#mOendo do Revés » mass media
O factor visible da invisibilidade na estatística
Hai un factor que me fai dubidar dos resultados dos enquisas que se publican en diferentes medios, o xeito en que se realiza: sondaxe telefónica.
As eleccións de 1936 ou 1948 son unha proba tanxible do que acabo de afirmar. En 1936 deuse un fracaso ben soado por parte dunha revista lendaria, a Literary Digest, agora desauciada, na que se realizara unha entrevista entre os seus subscritores e persoas posuidoras de teléfono. Segundo a sondaxe Landon acadaría 370 representantes e Roosevelt 161. Gañou o último.
Que pasou? Poi que os subscritores a revistas e persoas que posuísen unha liña telefónica naquel tempo formaban un grupo especial, economicamente, e pouco representativo da sociedade do seu tempo. Pero houbo máis erros. En 1948 a enquisa de opinión realizada por Gallup (reforzada por outras sondaxes como as da Axencia Roper) para as eleccións dese ano, cometeu un erro estatístico que acadou gran difusión, ao outorgar a vitoria de entre 5 e 15 puntos porcentuais de Dewey sobre Truman. Gañou este último.
O erro foi debido, segundo Gallup, a que se deixaron de recoller datos tres semanas antes do día da votación. No Reino Unido, as sondaxes fallaron ao prognosticar as vitorias electorais dos conservadores en 1970 e 1992, e a vitoria dos laboristas en 1974. En España erraron tamén coa vitoria de Mariano Rajoy no 2004. Neste caso tamén debido aos sucesos anteriores á xornada de votación.
É moi probable que a enquisa realizada por Filipe Díez no seu blog, enredando, de ao traste coas ilusións dos seus lectores maioritarios e ao final o BNG non acade unha maioría absoluta no Estado español. Porque? Doado, os lectores do seu blog tampouco son representativos do conxunto do Estado. Pero o mesmo pode dicirse doutras sondaxes realizadas a través da rede por diversos xornais ou plataformas. Significa iso que non son válidas? Claro que non, o que non son é extrapolables, como tampouco o pode ser, penso, unha sondaxe realizada a través dun teléfono publicadas nos xornais, baixo seu encargo.
O cliente sempre ten a razón… e hai que darlla. Non ía ser menos neste tipo de negocios. As mostras actuais, aleatorias, son realizadas telefonicamente e a un teléfono fixo, para verificar a que circunscrición se está chamando. Sen embargo, a mobilidade dos novos aparellos telefónicos foi crecendo ano a ano e lévanos a abandonar os vellos, agora arrombados na casa, mentres nós nos movemos co móbil no peto polas rúas. A última sondaxe que lin, de Sigma Dos, dicía que fora realizada telefonicamente entre 7800 persoas.
Tampouco estaría de máis coñecer datos relevantes desas persoas sobre as que se realizan as sondaxes: autónomo, empresario/a, traballador/ra por conta allea, desempregado/a, estudante, pensionista, xubilado/a, idade, xénero,… ou, por exemplo, a que tipo de teléfono ao que se chama. Son esas pequenas cousas invisibles que non sempre aparecen reflectidas. Por iso me custa tanto crer que se poida dar cun grupo representativo, por máis extenso que sexa, da sociedade ao carón dun teléfono fixo, nun xornal ou nun blog. Pois quen lle pregunta ás persoas que están nun aeroporto, nun tren, nun autobús, camiñando pola rúa ou simplemente sentado no banco dun parque un día calquera como si fose un luns ao sol? Non se lles pregunta, abofé, pero tense en conta nos laboratorios de estatística.
E debería facerse, sobre todo nestes tempos de crise, nos que millón e medio de fogares non contan con ingreso algún, o que obriga a moitas familias a eliminar gastos como o teléfono, e de ser este o elixido antes se prescindiría do fixo que do móbil, pola cantidade de funcionalidades que nos ofrece: axenda, directorios, cámara de fotos, reprodutor de música, internet,… Internet! O outro factor invisible que se atopa entre as persoas que usan as TIC para comunicarse e non son tidas en conta polas sondaxes, que continúan usando os mesmos criterios e procedementos dende fai décadas. Aí está o crecemento na venda de smartphones, tabletas, portátiles,… instrumentos visibles das redes que se tecen no ciberespacio, cada día máis real que imaxinado, cada día máis decisivo. As sondaxes ignoran as persoas que utilizan este medio de comunicación, ignoran os fluxos de información e opinión que crean, opinión tamén sobre o voto. Isto faime aventurar para o 20N outro cisco semellante ao de Literary Digest ou Gallup… ou quizais sexa un desexo.
