. E callou. Funcionou ate tal punto que os membros desta comunidade imaxinada comezaron a tirarse os cacharros entre si cun tópico longamente repetido: “quen te cres que es”. A opinión persoal deixou de interesar e volveuse a promover non as propias opinións senón aos artigos de opinión e novas dos poucos medios en galego e de moitos españois e portugueses.. A expresión «información de calidade» en linguaxe orwelliana, se lle podería denominar “liña editorial”. Non deixa de ser un método de censura pero soa moito mellor. A comunidade de Chuza! foi e é un bo exemplo deste enfrontamento, como amosa a súa actual anemia, favorecida pola conversa unidireccional, na que todos queren expresarse pero non escoitar aos demáis, pola falla de orixinalidade no discurso, verdadeiros plaxios das webs de certos partidos políticos (ultraminoritarios), polos discursos zafios, balerios e lavados, carentes de personalidade propia (ollai para o que dá).

En Chuza! censurase na actualidade a La Voz de Galicia, sen embargo, os diarios que desaparecen son outros, os que nesta rede se fomentan. Censúranse No chuzadas e opinións contraditorias coa «liña editorial» que marca unha minoría moi activa. Sen embargo o mundo non para e o que sucede nesa comunidade parece afectarlle ben pouco aos embargados polos seus ideais (a xornal coruñes), máis ben ao contrario, aféctalle a outros medios máis da órbita do “maxín #gz”. A endogamia mata. Todo ten a súa lóxica dentro dos marcos conversacionais (recomendo a lectura de “Non penses nun elefante”, George Lakoff, 2.0 Editora). Unha vez a propia comunidade diferenza contidos de calidade (os periodísticos) e de baixa calidade (a dos que forman o blogomillo) desaparecen da grella de chuza! moitos blogs, limitase o número de fontes de contido en galego, interactúase menos, e remata ferida de morte a interdependencia que outrora lles daba valor. Así, unha vez caído o maior medio colaborativo de Galicia, os blogs, e acadado o obxectivo dos medios máis influentes do país co xermolar dese pensamento –contido de baixa calidade- espállase a onda afectado a outros medios de comunicación menos influentes: GZNación, A Peneira, Vieiros, GaliciaHoxe, Xornal, A Nosa Terra e o que virá.

Concordo con Lakkof cando afirma que non abonda con investir en medios de comunicación, senón en “enmarcado e linguaxe”. E nisto, xa de pouco vale laiarse, non se investiu nada e o resultado é a perda de influencia da comunidade lingüística galega, que a medida que deixou de retroalimentarse comezou a perder masa muscular e de aí a súa febleza actual, soamente comparable coa fortaleza dun morto-vivinte. Concordo tamén con Manuel M. Barreiro (A nova dereita e nós, 2011, 2.0 Editora) cando afirma que na rede está a reserva da cidadanía. Está tamén o seu ego. Son dúas cuestións distintas pero deberán ir da man para repetir no futuro movementos que, noutra ocasión, sendo casuais e espontáneos fixeron virar o rumbo da política galega.

Ferventía
Ferventía?

Non… fervenciña,

pois é apenas un chorriño

de auga todo gume,

que arruallo escorrega do pilón rebuldado

ao abrebadeiro traseiro,

esvarando, confundíndose entre minúsculas unidades de vida,

herdeiras lexítimas das ancestrais cianobacterias

que converteron o planeta este,

que chamamos terra,

en habitable terronciño.

Arrombando liques e musgos

discorre domeada polo cano artificial do home

aquel gaio cristalino

ate o lavadoiro que axeonllaba

á muller como a auga

xélida e fresca das estacións

noutros tempos enxaboada

á que non se podían,…

… nin sequera mirar.

Ferventía… a do meu ollar.

