Querido Breogán: non consideras que antes de criticar a outros por falla de autocrítica deberías comezar pola propia organización que representas? Como se pode criticar a escasa participación no seo do BNG cando o Secretario Xeral de Podemos Galicia foi elixido por un 10% do seu censo (cunha participación do 20%)? Como se pode criticar a falla de democracia interna no BNG, cando conta cun Consello Nacional no que hai sitio para os críticos na mesma proporción na que foron votados? Lembremos que iso non ocorre en Podemos, onde cun pouco máis do 10% dos votos do censo os vencedores copan o 100% do Consello Cidadán. E isto a #novapolitica? Eu a isto chamarialle democracia totalitaria… e que cada quen entenda o que queira. Asisto abraiado a descomposición da política: primeiro Anova, agora Podemos…