UNHA NACIÓN, UNHA SELECIÓN
“Así o subliñaba un dos primeiros cartaces en debuxar as bancadas este xoves. Fervían os banzos e prometía festa a noite en Riazor. O son do contorno ía sumando decibelios cando apenas o medio milleiro de seareiros máis madrugador buscara asento e ducias agardaban quenda a pé de taquilla para apañar entrada de última hora.