#mOendo do Revés » PP
Golpe de Estado dos mercados
Sen blindados na rúa, sen revolta social, sen covardes fuxindo do país, sen declaracións reais, sen condenas internacionais. O golpe de estado perfecto: o dos mercados.
O 2 de Setembro será unha data para lembrar, tanto que debería celebrarse nela o día da Nova Constitución. Entramos pois nunha nova ditadura: a dos mercados.
Os mercados son ese ente difuso ao que non se lle atopa flanco definido polo que atacar, están por todas partes, son todas partes. Son eles, somos nós. Como atacarnos a nós mesmos? Mellor deixalo estar. Os mercados non son de aquí ao tempo que si son de aquí e de alá. Como imos atacar aos de aquí? Mellor quedar quietos. É un bo invento iso dos mercados, agora o inimigo do que defendernos é o mesmo que nos dá de comer, o que nos emprega, o que inviste en nós, o que nos vende produtos, o que leva a plusvalía do noso esforzo, non para a metrópole (España, único inimigo aos ollos do nacionalismo pailán) senón para os seus países de orixe e paraísos fiscais, dende os cales non reinvestirán nada en servizos sociais nin en infraestruturas para o noso pobo colonizado.
Viva o Mercado! Viva España! Viva o Rei!
Existe unha trama para a contratación de persoal con fondos públicos?
Veño de presentar dúas denuncias por enchufismo, unha ante a Fiscalía de Ourense e outra ante a Delegación Territorial da Xunta de Galicia, entidades as que solicito. A primeira:
Que se acheguen os feitos presentados á denuncia presentada polo PSOE ante esta fiscalía por “enchufar” a máis de 200 persoas, segundo leo nunha noticia publicada en El País o 10/06/2010
Que se revisen os procedementos e procesos levados a cabo polo SGC, especialmente, os procesos de selección de traballadores vencellados a subvencións públicas (orientadores, axentes de emprego, psicólogos,…).
Que se investigue a falta de transparencia nas ofertas de emprego deste postos de traballo, suxeitos as axudas públicas, a maioría das cales, nunca son feitos públicos (en ningún medio, nin na páxina web do SGC, onde si se “colgan” outras ofertas), non permitindo subscribirse a elas e pasando desapercibidas para os buscadores de emprego.
Que se investigue si as valoracións feitas dos méritos curriculares dos candidatos, nos diferentes procesos de selección, son reais ou ben están adulteradas, xa que os candidatos, limitados pola lei de protección de datos, non podemos verificar a autenticidade dos méritos alegados.
A Delegación Territorial de Ourense solicítolle que:
Que se revisen todos os procesos de selección de persoal do Servizo Público de Emprego.
Que se revisen, especialmente, os procesos de selección de traballadores vencellados a subvencións públicas.
Que exista máis transparencia nas ofertas de emprego, a maioría das cales, sobre todo relacionadas cos empregos subvencionados con fondos públicos, nunca son publicadas (en ningún medio, nin na páxina web) e non permiten subscribirse a elas.
Que sexa obrigatorio para participar nestes procesos dar autorización de acceso ao CV persoal para que todos os candidatos poidan verificar a autenticidade dos méritos alegados.
Que se esixan responsabilidades aos responsables das áreas involucradas polo mal funcionamento destas: o Sr. Antonio González Amaro, Xefe de Servizo de Promoción e Emprego, e Sr. José Movilla Martínez, Director da Oficina Ourense Centro.
O escurantismo co que se realizan este tipo de procesos non só serve para levantar suspicacias, senón cando che toca preto, para confirmalas. Neste intres estanse realizando a selección de técnicos e axentes de emprego, entre outras categorías, polas entidades sen ánimo de lucro (ESAL). Calquera buscador de emprego preguntárase: e iso como se sabe? Só te decatarás si te chaman para algunha oferta porque estes postos son se fan públicos na páxina web do SGC. Porque? Para que non te decates, para que vai ser?
Poucos buscadores de emprego saberán da existencia destas prazas ate que saia publicada a resolución pola que se conceden, e para entón xa estarán todas adxudicadas. O último día para presentar a oferta de emprego no SGC polas  ESAL é este venres e para realizar a contratación o vindeiro día 5 de outubro. Logo informaranos aos comúns dos mortais vía DOG quen foron os afortunados.
Nese camiño daranse casos tan insólitos, algúns deles que me sucederon a min, nesta convocatoria e noutras.
A Fundación Laboral da Construcción de Galicia foille enviado o meu CV como resultado da sondaxe realizada polo sistema informático do SGC. Xamais se puxeron en contacto comigo pero informaron ao SGC que si o fixeran e que non se realizaran a contratación por “outros motivos”
Outro tanto sucedeu coa Cruz Vermella de Celanova, tamén por “outros motivos” sen sequera contactar comigo, rexeitou a miña candidatura.
Un caso surealista, este que nada ten que ver comigo. Emprende Ourense, un chiringuito ao estilo CIMO, pero patrocinado por xente do PP, solicita ao SGC un orientador laboral coa titulación de “Enxeñeiro Técnico Naval”. Para emprender que en Ourense? Para orientar a quen en Ourense? É evidente, non se trata de emprender ou orientar, soamente colocar a algún achegado de Baltar con dita carreira. Un escándalo!
Andan os ladróns detrás dos que rouban?
Lin esta mañá o diario El País e quedei asustado: “O PP retirará a querela ao BNG si este compensa á empresa implicada”. Primeiro, teño que por en cuarentena este titular, vindo de onde ven; segundo, dubido da súa veracidade porque o PP non é quen, senón a Fiscalía, se querelou contra os responsables do BNG e da empresa Afiador Producións -logo dunha denuncia do PP-; terceiro, porque tal afirmación sería constitutiva de delito, ao tratarse dunha acción semellante a recollida nos artigos 171.1 e 171.3 CP, onde se penalizan “as ameazas dun mal que … si estas consisten en … revelar ou denunciar a comisión dalgún delito”.
Efectivamente, poden afirmar que o delito xa estaba denunciado, pero pedir 30 millóns de euros a cambio de retirar unha denuncia que é?
Si non visen consistente a posible ameaza, lean o que di o artigo 243 CP sobre a extorsión: “O que, con ánimo de lucro, obrigase a outro, con violencia ou intimidación, a realizar ou omitir un acto ou negocio xurídico en prexuízo do seu patrimonio ou dun terceiro, será castigado coa pena de prisión de un a cinco anos,…”. E, segundo a mesma nova, o Alcalde de Ourense afirma que as persoas beneficiadas por esa cantidade de cartos son do mesmo partido.
Creo que urxe unha aclaración desta noticia por parte de todos os actores implicados: xornalista, responsables políticos (que palabras tan contraditorias) e o Secretario do Concello de Ourense nese Pleno.
Si o que manifesta o diario madrileño é certo, isto é, que o PP esta disposto a retirar unha denuncia a cambio de cartos, implica que agora o PP non ve delito onde antes vía un pelotazo? Só por razóns ecónomicas, non legais? Persoalmente, si a proposta do PP é certa si merece unha denuncia… pero non, estes non o farán,… non lles dá para tanto.
Cando a información é incompleta e tendenciosa, é falsa.
Hoxe o diario El País volve a referirse a unhas canteiras, desta vez no Concello de Toén. A noticia é que o Alcalde deste Concello legaliza as canteiras que dende fai 10 anos extraen pedra dos seus montes. A noticia debería terse producido moito antes, precisamente pola permisividade desa actividade sen licencias, sen permisos, sen estudios de impacto, polas protestas dos veciños, etc., pero non. É noticia agora que se legalizan, quizais para por fin a esa situación de ilicitude, pero é noticia sobre todo porque o máis beneficiado sexa outro Alcalde do PP, José Luis Gavilanes Losada, de Xunqueira de Ambía.
Que insinúa a xornalista? Que si non fose o dono do PP seguiría explotándose eses recursos naturais de xeito ilegal, sen pagar impostos como todo contribuínte, sen respectar ao medio ambiente ou os dereitos dos veciños? Quizais quere dicir que se lle permitiron todas esas prácticas ilícitas durante 10 anos por ser un Alcalde do mesmo partido? Porque durante 10 anos ninguén dixo nada  e si agora que se pretende porlle fin? Moitas interrogantes sen resolver. Quizais se respondan na seguinte entrega de Cristina Huete.
