Hai un factor que me fai dubidar dos resultados dos enquisas que se publican en diferentes medios, o xeito en que se realiza: sondaxe telefónica. As eleccións de 1936 ou 1948 son unha proba tanxible do que acabo de afirmar. En 1936 deuse un fracaso ben soado por parte dunha revista lendaria, a Literary Digest, [...]
E aínda non rematou. E xa agroman os toxos nos montes negros, verdes e tenros os toxos, cincentos os montes. Aínda non comezara este mes cando se puxo a andar a idea de constituír a Asociación de Vítimas do Caciquismo. Aos medios pareceu interesarlles a nova… máis ou menos. En setembro solicitouse o Salón de [...]
A televisión de Feijóo non se diferenza moito daquela que Fraga dirixía dende as sombras… ou Touriño dende os cantís de Ponte Pío. É una práctica habitual de tódolos gobernos, tampouco é cuestión de sinalar agora a una única cor política. Dicir que todos son iguais non é esaxerado nin demagóxico. É un feito probado. [...]
Ía titular este artigo como “Curso de ética periodística” ao estilo CQC pero, finalmente decidinme por outro clásico dos medios de comunicación, unha sección que nos lembra o que xa sucedera fai 25, 50 ou 100 anos. Desta vez non foi necesario que transcorrese tanto tempo para dar é quitar razóns. Esta semana produciuse unha [...]
Hoxe é un día triste para moitos galegos: cerra Vieiros, maña faino Chuza! (evito por ligazóns que en horas quedarían rotas), hai semanas forase GZNación. A prensa e redes sociais que publica íntegramente en galego está desaparecendo mentres as que o fan en castelán reciben axudas polo fomento do galego. Inexplicable. É un problema de [...]
Hoxe o diario El País volve a referirse a unhas canteiras, desta vez no Concello de Toén. A noticia é que o Alcalde deste Concello legaliza as canteiras que dende fai 10 anos extraen pedra dos seus montes. A noticia debería terse producido moito antes, precisamente pola permisividade desa actividade sen licencias, sen permisos, sen [...]
A recorrente escusa da Voz como causa da desfeita nacionalista do 1Marzo só está servindo para crear un mostrou de dúas cabezas, unha (Santiago Rey, o dono do xornal) ó atribuírlle a alguén un mérito que non lle corresponde e, outra, ó permitir, a súa vez, que os verdadeiros culpables consigan zafarse das súas responsabilidades. [...]
Acabo de recibir unha mensaxe SMS que parecía chegar do mesmo inferno (tiña tantos «seises» -todos- que pensei que o diaño en persoa se dirixía min…). Confeso que dubidei en abrila ou borrala directamente… pero puídome a tentación. A mensaxe era do entorno nacionalista e chamábame a boicoter o diario «La Voz de Galicia» polos [...]
Un dos maiores logros da democracia é a libertade de expresión. Trátase dun dereito fundamental, un piar básico en toda sociedade civilizada. A postura adoptada polo PP de boicotear o grupo PRISA, ademais de lesionar a libertade de expresión, supón tamén un ataque contra a libertade de empresa, un dos principios máis defendidos polo PP. [...]






