Funcionalismo

O día 30 Xuño 2006, clasificado en: dicionario político, por xOsse dorrío

Funcionalismo: na integración europea, o funcionalismo –e a súa versión máis avanzada neofuncionalista– constitúe un enfoque que explica o proceso non como o mero produto da vontade política dos estados –sexa esta federal ou simplemente intergubernamental– senón como o efecto de necesidades e problemas técnicos de alcance transnacional que os estados en solitario non poden [...]

etiquetas:  

Desregulación

O día 29 Xuño 2006, clasificado en: dicionario político, por xOsse dorrío

Desregulación: Eliminación de monopolios públicos -e, en xeral, redución do dirixismo do estado- na asignación de certos recursos que se acompaña da promoción de mecanismos propios do mercado. Dado que hai que deseñar unha complexa normativa para facer efectiva a competencia e garantir a provisión de servizos básicos , trátase máis ben dun proceso de [...]

etiquetas:  

Deslocalización industrial

O día 28 Xuño 2006, clasificado en: dicionario político, por xOsse dorrío

Deslocalización industrial: traslado da actividade manufactureira dos paises desenrolados ós paises en desenrolo reducindo o nivel de emprego nese sector nos primeiros e aumentando nos segundos.

etiquetas:  

Comercio internacional

O día 27 Xuño 2006, clasificado en: dicionario político, por xOsse dorrío

Comercio internacional: Interconexión mundial dos mercados que vincula a oferentes e demandantes de bens e servizos de todo o globo. É un factor de primeira orde na transferencia de tecnoloxía, ademais de expor as economías nacionais á competencia global e influír na transformación económica e social dos estados.

etiquetas:  

Estado de benestar

O día 26 Xuño 2006, clasificado en: dicionario político, por xOsse dorrío

estado de benestar: Estrutura de políticas publicas nacionais, rexionais e/ou locais que ten por obxecto asegurar ós cidadáns dun estado o acceso a un conxunto determinado de bens e de servizos independentemente do seu nivel de renda.

 

teledemocracia

O día 25 Xuño 2006, clasificado en: dicionario político, por xOsse dorrío

Teledemocracia: posibilidade de que os cidadáns participen dende a súa casa ou dende o seu lugar de traballo e poidan formar parte dun proceso de decisión pública mediante a utilización de medios electrónicos, sen ter que desprazarse a outros lugares explicitamente habilitados polas institucións, como poden ser os colexios electorais.

etiquetas:  

Multicausalidade

O día 24 Xuño 2006, clasificado en: dicionario político, por xOsse dorrío

Multicausalidade: férmino que fai referencia ó feito de que calquera fenómeno, tamén os sociais, son froito da interrelación dunha gran cantidade de condicións ou causas. Cando damos unha explicación dun fenómeno xeralmente só facemos referencia a algunha destas causas, no mellor dos casos, as máis importantes.

etiquetas:  

Organización

O día 23 Xuño 2006, clasificado en: dicionario político, por xOsse dorrío

Organización: conxunto de individuos que, nun sentido, presenta unha unidade de acción ou decisión, Pese que no seu interior convivan unha multiplicidade de intereses non sempre coincidentes e o conflito entre eles sexa frecuente, a organización actúa ante a sociedade como si tivera un interés único e propio que a define.:

etiquetas:  

Institución

O día 22 Xuño 2006, clasificado en: dicionario político, por xOsse dorrío

Institución: Conxunto de regras ou rutinas que serven de guía ós individuos para actuar ou interactuar entre eles, que proporcionan estabilidade e significado ó comportamento social. Sen embargo, moitas veces tamén se utiliza este término para facer referencia a un tipo de organizacións que, ou ben xeran normas, ou ben ten unha larga tradición.

etiquetas:  

Representante

O día 21 Xuño 2006, clasificado en: dicionario político, por xOsse dorrío

Representante:  Político que non está sometido a un mandato imperativo e que, por tanto, elabora as políticas a partir da interpretación que fai das preferencias dos cidadáns e das súas propias conviccións. Oponse ó concepto de delegado.