Enredando con palabras na noite
Ultimamente levo comigo sempre unha axenda baleira de compromisos. Este caderno está deseñado para apuntar cousas de interese, para lembrarnos do que temos pendente para o futuro, máis véxome na obriga de encher ese baldío diario e fago palabra a palabra dos libros que vou lendo cada día, non porque lea moitos libros nun día, senón porque leo un pouco de varios. Anótoas non para lembrarme de algo ao día seguinte, nin para a outra semana, senón para xogar con elas nos meus soños, ordenando e desordenando como si dun quebracabezas se tratara. Logo as palabras desmóntoas en letras e colócoas en orden alfabético, para contar cal delas é a que máis se repite, só por curiosidade, logo ao mellor deconstrúas (influencia de F. Adriá) ou non, constrúo palabras novas que ao día seguinte, ou cando a impaciencia me pode, no medio da noite, póñome a escribir uns versos, un relato ou engadir algunha variante nesa novela que quen sabe si algún día verei nacer. Hoxe xa teño a folla do 15 chea así que deixei de ler e púxeme a escribir esta mesquiña entrada. Ves!  Xa colei unha da colección.

As que máis me gustaron foron “bardo” , “pexado” , “freba” , “cova” , “tebras” , “socarrón” , “migalla”   “cóxegas” , “velaíño”,…  e así ate encher a folla, a tripla columna, deixando algún espazo para por o que significan cando o motivo é o descoñecemento ou, na maioría dos casos, a razón pola que me chama a atención esa palabra: un recordo, bo ou malo, o sinónimo axeitado para esa palabra que repito moito no que escribo e, a veces, simplemente porque esa é a palabra que expresa o que quero dicir, podendo permitirme co seu achado o luxo de borrar varios versos, varias liñas ou mesmo un parágrafo enteiro no que trataba de explicar cando o podía facer cunha única palabra.

Cando non collen no caderno outra alternativa é colalas no face ou no twitter… hoxe non puiden resistir colar esta cita, que moito me fixo reflexionar, dunha rapaza de 21 anos: «Voyez, je n’ai plus de dents. C’est le sperme qui fait ça». Non a vou traducir, creo que se sobreentende e di xusto o que parece. Hai que coidar o que se bebe e se come e logo, sempre, fregar a boca.

Por iso evito moitas veces ler o que escribo, xa que logo acabo mudando todo de sitio. As palabras sempre están así xogando na miña cabeza e refacer a realidade cada día o que me permite viaxar moito e amencer cada día nun sitio distinto. Cada noite convértense nunha brincadeira, nun rebumbio de letras e signos que se ordenan e desordenan ao azar ate o espreguizar da mañá… ou sen esperala, xa dixen antes. Escóitoas rosmar a veces e outras cravuñan en min pola anguria que me abafa, isto pásame moito nas noites de luar, non sei moi ben porque. Tomarédelo a coña e repito, non sei porque! Vai en serio. De tódolos xeitos penso que é moito mellor e máis proveitoso que andar somnámbulo pola casa dando croques contras as paredes, non?

E como dicía Balbino cando os dous eramos nenos, fai xa 50 anos “eu cavilo nesto porque me sucedeu”. El segue sendo un neno aínda nesas follas de papel, eu a veces.

Acolá
Collín un dicionario de galego para verificar o significado dunha palabra que polo contexto xa intuía: «arreguizo s. m. Estremecemento de frío ou de medo, arrepío». O que me imaxinaba.

Utilizo o dicionario clásico de papel porque ao abrilo ao azar atópome con palabras novas e vou descubríndoas, cousa que nos dicionarios dixitais dos que dispomos en internet é imposible. E ao abrilo, máis ou menos pola “a” de “arreguizo” –xa me dirá CC de onde sacou esta verba… quizais así, abrindo un dicionario ao chou- atopeime con unha que oía moito de neno a miña avoa paterna e a súa irmán –tía-avoa- cando íamos de visita e preguntábamos polo avó:

-	onde vai o avó?