Non é a primeira vez que critico a xornalista de El País por unha conduta semellante. Hai máis de dous anos falaba de lastres, ataduras e hipotecas,…  onde a crítica viña porque se daba unha información bastante tendenciosa en referencia as canteiras ilegais de Xunqueira de Ambía, ocultando a responsabilidade que certas persoas do seu entorno político tiñan na trama.
Agora, neste artigo, Cristina Huete volve a referirse a querela que a fiscalía presentou contra os responsables das canteiras de Xunqueira de Ambía, aos que non nomea directamente, e si reitera a vinculación que o Alcalde do Concello ten coas as mesmas segundo un informe da Policía Xudicial. Non vou ser eu quen saía en defensa deste depredador mais, si tal informe demostrase tal vinculación o Alcalde estaría entre os querelados. É máis, si tal informe puidese probar o que Cristina Huete afirma a querela non estaría na actualidade en situación de sobresemento provisional –a instancia do propio Ministerio Fiscal!-, tal e como denunciei neste blog hai unhas semanas. Como se pode facer referencia a unha querela do ano 2007 sen sequera pasar polos xulgados a preguntar en que estado se atopa? Ou, si o sabe, o que quere a xornalista é agochalo? Máis dúbidas…
Submisas e submisos por fora, rabiando por dentro
Así se refire Eduardo Punset as mulleres que, fai apenas uns anos, “se entregaban vestidas de negro, submisas por fora e rabiando por dentro”, en contra das xentes de agora que “saen armadas contra a desesperanza” da vellez. Todas? Todos?
Non todas. Non todos. Vivimos nunha sociedade onde moitas persoas seguen gardando a súa rabia. Ao abeiro das organizacións empresariais e, sobre todo, políticas, cegadas polo “seu atractivo mental e individual”, o cal lles impide ver que “as barreiras de entrada son practicamente infranqueables e onde a competencia e, por tanto, a innovación non son posibles”, non son benvidas,… ao abeiro destas organizacións, dicía, amontoase gran cantidade de xente submisa. Creen os que controlan estas organizacións que ese sometemento será perpetuo? Como se xustifica o dominio dunhas elites políticas sobre a masa social?
A maioría dos partidos políticos que coñezo seguen a tendencia contraria das empresas con máis éxito: aquelas onde se aplican practicas de responsabilidade social e corporativa, aquelas onde se busca, retén e premia o talento (employer branding), aquelas que acadan os seus obxectivos grazas ao esforzo da totalidade do equipo, un equipo de primeiro nivel, un equipo de persoas que cren no que fan (compromiso) e ten a capacidade para facelo (talento). O éxito está na combinación de ambas; pero sobre todo, na existencia de equipo.
“O que conta é o conxunto e non as partes independentes. Si as partes dun sistema funcionan perfectamente, pero non o sistema xeral, temos un problema” [José Máría Gasalla (2000)]. Agora que, si as partes do sistema non funcionan, nuns casos por falta de talento, noutros de compromiso, o que temos son moitos problemas.
Fichaxes
Será Baltar Blanco (BB) o novo Florentino Pérez da política? Eladio Fernández (EF) chega ao PP en plan “Cristiano Ronaldo” dicindo que o proxecto do novo presidente provincial dos populares, BB. lle parece «sólido, fiable e ilusionante». Un crack!
Di a nova fichaxe que comparte co seu actual partido as súas «ideas, proxecto e obxectivos para sacar adiante a provincia». Esmendréllome!
Na rolda de prensa da súa presentación -aínda non se sabe que número lucirá na camisola- EF reivindicou a súa liberdade política e proclama que  «hai un proxecto que me ilusiona moito máis e estou a disposición de BB para o que dispoña». Plas, Plas, Plas,…!
Ilusión, identificación, humildade. Que máis se lle pode pedir a un político? Que venda camisolas ou, deixando a un lado o símil futbolístico, que arrastre votos. Disto xa teño as miñas dúbidas, máis non sería o primeiro caso de eterna promesa que triunfa lonxe da súa casa. Disto sabe moito BB, asiduo galeguista do fondo sur do Santiago Bernabeu.
Amais, a súas aptitudes serán unha chamada de atención aos actuais membros do equipo popular, para que non se durman nos laureis e, especialmente a canteira: o novo presidente está disposto a buscar fora o que non atope dentro (capacidade, imaxe, lealdade,…).
Para BB foi un «paso valente» o dado por EF, quen destacou unha traxectoria política que «está á vista de todos» e os que non a vexan que repasen as hemerotecas. Tamén nos contou BB que o PP ourensán sumou «máis de un millar de afiliados» dende a súa chegada entre os que «tamén hai persoas que militaban no BNG» e «agora son militantes do PP». Iso si que doe!
Fai tempo que penso que o fútbol non é moi distinto da política. Un nace sendo dun equipo ou dun partido e morre sendo dese equipo ou partido. A xente non acode a votar por uns ideais, senón porque é seareiro dun partido. Dá igual cal sexa o seu proxecto, os seus ideais, que xogue cos titulares ou cos suplentes máis mediocres; existe unha parte moi importante do electorado que é fiel a unhas cores, a azul, a vermella ou a celeste -que máis dá!-, logo non podemos esixirlle a estes políticos -os verdadeiros protagonistas deste xogo- que teñan un comportamento tan diferente daqueles outros e que renuncien a xogar nun equipo máis grande -xa que sempre será máis doado que facer grande a un equipo pequeno-, no equipo dos seus sonos.
Artigo relacionado: «Hai seis meses denunciaba irregularidades na Deputación de Ourense, hoxe ficha polo PP«, en Vieiros.
Xenial remake de Kiko da Silva, en Retranca
O Carrabouxo, por Xosé Lois en La Regíón, 13 de marzo de 2010
Corrupción e externalización
Esta situación fai que, lonxe de supor un aforro para as administracións públicas -sempre nos falaron dende os partidos liberais da eficiencia da empresa privada respecto ao dilapidamento de recursos da administración pública- o gasto destas multiplícase, xa que as empresas se ven na obriga de inflar presupostos para pagar custosas comisións a toda esa rede de intermediarios e conseguidores de contratos, rede que logo debe aboar a súa parte ao político de quenda.
Os cartos que antes ingresaba a administración pública e que logo eran administrados por ela mesma, para prestar directamente os servizos que lle corresponde, fomentando, amais, o emprego estable e de calidade, agora saen das arcas públicas cara unha empresa que conseguiu ese contrato grazas a unhas vías fraudulentas coa intención de obter un lucro excesivo, non de prestar un servizo, co cal tamén terá facer fronte aos custos da súa consecución. Como estas empresas agardan obter grandes beneficios económicos, a diferencia das administracións, terán que maximizar os seus recursos para logralo. Iso é doado. Só hai que reducir gastos, non? Os ingresos están garantidos. Como se fai? Sinxelo: primeiro, reducindo a calidade do servizo (quen non viu algunha vez unha estrada que se levanta as poucas semanas da súa apertura?) e segundo, como non, aumentando a precariedade laboral.
Coa externalización de servizos levada a cabo pola dereita non só non se puxo fin ao dilapidamento do erario público senón que se aumentou, ao tempo que se reduciu a calidade dos servizos e dos cadros de persoal fixo que os realizan. Pagamos máis impostos ca nunca -ver artigo anterior-. Como é posible? Acaso a empresa privada non ía ser máis eficiente? Si non se logrou prestar mellor servizo a menor custo, non se debería volver ao modelo anterior? O que antes era unha mala xestión -dicían- agora converteuse nunha malvada xestión, pois as accións dos que gobernan as administracións están levando ao baleirado -ver a situación dos concellos- das arcas públicas para encher as duns cantos privilexiados que multiplican patrimonios a conta da contratación coa administración pública.
É esta unha cultura que callou incluso entre os partidos da esquerda. Si ben nos primeiros intres se alzaban contra calquera externalización de servizos, no momento que lles tocou dirixir algunha administración, non só non mudaron estas políticas, senón que as reforzaron. Dubido  que atopedes nos programas de PSdG e BNG alusión algunha a interiorización de servizos, ou peor, si dades con algunha, seguramente se trate dunha promesa incumprida. Cal é logo a alternativa?