Mitins, bandeirolas e hooligans ardentes
Asistín a moitos mitins na miña vida e víame sempre rodeado de argaos, de xente que non escoitaba, berraba cando se lles pedía que o fixeran, ou instintivamente cando se ventaban valores identitarios, ou calaban ao falar de conceptos políticos, económicos, mesmo filosóficos que nos afectan.
Coches pola rúa rebentando oídos aos viandantes, cartaces arrincados polas treboadas enchendo de lixo parques, xardíns, cunetas. Programas de partidos políticos enchendo os baldes do lixo, baleiros de contido ideolóxico, prometendo o que non fixeron cando tiveron a oportunidade de gobernar. Titulares de prensa que se converten en argueiros que penetran polos ollos deica os cerebros menos esixentes, frases impactantes para acochar ante os mass media a ausencia de proxectos reais e activar instintos primarios, como a paixón, no votante e desactivar aqueles outros que nos converteron no que nos define como animais: a razón. Seres pensantes, seres críticos.
Iso é unha campaña política na actualidade: a mala praxe no uso da mensaxe, dirixida integramente ás emocións humanas, esquivando a razón; a utilización dunha imaxe falsa, finxida, para chegar cunha mirada ao que o «votante medio» considera «candidato normal» logo de anos e anos perfilando esa imaxe na mente humana: traxes caros, garabatas, postas en escena milimetricamente estudas, con predominio masculino (imaxe de fortaleza) sobre o feminino (debilidade),… aínda con esas, espremendo o zume dunha educación patriarcal. O importante é sacar o máximo proveito a eses minutos, quizais segundos, de televisión para enganar ao espectador que ignora como todo iso se logra: a punta de pistola.
Os locais onde se imparten charlas ou mitins énchense recrutando concello a concello ás persoas, como si fosen ovellas para unha feira de animais. Lembro cando sendo Responsable Local do BNG de Xunqueira de Ambía me chamaba o Responsable Comarcal, hoxe candidato do BNG ao Congreso polo Senado, para dicirme cantas persoas debían acudir a cada acto: trae como mínimo a dez, dicía. Non é preciso moita imaxinación para saber que en cada mitin que dan neste ou noutro partido os candidatos chegan co seu séquito ao lugar elixido cunha ducia ou centos de persoas. Crean un teatriño no que cada quen cumpre co seu papel, incluídos os pseudoespectadores, para chegar a vostede, que está na súa casa fronte a un televisor e descoñece estas tropelías maliciosamente argalladas.
Non lles contarán a xente, a ese conxunto de persoas ás que lle estafan o voto, a verdade do que levan feito, moito menos do que farán no futuro. Soamente lle ensinarán a mensaxe que exalta os seus sentimentos, a imaxe da resposta dunha multitude embebida no cinismo político que nos abrangue e espallan os que se din nosos representantes, escoitaremos e leremos as acusacións mutuas de corrupción, normalizándoas socialmente -a propia, claro-, provocando medo social ao que ven (máis paro, máis terrorismo, máis desaucios, máis pobreza,… tamén máis contaminación, pero isto non o din) si o outro goberna, sen ofertar alternativa algunha,… pero nada, nada de política, nada de solucións reais aos problemas que nos afectan: a crise financeira, o desemprego, os desaucios, a perda continuada de dereitos persoais, vencellados ao estado de benestar, e laborais e por suposto a contaminación do noso contorno que nos obriga a respirar un aire contaminado, beber de augas sucias, comer alimentos envelenados… A humanidade actual parece non preocuparlle a supervivencia da civilización creada durante milleiros de anos. Estamos dando, irremediablemente, un paso atrás no proceso evolutivo da nosa especie.