-	Na casa de acolá, respondía algunha delas

Sempre pensei que “Acolá” era outro pobo e debía estar moi lonxe porque o avó tardaba moito en vir, había días que nin chegabamos a velo. Pensaba: “igual nos cruzamos no camiño”. Pois non, e agora podo afirmar que non nos cruzamos de pura casualidade, porque a casa de “acolá” estaba no noso camiño de volta. Iso pasoume por non ir co dicionario na man ou, simplemente, por non preguntar. Acolá é o adxectivo que quere se refire a “un lugar distante ou oposto ao que se fala: ‘alá lonxe’”. Das dúas acepcións quédome coa de ‘oposto’, porque moi distante non estaba. Oposto porque nesa casa era onde durmía de día -a sesta-, a outra onde durmía de noite -moito dormen os avós-. Agora que xa non están nunha casa nin na noutra as dúas deberían ter a mesma definición, mais non, sempre estará a casa dos avós e a casa de “acolá”.

Conversas Ultramarinas, Lois Pereiro
Recoñezo que Lois Pereiro me defraudou nun principio, coas primeiras cartas. Agardaba máis da persoa a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas este ano. Parecíame ordinario. Anotacións cotiás, breves, sinxelas, anormal para alguén que se lle presumía -outros, non el- unha vida tan activa. Sen embargo, a medida que se van pasando páxinas, autor e obra (en realidade non é unha obra no seu conxunto, senón cartas individuais a P.) van sufrindo unha metamorfose. A súa musa vaise idealizando, afastándose da realidade pola distancia e o paso do tempo, incitándoo a querela aínda máis, a vez que comeza a formularse outras alternativas. Convértese nun ser cada vez máis analítico con todo o que sucede ao seu redor, xa sexa coas persoas que observa nos bares, xa cos fragmentos de libros que le coa presa de acadar todo o coñecemento preciso para poder sobrevivir no inferno, onde di o agarda o diaño. Xa pode ser vello!

Non é doado vivir cunha enfermidade incurable, non é doado atopar comprensión nas persoas que te rodean, amigos, familia, parella. Esa angustia está sempre latente no seu pensamento, nos seus escritos, sen embargo, afirma tamén, sentirse un privilexiado por atopar esa comprensión, pois é consciente de que non sempre pode estar para os demáis pero os demáis si estaban para el.

Ler estas cartas inspiroume a facer o propio, escribir cartas ao «estilo Lois Pereiro». É unha experiencia brutal. Debo recoñecer que cada vez me resultaba máis complexo rematar unha páxina de Cartas Ultramarinas sen realizar algunha anotación, anotacións que sempre convidan a reflexión e a desenvolvelas. Con Cartas Ultramarinas pasei máis tempo pensando que lendo, máis tempo escribindo que lendo; é o que se atopa cando o que se busca é precisamente «non pensar» en algo concreto; para non pensar nada mellor que pensar, como facía Lois Pereiro, pensar dende as cousas máis banais ate o máis extraordinario, só que, cando se mira a vida como el o facía, xa nada resulta trivial. Pensar cansa, como me dicía unha amiga, pero cansa cando soamente pensas no mesmo… e doe, doe moito cando pensas na dor.

E difícil elixir unha cita e sería inxusto para o lector copiar todas as miñas anotacións, así que vou escoller unha delas que, polo momento que me toca vivir, máis impacto me provocou (está en castelán, pero traducina ao galego):

As almas xenerosas non poden ser felices sabendo que alguén se lava as mans coas bágoas doutros, converténdose en verdugo de si mesmo e deses outros.

Non creo que mereza a pena edificar a nosa vida nun terreo falso. Hai que apostar forte a veces si, ‘e apuntar ás estrelas’, pero, ‘permitirán elas que lles apuntemos?’

Lois Pereiro, un 13 do 06 de 1995. Era martes.

A CEO censura a crítica e restrinxe a liberdade de expresión
Logo de criticar a CEO (Confederación de Empresarios de Ourense) por enésima vez polo uso continuado do castelán na súa páxina de Facebook e na súa conta de Twitter decidiron eliminar primeiro os meus comentarios, logo a conversa enteira, quizais avergonzados polo que eles mesmos afirmaban. Lamentablemente a conversa é imposible reproducila na secuencia en que se produciu.