La Voz, 31 OU 09
zepa si, ZEPA NON!, zepa si,…
Un agricultor de A Limia (sic)
Hai un par de anos non se falaba de outra cousa na Limia. O PP encargárase de meterlle o medo no corpo a xente, amedrentándoos con que o plan que o PSOE preparaba para A Limia ía facer que moitos propietarios se visen privados das súas terras e moitos outros visen restrinxida a súa actividade sobre as mesmas. Empapelaron toda a comarca con carteis da plataforma ZEPA NON, encheron autobuses, pagados con fondos municipais, para levar de excursión ós agricultores -como os da foto- a capitalidade da comarca. Dende o BNG non se oíu nin chío. Quizais algunhas críticas cara o SLG, máis fortes no ámbito privado que no público, pola participación na convocatoria e co-organización das mobilizacións de protesta. Dicían entón que o ZEPA non era da súa incumbencia, que se trataba dunha área do PSOE e non lles correspondía meterse aí.
PP e BNG mantivéronse nas súas posicións ata o 1 de marzo, uns continuando asustando ós vellos -e ós non tan vellos- e os outros mirando cara outro lado. A partir daquela data, e co cambio de goberno en Galiza, ós asustavellos tocoulle levar a práctica o ZEPA de A Limia, e fano sen rechiar, obrigados pola normativa europea, iso si, facendo o menor ruído posible para que non se enteren os veciños. Os outros, os do BNG, agora posiciónanse en contra, nun acto puro de incoherencia e demagoxia, tratando de atraer, cara si, o voto daqueles que aínda non lle pasou o medo.
Nin o posicionamento duns -PP- nin de outros -BNG- resulta agora crible xa que mudaron o seu discurso o pasar da oposición ó goberno e viceversa. En ningún momento, nin dende unha posición, nin dende a outra, trataron de informar ós veciños sobre cales son as verdadeiras razóns para introducir un ZEPA na Limia -obriga da UE-, cal vai ser o alcance da mesma, como lle vai afectar ós agricultores -restricións, compensacións,…- ou que obxectivos se pretende acadar, pois a recuperación de parte do humidal tamén traerá beneficios para a zona. Só se adicaron a desinformar, a manipular, a cabrear a xente e de aí, do cabreo, arrabuñar o seu voto.
Agora mesmo, na comarca, todos son conscientes de quen si foi de fronte, quen lles falou claro, quen tratou de informalos -aínda que non lles fixeran caso-, asumindo que a verdade non ía gustar. Ese partido foi o PsdeG i é quen ten agora todas as de gañar, por manter o mesmo discurso, por conservar a coherencia.
Persoalmente, agardo que A Limia aproveite esta oportunidade. Quen sabe si será a última.
DISLATES XUDICIAIS
Do artigo que ven a continuación é autor Miguel Quintas Coelho. unha desas persoas que deixan pegada entre aqueles con quen se relaciona. Cando abro as páxinas de La Región aínda esculco a procura da súa imaxe, co perfil e a txapela inclinados cara a esquerda, como dicindo: aquí o tes. Miguel finou fai agora un ano sen ver publicados algúns dos seus artigos. Este é un deles.
Non pretendo analizar hoxe o impresentable espectáculo, bochorno dun estado democrático, que están ofrecendo os tribunais de Xustiza, a Fiscalía xeral e o propio Goberno con respecto ó proceso de ilegalización de ANV e EHAK. O oportunismo electoral, as inxerencias do poder político no xudicial e viceversa, a inmediato dos prazos que dificultan, cando non imposibilitan, unhas condicións garantistas de acusación e defensa ante un tema de calado que afecta ó dereito de expresión e voto de miles de cidadáns non poden ser avaliados senón como un deficiente funcionamento das institucións democráticas. E non entro na cuestión de fondo, é dicir, si ANV e EHAK foron de facto fagocitados ou non pola ilegalizada Batasuna, porque considerar a toda esa militancia como ETA, ademais de constituírse nunha perversa e maxestática mentira conleva, paradoxicamente, sobredimensionar propagandísticamente á besta.
A recente sentencia contra a Mesa do Parlamento Vasco, encabezada por Atutxa, constitúe unha plasmación patente da inxerencia dos espurios intereses políticos conxunturais no campo da lei, distorsionando a súa aplicación e subxectivando as sentencias en función do clima ou deriva política de cada circunstancia. Sentencia, por tanto, inxusta e sustentada nunha base cuestionable e enclenque que non fai senón enrarecer o normal funcionamento dunha cámara parlamentaria, lesionando dereitos persoais e propiciando, nesta ocasión con total fundamento, a exaltación martirolóxica que constitúe o alimento básico dun modelo de nacionalismo.
Fai xa tempo que a Xustiza española mantén criterios nada obxectivos ante feitos semellantes. Queimar un contedor nunha manifestación en Sevilla sáldase cunha multa económica; si ese feito se produce no País Vasco, Galicia ou Catalunya no contexto dunha manifestación de carácter político, o mesmo feito punible convértese en delito ligado á guerrilla urbana ou kale borroka con sancións que inclúen reclusión carcelaria. No asistimos, acaso, a unha desobediencia grave por parte da Comunidade autónoma de Madrid negándose a implantar a Educación Para a Cidadanía, lei de obrigado cumprimento, ante a inhibición máis absoluta do estamento xudicial?. A ecuanimidade da Xustiza e a igualdade ante ela estiveron frecuentemente en entredito, pero é nos últimos tempos e debido ás mutuas inxerencias político-xudiciais e a voracidade polo voto ante unhas eleccións que se dirimirán por escaso marxe cando o déficit democrático aflora con máis intensidade.
Con todo, a imputación ó Lehendakari Ibarretxe, persoa que no figura no meu devocionario, a Patxi López e Rodolfo Ares da comisión dun delito de desobediencia grave por reunirse con representantes de Batasuna ao largo do intento de proceso de paz, é, dende o meu punto de vista e co debido respecto, unha aberración xurídica que espero que no se manteña por moito tempo.
A lei de Partidos Políticos non impón ningunha sanción persoal como consecuencia da decisión de proscribir ou ilegalizar a unha formación política. Os membros dunha organización ilegalizada non son privados dos seus dereitos políticos e civís, polo que Otegui, Barrena e Petrikorena os conservaban intactos, incluído o dereito de reunión. Esta decisión xudicial tomouna o Tribunal Superior de Xustiza, en contra da Fiscalía e en contra, tamén, dunha resolución do Supremo que non considerou delitivas tales reunións. No caso de Ibarretxe, ademais, non se produciu ningunha comunicación advertindo que tal reunión non podía celebrarse, polo que falta un elemento esencial para imputarlle unha desobediencia grave, aínda que sexa no grado de cooperación necesaria, como o é a ausencia de advertencia previa de ilegalidade.
Es posible que poidamos vivir nun contexto social determinado, nun tempo en que non sexa delito falar con ETA e si falar con antigos membros de Batasuna?. É esta unha contradición insalvable si aplicamos o sentido común, o cal, ao parecer, non é compartido polo Tribunal Superior de xustiza do Pais Vasco que considera delito reunirse con dirixentes de Batasuna non tido xamais ningún problema xudicial quen directamente mantiveron a interlocución con ETA dende a representatividade dos sucesivos gobernos do Estado.
Todos estes aspectos e algúns de maior enxunlla están sendo analizados nos máximos organismos da xudicatura europea e congratulareime que o seu ditame axude a reconducir a parámetros de normalidade democrática as actuacións da Xustiza e do Goberno en materia de temas de transfundo político, porque o noso actual modelo de funcionamento non alcanza os mínimos de calidade nin de exportación nin de consumo interior.
Vas caer!
Para anunciar caidas logo de producirse os galegos non temos prezo. Sempre estamos aí á espreita, e zas!, en canto alguén da cos fuciños no chan soltámolo: vas caer!
Lendo e escoitando as análises políticas da a impresión de que todo o mundo o vía vir pero, que casualidade, ninguén dixo nada. Porque? É  obvio, porque advertindo a caida antes de producirse podían correxir o comportamento do receptor, podían facer cambiar o rumbo que estaba seguindo e, con este cambio, evitar o tropezón. E claro, ó cambiar o seu comportamento o receptor, o emisor equivocaríase na súa predición. Ese é o problema de dicir vas caer! antes de tempo: o receptor terá máis coidado, evitará a caída e deixará en mal lugar a quen deu o aviso.