etiquetas:  

Delegado

O día 20 Xuño 2006, clasificado en: dicionario político, por xOsse dorrío

Delegada:  político que exclusivamente transmite e agrega as vontades dos cidadáns para producir unha decisión colectiva sen alteralas, coma si se tratase dun avogado ou, dende unha postura máis extrema, como si fose un notario dos cidadáns. Oponse ó concepto de representante.

etiquetas:  

Desafección política

O día 19 Xuño 2006, clasificado en: dicionario político, por xOsse dorrío

Desafectación política: faise referencia a caída da satisfacción e a confianza nas actuacións das institución políticas (partidos, administracións, gobernos, parlamentos) e nas autoridades e políticos en xeral, que se reflexa nas enquisas e tamén se amosa na tendencia a volatilidade electoral e na baixada da militancia partidista

etiquetas:  

Ola

O día 18 Xuño 2006, clasificado en: dicionario político, por xOsse dorrío

Ola: Unha ola de democratización é un conxunto de transicións dun réxime democrático a outro democrático, que ocorren nun determinado período de tempo que superan significativamente ás transicións en dirección oposta durante ese mesmo período. Do mesmo modo, unha ola participativa sería o conxunto de aperturas que se producen en distintos sistemas políticos nun determinado [...]

etiquetas:  

Partido de masas

O día 17 Xuño 2006, clasificado en: dicionario político, por xOsse dorrío

partido de masas: Orixinariamente de ideoloxía socialista, caracterizase porque busca captar a maior cantidade posible de afiliados, xa que coas súas cotizacións tense que manter o partido, dispón dunha ampla base social, así como dun amplo e completo aparato burocrático e organizativo e ten unha burocracia profesional; o seu programa está moi definido e a [...]

etiquetas:  

Partido de electores

O día 16 Xuño 2006, clasificado en: dicionario político, por xOsse dorrío

partido de electores: Partido que se caracteriza porque, en primeiro lugar, non se dirixe a un electorado concreto; en segundo lugar, o seu programa político non está moi definido; en terceiro lugar, non dispón de estruturas organizativas orientadas cara á afiliación; en cuarto lugar, reproduce as estruturas burocráticas dos partidos de masas para a selección [...]

etiquetas:  

Partidos de notables ou de cadros

O día 15 Xuño 2006, clasificado en: dicionario político, por xOsse dorrío

partido de notables ou de cadros Partido que se interesa máis pola calidade dos seus membros que pola cantidade. Non busca o maior número de afiliados, senón que sexan o máis influentes posible polo seu prestixio social e o seu diñeiro; a súa financiamento non se basea na cota de militantes, a súa organización é [...]

etiquetas:  

Problema das faccións

O día 14 Xuño 2006, clasificado en: dicionario político, por xOsse dorrío

problema das faccións: posibilidade de que unha facción, un grupo político, se introduza no goberno para ir contra o ben público e procurar exclusivamente polos seus propios intereses minoritarios

etiquetas:  

Socialización política

O día 13 Xuño 2006, clasificado en: dicionario político, por xOsse dorrío

socialización política: proceso mediante o cal un sistema político transmite determinadas pautas culturais ós seus cidadáns coa intención de acadar estabilidade e a perpetuación do propio sistema. Para poder facelo, recorrese a axentes socializadores, como son a escola, os medios de comunicación ou os partidos políticos. Aparte da transmisión dunha cultura política, a socialización, dende [...]

etiquetas:  

MOENDO DO REVÉS

mOendo é unha metáfora do pensamento. Cando algúén está moendo está pensando. Tal vez alguén de vós tivo a sorte de estar preto dun muiño durante a muiñada oíndo o tronador ruido da súa maquinaria. Eses sons, mentres se agarda, dan moito que cavilar. Estar mOendo do Revés non é o mesmo que ir contra [...]

etiquetas:  


arquivo de mOendo

Xuño 2006
L M M X V S D
    Xul »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

fontes/feeds


Anota o teu enderezo:

Delivered by FeedBurner

Powered by FeedBurner

arquivo, mes a mes