Na súa páxina informaba da conferencia que hoxe ía dar @marcvidal na sede da CEO para falar de oportunidades de negocio nas redes sociais as sete da tarde. Como se pode apreciar, polas mensaxes recibidas no meu correo, ao mesmo tempo que esta persoa falaba de redes o “community manager” da CEO (xúrovos que escacho de risa) eliminaba unha conversa miña da páxina da CEO en Facebook, unha páxina que é publica e, polo tanto, as súas conversas públicas.

Dígolle que estaría moito mellor que editasen esta páxina en galego, pois reciben moitos cartos anualmente para normalizar a lingua galega na sociedade.

Resposta: “A Confederación non dispón de servizo de normalización lingüística e non é beneficiaria de ningún tipo de subvención da Xunta por ese concepto xa que as axudas para as actividades deses equipos remataron no ano 2009”.

Alucino! Minten! Vou a súa páxina web, a sección servizos, e alí hai un servizo que se chama “normalización lingüística” e afirman que ese servizo se presta grazas aos convenios asinados pola CEG coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. Amais, que non tivesen axudas este ano non significa que non teñan equipos de normalización lingüística, que os ten, outra cousa é que non realicen o seu traballo.

Ben, respóndolle que “… non mo creo” pois cónstame a existencia dese equipo, por unha conversa que tiven fai uns meses en facebook con un dos seus membros e que non reproduzo aquí por ser, esta si, unha conversa privada. A continuación copio e pego a ligazón na que está o servizo de “normalización lingüística”: http://www.ceo.es/pagina.aspx?p=2.9 e que agora desapareceu.

Aínda que eles borrasen de inmediato esa páxina da súa web o cache de google continúa gardándoa (ver) e para cando desapareza da memoria do buscador aquí queda gardada unha impresión de pantalla para a posterioridade.

Como poño unha ligazón da páxina da CEO, a miña fonte de información, que os deixa en evidencia o que fan é borrar ese comentario. Acto seguido, eliminan a información sobre ese servizo da súa web, e respóndenme: “Non é cuestión de crer ou non crer, basta con consultar as axudas convocadas pola Xunta ao longo do ano 2010 e poderá verificalo”.

Pero si acababa de verificalo na súa propia web e mandarlle o enderezo e ten a vergoña de pedirme que o verifique de novo!? E por riba censuran o comentario onde ligaba ese servizo! Indignado (o que sente violentada a súa dignidade, e dicir, que a ten) volvo a facer outro comentario: “Chegades a ser máis senvergoñas e non nacedes. Non so eliminades as ligazóns a vosa web: http://www.ceo.es/pagina.aspx?p=2.9 senón que agora eliminades o contido da web, onde se oferta os servizo de normalización lingüística e se especifica como se financia. Sodes uns FASCISTAS! E digo así, berrando, sabedor de que axiña o borraredes, que para iso tedes censores en nómina. Non sabedes encaixar que non tendes razón e queredes impola. Non poderedes facelo nin no meu perfil nin nas miñas páxinas e blogs. XA está ben de manter chiringuitos como a CEO a conta dos IMPOSTOS DE TODOS».

Por suposto, agardaba que o borrasen, pero non sen antes responder: “O que on se pode facer é borrar os meus comentarios ao seu antollo e moito menos ligazóns nas que se verifica o que eu afirmo. Iso é FASCISMO, iso é TOTALITARISMO, que nesta organización SOBRA! Sodes unha rede de caciques mantidos con fondos públicos…. Sen sindicatos e sen patronais a este país iríalles moito mellor porque cuentistas coma vós estarían no PARO. Borrade, borrade, borrade todo! Censores do reino!”. Non era para menos a miña indignación, tanto que se me esqueceu engadir un montón de cualificativos. E borrárono, claro. E volven a responder: “Como comprenderá a Confederación non deixa de prestar un servizo por levarlle a contraria, pode resolver un erro de actualización da súa web sen ningún tipo de mala fe pero dende logo os seus calificativos están fora de lugar  e agradeceríalle que antes de seguir facendo este tipo de comentarios verificase as afirmacións que indica sobre as subvencións que recibimos para servizos de normalización”.

