Xan 27 2009

xOsse

moido por xOsse dorrío

A miña aventura blogueira comezou tempo atrás, alá polo 09 de xuño de 2006, grazas a un concurso convocado por terra, concurso que finalmente gañei co blog world cup blog 06 (por certo, o premio aínda está pendente de cobro… xa lle vai sendo hora, xa). Gustóume iso de escribir o que se me ocorrese e deixalo vagar polo ciberespacio, é algo liberalizador.

mOendo do Revés é o meu último blog, un blog dende o que pretendo compartir as miñas inquedanzas, opinións, reflexións e a análise cotiá da actualidade política galega e o mundo que nos rodea. Quero facer tamén unha invitación ós lectores a pensar dun xeito diferente, incitalos a que se atrevan a dirixilo seu pensamento contra o que sempre creron. pois é aquí onde radica, precisamente, a dificultade para comprender a realidade: por en dúbida o noso sentido común.

mOendo.net e o novo enderezo de mOendo do Revés. Aquí estou tratando de xuntar post’s antes publicados naquel outro blog, aloxado na plataforma blogger, así como outros blogs como mOendo do Revés – vídeos (con música, documentais, algún debate, reivindicacións,…), xOsse (con anotacións dalgúns dos libros e outras lecturas), sei o que fixestes nas últimas municipais (sobre a actualidade política do meu Concello: Xunqueira de Ambía), Que dimitan todos!! (sobre actualidade política estatal) ou blog and roll (no que comparto coa blogosfera algúns dos trucos utilizados no deseño dos meus blogs, tanto en galego coma en castelán).

Sempre me preguntan porque o meu nick leva dúas ’s’. xOsse vai con doble ’s’ porque foi a primeira dirección de correo que tiven. Moito busquei ‘xose’ en diferentes  proveedores pero a resposta era “xose@…” non está dispoñible e logo ofrecíanme varias alternativas “xose76@…”, “xose2006@…”, “seox@…” etc.  Non me convenceron. Quería que soase tal como me chamo así que probei con “xosse@…” e a primeira. Amais escribo o nick con “O” maiúscula pra deixar claro cal é a vogal tónica (un til no ciberespacio pode causar moitos estragos).

Amáis deste sitio tamén me perdo de vez en cando por: chuza!, vieirosblogger, youtube, slideshare, menéame, fresqui, delicious, facebook,  technorati, bitácorastwitter, cocomment, live, blogotecagoogle, alianzo, flickr (eu), scribd, alexa,…

Contacto:

sempre@moendo.net

Crear páxina de impresión Crear páxina de impresión

Comments Off

Comentarios cerrados.

Rolda de Rebeldía
Pechar
  • Webs Sociais
  • E-mail
E-mail It