A televisión de Feijóo non se diferenza moito daquela que Fraga dirixía dende as sombras… ou Touriño dende os cantís de Ponte Pío. É una práctica habitual de tódolos gobernos, tampouco é cuestión de sinalar agora a una única cor política. Dicir que todos son iguais non é esaxerado nin demagóxico. É un feito probado. [...]
Cando era un neno e pouco pasaba dos pezuños da burra branca do Señor Castor xa soñaba en montar nela. Seica era unha burra moi falsa e xa tiña tirado ao seu dono, moi magoado pola vida e pola burra. Meu avó non me permitía achegarme a burra cando a deixaba prendida na argola oxidada [...]
Ferventía? Non… fervenciña, pois é apenas un chorriño de auga todo gume, que arruallo escorrega do pilón rebuldado ao abrebadeiro traseiro, esvarando, confundíndose entre minúsculas unidades de vida, herdeiras lexítimas das ancestrais cianobacterias que converteron o planeta este, que chamamos terra, en habitable terronciño. Arrombando liques e musgos discorre domeada polo cano artificial [...]
Xiao é tan vello que ten seu nome en galego, puxéronllo seus pais moito antes de que prohibiran utilizar a nosa lingua en documentos oficiais e, sobre todo, no Rexistro Civil (pola orde ministerial -BOE 15/5/1938- sobre o Rexistro: La España de Franco no puede tolerar agresiones contra la unidad de su idioma, por iso [...]
Ollo unha foto túa regalada aos perniciosos ollos do adúltero desexo na noite de aniversario, xaneiro 2010, dun teu querido ser. A traizón? Non! Gozas co deleite de ser ollada polas destras mans de quen manexa unha nikon D60 en baixo contraste captura 24 bits de profundidade allea moral, sen flash. Unha luz velaiña alumea [...]
Hoxe descubrín o que é a sincronicidade, quero dicir, que o experimentei. Coñecía o concepto e maila definición grazas a Cid Cabido nesa obsesiva teima que ten “nunha historia que non vou contar” coas coincidencias significativas. Nin o mesmo Jung o crería si llo contase. Cada mañá, antes de saír da casa collo un libro [...]
Ultimamente levo comigo sempre unha axenda baleira de compromisos. Este caderno está deseñado para apuntar cousas de interese, para lembrarnos do que temos pendente para o futuro, máis véxome na obriga de encher ese baldío diario e fago palabra a palabra dos libros que vou lendo cada día, non porque lea moitos libros nun día, [...]
Érase unha vez… unha nena que levaba un pano na cabeza porque, dicía, formaba parte da súa identidade. Esta nena vivía nun pobo malvado e nun colexio integrado por seres xenófobos que a obrigaban a desfacerse da súa identidade, e dicir, sacar o pano, para poder seguir aprendendo xunto a súa mestra e seus compañeiros. [...]
Collín un dicionario de galego para verificar o significado dunha palabra que polo contexto xa intuía: «arreguizo s. m. Estremecemento de frío ou de medo, arrepío». O que me imaxinaba. Utilizo o dicionario clásico de papel porque ao abrilo ao azar atópome con palabras novas e vou descubríndoas, cousa que nos dicionarios dixitais dos que [...]
Lois Pereiro (poesía última de amor e enfermidade 1992 – 1995) Crer outra vez en min mesmo sería o máis doado (16) deixándome levar sen resistencia. (19) Resistencia pasiva. Resistencia frontal (20) contra o medo. (29) Noites en branco coma sabas húmidas… (39) Teño a cabeza no centro do mundo (23) e o corpo é [...]
Lois Pereiro (Poemas 1981 -1991) A luz ardente dun lúrido desleixo (87) onde arde a miña sombra pola noite (7) no desastre (15) (d)nun presente salvaxe que me instrúe (17) orfo doutro destino (73) vencido pola ofensa (74) abro un suco vermello en media lúa (27) neste día de graza na hora xusta (43) [...]