Cumpre ser cínicos! Falaban para o gran público claro, non para min, a min non me enganaban e xa llelo demostrara. Pouco máis se pode engadir… ou non.

Non contentes con eliminar os meus comentarios remataron por eliminar os seus propios, retirando  a cita sobre a conferencia de Marc Vidal. Logo puxen outro comentario noutra cita e borrárono outra vez e logo retíranme o permiso de publicar no seu blog. Comezo a mandar mensaxes ao seu Twitter,… e fan o mesmo.

Censuran e silencian a crítica. Restrinxen o uso da lingua galega e a liberdade de quen a defende. Esa é a caste de empresarios que ten este país atrasado? Acoden as redes sociais a que? Aínda non comprenderon que na sociedade das TIC todos temos oportunidade de falar, nuns ou noutros foros? Aínda non se decataron que xa non se pode amordazar a ninguén? Atrasados están… e con eles todos, que llelo permitimos.

A lingua galega abre túneles dixitais ante o acoso da Xunta de Galicia
Hoxe produciuse un feito que me trouxo a memoria un artigo que lin fai meses: Túnels digitals a Gaza, cando bloggers e twitters palestinos fixeron saber ao mundo a traxedia que estaban sufrindo por parte do exercito israelita. Eles, personaxes anónimas convertéronse nos ollos do mundo, tanto que, os propios medios internacionais recorrían a eles para complementar información e non aos seus enviados especiais na zona.

Por suposto, o castigo infrinxido ao pobo palestino polo goberno sionista non ten comparanza coa situación que vive Galiza, si acaso, no acoso dos que se consideran unha raza superior, un acoso que se trasladan a tódolos nosos sinais de identidade nacional e, especialmente a lingua.

Hoxe os twitteiros galegos demos un berro, pero haberá máis, e fixémoslle saber ao mundo que nun recuncho de Europa se está producindo un xenocidio lingüístico. Centos de twitteiros utilizamos durante unha hora o hashtag #galega coa intención de convertelo no primeiro tema de conversa de twitter … e así foi.

Ocupar esa posición provocou que diversos medios de comunicación se interesasen pola iniciativa, e incluso participasen dela. É o poder das redes sociais, cada vez menos discutido. Agora son as masas as que teñen a forza de mover aos medios, non ao revés,… aínda que queden casos. Esta forza é a que moverá o mundo futuro, non sei si ate o punto de afirmar que a revolución será twiteada pero, exemplos disto xa os puidemos ver: as elección de Irán en xuño de 2009. Só un pucheirado privou a oposición de acabar co mandato de Mahdmu Ahmadineyad.

Twitter é unha ferramenta que pode equilibrar forzas entre as diferentes opcións políticas, pola súa capacidade comunicativa e a rapidez con que o fai. Un bo uso desta utilidade será o que decida os mandatarios do noso futuro máis próximo.

Imponse a lei do silencio
Hoxe é un día triste para moitos galegos: cerra Vieiros, maña faino Chuza! (evito por ligazóns que en horas quedarían rotas), hai semanas forase GZNación. A prensa e redes sociais que publica íntegramente en galego está desaparecendo mentres as que o fan en castelán reciben axudas polo fomento do galego. Inexplicable.

É un problema de audiencias? Non existe demanda para estes medios? Dubido que ese sexa o problema, cando menos o único problema. Existe una presión enorme polas institucións públicas gobernadas polo PP para silenciar estes medios, os únicos que realmente aportan algo a normalización da nosa lingua. Ese é o verdadeiro problema. Existe una enorme presión por parte das institucións gobernadas polo PSOE e BNG –este especialmente- por influir na edición destes medios. Ese é o verdadeiro problema, a eterna politización dos medios de comunicación. Todos queren o seu para aportar axudas.