Outubro… longo outubro
E aínda non rematou. E xa agroman os toxos nos montes negros, verdes e tenros os toxos, cincentos os montes. Aínda non comezara este mes cando se puxo a andar a idea de constituír a Asociación de Vítimas do Caciquismo. Aos medios pareceu interesarlles a nova… máis ou menos. En setembro solicitouse o Salón de Actos da Deputación de Ourense e ante a negativa desta a cedérnolo decidín comunicarllo a un medio que non dubidaría en facer deste feito unha noticia de interese nacional: La Voz de Rogelio. Así lle chaman por estas terras á delegación do xornal coruñés en Ourense. Darían conta da nova simplemente para atacar por enésima vez ao baltarismo, coma sempre sen deixar tocado ao feijooismo. Este pensamento quedou corroborado cando poucos días máis tarde, logo dunha nova negativa a outra solicitude realizada en nome da AVC, desta vez do Salón de Actos de Caixa Ourense (paso de utilizar nomes de usar e tirar), tamén propiedade da cidadanía. É comprensible. As caixas gastan moitos cartos dos aforradores en publicidade neste (e outros) xornal e o dono deste xornal (el non protesta), en concreto, está endebedado ate as cellas co que quede das caixas galegas, agardando que entre tanto cambio de personalidade e nomes se perdan as anotacións das débedas. O caso foi que da negativa da Deputación de Ourense convertérona nunha nova de nivel nacional e a segunda negativa foi ocultada, cousa que non só non me sorprende, senón que agardaba. O que non agardaba, quizais, foi todo o rebumbio inicial ao que se prestaron tódolos medios de Santiago Rey para acosar -que acusar xa o facía eu- a Baltar: prensa, radio e televisión.
Outros medios como El País, a priori interesados neste movemento cívico, decidiron non dicir nada, en tanto que dende a AVC tamén se denuncian irregularidades noutras administracións gobernadas por partidos «amigos». Ou iso ou, simplemente, non encaixaba coa súa liña editorial. Tanto dá, agora trato de analizar canto deu de si a goma mediática. A medios como La Región nin me molestei en enviarlle nada.
Outros medios, galegos e en galego, tamén fixeron que a AVC fose noticia: Galicia Confidencial e Radiofusión, aos cales lle estou enormemente agradecido. En Galicia Confidencial tamén asinei algún artigo de opinión sobre o caciquismo. Aquí si houbo total liberdade de expresión, sen cortes, sen ocultar información,… do mesmo xeito que eu sempre fixen, facendo chegar novas a diferentes medios. Logo cada quen dálle a relevancia que lle parece, sempre, entendo, según os propios intereses. O exemplo máis claro sobre isto é o do Grupo Voz, ao observar como tratan a mesma noticia (negación dun salón de actos) cando os suxeitos son diferentes (nun caso a Deputación de Baltar, no outro a caixasenfondosnova). Dende o Grupo Voz non dan fe das cacicadas de Rogelio Martínez, argalladas na escuridade da trama mafiosa que pretende derrubar o baltarismo, que non é menos, para o cal decidiron combater coas mesmas armas: favor para uns, discriminación para outros. Afortunadamente sempre nos quedarán recunchos coma este nos que poder dicir o que nos pareza e chegar ate as persoas que non se conforman coa realidade que lle pintan os medios de comunicación.
Ensino: Apagamento informativo da TVG
A televisión de Feijóo non se diferenza moito daquela que Fraga dirixía dende as sombras… ou Touriño dende os cantís de Ponte Pío. É una práctica habitual de tódolos gobernos, tampouco é cuestión de sinalar agora a una única cor política. Dicir que todos son iguais non é esaxerado nin demagóxico. É un feito probado.
