Sen blindados na rúa, sen revolta social, sen covardes fuxindo do país, sen declaracións reais, sen condenas internacionais. O golpe de estado perfecto: o dos mercados. O 2 de Setembro será unha data para lembrar, tanto que debería celebrarse nela o día da Nova Constitución. Entramos pois nunha nova ditadura: a dos mercados. Os mercados [...]
Veño de presentar dúas denuncias por enchufismo, unha ante a Fiscalía de Ourense e outra ante a Delegación Territorial da Xunta de Galicia, entidades as que solicito. A primeira: Que se acheguen os feitos presentados á denuncia presentada polo PSOE ante esta fiscalía por “enchufar” a máis de 200 persoas, segundo leo nunha noticia publicada [...]
Lin esta mañá o diario El País e quedei asustado: “O PP retirará a querela ao BNG si este compensa á empresa implicada”. Primeiro, teño que por en cuarentena este titular, vindo de onde ven; segundo, dubido da súa veracidade porque o PP non é quen, senón a Fiscalía, se querelou contra os responsables do [...]
Hoxe o diario El País volve a referirse a unhas canteiras, desta vez no Concello de Toén. A noticia é que o Alcalde deste Concello legaliza as canteiras que dende fai 10 anos extraen pedra dos seus montes. A noticia debería terse producido moito antes, precisamente pola permisividade desa actividade sen licencias, sen permisos, sen [...]
Así se refire Eduardo Punset as mulleres que, fai apenas uns anos, “se entregaban vestidas de negro, submisas por fora e rabiando por dentro”, en contra das xentes de agora que “saen armadas contra a desesperanza” da vellez. Todas? Todos? Non todas. Non todos. Vivimos nunha sociedade onde moitas persoas seguen gardando a súa rabia. [...]
Será Baltar Blanco (BB) o novo Florentino Pérez da política? Eladio Fernández (EF) chega ao PP en plan “Cristiano Ronaldo” dicindo que o proxecto do novo presidente provincial dos populares, BB. lle parece «sólido, fiable e ilusionante». Un crack! Di a nova fichaxe que comparte co seu actual partido as súas «ideas, proxecto e obxectivos [...]
Malia os tópicos que din que ‘corrupción houbo sempre’, pode afirmarse que o aumento da corrupción política foi medrando de xeito proporcional a externalización de servizos públicos. Estamos vendo como detrás de cada trama corrupta aparecen sempre en xogo a concesión de contratos para realizar servizos que antes prestaban directamente as administracións públicas, dende a [...]
Un agricultor de A Limia (sic) Hai un par de anos non se falaba de outra cousa na Limia. O PP encargárase de meterlle o medo no corpo a xente, amedrentándoos con que o plan que o PSOE preparaba para A Limia ía facer que moitos propietarios se visen privados das súas terras e moitos [...]
Do artigo que ven a continuación é autor Miguel Quintas Coelho. unha desas persoas que deixan pegada entre aqueles con quen se relaciona. Cando abro as páxinas de La Región aínda esculco a procura da súa imaxe, co perfil e a txapela inclinados cara a esquerda, como dicindo: aquí o tes. Miguel finou fai agora [...]
Para anunciar caidas logo de producirse os galegos non temos prezo. Sempre estamos aí á espreita, e zas!, en canto alguén da cos fuciños no chan soltámolo: vas caer! Lendo e escoitando as análises políticas da a impresión de que todo o mundo o vía vir pero, que casualidade, ninguén dixo nada. Porque? É obvio, [...]
Este plan, levado a cabo polos alcaldes e presidentes de deputacións do PP , a diferencia do Plan E de ZP, non persegue a recuperación do emprego, para o cal foi concebido, senón a refinanciación de concellos a costa daquel outro plan. Este plan consiste en realizar as obras aprobadas e financiadas polo Fondo Estatal [...]
Onte non daba creto de que un feito tan cotián -en Xunqueira de Ambía, claro- como entrar nunha igrexa, interromper a cerimonia relixiosa, e porse a dar unha «charla» por parte dun político en campaña electoral ós veciños puidese ter tanta repercusión (vexan en chuza! e en menéame). Si o pasado domingo o Sr. José [...]