A vindeira semana seremos miles de galegos os que nos veremos silenciados ao non contar coas plataformas de difusión habituais para nos expresar. Imponse a lei do silencio. Imponse o ‘peche é voadura’ da libre expresión en galego.

E o Conselleiro de Cultura que ten que dicir? Sairán ao rescate dos medios que editan en Galego? Deixarannos desaprecer sen máis? Haberá dimisións? Reunirase hoxe o Consello da Xunta de Galicia de urxencia para analizar a situación? Ou, nin iso?

Temos un problema, por Roi Xordo en xGaliza

Que imos facer con tanta beleza?
Galiza<object style="margin:0px" classid="clsid:d27cdb6e-ae6d-11cf-96b8-444553540000" width="425" height="355" codebase="http://download.macromedia.com/pub/shockwave/cabs/flash/swflash.cab#version=6,0,40,0"><param name="allowFullScreen" value="true" /><param name="allowScriptAccess" value="always" /><param name="src" value="http://static.slidesharecdn.com/swf/ssplayer2.swf?doc=galiza-090617181030-phpapp02&stripped_title=galiza-1600285" /><param name="allowfullscreen" value="true" /><embed style="margin:0px" type="application/x-shockwave-flash" width="425" height="355" src="http://static.slidesharecdn.com/swf/ssplayer2.swf?doc=galiza-090617181030-phpapp02&stripped_title=galiza-1600285" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true"></embed></object>

View more OpenOffice presentations from Xosse Dorrío.

Europa e a lingua
Vimos de vivir unha xornada de exaltación da lingua, no día das Letras Galegas, na que o pobo galego manifestou os seus desexos de igualdade de dereitos para a lingua galega fronte o apartheih que promove o actual goberno dende a Xunta. Agora é o momento de pasar do dito ó feito e pórse a defender a lingua dende unha institución, a europea, que ten feito polas linguas das pequenas nacións, como a nosa, máis que o propio estado ó que pertencemos.

A futura Unión Europea composta polos vintesete Estados membros, os países candidatos (Croacia, Turquía,…) e a comunidade turcochipriota forman unha colectividade de máis de trescentas rexións, con sesenta comunidades lingüísticas e uns corenta millóns de falantes das preto de corenta linguas consideradas rexionais ou minoritarias. Na actualidade  son vintetrés as linguas oficiais máis a Unión Europea aplica os principios de diversidade lingüística e de non discriminación por razón de lingua (artigos 21 e 22 da Carta dos Dereitos Fundamentais da UE) non só a estas senón tamén as linguas rexionais ou minoritarias faladas por diversos grupos de poboación, permitindo o seu uso nas institucións europeas, feito que ata hoxe se nos ten negado nas institucións españolas.

Tamén é certo que todos estes datos apuntan a unha dobre problemática. Por un lado, subliñan a necesidade de considerar a diversidade cultural que atesoura Europa. A UE non se pode converter nunha nova ferramenta de imposición cultural sobre as minorías. Polo tanto, será necesario crear os instrumentos precisos para respectar esta realidade e permitir que se manifeste tamén no enramado institucional europeo. Neste sentido, por exemplo, é imprescindible que tódalas linguas recoñecidas como oficiais nalgún territorio dos países membros poidan ser tamén lingua oficial da UE, para que as dimensións dos países non xeren inxustizas, e posiblemente tamén sería necesario reformar o Consello das Rexións, actualmente cun papel moi secundario.

Por outro lado, hai que garantir a eficiencia das institucións que non se poden ver paralizadas pola variedade lingüística europea. Unha posible solución podería consistir en distinguir entre linguas oficiais e linguas de traballo, e limitar moito estas últimas. Hai quen propuxo que soamente se recoñezan seis linguas de traballo, das cales dúas poderían ser romances, dúas saxonas e dúas eslavas.