En La Región: «Pais e alumnos do Ben-Cho-Shey de Pereiro de Aguiar concéntranse ante Educación con pupitres na Rúa»; no Faro de Vigo: «Alumnos do Ben Cho Shey montan unha escola na rúa contra a supresión dunha aula»; no xOrnal: «Os pais dos alumnos do Ben-Cho-Shey sacan os pupitres á rúa»; en El Correo Gallego: «O curso comeza con rozamentos entre a ensino público e o privado»; en El País: «Educación cerra aulas públicas por falta de orzamento»; mentres, en La Voz de Galicia, gran beneficiada da Xunta de Feijóo, só amosa o cabezallo da noticia, acochado no máis fondo da sección de Ourense do xornal, on di: «Clase improvisada na Rúa”. Na súa televisión -V- si lle dedica uns segundos: «Pais e nenos, a rúa». Nembargantes, a televisión que se financia cos impostos de tódolos galegos non dá nin un chío…
Xa foi noticia
Esta semana produciuse unha situación que fixo que valorase aínda máis a este medio que é internet e que nos abre cada día unha fiestra a realidade, realidade que antes nos daban debuxada os medios de comunicación. Agora calquera de nós somos un medio de comunicación; cun blog persoal e a combinación deste coas redes sociais e os avanzados sistemas de mensaxería podemos chegar a máis destinatarios que co clásico, caduco e pouco fiable xornal de papel. Aínda así, será romanticismo, precisamos que as noticias que elaboramos rematen nese medio, como si neles se atopase a fonte da credibilidade. Non tal…
A denuncia que asinaba fai uns días neste blog mandeina a varios medios de comunicación galegos, tal e como se recolle aquí. Chegou a tódolos destinatarios aos que directa e indirectamente me podía dirixir, circulando por e-mail e as redes sociais. Estaba asinada con nome e apelidos e achégase unha proba do que afirmo, a foto roubada, e aínda así ningún mas media estimou que iso debería ter cabida no seu medio. Non me sorprende, pois creo coñecer como funcionan os medios tradicionais, por iso afirmo que están caducos e son pouco fiables.
Fai unhas semanas diferentes xornais publicaban nas súas edicións de Ourense unha noticia que tiña como orixe unha denuncia anónima. Non daba creto! Como é posible iso si logo ignoran a quen asina co seu nome e apelidos? Ten unha explicación… ou varias: a entidade denunciada, a cor política das persoas involucradas, o investimento en publicidade que faga a entidade, etc.
O peso da entidade na sociedade na que radica é importante e, sobre todo imaxe da que goza, a relación cos demais axentes sociais e importancia dos mesmos. Denunciar a unha institución como a CEO que reúne aos empresarios de Ourense, que logo insiren os seus anuncios nos xornais (tamén a propia CEO: estes días podedes ver un anuncio que ocupa toda a páxina do xornal local), é moi arriscado. Os medios tradicionais mantén o negocio por diante da información polo cal, amais de caducos e pouco fiables podemos engadir que son inservibles para acadar a súa finalidade que non é outra que a de informar. Parece máis que se adicasen a desinformar …
Así o entendín polo mes de xaneiro, cando varios medios publicaban nos seus soportes a nova de que “Traballo investirá 6,3 millóns de euros na contratación de 288 axentes de emprego”. Parecía un regalo de Reis, pois o anuncio fora feito nesa xornada de Nadal. Hoxe, máis de nove meses despois o DOG pariu a convocatoria. Por suposto, volve a ser noticia no portal da Xunta de Galicia e, como non, atopara un oco nos medios de desinformación. Logo pasará a situación de baixa por “maternidade” (prazo de solicitudes, reclamacións, publicación,…) e, con sorte, un ano despois de ser anunciado farase efectivo aquel anuncio… como, por certo, xa sucedía tódolos anos. Logo, onde está a noticia?
Ah! que se me esquecía, agora non serán 288 axentes como se afirmaba daquela, senón 260, e sen mudar o orzamento. Botaran mal as contas tal e como denunciaba eu no meu blog. Un acerto casual… que obriga a rebaixar o número de contratacións (28) no lugar de subir o orzamento.
Imponse a lei do silencio
Hoxe é un día triste para moitos galegos: cerra Vieiros, maña faino Chuza! (evito por ligazóns que en horas quedarían rotas), hai semanas forase GZNación. A prensa e redes sociais que publica íntegramente en galego está desaparecendo mentres as que o fan en castelán reciben axudas polo fomento do galego. Inexplicable.
É un problema de audiencias? Non existe demanda para estes medios? Dubido que ese sexa o problema, cando menos o único problema. Existe una presión enorme polas institucións públicas gobernadas polo PP para silenciar estes medios, os únicos que realmente aportan algo a normalización da nosa lingua. Ese é o verdadeiro problema. Existe una enorme presión por parte das institucións gobernadas polo PSOE e BNG –este especialmente- por influir na edición destes medios. Ese é o verdadeiro problema, a eterna politización dos medios de comunicación. Todos queren o seu para aportar axudas.
