Así se refire Eduardo Punset as mulleres que, fai apenas uns anos, “se entregaban vestidas de negro, submisas por fora e rabiando por dentro”, en contra das xentes de agora que “saen armadas contra a desesperanza” da vellez. Todas? Todos?
Non todas. Non todos. Vivimos nunha sociedade onde moitas persoas seguen gardando a súa rabia. Ao abeiro das organizacións empresariais e, sobre todo, políticas, cegadas polo “seu atractivo mental e individual”, o cal lles impide ver que “as barreiras de entrada son practicamente infranqueables e onde a competencia e, por tanto, a innovación non son posibles”, non son benvidas,… ao abeiro destas organizacións, dicía, amontoase gran cantidade de xente submisa. Creen os que controlan estas organizacións que ese sometemento será perpetuo? Como se xustifica o dominio dunhas elites políticas sobre a masa social?
A maioría dos partidos políticos que coñezo seguen a tendencia contraria das empresas con máis éxito: aquelas onde se aplican practicas de responsabilidade social e corporativa, aquelas onde se busca, retén e premia o talento (employer branding), aquelas que acadan os seus obxectivos grazas ao esforzo da totalidade do equipo, un equipo de primeiro nivel, un equipo de persoas que cren no que fan (compromiso) e ten a capacidade para facelo (talento). O éxito está na combinación de ambas; pero sobre todo, na existencia de equipo.
“O que conta é o conxunto e non as partes independentes. Si as partes dun sistema funcionan perfectamente, pero non o sistema xeral, temos un problema” [José Máría Gasalla (2000)]. Agora que, si as partes do sistema non funcionan, nuns casos por falta de talento, noutros de compromiso, o que temos son moitos problemas.
Como dizias no blogue Renovar BNG, semelha que agora começa a festa.
Non a quixeron comezar antes… e agora que os botan de tódolos lados (aos caciquintanistas) soben polas paredes. Está por ver que farán, algúns véndense por moi pouco e a outros o pano que lle cubre a cabeza tápalle os ollos tamén. Non dou un can polo BNG.
Nom farám nada penso eu, nom acredito que vaiam deixar o BNG em massa, antes esfarela-se um projecto ao que nom lhe vejo mais base ideológica e armassa que a figura de Aymerich e poucos mais. Essa tentativa de “nacionalismo cordial”, “socialdemocracia”, etc. vejo-a muito longe de ter um horizonte definido polo que caminhar… Ainda que para ser honestos isso nom o tem hoje nengumha ou quase nengumha formaçom na esquerda política (parlamentar e nom parlamentar) desta naçom.