Nunha campaña, con tal de arrabañar votos, os políticos son capaces de prometernos «o habido e por haber». Hoxe pola maña lía un artigo de Roberto Blanco, A excursión, ou mellor, as excursións, no que decía que «amparado na impunidade que dá o sentirse e proclamarse o partido propio de Galicia, o BNG atrévese a [...]
Da envexa ver como pobos enteiros se manifestaron o pasado día 15 polas rúas de Santiago de Compostela na defensa da nosa paisaxe. Non é así, desafortunadamente en tódolos pobos de Galiza. Vídeo recollido en xgaliza e elaborado por gzvídeos Xa vai para dous anos… en Xunqueira de Ambía tivemos que enfrontarnos a explotación dunha [...]
As solucións que ofrece o PP para atallar a crise económica pasan pola rebaixa de impostos. Onte falaba en Allariz de eliminar o imposto de sucesións, en Ourense en materia de vivenda,… Esta é a fórmula neoliberal que nos levou a situación en que estamos na actualidade, parece mentira que o Sr. Feijóo a siga [...]
Primeiro foi Anxo Quintana e onte E. Pérez Touriño quen afirmou que absterse significa apoiar ó PP. Semellantes afirmacións só poden realizarse dende a perspectiva do político que pensa que o votante é un ser estupido. Quen decide non votar faino para non beneficiar a ninguén e, de feito, e a mellor forma de que [...]
A derradeira semana de precampaña non resultou moi alentadora; foi unha semana na que PSOE e BNG comezaron a chamar a participación, algo que é habitual facer os últimos días de campaña. Temen unha baixa participación, logo algo temen. Algúns xa nos meten medo con que ven o lobo (PP)… pobre de nós! Carapuchiñas… Tamén [...]
Si puidesemos ler as propostas dos candidatos á presidencia da Xunta de Galicia sen coñecer o nome de quen a fai e o seu partido de pertenza, asegúrovos que nos atoparíamos con serias dificultades para marcar esas propostas cunha determinada cor política. A mensaxe dos partidos maioritarios vai dirixida a totalidade da poboación, sen distinción, [...]
Seguramente no día de hoxe vistes o verdadeiro rostro de Esperanza Aguirre e escoitado as súas verdadeiras intenciones. Vistela pasearse con chulería e arrogancia polos pasillos dun hospital madrileño escoltada por numerosos «matóns» mentras os empreados berraban proclamas a favor da sanidade pública, vistes como se acerca a algunhas das mulleres que estaban nese pasillo -e [...]
Cada vez que temos eleccións en Galiza atopámonos co mesmo problema: o codiciado voto emigrante. Para conseguilo partidos coma PP e PSOE están dispostos a todo. Son de sobra coñecidos os famosos cheques asistenciais que os nosos políticos van a repartir en persoa por toda latinoamérica. O último exemplo desta denigrante conducta foi o cheque [...]
O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, anunciou que o grupo parlamentario popular presentará de xeito inmediato unha proposición non de lei para pedir a condena unánime do nazismo e o holocausto «sen ningún condicionante». Segue na VOZ Como pode o PP ir a Europa a denunciuar o nazismo si non condena en España o [...]
Di un provervio turco que «si a miña barba se queima, veñen outros a prender a sua pipa nela». Hai tempo xa que en Madrid, Esperanza Aquirre e Alberto Ruiz-Gallardón están acendendo o lume diante das barbas de Rajoy, pero non para prender a pita da paz. A pelexa que se traen este dous non [...]
Cando me metín en todo isto sabía perfectamente onde me metía, por iso non me sorprende comprobar que todo aquilo que oía era realmente certo. Dende que formo parte da candidatura do BNG por Xunqueira de Ambía decateime de que moita xente me evita, coma si tivese piollos… O mesmo lle sucede os demais membros [...]
Onte pasou Rajoy por Ourense e deixou a mesma sensación que vai deixando por todo o territorio estatal: que os cidadáns importamoslle unha m€rd@. Él, como repite moitas veces, está a outra cousa. Chegou a Ourense e ponse a falar de que si Batasuna se presenta, que si o Goberno cedeu a sua chantaxe,… que [...]
Feijoo denuncia tramas no voto emigrante e si él o dice será que é certo. O Señor Feijoo e toda unha autoridade na manipulación do voto por correo, non so por pertencer a Xunta de Fraga na lexislatura anterior senón tamén pola sua etapa de presidente de Correos. El sabe mellor que ninguén como se [...]