A vindeira semana seremos miles de galegos os que nos veremos silenciados ao non contar coas plataformas de difusión habituais para nos expresar. Imponse a lei do silencio. Imponse o ‘peche é voadura’ da libre expresión en galego.
E o Conselleiro de Cultura que ten que dicir? Sairán ao rescate dos medios que editan en Galego? Deixarannos desaprecer sen máis? Haberá dimisións? Reunirase hoxe o Consello da Xunta de Galicia de urxencia para analizar a situación? Ou, nin iso?
Temos un problema, por Roi Xordo en xGaliza
Cando a información é incompleta e tendenciosa, é falsa.
Hoxe o diario El País volve a referirse a unhas canteiras, desta vez no Concello de Toén. A noticia é que o Alcalde deste Concello legaliza as canteiras que dende fai 10 anos extraen pedra dos seus montes. A noticia debería terse producido moito antes, precisamente pola permisividade desa actividade sen licencias, sen permisos, sen estudios de impacto, polas protestas dos veciños, etc., pero non. É noticia agora que se legalizan, quizais para por fin a esa situación de ilicitude, pero é noticia sobre todo porque o máis beneficiado sexa outro Alcalde do PP, José Luis Gavilanes Losada, de Xunqueira de Ambía.
Que insinúa a xornalista? Que si non fose o dono do PP seguiría explotándose eses recursos naturais de xeito ilegal, sen pagar impostos como todo contribuínte, sen respectar ao medio ambiente ou os dereitos dos veciños? Quizais quere dicir que se lle permitiron todas esas prácticas ilícitas durante 10 anos por ser un Alcalde do mesmo partido? Porque durante 10 anos ninguén dixo nada  e si agora que se pretende porlle fin? Moitas interrogantes sen resolver. Quizais se respondan na seguinte entrega de Cristina Huete.
Non é a primeira vez que critico a xornalista de El País por unha conduta semellante. Hai máis de dous anos falaba de lastres, ataduras e hipotecas,…  onde a crítica viña porque se daba unha información bastante tendenciosa en referencia as canteiras ilegais de Xunqueira de Ambía, ocultando a responsabilidade que certas persoas do seu entorno político tiñan na trama.
Agora, neste artigo, Cristina Huete volve a referirse a querela que a fiscalía presentou contra os responsables das canteiras de Xunqueira de Ambía, aos que non nomea directamente, e si reitera a vinculación que o Alcalde do Concello ten coas as mesmas segundo un informe da Policía Xudicial. Non vou ser eu quen saía en defensa deste depredador mais, si tal informe demostrase tal vinculación o Alcalde estaría entre os querelados. É máis, si tal informe puidese probar o que Cristina Huete afirma a querela non estaría na actualidade en situación de sobresemento provisional –a instancia do propio Ministerio Fiscal!-, tal e como denunciei neste blog hai unhas semanas. Como se pode facer referencia a unha querela do ano 2007 sen sequera pasar polos xulgados a preguntar en que estado se atopa? Ou, si o sabe, o que quere a xornalista é agochalo? Máis dúbidas…
Preguntas sen respostas
A recorrente escusa da Voz como causa da desfeita nacionalista do 1Marzo só está servindo para crear un mostrou de dúas cabezas, unha (Santiago Rey, o dono do xornal) ó atribuírlle a alguén un mérito que non lle corresponde e, outra, ó permitir, a súa vez, que os verdadeiros culpables consigan zafarse das súas responsabilidades.
É unha dúbida que veño sementando en diversos foros nos que se insidia (ou catapulta, segundo o punto de vista) asiduamente este xornal. Aínda non hai resposta, máis non desespero.
Preguntaba a Antón Bahamonde, hai uns días na súa trincheira, que influencia cría que tivo a RTVG (por non falar de TVE, La Sexta, CNN+, Cuatro, Xornal, Vieiros, El País, Público, e algún outro máis) nas pasadas eleccións galegas?