Outros tomamos máis riscos, probablemente porque éramos conscientes de que non nos ían facer caso algún e, polo tanto, o resultado final ía producirse de tódolos xeitos.  Despois das eleccións xerais de 2008 percibíronse claros síntomas de descontento (ese contentamento descontente o que se refire Manuel Rivas) entre o nacionalismo -e tamén no socialismo- coa perda de apoios en tódalas grandes cidades de Galiza, onde o BNG cogoberna. Déuseme entón por escribir esta carta a Anxo Quintana. Nin mu!
Pasaron os meses e en outubro celebróuse unha Asemblea Nacional de pseudodelegados que nombrou ó Sr. Quintana candidato a Presidencia. Ninguén quixo escoitar a voz dunha base que pedía estar nesa Asemblea. Mentres tanto, a cidadanía sufría unha crise económica de dimensións nunca antes vista, e os responsables políticos adicábanse a tirar fogos de artificio, pensando máis en encauzar a campaña electoral que en enfrontar o problema en si e provocando, deste xeito, a desconfianza na poboación. En decembro convocáronse as eleccións e en xaneiro cerráronse as listas provinciais cunha clara falla de democracia interna, provocando máis malestar entre a militancia. As Asembleas Comarcais do BNG resultaron ser órganos onde se fala moito e se escoita pouco, especialmente, por quen ten a obriga de escoitar.
O Sr. Quintana arrincou a precampaña anunciando un resultado histórico… e tivémolo! As enquisas fixeron rebaixar as espectativas pero, ainda así, resultaron ser máis optimistas do que a realidade marcaría finalmente. Tiña unha explicación lóxica: «hai que ter en conta que as enquisas non serven de nada -ou de moi pouco- cando se dan circunstancias especiais» … «na actualidade estamos vivindo unha situación excepcional, unha crise económica de gran calado». Efectivamente, a conducta teórica, esa variable que se utiliza para elaborar as enquisas, agochou o resultado final. Incluso as sondaxes a pé de urna foron incapaces de predecir o resultado final.
Algúns vímolo vir e advertímolo pero, como ninguén nos fixo caso, non erramos no noso pronóstico. Fora mellor ser escoitado para, finalmente, trabucarse.
Plan Gavilanes
Este plan, levado a cabo polos alcaldes e presidentes de deputacións do PP , a diferencia do Plan E de ZP, non persegue a recuperación do emprego, para o cal foi concebido, senón a refinanciación de concellos a costa daquel outro plan. Este plan consiste en realizar as obras aprobadas e financiadas polo Fondo Estatal de Inversión Local co menor custo posible, e dicir, por debaixo do presuposto aprobado para logo destinar o diñeiro sobrante a amortización de deuda, a outras obras non presupostadas -cacicadas, xeralmente- ou quen sabe pra que…
Esta é a única explicación lóxica ó acontecido no día de onte nun pobo de Xunqueira de Ambía, A Pousa, onde apareceu de súpeto o Sr Alcalde, José Luis Gavilanes Losada, acompañado doutro concelleiro, operarios do Concello e da Deputación de Ourense para iniciar unha obra que está contemplada dentro do Fondo Estatal de Inversión Local para o noso Concello. Efectivamente, ningún deses traballadores foi contratado para realización destas obras, senón que xa pertencían previamente ó plantel do Concello ou da Deputación, tendo os desta última o carácter de  traballadores fixos, co cal se está burlando o verdadeiro espíritu e obxectivo do Plan E: a creación de emprego.
Parece ser que ós organismos gobernados polo PP non están moi interesados en crear emprego -o igual que ocorre con moitas empresas da súa órbita-. A estes organismos -e empresas- interésalles o de sempre: acumalar cartos. Ese é o seu único ideario político.
O pobo de Xunqueira de Ambía ten unha das poboacións máis envellecidas de Galiza e claro, si no pobo alguén se pon a realizar unhas obras alá vai a xente. O Sr. Gavilanes que coñece ven a dinámica do seu pobo, só faltaría que non fose así logo de trinta anos como Alcalde, estaba alí para aprobeitarse desa circunstancia e repartir papeletas a xente que se acercase a vela obra e, o mesmo tempo, sacar proveito dunha obra financiada por outra institución,  sen colocar o cartaz obrigatorio e, por suposto, sen molestarse en explicalo. El é quen di cando rematan as misas, el é o que leva ós nosos maiores de excursión, el é o que fai as obras… el é todo.
Resumindo, o Plan Gavilanes consiste en recadar o maior número de cartos e votos invertindo o menor esforzo presupostario e de traballo posible.
E para reflexionar… unha excursión!
Onte non daba creto de que un feito tan cotián -en Xunqueira de Ambía, claro- como entrar nunha igrexa, interromper a cerimonia relixiosa, e porse a dar unha «charla» por parte dun político en campaña electoral ós veciños puidese ter tanta repercusión (vexan en chuza! e en menéame). Si o pasado domingo o Sr. José Luis Gavilanes Losada (ainda Alcalde da vila, pois non se ten noticias da súa renuncia nin de que algún dirixente do PP llela pedise, como si fixeron antes co candidato nacionalista -enfin, unha cousa e botar a rúa o nº 1 da lista do PP e outra moi distinta e tratar de meterse cos «señores» do rural, máxime si son amigos do Sr. Baltar-) se dirixía ós parroquiáns de Abeleda no medio dunha misa, esta semana, que anda «casa por casa» pedindo o voto ós veciños,  tal e como é costume, en lugar de regalar o típico chaveiro do Concello (sic) xunto cos mecheiros e bolígrafos do PP, máis o sobre coa papeleta do seu partido, está convidando ós veciños a unha excursión a San Estevo, con pasaxe de catamarán incluída polo cañon do Sil, para a xornada de reflexión.
Este tipo de excusións son organizadas polo Concello de Xunqueira de Ambía con carácter bimensual e seica estaba programada para ese día dende antes de ser convocadas as eleccións. Ata ahí a excursión non tería nada de anormal. Sen embargo, desta vez, contrariamente ó que ven sendo habitual, non se puxeron cartaces anunciando a excusrsión para que quen quixese se apuntase, senón que é el quen ofrece esa excursión, persoalmente, as persoas que a el lle parece no mesmo intre en que lle pide que o vindeiro domingo lle vaían votar o PP.
Así, si ninguén o remedia antes, os maiores da vila iránse de excursión co Sr. Alcalde a Ribeira Sacra (sempre vai alguén do Concello) na xornada de reflexión, viaxarán en Autos Gavilanes, con tódolos gastos pagados polo Concello e pola Deputación de Ourense… é o día seguinte terán que tomar unha importante decisión que non só abrangue a tódolos xunqueiraos senón tamén a tódolos galegos.
A terra prometida
Nunha campaña, con tal de arrabañar votos, os políticos son capaces de prometernos «o habido e por haber». Hoxe pola maña lía un artigo de Roberto Blanco, A excursión, ou mellor, as excursións, no que decía que «amparado na impunidade que dá o sentirse e proclamarse o partido propio de  Galicia, o BNG atrévese a facer cousas ás que ninguén se atreveu en Galicia ata  o momento». Cando escribiu isto seguramente non imaxinaba o que ía pasar pouco despois… Pois poucas horas pasaron ata que me entero que o Alcalde de Xunqueira de Ambía, José Luis Gavilanes Losada (PP), interrompeu unha misa, no día de hoxe, para falarlle ós feligreses alí reunidos sobre os seus proxectos de futuro: a construcción dun novo cemiterio para a Parroquia de Abeleda.
Este acto, que viña sendo anunciado polo párroco de Abeleda, o «padre» Adolfo dos Salesianos de Allariz, dende hai máis dunha semana, incluso durante a misa dominical, estaba previsto que se realizase a saída da misa, pero antes de rematar esta, e sen que ninguén lle dese a palabra, o Sr. José Luis Gavilanes tomouna, para evitar que os alí reunidos se fosen «en paz» como é costume e coa bendición do párroco. As misas en Xunqueira de Ambía remantan cando di o Sr. Alcalde que para iso é o Alcalde. E punto!
A explicación que deu para facer o acto na propia igrexa foi que alí «estase mellor que fora» que seica facía un tempo do demonio, como ven saberán todos vostedes (vendavais, nevaradas e frío polar; todo xunto) e seica cumpría protección divina.