Recoñezo que Lois Pereiro me defraudou nun principio, coas primeiras cartas. Agardaba máis da persoa a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas este ano. Parecíame ordinario. Anotacións cotiás, breves, sinxelas, anormal para alguén que se lle presumía -outros, non el- unha vida tan activa. Sen embargo, a medida que se van pasando [...]
A soidade foi o refuxio do “home dos nomes”, o lugar onde atopou a paz social e familiar que noutro tempo soñara. Non precisaba conversar máis que con seus cans ou coas personaxes que se escapulían nos seus sonos, entre eles, e sen decatarse, Pepe da “Aira Vella”. O mellor da soidade eran os silencios [...]
Cando era pequeno, e se facía noite, lembro que de vez en cando subía pola estrada un home do pobo que superaba ben os sesenta anos, un home de pel escura, curtida polo aire da Lagoa, encurvado e cun paso lento e canso logo dunha longa xornada de traballo nas leiras. Ía sempre falando coa [...]
A alguén que coñecese esta historia de primeira man pode parecerlle que todo isto que conto non sexa tal cal a como eu o describo, porque os recordos da nosa mente tenden a relacionarse co significado que lle queremos dar, non coa información ou, como dicía noutra ocasión, ao referirme a historia dun parente meu [...]
Seguramente nunca oístes falar del pois, de onde eu son, que era por onde moraba, coñecíase con nomes distintos en cada pobo. Era un home de avanzada idade, encurvado polo peso dos anos, das súas ferramentas e das vestimentas; era un home de pelo e barba branca e longa, de pel escura e moi engurrada. [...]
Hoxe produciuse un feito que me trouxo a memoria un artigo que lin fai meses: Túnels digitals a Gaza, cando bloggers e twitters palestinos fixeron saber ao mundo a traxedia que estaban sufrindo por parte do exercito israelita. Eles, personaxes anónimas convertéronse nos ollos do mundo, tanto que, os propios medios internacionais recorrían a eles [...]
A plataforma Queremos Galego convoca as comunidades educativas para un paro xeral no ensino o 21 de xaneiro, como contestación ao decretazo contra o galego. A agresión é histórica, sen dúbidas a máis forte contra o idioma propio en toda a etapa democrática. Por iso é tan importante que nos impliquemos todas as persoas con [...]
A Fundación Galiza Sempre recolle neste volume algúns dos principais textos políticos producidos polo nacionalismo galego no século XX. Comeza co Manifesto da Asambleia Nazonalista de Lugo, 1918, da que me chama a atención, nada máis comezar a súa lectura, o que di a previa (I Previa): Tendo a Galicia todal-as características esenciaes da nazonalidade, [...]
O vindeiro domingo, día 18, convocados pola plataforma Queremos Galego, producirase a maior manifestación a prol da lingua galega da historia de Galiza. As razóns que a motivan: os continuos ataques e vexacións as que se ve sometida a nosa lingua, e os que a falamos, polo actual goberno da Xunta de Galiza, ignorando o mandato do Estatuto de Galiza que prioriza o galego sobre calquera outra lingua, o da Constitución, pola que tanto babean, que establece un marco de especial de respecto e protección para as linguas do estado, e mesmo contrariando as directrices da marcadas pola Unión Europea respecto das linguas minoritarias que obriga a velar pola conservación e o desenrolo do patrimonio cultural europeo.
Vimos de vivir unha xornada de exaltación da lingua, no día das Letras Galegas, na que o pobo galego manifestou os seus desexos de igualdade de dereitos para a lingua galega fronte o apartheih que promove o actual goberno dende a Xunta. Agora é o momento de pasar do dito ó feito e pórse a [...]
O postulado esencial que sostén o relativismo lingüístico é que a lingua inflúe de xeito decisivo no pensamento e que consecuentemente a nosa visión do mundo encontrase configurada pola lingua que falamos. A lingua é, para os relativistas, un elemento fundamental que permite diferenciar as distintas culturas e comunidades humanas. É o galego, a nosa [...]