Non se pode dicir que estes medios se mantivesen ó marxe da disputa política, nin negar a súa influencia nun importante sector da poboación. Aínda non vimos análises rigorosas, con queixiños de cores, ó respecto. Nin virán. Non o fará porque quen si realizou eses estudos para demostrar a influencia de La Voz, probablemente non pretende outra cousa máis que manipular. Un exemplo, o post de Calidonia: de como un xornal bota abaixo un goberno. Onte, ó fío desta chuzada volvín a preguntarme o mesmo: onde están as comparativas de audiencias da TVG, RG, El País,… cos votos do PSOE e BNG? Alguén se cre que estes outros medios foron, son ou serán neutrais? De verdade, alguén se cre que exista un medio que ‘decide’ pola súa audiencia e que os outros non o fan pola súa?
No fondo, a cousa funciona así: como gañou o PP vinculamos a súa vitoria coa información e influencia da Voz. Si fose ó revés dende a dereita estarían acusando a televisión pública de estar manipulada, que o estaba, vaia si o estaba, e os medios privados -Vieiros, Xornal, El País, Público,…- de orquestrar unha campaña sucia contra o PP. O conto é vello.
matemos ó mensaxeiro!
Acabo de recibir unha mensaxe SMS que parecía chegar do mesmo inferno (tiña tantos «seises» -todos- que pensei que o diaño en persoa se dirixía min…).  Confeso que dubidei en abrila ou borrala directamente… pero puídome a tentación.  A mensaxe era do entorno nacionalista e chamábame a boicoter o diario «La Voz de Galicia» polos ataques realizados contra o BNG.
Poucos minutos máis tarde chégame outro dun compañeiro que empeza así «Faille un favor a túa saude…». Primeiro crin que era o médico. Pensei -a que me quita o licor-café-. Sigo lendo «… e non merques La Voz de Galicia».
Como me considero unha persoa coherente pensei en como reaccionaría si isto mesmo o fixese outro partido e, entón, deime conta que non facía falla que o pensase, xa o tiña escrito neste post: léos todos !!. Estaba entón o PP de boicot contra o grupo PRISA e, asegúrovolo, xamais pensei que no meu partido alguén acabaría caendo tan baixo.
Independentemente que estemos dacordo ou non coas opinións ou informacións vertidas nun determinado medio de comunicación non temos dereito algún a chamar a simpatizantes ou militantes a boicotear ese medio. Calquer simpatizante, militante ou votante do BNG está no seu dereito a recibir información de tódalos medios, de cantos máis medios mellor.
Si o BNG considera que La Voz de Galicia mente para causarlle un perxuicio, a que espera para acudir ós xulgados? O problema está na posible veracidade das informacións, claro. Si é certo pouco se pode ir pintar a un xulgado… Non hai noticias polo de agora de denuncia algunha.
Por último, non vou deixar pasar a oportunidade de criticar ós «estratexas» do BNG por abrir unha guerra mediatica en pleno periodo electoral; xa advertira antes que non me parecía unha medida moi intelixente. Menos mal… que noutros lados cocen fabas!
Léos todos !!
Un dos maiores logros da democracia é a libertade de expresión. Trátase dun dereito fundamental, un piar básico en toda sociedade civilizada. A postura adoptada polo PP de boicotear o grupo PRISA, ademais de lesionar a libertade de expresión, supón tamén un ataque contra a libertade de empresa, un dos principios máis defendidos polo PP. Non é a primeira vez que sucede. O primeiro que o fixo  foi Aznar nada máis chegar ó poder ó tentar debilitar ó grupo PRISA a golpe de decreto -cando o fútbol se converteu nalgo de interés xeral- ou o potente grupo mediático que se pretendeu crear baixo  a sombra de Telefónica -recórdese a entrevista censurada de José Mª García- auspiciado polo denominado Sindicato do Crimen.
O PP deixou claro que a única libertade que respeta é a súa: a única opinión válida é  a que trasmiten os seus medios afíns; os únicos empresarios que poden falar de política son os que lle son leais -véxase Endesa-: a libertade de empresa é aceptable só cando serve ós seus intereses; etc. etc. Pero sobre todo, a decisión tomada polos dirixentes actuais do PP é unha medida que os inhabilitan para gobernar un estado democrático porque qué se pode esperar dun partido que estando na oposición toma semellantes resolucións? Qué non faría estando no poder?