Ofreceu ós filigreses un novo emprazamento, e digo novo porque non é a primeira vez que ofrece ós veciños da parroquia un cemiterio por unhas eleccións (rumoréase pola contorna que «vello non quedará ningún» de aí tanta preocupación); naquel outro lugar non era posible facelo -iso si meteu por alí as súas máquinas para facer crer ós parroquianos que se ía realizar de imediato (isto sucedeu nas pasadas municipais)- e, moito me temo, que neste novo emprazamento tampouco vai ser posible.
Logo marcharon dalí todos contentos -non todos, algúns marcharon indignados-, que era do que se trataba, tan contentos coma uns mozos que acaban de coñecer a nova de que van recibir unha vivenda de protección oficial,  contentos porque axiña poderán dispor das súas vivendas para a eternidade.
Iso si, non houbo bolígrafos, nin chisqueiros,… nin hostias do PP. Hai que agradecerlle a discreción coa que foi levado este acto. Mágoa que non acudira ningún medio a cubrir o evento, foran todos convidados, incluído o xornal La Voz de Galicia.
Galiza Non Se Vende
Da envexa ver como pobos enteiros se manifestaron o pasado día 15 polas rúas de Santiago de Compostela na defensa da nosa paisaxe. Non é así, desafortunadamente en tódolos pobos de Galiza.
<object width="525" height="318" data="http://blip.tv/play/gYV17Y9ghOlr" type="application/x-shockwave-flash"><param name="src" value="http://blip.tv/play/gYV17Y9ghOlr" /><param name="allowfullscreen" value="true" /></object>
Vídeo recollido en xgaliza e elaborado por gzvídeos
Xa vai para dous anos… en Xunqueira de Ambía tivemos que enfrontarnos a explotación dunha canteira de granito no Monte da Farria nun enclave de especial protección paisaxística. Tal é a sensibilidade pola paisaxe no Concello que, lonxe de constituirse un momevento social na defensa do monte, casi se crea outro en contra dos denunciantes da desfeita. De aí que sinta envexa polo xeito no que noutros puntos de Galiza se enfrontan, con valentía, a esta lacra social que está destruindo o noso territorio monte a monte, río a río,.. en nome do progreso.
Por suposto, na nosa cruzada, non contamos coa colaboración de ningunha das administracións involucradas, nas que foron presentadas as correspondentes denuncias, a saber: Concello de Xunqueira de Ambía (gobernado polo PP), Consellería de Medio Ambiente (gobernada polo PSOE) e Consellería de Industria (gobernada polo BNG). Ninguén moveu un dedo ata que tiveron coñecemento da denuncia feita ante a Fiscalía. Entón si, entraron as presas. Logo ainda houbo quen tratou de atopar unha fórmula para reabrir a canteira. Trabúcanse, non hai marcha atrás.
Os únicos colectivos directamente afectados por esta trama eran os comuneiros de A Farria, propietarios do monte explotado, e os comuneiros de Padroso, colindantes cos primeiros. As empresas que extraían pedra do monte tiñan un acordo  cos comuneiros de A Farria pola cal se lles aurorizaba, a cambio dun pago, a realizar a labor extractiva. O que fixeron estas empresas, para recuperar parte do diñeiro dos pagos, foi domiciliar a algúns dos seus traballadores no pobo, alugando casas do lugar, e así converter a eses traballadores en veciñós con dereito a recibir os beneficios da asociación de comuneiros. Por outra parte, os comuneiros de Padroso, a iniciativa do seu Presidente (que nin é veciño do pobo, nin a lei lle permite ser membro da asociación de comuneiros -e moito menos selo Presidente-) trataron de sacar cartos -300.000 €- ó dono dunha das canteiras, EXELCO, a cambio de permitirlle extraer sábrego ou o paso dunha liña eléctrica na súa propiedade. Non lle preocupou en ningún momento, este «personaxe», o dano ecolóxico que estaba causando ó monte,… só sacar tallada!
Afortunadamente en Galiza non todos actuamos así. Queda moita xente, eu estou convencido que a ampla maioría, que antepón a riqueza natural e patrimonial do seu país ó beneficio individual e/ou empresarial que a súa destrucción pode orixinar. Por iso, máis que nunca, compre berrar: goberne quen goberne, GALIZA NON SE VENDE!
Estamos de REBAIXAS… de impostos
As solucións que ofrece o PP para atallar a crise económica pasan pola rebaixa de impostos. Onte falaba en Allariz de eliminar o imposto de sucesións, en Ourense en materia de vivenda,… Esta é a fórmula neoliberal que nos levou a situación en que estamos na actualidade, parece mentira que o Sr. Feijóo a siga exprimindo cando o mundo enteiro trata de superala.
Un dos grandes males da economía mundial é a especulación. Na sociedade actual vivimos e viviremos, se ninguén lle pon freo, a explosión dunha burbulla tras outra: primeiro foron as ‘puntocom’, ahora as inmobiliarias,… e quen sabe onde estarán a seguintes. Non se libran da especulación nin as necesidades máis básicas dunha sociedade como poden ser os alimentos ou a enerxía; mentres, os gobernos asisten como espectadores a todos estes movementos, no mellor dos casos, ou promovendo leis que os favorezan, no peor. Existen varias formas de frear as especulación: unha é regular os prezos. Así, si o goberno lle pon precio ó sólo e as vivendas os empresarios non poderán especular o cal non significa que non vaian gañar cartos. Outra é subir os impostos: canto maior sexa a carga impositiva menor será o beneficio e, a menor beneficio,menor especulación.
Paul Krugman critica o infundado optimismo -e o cinismo- que Friedman e os seus tiñan na rebaixa de impostos e no libre mercado como ferramenta para acadar maiores cotas de prosperidade económica. O discurso neoconservador, para acadar o apoio de fundacións e grupos empresariais, recurriu a ideas simples que, nalgúns caos raiaban a grosería:
«decimos, e non nos cansaremos de repetilo, que as ideas ten consecuencias, o que é certo, pero o que temos na mente son ideas complexas, meditadas e ben elaboradas. O que pasamos por alto con facilidade é que as ideas simples, cando se lles confire paixón e organización, tamén poden ter consecuencias»
[Kristol, 1995]
O que facía Kristol era felicitarse pola vulgaridade da linguaxe do conservadurismo, hoxe adoptada prácticamente por tódalas forzas políticas, sempre que contribuise a acadar o éxito político. Foi así como os conservadores se erixiron, sen aportar proba algúnha, en defensores dunha supply-side economics cuxa consabida rebaixa de impostos se vería compensada por si mesma. De feito, esta doctrina nunca gozou de simpatía entre os intelectuais conservadores; si entre os empresarios e políticos. N. Gregory Mankiw, presidente do consello asesor de Bush para asuntos económicos entre 2003 e 2005 calificaría máis tarde de «excéntricos e charlatáns» ós partidarios da supply-side economics.
O certo é que aqueles que defencían a rebaixa de impostos non estaban seguros de que fose unha fórmula adecuada para a xestión da economía, pero estar errados ou acertados era algo que lles daba igual, o único que lles importaba é que esas ideas fosen políticamente útiles… non é así, Sr, Feijóo?
Abstención, voto nulo, branco ou minoritario
Primeiro foi Anxo Quintana e onte E. Pérez Touriño quen afirmou que absterse significa apoiar ó PP. Semellantes afirmacións só poden realizarse dende a perspectiva do político que pensa que o votante é un ser estupido. Quen decide non votar faino para non beneficiar a ninguén e, de feito, e a mellor forma de que ningún partido saque proveito dese voto. Vóuno explicar coa axuda de ciudadadanos en blanco (lectura recomendable para líderes políticos):
1) A abstención: Absterse é, simplemente,  non votar. É unha opción totalmente válida e legal, prevista e regulada no noso sistema electoral: aqueles cidadáns que non desexen exercer o seu dereito ó voto non ten por qué facelo. Á hora de facer o reconto correspondente para escoller os representantes dos cidadáns nos diferentes órganos de goberno a abstención non se ten en conta.
2) O voto nulo: É un voto defectuoso, un voto que non cumple coas condiciones mínimas esixidas para ser aceptado como válido. Entre outros, ten a consideración de voto nulo os votos nos que a papeleta electoral aparece con tachaduras ou comentarios (por exemplo, tachar ó nº 1 por Ourense do PP). Os votos nulos contabilízanse, pero aparte diso tampouco se ten en conta á hora de asignar os representantes.