Forma parte da política da UE protexer e fomentar o respecto, a apertura e a tolerancia cultural e lingüística. Conforme o Tratado de Lisboa, asinado en decembro de 2007, a UE debe respectar a riqueza da súa diversidade cultural e lingüística e velar pola conservación e o desenrolo do patrimonio cultural europeo. Para que a Unión Europea non se converta nun crisol redutor das diferencias, senón un espazo que aprecie a diversidade como fonte de riqueza é preciso que as forzas políticas minoritarias máis identificadas con estas culturas, as forzas nacionalistas, gañen máis representatividade na eurocámara para frear iniciativas como a recentemente presentada polo PP na que lle pedía ós Estados membros da Unión Europea que garantisen o dereito dos pais a escoller a lingua na que se educa ós seus fillos.

Recruase a loita entre relativismo e universalismo cultural en Galiza
O postulado esencial que sostén o relativismo lingüístico é que a lingua inflúe de xeito decisivo no pensamento e que consecuentemente a nosa visión do mundo encontrase configurada pola lingua que falamos. A lingua é, para os relativistas, un elemento fundamental que permite diferenciar as distintas culturas e comunidades humanas. É o galego, a nosa lingua, a que nos fai ser tamén diferentes politicamente.

Este feito non é ignorado polos máis radicais defensores do universalismo, entre eles os actuais dirixentes do Partido Popular. Son eles quen baixo o pretexto da existencia de valores, xuízos morais e comportamentos con un valor común e absoluto para toda a humanidade, xustifican a dominación dunhas linguas sobre outras. Dende o PP non buscan erradicar a lingua galega, senón o pensamento diferenciador que xorde na nosa sociedade como comunidade lingüisticamente diferenciada.

Alguén é capaz de imaxinar un nacionalismo galego sen lingua galega? A singradura dun e outro van parellos… e os resultados electorais me remito.

Lectura recomendada: Sobre relativismo cultural e universalismo ético en torno as ideas de Ernesto Garzón Valdés, por Luis Villoro.

James Joyce e a lingua
- É francés o que vostede fala, señor? -dixo a vella a Haines.

Haines faloulle de novo, extensa e confidencialmente.

-Irlandés -dixo Buck Mulligan-. Ten vostede algo de gaélico?

- Pareceume irlandés pola súa pronunciación -contestou ela-. É vostede do Oeste, señor?

- Son inglés.

- El é inglés -dixo Buck Mulligan- e pensa que en Irlanda deberíamos falar irlandés.

- Seguro que si -dixo a vella- e avergoñome de non falalo. Os que saben dixeronme que é unha grande lingua.

- Grande non é o nome que hai que darlle -dixo Buck Mulligan-. É decididamente maravillosa…

ULISES

O Padre Sarmiento e a lingua
O catedrático non ha deixar pasar un día sen adquirir unha nova voz galega ou de viva voz ou por escrito, para aumentar o onomástico galego. En segundo lugar, cada discipulo debe telo encargo de concorrer cada día con media ducia de voces galegas das que sente, xa de cousas naturais, xa de cousas artificiais. Antes era delito que un estudante galego soltase unha voz galega… Iso no meu sistema ha de ser moi loable.

En Santiago hai confesores lenguaraces (intérpretes) que saben linguas estranxeiras para confesa-los peregrinos (pero non os hai que confesen en galego). Xa é hora de acabar co absurdo e desatinado de admitir en Galicia por cregos uns lambóns que nin son galegos nin saben unha palabra desa lingua (…). Este asunto é de moita substancia e pide pronto remedio ou en sínodo ou en concilio. Se os veciños dun lugar se arrepoñen para non admitir por cura de almas o aventureiro que non é galego nin sabe esa lingua con perfección, non habería tanta broza en Galicia de curas aventureiros.

O que digo do cura que non entende a lingua dos seus fregueses e dos fregueses que non entenden a lingua do seu cura, poderá aplicarse a outros moitos que teñen que tratar con galegos rústicos sen entenderen ben a súa lingua… Uns e outros (deberán aterse) ós inviolables e loables  costumes do país, pois un costume establecido inmemorial e que non é malo, ten tanta forza coma unha lei extemporanea e transitoria, e tódolos que non saben nin a lingua galega nin os costumes respectivos son ineptos para os ditos empregos.