O 8 de marzo de 2022 a Fiscal Xefe de Ourense, Eva Regueiro, asinaba a proposta de arquivo do fiscal de delitos informáticos Miguel Ángel Ruíz Sanz, do 7 de marzo do mesmo ano.
Entre o exposto neste decreto, o fiscal afirma que non se atopou os arquivos (capturas) que eu afirmaba que foran borradas.
O fiscal minte. Non é que non se atoparan, é que non se buscaron, como ben se desprende do atestado policial.
Pero da lectura do atestado pode sacarse máis información como o feito de que a policía propón ao fiscal, ou xuíz (para o cal sería necesario que aquel presentase unha querela), que os autoricen a facer un volcado dos datos do terminal móbil para recuperar os arquivos borrados, que é do que se trataba. Pois ben, esa autorización nunca chegou a policía. O fiscal decide, arbitrariamente, pechar o caso e abrir outro contra quen afirmou ter recibido un correo electrónico dunha menor espida fronte ao espello (tende coidado meniñas, cando un impresentable vos pida fotos: o primeiro que vai facer é compartila cos seus amigos, como trofeo).
Un fiscal obsesionado con investigar ao asesor de Jácome
Curioso. É curioso que o fiscal non accedese a realizar ningunha das investigacións que a policía lle propuxo, como reflicte no recente auto de arquivo o xuíz ATÉ TRES VECES:
Pero curioso, o que se di curioso, é tamén a actuación desta unidade de delitos tecnolóxicos que actúa na cidade de Ourense. Para comezar, inician as súas actuacións logo de ler unha noticia na prensa (SIC).
Pero onde coño estaba esta xente o día que saíu na prensa o nome de M.Rajoy como presunto beneficiario de comisións da trama Gürtell? Onde coño estaban cando saiu na prensa a noticia do chalet de Manuel Cabezas? Velaí outra mostra da arbitrariedade coa que se utilizan os recursos públicos. Pero aí non acaba todo…
Din estes policías no atestado: “Significando que una captura de pantalla suele corresponder con un archivo PNG y en la inspección ocular… no se encontraron este tipo de archivos”. “Suele”, din. Dirán eso porque é posible que teña outros formatos e, curiosamente no meu dispositivo ten formato JPG. E non só atoparon un arquivo, puideron atopar centos de arquivos e fixérono na miña presenza. Co cal non din a verdade no atestado. Minten nun documento público, a sabendas.
A realidade é que nese móbil hai centos de capturas en formato JPG… e algunha en formato PNG herdada de dispositivos anteriores. Para exemplo 👉
O caso é que non se buscou no dispositivo ningunha foto borrada, só se realizou unha busca na nube, cando esa nube estaba desconectada dende facía tempo do almacenamento do móbil (como lle advertín a estes dous policías, non unha, varias veces), xa que a densidade de información que por el pasaba saturaba a nube, e con iso o fiscal este que veu a provincias a perseguir chimpagaliñas decide pechar a investigación e non levar a cabo ningunha das medidas que lle propón a policía para poder atopar unha foto borrada. E acto seguido querelarse contra min. A todo isto, hai que sinalar que tiven a oportunidade de falar con el do tema, pola denuncia que puxera ao tempo e da que falo no post anterior, e este díxome, textualmente: “aunque apareciese esa captura, seguramente, no pasaría nada”. É o que hai.
A isto hai que dicir que unha foto borrada nunca é eliminada da memoria dun dispositivo, simplemente o espazo que esta ocupa convértese en espazo libre para poder almacenar novos datos, cousa que nun dispositivo que non ten uso é difícil que poida ocorrer.
Non sendo suficiente con abandonar unha investigación sobre pedofilia, o fiscal empréndea con quen denuncia algo así. Vese que ten máis interese en perseguir unha hipotética inxuria que un suposto caso de pedofilia, pechando como pechou en falso esa investigación.
E é así como decide querelarse contra un individuo sen ter lexitimidade para facelo e a sabendas de que non ten lexitimidade para facelo, a instancias dun sindicato de funcionarios (CSIF) que deberían saber ben o que significa facer algo contrario ao ordenamento xurídico a sabendas.
Pero, que di o Código Penal? Di o seguinte: “Nadie será penado por calumnia o injuria sino en virtud de querella de la persona ofendida por el delito o de su representante legal. Se procederá de oficio cuando la ofensa se dirija contra funcionario público, autoridad o agente de la misma sobre hechos concernientes al ejercicio de sus cargos”.
En serio é necesario que un xuíz teña que lembrar a un fiscal que “a posesión de material ou pornografía de menores” non son feitos relacionados co exercicio do cargo público que obstentan uns funcionarios? En serio era necesario Sr. Ruíz? En serio era necesario Sra. Regueiro? En serio era necesario Sra. Melero?
O lobby pederasta que se agocha anonimamente nas redes sociais a través da conta de haigatv e os seus satélites poden estar satisfeitos a medias. Satisfeitos porque lograron impedir unha investigación que abofé lles salpicaba, a medias, porque non lograron calarme.