3) O voto en branco: Ainda que nin na Lei Electoral nin en ningunha outra parte se indica, de forma oficial, para qué serve o voto en branco, este considerase universalmente un voto de protesta, asociado a cidadáns partidarios da democracia, pero que non se senten representados polos partidos existentes. O voto en branco é o voto do cidadán que quere votar pero non ten a quen.
Os votos en branco son votos “válidos”, e contabilízanse como tales á hora de calcular o total de votos válidos emitidos. Sen embargo tampouco se ten en conta á hora de asignar os representantes, salvo polo siguiente: o número total de votos válidos utilízase para calcular o número mínimo de votos necesarios para que un partido político obteña representación nunha circunscripción: nestas eleccións o 5% do total. Os partidos que non obtén, polo menos, esa porcentaxe mínima de votos elimínanse e, ós restantes partidos, asignánselle os representantes ignorando xa os votos en branco, os votos nulos e os votos deses partidos minoritarios eliminados.
Conclusión: absterse non inflúe no resultado final dunhas eleccións, nin quen se abstén pretende facelo, sen embargo, votar a partidos sen posibilidades de obter representación, votar en branco ou votar nulo si pode perxudicar a algunha das forzas menos votadas, como Esquerda Unida ou Terra Galega, ó calcularse o 5% mínimo sobre a totalidade de votos emitidos beneficiando, ó mesmo tempo, ó partido máis votado.
Claro que tamén poderíamos falar, para xustificar a abstención,  do custe que cada voto terá para as arcas públicas (0.72 €), non esquezamos que estamos en crise! Pero ese é outro tema…
Isto é o que custará cada voto emitido
Actualización do 3 de marzo de 2009, artigo relacionado de El País: A abstención non ten cor política.
Remata a precampaña
A derradeira semana de precampaña non resultou moi alentadora; foi unha semana na que PSOE e BNG comezaron a chamar a participación, algo que é habitual facer os últimos días de campaña. Temen unha baixa participación, logo algo temen. Algúns xa nos meten medo con que ven o lobo (PP)… pobre de nós! Carapuchiñas… Tamén se celebraron dous debates nos que ó PSOE só lle faltou suplicar a presenza do Sr. Feijóo para o debate do día 20 de marzo. Vendo semellante desesperación para que o candidato popular se someta a un linchamento público polos dous partidos do goberno (PSOE e BNG) parece máis lóxico, ainda, que non acuda. Eu alédome… o que realmente quero ver é ó Sr. Quintana e ó Sr. Touriño fronte a fronte.
Si se da ese debate -e dicir, si non se botan atrás pola falla do seu sparring Feijóo- espero que non se cometan os mesmos erros que se deron esta semana nos debates do luns -en hai debate-, primeiro, e do mércores, despois. Primeiro foi o Sr. Fernando Blanco e logo o Sr. Suárez Canal os que, ó defender a xestión pasada no goberno só fixeron mención as consellerías propias -as do BNG- como si as políticas desenroladas polas outras non fora con eles cando, en realidade, iso non é así. Para ben ou para mal, moitas das decisións que se adoptaron ó largo desta lexislatura fixéronse no Consello da Xunta da que todos, nacionalistas e socialistas, forman parte. Os representantes socialistas nestes debates -Mar Barcón o luns e Ricardo Varela o mércores- si souberon sacar proveito desa circunstancia para facer propias políticas de industria, servizos sociais,…
Que lles ocorre ós representantes nacionalistas? Teñen medo medo a meterse no eido socialista mentres estes pisotean o seu? Si se quere aspirar a presidencia hai que deixar claro que se ten un coñecemento exhaustivo de tódalas áreas de goberno, que se formou parte de tódalas decisións importantes do pasado -as acertadas e as menos acertadas- ou, cando menos, se influiu nesas decisións e, por suposto, que se ten proxectos alternativos para esas áreas malgobernadas polos socialistas -educación, sanidade, traballo,…-. Isto é o que ata agora non se viu.
O que si deixaron en evidencia o Sr. Ferrnando Blanco e o Sr. Suárez Canal nestes dous debates é que o candidato do BNG é o aspirante a Vicepresidente e o candidato do PSOE o é a Presidente. Máis que nunca lembráronme ó labrego satisfeito coa súa hortiña que renuncia a unha parcela maior porque porque ainda está sen labrar. Iso é o que se viu: conservadurismo e medo a incerteza.
… e o debate de ideas?
Si puidesemos ler as propostas dos candidatos á presidencia da Xunta de Galicia sen coñecer o nome de quen a fai e o seu partido de pertenza, asegúrovos que nos atoparíamos con serias dificultades para marcar esas propostas cunha determinada cor política. A mensaxe dos partidos maioritarios vai dirixida a totalidade da poboación, sen distinción, trátase de ver quen acada máis votos, non de defender un sistema político sobre outro.
Na sitación política e económica actual fai falla debater ampliamente sobre este e moitos outros asuntos. Por exemplo: queremos un goberno proteccionista ou liberal? Queremos un goberno de esquerdas ou de dereitas? Ainda que todos, individualmente, teñamos unha resposta a estas preguntas preséntansenos outras moitas, ainda máis complexas que respostar: quen é cada quen? quen representa a dereita e quen a esquerda? quen defende posicións proteccionistas e quen as liberais?… Hoxe trasladei, vía facebook, os tres candidatos a Xunta estas dúbidas que a min me preocupan mediante esta cuestión:
Estamos xa -extraoficialmente- en campaña e eu non vexo os ideais de cada partido. Vexo, coma nas feiras, charlatáns a cada lado facendo bos os seus ofrecementos -iso sí, a diferencia daqueles, vostedes non nos din o que nos vai custar, non dan prezos- pero non vexo as súas verdadeiras intencións, os seus ideais. A ver si consigo que me amosen algo…
Estes días, lendo a Paul Krugman, Despois de Bush, 124-125, onde fai referencia ó ensaio de Richard Hofstadter «The Paranoid Style in American Politics» déime conta como, pese a situación que estamos vivindo no mundo nestes intres, ainda perdura a estigmatización das esquerdas como unha ameaza para o capital privado, tanto que a propia esquerda fuxe dela. Aquel estado de paranoia anticomunista ainda é avivado hoxe en día dende os partidos de dereita; sen embargo, pese a crúa realidade, ninguén, mellor dito, ningún partido dos que se presentan a estas eleccións, que é o que nos interesa, se atreve a plantexar un debate entre os distintos sistemas políticos, ninguén se atreve a decir que é o gran capital -extranxeiro, en moitos casos- o que está comendo o pequeno capital das clases medias e baixas. O comunismo era a gran ameaza, unha ameaza permanente a propiedade; sen embargo, o capitalismo é quen liquida, na actualidade, a propiedade privada de multitude de familias.
Ningún partido ofrece resposta as familias das clases medias e baixas que ven ameazadas tódalas súas pertenzas porque son incapaces de pagar unha hipoteca por unha vivenda, taxada a un prezo exorbitado e baixo unhas condicións que limitarán a liberdade de acción destas persoas, endebedadas, polo resto dos seus días. Hai algo máis semellante a escravitude?
As empresas, especialmente as grandes multinacionais, esas polas que suspiramos para encher os nosos polígonos industrias, as mesmas que agora botan xente afeito sen pensar nas necesidades dos seus traballadores e traballadoras -nin agora nin cando batían records de beneficios- contribuen con aquelas outras, as financeiras, que lles emprestaron cartos para comprar a súa vivenda, o seu coche, a súa PS3,… deixándo a estas persoas nunha situación de desamparo económico que as obriga a entregarlle todo o que ten os bancos.
Primeiro cébannos, logo cómennos. Para o gran capital as persoas tan só somos porcos… e para vostedes, os políticos, que somos? Que posición adoptan vostedes e os seus partidos ante os abusos da «man invisible» que, en realidade, nos goberna?
Porque todos os partidos políticos queren parecer de centro? É unha máscara? Ou, sonno de verdade? Non sei cal das dúas respostas me tranquilizaría máis. Porque todos tratan de vendernos, durante as campañas electorais, unha moderación da que logo, durante toda unha lexislatura non fan uso?
Esperanza Aguirre, máis chula que un oito
Seguramente no día de hoxe vistes o verdadeiro rostro de Esperanza Aguirre e escoitado as súas verdadeiras intenciones. Vistela pasearse con chulería e arrogancia polos pasillos dun hospital madrileño escoltada por numerosos «matóns» mentras os empreados berraban proclamas a favor da sanidade pública, vistes como se acerca a algunhas das mulleres que estaban nese pasillo -e a ningún home- coa man alzada e amenazando con «dar hostias». En cualquer país civilizado eses xestos e esas verbas serían suficientes para que un político se vise na obriga de dimitir sen necesidade de que ninguén chegase a pedirllo… pero aquí ninguén dimite… nin ainda que llo pedisen ou rogasen.
<object width="525" height="430" data="http://www.youtube.com/v/L6m-rzM6FCQ&hl=es" type="application/x-shockwave-flash"><param name="src" value="http://www.youtube.com/v/L6m-rzM6FCQ&hl=es" /></object>
a compra do voto emigrante
Cada vez que temos eleccións en Galiza atopámonos co mesmo problema: o codiciado voto emigrante. Para conseguilo partidos coma PP e PSOE están dispostos a todo. Son de sobra coñecidos os famosos cheques asistenciais que os nosos políticos van a repartir en persoa por toda latinoamérica. O último exemplo desta denigrante conducta foi o cheque entregado polo lider (seica se lle chama así) da oposición , o SR. Feijoo, en nome da deputación de Pontevedra. Dicen dende o PP que llelo entregaron para que non se perdera. Moi ben… pois agora que non se esquezan de devolvelo. Non é menos patético ter que escoitar que dende o PSOE se pida a dimisión do Sr. Feijoo por este feito. O mais coherente sería que tódolos responsables do PSOE na Galiza exterior dimitisen e logo lle pedisen os do PP que fiseran o mesmo. O que hai que ver…
A imaxe foi lograda grazzas a pezones blancos: con mariano todo es posible
Este PP está desorientado
O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, anunciou que o grupo parlamentario popular presentará de xeito inmediato unha proposición non de lei para pedir a condena unánime do nazismo e o holocausto «sen ningún condicionante». Segue na VOZ
Como pode o PP ir a Europa a denunciuar o nazismo si non condena en España o fascismo de Franco. Iso é o que non tolera o BNG. O que hai que pedirlle o PP é que condene o nazismo de Hitler asi coma o fascismo de Franco. Entón si que votamos todos xuntos. O que non é admisibel é a doble moral destes ‘fillos de franco’ -os rueda, aguirre, feijóo, rajoy, acebes…- que votan en cantas ocasións se lle presentan en contra da condena da etapa fascista anterior e agora vense a ocupar do nazismo. Eles non son quen de dar leccións de ética a ninguén. É mais, seguro que detrás de todo isto hai -coma sempre- algún trasfondo económico… iso si lles preocupa a esta xente… os cartos.
Aclaración a Federico Jiménez Losantos
Sr. Director: En la última reunión de la Diputación Permanente del Parlamento de Galicia propuse a los señores Ismael Rego y Manuel Ruíz Rivas, portavoces del PSOE y PP, que aprobásemos la siguiente declaración institucional para conmemorar el día Internacional del Holocausto:“A 63 años del fin de la II Guerra Mundial, el Parlamento de Galicia quiere recordar a las víctimas de la barbarie nazi. Fueron millones los hombres y mujeres asesinados por razón de su etnia, religión u ideología, de modo industrial y planificado, por el nazismo alemán y sus colaboradores. A través de la presente declaración pretendemos evitar el olvido de estos crímenes y prevenir a la ciudadanía gallega contra aquellos que siguen negando su realidad histórica o minimizando sus consecuencias. Los horrores de la guerra y, en particular, los de los campos de exterminio están sin duda en la raíz de la Declaración Universal de Derechos Humanos aprobada por la ONU en 1948. Es por eso que, en este su 60º aniversario, el Parlamento de Galicia reivindica su plena vigencia denunciando sin paliativos situaciones como el bloqueo que sufre la franja de Gaza o el muro de separación que está construyendo el Estado de Israel como parte de la ocupación militar de la tierra de Palestina, porque supoenen una conculcación de la legalidad internacional y de los derechos inviolables que pertenecen a todas las personas y a todos los pueblos.”
El portavoz socialista consideró innecesario repetir la condena del Holocausto, porque ya había unha declaración aprobada el año pasado. El portavoz del PP manifestó que una “declaración institucional no es el cauce adecuado para realizar consideraciones contra el Estado de Israel”. Ninguno propuso un texto alternativo. El BNG condena el terror nazi que exterminó a más de 10 millones de personas (judíos, gitanos, comunistas, socialistas, homosexuales, discapacitados…) pero pensamos que no tiene sentido denunciar lo sucedido en el pasado sin recordar que hoy están siendo violados los derechos humanos de muchas personas, entre ellas las que forma el pueblo palestino. Son otros los que se niegan a condenar el franquismo y las violaciones de la legalidad internacional.
Carlos Aymerich Cano. Portavoz del BNG el Parlamento de Galicia.
ÓENSE TAMBORES DE GUERRA…
Di un provervio turco que «si a miña barba se queima, veñen outros a prender a sua pipa nela». Hai tempo xa que en Madrid, Esperanza Aquirre e Alberto Ruiz-Gallardón están acendendo o lume diante das barbas de Rajoy, pero non para prender a pita da paz. A pelexa que se traen este dous non é mais que o reflexo da división interna que existe dentro do partido entre extremistas e centristas para recoller o relevo de quen xa todos vaticinan perdedor das próximas eleccións xerais.
A recente exclusión de Alberto Ruiz-Gallardón das listas populares en Madrid e a decisión de poñer como número 2 das listas a un declarado anticatalanista coma Pizarro, deixa ben claro hacia onde se dirixe este partido: a disolución. Si, porque lembremos que o PP é o resultado da unión de AP e UCD, o partido de centro que entonces lideraba Adolfo Suárez. Tras esa fusión puxeron en marcha unha falsa imaxe de «partido de centro» que os levou ó poder en 1996. Cando chegaron ó poder aguantaron a sua farsa mentras non tiverón maioría absoluta pero, unha vez alcanzada esta, desprendéronse das suas máscaras e amosáronse tal como son, coma un partido reaccionaro de dereitas.
Ainda non se deron conta de que xa non gobernan e de que nunca convencerán, coas suas maneiras, a un pobo que rexeita eses extremismos do pasado. Si o PP busca solucións para a sua crise que non perda o tempo, o seu xa non ten arrenxo, pasaralle coma UCD e acabará desaparendo dos escaños de parlamentos e concellos. Xurdirá, para ocupar esa vacante, outro partido de nova creación que sepa aglutinar o ideal de todos eses cidadáns de centro moderado que hoxe non se ve representado por ningún partido… tal vez alí atope acougo Alberto Ruiz-Gallardón.
Prácticas mafiosas
Cando me metín en todo isto sabía perfectamente onde me metía, por iso non me sorprende comprobar que todo aquilo que oía era realmente certo. Dende que formo parte da candidatura do BNG por Xunqueira de Ambía decateime de que moita xente me evita, coma si tivese piollos… O mesmo lle sucede os demais membros da candidatura, convertéronnos en enemigos do pobo.
¿Por que pasa iso? ¿Cómo sucede iso? Iso ocorre porque temos un alcalde, José Luis Gavilanes, do PP, que goberna o Concello coma un ganster o seu territorio. Controla e manipula o que é del e tamén o que non é del. Él é quen da traballo, directa ou indirectamente, a maioría dos paisanos da vila, centos de familias viven grazas a sua bondade e, aínda que moitas veces se senten explotados nos seus traballos, prefiren seguir a súa doctrina antes que quedar sen pan.
Moitas destas persoas dixerónnos que teñen prohibido dirixirse ou confraternizar en público cos membros da candidatura do BNG, que calquer acercamente pode acarrearlle consecuencias moi serias.
Éste senvergoña leva 28 anos na alcaldía do Concello de Xunqueira de Ambía. Entón non tiña nada e hoxe ten todo un imperio a conta de irse quedando cos negocios e propiedades compradas a precio de saldo a aqueles que se ven afogados económicamente, víctimas da súa política. Outros montan negocios con él en sociedade porque saben que é a única maneira de que saían adiante. Trátase, coma na Idade Media, dun dereito de pernada.
Os paisanos do pobo tan so ten duas saídas: baixarse os pantalóns e acceder a tódolos seus designios ou marcharse para sempre do que foi seu fogar. Por ésta última vía optamos nos últimos 28 anos mais de 2.000 persoas. Trátase, en certo modo, dunha limpeza étnica: os que non cedemos a sua chantaxe ímonos de tal maneira que a proporción de lacaios vai en aumento a pesar da diminución da poboación.
Os mais afortunados son os xubilados, que non dependen del pra cobrar a fin de mes, pero son a vez os mais vulnerables e manipulables, ó non ter a súa carón os membros da familia que os defendan. Por iso cando un cacique os vai a recoller a súa casa, suben o coche; cando lles meten o voto do seu partido na man, cóllenno; cando os acompañan ata a porta do colexio -e a veces ata a urna- non rechistan; van dereitiños a urna co sobre que lle deron -mirando de reollo con nostalxia a liberdade que dan as cabinas pra elexir un voto libre- porque saben que dende atrás os vixían.
E logo temos que escoitar, dende Madrid, a membros do PP denunciar que en Euskadi non se vota con liberdade. Xa nos gostaría en Galiza a liberdade dos vascos.
os cidanáns importamoslle unha m€rd@
Onte pasou Rajoy por Ourense e deixou a mesma sensación que vai deixando por todo o territorio estatal: que os cidadáns importamoslle unha m€rd@. Él, como repite moitas veces, está a outra cousa. Chegou a Ourense e ponse a falar de que si Batasuna se presenta, que si o Goberno cedeu a sua chantaxe,… que onde estaba Zapatero o 11-M as 07.00 da mañá.
O que está facendo este político miserable cada día é levar o seu engano por cada cidade que visita -normalmente todas gobernadas polo PP- e pasar por alí unha cortina de fume pra que non se vexan os problemas que realmente preocupan os cidadáns de a pe: falta de vivenda protexida, ausencia de garderías infantís públicas para nenos -GALESCOLAS- e centros de día para os nosos maiores, nula creación de zonas verdes nas cidades e invasión do cemento por toda a xeografía, difícil acceso -por méritos- a un posto de traballo fixo e ben remunerado, preocupación pola presencia de políticos corruptos nas suas candidaturas, etc.
Rajoy so ten que decir cada día a palabra máxica -Batasuna- para que en todos os medios non se fale doutra cousa, para que non se mencione a sua nefasta xestión nos concellos e a sua despreocupación polas necesidades dos ciudadáns. Tamén é de lamentar a actitude do PSOE porque cae en todas e cada unha das suas trampas.
Os cidadáns preocupanos os temas que afectan os nosos concellos, o 27-M imos elexir os representantes que nos gobernarán durante os próximos cuatro anos, de eles dependerá que a nosa calidade de vida mellore ou empeore… Batasuna, ETA, ou o 11M, nestes intres, IMPORTANNOS UNHA M€RD@ !!
Outra vez o voto emigrante
Feijoo denuncia tramas no voto emigrante e si él o dice será que é certo. O Señor Feijoo e toda unha autoridade na manipulación do voto por correo, non so por pertencer a Xunta de Fraga na lexislatura anterior senón tamén pola sua etapa de presidente de Correos. El sabe mellor que ninguén como se moven os fios e como, parvo non é, non lle fixo falta cabilar moito pra darse conta de que agora o que move os fíos é outro.
A min o que mais me sorprende é a sorpresa que amosa cando fala do tema, como si fose un fenómeno que nunca antes se vira, unha especie de milagre electoral, o maná do voto emigrante. Sorprende que sexa capaz de recoñecer que tal manipulación, a que está a facer actualmene o PSOE, sexa un escándalo sen facer referencia algunha as súas etapas anteriores -como presidente de Correos, primeiro, e como vicepresidente da Xunta, despois-. Di que o escándalo do reparto de cheques asistenciais é só “a punta do iceberg” dunha “labor entrelazada e perfectamente organizada entre o PSOE e a Xunta”.
¡Que barbaridade! ¿Non serán tan listos estes socialistas? Que non me diga o Sr. Feijoo que en dous anos o PSOE non so logrou organizar perfectamente a súa maquinaria electoral na inmigración, senón que tamén desmontou a súa… porque daquela non di nada. A punta do iceberg… di.
Continúa a dicer que os socialistas gastan unha dobre moral -non vou a ser eu quen os defenda, porque a gastan- pero, ¿é el? ¿Non era el é o seu partido quenes defendían a limpeza do voto emigrante? ¡non pasou tanto tempo dende aquela!
Dende o BNG a situación vese con mais lucidez e afirmase que o PSOE limitouse a herdar un sistema de captación de votos -ese que tan ben coñece o Sr. Feijoo- para logo utilizalo no seu propio proveito.
Os galegos e galegas deben darse conta da importancia que vai a ter a participación nestas eleccións. E necesario participar masivamente nestes comicios por duas razóns fundamentais: unha, pra anular a influencia do voto emigrante, do voto de quen non coñece os nosos pobos, os nosos problemas, os nosos sonos e proxectos, o voto de quen non paga impostos ou de quen non sofre a escasez de servizos públicos; duas, para mostrarlle a PSOE e PP que xa estamos fartos das súas trampas, burlas e cacicadas en aras do poder.
Noticias relacionadas:
- Cargos da Xunta entregaron con Fraga cheques na emigración en 2002 e 2003
- Dimite o delegado da Fundación Galicia Emigración en Uruguai
- O BNG critica que os emigrantes non conten para a asignación de escanos pero si para a «recadación de votos mediante cheques»
Léos todos !!
Un dos maiores logros da democracia é a libertade de expresión. Trátase dun dereito fundamental, un piar básico en toda sociedade civilizada. A postura adoptada polo PP de boicotear o grupo PRISA, ademais de lesionar a libertade de expresión, supón tamén un ataque contra a libertade de empresa, un dos principios máis defendidos polo PP. Non é a primeira vez que sucede. O primeiro que o fixo  foi Aznar nada máis chegar ó poder ó tentar debilitar ó grupo PRISA a golpe de decreto -cando o fútbol se converteu nalgo de interés xeral- ou o potente grupo mediático que se pretendeu crear baixo  a sombra de Telefónica -recórdese a entrevista censurada de José Mª García- auspiciado polo denominado Sindicato do Crimen.
O PP deixou claro que a única libertade que respeta é a súa: a única opinión válida é  a que trasmiten os seus medios afíns; os únicos empresarios que poden falar de política son os que lle son leais -véxase Endesa-: a libertade de empresa é aceptable só cando serve ós seus intereses; etc. etc. Pero sobre todo, a decisión tomada polos dirixentes actuais do PP é unha medida que os inhabilitan para gobernar un estado democrático porque qué se pode esperar dun partido que estando na oposición toma semellantes resolucións? Qué non faría estando no poder?
corruPPtos
O pasado mércores o BNG acusou o PP de manter unha íntima relación coa corrupción urbanística, citando casos como os de Arteixo, Gondomar ou Ourense, aínda que son moitos maás, casi na totalidade dos municipios en que gobernan. Tanto é así que a maioría dos alcaldes do Partido Pancarteiro (PP) mostrarónse moi disgustados pola normativa que prohibirá construir nas costas galegas nunha marxe de 500 m. xusto agora que xa o tiñan todo recalficado… que mágoa!
Con esa decisión parece que os pancarteiros se lle veu o mundo encima e non tardaron en afirmar que esa decisión será o derrube da economía galega.  Se o prezo pra que Galiza siga medrando económicamente é escarallar todo o noso litoral, mellor non facelo. O que non se pode é destruir  toda a nosa paixase, toda a nosa fauna e toda a nosa vexetación coa excusa de facernos máis ricos, e moito menos pra que só se fagan ricos uns cantos.
Contra as acusacións de corruPPción feitas polo BNG a única defensa do PP foi pasar ó ataque e acusar ós nacionalistas de ir en coalición con HB (Herri Batasuna), algo que é incerto, nunca sucedeu.  Cando non quedan armentos queda o recurso da descalificaión persoal. Feijóo, pobre home -non lle da pra máis-,  tamén afirmou que o Partido Pancarteiro nunca presentaría libros cun ex secretario condeado con sentencia firme arroupado por expresidentes (en referencia ó caso GAL). Certo, o  PP séntese mellor rodeado de terroristas como Pio Moa, o que convidan a conferencias patrocinadas polos seus amigos, como por exemplo, Caixa Galicia.
¿E que ten que ver a corruPPción con todas as tonterías expostas por Feijóo? Nada, todo sexa por correr unha cortina de fume.